1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX

3
00:00:15,800 --> 00:00:20,120
Cando a miña parella marchou,
sentíame baleira,

4
00:00:20,120 --> 00:00:23,400
desesperanzada. Paseino moi mal.

5
00:00:23,960 --> 00:00:29,000
Pero non podía seguir dándolles a lata
co tema aos meus amigos.

6
00:00:29,000 --> 00:00:31,920
Sentía que, logo de dous ou tres meses,

7
00:00:31,920 --> 00:00:35,320
a xente daba por sentado
que xa estaba recuperada.

8
00:00:35,320 --> 00:00:36,400
Pero non era así.

9
00:00:36,400 --> 00:00:39,560
Así que, ao final,
pasei o mal trago eu soa.

10
00:00:43,720 --> 00:00:45,320
E entón foi cando dixeches:

11
00:00:45,320 --> 00:00:50,000
"Vou montar unha consulta para o desamor."
Contra el, máis ben.

12
00:00:50,000 --> 00:00:52,320
Home, non foi dun día para outro.

13
00:00:59,120 --> 00:01:00,560
Non podo vivir sen el.

14
00:01:00,560 --> 00:01:02,520
As rupturas nunca son doadas.

15
00:01:03,560 --> 00:01:05,560
Non sei que faría sen ti.

16
00:01:09,720 --> 00:01:12,000
{\an8}AXENCIA BEN DE AMORES

17
00:01:12,000 --> 00:01:15,200
{\an8}CONSULTA DE MARIA GEIGER
SEMINARIOS, ASESORAMENTO, TERAPIA

18
00:01:17,040 --> 00:01:19,640
MAL DE AMORES? PIDE CITA!

19
00:01:24,600 --> 00:01:26,080
No fin de contas,

20
00:01:26,080 --> 00:01:28,720
o que ofrezo a quen ten problemas amorosos

21
00:01:28,720 --> 00:01:30,040
é apoio.

22
00:01:44,760 --> 00:01:47,800
Estamos comezando, Santje.
Só é o principio.

23
00:01:47,800 --> 00:01:49,520
Non. Acabouse.

24
00:01:51,160 --> 00:01:54,160
- Temos unha relación xenial!
- Non é unha relación.

25
00:01:54,160 --> 00:01:55,400
E logo que é?

26
00:01:55,400 --> 00:01:56,560
Sexo e almorzos.

27
00:01:57,160 --> 00:02:00,240
Sonche dúas cousas básicas nunha relación.

28
00:02:00,240 --> 00:02:03,440
- Xa.
- Rula, veña. A ver...

29
00:02:05,800 --> 00:02:10,200
Non será mellor que... nos duchemos xuntos?

30
00:02:10,200 --> 00:02:11,480
Vou pensar en min.

31
00:02:12,520 --> 00:02:16,920
No que eu sinto. É o correcto.
Xa mo dixo a da Axencia Ben de Amores.

32
00:02:16,920 --> 00:02:18,000
A da que?

33
00:02:18,000 --> 00:02:21,480
A da Axencia Ben de Amores.
Di que es incapaz de amar.

34
00:02:22,160 --> 00:02:23,160
Que di o que?

35
00:02:41,520 --> 00:02:42,560
E o meu coche?

36
00:02:43,880 --> 00:02:44,800
Que?

37
00:02:45,800 --> 00:02:47,320
O meu GT dos 70.

38
00:02:48,640 --> 00:02:51,480
- Vai tomar polo cu, Karl!
- Santje!

39
00:02:54,280 --> 00:02:55,400
Que é de colección!

40
00:03:22,480 --> 00:03:24,880
Karl, e ti por aquí?

41
00:03:26,680 --> 00:03:27,600
Vivo aquí.

42
00:03:28,240 --> 00:03:29,560
Puxécheslle os cornos?

43
00:03:31,280 --> 00:03:33,360
Ou quería coñecer a túa nai?

44
00:03:34,160 --> 00:03:35,160
Trabúcaste.

45
00:03:35,160 --> 00:03:37,920
Cando a cousa se pon seria, déixalas. Ei!

46
00:03:37,920 --> 00:03:39,840
Deixoume ela.

47
00:03:40,440 --> 00:03:43,120
Anda! É a primeira. Desfloroute.

48
00:03:44,560 --> 00:03:47,040
Que dis, ho! Deixáronme moitas veces.

49
00:03:47,040 --> 00:03:49,200
Pero non vou por aí laiándome.

50
00:03:49,200 --> 00:03:51,840
E, realmente, non foi decisión súa.

51
00:03:51,840 --> 00:03:54,480
Metéronlle na cabeza
que eu non lle conviña.

52
00:03:55,280 --> 00:03:58,960
- Unha terapeuta sentimental.
- A da Axencia Ben de Amores?

53
00:04:00,200 --> 00:04:02,160
Ei! Non...

54
00:04:02,920 --> 00:04:04,160
entres aí.

55
00:04:07,120 --> 00:04:11,960
Na miña cama, non, meu!
Pero a ti que che pasa? A que vén iso?

56
00:04:13,000 --> 00:04:14,800
<i>E entón foi cando dixeches:</i>

57
00:04:14,800 --> 00:04:19,400
<i>"Vou montar unha consulta para o desamor."
Contra el, máis ben.</i>

58
00:04:19,400 --> 00:04:24,920
Entón dixen: "Como eu non podo fochicar,
vou desfacer as relacións dos demais."

59
00:04:24,920 --> 00:04:26,200
<i>No fin de contas,</i>

60
00:04:26,200 --> 00:04:28,880
<i>o que ofrezo a quen ten problemas amorosos</i>

61
00:04:28,880 --> 00:04:30,560
<i>é apoio.</i>

62
00:04:31,640 --> 00:04:33,240
Boa historia e boa muller.

63
00:04:33,840 --> 00:04:35,720
- Grazas, Sucre.
- Enfoque?

64
00:04:35,720 --> 00:04:39,840
Foi xefa de relacións públicas de DWH.
Sabe de márketing.

65
00:04:39,840 --> 00:04:44,680
E agora montou a consulta para cubrir
necesidades emocionais que crea ela.

66
00:04:44,680 --> 00:04:46,240
Por 120 euros a hora.

67
00:04:46,240 --> 00:04:50,520
Outra vez non, Karl.
Sempre nos denuncian polos teus artigos.

68
00:04:50,520 --> 00:04:52,240
Non tes que dar leccións.

69
00:04:52,240 --> 00:04:55,160
O que quero saber é como o fai.

70
00:04:55,160 --> 00:04:58,120
Escribe do desamor, e de como superalo.

71
00:04:58,120 --> 00:05:02,080
A ver, agora resulta
que <i>Splash</i> é unha revista de sentimentos?

72
00:05:02,080 --> 00:05:05,960
Non hai que avergoñarse dos sentimentos.
Agora fálase deles.

73
00:05:05,960 --> 00:05:07,360
Abofé que si.

74
00:05:07,360 --> 00:05:08,840
Por 120 euros a hora.

75
00:05:09,520 --> 00:05:12,200
Mira, sabes que che digo? Ti págame 150

76
00:05:12,200 --> 00:05:16,240
e cúroche o desamor,
o escorbuto e as trabadas de unicornio.

77
00:05:16,240 --> 00:05:17,760
Tres por un.

78
00:05:17,760 --> 00:05:19,880
- Escribe o artigo.
- Grazas!

79
00:05:20,880 --> 00:05:22,960
Pero non lle deas moita tralla.

80
00:05:24,200 --> 00:05:25,200
Vale.

81
00:05:32,800 --> 00:05:35,160
Benvido á Axencia Ben de Amores.

82
00:05:35,160 --> 00:05:38,200
Pase. Maria atenderao decontado.

83
00:05:50,720 --> 00:05:52,880
<i>FELIZ DE NOVO 7</i>

84
00:05:57,800 --> 00:05:59,720
A Corea do Norte do despeito.

85
00:06:00,320 --> 00:06:01,560
Impresionado?

86
00:06:02,920 --> 00:06:04,200
Maria Geiger, boas.

87
00:06:05,000 --> 00:06:06,520
Karl Nieke, de <i>Splash.</i>

88
00:06:08,720 --> 00:06:11,760
Gústame comezar as entrevistas
cun momento incómodo.

89
00:06:13,680 --> 00:06:17,600
Non resulta un chisco obsesivo
tanto culto á personalidade?

90
00:06:17,600 --> 00:06:21,960
Non. A ver, decoramos con moitos corazóns,

91
00:06:21,960 --> 00:06:24,080
pero porque simbolizan o amor.

92
00:06:24,080 --> 00:06:26,240
E por que cómpre usar símbolos?

93
00:06:26,240 --> 00:06:28,920
Para amosar o que facemos. Unha galleta?

94
00:06:29,520 --> 00:06:34,000
Non, grazas. O nome Axencia Ben de Amores
xa o explica, non?

95
00:06:34,920 --> 00:06:37,480
Vas desafiar a Kim Jong-un?

96
00:06:40,320 --> 00:06:41,640
Senta, anda.

97
00:06:45,840 --> 00:06:48,080
- Paréceche ben que grave?
- Claro.

98
00:06:51,680 --> 00:06:53,640
Contareiche o que facemos.

99
00:06:53,640 --> 00:06:56,800
Moita xente, cando sofre mal de amores,

100
00:06:57,400 --> 00:07:00,560
é remisa a falalo nunha terapia.

101
00:07:01,200 --> 00:07:05,640
Pero a dor aseméllase moito
á que se sofre nun cadro depresivo.

102
00:07:06,640 --> 00:07:07,640
Estás ben?

103
00:07:07,640 --> 00:07:08,680
Si.

104
00:07:09,680 --> 00:07:14,960
Abrín a axencia
tras pasar por unha ruptura dolorosa...

105
00:07:14,960 --> 00:07:17,720
Xa vin e lin todas as túas entrevistas.

106
00:07:18,320 --> 00:07:19,960
Daquela que queres saber?

107
00:07:22,520 --> 00:07:25,720
Como funciona isto exactamente.

108
00:07:26,520 --> 00:07:29,040
- Chega aquí unha muller...
- Ou un home.

109
00:07:29,640 --> 00:07:32,480
Ou un home, que ten unha relación.

110
00:07:32,480 --> 00:07:36,840
Si, ás veces pasa, non?
Podes non estar contento coa túa relación.

111
00:07:37,640 --> 00:07:41,000
E aconséllaslles
que deixen as súas parellas?

112
00:07:42,080 --> 00:07:45,880
Máis ben dou pé a un proceso,
sen dar consellos concretos.

113
00:07:47,400 --> 00:07:49,400
- Se ela non é feliz...
- Ou el.

114
00:07:50,000 --> 00:07:56,320
Ou el, ti chegas á conclusión
de que o tipo é incapaz de amar.

115
00:07:57,360 --> 00:08:00,480
Si, a ver... Pode ser. Ás veces...

116
00:08:01,280 --> 00:08:04,920
férennos tanto
que desconfiamos ou esquecemos como amar.

117
00:08:04,920 --> 00:08:09,240
Pero non coñeces o home que diagnosticas.

118
00:08:09,960 --> 00:08:11,680
Non temos terapia de parella.

119
00:08:11,680 --> 00:08:15,040
Entón, fas a túa valoración
dende o descoñecemento

120
00:08:15,720 --> 00:08:18,120
e o teu veredicto é que non sabe amar.

121
00:08:18,920 --> 00:08:22,520
Aquí non facemos valoracións
nin emitimos veredictos.

