1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX

3
00:01:38,098 --> 00:01:39,641
PARROQUIA DA NACIÓN DA MISIÓN

4
00:03:10,023 --> 00:03:13,318
Ola. Que ben que veu. Vamos comer algo.

5
00:03:15,445 --> 00:03:18,281
- Dis que te seguiu ese home?
- Non mires.

6
00:03:19,449 --> 00:03:21,868
Es popular, A-yeong. Seguiute ese tipo?

7
00:03:21,951 --> 00:03:22,994
Vas cobrar.

8
00:03:24,829 --> 00:03:26,539
Xa vai moito mellor.

9
00:03:27,832 --> 00:03:30,001
- Que ben.
- Si.

10
00:03:31,002 --> 00:03:32,086
Descúlpeme.

11
00:03:32,670 --> 00:03:33,796
Ola.

12
00:03:35,089 --> 00:03:38,009
É a primeira vez que vén, non si?

13
00:03:39,135 --> 00:03:42,138
Son Sung Min-chan, o pastor da parroquia.

14
00:03:43,223 --> 00:03:46,267
Pasaba por aquí, vin a igrexa e…

15
00:03:47,185 --> 00:03:48,186
Xa vexo.

16
00:03:48,937 --> 00:03:51,981
Apetécelle tomar un café?

17
00:03:52,482 --> 00:03:53,650
Non, é que…

18
00:03:55,276 --> 00:03:56,736
teño présa.

19
00:03:56,819 --> 00:03:57,820
Agarde.

20
00:03:59,072 --> 00:04:00,531
Por favor, tome un café.

21
00:04:09,207 --> 00:04:12,585
- Dígoche que me seguiu.
- Serían imaxinacións túas.

22
00:04:13,086 --> 00:04:15,255
- Perdón.
- Desculpe.

23
00:04:21,511 --> 00:04:23,263
Atópase ben?

24
00:04:25,014 --> 00:04:27,475
Quere que chame unha ambulancia?

25
00:04:29,978 --> 00:04:30,937
Estou ben.

26
00:04:37,485 --> 00:04:38,319
Vamos.

27
00:04:56,254 --> 00:04:57,297
Cóidate.

28
00:04:57,380 --> 00:04:59,757
- Deica a próxima semana.
- Abur.

29
00:05:04,429 --> 00:05:07,265
O grande halle quedar ben.

30
00:05:08,182 --> 00:05:11,561
Sei que hoxe veu de casualidade,
pero agardo que volva.

31
00:05:14,522 --> 00:05:16,190
Vive pola zona?

32
00:05:16,858 --> 00:05:17,692
Si.

33
00:05:17,775 --> 00:05:19,360
Pois veña máis a miúdo.

34
00:05:19,444 --> 00:05:21,362
Aledaríame velo máis veces.

35
00:05:23,781 --> 00:05:24,991
Vai á misa acotío?

36
00:05:26,743 --> 00:05:28,870
Adoitaba ir cando era neno.

37
00:05:29,662 --> 00:05:30,705
Xa.

38
00:05:30,788 --> 00:05:34,417
Non é raro ir moito de novo

39
00:05:34,500 --> 00:05:37,462
e logo deixar de ir.

40
00:05:37,545 --> 00:05:38,880
A fe vai e vén.

41
00:05:38,963 --> 00:05:40,089
Ás veces,

42
00:05:41,341 --> 00:05:42,633
nese proceso,

43
00:05:42,717 --> 00:05:46,012
recibes unha revelación
e aceptas que Deus te chama.

44
00:05:46,679 --> 00:05:47,513
Aí ten.

45
00:05:48,306 --> 00:05:51,517
Por certo, non lle preguntei o seu nome.

46
00:05:51,601 --> 00:05:52,810
Como se chama?

47
00:05:56,898 --> 00:05:58,107
Kwon Yang-rae.

48
00:05:59,650 --> 00:06:01,069
Kwon Yang-rae.

49
00:06:01,569 --> 00:06:02,653
Que é iso?

50
00:06:05,323 --> 00:06:06,491
Pois é…

51
00:06:06,574 --> 00:06:08,493
FORMULARIO DE INSCRICIÓN

52
00:06:11,037 --> 00:06:13,873
É a folla de inscrición
para os novos fregueses.

53
00:06:13,956 --> 00:06:14,791
Verá.

54
00:06:15,458 --> 00:06:18,878
Antes non facían falla,
pero agora todo está sistematizado.

55
00:06:18,961 --> 00:06:23,674
Ter estas cousas á man
vén ben de cando en vez.

56
00:06:24,592 --> 00:06:27,887
Somos unha parroquia nova e…

57
00:06:28,846 --> 00:06:30,973
- Deus, que vergoña.
- Mire.

58
00:06:32,642 --> 00:06:36,062
Como lle dixen,
só entrei porque pasei por diante.

59
00:06:39,774 --> 00:06:41,442
O formulario non é complexo.

60
00:06:41,526 --> 00:06:42,693
Ou sexa…

61
00:06:43,194 --> 00:06:44,654
É moi sinxelo.

62
00:06:45,446 --> 00:06:48,074
Só cómpre o seu nome
e un número de teléfono.

63
00:06:48,157 --> 00:06:49,450
Non é nada.

64
00:06:49,951 --> 00:06:50,993
Ai, si.

65
00:06:52,120 --> 00:06:53,079
Un momento.

66
00:06:56,541 --> 00:06:59,585
Unha foto tamén nos vén moi ben.

67
00:07:00,336 --> 00:07:04,465
Bórroa en canto a imprima.

68
00:07:09,137 --> 00:07:11,139
Ve? Xa a borrei.

69
00:07:14,100 --> 00:07:15,685
Ai, non.

70
00:07:16,936 --> 00:07:20,440
Teño que facer unha chamada urxente.
Agora volvo.

71
00:07:20,523 --> 00:07:24,777
O formulario é moi sinxelo.
Cúbrao, por favor.

72
00:07:24,861 --> 00:07:27,280
Veño decontado.

73
00:07:55,641 --> 00:07:56,642
Ola.

74
00:07:57,393 --> 00:07:58,519
Ola. Hai algo?

75
00:07:59,020 --> 00:08:00,605
Estaba vostede no certo.

76
00:08:00,688 --> 00:08:04,650
A súa muller vese
co seu adestrador persoal dende hai tempo.

77
00:08:05,151 --> 00:08:06,944
Quedan tres veces á semana.

78
00:08:07,445 --> 00:08:09,572
Voulle enviar unhas fotos. Míreas.

79
00:08:10,072 --> 00:08:12,450
Traballas demasiado.

80
00:08:12,533 --> 00:08:15,495
Non, ho. Moitísimas grazas por axudarme.

81
00:08:29,884 --> 00:08:32,470
Ben, quere que consiga máis probas?

82
00:08:33,471 --> 00:08:37,517
A que se refire exactamente
co de "máis probas"?

83
00:08:37,600 --> 00:08:40,853
Quedan a miúdo.
Cando os volva ver entrar nun motel,

84
00:08:40,937 --> 00:08:44,398
pódolles facer fotos e vídeos
bicándose e tendo relacións,

85
00:08:44,482 --> 00:08:47,443
e buscar preservativos ou panos con seme.

86
00:08:47,527 --> 00:08:49,737
E, se o fan sen preservativo,

87
00:08:49,820 --> 00:08:53,908
o meu equipo pode buscar
rastros de seme no corpo da súa esposa.

88
00:08:53,991 --> 00:08:55,660
Non habería problema.

89
00:08:55,743 --> 00:08:57,745
Consigo máis probas ou non?

90
00:08:58,246 --> 00:09:00,331
Ola? Señor?

91
00:09:13,719 --> 00:09:15,471
Xa marcha?

92
00:09:16,222 --> 00:09:18,599
É que teño asuntos que atender.

93
00:09:19,433 --> 00:09:21,227
Xa cubrín o formulario.

94
00:09:22,728 --> 00:09:23,646
O meu calzado…

95
00:09:24,647 --> 00:09:25,481
Tome.

96
00:09:28,317 --> 00:09:31,654
Dobrando así os zapatos,
axiña os vai desfacer.

97
00:09:31,737 --> 00:09:32,738
A ver, póñaos.

98
00:09:45,126 --> 00:09:46,043
A igrexa…

99
00:09:50,506 --> 00:09:52,008
acolle os pecadores.

100
00:09:54,343 --> 00:09:57,638
Deus quérenos a todos.

101
00:10:22,371 --> 00:10:23,581
Ese home…

102
00:10:25,207 --> 00:10:26,208
inscribiuse?

103
00:10:27,501 --> 00:10:29,837
Pois… máis ou menos.

104
00:10:31,797 --> 00:10:33,633
Meu ben, deberías ir indo.

105
00:10:34,467 --> 00:10:36,886
- Si. Cando acabes, vémonos fóra.
- Si.

106
00:11:20,930 --> 00:11:21,972
Ola, papá.

107
00:11:24,475 --> 00:11:25,393
Agora?

108
00:11:29,563 --> 00:11:31,190
Non, xa vou.

109
00:11:32,358 --> 00:11:33,984
Vale. Axiña chego.

110
00:11:54,255 --> 00:11:57,133
Pódesme deixar na boca de metro.

111
00:12:00,845 --> 00:12:02,638
De que é a reunión?

112
00:12:05,015 --> 00:12:06,308
É da universidade.

113
00:12:07,518 --> 00:12:08,602
Dixéracho, non?

114
00:12:10,855 --> 00:12:13,524
Igual chego algo tarde.
Recolles ti a Yeon-u?

115
00:12:18,654 --> 00:12:21,782
Vaia. Tamén traballan os domingos?

116
00:12:23,492 --> 00:12:24,326
A verdade,

117
00:12:24,410 --> 00:12:28,664
canto antes rematen, mellor.
Así virán máis fregueses á parroquia.

118
00:12:41,177 --> 00:12:42,470
Que é iso?

119
00:12:43,637 --> 00:12:45,264
Amodo. Para.

120
00:13:00,571 --> 00:13:02,239
Van construír outra igrexa.

121
00:13:02,323 --> 00:13:03,574
PARROQUIA DO POBO DO CEO

122
00:13:08,662 --> 00:13:09,830
Que?

123
00:13:09,914 --> 00:13:11,207
É o pastor Jung.

124
00:13:11,290 --> 00:13:12,333
JUNG GUK-HWAN

125
00:13:14,460 --> 00:13:17,630
Meu Deus!
Se cadra pídeche que dirixas esta igrexa.

126
00:13:19,131 --> 00:13:21,884
Fíxote vir aquí
e montar esa igrexa diminuta.

127
00:13:21,967 --> 00:13:23,427
Este era o seu plan.

128
00:13:24,428 --> 00:13:28,182
Levas catro anos
dirixindo a oración matutina.

129
00:13:28,265 --> 00:13:30,267
Por fin agora ves os froitos.

130
00:13:31,977 --> 00:13:34,897
É mellor que o vaias ver hoxe,
a ver que che di.

131
00:13:35,397 --> 00:13:36,315
Vale?

132
00:13:53,415 --> 00:13:54,500
Son eu.

133
00:13:55,292 --> 00:13:58,420
Non tiveches que ir á obra hoxe?
Xa non chove.

134
00:13:58,504 --> 00:14:01,882
Si, mandáronnos marchar antes
porque seica vai diluviar.

135
00:14:02,633 --> 00:14:04,718
Encargarase o axudante do xefe.

136
00:14:06,345 --> 00:14:07,847
Veña. A comer.

137
00:14:08,681 --> 00:14:11,141
E todo isto? Vaia banquete.

138
00:14:11,225 --> 00:14:13,477
Mañá empezas no novo equipo.

139
00:14:13,561 --> 00:14:14,770
Tes que comer carne.

140
00:14:15,980 --> 00:14:16,981
Non é para tanto.

141
00:14:17,606 --> 00:14:19,483
Rematades pronto a obra?

142
00:14:19,567 --> 00:14:21,485
Xa van retirar os andamios.

143
00:14:21,569 --> 00:14:23,237
Logo xa non queda nada.

144
00:14:24,613 --> 00:14:28,242
Oe, deixaches un bo equipo

145
00:14:28,325 --> 00:14:30,578
e unha oportunidade de ascenso.

146
00:14:31,453 --> 00:14:34,331
Por que vas
para a Unidade de Crimes Violentos?

147
00:14:35,583 --> 00:14:36,542
Está ben.

148
00:14:37,084 --> 00:14:40,170
É máis preto da casa.
O outro traxecto estresábame.

149
00:14:44,174 --> 00:14:47,845
Puxeron en liberdade
o cabrón de Kwon Yang-rae e vive por aquí.

150
00:14:49,805 --> 00:14:50,639
Si?

151
00:14:53,225 --> 00:14:54,476
Xa o sabías, verdade?

152
00:14:57,146 --> 00:14:58,939
Está rico. Mercaches o adobo?

