1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX

3
00:00:21,958 --> 00:00:25,458
NETFLIX PRESENTA

4
00:00:32,083 --> 00:00:36,791
<i>Matar ou morrer, esa é a lei.</i>

5
00:00:36,875 --> 00:00:39,125
<i>A piedade só e un sinal de debilidade.</i>

6
00:00:39,208 --> 00:00:41,125
JACK LONDON - A CHAMADA DA SELVA

7
00:00:42,708 --> 00:00:45,125
<i>É unha lección que preferiría esquecer.</i>

8
00:00:47,333 --> 00:00:48,583
Estás ben?

9
00:00:50,083 --> 00:00:51,750
Vamos, non nos rendemos!

10
00:01:02,083 --> 00:01:03,208
Pasa!

11
00:01:03,708 --> 00:01:06,291
- Pasa!
- Axiña, vamos!

12
00:01:07,333 --> 00:01:09,625
Veña!

13
00:01:17,375 --> 00:01:19,583
- Vamos, Sofía!
- Dálle!

14
00:01:31,041 --> 00:01:33,833
Acouga, Sofía. Non te metas, tranquila!

15
00:01:33,916 --> 00:01:35,125
Sesenta e cinco,

16
00:01:35,208 --> 00:01:37,083
sesenta e tres… Fóra!

17
00:01:40,541 --> 00:01:42,500
Non entendo por que o fai.

18
00:01:44,375 --> 00:01:46,583
Se te atacan, debes defenderte.

19
00:02:09,375 --> 00:02:10,541
- Sofi!
- Vamos!

20
00:02:39,500 --> 00:02:40,708
Abur, mozas.

21
00:02:40,791 --> 00:02:42,458
Abur, Sofía.

22
00:02:42,541 --> 00:02:43,833
Abur, grazas.

23
00:02:47,708 --> 00:02:49,083
Ola!

24
00:02:49,166 --> 00:02:50,583
- Abur.
- Deica, Sofía.

25
00:02:52,750 --> 00:02:54,333
Ola, pequena.

26
00:02:54,416 --> 00:02:55,416
Ola.

27
00:02:56,708 --> 00:02:59,416
Ben feito.

28
00:03:01,166 --> 00:03:02,875
Gústache Hakim?

29
00:03:04,250 --> 00:03:06,375
É bo rapaz.

30
00:03:07,750 --> 00:03:10,458
E se a fai sufrir, terá que lidar comigo.

31
00:03:11,333 --> 00:03:13,250
Santo, por favor.

32
00:03:16,541 --> 00:03:18,833
- Despois falamos?
- Claro.

33
00:03:18,916 --> 00:03:19,750
- Vale.
- Abur.

34
00:03:19,833 --> 00:03:21,000
Abur.

35
00:03:26,666 --> 00:03:29,083
Quen é a campioa? Ben feito, corazón.

36
00:03:29,166 --> 00:03:31,791
- Amor, fixéchelo xenial.
- Grazas.

37
00:03:31,875 --> 00:03:32,750
- Grazas.
- Ás.

38
00:03:34,708 --> 00:03:35,541
Sube, axiña.

39
00:03:36,666 --> 00:03:39,000
Sube. Vamos, entra.

40
00:03:40,083 --> 00:03:41,458
Cumprirás a promesa?

41
00:03:41,541 --> 00:03:42,875
Cal? Non me lembro.

42
00:03:42,958 --> 00:03:44,333
Déixate de chanzas, pa!

43
00:03:44,416 --> 00:03:45,708
Pero de que falades?

44
00:03:45,791 --> 00:03:46,791
Prometeume algo.

45
00:03:46,875 --> 00:03:49,500
Se gañabamos
e entrabamos nas eliminatorias.

46
00:03:49,583 --> 00:03:50,625
Entón?

47
00:03:52,083 --> 00:03:53,250
Entón?

48
00:03:55,791 --> 00:03:56,791
Está ben.

49
00:04:21,125 --> 00:04:23,208
Como lle prometiches iso?

50
00:04:23,291 --> 00:04:26,041
Ten case dezaoito,
pronto vai sacar o carné.

51
00:04:26,125 --> 00:04:29,208
- Son unhas prácticas.
- Sabes que é perigoso.

52
00:04:29,291 --> 00:04:31,291
Queredes que sempre estea a…

53
00:04:37,166 --> 00:04:38,166
Está ben.

54
00:04:38,250 --> 00:04:41,083
Abur, meu amor. E tranquila, é unha crack.

55
00:04:41,666 --> 00:04:42,500
Abur, mamá.

56
00:04:52,875 --> 00:04:54,583
Lémbraste disto? Dálle.

57
00:04:54,666 --> 00:04:56,541
Seguro?

58
00:04:56,625 --> 00:04:57,916
Vamos.

59
00:04:58,500 --> 00:04:59,708
Dálle, Sofi, vamos!

60
00:05:02,833 --> 00:05:04,791
Coidado coa pedra da dereita.

61
00:05:10,291 --> 00:05:11,333
Marcha atrás.

62
00:05:14,500 --> 00:05:16,125
Písalle, vamos!

63
00:05:18,125 --> 00:05:19,208
Xa está!

64
00:05:21,041 --> 00:05:23,291
Mi madriña, conseguino!

65
00:05:50,500 --> 00:05:51,958
Perdón.

66
00:05:52,041 --> 00:05:53,416
Xa nos preocuparemos.

67
00:05:53,500 --> 00:05:54,958
Vale.

68
00:05:59,041 --> 00:06:00,291
Non, grazas.

69
00:06:04,250 --> 00:06:06,458
O domingo que vén traemos a mamá

70
00:06:06,541 --> 00:06:08,375
ou coidas que lle vai dar algo?

71
00:06:08,958 --> 00:06:10,041
Ai, si,

72
00:06:10,125 --> 00:06:13,125
a propósito do domingo que vén.

73
00:06:13,208 --> 00:06:16,041
Hakim e eu organizamos
unha fin de semana fóra.

74
00:06:16,125 --> 00:06:18,541
Unha viaxe en moto, algo tranquilo.

75
00:06:23,541 --> 00:06:25,958
Veñen máis amigos, non imos sós.

76
00:06:32,208 --> 00:06:35,166
Poderías convencer a mamá tamén?

77
00:06:40,791 --> 00:06:41,708
De acordo.

78
00:06:41,791 --> 00:06:44,041
Mimá! Grazas!

79
00:07:02,416 --> 00:07:03,791
Mira que marabilla.

80
00:07:04,708 --> 00:07:06,833
As montañas de Calabria son así?

81
00:07:10,958 --> 00:07:12,833
Había o mesmo silencio.

82
00:07:14,208 --> 00:07:16,541
Por que te mudaches aquí de mozo?

83
00:07:21,083 --> 00:07:22,375
Por amor.

84
00:07:26,666 --> 00:07:28,166
A mamá ten sorte.

85
00:07:31,958 --> 00:07:33,375
Veña, hai que moverse.

86
00:07:33,458 --> 00:07:35,916
A ver se chegamos antes de que escureza.

87
00:07:38,583 --> 00:07:40,041
Podemos tirar unha foto?

88
00:07:40,125 --> 00:07:42,500
Non, sabes que non me gustan.

89
00:07:42,583 --> 00:07:44,458
Só unha, para lembrar este día.

90
00:07:44,541 --> 00:07:47,000
Non cómpre unha foto para lembrármolo.

91
00:07:48,625 --> 00:07:49,916
Veña, papá, vamos.

92
00:07:50,000 --> 00:07:51,458
Un segundiño.

93
00:08:10,833 --> 00:08:13,291
Debería aguantar até a casa.

94
00:08:14,666 --> 00:08:17,875
EN TODO TERREO CO CRACK DE MEU PAI

95
00:08:17,958 --> 00:08:18,791
DATOS FACIAIS

96
00:08:30,333 --> 00:08:33,125
Confirmado, coinciden
os valores biométricos.

97
00:08:35,958 --> 00:08:37,083
Atopámolo.

98
00:08:54,833 --> 00:08:55,708
Ben!

99
00:08:59,208 --> 00:09:00,958
Para! Algo vai mal.

100
00:09:01,041 --> 00:09:02,375
Que pasa?

