1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX

2
00:00:07,000 --> 00:00:08,000
Non!

3
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX

4
00:00:20,833 --> 00:00:22,208
Perdóeme, padre.

5
00:00:23,666 --> 00:00:24,750
Fun…

6
00:00:25,333 --> 00:00:26,666
Fun lonxe de máis.

7
00:00:31,291 --> 00:00:33,833
Collín o que non me correspondía coller.

8
00:00:38,041 --> 00:00:40,708
Sempre quixen ter un fillo de meu!

9
00:00:40,791 --> 00:00:42,000
Por que?

10
00:00:42,708 --> 00:00:45,291
Por que Deus mo nega? Por que?

11
00:00:45,958 --> 00:00:47,625
Despois de todo o que fixen!

12
00:00:48,416 --> 00:00:50,875
Despois de todo o que sacrifiquei!

13
00:00:57,875 --> 00:00:59,125
Fun lonxe de máis.

14
00:01:04,583 --> 00:01:07,333
Quiteille a vida dunha nai.

15
00:01:08,500 --> 00:01:11,166
Quiteille un bebé que non merecía.

16
00:01:11,750 --> 00:01:14,208
A súa pequerrecha agora vai ser miña.

17
00:01:14,958 --> 00:01:16,500
Van vir por min.

18
00:01:18,458 --> 00:01:20,708
Van pensar que son un monstro.

19
00:01:44,583 --> 00:01:45,458
Irmá Lynn!

20
00:01:46,833 --> 00:01:48,500
Mi madriña querida.

21
00:01:57,291 --> 00:02:02,500
En menos de 10 minutos abrimos as portas
e deixamos pasar a xente!

22
00:02:02,583 --> 00:02:07,375
Concursantes, última oportunidade
para perfeccionar a coreografía.

23
00:02:09,000 --> 00:02:11,250
Último ensaio, dádelle!

24
00:02:13,625 --> 00:02:18,541
Mel, Brandon! A pista é toda vosa!

25
00:03:20,166 --> 00:03:21,500
Desculpa.

26
00:03:21,583 --> 00:03:23,583
Non te desculpes, non pasa nada.

27
00:03:23,666 --> 00:03:27,125
- Dáslle demasiadas voltas.
- Empezamos desde o principio?

28
00:03:28,833 --> 00:03:32,666
- Non, xa quecemos. Está todo ben.
- A moverse, meus.

29
00:03:32,750 --> 00:03:34,875
Tony, Stephanie, tócavos.

30
00:03:34,958 --> 00:03:39,166
Durante máis de dúas décadas,
esta mazá de Oakwood Lanes, California,

31
00:03:39,250 --> 00:03:41,791
non era máis ca unha igrexa abandonada.

32
00:03:41,875 --> 00:03:45,958
Agora reconverteuse nunha das discotecas
máis famosas de LA, Inferno.

33
00:03:46,041 --> 00:03:49,875
O nome é tan escandaloso
coma a localización. É unha revolución.

34
00:03:49,958 --> 00:03:54,000
Como ven, hai unha cola de xente incrible
desde hoxe ben cedo

35
00:03:54,083 --> 00:03:57,875
que ansía ver os finalistas do concurso
de baile e saber quen…

36
00:03:57,958 --> 00:04:01,041
Bailastes que deu gloria vervos.

37
00:04:01,791 --> 00:04:04,750
Que orgullose estou dos meus ruliños.

38
00:04:04,833 --> 00:04:07,875
Tiñádeslle que ver a cara
a Tony e Steph véndovos.

39
00:04:09,500 --> 00:04:12,666
Non, Memo. Non sei.
Creo que o vou estragar todo.

40
00:04:15,583 --> 00:04:20,708
Acórdaste da primeira vez que bailamos
os dous? Cando me viches bailando soa?

41
00:04:22,833 --> 00:04:27,250
Viñeches onda min tranquilísimo
e pedíchesme bailar

42
00:04:27,958 --> 00:04:30,416
con toda a confianza do mundo.