153
00:14:59,690 --> 00:15:01,859
Deixa de cambiar de tema.

154
00:15:03,360 --> 00:15:06,572
Non o andarás seguindo, non?

155
00:15:10,701 --> 00:15:12,077
Esquéceo.

156
00:15:12,870 --> 00:15:14,413
Esquéceo e vive a vida.

157
00:15:18,500 --> 00:15:21,170
Teño curiosidade
por ver como queda a casa.

158
00:15:21,253 --> 00:15:23,297
Ensínama cando quiten os andamios.

159
00:15:23,380 --> 00:15:25,841
Sabes que es todo o que me queda.

160
00:15:26,967 --> 00:15:28,594
Se che pasa algo…

161
00:15:38,562 --> 00:15:39,813
Frega ti.

162
00:15:46,654 --> 00:15:53,494
PARROQUIA DO POBO DO CEO

163
00:15:55,579 --> 00:15:56,580
Adiante.

164
00:15:59,917 --> 00:16:00,793
Pastor.

165
00:16:02,503 --> 00:16:03,963
Ola, pastor Sung.

166
00:16:05,381 --> 00:16:06,882
Vaites. Pillou catarro?

167
00:16:07,925 --> 00:16:08,884
Senta.

168
00:16:08,968 --> 00:16:11,470
Traballa vostede moito.

169
00:16:12,096 --> 00:16:13,764
Ten que mirar de coidarse.

170
00:16:14,640 --> 00:16:16,725
Estou ben. Axiña me ha pasar.

171
00:16:18,185 --> 00:16:20,938
Ti tamén traballas arreo.

172
00:16:21,021 --> 00:16:22,398
Que tal pola parroquia?

173
00:16:22,898 --> 00:16:24,400
Non traballo tanto.

174
00:16:25,234 --> 00:16:28,529
Hoxe conseguín un novo fregués,

175
00:16:29,405 --> 00:16:31,532
antes de vir ata aquí.

176
00:16:33,450 --> 00:16:35,911
Non te obsesiones con captar fregueses.

177
00:16:36,412 --> 00:16:43,002
Es un emisario de Deus que difunde
a súa palabra nunha terra estéril.

178
00:16:44,169 --> 00:16:46,171
Lembra iso e sigue así.

179
00:16:48,924 --> 00:16:50,259
Tereino en conta.

180
00:16:52,302 --> 00:16:55,431
Por certo, e a parroquia do Pobo do Ceo?

181
00:16:55,514 --> 00:16:56,974
Ai, xa a viches?

182
00:16:57,057 --> 00:16:57,891
Si.

183
00:16:59,018 --> 00:17:02,104
Foi a miña muller quen máis se sorprendeu.

184
00:17:04,398 --> 00:17:06,275
Púidome avisar.

185
00:17:06,775 --> 00:17:09,028
Perdoa, é que ando a mil cousas.

186
00:17:13,991 --> 00:17:16,201
A quen recomendas para esa parroquia?

187
00:17:20,039 --> 00:17:21,206
A quen recomendo?

188
00:17:21,290 --> 00:17:24,543
Si, para a nova parroquia do Pobo do Ceo.

189
00:17:24,626 --> 00:17:28,630
Ti levas moito nesa zona,
paréceme boa idea consultarcho.

190
00:17:28,714 --> 00:17:32,843
Quen sería a persoa axeitada
para levar esa parroquia?

191
00:17:33,969 --> 00:17:36,638
Para esa parroquia…

192
00:17:39,475 --> 00:17:41,977
Ocórreseche alguén?

193
00:17:46,607 --> 00:17:47,691
Non sei, pero…

194
00:17:51,862 --> 00:17:54,114
dareille unha volta.

195
00:17:54,198 --> 00:17:55,032
Moi ben.

196
00:17:55,908 --> 00:17:57,493
Eu tamén o vou pensar.

197
00:18:01,955 --> 00:18:04,541
Deus amosaranos quen é a persoa axeitada.

198
00:18:07,669 --> 00:18:10,798
Bulide!
Díxenvos que había que traer paraugas.

199
00:18:10,881 --> 00:18:13,467
Ide entrando. Veña, bulide.

200
00:18:15,844 --> 00:18:16,845
Min-chan.

201
00:18:16,929 --> 00:18:17,846
Ola, Hwan-su.

202
00:18:18,347 --> 00:18:19,264
Xa vou.

203
00:18:20,766 --> 00:18:23,143
Canto tempo. Que fas aquí?

204
00:18:23,227 --> 00:18:26,063
Vin ver o pastor Jung. Xa marcho.

205
00:18:26,146 --> 00:18:28,440
Ah, viñeches ver a meu pai.

206
00:18:29,149 --> 00:18:34,279
Escoita, xa saberás que vai construír
unha igrexa no teu barrio.

207
00:18:34,363 --> 00:18:37,699
Si… Algo oín.

208
00:18:37,783 --> 00:18:41,411
Os de arriba cren que debería dirixila eu.

209
00:18:41,495 --> 00:18:42,746
Vaia leria.

210
00:18:45,290 --> 00:18:46,416
Xa.

211
00:18:46,500 --> 00:18:50,921
Teu pai comentoume
que busca alguén axeitado para levala.

212
00:18:51,004 --> 00:18:54,007
Pediume opinión.

213
00:18:54,091 --> 00:18:56,176
Pediuche opinión a ti?

214
00:18:56,844 --> 00:19:00,597
Pero como se lle pasa pola cabeza
preguntarche a ti?

215
00:19:01,181 --> 00:19:04,226
Que tolería. Ten cada ocorrencia…

216
00:19:04,726 --> 00:19:07,479
Claramente, deberías dirixila ti.

217
00:19:07,980 --> 00:19:09,982
Levas tres anos predicando alí.

218
00:19:11,358 --> 00:19:14,194
Sinceramente, eu non teño nin idea.

219
00:19:14,695 --> 00:19:16,405
Non estou preparado.

220
00:19:19,449 --> 00:19:20,993
Debería falar con meu pai.

221
00:19:21,076 --> 00:19:22,327
Non, déixao.

222
00:19:23,871 --> 00:19:26,498
Total, a decisión non é nosa.

223
00:19:27,082 --> 00:19:32,421
- Deus diranos quen é a persoa axeitada.
- Pastor, fáisenos tarde.

224
00:19:32,504 --> 00:19:33,422
Un momento.

225
00:19:33,505 --> 00:19:34,798
Teño que marchar.

226
00:19:34,882 --> 00:19:37,176
Chámote e falamos.

227
00:19:37,259 --> 00:19:38,760
- Sigue así.
- Vale, abur.

228
00:19:39,261 --> 00:19:40,512
Perdoade. Vamos.

229
00:20:00,699 --> 00:20:03,285
Noso Pai que estás no ceo, vela por min,

230
00:20:03,952 --> 00:20:06,955
para que a miña fe,
que alivia o meu desasosego,

231
00:20:07,456 --> 00:20:11,335
non se vexa turbada
por tentacións mundanas.

232
00:20:12,836 --> 00:20:14,213
Pero, Señor,

233
00:20:16,089 --> 00:20:20,886
se non vai en contra da túa vontade
que eu dirixa a nova parroquia,

234
00:20:21,929 --> 00:20:25,474
confeso que me gustaría aceptar ese reto.

235
00:20:27,559 --> 00:20:29,436
Maniféstame a túa vontade…

236
00:20:36,902 --> 00:20:39,780
ESPOSA
LEE SI-YEONG

237
00:20:43,992 --> 00:20:46,036
- Dime.
- Onde estás?

238
00:20:46,119 --> 00:20:47,537
Estás con Yeon-u?

239
00:20:49,331 --> 00:20:51,166
Con Yeon-u? De que falas?

240
00:20:51,250 --> 00:20:54,878
Díxenche que o recolleses ti
porque eu tiña a reunión.

241
00:20:58,382 --> 00:21:01,385
Xa. É que tiña que facer unha cousa e…

242
00:21:01,468 --> 00:21:04,554
Que cousa? A misa rematou hai horas!

243
00:21:05,514 --> 00:21:08,725
E agora que facemos? Que debemos facer?

244
00:21:08,809 --> 00:21:11,353
Que pasa? Que che dixeron na gardería?

245
00:21:11,853 --> 00:21:14,564
Dixéronme que o recollera un home.

246
00:21:16,900 --> 00:21:18,694
Dei por feito que foras ti.

247
00:21:18,777 --> 00:21:20,279
Que facemos?

248
00:21:20,362 --> 00:21:22,864
Secuestraron a Yeon-u! Que facemos?

249
00:21:26,034 --> 00:21:30,330
Cariño, vai alí
e pregúntalles como era o home.

250
00:21:31,790 --> 00:21:34,543
Se lle pasou algo a Yeon-u, é culpa túa.

251
00:21:35,043 --> 00:21:36,086
Quédache claro?

252
00:22:11,955 --> 00:22:13,540
REXISTRO DE AGRESORES SEXUAIS

253
00:22:13,623 --> 00:22:15,083
KWON YANG-RAE

254
00:22:17,169 --> 00:22:19,087
ENDEREZO: MYEONGHWA-RO, 9, 8, MUSAN

255
00:22:31,308 --> 00:22:32,601
Ola, Yeon-ju.

256
00:22:33,143 --> 00:22:35,270
Segues sen falarte con papá?

257
00:22:36,104 --> 00:22:38,023
Chámao, anda.

258
00:22:40,275 --> 00:22:42,486
Vale, chamareino.

259
00:22:43,945 --> 00:22:45,155
Que che pasa?

260
00:22:46,114 --> 00:22:47,240
Atópaste mal?

261
00:22:49,951 --> 00:22:50,869
Yeon-ju?

262
00:22:52,120 --> 00:22:52,954
Non.

263
00:22:54,164 --> 00:22:55,290
Acábome de erguer.

264
00:22:57,209 --> 00:22:59,586
Que dis? Ti sabes que hora é?

265
00:23:00,087 --> 00:23:02,422
Non dixeras que ías estudar máis?

266
00:23:02,923 --> 00:23:04,508
Estás chapando moito?

267
00:23:05,592 --> 00:23:06,635
Si.

268
00:23:07,219 --> 00:23:08,970
Chámote despois.

269
00:23:09,721 --> 00:23:12,516
Vale. Avísame se che fai falta algo.

270
00:23:23,402 --> 00:23:24,403
Yeon-hui.

271
00:23:30,283 --> 00:23:31,118
Yeon-hui.

272
00:23:32,619 --> 00:23:33,578
Lémbraste?

273
00:23:34,996 --> 00:23:37,833
Cando me mudei ao meu propio piso?

274
00:23:38,875 --> 00:23:42,796
Fixemos unha festa de inauguración
e tiramos esta foto.

275
00:23:45,090 --> 00:23:46,758
Saes moi guapa.

276
00:23:49,136 --> 00:23:52,848
Pero sabes que?
Arrepíntome de mudarme alí.

277
00:24:06,403 --> 00:24:10,073
Sabes que me repetía
cando me tiña secuestrada?

278
00:24:12,117 --> 00:24:14,161
"Alguén virá rescatarme.

279
00:24:17,080 --> 00:24:18,999
Miña irmá acabará sospeitando.

280
00:24:20,959 --> 00:24:25,005
É intelixente
e estase a preparar para ser policía."

281
00:24:30,135 --> 00:24:34,347
Pero quen entraba pola porta…

282
00:24:39,895 --> 00:24:41,771
sempre era el.

283
00:25:26,525 --> 00:25:27,359
Yeon-hui.

284
00:25:28,902 --> 00:25:30,111
Dime, por que?

285
00:25:32,155 --> 00:25:33,156
Por que?

286
00:25:35,659 --> 00:25:37,869
Por que non me rescataches?

287
00:25:39,037 --> 00:25:39,871
Por que?

288
00:25:47,087 --> 00:25:50,215
En dez metros, chegará ao seu destino.

289
00:26:18,910 --> 00:26:20,495
112, en que podo axudarlle?

290
00:26:20,579 --> 00:26:22,122
Si, ola.

291
00:26:23,373 --> 00:26:25,959
O meu fillo desapareceu.

292
00:26:26,042 --> 00:26:28,628
Que o seu fillo desapareceu?

293
00:26:28,712 --> 00:26:31,089
Kwon… Kwon Yang-rae…

294
00:26:31,172 --> 00:26:33,216
O violador que vive nesta zona.

295
00:26:33,300 --> 00:26:35,719
O violador… Estou diante da súa casa.

296
00:26:35,802 --> 00:26:38,305
- Pero…
- Tranquilícese e explíquemo.

297
00:26:38,388 --> 00:26:41,016
Creo que se vai desfacer de algo.

298
00:26:41,099 --> 00:26:43,184
Leva unha pa…

299
00:26:43,268 --> 00:26:46,354
Señor, presenciou vostede un crime?