101
00:09:02,458 --> 00:09:03,666
Non corta recto.

102
00:09:04,916 --> 00:09:07,250
Será por medio milímetro, como moito.

103
00:09:07,333 --> 00:09:09,875
Veña, rematamos e mañá arranxámolo.

104
00:09:09,958 --> 00:09:11,500
Quero facelo agora.

105
00:09:11,583 --> 00:09:14,333
Podes recoller ti a Sofía do adestramento?

106
00:09:14,416 --> 00:09:16,416
- Abofé.
- Grazas.

107
00:09:30,500 --> 00:09:31,458
Ola, mamá.

108
00:09:31,541 --> 00:09:33,916
Ola, Sofía! Que tal o adestramento?

109
00:09:34,000 --> 00:09:35,625
Ben.

110
00:09:41,208 --> 00:09:42,333
XOVES 20 SETEMBRO

111
00:09:44,333 --> 00:09:46,791
EN TODO TERREO CO CRACK DE MEU PAI

112
00:09:53,958 --> 00:09:55,750
Axúdasme coa cea?

113
00:09:55,833 --> 00:09:58,416
Claro, poño a camiseta a lavar e vou.

114
00:09:58,500 --> 00:09:59,625
Grazas.

115
00:10:08,916 --> 00:10:10,000
Ola, irmanciña.

116
00:10:10,083 --> 00:10:11,083
Ola.

117
00:10:11,666 --> 00:10:15,250
E logo Santo? Chameino como cen veces.

118
00:10:15,333 --> 00:10:16,916
Está a arranxar a serra.

119
00:10:17,000 --> 00:10:18,416
A estas horas?

120
00:10:19,666 --> 00:10:21,291
Eu xa llo dixen,

121
00:10:22,166 --> 00:10:26,708
pero o teu marido éche ben teimudo, sabes?

122
00:10:30,708 --> 00:10:31,666
Chegou.

123
00:10:32,291 --> 00:10:33,958
Estará cheíño de graxa.

124
00:10:34,041 --> 00:10:36,500
Pois dille que quite a roupa fóra.

125
00:10:39,916 --> 00:10:40,958
Patrick! Acúdeme!

126
00:10:41,041 --> 00:10:42,291
Socorro! Patrick!

127
00:10:46,000 --> 00:10:46,875
Onde vas?

128
00:10:47,875 --> 00:10:51,291
Patrick! Socorro!

129
00:11:10,291 --> 00:11:11,166
Non!

130
00:11:21,000 --> 00:11:21,958
Mamá?

131
00:11:53,750 --> 00:11:55,583
Como cona a imos atopar?

132
00:12:00,208 --> 00:12:01,416
Atoparemos esa puta.

133
00:12:01,500 --> 00:12:04,333
Vamos, aquí non podemos estar. Merda.

134
00:12:12,541 --> 00:12:14,166
RECENTES

135
00:12:14,250 --> 00:12:15,666
AMOR

136
00:13:01,708 --> 00:13:02,916
Ingrid.

137
00:13:40,208 --> 00:13:41,208
Meu Deus, Sofía.

138
00:13:41,791 --> 00:13:42,916
Sofía!

139
00:13:49,250 --> 00:13:50,250
Papá.

140
00:13:53,250 --> 00:13:54,083
Papá!

141
00:13:54,166 --> 00:13:55,125
Hai que marchar.

142
00:13:55,208 --> 00:13:57,500
- Chama unha ambulancia.
- Marchamos.

143
00:13:57,583 --> 00:14:00,083
- Sóltame!
- Están mortos, hai que marchar.

144
00:14:00,166 --> 00:14:02,333
Estás a mancarme! Mamá!

145
00:14:03,833 --> 00:14:04,833
Mamá!

146
00:14:05,625 --> 00:14:06,583
Mamá!

147
00:14:10,208 --> 00:14:11,708
Por que escapamos?

148
00:14:11,791 --> 00:14:13,833
Por que deixamos a mamá?

149
00:14:13,916 --> 00:14:15,166
Agora non, Sofi.

150
00:14:15,250 --> 00:14:16,291
Dimo!

151
00:14:16,375 --> 00:14:18,375
- Agora non.
- Que mo digas!

152
00:14:18,458 --> 00:14:19,583
Sofi!

153
00:14:22,416 --> 00:14:23,708
Quero saber que pasa…

154
00:14:23,791 --> 00:14:25,875
Dixen que agora non, hostia!

155
00:14:45,875 --> 00:14:48,541
<i>As novas son boas ou malas?</i>

156
00:14:48,625 --> 00:14:51,041
Por desgraza, a rapaza escapou.

157
00:14:51,125 --> 00:14:53,416
Pero polo resto, son todo boas novas.

158
00:14:55,541 --> 00:14:57,958
<i>Véxote na casa.</i>

159
00:14:58,875 --> 00:15:00,416
Chegarei tarde.

160
00:15:01,583 --> 00:15:03,208
<i>Non te preocupes.</i>

161
00:15:03,875 --> 00:15:06,083
<i>Os vellos durmimos pouco.</i>

162
00:15:06,750 --> 00:15:07,708
Até logo.

163
00:15:26,416 --> 00:15:28,041
Que é este sitio?

164
00:15:30,375 --> 00:15:32,708
Onde estamos? Non quero ficar aquí.

165
00:15:32,791 --> 00:15:35,375
É só esta noite,
mañá buscamos outro sitio.

166
00:15:35,458 --> 00:15:36,791
Papá, chama a policía.

167
00:15:36,875 --> 00:15:38,583
- Non podemos.
- E logo?

168
00:15:46,583 --> 00:15:47,500
Arrestaríanme.

169
00:15:47,583 --> 00:15:49,416
Por que? Non fixeches nada.

170
00:15:52,375 --> 00:15:53,416
Basta.

171
00:15:53,500 --> 00:15:56,041
Agarda.

172
00:15:56,125 --> 00:15:57,916
Non ves que corremos perigo?

173
00:15:58,000 --> 00:16:00,416
- Querían matarnos.
- Déixame en paz.

174
00:16:00,500 --> 00:16:02,833
Basta!

175
00:16:02,916 --> 00:16:04,916
Agora, a calar.

176
00:16:05,000 --> 00:16:06,375
E para quieta.

177
00:16:45,083 --> 00:16:46,416
Boa noite, Don Angelo.

178
00:16:47,208 --> 00:16:48,083
Boa noite.

179
00:17:11,750 --> 00:17:12,791
Dálle a pausa.

180
00:17:22,666 --> 00:17:24,750
Merda, ese non é.

181
00:17:25,458 --> 00:17:28,000
Como cona é posible? É cuspido ao da foto.

182
00:17:28,083 --> 00:17:29,416
Arranxa esta desfeita.

183
00:17:30,458 --> 00:17:32,958
Don Angelo quéreos mortos.

184
00:17:33,041 --> 00:17:35,333
Cago na cona, que desfeita.

185
00:17:35,416 --> 00:17:36,583
<i>E faino axiña.</i>

186
00:17:37,166 --> 00:17:38,708
Ou vainos matar a nós, si?

187
00:17:39,208 --> 00:17:41,833
De acordo. Estou de camiño.

188
00:17:41,916 --> 00:17:43,041
E dillo a Vituzzo.

189
00:17:44,000 --> 00:17:45,833
Dille que o cabrón segue vivo.

190
00:19:05,625 --> 00:19:07,916
A CHAMADA DA SELVA

191
00:19:20,250 --> 00:19:21,208
Papá?

192
00:19:25,000 --> 00:19:27,333
Rógocho, non podo máis.

193
00:19:30,500 --> 00:19:34,166
Dime que facemos aquí.

194
00:19:35,208 --> 00:19:36,541
Responde!

195
00:19:39,166 --> 00:19:40,708
- Non podo.
- Abonda.

196
00:19:40,791 --> 00:19:42,500
Está ben.

197
00:19:46,958 --> 00:19:47,791
Está ben.

198
00:19:53,791 --> 00:19:55,416
Antes de coñecer a túa nai…

199
00:19:57,541 --> 00:19:58,583
tiña outra vida.

200
00:20:02,416 --> 00:20:04,583
- Era outra persoa.
- Cal?