122
00:08:24,240 --> 00:08:26,560
Pero si, hai xente incapaz de amar.

123
00:08:32,040 --> 00:08:33,800
- Ata logo.
- Deica.

124
00:08:37,200 --> 00:08:38,120
O meu coche!

125
00:09:00,120 --> 00:09:02,120
Abur! Bo día!

126
00:09:05,360 --> 00:09:09,240
"Velaquí a condición
das mulleres do século XXI:

127
00:09:09,240 --> 00:09:12,240
buscando constantemente
sentirse realizadas,

128
00:09:12,240 --> 00:09:14,760
reclaman a berros altos cargos femininos

129
00:09:14,760 --> 00:09:16,720
e o uso da linguaxe inclusiva.

130
00:09:17,640 --> 00:09:22,280
Pero en canto un deses homes
que tanto lles molestan

131
00:09:22,280 --> 00:09:25,480
se fai a un lado voluntariamente: zas!

132
00:09:25,480 --> 00:09:27,320
O delicado novo matriarcado

133
00:09:27,320 --> 00:09:29,800
retrocede á actitude feminina de sempre

134
00:09:29,800 --> 00:09:32,720
en menos que se di 'andrómena sexista'."

135
00:09:33,680 --> 00:09:34,720
Mimá!

136
00:09:36,400 --> 00:09:37,400
Paseime?

137
00:09:38,160 --> 00:09:40,240
- Catro parroquias.
- Mellor!

138
00:09:45,120 --> 00:09:49,960
"Cincuenta anos após a liberación sexual,
unha experta en autobombo fai boa feira."

139
00:09:49,960 --> 00:09:54,640
"Porque as mulleres aínda non entenderon
que a liberdade ten un prezo.

140
00:09:54,640 --> 00:09:58,040
Igual te deixan. Dá igual!"

141
00:09:58,880 --> 00:10:02,000
"Para as xeracións anteriores,
os traumas emocionais

142
00:10:02,000 --> 00:10:06,600
que estas 'apoucades' afirman padecer
non supoñían trauma ningún."

143
00:10:09,720 --> 00:10:11,000
Alucino.

144
00:10:12,000 --> 00:10:15,800
"E gastan o soldo de dous días
dun repartidor

145
00:10:15,800 --> 00:10:19,600
en que unha muller
que vive rodeada de tótems dela mesma

146
00:10:19,600 --> 00:10:22,600
coma se fose unha raíña de xeo narcisista

147
00:10:22,600 --> 00:10:26,960
lles diga que aos seus mozos
xa non lles prestan as súas pesetiñas."

148
00:10:34,320 --> 00:10:35,520
Bos días!

149
00:10:39,240 --> 00:10:40,520
Boas, meu!

150
00:10:43,680 --> 00:10:45,480
Ola, Sucre, que hai!

151
00:10:49,360 --> 00:10:51,040
Adam quere falar contigo.

152
00:10:55,520 --> 00:10:57,440
A ver, a quen fulminamos hoxe?

153
00:10:58,800 --> 00:10:59,920
Síntoo, Karl, a ti.

154
00:11:04,920 --> 00:11:05,800
"Apoucades"?

155
00:11:06,840 --> 00:11:08,280
É inclusivo.

156
00:11:09,800 --> 00:11:13,240
Meu, o tema tiña moito potencial,
e vas e fas isto?

157
00:11:13,240 --> 00:11:16,080
A túa visión do xénero é de cavernícola.

158
00:11:16,080 --> 00:11:19,920
Igual podías escribir isto nos 90,
hai 30 anos, pero agora non.

159
00:11:19,920 --> 00:11:21,400
Non hai 30 anos dos...

160
00:11:22,600 --> 00:11:26,680
O artigo está cheo de estereotipos
do patriarcado máis rancio.

161
00:11:27,360 --> 00:11:31,720
Agora máis ca nunca hai que tratar
este tema con tino e sensibilidade.

162
00:11:31,720 --> 00:11:33,160
Xeración Z!

163
00:11:34,480 --> 00:11:36,920
Amosamos respecto, non discriminamos...

164
00:11:36,920 --> 00:11:39,520
Eu non discrimino. Uso linguaxe inclusiva.

165
00:11:41,000 --> 00:11:43,640
- Linguaxe inclusiva?
- Si: "apoucades".

166
00:11:46,000 --> 00:11:48,880
Karl, publicáchelo
sen o meu consentimento.

167
00:11:49,520 --> 00:11:53,080
Se cadra a Benno dáballe igual,
pero a min non.

168
00:11:54,240 --> 00:11:55,840
E isto non vai quedar así.

169
00:11:57,280 --> 00:11:58,120
Que?

170
00:11:58,120 --> 00:12:00,280
Estás despedido.

171
00:12:05,800 --> 00:12:08,720
Como? Non podes... Non me podes botar.

172
00:12:09,760 --> 00:12:12,320
Os... lectores adóranme.

173
00:12:13,000 --> 00:12:15,840
Se sempre poño pingando a todo cristo!

174
00:12:15,840 --> 00:12:17,520
Non é o mesmo, Karl.

175
00:12:18,400 --> 00:12:21,640
E que non o entendas
é o motivo polo que te despido.

176
00:12:36,280 --> 00:12:37,520
Señor Nieke!

177
00:12:38,800 --> 00:12:40,320
Señora Geiger, desculpe.

178
00:12:40,320 --> 00:12:43,840
Nós non pretendiamos destruír
a reputación da súa axencia...

179
00:12:43,840 --> 00:12:47,760
Xa, tranquilo.
Veño falar co señor Nieke, se pode ser.

180
00:12:47,760 --> 00:12:49,600
Xa non traballa aquí.

181
00:12:49,600 --> 00:12:51,960
Ves? Xa podes estar contenta.

182
00:12:51,960 --> 00:12:53,960
Só vin comentarche unha cousa.

183
00:12:54,720 --> 00:12:56,000
Pois adiante.

184
00:12:57,000 --> 00:12:58,360
É persoal...

185
00:12:58,360 --> 00:13:02,680
Tanto ten. Xente, atentos,
que vai falar dona Geiger!

186
00:13:03,520 --> 00:13:04,400
Veña.

187
00:13:04,400 --> 00:13:09,440
Sei que non escribiches o artigo
porque che interesase o tema.

188
00:13:10,320 --> 00:13:14,480
Cando estiveches na consulta,
levaches algo da Caixa do Desprendemento.

189
00:13:16,160 --> 00:13:17,400
Non fixen tal cousa.

190
00:13:17,400 --> 00:13:20,360
Que non. E para que é esa merda de caixa?

191
00:13:20,360 --> 00:13:24,680
Serve para que os pacientes se desprendan
simbolicamente dun obxecto

192
00:13:24,680 --> 00:13:27,160
que lles lembra a súa relación dolorosa.

193
00:13:27,800 --> 00:13:30,200
O señor Nieke roubou un deses obxectos.

194
00:13:30,960 --> 00:13:33,560
Un do que se quixo desprender
a súa exmoza.

195
00:13:35,400 --> 00:13:37,440
Un coche de xoguete.

196
00:13:38,560 --> 00:13:39,600
De xoguete?

197
00:13:41,040 --> 00:13:42,800
É o meu coche de xoguete!

198
00:13:43,800 --> 00:13:47,680
Un GT dos 70! Non se pode tirar
nunha puta caixa esotérica!

199
00:13:49,000 --> 00:13:51,640
Sospeito que quixeches coñecerme

200
00:13:51,640 --> 00:13:54,400
porque cres
que nós provocamos a túa ruptura.

201
00:13:54,400 --> 00:13:57,040
Todo ía ben ata que Santje foi alí.

202
00:13:57,040 --> 00:14:00,000
Eu o que quero é que comprendas

203
00:14:00,000 --> 00:14:02,440
por que rematou a relación realmente.

204
00:14:02,920 --> 00:14:08,120
Por iso vin ofrecerche o meu apoio
para superar a túa perda.

205
00:14:09,320 --> 00:14:10,200
Graciñas.

206
00:14:10,200 --> 00:14:11,520
Non hai de que.

207
00:14:14,760 --> 00:14:15,600
Aburiño.

208
00:14:22,840 --> 00:14:26,680
Manquéicheme moito nunha deda.

209
00:14:26,680 --> 00:14:29,080
Dei con ela de cheo contra o armario.

210
00:14:30,080 --> 00:14:31,200
E o mellor do día?

211
00:14:31,720 --> 00:14:33,960
O señor dos xeados.

212
00:14:35,680 --> 00:14:36,760
E o mellor do teu?

213
00:14:37,280 --> 00:14:38,480
Tamén o dos xeados.

214
00:14:39,400 --> 00:14:42,200
E que lle quedaba xeado de plátano.

215
00:14:42,200 --> 00:14:44,080
Quérote un feixe.

216
00:14:52,240 --> 00:14:54,480
Mamá, esquecinme do cacto!

217
00:14:55,000 --> 00:14:56,680
Non pasa nada, é un cacto.

218
00:14:57,920 --> 00:14:59,080
Pero prometinllo.

219
00:15:04,840 --> 00:15:07,240
Eu non vou. Xa estou durmindo, ves?

220
00:16:16,920 --> 00:16:22,760
Levas un sándwich de queixo,
unha cirola e unha galletiña.

221
00:16:22,760 --> 00:16:24,200
Que rico!

222
00:16:24,200 --> 00:16:28,120
Ti levas un sándwich con mel,
un plátano, cogombro e tomates.

223
00:16:28,840 --> 00:16:30,120
Eu non levo galleta?

224
00:16:30,960 --> 00:16:32,240
Se cadra...

225
00:16:39,760 --> 00:16:40,640
Olaf, dime.

226
00:16:40,640 --> 00:16:43,040
É papá? Quero falar con el.

227
00:16:43,040 --> 00:16:47,080
Espera. Non, vou levar a Hedi
á escola. Cando che fai falta?

228
00:16:48,320 --> 00:16:52,400
Vale. Pásoche a Hedi un anaco.

229
00:16:56,240 --> 00:17:00,360
Chámote para contarche
que o teu columnista favorito está libre.

230
00:17:01,840 --> 00:17:04,600
Chámame. Graciñas. Chao.

231
00:17:12,160 --> 00:17:13,000
Que foi?

232
00:17:13,480 --> 00:17:16,840
Teño unha cita. Por fin vou saír con Luca.

233
00:17:17,880 --> 00:17:20,000
Luca é home ou muller?

234
00:17:20,600 --> 00:17:21,920
Ti e mais os xéneros.

235
00:17:23,200 --> 00:17:27,440
Non dou acougado.
Di que quere que nos coñezamos ben.

236
00:17:31,800 --> 00:17:32,640
Ola.

237
00:17:35,440 --> 00:17:38,240
Síntoo. Non es o meu tipo para nada.

238
00:17:41,840 --> 00:17:44,920
Ti tampouco. Perdoade.

239
00:17:54,280 --> 00:17:58,360
A moita xente cústalle comer
logo dunha ruptura. Ti como o levas?

240
00:17:59,000 --> 00:18:02,440
Levo tres días sen probar bocado.

241
00:18:03,240 --> 00:18:04,240
Queres un anaco?

242
00:18:08,800 --> 00:18:11,920
Alégrome de que decidises buscar axuda.

243
00:18:13,040 --> 00:18:15,280
É o primeiro gran paso.

244
00:18:17,560 --> 00:18:19,720
O primeiro? Cantos hai?

245
00:18:21,000 --> 00:18:22,600
Non hai présa, ou si?