43
00:04:31,833 --> 00:04:35,250
Nin si dixen. Collinche a man e pensei:

44
00:04:36,125 --> 00:04:37,833
"Quen carallo é este tipo?"

45
00:04:39,250 --> 00:04:42,708
Antes de poder responder ese pensamento,
pisáchesme.

46
00:04:44,125 --> 00:04:46,250
E decateime do nervioso que estabas.

47
00:04:48,166 --> 00:04:49,833
Acórdaste do que che dixen?

48
00:04:52,500 --> 00:04:53,750
"Pouco a pouco."

49
00:04:55,833 --> 00:04:57,125
Exacto.

50
00:04:57,708 --> 00:05:03,708
Non paro de pensar en cando se dean conta.
Cando te vexan na pista de baile.

51
00:05:03,791 --> 00:05:06,791
Cando nos vexan.
Cando nos vexan na pista de baile.

52
00:05:06,875 --> 00:05:10,208
Si, vannos ver.
Pero sabes de que se van dar conta?

53
00:05:11,291 --> 00:05:15,666
Que esta noite… foi moi especial.

54
00:05:18,291 --> 00:05:21,458
E vanlle contar a todo o mundo
o que viron aquí.

55
00:05:22,666 --> 00:05:25,583
Cando acendan as televisións e te vexan,

56
00:05:25,666 --> 00:05:27,583
todo vai cambiar.

57
00:05:27,666 --> 00:05:30,291
O noso futuro, as nosas vidas.

58
00:05:30,916 --> 00:05:32,958
Acabáronse as portas pechadas.

59
00:05:44,875 --> 00:05:45,708
Rula.

60
00:05:45,791 --> 00:05:47,833
Rula. Que che dixen?

61
00:05:47,916 --> 00:05:50,833
Donas e cabaleiros, abriron as portas.

62
00:05:50,916 --> 00:05:55,416
Repito, as portas de Inferno
acaban de abrir oficialmente.

63
00:05:55,500 --> 00:05:57,916
Creo que teño que saír un cachiño.

64
00:05:59,875 --> 00:06:00,916
A tomar o aire.

65
00:06:07,333 --> 00:06:08,916
MULLERES

66
00:06:28,791 --> 00:06:30,833
Veña, axúdote a limparte.

67
00:06:32,291 --> 00:06:34,916
Non ten pinta de que sexan só nervios.

68
00:06:38,541 --> 00:06:39,583
Atrasóuseche?

69
00:06:42,375 --> 00:06:44,333
Si, un pouco.

70
00:06:45,666 --> 00:06:47,458
Non estou segura.

71
00:06:48,250 --> 00:06:52,208
Pois, puta,
se é o indicado, que así sexa e punto.

72
00:06:58,791 --> 00:07:01,166
Aínda non lle dixen nada a Brandon.

73
00:07:02,791 --> 00:07:05,625
Estivemos moi concentrados
en chegar ao de hoxe.

74
00:07:11,333 --> 00:07:12,500
Déixasme un minuto?

75
00:07:13,166 --> 00:07:15,000
Si, claro.

76
00:07:19,875 --> 00:07:20,958
Mira, Mel.

77
00:07:21,583 --> 00:07:24,000
Non tedes nada do que preocuparvos.

78
00:07:24,750 --> 00:07:26,125
Xa o sabes, non?

79
00:08:19,500 --> 00:08:20,625
Memo?

80
00:08:48,375 --> 00:08:49,208
Que cona…

81
00:09:24,333 --> 00:09:27,291
Ola? Hai alguén aí?

82
00:09:29,583 --> 00:09:33,333
Levo sen verte desde que eras un bebé.

83
00:09:41,375 --> 00:09:44,250
Es igualiña ca túa nai.

84
00:09:46,000 --> 00:09:49,458
Despois de todos estes anos,
volves onda min.

85
00:09:50,333 --> 00:09:51,500
Onde estou?