201
00:20:09,375 --> 00:20:10,791
Non era unha boa persoa.

202
00:20:18,208 --> 00:20:19,666
Coñeces a Ndrangheta?

203
00:20:24,750 --> 00:20:26,375
É como a mafia siciliana.

204
00:20:30,333 --> 00:20:34,291
Os lazos de sangue son moi fortes
e se naces nunha familia afiliada…

205
00:20:38,250 --> 00:20:39,541
non podes escapar.

206
00:20:40,833 --> 00:20:44,916
Póñenche unha pistola na man
e dinche que dispares ás familias rivais.

207
00:20:47,750 --> 00:20:50,250
Ou morres ti ou morren eles.

208
00:21:00,625 --> 00:21:02,416
Non me chamo Santo Romeo.

209
00:21:07,791 --> 00:21:09,875
O meu nome real é Domenico Franzè.

210
00:21:15,416 --> 00:21:18,041
Por iso non querías saír nas fotos.

211
00:21:21,125 --> 00:21:22,333
Mi madriña.

212
00:21:25,041 --> 00:21:25,916
Tirei…

213
00:21:26,875 --> 00:21:28,250
Tireiche unha foto.

214
00:21:28,333 --> 00:21:30,791
- Non importa.
- Claro que si.

215
00:21:30,875 --> 00:21:34,916
Sempre me mentiches,
a mamá morreu pola túa culpa.

216
00:21:59,916 --> 00:22:01,500
Que vas facer?

217
00:22:06,875 --> 00:22:10,208
Sofía, preciso que confíes en min.

218
00:22:18,041 --> 00:22:21,500
Non o uses para nada, agás se te chamo eu.

219
00:22:25,750 --> 00:22:27,166
Prométesmo?

220
00:22:28,708 --> 00:22:30,333
<i>Espérame aquí.</i>

221
00:22:30,416 --> 00:22:31,916
<i>Volvo axiña.</i>

222
00:22:37,083 --> 00:22:38,291
Mírame.

223
00:22:39,916 --> 00:22:41,708
Non nos vai pasar o mesmo.

224
00:22:45,000 --> 00:22:45,875
Xúrocho.

225
00:24:11,250 --> 00:24:12,708
- Hakim.
- <i>Sofía.</i>

226
00:24:12,791 --> 00:24:14,666
Venme buscar, por favor.

227
00:24:14,750 --> 00:24:16,583
<i>Que pasou? A policía búscavos.</i>

228
00:24:16,666 --> 00:24:19,333
- Estás ben?
- <i>Estou, tranquilo.</i>

229
00:24:19,416 --> 00:24:21,166
<i>Vou por ti, dime onde estás.</i>

230
00:24:21,791 --> 00:24:25,458
Estou no hotel abandonado,
pasando a curva de Speikboden.

231
00:24:25,541 --> 00:24:28,125
- Sabes cal digo?
- Sei. Estás con teu pai?

232
00:24:28,208 --> 00:24:30,250
Nin sei onde está nin me interesa.

233
00:24:30,333 --> 00:24:33,083
Xa non é meu pai,
non quero saber nada del.

234
00:24:33,166 --> 00:24:34,083
Ven, por favor.

235
00:24:34,166 --> 00:24:35,375
Tranquila, xa vou.

236
00:24:35,458 --> 00:24:38,250
Bule, por favor.

237
00:24:48,083 --> 00:24:50,625
Como que non era el? Tiñan unha foto.

238
00:24:50,708 --> 00:24:52,291
Coñecíano.

239
00:24:53,916 --> 00:24:56,000
E que fago eu co aviso?

240
00:24:56,916 --> 00:24:58,333
Tedes que me axudar.

241
00:24:58,916 --> 00:25:00,458
Ola?

242
00:25:47,166 --> 00:25:48,166
Quen foi?

243
00:25:59,458 --> 00:26:01,333
Non teño nada que ver, xúrocho.

244
00:26:01,416 --> 00:26:04,875
Chegaron onte ao mediodía
e quedaron media hora.

245
00:26:04,958 --> 00:26:06,833
Non sei nada.

246
00:26:06,916 --> 00:26:08,166
Desta mátanme.

247
00:26:08,250 --> 00:26:11,041
Mátote eu agora,
mais antes sufre coma un porco.

248
00:26:11,125 --> 00:26:14,416
Cóntame o que quero saber
e igual chegas ao hospital.

249
00:26:14,500 --> 00:26:16,583
Mandounos Don Angelo.

250
00:26:16,666 --> 00:26:19,916
Iso non facía falta
que mo dixeses ti, chaíñas.

251
00:26:20,000 --> 00:26:21,333
Quero saber quen foi.

252
00:26:21,875 --> 00:26:23,541
Marino Gallo.

253
00:26:23,625 --> 00:26:25,791
Por favor, morro.

254
00:26:26,291 --> 00:26:28,541
Sigue, sei que eran dous.

255
00:26:28,625 --> 00:26:30,041
A miña filla viunos.

256
00:26:30,125 --> 00:26:32,916
Por favor, chama unha ambulancia.

257
00:26:33,000 --> 00:26:33,833
O nome!

258
00:26:38,041 --> 00:26:42,125
Rudi Crisarà…

259
00:26:42,208 --> 00:26:44,875
O novo brazo dereito de Don Angelo.

260
00:26:46,000 --> 00:26:47,250
Deus, vou morrer.

261
00:26:47,750 --> 00:26:49,333
Tes un xeito de salvarte.

262
00:26:52,875 --> 00:26:54,041
Rezarlle a Deus.

263
00:27:07,583 --> 00:27:08,416
Hakim!

264
00:27:09,375 --> 00:27:11,041
Veña, bule! Marchamos.

265
00:27:43,916 --> 00:27:44,791
Sofía?

266
00:27:46,333 --> 00:27:47,208
Sofía?

267
00:27:57,333 --> 00:27:58,333
Sofía!

268
00:28:01,666 --> 00:28:03,208
Sofía!

269
00:28:26,541 --> 00:28:27,833
Agárrate ben, Sofi!

270
00:28:30,916 --> 00:28:32,541
Baixa a cabeza!

271
00:28:39,416 --> 00:28:40,416
Hakim!

272
00:28:42,666 --> 00:28:44,541
Escapa, Sofía!

273
00:28:45,125 --> 00:28:47,291
- Que escapes!
- Deus! Non!

274
00:28:49,875 --> 00:28:52,083
Onde carallo vas? Eh?

275
00:28:52,583 --> 00:28:53,416
Calma.

276
00:28:53,500 --> 00:28:56,625
Se non paras quieta, non dou. Entendes?

277
00:28:59,000 --> 00:29:00,833
Que carallo fas? Ven aquí.

278
00:29:00,916 --> 00:29:02,750
Que veñas.

279
00:29:03,458 --> 00:29:04,875
Téñoche un agasallo.

280
00:29:10,208 --> 00:29:11,083
Onde vas?

281
00:29:19,166 --> 00:29:20,125
Entra.

282
00:29:36,333 --> 00:29:38,291
Esta rapaza de merda…

283
00:30:32,291 --> 00:30:33,375
Non, Franzè.

284
00:30:33,458 --> 00:30:35,708
- Vírate, Sofía.
- Non fagas parvadas.

285
00:30:35,791 --> 00:30:37,166
Non fagas…

286
00:31:12,583 --> 00:31:14,083
Hai que marchar.

287
00:31:25,500 --> 00:31:27,041
O de Alto Adige…

288
00:31:27,875 --> 00:31:29,708
por que non se me avisou antes?

289
00:31:38,375 --> 00:31:40,541
Estamos a construír esta cidade.

290
00:31:40,625 --> 00:31:42,625
Podemos dicir que é nosa.

291
00:31:43,708 --> 00:31:45,583
Pero evitemos os escándalos.

292
00:31:46,375 --> 00:31:49,083
Cómpre ser invisible,
para os bancos tamén.

293
00:31:49,625 --> 00:31:51,333
Que a vaian rañar os bancos.

294
00:31:52,041 --> 00:31:54,875
Temos unhas 40 obras
en todo o norte de Italia.

295
00:31:54,958 --> 00:31:57,875
Non imos arriscalo todo
por vinganzas de merda.