246
00:18:23,600 --> 00:18:25,600
Teño 41 anos.

247
00:18:27,920 --> 00:18:30,480
Como vou refacer a miña vida?

248
00:18:30,480 --> 00:18:35,200
Si. Xa non estaba a gusto en <i>Splash.</i>

249
00:18:36,560 --> 00:18:38,760
Volvéronse aburridos e convencionais.

250
00:18:46,280 --> 00:18:50,400
Si, por iso se me ocorreu
que por fin podo escribir para vós.

251
00:18:50,400 --> 00:18:55,800
Si! Volvo estar no mercado,
por dicilo dalgún xeito.

252
00:18:56,400 --> 00:18:59,480
Non, non todo o que escribo é sexista.

253
00:19:01,360 --> 00:19:03,800
Era... o espírito da época.

254
00:19:03,800 --> 00:19:06,760
Si, foi... unha parvada.

255
00:19:12,840 --> 00:19:15,760
Avísame se sae algunha cousa, si?

256
00:19:25,320 --> 00:19:28,440
Só volves
porque non che dan traballo en ningures.

257
00:19:28,440 --> 00:19:30,760
Pois non. Saíronme tres ofertas.

258
00:19:33,400 --> 00:19:36,880
Escribirei o que queiras.
Escribirei sobre o destino.

259
00:19:38,080 --> 00:19:39,240
Sobre sentimentos.

260
00:19:40,440 --> 00:19:43,040
Desculpareime publicamente por aquela...

261
00:19:44,320 --> 00:19:45,240
broza machista.

262
00:19:47,040 --> 00:19:49,080
Escribe un artigo en condicións.

263
00:19:49,080 --> 00:19:51,040
Vale! Non hai fallo.

264
00:19:53,120 --> 00:19:54,240
Sobre que?

265
00:19:54,240 --> 00:19:57,600
Sobre o desamor, Karl,
e sobre como superalo.

266
00:19:58,240 --> 00:20:01,760
Algo sincero,
dende o corazón. E sabes que?

267
00:20:01,760 --> 00:20:03,800
Para que escribas un bo artigo,

268
00:20:03,800 --> 00:20:06,480
vas ir a terapia con Maria Geiger.

269
00:20:13,400 --> 00:20:16,400
Sibylle, que é o que máis che custa?

270
00:20:18,520 --> 00:20:20,720
Sempre quixen ter fillos, pero agora...

271
00:20:22,120 --> 00:20:24,760
meus pais xa non van poder ser avós.

272
00:20:26,240 --> 00:20:31,000
Está claro que a miña relación
foi unha perda de tempo.

273
00:20:31,600 --> 00:20:32,960
No meu caso...

274
00:20:34,960 --> 00:20:36,320
a semana pasada...

275
00:20:41,000 --> 00:20:42,120
- Tranquilo.
- Si.

276
00:20:42,760 --> 00:20:47,680
<i>Kriptonita.</i> Para min, é coma a <i>kriptonita.</i>
Timea é a miña <i>kriptonita.</i>

277
00:20:49,400 --> 00:20:50,720
Coma Superman.

278
00:20:51,480 --> 00:20:55,360
É invencible, pero hai algo
que o fai vulnerable: a <i>kriptonita.</i>

279
00:20:56,920 --> 00:20:59,800
Bloqueoume en todas partes,
ata no MySpace.

280
00:21:00,400 --> 00:21:03,120
Nin sequera nos coñeciamos cando o usaba.

281
00:21:03,120 --> 00:21:05,640
E volveu abrir a súa conta antiga

282
00:21:06,720 --> 00:21:09,320
só para bloquearme.

283
00:21:10,560 --> 00:21:12,200
Iso é que aínda lle acordo.

284
00:21:13,040 --> 00:21:14,640
Compréndote perfectamente.

285
00:21:16,080 --> 00:21:19,280
Pero, ao final,
ter falsas esperanzas só fai máis dano.

286
00:21:20,720 --> 00:21:22,640
Non sei en que me trabuquei.

287
00:21:23,560 --> 00:21:24,760
Se es Superman!

288
00:21:27,440 --> 00:21:28,400
Karl.

289
00:21:29,440 --> 00:21:32,600
Perdón. Seguide, por favor.

290
00:21:32,600 --> 00:21:34,360
Non. Ímoste escoitar a ti.

291
00:21:38,160 --> 00:21:39,240
Dálle.

292
00:21:42,920 --> 00:21:43,920
Vale, moi ben.

293
00:21:46,400 --> 00:21:47,720
A miña moza deixoume...

294
00:21:50,560 --> 00:21:54,440
Non, por Deus. Non fagades iso. A ver...

295
00:21:54,440 --> 00:21:56,800
Karl, que sentes?

296
00:21:56,800 --> 00:21:59,240
Cando o grupo se compadece de ti?

297
00:22:02,360 --> 00:22:04,720
Sinto que están todos coma cabras.

298
00:22:06,440 --> 00:22:07,640
Somos libres.

299
00:22:08,360 --> 00:22:10,080
Saímos cunha persoa

300
00:22:10,080 --> 00:22:14,480
e, cando deixa de funcionar,
saímos con outra. Que máis ten?

301
00:22:14,480 --> 00:22:17,360
Agora estás solteira. Pois xenial!

302
00:22:19,040 --> 00:22:21,120
Ti deberías estar preso por acoso.

303
00:22:21,120 --> 00:22:23,160
A ver, imos falar fóra.

304
00:22:32,120 --> 00:22:34,600
Sei que aínda non estás mentalizado

305
00:22:34,600 --> 00:22:38,800
nin listo para abrirte,
pero non estragues o traballo do grupo.

306
00:22:38,800 --> 00:22:40,800
Pero é que son uns...

307
00:22:44,400 --> 00:22:46,560
Se cadra é mellor que o deixes.

308
00:22:46,560 --> 00:22:48,760
Non!

309
00:22:48,760 --> 00:22:52,200
Non me entendes.
Non é que non te respecte.

310
00:22:52,200 --> 00:22:56,760
Teño moito respecto
polas... mulleres emprendedoras.

311
00:23:00,560 --> 00:23:02,080
Por todas as mulleres.

312
00:23:03,160 --> 00:23:04,000
É que...

313
00:23:07,000 --> 00:23:09,000
teño moitas ganas de aprender.

314
00:23:09,760 --> 00:23:10,600
E...

315
00:23:11,760 --> 00:23:14,920
se me deixas quedar,
non se vai volver repetir.

316
00:23:17,040 --> 00:23:19,960
Con dúas condicións:
deixa en paz os pacientes...

317
00:23:21,000 --> 00:23:21,880
Vale.

318
00:23:21,880 --> 00:23:25,000
E fai o programa completo,
de principio a fin.

319
00:23:27,360 --> 00:23:28,200
Vale...

320
00:23:47,360 --> 00:23:49,600
Benvido ó Retiro de Ben de Amores.

321
00:23:49,600 --> 00:23:53,240
Xa verá,
aquí vaise recuperar de marabilla.

322
00:23:54,080 --> 00:23:57,840
Vaille vir moi ben
e superará o seu mal de amores.

323
00:23:59,360 --> 00:24:02,560
- Xa.
- Ben. Este é o horario

324
00:24:02,560 --> 00:24:05,440
e velaquí o libro de traballo. E...

325
00:24:06,800 --> 00:24:12,960
os produtos de coidado persoal
e... a súa botelliña de auga...

326
00:24:14,920 --> 00:24:16,600
Para durmir coma un bebé.

327
00:24:18,120 --> 00:24:20,560
E, moi importante, a esteira de ioga.

328
00:24:21,240 --> 00:24:25,160
Non lles darán
tal cantidade de merchandaxe a todos!

329
00:24:26,120 --> 00:24:30,920
Aquí di que o señor Nieke está inscrito
no programa intensivo.

330
00:24:32,280 --> 00:24:33,960
Ah, moi ben.

331
00:24:33,960 --> 00:24:36,520
Pois si. A ver...

332
00:24:36,520 --> 00:24:39,920
E, para rematar, unha cousiña estupenda.

333
00:24:43,720 --> 00:24:46,320
Un bocadiño doce. Xa está.

334
00:25:01,400 --> 00:25:05,360
Xa aborrecía isto na escola.
Para que nos serve?

335
00:25:05,360 --> 00:25:07,280
É moi bo para a introspección.

336
00:25:07,800 --> 00:25:10,240
É que eu estou contentísimo comigo.

337
00:25:10,840 --> 00:25:13,800
Faime caso, Maria sabe o que fai.

338
00:25:13,800 --> 00:25:17,600
- Pois nin sequera a vin por aquí.
- Xurdiulle un imprevisto.

339
00:25:21,200 --> 00:25:23,880
Non te peches en banda.

340
00:25:44,080 --> 00:25:45,200
Karl?

341
00:25:46,400 --> 00:25:47,280
Podo sentar?

342
00:25:53,840 --> 00:25:55,000
Agora mesmo vou.

343
00:25:57,880 --> 00:25:59,360
Véxote ben.

344
00:25:59,360 --> 00:26:02,400
Pois xa estiven mellor, a verdade.

345
00:26:03,960 --> 00:26:05,720
Estou en horas baixas.

346
00:26:05,720 --> 00:26:08,880
Eu tamén crin
que estaba en horas baixas hai un ano.

347
00:26:09,760 --> 00:26:13,480
A universidade perdeu
parte do orzamento para investigación.

348
00:26:13,480 --> 00:26:18,720
Pero, cando me deixou Timea,
coñecín as horas baixas de verdade.

349
00:26:19,400 --> 00:26:22,440
Non o vas superar
se non deixas de falar dela.

350
00:26:31,920 --> 00:26:34,960
Escribín un artigo
das distintas teorías que hai

351
00:26:34,960 --> 00:26:37,560
sobre canto leva superar unha ruptura.

352
00:26:39,560 --> 00:26:40,600
E?

353
00:26:40,600 --> 00:26:44,480
Hai que buscar alguén
totalmente distinto á persoa anterior.

354
00:26:48,520 --> 00:26:52,200
Timea é perfecta.
Non quero coñecer outra distinta a ela.

355
00:26:53,200 --> 00:26:55,200
Que din as outras teorías?

356
00:26:57,040 --> 00:26:59,000
A regra do <i>gin-tonic.</i>

357
00:26:59,000 --> 00:27:02,680
Tárdase 4000 <i>gin-tonics</i> ou 527 <i>mai tais.</i>

358
00:27:02,680 --> 00:27:04,440
O que máis che preste.

359
00:27:04,440 --> 00:27:05,960
Que vos poño?

360
00:27:07,680 --> 00:27:09,880
Unha copa de cada cousa que teñas.

361
00:27:12,400 --> 00:27:16,200
<i>Que noxo, non o quero.</i>

362
00:27:16,200 --> 00:27:19,400
<i>Ti tamén pensas en min de cando en vez?</i>

363
00:27:19,400 --> 00:27:21,360
<i>Que mal estou...</i>

364
00:27:21,360 --> 00:27:25,320
<i>Ai, sen ti.</i>

365
00:27:26,640 --> 00:27:29,200
<i>Cando estás a soas,</i>

366
00:27:29,200 --> 00:27:33,240
<i>tamén pensas en min de cando en vez?</i>

367
00:28:11,800 --> 00:28:13,000
Que pasa, meu?

368
00:28:14,360 --> 00:28:15,760
Vai casar.

369
00:28:17,600 --> 00:28:18,520
O que?