300
00:26:46,438 --> 00:26:50,150
Non. Como lle dixen,
o meu fillo desapareceu e…

301
00:26:50,233 --> 00:26:51,943
Cando desapareceu?

302
00:26:52,027 --> 00:26:54,613
Kwon Yang-rae, o violador que vive aquí.

303
00:26:54,696 --> 00:26:56,281
Búsqueo e xa verá!

304
00:26:56,364 --> 00:26:58,658
Denunciou a desaparición do seu fillo?

305
00:27:07,250 --> 00:27:10,128
Por favor, envíe a policía á casa de Kwon.

306
00:27:11,296 --> 00:27:13,840
É en… Ola?

307
00:28:30,875 --> 00:28:33,503
PASO DE FOXHILL

308
00:29:40,945 --> 00:29:42,322
Pastor?

309
00:29:44,324 --> 00:29:46,075
Creo que me estaba a seguir.

310
00:29:46,576 --> 00:29:48,286
Pasa algo?

311
00:30:04,302 --> 00:30:07,388
Se non vai dicir nada, marcho para a casa.

312
00:30:17,816 --> 00:30:18,650
Yeon-u.

313
00:30:20,235 --> 00:30:21,069
Yeon-u.

314
00:30:22,695 --> 00:30:23,738
Yeon-u!

315
00:30:28,326 --> 00:30:29,160
Pastor.

316
00:30:32,038 --> 00:30:33,790
Que está facendo?

317
00:30:39,128 --> 00:30:39,963
Aparte.

318
00:32:31,532 --> 00:32:32,659
ESPOSA
LEE SI-YEONG

319
00:32:34,410 --> 00:32:36,245
Xa apareceu Yeon-u.

320
00:32:38,122 --> 00:32:40,041
Coñeces o seu amigo No-el, non?

321
00:32:40,124 --> 00:32:43,419
Convidou a Yeon-u á súa casa
e recolleunos o seu pai.

322
00:32:44,212 --> 00:32:48,424
Díxollo á mestra e ela debeu esquecer
comentalo no cambio de quenda.

323
00:32:50,009 --> 00:32:54,305
Pero os pais de No-el
puidéronnos avisar igualmente.

324
00:32:54,931 --> 00:32:58,059
Se cho dixese,
non me ías deixar ir xogar con No-el.

325
00:32:58,559 --> 00:33:01,187
Non che dixen que baixes os brazos!

326
00:33:01,270 --> 00:33:03,314
Deixa de chorar!

327
00:33:04,649 --> 00:33:05,483
Onde estás?

328
00:34:55,676 --> 00:34:59,263
COMISARÍA DE MUSAN JUNGBU

329
00:35:22,662 --> 00:35:24,038
Inspectora Yeon-hui?

330
00:35:26,415 --> 00:35:27,667
Bo día.

331
00:35:27,750 --> 00:35:30,878
Son So Eun-gyu,
da Unidade 4 de Crimes Violentos.

332
00:35:30,962 --> 00:35:33,881
- Ola.
- O capitán pregunta por vostede.

333
00:35:35,049 --> 00:35:37,385
Hai un caso novo. Están todos reunidos.

334
00:35:37,468 --> 00:35:39,011
- Vamos.
- Moi ben.

335
00:35:40,847 --> 00:35:42,932
Non é un caso máis de desaparición.

336
00:35:43,432 --> 00:35:44,475
Xa están aquí.

337
00:35:44,976 --> 00:35:46,352
Antes de comezarmos,

338
00:35:46,853 --> 00:35:49,981
preséntovos a inspectora Lee Yeon-hui.

339
00:35:50,064 --> 00:35:50,982
Saudádea.

340
00:35:52,608 --> 00:35:55,236
Onte entrou un caso novo,
así que hai choio.

341
00:35:55,319 --> 00:35:56,821
Ben, atendede.

342
00:35:57,697 --> 00:35:59,115
Onte, ás 22:30,

343
00:35:59,198 --> 00:36:02,368
Sung Min-chan, pastor da Nación da Misión,

344
00:36:02,451 --> 00:36:03,828
chamou a policía.

345
00:36:05,663 --> 00:36:08,749
Segundo el, Kwon Yang-rae,
un agresor sexual convicto

346
00:36:09,250 --> 00:36:13,004
que leva unha pulseira telemática,
argallaba algo.

347
00:36:13,880 --> 00:36:16,924
Kwon sacou a pulseira
e non sabemos nada del.

348
00:36:17,425 --> 00:36:20,845
E denunciaron a desaparición
dunha adolescente.

349
00:36:20,928 --> 00:36:22,388
Chámase Shin A-yeong.

350
00:36:23,389 --> 00:36:25,766
É freguesa da Nación da Misión.

351
00:36:25,850 --> 00:36:28,811
Despois da misa,
foi ao karaoke cos seus amigos,

352
00:36:28,895 --> 00:36:31,189
pero non volveu para a casa.

353
00:36:32,023 --> 00:36:34,775
Unidade 1,
entrevistade os amigos de A-yeong.

354
00:36:34,859 --> 00:36:35,818
Si, señor.

355
00:36:35,902 --> 00:36:39,155
Os da Unidade 4,
falade co denunciante que chamou onte.

356
00:36:39,864 --> 00:36:41,157
Andando.

357
00:37:01,636 --> 00:37:04,805
Estamos a bloquear o acceso á súa rúa.

358
00:37:05,348 --> 00:37:07,600
Os da científica tardan cinco minutos.

359
00:37:12,521 --> 00:37:13,773
- Ola.
- Boas.

360
00:37:15,066 --> 00:37:18,694
- Mimá.
- Creo que Kwon vivía aquí.

361
00:37:18,778 --> 00:37:21,405
O que non sei é como.

362
00:37:22,114 --> 00:37:24,283
E logo non hai luz?

363
00:37:24,367 --> 00:37:26,577
Non. Cortáronlle o subministro.

364
00:37:32,208 --> 00:37:34,794
Atende. Sacade os mobles fóra.

365
00:37:34,877 --> 00:37:36,420
Si, señor. Axúdame.

366
00:37:51,936 --> 00:37:52,770
Mire.

367
00:37:55,564 --> 00:37:56,399
Xesús.

368
00:38:00,945 --> 00:38:04,073
O tipo é un puto psicópata.

369
00:38:10,371 --> 00:38:12,290
PENA POR HOMICIDIO INVOLUNTARIO

370
00:38:23,843 --> 00:38:26,012
ENTREGARSE POR HOMICIDIO INVOLUNTARIO

371
00:38:38,899 --> 00:38:39,734
Pódese?

372
00:38:44,196 --> 00:38:45,114
Si, ola.

373
00:38:46,073 --> 00:38:48,326
É vostede Sung Min-chan?

374
00:38:50,077 --> 00:38:51,996
Si. Que precisan?

375
00:38:52,079 --> 00:38:53,497
Somos policías.

376
00:38:53,581 --> 00:38:57,335
Vimos porque chamou vostede onte
para denunciar a Kwon Yang-rae.

377
00:38:57,418 --> 00:39:00,963
Dixo que lle parecía
que se ía desfacer dun cadáver.

378
00:39:01,756 --> 00:39:02,757
Ai, si.

379
00:39:03,758 --> 00:39:08,804
O caso é
que Kwon Yang-rae veu onte á igrexa.

380
00:39:09,472 --> 00:39:12,308
Vin que tiña unha pulseira telemática

381
00:39:12,391 --> 00:39:14,810
e chamoume a atención.

382
00:39:14,894 --> 00:39:18,105
Despois chamáronme
porque o meu fillo desaparecera.

383
00:39:18,731 --> 00:39:22,276
Primeiro sospeitei de Kwon Yang-rae
e fun ata a súa casa.

384
00:39:22,360 --> 00:39:23,194
Pero…

385
00:39:25,488 --> 00:39:26,322
Pero que?

386
00:39:26,405 --> 00:39:29,492
Pois… vino cunha pa.

387
00:39:30,701 --> 00:39:33,329
Deducín que se ía desfacer dun corpo

388
00:39:33,412 --> 00:39:34,872
e chamei a policía.

389
00:39:36,499 --> 00:39:38,167
E o seu fillo?

390
00:39:39,001 --> 00:39:40,002
Nada…

391
00:39:40,753 --> 00:39:42,129
Trabucámonos.

392
00:39:43,464 --> 00:39:48,427
Despois soubemos
que estaba na casa dun amigo.

393
00:39:48,511 --> 00:39:49,428
Xa.

394
00:39:51,305 --> 00:39:56,018
Desapareceu unha adolescente
chamada Shin A-Yeong.

395
00:39:56,519 --> 00:39:59,647
Un momento.
A-yeong, a freguesa desta parroquia?

396
00:40:00,398 --> 00:40:01,315
Si.

397
00:40:03,234 --> 00:40:06,570
Pero… que lle pasou a A-yeong?

398
00:40:06,654 --> 00:40:08,030
Podo botar unha ollada?

399
00:40:10,074 --> 00:40:11,075
Si, claro.

400
00:40:23,963 --> 00:40:26,632
Canto tempo estivo aquí Kwon Yang-rae?

401
00:40:27,758 --> 00:40:30,594
Pedinlle que cubrise
o formulario de inscrición,

402
00:40:32,179 --> 00:40:34,807
despois chamáronme por teléfono e marchou.

403
00:40:55,202 --> 00:40:59,540
Pastor, que fixo
despois de chamar a policía?

404
00:41:00,624 --> 00:41:02,918
Fun para a casa.

405
00:41:16,223 --> 00:41:20,478
Aínda non temos probas
de que el lle fixese nada á rapaza.

406
00:41:20,561 --> 00:41:22,188
Estámolo a investigar.

407
00:41:22,938 --> 00:41:27,234
Por favor, chámenos se recorda algo máis.

408
00:41:28,068 --> 00:41:28,903
Por suposto.

409
00:42:41,767 --> 00:42:43,936
PASTOR, TEÑO QUE CONFESARME.

410
00:42:49,191 --> 00:42:53,195
ONTE…

411
00:42:53,279 --> 00:42:59,201
MIN-CHAN, FALEMOS EN PERSOA.
VEN Á MIÑA PARROQUIA.

412
00:43:41,243 --> 00:43:42,244
Pastor.

413
00:43:44,747 --> 00:43:46,665
Hai un problema grave.

414
00:43:50,294 --> 00:43:51,837
Supoño que xa sabes…

415
00:43:54,506 --> 00:43:55,758
o de Hwan-su.

416
00:44:04,683 --> 00:44:08,145
Sempre o eduquei
para que obrase correctamente.

417
00:44:13,025 --> 00:44:16,612
Como se lle ocorre
ter unha aventura cunha freguesa?

418
00:44:21,700 --> 00:44:26,872
Pero se… non leva moito tempo casado.

419
00:44:29,583 --> 00:44:30,542
É que…

420
00:44:32,002 --> 00:44:34,546
xa sabes que Hwan-su é un brando.

421
00:44:36,131 --> 00:44:37,966
Así lle vai.

422
00:44:39,009 --> 00:44:40,678
Por iso se deixou seducir.

423
00:44:41,470 --> 00:44:45,891
En fin,
díxenlle que rompese con ela dunha vez,

424
00:44:47,393 --> 00:44:51,397
que volvese coa súa muller
e se arrepentise, pero a rapaza…

425
00:44:52,314 --> 00:44:53,816
A moza coa que anda

426
00:44:55,109 --> 00:44:58,654
subiu detalles da súa relación
á web da parroquia.

427
00:44:59,738 --> 00:45:01,699
Mira o que escribiu.

428
00:45:01,782 --> 00:45:05,327
Dígoche eu que o seduciu á mantenta!

429
00:45:10,290 --> 00:45:11,125
Meu Deus.

430
00:45:14,211 --> 00:45:15,212
A Hwan-su…

431
00:45:17,798 --> 00:45:21,385
vouno mandar uns anos
de misioneiro ao estranxeiro.

432
00:45:23,303 --> 00:45:24,847
Poñer terra por medio.

433
00:45:27,224 --> 00:45:29,143
Estoume volvendo tolo.

434
00:45:36,400 --> 00:45:41,280
Como se deixou cegar pola luxuria
cando o seu deber é servir a Deus?

435
00:45:43,198 --> 00:45:48,954
Sempre lle dixen
que vivise por e para Deus.

436
00:45:57,045 --> 00:45:57,880
Min-chan.

437
00:45:59,923 --> 00:46:00,841
Se cadra…

438
00:46:02,843 --> 00:46:05,387
todo forma parte do plan de Deus.

439
00:46:08,474 --> 00:46:09,308
Pastor.

440
00:46:13,145 --> 00:46:17,733
Non ole como algo doce?

441
00:46:19,318 --> 00:46:22,488
A parroquia do Pobo do Ceo,
a que estou a construír,

442
00:46:25,073 --> 00:46:28,869
gustaríame
que ti te encargases de dirixila.