296
00:32:03,458 --> 00:32:04,500
Por…

297
00:32:05,916 --> 00:32:07,916
- …vinganzas de merda?
- Perdoa.

298
00:32:10,750 --> 00:32:14,125
Franzè asasinou o teu irmán.

299
00:32:16,750 --> 00:32:19,583
Deberías despezalo coas túas mans.

300
00:32:19,666 --> 00:32:23,541
En troques, quedas aquí sentado
a contar cartos no escritorio.

301
00:32:24,125 --> 00:32:26,208
Todas as voltas que ollo para ti…

302
00:32:26,291 --> 00:32:28,708
Que? Que pensas?

303
00:32:29,666 --> 00:32:32,500
Que Franzè levou o fillo equivocado.

304
00:32:46,708 --> 00:32:48,458
Non podes seguir así.

305
00:32:49,708 --> 00:32:52,458
É unha ferida superficial,
non podemos parar.

306
00:33:11,791 --> 00:33:12,875
Papá!

307
00:33:16,333 --> 00:33:17,166
Está ben.

308
00:33:36,625 --> 00:33:38,791
Hai roupa no maleteiro.

309
00:33:38,875 --> 00:33:40,458
Despois cámbiate.

310
00:33:40,541 --> 00:33:42,625
- Vémonos alí.
- Está ben.

311
00:33:42,708 --> 00:33:43,750
Sofi!

312
00:34:28,875 --> 00:34:31,791
<i>…na provincia de Bolzano.</i>

313
00:34:34,541 --> 00:34:35,750
Son 17,30 euros.

314
00:34:35,833 --> 00:34:40,458
<i>…atoparon os corpos de Ingrid</i>
<i>e do seu irmán neste casarío</i>

315
00:34:40,541 --> 00:34:44,416
<i>onde a muller vivía co marido</i>
<i>e a filla, dos que non hai rastro.</i>

316
00:34:44,500 --> 00:34:47,125
<i>Non se descarta ningunha hipótese, témese…</i>

317
00:34:49,041 --> 00:34:50,541
Papá, son eu.

318
00:34:54,083 --> 00:34:55,041
- Bule.
- Si.

319
00:35:30,250 --> 00:35:33,000
Non dás. Ti tamén o sabes.

320
00:35:41,125 --> 00:35:42,958
Onde imos, logo?

321
00:35:43,041 --> 00:35:44,208
A Milán.

322
00:35:51,458 --> 00:35:53,791
Canto vai durar todo isto, papá?

323
00:35:57,541 --> 00:36:01,166
Durará até que non remate
o que comecei hai 20 anos.

324
00:36:27,875 --> 00:36:29,458
Matou a Vituzzo.

325
00:36:31,666 --> 00:36:34,041
O que tiña o restaurante en Bolzano.

326
00:36:36,750 --> 00:36:38,750
Sabía que era un dos nosos.

327
00:36:41,750 --> 00:36:42,625
Merda.

328
00:36:44,958 --> 00:36:47,541
A situación é cada vez máis merda.

329
00:36:54,625 --> 00:36:56,041
Vainos vir buscar?

330
00:36:58,291 --> 00:36:59,125
Ese…

331
00:37:00,500 --> 00:37:02,291
non che é un home que escapa.

332
00:37:04,083 --> 00:37:05,375
É un home de honra.

333
00:37:05,458 --> 00:37:08,875
E dálle co conto do "home de honra".

334
00:37:19,333 --> 00:37:22,125
Papá, de verdade queres arriscalo todo

335
00:37:23,416 --> 00:37:24,416
só por un home?

336
00:37:24,500 --> 00:37:25,791
Michele,

337
00:37:29,500 --> 00:37:33,250
desculpa por tratarte mal antes,

338
00:37:35,875 --> 00:37:39,083
mais haiche cousas
que ti non podes entender.

339
00:37:42,458 --> 00:37:44,250
Confías en min?

340
00:37:53,208 --> 00:37:55,750
Claro, papá.

341
00:37:56,666 --> 00:37:58,375
Vai máis amodo.

342
00:38:02,916 --> 00:38:03,916
Para alá.

343
00:38:04,916 --> 00:38:07,291
Hai que facer algo antes de chegarmos.

344
00:38:48,916 --> 00:38:49,791
Vamos.

345
00:38:56,458 --> 00:38:57,833
<i>Dr. Ferrario,</i>

346
00:38:58,416 --> 00:39:01,666
<i>aínda non lle agradecín</i>
<i>o traballo da cara.</i>

347
00:39:01,750 --> 00:39:04,000
O recoñecemento facial, non si?

348
00:39:09,625 --> 00:39:11,708
Atoparon o seu coñecido?

349
00:39:11,791 --> 00:39:13,750
Atopamos, si.

350
00:39:13,833 --> 00:39:16,875
Pero volveu desaparecer.

351
00:39:18,833 --> 00:39:20,708
Seica está en Milán.

352
00:39:21,833 --> 00:39:23,333
E anda enfadado con nós.

353
00:39:23,416 --> 00:39:25,833
O recoñecemento que fixo en Internet,

354
00:39:26,666 --> 00:39:30,291
pódeo facer no mundo real
coa axuda de cámaras?

355
00:39:31,500 --> 00:39:33,166
Cámaras de vixilancia?

356
00:39:34,208 --> 00:39:37,166
Si, por todo Milán.

357
00:39:37,250 --> 00:39:42,208
De ter acceso á rede pública,
poderíamos ampliar a busca.

358
00:39:43,083 --> 00:39:43,916
Pode facelo?

359
00:39:45,583 --> 00:39:48,250
Traballei para o estado
antes de ir por libre.

360
00:39:49,125 --> 00:39:50,750
Conservo algúns contactos.

361
00:39:51,875 --> 00:39:54,166
Estaremos moi agradecidos.

362
00:39:56,625 --> 00:39:58,041
Búsquea tamén a ela.

363
00:39:59,416 --> 00:40:00,666
De acordo.

364
00:40:05,375 --> 00:40:08,166
<i>Crece o rego de sangue</i>
<i>tras Domenico Franzè,</i>

365
00:40:08,250 --> 00:40:10,291
<i>o asasino da Ndrangheta en fuga.</i>

366
00:40:10,375 --> 00:40:12,583
<i>Outros tres mortos conectados con el,</i>

367
00:40:12,666 --> 00:40:15,250
<i>que é o máis buscado no norte de Italia.</i>

368
00:40:15,333 --> 00:40:16,291
MILÁN

369
00:40:16,375 --> 00:40:20,375
<i>A súa filla foi vista</i>
<i>nunha gasolineira próxima a Merano.</i>

370
00:40:20,458 --> 00:40:24,791
<i>A policía cre que Franzè vai armado</i>
<i>e que é moi perigoso.</i>

371
00:40:37,708 --> 00:40:39,166
VÉNDESE

372
00:40:39,250 --> 00:40:40,375
Para o coche.

373
00:40:46,541 --> 00:40:48,250
Espérame aquí.

374
00:41:31,375 --> 00:41:33,208
VEN AQUÍ

375
00:42:04,958 --> 00:42:06,125
Papá, dóeche moito?

376
00:42:06,208 --> 00:42:08,291
Non, só teño que respirar un pouco.

377
00:42:39,958 --> 00:42:41,166
Papá?

378
00:42:42,875 --> 00:42:43,958
Papá?

379
00:42:45,458 --> 00:42:46,291
Papá!

380
00:42:47,541 --> 00:42:49,541
Papá, responde! Óesme?

381
00:42:49,625 --> 00:42:52,291
Meu Deus.

382
00:42:54,000 --> 00:42:56,125
Merda.

383
00:43:42,625 --> 00:43:44,375
Abride, por favor.

384
00:43:47,375 --> 00:43:48,666
Necesito axuda.

385
00:43:49,666 --> 00:43:51,083
Onde hai un médico?

386
00:43:55,250 --> 00:43:57,083
Non podemos axudar, marcha.

387
00:43:57,166 --> 00:43:59,208
- Un médico.
- Non queremos leas.

388
00:43:59,291 --> 00:44:01,875
- Preciso un médico axiña.
- Fóra de aquí.

389
00:44:02,916 --> 00:44:04,333
Queredes isto?

390
00:44:08,791 --> 00:44:11,583
Coidado, amodo.