370
00:28:18,520 --> 00:28:22,840
Si, co tipo co que está.
Dentro de tres días.

371
00:28:24,800 --> 00:28:26,000
Hostias!

372
00:28:29,360 --> 00:28:30,480
Hostias...

373
00:28:32,360 --> 00:28:34,200
Vale. Ti tranquiliño.

374
00:28:35,400 --> 00:28:36,280
Tranquiliño.

375
00:28:38,000 --> 00:28:39,560
Non o vas permitir.

376
00:28:40,080 --> 00:28:40,920
Iso.

377
00:28:42,240 --> 00:28:43,320
Como?

378
00:28:46,120 --> 00:28:49,520
Sé un home. Vas xunta dela
e explícaslle como vai o tema.

379
00:28:56,400 --> 00:28:59,200
- Ti non coñeces a Timea, non?
- Pois non.

380
00:28:59,200 --> 00:29:01,160
Ninguén manda nela.

381
00:29:06,200 --> 00:29:08,840
Ti por que pensas que cho contou?

382
00:29:09,920 --> 00:29:12,360
- Para que deixe de chamala.
- Parvadas.

383
00:29:13,320 --> 00:29:18,400
Non tiña por que contestarche ao teléfono,
pero fíxoo. Quere que o saibas.

384
00:29:18,400 --> 00:29:21,120
E quere que fagas algo para impedilo.

385
00:29:24,760 --> 00:29:26,040
Iso non...

386
00:29:28,040 --> 00:29:30,040
Iso non está ben. Non...

387
00:29:31,080 --> 00:29:32,520
está ben, creo eu.

388
00:29:35,080 --> 00:29:37,360
- Si que está ben.
- Non.

389
00:29:39,240 --> 00:29:40,800
Si que está ben.

390
00:29:41,640 --> 00:29:45,040
Veña, sigamos coa troula, paspán. Vamos!

391
00:29:45,520 --> 00:29:49,800
Dáme a man. Arrea, veña! Vamos.

392
00:29:51,320 --> 00:29:52,760
Veña.

393
00:29:53,920 --> 00:29:55,520
Rapazas, esperade.

394
00:30:05,120 --> 00:30:08,160
<i>As cousas non saen como esperabas.</i>

395
00:30:08,160 --> 00:30:11,400
<i>Dás o corazón e esnaquízancho.</i>

396
00:30:54,560 --> 00:30:55,560
Falta moito?

397
00:30:56,240 --> 00:31:00,040
Xa case estamos.
A avoa habíache facer unhas cen chulas.

398
00:31:00,040 --> 00:31:03,240
- Cando volves por min?
- Estarei alá tres días.

399
00:31:05,360 --> 00:31:06,480
Catro, como moito.

400
00:31:24,240 --> 00:31:28,520
Díxenlle a Zolt que quedara un oco libre.
Corremos nós cos gastos.

401
00:31:28,520 --> 00:31:30,680
Non te involucres tanto.

402
00:31:30,680 --> 00:31:33,600
Non foi quen de volver traballar
dende a ruptura.

403
00:31:37,120 --> 00:31:38,880
Ola. Chámote despois.

404
00:31:39,880 --> 00:31:42,760
Si, xa. Logo ocúpome diso. Abur.

405
00:31:43,760 --> 00:31:44,600
Olaf?

406
00:31:49,040 --> 00:31:51,160
Xa se rendeu o convidado especial?

407
00:31:51,880 --> 00:31:53,160
Dimo ti.

408
00:31:53,720 --> 00:31:54,680
Vai!

409
00:31:54,680 --> 00:31:57,640
Karl lévase de marabilla cos demais.

410
00:32:07,720 --> 00:32:10,840
Díxome que debía separar o sexo do amor

411
00:32:11,440 --> 00:32:14,440
e masturbarme pensando en actores
que me caen mal.

412
00:32:14,440 --> 00:32:16,680
Xa sei que é unha parvada, pero...

413
00:32:17,720 --> 00:32:20,480
por primeira vez en moito tempo...

414
00:32:21,000 --> 00:32:21,840
deume a risa.

415
00:32:23,040 --> 00:32:24,080
Que ben.

416
00:32:24,680 --> 00:32:25,520
Si.

417
00:32:26,000 --> 00:32:29,640
Karl deume un consello de Ovidio
para superar a ruptura.

418
00:32:29,640 --> 00:32:32,800
Facer coma se xa non me importase Timea.

419
00:32:36,200 --> 00:32:37,360
É tan...

420
00:32:41,600 --> 00:32:43,880
Tranquila. Fágome unha idea.

421
00:32:45,080 --> 00:32:48,960
Por iso che pido
que deixes traballar os terapeutas.

422
00:32:48,960 --> 00:32:50,840
Formáronse para iso.

423
00:32:51,920 --> 00:32:55,480
Home, o mal de amores
non require tratamento necesariamente.

424
00:32:57,000 --> 00:33:00,720
Xa sei que é a túa fonte de ingresos,
pero é como...

425
00:33:01,480 --> 00:33:03,600
o de pagar polos tons do móbil.

426
00:33:04,360 --> 00:33:07,280
Debemos agardar
a que o tempo arranxase ese tema.

427
00:33:07,280 --> 00:33:10,640
Seis euros pola melodía
dun crocodilo que canta?

428
00:33:13,600 --> 00:33:14,920
A ver...

429
00:33:16,480 --> 00:33:17,360
Se cadra...

430
00:33:18,240 --> 00:33:20,120
a miña terapia tamén axuda.

431
00:33:21,520 --> 00:33:22,880
E sae gratis.

432
00:33:23,600 --> 00:33:25,360
- Copas á parte.
- Copas á parte.

433
00:33:28,000 --> 00:33:30,200
- E a conta do Tinder.
- E o Tinder.

434
00:33:32,160 --> 00:33:33,000
Xa.

435
00:33:34,880 --> 00:33:37,200
Véxote na terapia de grupo, ás tres.

436
00:33:52,640 --> 00:33:57,000
A ver, se vemos a relación
como a nosa única fonte de felicidade,

437
00:33:57,000 --> 00:34:00,760
claro que sufriremos cando remate.

438
00:34:00,760 --> 00:34:05,160
Coido que hai moitas outras cousas
que nos poden facer moi felices.

439
00:34:05,880 --> 00:34:06,720
A natureza?

440
00:34:07,760 --> 00:34:11,760
Claro, pero se cadra podes pensar
en algo un chisco máis concreto.

441
00:34:14,760 --> 00:34:17,720
Uns vaqueiros que sentan xenial? Iso vale?

442
00:34:17,720 --> 00:34:19,440
Si, abofé que vale.

443
00:34:28,040 --> 00:34:29,600
Unha comida saborosa.

444
00:34:32,680 --> 00:34:34,720
Bailar? Ou algo así?

445
00:34:34,720 --> 00:34:37,360
Bailar, si. Perfecto.

446
00:34:41,520 --> 00:34:42,680
Os pingüíns.

447
00:34:43,960 --> 00:34:47,960
Non sei, pero a min parécenme... riquiños.

448
00:34:50,000 --> 00:34:51,640
Está moi ben, Sibylle.

449
00:34:54,640 --> 00:34:55,480
Karl?

450
00:34:56,960 --> 00:34:58,160
O sexo sen ataduras.

451
00:35:01,680 --> 00:35:03,600
E o dos pingüíns tamén.

452
00:35:05,440 --> 00:35:06,640
Paréceme entrañable.

453
00:35:10,520 --> 00:35:12,360
En serio, adoro os pingüíns.

454
00:35:12,880 --> 00:35:16,120
Porque camiñan raro, así...

455
00:35:16,120 --> 00:35:20,360
E agrúpanse moi xuntiños cando teñen frío.

456
00:35:20,360 --> 00:35:24,000
E deslízanse sobre o xeo coa barriga.

457
00:35:24,000 --> 00:35:25,600
Son moi riquiños.

458
00:35:25,600 --> 00:35:31,040
A ver, quen aborreza os pingüíns
ten que ser un psicópata, non?

459
00:35:31,640 --> 00:35:32,800
Damos unha volta?

460
00:35:34,400 --> 00:35:37,280
Hai que xurar fidelidade
e botar flores na cama?

461
00:35:37,280 --> 00:35:40,000
Non, claro. Pero dicir "sexo sen ataduras"

462
00:35:40,000 --> 00:35:42,160
no canto de só "sexo" indica algo.

463
00:35:42,160 --> 00:35:45,640
Xa estás pensando
en non comprometerte dende o principio.

464
00:35:46,160 --> 00:35:48,160
Es... coma unha bolboreta.

465
00:35:50,480 --> 00:35:54,120
O que? Eu non son unha bolboreta. Son...

466
00:35:54,960 --> 00:35:55,840
Son Han Solo.

467
00:35:56,320 --> 00:35:58,720
Pero Han Solo non acaba só. Ten a Leia.

468
00:35:58,720 --> 00:36:00,920
E dille que saque o lixo ás noites?

469
00:36:00,920 --> 00:36:03,760
Teñen un fillo,
pelexan coa vida e sepáranse.

470
00:36:03,760 --> 00:36:06,880
- Eu non vou ver esa secuela.
- Pero existe.

471
00:36:11,760 --> 00:36:13,760
Pódese gozar do sexo polo sexo.

472
00:36:15,080 --> 00:36:17,680
Nunca botaches un foguetiño
no baño dun bar?

473
00:36:19,240 --> 00:36:22,520
Non se fai para atopar o amor.
O sexo é sexo.

474
00:36:24,120 --> 00:36:27,840
Xa. E se o sexo te leva a namorarte?

475
00:36:27,840 --> 00:36:30,120
Dixeches que iso non dá a felicidade.

476
00:36:30,120 --> 00:36:33,200
Non. Dixen que non é o único
que dá a felicidade.

477
00:36:36,520 --> 00:36:37,920
Iso é o que eu digo.

478
00:36:53,240 --> 00:36:57,760
BENVIDOS Á REPÚBLICA INDEPENDENTE
DO MAL DE AMORES

479
00:37:30,000 --> 00:37:32,880
Cando foi a última vez
que durmiches do tirón?

480
00:37:37,440 --> 00:37:39,040
Apetéceche meditar?

481
00:37:42,920 --> 00:37:43,800
Falar?

482
00:37:46,040 --> 00:37:46,880
Non.

483
00:37:51,160 --> 00:37:52,200
Un baño?

484
00:37:55,520 --> 00:37:58,240
- Non trouxen traxe de baño.
- Nin eu.

485
00:38:30,280 --> 00:38:31,480
Como presta!

486
00:38:34,840 --> 00:38:35,680
Si!

487
00:38:50,040 --> 00:38:53,520
- Ola, ruliña. Todo ben?
<i>- Venme buscar!</i>

488
00:38:53,520 --> 00:38:57,400
<i>Svea e Feli van ao</i> skate park
<i>todos os días e eu, aquí metida.</i>

489
00:38:57,400 --> 00:39:00,520
A ver, acouga, ceo. Se cadra...

490
00:39:00,520 --> 00:39:04,520
Se cadra hai algún preto da casa da avoa.
Pregúntalles aos veciños...

491
00:39:04,520 --> 00:39:06,640
<i>Non entendes nada!</i>

492
00:39:11,160 --> 00:39:12,040
Merda.

493
00:39:14,280 --> 00:39:15,480
Estás fumando herba?

494
00:39:16,440 --> 00:39:18,360
As nais temos que mirar por nós.