443
00:46:39,546 --> 00:46:41,507
Supoño que é a vontade de Deus.

444
00:46:42,841 --> 00:46:46,178
E o noso deber é acatar a súa vontade.

445
00:46:47,763 --> 00:46:48,597
Min-chan.

446
00:46:49,973 --> 00:46:53,477
Dirixe a parroquia do Pobo do Ceo

447
00:46:54,520 --> 00:46:56,772
e fai que prospere.

448
00:47:00,234 --> 00:47:01,276
Cumprirei.

449
00:47:04,780 --> 00:47:05,781
Cumprirei…

450
00:47:09,243 --> 00:47:10,244
a súa vontade.

451
00:47:18,877 --> 00:47:22,714
Segundo o axente da condicional,
tiña un comportamento normal.

452
00:47:22,798 --> 00:47:24,883
Derreábase na empresa de derribas.

453
00:47:24,967 --> 00:47:27,594
Non faltou a ningunha das sesións comigo.

454
00:47:28,345 --> 00:47:30,597
Mellorara de xeito significativo.

455
00:47:30,681 --> 00:47:33,934
Saben cando debuxou isto?

456
00:47:34,017 --> 00:47:38,605
O equipo forense está a pescudalo,
pero cren que se debuxou hai pouco.

457
00:47:39,106 --> 00:47:39,940
Hai pouco?

458
00:47:41,316 --> 00:47:43,569
Non tiña un comportamento sospeitoso,

459
00:47:44,653 --> 00:47:46,321
pero volveu delinquir?

460
00:47:52,327 --> 00:47:54,413
Debe de ser o psiquiatra de Kwon.

461
00:47:58,709 --> 00:48:03,422
As enfermidades mentais desencadéanas
moitos factores, incluídos os xenéticos.

462
00:48:03,505 --> 00:48:06,133
É complicado
reducilo todo a unha soa causa,

463
00:48:06,216 --> 00:48:11,847
pero seguramente os abusos que sufriu
por parte do seu padrasto foron claves.

464
00:48:11,930 --> 00:48:13,056
Que tipo de abusos?

465
00:48:13,557 --> 00:48:16,727
Mallaba tanto nel
que acabou co cranio deformado.

466
00:48:16,810 --> 00:48:18,979
Metíalle a man en auga fervendo.

467
00:48:19,563 --> 00:48:23,692
Afogábao con toallas molladas,
deitándoo no chan do baño.

468
00:48:23,775 --> 00:48:25,736
E tamén o agredía sexualmente.

469
00:48:26,236 --> 00:48:27,070
Grazas.

470
00:48:27,571 --> 00:48:29,156
Membros do xurado,

471
00:48:29,239 --> 00:48:34,202
o señor Kwon aínda ten
centos de cicatrices no corpo,

472
00:48:35,329 --> 00:48:37,748
resultado de dez anos de malos tratos.

473
00:48:39,082 --> 00:48:41,752
Tras experimentar algo semellante,

474
00:48:41,835 --> 00:48:44,212
pode alguén ser un adulto equilibrado?

475
00:48:44,713 --> 00:48:48,508
Non todas as vítimas de abusos
desenvolven tendencias criminais.

476
00:48:49,718 --> 00:48:52,554
Porén, penso que moitas cousas
serían distintas

477
00:48:53,138 --> 00:48:54,556
se o tratasen daquela.

478
00:48:56,224 --> 00:48:58,727
Ao señor Kwon maltratárono dez anos.

479
00:49:00,228 --> 00:49:06,401
Aos 16 anos, enviárono ao reformatorio
por agresión e ao fin escapou do padrasto.

480
00:49:06,902 --> 00:49:08,111
De novo, era…

481
00:49:08,195 --> 00:49:11,365
Agarde. Que está a facer?

482
00:49:11,448 --> 00:49:12,491
Yeon-hui.

483
00:49:12,574 --> 00:49:13,617
Orde na sala.

484
00:49:13,700 --> 00:49:14,993
Por que?

485
00:49:16,161 --> 00:49:18,997
Por que tenta escusar unha persoa así?

486
00:49:21,416 --> 00:49:23,627
- Riste?
- Sáquena da sala.

487
00:49:23,710 --> 00:49:25,337
- Faiche graza?
- Sáquena!

488
00:49:25,837 --> 00:49:27,589
- Sóltenme!
- Acompáñenos.

489
00:49:27,673 --> 00:49:29,383
- Yeon-hui.
- É o demo!

490
00:49:29,466 --> 00:49:30,676
- É o demo!
- Vamos.

491
00:49:30,759 --> 00:49:33,261
- De que lado está?
- Acougue.

492
00:49:33,345 --> 00:49:35,639
Sóltenme! Que me solten!

493
00:49:35,722 --> 00:49:36,556
Sóltenme!

494
00:49:37,140 --> 00:49:38,225
Doutor Lee.

495
00:49:39,935 --> 00:49:43,689
Canto tempo.
Lee Yeon-hui, Unidade de Crimes Violentos.

496
00:49:46,358 --> 00:49:49,486
Agarde. Coñecémonos?

497
00:49:50,946 --> 00:49:54,741
Supoño que lembra o caso
contra Kwon Yang-rae de hai cinco anos.

498
00:49:56,660 --> 00:49:59,454
Secuestrou a Lee Yeon-ju e abusou dela,

499
00:49:59,955 --> 00:50:02,499
pero ela deu escapado e chamou a policía.

500
00:50:05,002 --> 00:50:06,503
Son a súa irmá maior.

501
00:50:08,338 --> 00:50:10,424
Sempre quixen preguntarlle…

502
00:50:11,508 --> 00:50:12,884
por que o fixo?

503
00:50:14,011 --> 00:50:17,222
Por que lles deu unha razón
para absolver a Kwon?

504
00:50:19,057 --> 00:50:20,183
Mire, daquela…

505
00:50:22,144 --> 00:50:23,937
testifiquei como experto.

506
00:50:24,021 --> 00:50:25,897
Sabe que son psiquiatra, non?

507
00:50:26,690 --> 00:50:30,110
Si. Estudo e trato
as enfermidades mentais.

508
00:50:30,193 --> 00:50:31,111
Que as trata?

509
00:50:31,194 --> 00:50:35,741
Entón, logo de anos de suposto tratamento,
por que desapareceu Shin A-yeong?

510
00:50:36,616 --> 00:50:38,118
É todo culpa súa.

511
00:50:39,911 --> 00:50:42,706
Por crear unha xustificación
para ese demo.

512
00:50:44,916 --> 00:50:48,086
Por iso volve ocorrer o mesmo
uns anos despois.

513
00:50:49,087 --> 00:50:50,213
Non é un demo.

514
00:50:52,049 --> 00:50:54,509
Kwon é un ser humano que está enfermo.

515
00:50:55,844 --> 00:51:00,223
Se quere salvar a Shin A-yeong,
ten que coñecer mellor a Kwon.

516
00:51:00,891 --> 00:51:03,602
Como familiar da vítima,
comprendo o que sente.

517
00:51:03,685 --> 00:51:05,854
De verdade. Pero como policía…

518
00:51:10,275 --> 00:51:11,276
Teño que marchar.

519
00:51:13,445 --> 00:51:16,073
A súa historia fíxose viral logo do xuízo.

520
00:51:18,033 --> 00:51:20,744
Todo o mundo dicía
que sentía mágoa por el.

521
00:51:21,953 --> 00:51:23,497
Que non lle quedara outra…

522
00:51:23,580 --> 00:51:24,831
COMPAIXÓN POLO AGRESOR

523
00:51:24,915 --> 00:51:26,333
…que ser un delincuente.

524
00:51:28,043 --> 00:51:29,169
Pouco despois,

525
00:51:30,754 --> 00:51:34,883
a miña irmá, Yeon-ju, suicidouse.

526
00:51:35,884 --> 00:51:39,971
Sobreviviu a torturas horribles e escapou.

527
00:51:40,055 --> 00:51:41,181
Pero vostede…

528
00:51:42,933 --> 00:51:44,184
Vostede matouna.

529
00:52:21,638 --> 00:52:22,472
Pastor.

530
00:52:24,891 --> 00:52:27,894
É vostede o pastor Sung, non si?

531
00:52:29,896 --> 00:52:33,233
- Precisa algo?
- Son a nai A-yeong.

532
00:52:34,442 --> 00:52:35,819
Ai, si!

533
00:52:36,611 --> 00:52:37,863
Que fai aquí?

534
00:52:37,946 --> 00:52:39,281
A-yeong…

535
00:52:39,364 --> 00:52:41,366
Por que a miña filla…?

536
00:52:42,576 --> 00:52:44,244
Meu Deus, señora.

537
00:52:44,327 --> 00:52:47,164
Vamos falar dentro. Acompáñeme.

538
00:52:47,247 --> 00:52:48,456
Que lle pasou?

539
00:52:54,379 --> 00:52:58,884
Señora, atoparemos a A-yeong. Seguro.

540
00:53:01,178 --> 00:53:02,137
Si, aparecerá.

541
00:53:04,306 --> 00:53:06,016
Pero, pastor…

542
00:53:07,642 --> 00:53:08,685
Se…

543
00:53:10,270 --> 00:53:11,229
hipoteticamente…

544
00:53:12,814 --> 00:53:15,734
E se xa lle pasou algo a A-yeong?

545
00:53:15,817 --> 00:53:18,153
Que di? Non pense iso.

546
00:53:18,236 --> 00:53:19,613
Xa, pero é que…

547
00:53:20,780 --> 00:53:21,615
¿E se…

548
00:53:22,949 --> 00:53:24,993
me chaman da policía

549
00:53:26,536 --> 00:53:29,831
e me din que lle pasou algo
e que teño que identificala?

550
00:53:29,915 --> 00:53:31,333
Sexa forte, muller.

551
00:53:31,416 --> 00:53:32,792
A-yeong está viva.

552
00:53:33,793 --> 00:53:37,797
Si, verdade? Ten que estalo.
Verdade que si, pastor Sung?

553
00:53:37,881 --> 00:53:39,674
- Verdade?
- Si. Abofé que si.

554
00:53:40,884 --> 00:53:42,177
Recemos xuntos.

555
00:53:44,554 --> 00:53:48,266
Deus todopoderoso. Señor, o noso pastor,

556
00:53:48,975 --> 00:53:52,896
que nos guías e nos protexes no camiño.

557
00:53:52,979 --> 00:53:55,148
Ti has saber onde está A-yeong

558
00:53:55,232 --> 00:53:58,860
e en que situación se atopa agora mesmo.

559
00:53:59,361 --> 00:54:02,364
Aínda que estea nun lugar escuro,

560
00:54:02,447 --> 00:54:05,200
cremos que está viva
e que estás canda ela.

561
00:54:05,283 --> 00:54:07,953
Señor, lembra
que é un momento moi difícil.

562
00:54:08,036 --> 00:54:10,163
Precisamos a túa axuda, Señor.

563
00:54:10,789 --> 00:54:13,875
A imaxe é do día anterior
á desaparición de Kwon.

564
00:54:14,376 --> 00:54:18,505
O fin de semana, esnaquizou
catro cámaras na contorna da súa casa.

565
00:54:19,256 --> 00:54:22,842
Semella que o planeou todo
meticulosamente uns días antes.

566
00:54:22,926 --> 00:54:26,972
Que facían os do centro de control
cando rompeu as cámaras?

567
00:54:27,055 --> 00:54:30,767
Pensaron que romperan
polas choivas e a tormenta.

568
00:54:30,850 --> 00:54:33,270
E cámaras de casas ou coches do barrio?

569
00:54:33,353 --> 00:54:36,773
Comprobámolas,
pero non se ve nada pola choiva.

570
00:54:36,856 --> 00:54:38,650
Que tolería.

571
00:54:39,484 --> 00:54:40,485
Si?

572
00:54:41,278 --> 00:54:42,612
Vale, recibido.

573
00:54:43,363 --> 00:54:45,615
- Atoparon o coche de Kwon.
- Onde?

574
00:54:45,699 --> 00:54:48,868
- No paso de Foxhill, no monte Cheonil.
- Arreando.

575
00:54:48,952 --> 00:54:50,662
- Veña!
- Si, señor!

576
00:54:59,170 --> 00:55:01,172
Podía coller o autobús.

577
00:55:02,674 --> 00:55:05,051
Diso nada. Lévoa eu, faltaría máis.

578
00:55:06,970 --> 00:55:08,722
Ten que ser forte, entendido?

579
00:55:14,102 --> 00:55:19,024
Que lle parece se nos xuntamos
esta noite para rezar todos xuntos?

580
00:55:20,066 --> 00:55:25,530
Todos os que queren a A-yeong
xuntaranse para rezar por ela.

581
00:55:25,613 --> 00:55:26,740
- E seguro…
- Diga?