391
00:44:11,666 --> 00:44:15,041
Papá, todo vai ben.

392
00:44:16,916 --> 00:44:18,833
<i>Agora, respira.</i>

393
00:44:20,916 --> 00:44:22,125
<i>Moi ben.</i>

394
00:44:27,500 --> 00:44:30,083
<i>Xa está aquí.</i>

395
00:44:39,125 --> 00:44:40,291
Velaquí está.

396
00:44:46,791 --> 00:44:48,125
Moi ben.

397
00:44:50,250 --> 00:44:51,708
<i>Ola, amor.</i>

398
00:44:54,000 --> 00:44:56,958
<i>Se estás a ler esta carta</i>
<i>é que estou morto.</i>

399
00:44:58,041 --> 00:44:59,458
<i>Non me importa.</i>

400
00:44:59,958 --> 00:45:02,500
<i>Porque se podo dicir que vivín</i>,

401
00:45:03,416 --> 00:45:04,958
<i>é grazas a ti.</i>

402
00:45:08,541 --> 00:45:10,958
<i>Salváchesme a vida, amor meu.</i>

403
00:45:11,041 --> 00:45:13,916
<i>Unha vida</i>
<i>que non merecía salvación ningunha,</i>

404
00:45:14,666 --> 00:45:17,416
<i>porque non había nela</i>
<i>nada máis que crueldade</i>

405
00:45:17,916 --> 00:45:19,291
<i>e violencia.</i>

406
00:45:21,291 --> 00:45:23,083
<i>Non coñecía o amor</i>

407
00:45:24,041 --> 00:45:26,208
<i>nin a ledicia de que te amen.</i>

408
00:45:27,041 --> 00:45:29,833
<i>Vivía para matar e mataba para vivir.</i>

409
00:45:30,625 --> 00:45:32,875
<i>Só agardaba o momento de morrer,</i>

410
00:45:32,958 --> 00:45:36,333
<i>porque xa non sentía</i>
<i>a diferenza entre vida e morte.</i>

411
00:45:37,791 --> 00:45:40,083
<i>Xa non contaba coa salvación,</i>

412
00:45:41,958 --> 00:45:43,500
<i>mais estaba equivocado.</i>

413
00:45:45,666 --> 00:45:47,291
<i>Porque mesmo eu,</i>

414
00:45:48,250 --> 00:45:50,166
<i>que viña do fondo do inferno,</i>

415
00:45:51,875 --> 00:45:53,791
<i>aínda podía recibir unha beizón.</i>

416
00:45:55,708 --> 00:45:57,958
<i>Non sabía nada da vida</i>

417
00:45:58,041 --> 00:45:59,125
<i>nin de min</i>

418
00:46:00,291 --> 00:46:01,958
<i>até que chegaches ti.</i>

419
00:46:04,125 --> 00:46:06,875
<i>A miña beizón foi o teu nacemento.</i>

420
00:46:08,208 --> 00:46:09,208
<i>Sofía.</i>

421
00:46:10,416 --> 00:46:11,458
<i>Amor meu.</i>

422
00:47:04,166 --> 00:47:05,708
Que pasa?

423
00:47:06,708 --> 00:47:08,208
Tiña razón vostede.

424
00:47:08,750 --> 00:47:10,916
Seu pai retoma a busca de Franzè.

425
00:47:11,750 --> 00:47:13,583
Xa sabía eu, carallo.

426
00:47:13,666 --> 00:47:17,000
Desta quere unha busca máis extensa.

427
00:47:17,083 --> 00:47:18,833
Complexa, ilegal.

428
00:47:19,833 --> 00:47:20,833
Moi cara.

429
00:47:20,916 --> 00:47:22,958
Moitísimo.

430
00:47:23,041 --> 00:47:26,416
Sobre todo, pola xente
que hei amolar nas institucións.

431
00:47:31,750 --> 00:47:33,000
Podo non buscalo.

432
00:47:34,458 --> 00:47:35,750
Non, decataríase.

433
00:47:37,083 --> 00:47:38,916
Sempre se decata de todo.

434
00:47:41,666 --> 00:47:44,208
Fai o seguinte, logo.

435
00:47:44,291 --> 00:47:47,083
Dálle o que quere, mais tenme ao corrente.

436
00:47:51,666 --> 00:47:53,833
Sinto que che pasase a ti tamén.

437
00:47:56,833 --> 00:47:58,541
Vivir este tipo de vida.

438
00:48:09,291 --> 00:48:11,000
Pásame unha desas.

439
00:48:16,083 --> 00:48:17,708
Hai que marchar de aquí.

440
00:48:17,791 --> 00:48:19,583
O antes posible.

441
00:48:20,875 --> 00:48:23,541
Temos algunhas posicións de onte á noite.

442
00:48:26,583 --> 00:48:28,708
Todas entre Quarto Oggiaro e Bovisa.

443
00:48:29,208 --> 00:48:30,166
Atopámolos.

444
00:48:43,291 --> 00:48:47,208
Localizamos a moza
nunca zona industrial alí cerca.

445
00:48:47,291 --> 00:48:50,083
Un antigo almacén
onde fan abortos clandestinos.

446
00:49:06,208 --> 00:49:07,708
Vas traballar?

447
00:49:11,041 --> 00:49:12,125
Déixocho para ti.

448
00:49:14,041 --> 00:49:16,375
Move iso antes de eu marchar.

449
00:49:16,458 --> 00:49:18,750
Teño présa.

450
00:49:18,833 --> 00:49:20,666
Xa vou, fágoo agora mesmo.

451
00:49:21,291 --> 00:49:23,208
Pecha a porta e vamos.

452
00:49:37,458 --> 00:49:39,375
CHAVES
BATERÍA - CENTRAL

453
00:50:35,500 --> 00:50:37,625
Onde están o italiano e a moza?

454
00:50:38,875 --> 00:50:40,458
Onde carallo están?

455
00:51:42,875 --> 00:51:45,375
Voute matar, como fixen coa túa muller.

456
00:51:57,666 --> 00:51:59,083
Quieta aí!

457
00:52:07,416 --> 00:52:08,625
As mans arriba.

458
00:52:32,291 --> 00:52:36,375
<i>Agora que nos atoparon</i>
<i>non pararán até matarnos.</i>

459
00:52:37,875 --> 00:52:39,166
SULFURO

460
00:52:39,250 --> 00:52:41,583
<i>Por iso temos que actuar nós primeiro.</i>

461
00:52:42,250 --> 00:52:43,833
<i>Non temos outra opción.</i>

462
00:52:44,541 --> 00:52:46,250
<i>Matar para que non nos maten.</i>

463
00:52:48,250 --> 00:52:50,916
<i>É unha lección</i>
<i>que preferiría non aprenderche.</i>

464
00:52:52,708 --> 00:52:55,041
<i>Teño un plan, mais non podo facelo só.</i>

465
00:52:56,041 --> 00:52:57,375
<i>Cómpreme a túa axuda.</i>

466
00:53:03,583 --> 00:53:04,666
Toma isto.

467
00:53:10,291 --> 00:53:11,416
Como se empuña?

468
00:53:11,500 --> 00:53:13,125
Decídeo a túa man.

469
00:53:13,625 --> 00:53:16,958
Debe ser parte do teu puño,
non un corpo estraño.

470
00:53:20,416 --> 00:53:23,250
Se usas a navalla,
é porque tes preto o inimigo,

471
00:53:23,333 --> 00:53:24,875
o perigo,

472
00:53:24,958 --> 00:53:26,291
a morte.

473
00:53:26,375 --> 00:53:29,625
O medo ha quedar de lado
para facerlle sitio á acción.

474
00:53:30,750 --> 00:53:34,208
Non hai tempo,
a primeira puñalada ha ser letal.

475
00:53:37,666 --> 00:53:39,333
Veña, proba unha posición.

476
00:53:41,000 --> 00:53:42,041
Non.

477
00:53:45,541 --> 00:53:47,666
A navalla sempre diante.

478
00:53:47,750 --> 00:53:50,666
Atacas e protéxeste coa navalla.

479
00:53:51,916 --> 00:53:54,791
En diagonal, non ofrezas
o corpo ao adversario.