495
00:39:25,280 --> 00:39:27,560
A miña filla quere ir para a casa,

496
00:39:27,560 --> 00:39:30,520
para poder ir ao <i>skate park.</i>

497
00:39:31,560 --> 00:39:34,640
E nin sequera sabe patinar.
Merqueille o trebello,

498
00:39:35,160 --> 00:39:36,920
pero non o usa.

499
00:39:38,600 --> 00:39:39,440
Que?

500
00:39:39,920 --> 00:39:43,400
Nada. Ti nunca pasaches
as tardes nun <i>skate park,</i> non?

501
00:39:50,320 --> 00:39:53,080
Con isto lévase moito mellor estar aquí.

502
00:39:53,080 --> 00:39:55,000
- Puideches avisar antes.
- Xa.

503
00:39:56,400 --> 00:39:58,640
Porque do resto pasas olimpicamente.

504
00:40:01,160 --> 00:40:03,520
Es coma un neno. Quérelo todo,

505
00:40:03,520 --> 00:40:07,760
pero cando hai que implicarse
emocionalmente, liscas.

506
00:40:09,200 --> 00:40:12,320
O amor require esforzo.
Moitos non queren admitilo.

507
00:40:12,840 --> 00:40:15,640
Soñan cun grande amor espectacular.

508
00:40:15,640 --> 00:40:17,960
Perfecto, gratificante.

509
00:40:18,720 --> 00:40:19,960
Pero é un ideal que...

510
00:40:19,960 --> 00:40:23,080
Que se inventou
para vender tarxetas e flores.

511
00:40:23,720 --> 00:40:24,920
Eu tamén o penso.

512
00:40:25,800 --> 00:40:26,720
Vaia parvada.

513
00:40:27,440 --> 00:40:31,120
Moi poucos chegan a atopar
o amor romántico perfecto.

514
00:40:32,040 --> 00:40:36,760
Pero ese ideal fai que a maioría espere
demasiado das súas relacións.

515
00:40:36,760 --> 00:40:38,240
E por iso se frustran.

516
00:40:39,880 --> 00:40:41,120
Unha pregunta.

517
00:40:42,960 --> 00:40:46,200
Cres no grande amor romántico ou non?

518
00:40:46,880 --> 00:40:48,040
Abofé que si.

519
00:40:54,160 --> 00:40:56,040
Non cres tal.

520
00:40:57,520 --> 00:40:59,200
Pero non o podes dicir.

521
00:40:59,200 --> 00:41:00,560
Eu que sei...

522
00:41:01,640 --> 00:41:05,080
Intento axudar aos meus pacientes
a refacer as súas vidas.

523
00:41:05,880 --> 00:41:09,640
Como individuos
que tamén poidan ser felices sós.

524
00:41:10,640 --> 00:41:12,360
Agora iso é imposible.

525
00:41:13,240 --> 00:41:17,360
E a culpa é das comedias románticas

526
00:41:17,360 --> 00:41:20,120
que nos meten ideais irreais na cabeza.

527
00:41:20,120 --> 00:41:21,720
E das baladas melosas.

528
00:41:24,040 --> 00:41:25,120
E dos solpores.

529
00:41:26,320 --> 00:41:28,560
- Que teñen de excepcional?
- Xa.

530
00:41:28,560 --> 00:41:32,240
A Terra xira, pois xa ves ti!
Faino as 24 horas do día.

531
00:41:32,240 --> 00:41:34,880
- Si!
- Sempre se pon o Sol nalgún lugar.

532
00:41:34,880 --> 00:41:35,920
- Xusto.
- Non?

533
00:41:37,080 --> 00:41:40,600
Dende unha perspectiva evolutiva,
non ten sentido celebralo.

534
00:41:40,600 --> 00:41:43,400
Cae a noite,
saen os animais salvaxes... "Oe!

535
00:41:43,400 --> 00:41:46,280
A túa muller neandertal e ti
deberiades saír

536
00:41:46,280 --> 00:41:49,000
e expoñervos vendo o solpor." En serio?

537
00:41:56,240 --> 00:41:57,560
Oes iso?

538
00:42:03,200 --> 00:42:04,640
Teño dez euros.

539
00:42:04,640 --> 00:42:07,120
- Quéreslle pedir unha canción?
- Non.

540
00:42:07,120 --> 00:42:08,840
Doullos se marcha.

541
00:42:14,960 --> 00:42:17,440
Alégrame coñecer unha muller que...

542
00:42:17,440 --> 00:42:18,920
Non son unha muller.

543
00:42:20,360 --> 00:42:21,720
Son a túa terapeuta.

544
00:42:30,840 --> 00:42:31,960
Acábao.

545
00:42:45,000 --> 00:42:47,520
Perdoa. Canto cobras por 15 minutos?

546
00:42:48,200 --> 00:42:49,120
Dez euros.

547
00:42:50,640 --> 00:42:51,840
Mira unha cousa.

548
00:42:52,800 --> 00:42:54,760
Quere escoitar "Eternal Flame".

549
00:43:05,280 --> 00:43:12,160
Ai, non! Non.

550
00:43:16,920 --> 00:43:20,440
Non.

551
00:43:46,960 --> 00:43:49,120
Perdón. Quedei durmido.

552
00:43:49,120 --> 00:43:50,200
- Bo día.
- Boas.

553
00:43:51,160 --> 00:43:52,040
Bos días.

554
00:43:52,840 --> 00:43:55,040
Non está no seu cuarto nin na piscina

555
00:43:55,040 --> 00:43:56,960
e non me colle o teléfono.

556
00:43:57,960 --> 00:43:58,960
Que pasa?

557
00:43:58,960 --> 00:44:00,680
Turgay desapareceu.

558
00:44:01,560 --> 00:44:03,560
Haberá que mirar na biblioteca.

559
00:44:04,480 --> 00:44:06,000
Que se celebra aquí?

560
00:44:06,000 --> 00:44:07,640
Unha voda, seica.

561
00:44:14,600 --> 00:44:15,720
Non me amoles!

562
00:44:18,800 --> 00:44:20,560
- É Timea.
- Como?

563
00:44:21,160 --> 00:44:22,280
Timea, a de Turgay!

564
00:44:24,360 --> 00:44:26,080
Quere deter a voda!

565
00:44:31,080 --> 00:44:33,480
Quen lle metería esa burrada na chencha?

566
00:44:34,840 --> 00:44:35,960
En que pensabas?

567
00:44:35,960 --> 00:44:38,960
Ela non quere casar. É unha argallada!

568
00:44:38,960 --> 00:44:42,400
- Para que se afoute.
- Unha argallada de miles de euros?

569
00:44:42,400 --> 00:44:43,840
De que planeta vés?

570
00:44:43,840 --> 00:44:45,000
- Ai!
- Perdoa.

571
00:44:46,960 --> 00:44:47,920
Mimá.

572
00:45:12,160 --> 00:45:13,640
Que levas posto?

573
00:45:15,080 --> 00:45:16,160
Non me amoles!

574
00:45:16,160 --> 00:45:19,480
- O terapeuta non debería falar así.
- Tanto me ten.

575
00:45:19,480 --> 00:45:23,120
Enchícheslle a cabeza de paxaros.
Vaino pasar moi mal.

576
00:45:23,120 --> 00:45:26,160
Non tal! Non soportas non ter a razón.

577
00:45:26,160 --> 00:45:30,000
Vaina rañar!
Teño que intentar amañar a túa desfeita.

578
00:45:30,000 --> 00:45:32,480
Non! Non fagas...

579
00:45:51,160 --> 00:45:52,000
Querida Timea,

580
00:45:52,840 --> 00:45:53,800
querido Egbert,

581
00:45:54,840 --> 00:45:57,920
queridos familiares e amigos dos noivos.

582
00:45:59,240 --> 00:46:02,040
Todos buscamos alguén.

583
00:46:02,960 --> 00:46:07,040
Esa persoa que tanto nos custa atopar.

584
00:46:07,920 --> 00:46:10,640
Unha persoa única e especial

585
00:46:11,160 --> 00:46:15,960
que nos completa,
que nos enche e que nos complementa.

586
00:46:15,960 --> 00:46:17,560
- Andará por aquí.
- Home...

587
00:46:17,560 --> 00:46:19,120
Se cadra non veu.

588
00:46:19,640 --> 00:46:23,000
"...se me buscan de todo corazón,
atoparanme..."

589
00:46:23,000 --> 00:46:26,640
- Vai estragar todo o progreso que fixo.
- É cousa del.

590
00:46:26,640 --> 00:46:29,960
Este disparate non foi cousa del.
Convencíchelo ti!

591
00:46:29,960 --> 00:46:32,680
- Non tal!
- Vai quedar en ridículo.

592
00:46:32,680 --> 00:46:36,000
Timea e Egbert escolleron este versículo...

593
00:46:36,000 --> 00:46:37,280
- Turgay!
- Eh!

594
00:46:40,800 --> 00:46:42,600
- Turgay!
- Shh!

595
00:46:43,200 --> 00:46:44,040
Perdón.

596
00:46:44,040 --> 00:46:47,000
Benquerida Timea, benquerido Egbert,

597
00:46:48,240 --> 00:46:50,520
perante nós temos...

598
00:46:50,520 --> 00:46:53,080
Que fas? Oe, para quieta!

599
00:46:53,720 --> 00:46:56,040
Nin se che ocorra! Ven aquí!

600
00:47:05,360 --> 00:47:08,680
Perante Deus, o noso Señor, esta parella...

601
00:47:08,680 --> 00:47:10,440
Compórtate.

602
00:47:13,960 --> 00:47:17,840
- Mi madriña!
- Pero se algún dos presentes

603
00:47:17,840 --> 00:47:22,600
- se opón a esta unión...
- Merda!

604
00:47:23,600 --> 00:47:28,720
...que fale agora ou cale para sempre.

605
00:47:28,720 --> 00:47:30,840
- Merda! Segue ardendo!
- A pamela!

606
00:47:33,360 --> 00:47:34,360
Timea.

607
00:47:34,960 --> 00:47:37,560
- Turgay?
- Lume! Miña nai querida!

608
00:47:56,480 --> 00:47:59,080
Non te preocupes, Karl. Axiña marchades.

609
00:48:02,640 --> 00:48:04,360
Crieime por esta zona.

610
00:48:04,360 --> 00:48:05,360
Bárbaro.

611
00:48:09,160 --> 00:48:10,720
Aínda o tomas con leite?

612
00:48:10,720 --> 00:48:14,400
Pois paseime ao leite de avea,
pero farei unha excepción.

613
00:48:17,840 --> 00:48:20,560
Todas as imaxes de gatos
que ten no despacho...

614
00:48:22,080 --> 00:48:24,480
Nótase un grande anhelo por ter fillos.

615
00:48:25,760 --> 00:48:27,760
Xa non che interesa, non?

616
00:48:31,240 --> 00:48:33,200
Nin sequera queres tratarme.

617
00:48:33,200 --> 00:48:35,520
Non, porque non me deixas intentalo.

618
00:48:35,520 --> 00:48:38,000
- Non preciso tratar nada.
- Anda!

619
00:48:38,000 --> 00:48:40,600
Só fago isto para recuperar o meu emprego.

620
00:48:41,720 --> 00:48:43,600
Pois estalo a facer de pena.

621
00:48:45,520 --> 00:48:48,280
Oliña! Xa está aquí mamá!

622
00:48:54,480 --> 00:48:56,400
Botábache en falta a comisaría.

623
00:48:57,440 --> 00:48:59,760
Este pasou moito por alí de mozo.