582
00:55:29,451 --> 00:55:30,785
E A-yeong?

583
00:55:33,538 --> 00:55:35,915
Non, eu tamén vou para aí.

584
00:55:37,125 --> 00:55:38,960
Que eu tamén vou!

585
00:55:40,170 --> 00:55:41,463
Mándame o enderezo.

586
00:55:43,965 --> 00:55:45,467
Que pasou?

587
00:55:46,509 --> 00:55:48,595
Atoparon o coche dese malnacido.

588
00:55:50,221 --> 00:55:51,056
Que fago?

589
00:55:53,308 --> 00:55:54,225
Que vou facer?

590
00:55:55,977 --> 00:55:57,812
Onde está?

591
00:56:13,203 --> 00:56:15,205
Comeza a busca na zona A-3.

592
00:56:15,288 --> 00:56:17,624
- Cos de criminalística.
- Non hai nada.

593
00:56:17,707 --> 00:56:18,625
Recibido.

594
00:56:18,708 --> 00:56:20,418
Ten que haber algo. Atopádeo.

595
00:56:20,502 --> 00:56:21,419
Si, señor.

596
00:56:22,253 --> 00:56:24,964
Envíen outra unidade á zona A-4.

597
00:56:25,048 --> 00:56:26,049
De acordo.

598
00:56:26,132 --> 00:56:28,843
Están aquí todos os axentes e detectives?

599
00:56:28,927 --> 00:56:32,013
A nai que o pariu. Por que viría aquí?

600
00:56:32,722 --> 00:56:35,266
A onde foi cando abandonou o coche?

601
00:56:37,060 --> 00:56:39,521
Escaparía A-yeong camiño de aquí?

602
00:56:39,604 --> 00:56:40,522
Pode ser.

603
00:56:42,190 --> 00:56:44,609
Mimá. Que é isto?

604
00:56:45,735 --> 00:56:47,862
- Atopastes algo?
- Non hai ada.

605
00:57:05,255 --> 00:57:06,089
Científica!

606
00:57:16,015 --> 00:57:17,892
Buscade aí tamén!

607
00:57:19,727 --> 00:57:21,604
- Atopades algo?
- Aínda non!

608
00:57:34,701 --> 00:57:38,788
Seino, son o seu pai. Déixenme pasar.
Por que non me deixan pasar?

609
00:57:39,372 --> 00:57:40,206
Pare.

610
00:57:40,290 --> 00:57:43,293
Déixenme pasar un momento, por favor!

611
00:57:43,918 --> 00:57:45,211
- Cariño!
- Detéñase!

612
00:57:45,295 --> 00:57:46,754
- Fóra!
- Non pode…

613
00:57:46,838 --> 00:57:47,672
E A-yeong?

614
00:57:47,755 --> 00:57:49,716
Estana a buscar. Vamos.

615
00:57:49,799 --> 00:57:51,092
- A-yeong!
- Atrás.

616
00:57:51,176 --> 00:57:54,387
Somos os pais de A-yeong!
Dígannos que pasa!

617
00:57:54,471 --> 00:57:56,097
A-yeong!

618
00:57:56,181 --> 00:57:57,056
Que pasa aí?

619
00:57:58,391 --> 00:58:00,310
- A-yeong!
- Son os pais da nena.

620
00:58:00,810 --> 00:58:03,605
- Temos que buscala. Por favor!
- A-yeong!

621
00:58:03,688 --> 00:58:06,816
Quietos. Ola.
Supoño que son os pais de A-yeong.

622
00:58:08,026 --> 00:58:09,444
Atoparon a miña filla?

623
00:58:09,527 --> 00:58:12,071
Non, aínda non atopamos ningunha pista.

624
00:58:12,155 --> 00:58:13,406
Pero si o seu coche.

625
00:58:13,490 --> 00:58:16,618
Si, é certo,
pero aínda estamos a investigar.

626
00:58:18,328 --> 00:58:19,662
Tampouco hai corpo?

627
00:58:24,042 --> 00:58:25,043
Corpo?

628
00:58:26,377 --> 00:58:27,712
Como que corpo?

629
00:58:30,340 --> 00:58:31,382
A miña filla…?

630
00:58:31,883 --> 00:58:34,093
Di que A-yeong está…? A-yeong!

631
00:58:34,177 --> 00:58:35,595
- Meu ben!
- Señora!

632
00:58:36,346 --> 00:58:38,473
- Un médico!
- Aquí!

633
00:58:39,349 --> 00:58:42,060
Cariño, estás ben? Dime algo.

634
00:58:42,936 --> 00:58:45,063
Que imos facer agora?

635
00:58:47,273 --> 00:58:51,903
Rompeu as cámaras todas,
así que non atoparemos pistas.

636
00:58:53,154 --> 00:58:55,740
No coche non levaba cámara?

637
00:58:56,241 --> 00:58:57,242
Non levaba, non.

638
00:58:57,909 --> 00:58:59,827
Así que non hai ningunha proba?

639
00:58:59,911 --> 00:59:04,040
Non. Coa que caeu onte,
sorprenderíame moito atopar algo.

640
00:59:05,291 --> 00:59:07,460
O universo está do lado dese cabrón.

641
00:59:45,748 --> 00:59:46,958
Que mosca che picou?

642
00:59:48,585 --> 00:59:52,547
Nunca queres vir de voluntario,
non aturas as mulleres dos pastores.

643
00:59:55,258 --> 00:59:57,552
Non tiñas un rezo por A-yeong?

644
00:59:57,635 --> 00:59:58,886
Deberíaste preparar.

645
00:59:59,846 --> 01:00:00,680
Si-yeong.

646
01:00:02,015 --> 01:00:03,808
Non tes nada que dicirme?

647
01:00:05,602 --> 01:00:06,436
Que?

648
01:00:09,063 --> 01:00:12,150
Non tes nada… que confesar?

649
01:00:13,693 --> 01:00:14,777
Confesar o que?

650
01:00:30,335 --> 01:00:31,252
Si-yeong.

651
01:00:34,255 --> 01:00:35,506
É todo culpa miña.

652
01:00:37,842 --> 01:00:39,135
Provoqueino eu.

653
01:00:41,179 --> 01:00:42,013
Pero…

654
01:00:44,515 --> 01:00:46,225
eu arrepíntome de todo.

655
01:00:50,772 --> 01:00:51,898
Agora tócache a ti.

656
01:00:53,316 --> 01:00:54,651
Tes algo que contarme?

657
01:00:56,361 --> 01:00:57,362
De que falas?

658
01:00:57,445 --> 01:00:58,279
Merda!

659
01:01:02,533 --> 01:01:03,618
Aténdeme ben.

660
01:01:05,745 --> 01:01:08,164
A nova parroquia.

661
01:01:08,665 --> 01:01:11,000
O pastor Jung pediume que a dirixa.

662
01:01:15,004 --> 01:01:16,547
Estívenme informando.

663
01:01:17,465 --> 01:01:19,967
Todos saben que a vai levar Hwan-su.

664
01:01:20,051 --> 01:01:22,387
Non era Jung o teu pai espiritual?

665
01:01:22,887 --> 01:01:25,390
- Pero mira que es inxenuo…
- Eh.

666
01:01:27,558 --> 01:01:29,227
Coidadiño co que dis.

667
01:01:32,021 --> 01:01:35,400
Vai mandar a Hwan-su
ao estranxeiro de misións.

668
01:01:36,651 --> 01:01:37,652
Sabes por que?

669
01:01:40,655 --> 01:01:42,073
Tiña unha aventura.

670
01:01:43,700 --> 01:01:45,368
Cometeu adulterio.

671
01:01:57,422 --> 01:01:59,340
Perdoa. Síntoo.

672
01:02:02,885 --> 01:02:05,096
Pero isto é unha revelación de Deus.

673
01:02:05,179 --> 01:02:07,306
E, se queremos recibir a revelación,

674
01:02:07,390 --> 01:02:11,227
temos que estar
limpos de pecado ante Deus.

675
01:02:15,690 --> 01:02:16,607
Si-yeong.

676
01:02:19,110 --> 01:02:20,361
Queres confesar algo?

677
01:02:22,864 --> 01:02:25,116
Teño…

678
01:02:27,493 --> 01:02:28,786
Teño que marchar.

679
01:02:36,002 --> 01:02:38,087
Deus sábeo todo.

680
01:02:41,340 --> 01:02:43,259
Non hai nada que el non saiba.

681
01:02:51,601 --> 01:02:52,518
Confesa.

682
01:02:59,442 --> 01:03:02,361
Cometín adulterio.

683
01:03:07,158 --> 01:03:08,034
Máis alto.

684
01:03:10,077 --> 01:03:11,329
Deus todopoderoso,

685
01:03:13,080 --> 01:03:15,958
cometín adulterio.

686
01:03:16,042 --> 01:03:17,084
Máis alto!

687
01:03:17,585 --> 01:03:20,046
Máis alto, para que Deus te escoite!

688
01:03:20,546 --> 01:03:24,675
Deus todopoderoso, cometín adulterio.

689
01:03:24,759 --> 01:03:26,219
- Amén!
- Amén.

690
01:03:27,512 --> 01:03:29,931
Amén!

691
01:03:30,014 --> 01:03:31,182
- Amén!
- Amén.

692
01:03:31,682 --> 01:03:32,767
Deus todopoderoso,

693
01:03:32,850 --> 01:03:39,106
esta ovella descarreirada
arrepíntese dos seus pecados.

694
01:03:39,190 --> 01:03:42,568
Acepta o noso sincero arrepentimento
polos nosos pecados.

695
01:03:42,652 --> 01:03:44,028
Deus todopoderoso…

696
01:03:50,076 --> 01:03:52,662
Non hai quen a saque de aquí.

697
01:04:01,045 --> 01:04:03,089
Boas, precisan axuda?

698
01:04:03,673 --> 01:04:04,674
Non, grazas.

699
01:04:05,341 --> 01:04:08,803
Axiña nos virán remolcar. Graciñas.

700
01:04:10,179 --> 01:04:12,598
- Moi ben.
- Coidado, o camiño é estreito.

701
01:04:23,568 --> 01:04:29,282
RESIDENCIA YEONGJIN

702
01:04:29,365 --> 01:04:30,575
- Anda!
- Señora Lee.

703
01:04:31,242 --> 01:04:32,660
Ola!

704
01:04:32,743 --> 01:04:34,161
Chegas cedo.

705
01:04:34,871 --> 01:04:37,206
Xesús, pastor Sung. E vostede por aquí?

706
01:04:37,290 --> 01:04:39,333
Veu traer a Si-yeong?

707
01:04:40,251 --> 01:04:41,836
Que namoradiños seguen!

708
01:04:41,919 --> 01:04:44,422
É todo grazas á súa fe.

709
01:04:45,006 --> 01:04:47,383
Énchevos a graza de Deus.

710
01:04:47,466 --> 01:04:50,970
Debín chegar antes e preparar todo.

711
01:04:51,053 --> 01:04:53,472
Xa se encargan os do cátering.

712
01:04:53,556 --> 01:04:55,641
Nós miramos mentres cociñan

713
01:04:56,350 --> 01:04:58,311
e falamos do mal que nos asolaga.

714
01:04:58,394 --> 01:04:59,437
Por que tardan?

715
01:05:02,398 --> 01:05:03,941
Que foi? Pasou algo?

716
01:05:04,442 --> 01:05:07,278
Non. Por que tardará tanto a ambulancia?

717
01:05:07,361 --> 01:05:11,032
Nós acabamos de ver unha ambulancia
que tivo un accidente.

718
01:05:11,115 --> 01:05:12,283
Ai, non.

719
01:05:12,366 --> 01:05:14,493
E logo? Hai alguén ferido?

720
01:05:14,577 --> 01:05:18,247
Antes apareceu un home
moi sucio e ensanguentado.

721
01:05:18,331 --> 01:05:21,667
Chegou arrastrándose e desmaiouse.
Está moi mal.

722
01:05:22,168 --> 01:05:24,295
Hai que levalo a un hospital.

723
01:05:25,212 --> 01:05:27,298
Tívolle que pasar algo.

724
01:05:27,381 --> 01:05:29,800
Creo que veu a rastro dende o monte.

725
01:05:29,884 --> 01:05:32,720
Deus santo. Parece grave.

726
01:05:33,220 --> 01:05:34,639
E onde está agora?

727
01:05:35,348 --> 01:05:38,434
Levámolo a unha cama do andar de arriba.

728
01:05:38,935 --> 01:05:40,561
Pero sen a ambulancia…

729
01:05:40,645 --> 01:05:45,441
O pastor Sung ofreceulles axuda
e dixeron que axiña os ían remolcar.

730
01:05:45,524 --> 01:05:46,525
Menos mal.

731
01:05:46,609 --> 01:05:50,237
Señoras, non queren pasar
para ver como montan as mesas?