480
00:53:54,875 --> 00:53:57,791
Móvete sempre
e busca o equilibrio co outro brazo.

481
00:54:00,875 --> 00:54:02,666
Se lle dás nun costado…

482
00:54:06,291 --> 00:54:09,166
sentirá unha dor fortísima,
mais sobrevivirá.

483
00:54:09,916 --> 00:54:11,916
Se lle dás aquí, no corazón…

484
00:54:14,958 --> 00:54:17,250
perde o sentido de inmediato,

485
00:54:17,833 --> 00:54:19,333
morto en tres segundos.

486
00:54:21,166 --> 00:54:23,541
Se lle dás aquí, no pescozo…

487
00:54:26,458 --> 00:54:30,666
ten 30 segundos antes de morrer
afogado no seu propio sangue.

488
00:54:31,375 --> 00:54:34,416
E a última cara que verá
non é a da persoa que ama,

489
00:54:35,166 --> 00:54:36,250
senón a túa.

490
00:54:39,208 --> 00:54:41,000
A vinganza máis cruel.

491
00:54:59,541 --> 00:55:00,666
Atopeina.

492
00:55:01,875 --> 00:55:03,041
Quadra Capital.

493
00:55:03,125 --> 00:55:05,250
Os mapas e o esquema do edificio.

494
00:55:06,708 --> 00:55:10,625
Estaban na páxina do estudo
que proxectou os interiores.

495
00:55:10,708 --> 00:55:11,666
Ben feito.

496
00:55:18,291 --> 00:55:19,500
Sairá ben, non si?

497
00:55:22,083 --> 00:55:23,208
Claro.

498
00:55:25,916 --> 00:55:26,750
E despois?

499
00:55:30,166 --> 00:55:32,291
Despois, teño un amigo en Suráfrica.

500
00:55:33,041 --> 00:55:34,708
Ao primeiro, quedaremos alá.

501
00:55:35,875 --> 00:55:36,958
Ti e mais eu.

502
00:55:41,416 --> 00:55:42,666
Estraño a mamá.

503
00:55:46,458 --> 00:55:48,291
Non debín tirar aquela foto.

504
00:55:48,375 --> 00:55:50,500
É todo culpa miña, Sofía.

505
00:55:50,583 --> 00:55:52,083
Da vida que levei.

506
00:55:53,208 --> 00:55:54,583
Perdóame.

507
00:55:55,250 --> 00:55:57,000
Non te sintas culpable.

508
00:55:57,958 --> 00:56:00,166
Só tentabas sobrevivir.

509
00:56:02,083 --> 00:56:03,250
Como Buck.

510
00:56:04,541 --> 00:56:05,833
A CHAMADA DA SELVA

511
00:56:05,916 --> 00:56:07,208
Líchelo?

512
00:56:07,291 --> 00:56:09,708
Fixéronnolo ler na secundaria.

513
00:56:13,333 --> 00:56:15,000
Era o teu libro preferido.

514
00:56:18,125 --> 00:56:19,791
Compreino nunha feira.

515
00:56:24,541 --> 00:56:26,166
Gustábame a portada.

516
00:56:38,250 --> 00:56:40,916
Confío en ti, vai saír ben.

517
00:57:19,541 --> 00:57:21,041
Aquí non se pode estar.

518
00:57:21,541 --> 00:57:23,250
Que fas co móbil?

519
00:57:25,166 --> 00:57:27,208
Desculpe, perdinme.

520
00:57:27,291 --> 00:57:28,625
O que?

521
00:57:28,708 --> 00:57:31,250
Vou ao centro, pero o mapa está mal.

522
00:57:31,333 --> 00:57:32,250
Dáme igual.

523
00:57:32,333 --> 00:57:34,125
Tes que marchar. Fóra, marcha.

524
00:57:34,208 --> 00:57:35,875
Desculpe, xa marcho.

525
00:57:43,250 --> 00:57:45,125
Bon, logo cóntasme.

526
00:57:53,375 --> 00:57:55,708
Pon as mans no volante e vai ao garaxe.

527
00:58:04,583 --> 00:58:05,666
Torce á esquerda.

528
00:58:15,166 --> 00:58:16,916
Aparca ao fondo á esquerda.

529
00:58:21,416 --> 00:58:22,250
Baixa.

530
00:58:28,291 --> 00:58:29,333
Ven aquí.

531
00:58:31,875 --> 00:58:32,791
Veña.

532
00:58:34,416 --> 00:58:36,541
Ven, dá a volta.

533
00:59:01,625 --> 00:59:02,875
O código.

534
00:59:04,500 --> 00:59:05,375
O código.

535
00:59:06,166 --> 00:59:07,083
O código.

536
00:59:39,291 --> 00:59:42,041
Mimá! Que foi iso?

537
00:59:45,708 --> 00:59:47,708
A ver?

538
01:00:02,458 --> 01:00:04,291
Todo o mundo quieto!

539
01:00:05,291 --> 01:00:06,583
Facede o que vos di.

540
01:00:06,666 --> 01:00:09,166
Quieto! Sóltao!
- Se disparas, mátoo.

541
01:00:11,125 --> 01:00:12,458
Deixa a pistola.

542
01:00:23,958 --> 01:00:24,958
Sóltao.

543
01:00:26,375 --> 01:00:27,416
Non fixen nada.

544
01:00:34,708 --> 01:00:37,208
Se me matas, a túa filla é a seguinte.

545
01:00:37,291 --> 01:00:39,125
Deixa a pistola.

546
01:00:40,041 --> 01:00:41,041
Sóltao!

547
01:00:57,916 --> 01:00:59,041
Frea!

548
01:01:05,833 --> 01:01:06,791
Abaixo!

549
01:01:17,291 --> 01:01:18,416
Vamos!

550
01:01:18,500 --> 01:01:20,083
Veña! Vai!

551
01:01:37,833 --> 01:01:38,750
Por aquí!

552
01:02:04,416 --> 01:02:05,916
Arranca, vamos!

553
01:02:07,500 --> 01:02:08,541
Cara atrás!

554
01:02:13,208 --> 01:02:14,375
Todo á esquerda.

555
01:02:19,125 --> 01:02:20,375
Agora!

556
01:02:33,041 --> 01:02:33,916
Coidado!

557
01:02:40,708 --> 01:02:41,791
Manteno recto!

558
01:02:50,250 --> 01:02:51,291
Agora!

559
01:03:28,208 --> 01:03:29,958
Acabará todo axiña.

560
01:04:17,583 --> 01:04:19,625
Chegou isto hoxe de Michele.

561
01:04:21,250 --> 01:04:22,791
O carallo atrapouno.

562
01:04:32,041 --> 01:04:33,750
A foto viña con mensaxe.

563
01:04:35,708 --> 01:04:39,375
<i>Grandísimo fillo da puta,</i>
<i>tes unha hora para entregáreste</i>

564
01:04:39,458 --> 01:04:41,750
<i>e confesares os crimes destes 30 anos.</i>

565
01:04:54,916 --> 01:04:58,416
<i>Dá o nome de afiliados</i>
<i>e protectores políticos, as probas</i>

566
01:04:58,500 --> 01:05:01,083
<i>e os números de todas as túas contas</i>

567
01:05:01,166 --> 01:05:04,833
<i>e inversións en Europa,</i>
<i>Londres e América do Sur.</i>

568
01:05:05,416 --> 01:05:08,250
<i>Se non, vasme obrigar</i>
<i>a matarche outro fillo.</i>

569
01:05:09,208 --> 01:05:12,958
<i>Quero velo no telexornal</i>
<i>antes de mañá á medianoite.</i>

570
01:05:13,041 --> 01:05:14,333
<i>Ou acabo con Michele.</i>

571
01:05:15,875 --> 01:05:17,375
<i>Se fas o que pido,</i>

572
01:05:17,458 --> 01:05:20,125
<i>dígoche onde atopalo, aínda vivo.</i>

573
01:05:23,458 --> 01:05:24,750
Chama a Ferrario.

574
01:05:32,500 --> 01:05:34,458
É unha estación abandonada.

575
01:05:34,541 --> 01:05:36,958
O móbil conectouse un intre a esa antena,

576
01:05:37,458 --> 01:05:39,416
enviaron a foto e apagárono.