624
00:49:01,120 --> 00:49:03,280
Querían chamarlle Karl a unha cela.

625
00:49:04,960 --> 00:49:06,680
- Ides vir á casa.
- O que?

626
00:49:06,680 --> 00:49:09,000
Non, ho! Mamá, lévanos ao hotel, anda.

627
00:49:09,000 --> 00:49:11,760
Si, mellor volvemos ao hotel, grazas.

628
00:49:11,760 --> 00:49:16,440
Non é certo todo o que di de min.
Fago unha ensalada de pataca bárbara.

629
00:49:16,440 --> 00:49:18,240
Non queremos ensalada!

630
00:49:18,240 --> 00:49:22,080
Por favor, mamá,
lévanos ao hotel e... Grazas.

631
00:49:22,680 --> 00:49:25,080
Sabes que, Hilde? A min apetéceme moito.

632
00:49:25,080 --> 00:49:27,240
- Que?
- Non me falou de ti.

633
00:49:27,240 --> 00:49:29,120
Nin a min de ti.

634
00:49:29,680 --> 00:49:31,440
- Como vos coñecestes?
- Mamá!

635
00:49:31,440 --> 00:49:34,840
Polo meu traballo.
Se cadra quérecho contar Karl.

636
00:49:35,520 --> 00:49:36,400
Non?

637
00:49:37,280 --> 00:49:39,360
A ver, que quede claro que...

638
00:49:39,360 --> 00:49:40,680
Somos amigos. Amigos.

639
00:49:40,680 --> 00:49:42,880
Deitarse xuntos é o que conta.

640
00:49:44,040 --> 00:49:46,040
Sobra tempo para formalidades.

641
00:50:07,120 --> 00:50:10,320
Isto parece un museo dos 90.

642
00:50:12,280 --> 00:50:14,560
DJ BoBo, "Love is All Around". Mimá!

643
00:50:15,080 --> 00:50:19,120
Eu tamén tiña un póster
dos Backstreet Boys. E por aquí andará...

644
00:50:20,200 --> 00:50:21,080
Aquí!

645
00:50:21,560 --> 00:50:24,640
- Oe! Iso é delito!
- Xa. É o meu ultimamente.

646
00:50:25,240 --> 00:50:27,840
É bo sinal que aínda conserves todo isto.

647
00:50:28,680 --> 00:50:30,680
Hai un corazón e todo!

648
00:50:32,040 --> 00:50:35,480
"O corazón pónseme a mil ao verte."

649
00:50:36,640 --> 00:50:38,280
Foi un traballo do colexio.

650
00:50:40,000 --> 00:50:42,560
É incrible que ganes a vida escribindo.

651
00:50:44,640 --> 00:50:45,680
E isto?

652
00:51:00,600 --> 00:51:01,960
Queres que o falemos?

653
00:51:05,640 --> 00:51:07,840
Nunca fixeches ningunha burrada?

654
00:51:09,520 --> 00:51:11,880
Moitas. Non hai caixa onde caiban.

655
00:51:14,120 --> 00:51:15,760
Veña, que viñemos comer.

656
00:51:23,680 --> 00:51:25,800
Adoita saír con guapas bobas.

657
00:51:25,800 --> 00:51:29,840
Creo que evita as mulleres intelixentes
por medo a que o manquen.

658
00:51:29,840 --> 00:51:31,760
Os lazos aterrorízano.

659
00:51:32,920 --> 00:51:35,640
Non sei nin como é quen
de atar os zapatos.

660
00:51:38,080 --> 00:51:40,400
Supoño que foi culpa miña e de Wilhelm.

661
00:51:40,920 --> 00:51:45,640
Pero, malia as nosas voltas e revoltas,
o noso divorcio foi amigable.

662
00:51:45,640 --> 00:51:48,400
E Karl xa era mozo, tiña 16 anos.

663
00:51:49,720 --> 00:51:52,280
- E por que...?
- Por que nos divorciamos?

664
00:51:52,280 --> 00:51:54,800
Só nos quedaba unha cousa en común:

665
00:51:54,800 --> 00:51:57,040
os dous casamos o mesmo día.

666
00:51:58,480 --> 00:52:01,600
Tamén nos separamos
por problemas de saúde.

667
00:52:04,200 --> 00:52:07,280
Aos dous nos producía náuseas vernos.

668
00:52:08,520 --> 00:52:10,560
Gustábannos cousas raras na cama.

669
00:52:11,160 --> 00:52:13,600
Todos os días, de luns a domingo.

670
00:52:14,120 --> 00:52:16,080
Era cousa rara que nos tocásemos.

671
00:52:17,120 --> 00:52:18,320
Mamá, cala un pouco.

672
00:52:19,360 --> 00:52:23,760
A semana pasada riron moito
con ese chiste. Non tes sentido do humor!

673
00:52:23,760 --> 00:52:26,520
Non soporta que fale disto
nos meus monólogos.

674
00:52:26,520 --> 00:52:29,000
Son chistes malos sobre o matrimonio.

675
00:52:29,000 --> 00:52:31,720
Malos? Non, ho!

676
00:52:31,720 --> 00:52:34,680
Quedade ata mércores. Actúo no teatro.

677
00:52:34,680 --> 00:52:38,320
Karl nunca me viu actuar.
Consígovos entradas.

678
00:52:40,280 --> 00:52:42,400
Antes tatúo o cu.

679
00:52:49,160 --> 00:52:50,920
A túa nai é do que non hai.

680
00:52:52,200 --> 00:52:54,720
Xa, pero só fai graza un cachiño.

681
00:52:54,720 --> 00:52:57,080
Iso pasa con todas as nais, non?

682
00:52:57,080 --> 00:52:58,000
Si.

683
00:53:00,280 --> 00:53:01,920
Pódoche preguntar algo?

684
00:53:06,080 --> 00:53:08,400
Chamábase Claudia e...

685
00:53:09,280 --> 00:53:12,000
saiamos xuntos dende os 14 anos. E,

686
00:53:13,200 --> 00:53:14,280
logo do instituto...

687
00:53:16,280 --> 00:53:18,960
pedinlle que casase comigo.

688
00:53:20,440 --> 00:53:21,920
Non quería perdela.

689
00:53:23,040 --> 00:53:24,280
E ela...?

690
00:53:24,880 --> 00:53:25,840
Non quixo.

691
00:53:27,320 --> 00:53:30,000
E... é normal.

692
00:53:30,960 --> 00:53:31,840
Acababa...

693
00:53:32,760 --> 00:53:34,760
de graduarse. Quería ver mundo,

694
00:53:34,760 --> 00:53:36,840
non atarse ao seu primeiro mozo.

695
00:53:38,080 --> 00:53:39,880
Cando viu o anel,

696
00:53:40,360 --> 00:53:42,320
entroulle medo e deixoume.

697
00:53:48,480 --> 00:53:50,240
Foi o amor da túa vida?

698
00:53:58,760 --> 00:53:59,600
Si.

699
00:54:01,320 --> 00:54:02,960
Pero non foi para tanto.

700
00:54:05,160 --> 00:54:08,400
En serio. Nin sequera lembraba
que aínda tiña o anel.

701
00:54:09,400 --> 00:54:12,400
E agora agradézoo. Foi mellor así.

702
00:54:12,400 --> 00:54:13,840
Agora sería un farrapo.

703
00:54:16,080 --> 00:54:16,920
Xa.

704
00:54:17,640 --> 00:54:18,960
Menos mal.

705
00:54:45,280 --> 00:54:47,200
Fixemos ben en vir aquí.

706
00:54:48,080 --> 00:54:52,480
- Xa temos un enfoque.
- Non é enfoque ningún. Non é nada.

707
00:54:53,360 --> 00:54:57,600
Tívoche que doer moitísimo.
Fixéronche moito dano.

708
00:54:57,600 --> 00:55:00,200
Si, xa ves. Coma a todos os teus clientes.

709
00:55:00,200 --> 00:55:01,880
Pero a ti non, verdade?

710
00:55:01,880 --> 00:55:05,840
"Paseino moi mal."
Inventáchelo todo, non si?

711
00:55:05,840 --> 00:55:07,360
É un truco de márketing.

712
00:55:09,880 --> 00:55:10,960
Boas noites.

713
00:55:30,880 --> 00:55:34,400
- Tranquila, non me atraes nin un chisco.
- O mesmo digo.

714
00:55:34,400 --> 00:55:35,320
Perfecto.

715
00:55:42,040 --> 00:55:45,360
Non inventei nada.
Si me romperon o corazón.

716
00:55:46,440 --> 00:55:47,560
Olaf.

717
00:55:50,320 --> 00:55:51,280
Enganoute?

718
00:55:53,520 --> 00:55:56,360
Si. Deixoume polos pingüíns.

719
00:56:02,600 --> 00:56:05,440
- Por iso odias falar deles.
- Aborrézoos.

720
00:56:05,440 --> 00:56:07,160
- Psicópata.
- Psicópata ti.

721
00:56:10,200 --> 00:56:13,440
Olaf é zoólogo e científico climático.

722
00:56:14,040 --> 00:56:17,040
Sabías que os pingüíns
están en perigo de extinción?

723
00:56:19,640 --> 00:56:21,720
- E Olaf protéxeos?
- Si.

724
00:56:23,080 --> 00:56:25,920
Traballa nunha fundación de conservación.

725
00:56:26,680 --> 00:56:30,720
Sempre está de viaxe
e eu estou aquí coa nosa filla.

726
00:56:34,240 --> 00:56:36,320
Pois amáñaste bastante ben.

727
00:56:37,600 --> 00:56:38,440
Grazas.

728
00:56:41,240 --> 00:56:44,560
Pero pásaste cos porros,
as boas obras e a pedantería.

729
00:56:45,080 --> 00:56:48,160
E cos tótems de cartón
en plan Kim Jong-un.

730
00:56:48,160 --> 00:56:50,600
- Iso tamén é turbio.
- Non te celes.

731
00:56:54,680 --> 00:56:57,480
Verédelo de cando en vez, non? A nena...

732
00:56:58,240 --> 00:57:01,800
Si. Cando está en Alemaña, vaia.

733
00:57:02,440 --> 00:57:03,800
Cando está de viaxe,

734
00:57:04,520 --> 00:57:08,240
as visitas son curtas.
E fala por teléfono con Hedi, claro.

735
00:57:11,920 --> 00:57:15,920
Daquela tomamos a decisión xuntos
porque pensamos que era o mellor.

736
00:57:20,680 --> 00:57:21,800
Pero, ás veces...

737
00:57:24,000 --> 00:57:27,800
Ás veces, mesmo tras tantos anos,
penso que se aparecese un día,

738
00:57:28,360 --> 00:57:30,360
dicindo que quere quedar, pois...

739
00:57:33,200 --> 00:57:34,240
Vaia parvada, eh?

740
00:57:36,320 --> 00:57:37,200
Non.

741
00:57:45,160 --> 00:57:46,280
Non é unha parvada.

742
00:57:56,680 --> 00:57:59,640
Sei que salvar a Terra é moi importante,

743
00:58:01,640 --> 00:58:04,520
pero se iso implicase
non estar contigo, pois...

744
00:58:05,560 --> 00:58:07,560
deixaría que a tragase o demo.

745
00:58:11,960 --> 00:58:13,880
Que che pasa, Han Solo?

746
00:58:14,960 --> 00:58:16,280
Entenreciches?

747
00:58:19,520 --> 00:58:22,080
Non será mellor manter a Han Solo á marxe?