732
01:05:50,738 --> 01:05:53,491
Si, boa idea. Vámonos mudar.

733
01:05:53,574 --> 01:05:56,077
- E temos que tirar fotos.
- Si.

734
01:05:56,160 --> 01:05:58,788
É mellor que vaian entrando. Eu xa marcho.

735
01:05:58,871 --> 01:06:01,082
E logo? Xante con nós.

736
01:06:01,165 --> 01:06:05,002
Teño un rezo á noite
e teño que preparalo todo.

737
01:06:05,086 --> 01:06:05,962
Como queira.

738
01:06:06,837 --> 01:06:09,048
Acompañareinas ao comedor.

739
01:06:09,131 --> 01:06:10,049
Síganme.

740
01:06:12,635 --> 01:06:13,886
- Vai.
- Vale.

741
01:07:22,204 --> 01:07:23,247
Un pastor…

742
01:07:33,883 --> 01:07:35,259
Un pastor…

743
01:07:36,761 --> 01:07:39,680
Un pastor tentou matarme.

744
01:07:39,764 --> 01:07:46,020
Un pastor tentou matarme.

745
01:08:30,606 --> 01:08:31,899
Non é a miña vontade.

746
01:08:32,691 --> 01:08:34,318
É a vontade de Deus.

747
01:09:10,020 --> 01:09:11,438
Canto tardaron!

748
01:09:11,522 --> 01:09:13,023
- E o paciente?
- Arriba.

749
01:09:38,966 --> 01:09:40,050
Rápido. Aquí.

750
01:09:43,846 --> 01:09:45,139
Era este home?

751
01:09:46,849 --> 01:09:47,975
Si, o mesmo.

752
01:09:49,560 --> 01:09:53,105
Non tiñamos nin idea
de que era un criminal. Coidámolo.

753
01:09:53,939 --> 01:09:55,816
Por iso fuxiría.

754
01:09:55,900 --> 01:09:58,277
- Podemos ver o cuarto onde estaba?
- Si.

755
01:10:02,990 --> 01:10:03,908
É por aquí.

756
01:10:09,955 --> 01:10:12,708
Podemos revisar as imaxes desa cámara?

757
01:10:12,791 --> 01:10:16,003
É unha cámara moi vella. Xa non funciona.

758
01:10:17,004 --> 01:10:18,672
Teremos problemas por iso?

759
01:10:18,756 --> 01:10:21,800
Cústanos moito sacar este sitio adiante.

760
01:10:21,884 --> 01:10:24,053
Non sabemos que di a normativa.

761
01:10:26,055 --> 01:10:27,097
Estaba aquí.

762
01:10:30,809 --> 01:10:31,977
Levárono.

763
01:10:34,313 --> 01:10:35,314
Que o levaron?

764
01:10:36,023 --> 01:10:36,857
Quen?

765
01:10:45,950 --> 01:10:48,160
Levouno Deus.

766
01:10:49,203 --> 01:10:50,329
Amén.

767
01:10:50,913 --> 01:10:54,667
Acaba de dicir "amén"? Se vostede é ateo.

768
01:10:55,251 --> 01:10:56,919
Manda truco!

769
01:10:57,711 --> 01:11:00,714
Home, teño que crer en Deus…

770
01:11:00,798 --> 01:11:02,883
Ten demencia dende hai 20 anos.

771
01:11:02,967 --> 01:11:06,053
Si, claro. O que vostede diga.

772
01:11:08,430 --> 01:11:11,392
Cantas saídas ten o edificio?
Hai porta traseira?

773
01:11:11,475 --> 01:11:13,978
Hai unha aquí e outra na cociña.

774
01:11:14,061 --> 01:11:14,979
De acordo.

775
01:11:19,984 --> 01:11:20,901
Quen son?

776
01:11:21,568 --> 01:11:25,823
Son esposas de pastores de parroquias.
Adoitan vir facer voluntariado.

777
01:11:26,699 --> 01:11:30,035
Pódenos facilitar unha lista
das súas parroquias?

778
01:11:30,119 --> 01:11:31,453
Si, por suposto.

779
01:11:57,146 --> 01:12:00,774
Sorprenderaste de verme.
Sobreviviches, pero volvín aparecer.

780
01:12:01,608 --> 01:12:02,526
Ti…

781
01:12:04,528 --> 01:12:05,988
Por que me fas isto?

782
01:12:07,448 --> 01:12:08,365
Boa pregunta.

783
01:12:09,825 --> 01:12:11,827
Eu tamén teño curiosidade.

784
01:12:12,911 --> 01:12:16,457
Por que teima o Señor
en levarme unha e outra vez a ti?

785
01:12:18,500 --> 01:12:19,335
Por que?

786
01:12:20,294 --> 01:12:24,423
Levaba moito tempo
sen ir a esa residencia.

787
01:12:25,007 --> 01:12:28,427
E hoxe pola mañá,
de súpeto, tiven gana de ir.

788
01:12:30,929 --> 01:12:31,764
Por que?

789
01:12:32,806 --> 01:12:34,058
Por que xusto hoxe?

790
01:12:40,230 --> 01:12:42,066
O día de Pentecoste.

791
01:12:42,775 --> 01:12:44,401
A unción do Espírito Santo!

792
01:12:44,902 --> 01:12:47,988
Deus envioume o Espírito Santo
e guioume alí.

793
01:12:48,489 --> 01:12:49,573
O Espírito Santo?

794
01:12:50,866 --> 01:12:56,747
Só tentas cubrir o feito
de que quixeches matarme.

795
01:12:56,830 --> 01:12:58,374
Un momento.

796
01:12:59,208 --> 01:13:01,043
Xa o entendo todo.

797
01:13:02,795 --> 01:13:07,216
Agora entendo por que Deus me guía
ata un fillo de Satanás.

798
01:13:08,217 --> 01:13:13,055
Quere ver ata que punto
son quen de cumprir as súas ordes.

799
01:13:21,480 --> 01:13:22,815
E este sitio.

800
01:13:25,359 --> 01:13:29,738
Ían facer un campo de golf
e por iso construíron este hotel.

801
01:13:29,822 --> 01:13:31,323
Pero a empresa quebrou.

802
01:13:31,407 --> 01:13:33,534
Leva máis de tres anos abandonado.

803
01:13:35,536 --> 01:13:39,623
Este arrepiante edificio en ruínas
é perfecto para nós.

804
01:13:41,542 --> 01:13:43,293
Deus preparouno para nós.

805
01:13:43,377 --> 01:13:44,711
É a Providencia!

806
01:13:50,134 --> 01:13:51,718
Va que é marabilloso?

807
01:13:55,431 --> 01:13:58,600
Es un completo lunático.

808
01:14:01,812 --> 01:14:02,646
E agora?

809
01:14:04,148 --> 01:14:05,482
Vasme matar?

810
01:14:06,567 --> 01:14:07,484
Non o sei.

811
01:14:09,945 --> 01:14:12,072
Deus enviarame outra revelación.

812
01:14:13,115 --> 01:14:17,202
Somos serventes de Deus
e seguimos as súas ordes.

813
01:14:20,414 --> 01:14:21,623
Se me matas,

814
01:14:23,333 --> 01:14:25,210
nunca atoparedes a rapaza.

815
01:14:27,754 --> 01:14:29,006
Secuestreina…

816
01:14:29,089 --> 01:14:29,923
Que?

817
01:14:30,507 --> 01:14:32,426
A freguesa da túa parroquia.

818
01:14:33,469 --> 01:14:34,595
Está viva.

819
01:14:42,686 --> 01:14:43,812
Onde está A-yeong?

820
01:14:45,898 --> 01:14:47,107
Chama a policía

821
01:14:48,567 --> 01:14:50,360
e confesareino todo.

822
01:15:12,216 --> 01:15:13,050
Onde está?

823
01:15:15,552 --> 01:15:17,095
Se me matas,

824
01:15:18,680 --> 01:15:20,474
tamén a matarás a ela.

825
01:15:27,356 --> 01:15:28,941
Dime onde está!

826
01:15:29,024 --> 01:15:30,359
Chama a policía.

827
01:15:30,859 --> 01:15:33,028
Que pasa? Tes medo?

828
01:15:42,037 --> 01:15:48,877
Gloria a Xesús, que morreu na cruz

829
01:15:48,961 --> 01:15:53,924
polos nosos pecados.

830
01:15:54,424 --> 01:16:01,056
A cruz que el levaba ás costas

831
01:16:01,139 --> 01:16:05,143
agora levareina eu.

832
01:16:05,686 --> 01:16:06,603
Amén!

833
01:16:08,522 --> 01:16:10,315
A súa cruz…

834
01:16:23,412 --> 01:16:24,997
Onde está A-yeong? Dimo!

835
01:16:28,375 --> 01:16:32,296
Chama a policía, cabrón satánico.

836
01:17:56,296 --> 01:17:57,881
Temos todas as gravacións?

837
01:17:57,964 --> 01:18:00,592
Si, as de todos os coches
que aparcaron aquí.

838
01:18:01,718 --> 01:18:04,388
Revisádeas en canto cheguedes á comisaría.

839
01:18:04,888 --> 01:18:05,806
Lee Yeon-hui.

840
01:18:06,515 --> 01:18:09,017
- Vostede dea o día por rematado.
- Como?

841
01:18:09,101 --> 01:18:10,894
Non vai ter festa de benvida.

842
01:18:10,977 --> 01:18:13,605
Ao menos non traballe de máis
o primeiro día.

843
01:18:14,106 --> 01:18:17,317
Total, non son moitos vídeos.
Vaia descansar.

844
01:18:17,984 --> 01:18:18,902
Marche.

845
01:18:23,657 --> 01:18:26,034
Cando a viron por última vez?

846
01:18:26,535 --> 01:18:28,078
Hai 24 horas, señor.

847
01:18:28,578 --> 01:18:32,040
Cada vez é menos probable
que siga con vida.

848
01:19:01,737 --> 01:19:02,696
DETECTIVE SO EUN-GYU

849
01:19:04,489 --> 01:19:05,991
A LISTA DE PARROQUIAS

850
01:19:08,535 --> 01:19:11,288
PARROQUIA DA NACIÓN DA MISIÓN

851
01:19:22,007 --> 01:19:24,092
Levouno Deus.

852
01:19:29,014 --> 01:19:30,682
Tampouco hai corpo?

853
01:20:02,422 --> 01:20:06,009
Pastor, A-yeong está ben, verdade?

854
01:20:06,718 --> 01:20:08,261
Non lle pasará nada, non?

855
01:20:20,148 --> 01:20:21,858
Grazas, pastor.

856
01:20:22,901 --> 01:20:23,985
Vamos arriba.

857
01:21:35,932 --> 01:21:38,059
PLANTACIÓNS DE AMORAS

858
01:21:39,311 --> 01:21:43,273
PLANTACIÓN DE AMORAS ORGÁNICAS DE MUSAN

859
01:21:51,865 --> 01:21:53,283
DEUTERONOMIO

860
01:22:02,542 --> 01:22:04,461
Hoxe imos ler…

861
01:22:06,546 --> 01:22:11,468
o Deuteronomio 24:7.

862
01:22:12,969 --> 01:22:14,054
Todos xuntos.

863
01:22:17,390 --> 01:22:21,102
"Se se descobre que alguén raptou
un dos seus irmáns israelitas

864
01:22:21,603 --> 01:22:26,858
e o tratou coma un escravo ou o vendeu,

865
01:22:27,525 --> 01:22:28,526
ese raptor, pois,

866
01:22:29,945 --> 01:22:30,862
debe morrer.

867
01:22:32,405 --> 01:22:36,284
Así limparedes a maldade
que hai no medio de vós."

868
01:22:36,368 --> 01:22:38,119
- Amén.
- Amén.

869
01:22:38,203 --> 01:22:39,037
Amén.

870
01:22:45,543 --> 01:22:46,670
Oremos.

871
01:22:49,172 --> 01:22:50,423
Pai que estás no ceo,

872
01:22:52,133 --> 01:22:56,596
todos os que queremos
a pequena Shin A-yeong estamos aquí.

873
01:22:57,722 --> 01:23:01,142
Sabemos que A-yeong nos ve dende o ceo.

874
01:23:02,686 --> 01:23:04,729
A súa nai está desolada.

875
01:23:05,230 --> 01:23:09,234
Concédelle a mesma paz
que ten agora A-yeong.

876
01:23:09,317 --> 01:23:10,860
Amén!

877
01:23:10,944 --> 01:23:15,532
Sabemos que xamais ignoras
as nosas oracións e rogos de auxilio.

878
01:23:16,032 --> 01:23:16,866
Amén.

879
01:23:16,950 --> 01:23:20,036
Que xamais permites
que os malfeitores saian impunes

880
01:23:20,120 --> 01:23:22,580
e que limpas o mal deste mundo.

881
01:23:22,664 --> 01:23:27,085
Deus, lembramos a túa ira,
lembramos a túa xustiza e a túa rectitude.