577
01:05:41,250 --> 01:05:42,583
Mais temos a posición.

578
01:05:48,750 --> 01:05:50,958
Rudi, esta volta non podedes fallar.

579
01:06:22,375 --> 01:06:23,375
Baixade aquí.

580
01:06:23,958 --> 01:06:25,125
<i>De acordo.</i>

581
01:06:59,250 --> 01:07:00,333
Velaí a furgoneta.

582
01:07:04,416 --> 01:07:05,625
Baixamos aquí.

583
01:07:29,916 --> 01:07:31,916
Mino, adiante.

584
01:07:41,625 --> 01:07:42,541
Michele.

585
01:07:44,333 --> 01:07:46,833
Sonche eu, Rudi.

586
01:07:46,916 --> 01:07:48,583
Voute liberar.

587
01:07:54,083 --> 01:07:56,000
Está detrás da furgoneta!

588
01:07:59,833 --> 01:08:02,708
Desde onde carallo dispara?

589
01:08:12,208 --> 01:08:13,041
Retrocedede!

590
01:08:24,250 --> 01:08:26,375
- Xa o vexo!
- Onde está?

591
01:08:29,041 --> 01:08:31,083
Acaba con ese fillo da puta!

592
01:08:58,791 --> 01:09:00,041
Merda.

593
01:10:42,666 --> 01:10:43,833
En serio?

594
01:10:44,375 --> 01:10:46,416
Pensabas que Don Angelo

595
01:10:46,500 --> 01:10:49,208
ía mandar o seu imperio
ao carallo polo fillo?

596
01:10:49,291 --> 01:10:51,583
A miña familia non tiña nada que ver.

597
01:10:57,333 --> 01:10:58,291
A xente coma nós

598
01:10:59,416 --> 01:11:00,833
non debería ter familia.

599
01:11:49,041 --> 01:11:50,333
Por favor!

600
01:11:52,375 --> 01:11:53,875
Por favor!

601
01:12:00,208 --> 01:12:01,250
Por favor.

602
01:12:12,791 --> 01:12:15,541
Por favor, un pouco de auga,
morro de sede.

603
01:12:30,208 --> 01:12:31,333
Grazas.

604
01:12:33,166 --> 01:12:35,166
Sinto o que che pasou, é horrible.

605
01:12:35,250 --> 01:12:37,041
Non pasou.

606
01:12:37,125 --> 01:12:40,208
Fostes ti e a túa familia
de mafiosos de merda.

607
01:12:40,291 --> 01:12:43,083
Foi meu pai, Sofía.

608
01:12:44,541 --> 01:12:46,041
Chámaste Sofía, non si?

609
01:12:46,916 --> 01:12:50,875
Xúroche que só o souben
cando xa o fixera e de o saber…

610
01:12:50,958 --> 01:12:53,166
Non sabías que teu pai era mafioso?

611
01:12:55,583 --> 01:12:56,750
E para ti?

612
01:12:56,833 --> 01:12:59,083
Como foi descubrir quen era teu pai?

613
01:13:03,541 --> 01:13:05,000
Eu sei quen é meu pai.

614
01:13:08,083 --> 01:13:11,333
Non sei que che contou,
mais sonche todo sécolas.

615
01:13:13,041 --> 01:13:14,583
Cala a boca.

616
01:13:14,666 --> 01:13:17,375
Escóitame, non sabes nada.

617
01:13:17,458 --> 01:13:21,500
Cres que teu pai fai xustiza,
mais as vítimas somos os Lo Bianco.

618
01:13:21,583 --> 01:13:22,625
Caralladas.

619
01:13:23,958 --> 01:13:25,625
Teu pai matou o meu irmán.

620
01:13:27,208 --> 01:13:29,208
Matou decenas de persoas, Sofía.

621
01:13:30,833 --> 01:13:33,083
É un ser inhumano, un criminal.

622
01:13:34,666 --> 01:13:36,375
Non tes nin idea do que fixo.

623
01:13:39,166 --> 01:13:40,583
Ti es distinta.

624
01:13:40,666 --> 01:13:42,833
O teu futuro aínda non está escrito.

625
01:13:42,916 --> 01:13:45,833
O mesmo co que soñabas até hai tres días.

626
01:13:45,916 --> 01:13:47,750
Queres perdelo para sempre?

627
01:13:48,541 --> 01:13:51,208
Non é a túa guerra, ti non es unha Franzè.

628
01:13:52,083 --> 01:13:53,750
Teu pai non tivo elección.

629
01:13:54,375 --> 01:13:56,791
Ti si, mais has facelo agora.

630
01:13:58,500 --> 01:14:01,416
Por favor, libérame… E ti escapa, sálvate.

631
01:14:02,958 --> 01:14:04,208
Por favor, libérame.

632
01:14:10,166 --> 01:14:11,166
Sofía?

633
01:14:11,833 --> 01:14:12,875
Sofía, por favor.

634
01:14:12,958 --> 01:14:14,333
Por favor, libérame!

635
01:14:14,916 --> 01:14:16,416
Sofía, por favor!

636
01:14:16,500 --> 01:14:19,958
Canta xente máis ha morrer?
Sofía, por favor.

637
01:14:35,750 --> 01:14:36,750
Diga?

638
01:14:37,833 --> 01:14:39,458
Ola, pequecha, son eu.

639
01:14:41,333 --> 01:14:43,208
Onde estás, tes a voz rara.

640
01:14:45,333 --> 01:14:47,208
Non saíu ben, síntoo.

641
01:14:47,291 --> 01:14:49,166
O noso plan non funcionou.

642
01:14:49,250 --> 01:14:50,625
É Franzè.

643
01:14:50,708 --> 01:14:53,375
A chamada sae da antena de Agrate Brianza.

644
01:14:53,458 --> 01:14:54,625
Está a se mover.

645
01:14:55,416 --> 01:14:56,291
<i>Que significa?</i>

646
01:14:56,833 --> 01:14:58,250
Papá, que pasou?

647
01:15:00,041 --> 01:15:01,125
<i>Estás ferido?</i>

648
01:15:02,583 --> 01:15:03,500
Que tal estás?

649
01:15:03,583 --> 01:15:04,458
Voz feminina.

650
01:15:04,541 --> 01:15:06,583
Localizada en posición estática.

651
01:15:06,666 --> 01:15:07,708
É a filla.

652
01:15:08,333 --> 01:15:10,083
En marcha.

653
01:15:10,166 --> 01:15:12,416
Dous equipos, un para cada un.

654
01:15:12,500 --> 01:15:14,000
<i>Fala comigo, papá.</i>

655
01:15:15,291 --> 01:15:16,250
<i>Estou ben.</i>

656
01:15:19,416 --> 01:15:21,375
<i>Pero non teño alternativa.</i>

657
01:15:21,458 --> 01:15:22,333
<i>Volve, papá.</i>

658
01:15:22,833 --> 01:15:24,833
Non marches, por favor.

659
01:15:28,875 --> 01:15:30,000
<i>Non podo, Sofi.</i>

660
01:15:32,708 --> 01:15:34,833
Sabías que non funcionaría.

661
01:15:37,958 --> 01:15:40,625
<i>Pero tiña esperanzas, por ti.</i>

662
01:15:41,708 --> 01:15:43,000
E agora que facemos?

663
01:15:47,916 --> 01:15:49,750
<i>Ti non tes que facer nada máis.</i>

664
01:15:52,333 --> 01:15:55,708
<i>Esperaba que houbese outra posibilidade.</i>

665
01:15:58,000 --> 01:15:59,083
<i>Equivocábame.</i>

666
01:16:10,125 --> 01:16:12,583
<i>Agora o único xeito de estarmos seguros</i>

667
01:16:14,041 --> 01:16:17,750
<i>é que Don Angelo desapareza</i>
<i>definitivamente da face da Terra.</i>

668
01:16:22,833 --> 01:16:24,333
<i>Teño que atacalo agora.</i>

669
01:16:26,875 --> 01:16:29,875
Papá, que dis? Non o entendo.