748
00:58:24,280 --> 00:58:25,200
Non.

749
00:59:27,920 --> 00:59:32,200
É un hotel precioso.
Vailles gustar. Moi romántico.

750
00:59:35,240 --> 00:59:36,520
Non levan equipaxe?

751
00:59:37,680 --> 00:59:40,120
As parellas novas non precisan roupa.

752
00:59:40,120 --> 00:59:42,720
- Son a súa terapeuta.
- Ah!

753
00:59:49,320 --> 00:59:50,440
Que?

754
00:59:50,440 --> 00:59:51,760
Nada.

755
00:59:56,680 --> 00:59:58,400
Sinto o de onte.

756
01:00:00,120 --> 01:00:01,600
Eu non. Paseino de medo.

757
01:00:09,240 --> 01:00:10,960
Non me mires así.

758
01:00:10,960 --> 01:00:15,920
É o meu cliente. É inaceptable.
Unha das mil razóns polas que é mala idea.

759
01:00:15,920 --> 01:00:17,680
Que te bota para atrás?

760
01:00:17,680 --> 01:00:19,280
Que non ten futuro.

761
01:00:19,280 --> 01:00:22,800
E logo ti buscas alguén
co que formar unha familia feliz?

762
01:00:22,800 --> 01:00:24,200
Eu non busco nada!

763
01:00:24,200 --> 01:00:28,160
Porque iso xa o tes:
un apartamento baleiro do que ocuparte.

764
01:00:28,160 --> 01:00:30,880
Olaf e eu somos amigos
porque é bo para Hedi.

765
01:00:30,880 --> 01:00:34,720
E tamén é unha boa escusa
para non buscares outra relación.

766
01:00:38,320 --> 01:00:41,600
Dáste de conta do moito que vos parecedes?

767
01:00:42,480 --> 01:00:45,240
Podedes aprender xuntos a arriscarvos.

768
01:00:45,920 --> 01:00:48,040
Non nos parecemos en nada.

769
01:00:48,040 --> 01:00:52,120
El ten síndrome de Peter Pan severo
e eu son unha muller cunha filla.

770
01:00:54,040 --> 01:00:57,920
Ti sabes canto me custou
atopar o equilibro logo do de Olaf.

771
01:01:00,080 --> 01:01:03,040
Así lle chamas a isto? Equilibrio?

772
01:01:04,440 --> 01:01:05,880
Moitas grazas, doutora.

773
01:01:18,120 --> 01:01:20,960
Teño que ir á consulta.
Queda Martha con vós.

774
01:01:20,960 --> 01:01:23,320
Non me dá tempo a despedirme de todos.

775
01:01:25,120 --> 01:01:28,520
O de escapulirse
logo de deitarse con alguén é o meu.

776
01:01:29,160 --> 01:01:30,680
Pero paréceme perfecto.

777
01:01:31,200 --> 01:01:34,160
O sexo é sexo, sen máis. Xa cho dixen.

778
01:01:36,280 --> 01:01:38,400
Para min non significou nada máis.

779
01:01:41,200 --> 01:01:43,480
Pois mellor. Para min tampouco.

780
01:01:46,600 --> 01:01:47,440
Nada de nada.

781
01:01:48,520 --> 01:01:49,400
Exactamente.

782
01:01:51,080 --> 01:01:53,440
Despois, un dá as grazas e marcha.

783
01:01:54,520 --> 01:01:55,360
Vale.

784
01:01:56,200 --> 01:01:57,320
Grazas.

785
01:01:57,320 --> 01:01:58,640
Iso é, así.

786
01:02:01,720 --> 01:02:02,920
- Abur.
- Adeus.

787
01:02:28,600 --> 01:02:30,320
Cría que odiabas os solpores.

788
01:02:32,600 --> 01:02:34,920
Hai pouco falei diso cunha persoa.

789
01:02:35,680 --> 01:02:38,640
É a única que tamén pensa
que están sobrevalorados.

790
01:02:39,960 --> 01:02:43,800
E agora, cando o vexo,
penso se ela tamén o estará odiando.

791
01:02:45,840 --> 01:02:47,520
Sabes como se chama iso?

792
01:02:49,160 --> 01:02:50,640
Amor, meu!

793
01:02:52,720 --> 01:02:53,560
Vai de aí!

794
01:03:10,480 --> 01:03:11,840
- Ola.
- Quen é?

795
01:03:11,840 --> 01:03:14,120
- Ola. Ti quen es?
- Hedi.

796
01:03:14,120 --> 01:03:15,160
Karl?

797
01:03:16,000 --> 01:03:19,320
Que fas aquí? É a miña casa.

798
01:03:19,320 --> 01:03:20,720
Tes que pedir cita.

799
01:03:21,440 --> 01:03:25,320
Ah! Xa dicía eu
que faltaban os tótems de cartón.

800
01:03:25,320 --> 01:03:27,400
Na casa non os temos.

801
01:03:28,600 --> 01:03:33,080
Pois son prácticos.
Pódense usar para amedrentar os ladróns.

802
01:03:33,080 --> 01:03:35,360
Ou... como colgadoiro.

803
01:03:35,360 --> 01:03:36,880
E para xogar aos birlos.

804
01:03:41,640 --> 01:03:43,000
Vou ao <i>skate park.</i>

805
01:03:44,040 --> 01:03:45,880
Ás seis na casa, vale?

806
01:03:45,880 --> 01:03:46,800
Si.

807
01:03:48,360 --> 01:03:50,520
- Abur, Hedi.
- Deica.

808
01:03:51,960 --> 01:03:54,400
Que...? Que queres?

809
01:03:57,160 --> 01:04:00,520
Só... quería dicirche que estou en contra

810
01:04:00,520 --> 01:04:04,000
de non volver falar
coa xente coa que te deitaches.

811
01:04:05,400 --> 01:04:06,320
Vale.

812
01:04:09,920 --> 01:04:10,840
Un café?

813
01:04:11,840 --> 01:04:13,200
Dá igual se é do malo.

814
01:04:14,240 --> 01:04:15,840
Si, quédame do malo.

815
01:04:41,560 --> 01:04:43,480
Non podemos afacernos a isto.

816
01:04:44,160 --> 01:04:46,360
Non...

817
01:04:48,240 --> 01:04:49,720
podemos afacernos a isto.

818
01:04:49,720 --> 01:04:50,880
Ben.

819
01:04:55,440 --> 01:04:58,080
Pero si facelo outra vez
antes de afacernos.

820
01:05:08,720 --> 01:05:11,440
Quietiña.

821
01:05:12,800 --> 01:05:14,360
Déixaa soar.

822
01:05:42,160 --> 01:05:43,640
Ola!

823
01:05:44,880 --> 01:05:45,840
É que...

824
01:05:46,400 --> 01:05:48,840
non pasaba por aquí e...

825
01:05:49,760 --> 01:05:52,120
<i>- ocorréuseme...</i>
- Non, perdoa. Hoxe non.

826
01:05:52,720 --> 01:05:56,760
<i>Ando a mil na axencia e Hedi está mala
e non teño con quen deixala.</i>

827
01:05:56,760 --> 01:05:58,440
Vou eu coidala.

828
01:06:01,120 --> 01:06:02,360
Dánseme ben os nenos.

829
01:06:06,280 --> 01:06:07,120
Así.

830
01:06:07,800 --> 01:06:09,320
A ver, imos...

831
01:06:09,320 --> 01:06:12,040
Imos buscar os teus síntomas en Google.

832
01:06:12,560 --> 01:06:13,400
A ver.

833
01:06:14,560 --> 01:06:15,600
Perda de apetito?

834
01:06:18,400 --> 01:06:19,280
Febre?

835
01:06:21,400 --> 01:06:23,640
- Dormes ben?
- Non moi ben.

836
01:06:24,880 --> 01:06:25,880
Insomnio.

837
01:06:26,680 --> 01:06:28,640
Velaquí o diagnóstico!

838
01:06:28,640 --> 01:06:29,840
Teño algo malo?

839
01:06:30,440 --> 01:06:34,440
Pode ser a crise dos 40,
algo da próstata ou...

840
01:06:37,320 --> 01:06:38,280
mal de amores.

841
01:06:42,040 --> 01:06:46,640
A ver se o adiviño:
ten 11 anos, patina e non se fixa en ti.

842
01:06:49,880 --> 01:06:50,880
Como o soubeches?

843
01:06:51,520 --> 01:06:54,920
Non usas o monopatín,
e o resto é experiencia persoal.

844
01:06:56,560 --> 01:06:59,280
Ten os ollos máis verdes que hai no mundo.

845
01:06:59,280 --> 01:07:01,000
Pero nunca me mira.

846
01:07:02,240 --> 01:07:03,120
A ver.

847
01:07:03,680 --> 01:07:05,680
Non sei moito de mal de amores,

848
01:07:07,480 --> 01:07:09,520
pero son un ás da sedución.

849
01:07:12,640 --> 01:07:14,520
Tachán! O meu monopatín.

850
01:07:23,440 --> 01:07:25,520
Veña, agora ti, Hedi.

851
01:07:29,200 --> 01:07:31,400
Dálle, Hedi. Ti podes!

852
01:07:31,400 --> 01:07:32,320
Así, ben.

853
01:07:33,560 --> 01:07:35,080
Moi ben!

854
01:07:38,800 --> 01:07:42,440
Ola, mociña. Son o doutor Nieke.

855
01:07:42,440 --> 01:07:44,960
Seica tivo un accidente en monopatín.

856
01:07:44,960 --> 01:07:49,480
Disque estaba cun paspán
que andaba patinando polo piso.

857
01:07:53,920 --> 01:07:55,680
Confundinme de enfoque.

858
01:07:55,680 --> 01:07:56,880
Patinar...

859
01:07:57,840 --> 01:07:59,280
non vai de patinar.

860
01:08:09,840 --> 01:08:10,880
A ver.

861
01:08:12,400 --> 01:08:13,880
Cal é Oskar?

862
01:08:13,880 --> 01:08:14,800
Ese.

863
01:08:22,640 --> 01:08:26,400
Agarda, Hedi. A onde vas
cun monopatín de nenos? Leva o meu.

864
01:08:41,480 --> 01:08:42,520
Bonito monopatín!

865
01:08:43,960 --> 01:08:46,040
Si! Toma!

866
01:08:52,680 --> 01:08:54,600
- Colle.
- Xa collín.

867
01:08:54,600 --> 01:08:55,720
- Ola.
- Ola!

868
01:08:55,720 --> 01:08:56,680
Ola.

869
01:08:56,680 --> 01:08:57,840
Xa estás mellor?

870
01:08:57,840 --> 01:08:58,880
Estupendamente.

871
01:08:59,880 --> 01:09:01,480
Que maña tes!

872
01:09:02,960 --> 01:09:04,320
Fixemos unha pizza!

873
01:09:05,480 --> 01:09:06,480
A masa e todo.

874
01:09:07,040 --> 01:09:08,360
Con moitas verduras.

875
01:09:08,360 --> 01:09:09,600
Unha chea delas.

876
01:09:10,640 --> 01:09:11,480
Unha morea.

877
01:09:12,960 --> 01:09:13,880
Tócame a min?

878
01:09:17,560 --> 01:09:19,120
Pódense facer trampas?

879
01:09:31,040 --> 01:09:35,720
A dor impídenos recordar
como nos sentiamos nos bos momentos.

880
01:09:35,720 --> 01:09:40,280
Pero existiron, e son teus.
É o teu corazón, o teu amor.