882
01:23:27,168 --> 01:23:28,211
Amén!

883
01:23:28,294 --> 01:23:33,133
Que amas os xustos
e aborreces o pecado e os pecadores!

884
01:23:34,009 --> 01:23:38,513
Desataches unha choiva de lume e xofre
sobre Sodoma e Gomorra como castigo.

885
01:23:38,596 --> 01:23:41,975
Agora, coa túa maxestosa e poderosa man,

886
01:23:42,058 --> 01:23:45,854
xulga os malvados co teu lume aniquilador!

887
01:23:45,937 --> 01:23:48,106
Elimina o pecador!

888
01:23:48,189 --> 01:23:50,483
Fágase a túa vontade!

889
01:23:51,359 --> 01:23:54,988
Berraremos "Señor" tres veces
e rezaremos xuntos.

890
01:23:56,031 --> 01:23:58,324
- Señor!
- Señor!

891
01:23:58,408 --> 01:24:01,202
- Señor!
- Señor!

892
01:24:01,286 --> 01:24:04,789
- Señor!
- Señor!

893
01:24:09,502 --> 01:24:10,712
Señor!

894
01:24:10,795 --> 01:24:16,342
- Señor, que a túa graza eterna…
- Por favor, Señor!

895
01:24:34,194 --> 01:24:36,696
Amén.

896
01:24:41,534 --> 01:24:45,163
PLANTACIÓN DE AMORAS ORGÁNICAS DE MUSAN

897
01:26:44,115 --> 01:26:45,033
DETECTIVE SO EUN-GYU

898
01:26:45,116 --> 01:26:46,075
Irmanciña.

899
01:26:51,873 --> 01:26:52,790
Mátao.

900
01:26:55,460 --> 01:26:57,337
É a túa oportunidade, Yeon-hui.

901
01:26:58,963 --> 01:26:59,881
Mátao.

902
01:27:02,008 --> 01:27:04,510
É o momento que levas tanto agardando.

903
01:27:07,222 --> 01:27:08,306
Faino.

904
01:27:13,603 --> 01:27:15,480
Non sentes mágoa por min?

905
01:27:16,773 --> 01:27:18,775
Crin que querías vingarme!

906
01:27:19,400 --> 01:27:21,861
Bule, mátao! Mátao!

907
01:27:25,782 --> 01:27:27,408
Ese cabrón é o diaño.

908
01:27:27,992 --> 01:27:31,579
Se non o matas, fará dano a máis xente.

909
01:27:31,663 --> 01:27:33,748
Mátao dunha vez!

910
01:27:36,209 --> 01:27:40,546
Se me matas, esa rapaza tamén morrerá.

911
01:27:41,881 --> 01:27:43,508
Chama a policía.

912
01:27:44,300 --> 01:27:46,511
Aínda está viva.

913
01:27:48,763 --> 01:27:50,265
Está mentindo!

914
01:27:52,308 --> 01:27:53,142
Yeon-hui,

915
01:27:54,143 --> 01:27:56,062
é o diaño.

916
01:27:57,480 --> 01:27:59,023
Non te poñas do seu lado.

917
01:28:05,363 --> 01:28:07,031
Kwon Yang-rae, son policía.

918
01:28:08,283 --> 01:28:09,659
Onde está Shin A-yeong?

919
01:28:13,746 --> 01:28:18,459
Primeiro lévame a un hospital, por favor.

920
01:28:19,043 --> 01:28:21,087
Dime dunha vez onde está A-yeong.

921
01:28:29,262 --> 01:28:31,264
Sei que me matarás cando cho diga.

922
01:28:32,181 --> 01:28:35,351
Non, non te vou matar.

923
01:28:37,020 --> 01:28:39,355
Así que dime onde está A-yeong!

924
01:28:40,189 --> 01:28:41,482
Puta tola.

925
01:28:42,483 --> 01:28:45,278
Como esperas que te crea
con esa mirada asasina?

926
01:28:46,029 --> 01:28:46,904
Arre carallo.

927
01:28:48,031 --> 01:28:51,034
Hai un feixe de tolos
neste barrio, sabíalo?

928
01:28:53,202 --> 01:28:54,329
Dimo, mamón!

929
01:28:54,412 --> 01:28:56,247
Onde está A-yeong?

930
01:28:56,331 --> 01:28:58,166
Que mo digas dunha vez!

931
01:29:27,487 --> 01:29:29,655
Pastor. Que está a facer?

932
01:29:29,739 --> 01:29:31,449
Parécelle unha casualidade?

933
01:29:32,700 --> 01:29:34,494
As casualidades non existen.

934
01:29:36,871 --> 01:29:38,831
El guiounos ata aquí.

935
01:29:39,957 --> 01:29:41,042
Déixese de lerias.

936
01:29:41,667 --> 01:29:44,670
Sólteme dunha vez! Sólteme!

937
01:29:47,673 --> 01:29:53,763
Verá, a vontade de Deus non é algo
que os meros humanos poidamos comprender.

938
01:29:55,264 --> 01:29:58,142
Ata hai un momento,
tiña un pequeno dilema.

939
01:29:59,894 --> 01:30:03,314
"Que fago co corpo
dese cabrón cando o mate?

940
01:30:04,774 --> 01:30:06,359
Préndolle lume?

941
01:30:06,442 --> 01:30:10,405
Ou córtoo en anacos
para tiralos en algures?"

942
01:30:12,907 --> 01:30:16,244
Pero Deus enviouna a vostede, detective.

943
01:30:19,122 --> 01:30:21,958
A-yeong! Sabes onde está A-yeong?

944
01:30:27,672 --> 01:30:28,923
A-yeong está morta.

945
01:30:30,174 --> 01:30:31,676
Está morta, nalgún sitio.

946
01:30:33,261 --> 01:30:34,887
Esquézase de A-yeong.

947
01:30:35,388 --> 01:30:39,058
Agora toca cumprir a vontade de Deus
e castigar este malnacido

948
01:30:39,142 --> 01:30:40,810
polo que lle fixo a A-yeong.

949
01:30:42,353 --> 01:30:45,314
Pastor, entréguese, por favor.
Aínda non é tarde.

950
01:30:46,524 --> 01:30:51,487
El pegoulle un tiro
e matouna mentres forcexaban,

951
01:30:52,363 --> 01:30:54,198
e logo precipitouse por aí.

952
01:30:55,408 --> 01:30:56,909
Entre en razón.

953
01:30:56,993 --> 01:30:59,495
Se o mata, nunca atoparemos a A-yeong!

954
01:31:01,330 --> 01:31:04,000
Non me escoita? Dígolle que está morta.

955
01:31:04,083 --> 01:31:05,751
Matouna ese demo.

956
01:31:13,718 --> 01:31:16,262
É verdade! Es ti.

957
01:31:17,138 --> 01:31:18,806
Es a irmá de Yeon-ju, non?

958
01:31:21,851 --> 01:31:25,229
Preguntábame por que me seguías
e me mirabas así.

959
01:31:28,191 --> 01:31:29,400
Pero, sinceramente,

960
01:31:30,401 --> 01:31:32,028
mateina eu?

961
01:31:32,111 --> 01:31:33,029
- Que?
- Fun eu?

962
01:31:34,113 --> 01:31:37,617
Foi ela quen decidiu suicidarse.

963
01:31:37,700 --> 01:31:39,577
- Trabúcome?
- Que dixeches?

964
01:31:40,620 --> 01:31:43,873
Se todos nos matásemos
logo duns días de sufrimento,

965
01:31:43,956 --> 01:31:46,792
eu teríame que suicidar
10 000 veces! Sabíalo?

966
01:31:46,876 --> 01:31:47,793
Hostia!

967
01:31:50,254 --> 01:31:54,634
Cando era neno,
cada noite, viña ese monstro dun só ollo,

968
01:31:54,717 --> 01:31:57,470
atábame, mallaba en min…

969
01:31:57,553 --> 01:32:00,515
Cala, demo!
Non ouses usar esa lingua viperina!

970
01:32:00,598 --> 01:32:03,559
Pare! Hai que atopar a A-yeong.

971
01:32:03,643 --> 01:32:06,646
Díxenlle que está morta. Está morta!

972
01:32:06,729 --> 01:32:10,441
Do contrario,
non recibiría a revelación de matalo!

973
01:32:11,400 --> 01:32:14,487
Deus é perfecto! El nunca comete erros!

974
01:32:14,570 --> 01:32:18,032
Por favor, faga algo co tolo do pastor!

975
01:32:18,115 --> 01:32:20,326
Non queredes salvar a A-yeong?

976
01:32:20,409 --> 01:32:21,661
Cala, cabrón!

977
01:32:22,328 --> 01:32:25,206
- Mentes para non morrer.
- Di que está viva.

978
01:32:25,289 --> 01:32:26,874
A min non me engana!

979
01:32:26,958 --> 01:32:28,459
Di que A-yeong está viva.

980
01:32:29,335 --> 01:32:32,129
Di que está viva, que non morreu!

981
01:32:32,213 --> 01:32:34,882
Por que se deixa enganar polo diaño?

982
01:32:34,966 --> 01:32:36,801
Non ve que está mentindo?

983
01:32:37,760 --> 01:32:41,806
Se non o matamos,
haberá outras vítimas coma A-yeong.

984
01:32:41,889 --> 01:32:48,271
Gloria a Xesús,

985
01:32:48,354 --> 01:32:53,317
que morreu na cruz polos nosos pecados.

986
01:32:53,818 --> 01:32:58,030
A cruz que levaba ás costas…

987
01:32:58,114 --> 01:32:59,240
Míreo.

988
01:33:00,449 --> 01:33:01,659
Está tolo perdido.

989
01:33:03,786 --> 01:33:05,496
É fillo de Satán.

990
01:33:06,831 --> 01:33:07,999
É o mesmo diaño.

991
01:33:10,251 --> 01:33:14,547
Por culpa da xente coma vostede,
que defende a xente coma el,

992
01:33:15,381 --> 01:33:17,967
cada vez hai máis maldade no mundo.

993
01:33:18,843 --> 01:33:24,265
O único que me enche de orgullo

994
01:33:26,809 --> 01:33:31,647
é a súa cruz.

995
01:35:17,253 --> 01:35:18,254
A rapaza…

996
01:35:21,006 --> 01:35:22,883
Comeuna o monstro dun só ollo.

997
01:35:23,926 --> 01:35:25,386
O monstro dun só ollo.

998
01:36:02,339 --> 01:36:03,841
- Inspectora!
- Un médico!

999
01:36:04,925 --> 01:36:05,760
Eh!

1000
01:36:10,139 --> 01:36:12,308
Dimo!

1001
01:36:12,808 --> 01:36:14,894
Dimo e despois morre!

1002
01:36:19,774 --> 01:36:22,860
Non ten pulso. Hai que levalo xa.

1003
01:36:24,153 --> 01:36:26,655
Díxenvos que miredes dentro!

1004
01:37:07,947 --> 01:37:11,158
Di que Deus lle revelou
que tiña que matar a Kwon.

1005
01:37:11,659 --> 01:37:15,037
Creo que non ten nin idea
de onde pode estar Shin A-yeong.

1006
01:37:15,120 --> 01:37:17,665
Mimá, está coma unha puta cabra.

1007
01:37:18,582 --> 01:37:20,793
O coche estaba onda o paso de Foxhill

1008
01:37:20,876 --> 01:37:23,921
porque ía
á zona de reurbanización número catro.

1009
01:37:24,004 --> 01:37:27,508
Kwon levaba tres meses traballando alí
e coñecía a zona.

1010
01:37:27,591 --> 01:37:30,427
Aposto a que a levou alí
cando a secuestrou.

1011
01:37:30,511 --> 01:37:32,763
Canto levará rastrexar a zona?

1012
01:37:33,264 --> 01:37:34,723
Polo menos, tres días.

1013
01:37:34,807 --> 01:37:37,017
Tres? Xa sería o quinto día.

1014
01:37:37,101 --> 01:37:40,229
Será pouco probable
que siga viva logo de cinco días.

1015
01:37:43,023 --> 01:37:47,069
Aprendín pola enorme graza do Señor.

1016
01:37:47,570 --> 01:37:51,740
Sinto a graza infinita do Señor.

1017
01:37:59,874 --> 01:38:04,420
A graza infinita do Señor.

1018
01:38:05,671 --> 01:38:08,090
Cando sigo o Señor…

1019
01:38:18,893 --> 01:38:19,810
Ei!

1020
01:38:19,894 --> 01:38:21,729
A que esperades? Movede o cu!

1021
01:38:21,812 --> 01:38:23,147
- Si, señor!
- Si!

1022
01:38:25,691 --> 01:38:28,903
Inspectora Lee, non se preocupe.
Marche e descanse.

1023
01:38:28,986 --> 01:38:30,738
Chámoa se a atopamos.