86
00:09:53,875 --> 00:09:57,958
O regalo que levas é para min?

87
00:10:02,833 --> 00:10:03,666
Merda!

88
00:10:08,958 --> 00:10:11,958
O concurso comezou!

89
00:10:12,041 --> 00:10:15,541
Que todas as parellas de baile
se presenten xa no escenario.

90
00:10:39,083 --> 00:10:40,208
Hai alguén aí?

91
00:10:55,416 --> 00:10:58,000
Ola? Hai alguén aí? Ola?

92
00:11:23,958 --> 00:11:26,333
Bebé.

93
00:11:59,416 --> 00:12:00,625
Un bebé.

94
00:12:02,875 --> 00:12:03,750
Mel?

95
00:12:06,416 --> 00:12:07,916
Rula, segues aí dentro?

96
00:12:08,000 --> 00:12:10,791
Señoras e señores,
fagan sitio na pista de baile

97
00:12:10,875 --> 00:12:15,583
para os primeiros concursantes de hoxe,
Tony e Stephanie!

98
00:12:20,000 --> 00:12:20,833
Mel?

99
00:12:22,125 --> 00:12:26,916
Vouche quitar esa carga, nena.
O rapaz non o vai saber nunca.

100
00:12:31,375 --> 00:12:32,291
Vidiña?

101
00:12:33,541 --> 00:12:34,625
Onde estás?

102
00:12:45,416 --> 00:12:47,250
Brandon!

103
00:12:47,333 --> 00:12:48,333
Mel!

104
00:12:54,166 --> 00:12:55,541
Brandon!

105
00:13:06,375 --> 00:13:07,250
Mel!

106
00:13:09,500 --> 00:13:11,500
- Axuda!
- Xa vou, rula!

107
00:13:12,208 --> 00:13:14,583
Sóltame!

108
00:13:16,125 --> 00:13:17,833
- Axúdame!
- Mel!

109
00:13:20,333 --> 00:13:21,791
Non!

110
00:13:22,791 --> 00:13:25,958
- Mel!
- É meu!

111
00:13:26,791 --> 00:13:28,166
Xa vou, rula!

112
00:13:35,833 --> 00:13:38,083
Ei.

113
00:13:40,541 --> 00:13:42,583
Rula, estou aquí.

114
00:13:42,666 --> 00:13:44,916
Ei. Fala comigo, por favor.

115
00:13:47,375 --> 00:13:50,375
Axuda! Que alguén me axude!

116
00:13:51,041 --> 00:13:52,958
Mel, esperta!

117
00:13:53,708 --> 00:13:56,333
Rula, esperta, por favor.

118
00:13:57,208 --> 00:13:58,541
Por favor, fala comigo.

119
00:14:02,041 --> 00:14:02,875
Mel.

120
00:14:05,750 --> 00:14:06,708
Son eu.

121
00:14:07,750 --> 00:14:08,583
Brandon?

122
00:14:09,791 --> 00:14:11,875
Mel… Mel, que pasou?

123
00:14:17,000 --> 00:14:18,958
- Ei.
- Onde foi esa muller?

124
00:14:19,041 --> 00:14:21,416
- Onde foi esa muller?
- Ei, non. Ei.

125
00:14:23,000 --> 00:14:24,958
Estamos nós sós aquí, vale?

126
00:14:28,416 --> 00:14:29,916
Creo que o perdín.

127
00:14:31,416 --> 00:14:32,250
O que?

128
00:14:39,333 --> 00:14:40,166
Meu rei.

129
00:14:41,750 --> 00:14:43,625
Teño que dicirche algo.

130
00:14:56,541 --> 00:14:57,375
Daquela…

131
00:15:00,541 --> 00:15:02,000
Estás dicindo que…

132
00:15:03,833 --> 00:15:04,666
Si.

133
00:15:26,416 --> 00:15:28,250
Marchamos de aquí, ruliña.

134
00:18:11,125 --> 00:18:14,958
Subtítulos: Ainoa Antelo Pérez