670
01:16:34,333 --> 01:16:36,416
<i>Eu cambiara, Sofía.</i>

671
01:16:36,500 --> 01:16:37,791
<i>Cambiara.</i>

672
01:16:41,500 --> 01:16:43,250
<i>Quérote moito.</i>

673
01:16:43,333 --> 01:16:45,916
<i>E sei que sairás adiante sen min.</i>

674
01:17:00,083 --> 01:17:02,208
Sabes o que pasa se me matas, non?

675
01:17:05,916 --> 01:17:08,416
Sabes que a túa filla vai ao carallo?

676
01:17:12,000 --> 01:17:15,041
Non debiches tocar a miña familia.

677
01:17:46,041 --> 01:17:47,000
Por favor, papá.

678
01:17:47,083 --> 01:17:49,708
Pídocho por favor.

679
01:17:50,791 --> 01:17:54,375
Tiñamos que ir a Suráfrica, lémbralo?
Prometíchesmo.

680
01:17:54,916 --> 01:17:56,416
<i>Os dous xuntos.</i>

681
01:17:57,125 --> 01:17:58,166
<i>Por favor.</i>

682
01:18:00,791 --> 01:18:02,416
As mans onde as vexamos!

683
01:18:04,916 --> 01:18:06,666
<i>Foron anos marabillosos.</i>

684
01:18:07,500 --> 01:18:09,416
<i>Tiven unha familia.</i>

685
01:18:09,500 --> 01:18:10,583
<i>Tívente a ti.</i>

686
01:18:12,375 --> 01:18:13,791
<i>Un milagre.</i>

687
01:18:16,791 --> 01:18:17,708
Mans arriba!

688
01:18:18,416 --> 01:18:20,250
Dixen que mans arriba!

689
01:18:20,791 --> 01:18:23,416
<i>Mais é xusto que todo acabe aquí.</i>

690
01:18:35,666 --> 01:18:37,041
Papá!

691
01:18:38,000 --> 01:18:39,625
Papá!

692
01:19:09,958 --> 01:19:10,791
Mans arriba!

693
01:19:10,875 --> 01:19:12,333
Dixen que mans arriba!

694
01:19:19,083 --> 01:19:20,875
- Despexado!
- Despexado!

695
01:19:22,333 --> 01:19:23,666
Ola, Sofía.

696
01:19:30,541 --> 01:19:31,416
Érguete.

697
01:19:34,916 --> 01:19:36,375
Tranquila, acabouse.

698
01:21:01,125 --> 01:21:02,791
Franzè, ven comigo.

699
01:21:10,833 --> 01:21:13,250
Non me gusta o chocolate, grazas.

700
01:21:14,791 --> 01:21:16,583
- Como te tratan?
- Que queres?

701
01:21:19,125 --> 01:21:20,750
Falei co maxistrado.

702
01:21:20,833 --> 01:21:22,625
Non hai nada contra ti.

703
01:21:22,708 --> 01:21:24,916
Vante absolver no xuízo.

704
01:21:25,458 --> 01:21:27,041
E eu alédome.

705
01:21:27,125 --> 01:21:28,958
Estiveches a mercé dun tolo.

706
01:21:29,041 --> 01:21:30,750
Sufriches abusos.

707
01:21:34,750 --> 01:21:37,166
Ti e mais eu tivemos o mesmo destino.

708
01:21:37,875 --> 01:21:40,333
Pagamos polas culpas dos nosos pais.

709
01:21:41,000 --> 01:21:42,666
Mais agora somos libres.

710
01:21:42,750 --> 01:21:44,208
Vés para dicirme isto?

711
01:21:49,875 --> 01:21:50,875
Non.

712
01:21:52,833 --> 01:21:55,708
Vin dicirche que, polo que a min respecta,

713
01:21:55,791 --> 01:21:57,875
a guerra entre Lo Bianco e Franzè

714
01:21:57,958 --> 01:21:59,166
rematou para sempre.

715
01:22:00,791 --> 01:22:02,041
Estamos en paz.

716
01:22:04,541 --> 01:22:08,041
Fáltache pouco para seres maior de idade.

717
01:22:08,541 --> 01:22:09,750
Sairás de aquí

718
01:22:09,833 --> 01:22:11,750
e poderás comezar de cero.

719
01:22:14,041 --> 01:22:15,875
Se precisas axuda,

720
01:22:16,666 --> 01:22:18,500
por que non me fas unha visita?

721
01:22:18,583 --> 01:22:21,041
De verdade que che quero botar unha man.

722
01:22:33,375 --> 01:22:34,958
Que pensas facer?

723
01:22:38,000 --> 01:22:39,750
Non estou tranquilo.

724
01:22:41,375 --> 01:22:43,208
Facédea desaparecer cando saia.

725
01:22:43,291 --> 01:22:46,625
Quero que morra
cunha corda apertada ao pescozo,

726
01:22:46,708 --> 01:22:48,333
coma meu pai.

727
01:22:57,250 --> 01:22:58,875
<i>"Semellante ás visións,</i>

728
01:22:58,958 --> 01:23:02,125
<i>era a chamada que resoaba</i>
<i>nas profundidades da selva.</i>

729
01:23:06,541 --> 01:23:09,916
<i>Enchíao dun gran desacougo</i>
<i>e desexos estraños."</i>

730
01:23:11,666 --> 01:23:14,916
<i>"Causáballe un vago pracer doce</i>

731
01:23:16,500 --> 01:23:19,583
<i>e era consciente do seu degoxo</i>
<i>e estímulos salvaxes</i>

732
01:23:19,666 --> 01:23:21,375
<i>por algo que non coñecía.</i>

733
01:23:25,833 --> 01:23:28,958
<i>Acazapábase durante horas,</i>
<i>coma quen se agocha,</i>

734
01:23:29,041 --> 01:23:32,166
<i>tras troncos cubertos de fungos</i>
<i>ou árbores caídas,</i>

735
01:23:33,708 --> 01:23:36,125
<i>cos ollos e as orellas ben abertos</i>

736
01:23:36,208 --> 01:23:39,541
<i>a todo o que se movía</i>
<i>e resoaba ao redor del.</i>

737
01:23:41,416 --> 01:23:43,875
<i>Se cadra, ao ficar así tombado</i>

738
01:23:44,625 --> 01:23:48,458
<i>esperaba sorprender aquela chamada</i>
<i>que non daba entendido.</i>

739
01:23:49,583 --> 01:23:52,375
<i>Mais non sabía por que facía todo isto.</i>

740
01:23:53,041 --> 01:23:55,083
<i>Sentíase inclinado a facelo…</i>

741
01:23:57,375 --> 01:23:59,208
<i>e non o cuestionaba."</i>

742
01:24:20,333 --> 01:24:21,166
Dime.

743
01:24:24,000 --> 01:24:24,916
A moza marchou.

744
01:24:25,000 --> 01:24:26,000
<i>Como que marchou?</i>

745
01:24:26,708 --> 01:24:28,250
Dixen que a quería morta.

746
01:24:28,333 --> 01:24:30,208
<i>Non está, debeu escapar.</i>

747
01:24:32,958 --> 01:24:34,500
Está ben, chámote logo.

748
01:24:43,291 --> 01:24:44,375
Sofía.

749
01:24:45,958 --> 01:24:47,916
Que pasa? Pareces tenso.

750
01:24:52,166 --> 01:24:53,333
Como entraches?

751
01:24:59,041 --> 01:25:01,375
Coa túa tarxeta de visita e un sorriso.

752
01:25:02,083 --> 01:25:04,875
Non son a primeira
que fas vir aquí, non si?

753
01:25:07,583 --> 01:25:11,708
Supoño que vés
pola axuda que che prometín.

754
01:25:16,166 --> 01:25:17,333
Entón?

755
01:25:23,125 --> 01:25:25,833
Hai un problema
coa paz, Michele Lo Bianco.

756
01:25:26,666 --> 01:25:28,250
Cal?

757
01:25:31,541 --> 01:25:33,625
Cómpre estarmos de acordo os dous.

758
01:25:38,291 --> 01:25:40,916
E os Franzè seguimos en guerra.

759
01:25:50,916 --> 01:25:54,333
<i>Matar ou morrer, esa é a lei.</i>

760
01:25:56,208 --> 01:25:58,916
<i>A piedade só e un sinal de debilidade.</i>

761
01:30:25,333 --> 01:30:30,333
Subtítulos: Jeiry Castellano