1024
01:39:05,814 --> 01:39:06,649
Ola.

1025
01:39:09,151 --> 01:39:10,152
Kwon!

1026
01:39:11,612 --> 01:39:13,656
Ei, Kwon! Ei!

1027
01:39:14,156 --> 01:39:14,990
Que?

1028
01:39:15,074 --> 01:39:18,953
Hai que demoler todo isto hoxe, de acordo?

1029
01:39:19,036 --> 01:39:20,829
- Vale, feito.
- Veña.

1030
01:39:56,490 --> 01:39:57,783
Pase.

1031
01:40:03,956 --> 01:40:05,916
Sorprendeume a súa chamada.

1032
01:40:08,836 --> 01:40:10,045
PAPÁ
IMAXE

1033
01:40:10,129 --> 01:40:11,380
QUITARON OS ANDAMIOS.

1034
01:40:12,589 --> 01:40:16,593
Revisei todo o que me enviou do pastor.

1035
01:40:17,845 --> 01:40:19,888
É un caso de apofenia de manual.

1036
01:40:20,431 --> 01:40:21,473
Apofenia?

1037
01:40:21,557 --> 01:40:27,187
É a tendencia a percibir patróns
ou conexións entre cousas sen relación.

1038
01:40:28,647 --> 01:40:32,151
O que ve aí chámase pareidolia.

1039
01:40:32,985 --> 01:40:36,989
Hai xente que cre ver figuras
en simples fenómenos naturais.

1040
01:40:37,489 --> 01:40:42,161
Asocian un significado profundo
ao que acontece de xeito aleatorio.

1041
01:40:50,586 --> 01:40:51,587
Doutor Lee.

1042
01:40:53,213 --> 01:40:54,214
Veño…

1043
01:40:55,215 --> 01:40:59,845
porque quero saber
que clase de persoa era Kwon Yang-rae.

1044
01:41:13,650 --> 01:41:14,777
Terrible, non si?

1045
01:41:15,986 --> 01:41:18,238
Maltratábao case a diario.

1046
01:41:18,906 --> 01:41:23,869
Mentres o facía,
a nai cantaba e rezaba onda o seu cuarto.

1047
01:41:27,122 --> 01:41:30,417
Antes de morrer,
falou dun monstro dun só ollo.

1048
01:41:31,752 --> 01:41:34,088
Que cre que pode significar?

1049
01:41:34,171 --> 01:41:36,548
Podería simbolizar o seu padrasto.

1050
01:41:37,758 --> 01:41:39,510
Ou o propio Kwon.

1051
01:41:40,260 --> 01:41:42,638
Ve a xente que ten na boca?

1052
01:41:43,388 --> 01:41:46,600
Non sei se significa
que el está na cabeza do monstro

1053
01:41:47,309 --> 01:41:50,646
ou que se converteu no monstro
e enguliu as vítimas.

1054
01:41:50,729 --> 01:41:52,147
Son todo especulacións.

1055
01:41:52,231 --> 01:41:54,274
É un crebacabezas. O único seguro

1056
01:41:54,358 --> 01:41:59,571
é que o monstro está conectado
cos recordos traumáticos da súa infancia.

1057
01:43:02,801 --> 01:43:04,052
Ten visións?

1058
01:43:10,726 --> 01:43:11,643
Miña irmá…

1059
01:43:14,354 --> 01:43:15,564
Ás veces véxoa.

1060
01:43:17,733 --> 01:43:21,111
Que pasa cando a ve? Que lle di?

1061
01:43:24,656 --> 01:43:26,533
Que esperaba que a rescatase.

1062
01:43:28,410 --> 01:43:32,831
Pero… que quen entraba
pola porta sempre era el.

1063
01:43:36,043 --> 01:43:37,586
Sabe que non é súa irmá.

1064
01:43:39,171 --> 01:43:40,339
Esa non é Yeon-yu.

1065
01:43:41,423 --> 01:43:45,344
Non é máis ca unha ilusión,
produto do sentimento de culpa.

1066
01:43:49,640 --> 01:43:50,766
Seino.

1067
01:43:52,935 --> 01:43:54,353
Sei que é unha ilusión.

1068
01:43:55,979 --> 01:43:57,773
Pero non me dou desfeito dela.

1069
01:44:04,154 --> 01:44:07,115
Agora mesmo,
A-yeong agarda que a rescaten.

1070
01:44:09,076 --> 01:44:13,163
Agarda que alguén entre
pola porta e a salve.

1071
01:44:16,166 --> 01:44:18,377
Pero, de novo, non podo facer nada.

1072
01:44:20,712 --> 01:44:22,631
Que pasa se non a atopamos?

1073
01:44:23,548 --> 01:44:25,467
Se lle aconteceu algo terrible…

1074
01:44:27,552 --> 01:44:28,720
será culpa miña.

1075
01:44:30,472 --> 01:44:31,598
É todo culpa miña.

1076
01:44:35,352 --> 01:44:36,603
É todo culpa miña!

1077
01:44:40,440 --> 01:44:41,275
Xa.

1078
01:44:43,110 --> 01:44:44,903
Cre que é culpa súa.

1079
01:44:46,655 --> 01:44:51,660
Kwon culpaba dos seus crimes o monstro,
Sung di que é unha revelación divina

1080
01:44:52,786 --> 01:44:55,914
e vostede cre que todo é culpa súa.

1081
01:44:56,832 --> 01:44:59,459
Semellará distinto, pero é todo o mesmo.

1082
01:44:59,960 --> 01:45:03,005
Obsesiónanse co que cren
que causou a situación.

1083
01:45:05,007 --> 01:45:06,842
Mire, a maioría das traxedias

1084
01:45:08,218 --> 01:45:11,305
ocorren por circunstancias
que non podemos controlar.

1085
01:45:11,388 --> 01:45:13,390
Cousas como o demo e os monstros

1086
01:45:14,474 --> 01:45:17,019
créaos o ser humano para se xustificar.

1087
01:45:24,651 --> 01:45:26,194
E que debería facer?

1088
01:45:28,155 --> 01:45:29,489
Para atopar a A-yeong.

1089
01:45:30,741 --> 01:45:34,161
Centrémonos…
no que podemos ver de verdade.

1090
01:45:35,662 --> 01:45:39,333
Kwon estaba mellorando. Que o fixo recaer?

1091
01:45:40,250 --> 01:45:42,794
Hai que descubrir que espertou o monstro.

1092
01:45:42,878 --> 01:45:45,756
Seguro que hai algo que pasamos por alto.

1093
01:45:50,385 --> 01:45:52,846
Profesor, o decano quere velo.

1094
01:45:54,389 --> 01:45:56,183
Pode repasar os documentos.

1095
01:46:13,658 --> 01:46:14,743
Á dereita!

1096
01:46:16,286 --> 01:46:17,537
Un pouco máis!

1097
01:46:19,081 --> 01:46:20,290
Para!

1098
01:46:42,646 --> 01:46:46,066
Eu teríame que suicidar 10 000 veces!
Sabíalo? Hostia!

1099
01:46:47,484 --> 01:46:48,777
Cando era neno,

1100
01:46:49,736 --> 01:46:52,739
cada noite, viña ese monstro dun só ollo,

1101
01:46:53,240 --> 01:46:55,492
atábame, mallaba en min…

1102
01:47:05,627 --> 01:47:07,504
PAPÁ

1103
01:47:14,719 --> 01:47:15,762
Dime, papá.

1104
01:47:15,846 --> 01:47:19,141
Que pasa? Non me contestaches as mensaxes

1105
01:47:19,975 --> 01:47:21,810
nin viñeches durmir á casa.

1106
01:47:21,893 --> 01:47:24,396
Xa. É que estiven ocupada.

1107
01:47:24,896 --> 01:47:26,022
Temos un caso novo.

1108
01:47:27,816 --> 01:47:28,650
Que foi?

1109
01:47:28,733 --> 01:47:30,193
Non viches a foto?

1110
01:47:30,694 --> 01:47:32,821
Quitaron os andamios.

1111
01:47:33,321 --> 01:47:34,990
Dixeches que a querías ver.

1112
01:47:35,657 --> 01:47:36,491
É certo.

1113
01:47:37,617 --> 01:47:38,535
Agarda.

1114
01:47:38,618 --> 01:47:43,707
Xa rematamos a fachada.
Levará outro mes acabar o interior.

1115
01:47:43,790 --> 01:47:47,085
Están a facer moitas reformas nesta zona.

1116
01:47:47,586 --> 01:47:49,880
Queren renovar as casas vellas.

1117
01:47:50,380 --> 01:47:51,798
- Papá…
- Miña nai.

1118
01:47:51,882 --> 01:47:56,636
Foiche estresante porque o cliente
quería que o ollo ese destacase.

1119
01:47:57,512 --> 01:47:58,472
O ollo?

1120
01:47:58,972 --> 01:48:02,225
Si. Ves a fiestra redonda?
Xusto debaixo do tellado.

1121
01:48:02,726 --> 01:48:07,481
Chámase óculo.
Tamén lle chaman ollo de boi.

1122
01:48:07,981 --> 01:48:10,734
En tempos poñíanse en moitas casas.

1123
01:48:11,234 --> 01:48:13,653
Pero agora xa case non se ven.

1124
01:48:17,991 --> 01:48:19,242
Escóitasme?

1125
01:48:19,326 --> 01:48:21,661
Que raio lle pasa ao teléfono?

1126
01:48:25,582 --> 01:48:26,583
Tachán!

1127
01:48:27,417 --> 01:48:29,628
É bonita, verdade? Ven, Yeon-hui.

1128
01:48:30,128 --> 01:48:31,338
A ver, unha foto.

1129
01:48:33,215 --> 01:48:34,382
Unha, dúas, tres.

1130
01:48:40,347 --> 01:48:44,392
Kwon estaba mellorando. Que o fixo recaer?

1131
01:48:45,852 --> 01:48:48,355
Hai que descubrir que espertou o monstro.

1132
01:48:51,650 --> 01:48:53,068
Espertouno isto.

1133
01:48:56,988 --> 01:48:57,906
Si, inspectora?

1134
01:48:57,989 --> 01:49:00,575
- Mandeiche unha foto. Víchela?
- Que foto?

1135
01:49:00,659 --> 01:49:03,995
O monstro dun só ollo
é unha casa cunha fiestra redonda.

1136
01:49:04,079 --> 01:49:06,581
Comproba a zona de reurbanización catro.

1137
01:49:07,332 --> 01:49:10,335
Busca unha casa cunha fiestra así.
A-yeong está aí.

1138
01:49:10,418 --> 01:49:11,336
Vale. Vou.

1139
01:49:18,176 --> 01:49:21,513
Buscade unha fiestra redonda
coma esta na zona catro. Xa.

1140
01:49:21,596 --> 01:49:23,848
- Vale!
- Compartide a foto.

1141
01:49:55,797 --> 01:49:56,756
É esta.

1142
01:49:59,551 --> 01:50:01,970
DETECTIVE SO EUN-GYU:
MINDEULRE-GIL 23-7

1143
01:51:02,405 --> 01:51:03,782
Quen carallo é vostede?

1144
01:51:27,972 --> 01:51:29,766
Tranquila, aguanta.

1145
01:51:30,266 --> 01:51:31,643
Tranquila.

1146
01:51:39,275 --> 01:51:40,777
Non deixaba de repetirme

1147
01:51:41,736 --> 01:51:45,740
que axiña alguén entraría
pola porta e me rescataría.

1148
01:51:50,620 --> 01:51:54,165
Acouga. Xa pasou. Estás a salvo.

1149
01:51:57,544 --> 01:51:58,586
Estás a salvo.

1150
01:52:53,641 --> 01:52:54,851
Señor Sung Min-chan.

1151
01:52:56,352 --> 01:52:59,397
Atopamos a A-yeong.

1152
01:53:02,233 --> 01:53:04,861
Atoparon o cadáver?

1153
01:53:07,697 --> 01:53:08,698
Non.

1154
01:53:10,033 --> 01:53:10,867
Está viva.

1155
01:53:12,494 --> 01:53:14,662
Estana tratando no hospital.

1156
01:53:15,830 --> 01:53:18,374
Segue traumatizada polo que pasou,

1157
01:53:19,000 --> 01:53:20,210
pero os médicos din…

1158
01:53:21,878 --> 01:53:23,588
que se recupera moi ben.

1159
01:53:30,678 --> 01:53:31,888
É imposible.

1160
01:53:35,475 --> 01:53:37,310
Xúrollo, díxoseme que morrera.

1161
01:53:39,103 --> 01:53:40,021
Quen llo dixo?

1162
01:53:42,565 --> 01:53:43,483
Como?

1163
01:53:44,400 --> 01:53:49,322
Quen lle dixo que morrera?

1164
01:59:57,732 --> 02:00:02,737
Subtítulos: Marina do Albardeiro