881
01:09:40,280 --> 01:09:42,840
Ti decides a quen llelos entregas.

882
01:10:43,560 --> 01:10:44,760
Chamoume Turgay.

883
01:10:46,160 --> 01:10:48,800
- Xa sabes a noticia?
- Si. Volveu con Timea.

884
01:10:49,680 --> 01:10:52,440
Impresionouna o valor
que lle botou na voda.

885
01:10:53,160 --> 01:10:55,440
Non vou dicir quen o aconsellou.

886
01:10:55,440 --> 01:10:56,800
Si, mellor que non.

887
01:10:56,800 --> 01:10:58,320
O superterapeuta!

888
01:10:59,040 --> 01:11:00,360
Que levas aí?

889
01:11:00,360 --> 01:11:01,960
O almorzo de Hedi.

890
01:11:02,840 --> 01:11:04,680
Prometín levarlle a sobremesa.

891
01:11:05,720 --> 01:11:07,080
Trátala xenial.

892
01:11:08,640 --> 01:11:11,520
Porque o merece. É marabillosa.

893
01:11:11,520 --> 01:11:13,880
Non sabes aceptar un cumprimento.

894
01:11:14,400 --> 01:11:17,600
Cústame moito dicir estas cousas.

895
01:11:19,040 --> 01:11:22,040
Por se non te deches conta,
son moi introvertida.

896
01:11:22,720 --> 01:11:27,800
Disque os introvertidos
precisan extravertidos que os coiden.

897
01:11:40,320 --> 01:11:41,840
Que somos?

898
01:11:42,440 --> 01:11:43,560
Eh?

899
01:11:44,160 --> 01:11:47,480
Non hai que poñerlle etiqueta a todo.

900
01:11:48,040 --> 01:11:50,240
Demóstrache cariño?

901
01:11:51,080 --> 01:11:53,960
Creo que lle deixo moi claro
o que sinto por ela.

902
01:11:56,920 --> 01:11:58,600
Pero non o di.

903
01:12:00,040 --> 01:12:02,600
Mañá dígollo. Mañá.

904
01:12:21,240 --> 01:12:22,920
Perdoa, termas da porta?

905
01:12:22,920 --> 01:12:24,000
Claro.

906
01:12:24,680 --> 01:12:25,560
Graciñas.

907
01:12:34,600 --> 01:12:36,280
- Térmoche eu dela.
- Grazas.

908
01:12:54,880 --> 01:12:56,200
Mal de amores?

909
01:12:59,000 --> 01:13:01,800
É broma.
É que a miña parella dedícase a iso.

910
01:13:04,800 --> 01:13:07,120
Vés ver a Maria Geiger, non?

911
01:13:07,120 --> 01:13:08,080
Si.

912
01:13:09,240 --> 01:13:11,520
Vaise alegrar. Encántanlle as flores.

913
01:13:13,640 --> 01:13:17,160
É para agradecerlle
canto me axudou coa terapia.

914
01:13:18,680 --> 01:13:22,000
Coido que aínda non volveu.
Queres que llas dea eu?

915
01:13:34,480 --> 01:13:36,280
- Ola, Karl!
- Ola, Hedi.

916
01:13:36,280 --> 01:13:37,760
E ti por aquí?

917
01:13:40,200 --> 01:13:42,240
É que vou marchar unha tempada.

918
01:13:43,440 --> 01:13:44,520
E iso?

919
01:13:46,000 --> 01:13:47,400
É complicado. Pero...

920
01:13:47,920 --> 01:13:49,360
xa cho explicarei, si?

921
01:13:50,400 --> 01:13:51,880
Vale...

922
01:13:52,520 --> 01:13:56,160
- Queres que che devolva o monopatín?
- Non. É un agasallo.

923
01:14:04,440 --> 01:14:06,440
Abur, Hedi. Cóidateme.

924
01:14:18,080 --> 01:14:20,520
Papá! Xa volviches!

925
01:14:40,760 --> 01:14:42,120
Ofrecéronme traballo.

926
01:14:43,480 --> 01:14:46,720
Nun laboratorio de biodiversidade,
en Potsdam.

927
01:14:59,200 --> 01:15:00,040
Anda!

928
01:15:05,120 --> 01:15:07,560
Non debín deixarvos soas.

929
01:15:08,640 --> 01:15:10,240
Arrepíntome de corazón.

930
01:15:10,800 --> 01:15:13,680
Fixéchelo por algo importante,
non por egoísmo.

931
01:15:13,680 --> 01:15:16,200
Non, o importante debiades ser vós.

932
01:15:17,280 --> 01:15:19,280
O mundo vai coma o carallo.

933
01:15:20,240 --> 01:15:22,480
Pero, se non podo ver a miña familia,

934
01:15:23,520 --> 01:15:24,760
que o trague o demo.

935
01:15:31,440 --> 01:15:32,320
É que...

936
01:15:36,360 --> 01:15:38,880
É que coñecín outra persoa.

937
01:15:41,840 --> 01:15:43,080
Entón...

938
01:15:48,880 --> 01:15:50,880
Non hai por que decidilo agora.

939
01:15:52,040 --> 01:15:54,080
Podemos manter os dous pisos.

940
01:15:58,200 --> 01:16:00,040
Só quero estar preto de vós.

941
01:16:19,880 --> 01:16:21,880
Meu, por que no meu cuarto?

942
01:16:21,880 --> 01:16:27,120
Perdoa. Esta é a definitiva, meu.
Presíntoo. Que tal che foi?

943
01:16:29,080 --> 01:16:30,280
Non che sei.

944
01:16:30,800 --> 01:16:32,600
Perdoa, veño agora.

945
01:16:33,680 --> 01:16:34,520
Rula!

946
01:17:30,560 --> 01:17:35,640
Levas sándwich de queixo, mandarina,
cogombro e unha barriña de chocolate.

947
01:17:36,760 --> 01:17:40,200
Ti levas sándwich con mel,
tomate, mandarina, cogombro

948
01:17:40,200 --> 01:17:45,440
e a torta que sobrou.
Que raro, quedou un anaquiño de nada.

949
01:17:45,440 --> 01:17:48,120
É que o resto metino na friameira de papá.

950
01:17:49,480 --> 01:17:51,600
Pois si que leva un almorzo san.

951
01:17:51,600 --> 01:17:53,160
É o seu primeiro día.

952
01:17:54,880 --> 01:17:57,320
Esta semana vaime ir buscar ao colexio.

953
01:17:57,920 --> 01:18:00,880
- Podemos facer hoxe as miñas invitacións?
- Claro.

954
01:18:00,880 --> 01:18:04,080
É o primeiro aniversario
que lembro con papá.

955
01:18:06,480 --> 01:18:07,680
Podo invitar a Karl?

956
01:18:09,520 --> 01:18:10,400
Eh...

957
01:18:11,440 --> 01:18:14,360
- Sabes cando volve?
- Non che sei.

958
01:18:14,360 --> 01:18:17,240
Non che dixo canto era "unha tempada"?

959
01:18:19,560 --> 01:18:20,680
Papá!

960
01:18:22,440 --> 01:18:23,280
Que tal?

961
01:18:26,400 --> 01:18:27,760
- Bos días.
- Bo día.

962
01:18:27,760 --> 01:18:30,560
Mira, papá. Téñoche unha sorpresa.

963
01:18:32,920 --> 01:18:36,200
Díxolle a Hedi que marchaba unha tempada.

964
01:18:36,800 --> 01:18:41,080
Home, non é que non contase con iso,
é o que fai sempre.

965
01:18:41,640 --> 01:18:44,800
Pasa de min.
Non contesta as chamadas nin as mensaxes.

966
01:18:46,360 --> 01:18:51,080
E estou anoxada comigo porque...
Porque pensei que cambiara.

967
01:18:52,200 --> 01:18:53,320
Un clixé total.

968
01:18:55,520 --> 01:18:56,880
E que tal con Olaf?

969
01:18:57,480 --> 01:18:58,720
Non che sei.

970
01:19:00,400 --> 01:19:02,400
Se cadra deberiamos intentalo.

971
01:19:17,240 --> 01:19:19,600
Érguete antes de que os veciños digan

972
01:19:19,600 --> 01:19:22,280
que cheira a morto, anda. Vale?

973
01:19:23,640 --> 01:19:24,560
Ei.

974
01:19:28,280 --> 01:19:29,360
Todo vai saír ben.

975
01:19:38,520 --> 01:19:40,840
Todo. Todo xenial.

976
01:19:41,720 --> 01:19:44,840
Ai, si? Non pasou nada que te amolase?

977
01:19:44,840 --> 01:19:46,880
Non, nada.

978
01:19:47,800 --> 01:19:50,640
Non des que papá está aquí. E ti que tal?

979
01:19:51,880 --> 01:19:53,240
Gústame o teu Oskar.

980
01:19:54,440 --> 01:19:58,400
Díxome que os seus pais
só seguen xuntos por el.

981
01:19:58,400 --> 01:20:01,480
Escoitounos falar. Que parvada, non?

982
01:20:02,440 --> 01:20:03,680
Muller, a ver...

983
01:20:05,040 --> 01:20:07,440
Antepoñen as necesidades del ás deles.

984
01:20:09,560 --> 01:20:13,640
Ás veces, para os pais é máis importante
a felicidade dos fillos.

985
01:20:14,520 --> 01:20:16,040
Gústame ter a papá aquí.

986
01:20:17,440 --> 01:20:19,840
Dixo que non vai volver marchar.

987
01:20:21,000 --> 01:20:22,160
Xuroumo.

988
01:20:23,120 --> 01:20:25,240
Aínda que non sigades xuntos.

989
01:20:30,080 --> 01:20:32,560
<i>Vas escribir o artigo ou non?</i>

990
01:20:33,160 --> 01:20:36,320
<i>Queres recuperar o teu emprego
ou xa tanto che ten?</i>

991
01:20:36,320 --> 01:20:37,680
Non o sei.

992
01:20:39,040 --> 01:20:40,640
<i>Avísame cando te aclares.</i>

993
01:21:24,080 --> 01:21:26,600
<i>Cando o amor che dá nos fociños.</i>

994
01:21:27,160 --> 01:21:29,720
<i>Algúns non cren no mal de amores.</i>

995
01:21:29,720 --> 01:21:31,800
<i>Son quen peor o acaban pasando.</i>

996
01:21:32,680 --> 01:21:37,240
<i>Inesperado coma a neve en xullo
e forte coma o gancho esquerdo de Frazier.</i>

997
01:21:38,240 --> 01:21:41,760
<i>Eu era dos que non aceptaban
que o amor ten un prezo.</i>

998
01:21:41,760 --> 01:21:43,040
<i>Pódente mancar.</i>

999
01:21:43,840 --> 01:21:46,000
<i>Dá igual? Non dá igual.</i>

1000
01:21:46,760 --> 01:21:48,880
<i>A dor arrebátacho todo.</i>

1001
01:21:50,080 --> 01:21:52,080
<i>Non sei cando pasará.</i>

1002
01:21:53,200 --> 01:21:54,120
<i>Se cadra nunca.</i>

1003
01:21:56,840 --> 01:21:58,080
<i>Se cadra é o que hai.</i>

1004
01:21:58,680 --> 01:22:02,480
<i>Cando un amor remata,
cómpre desfacérmonos dun anaco do corazón.</i>

1005
01:22:03,440 --> 01:22:05,320
<i>Dun anaco roto e consumido.</i>

1006
01:22:05,840 --> 01:22:07,360
<i>O corazón mingua.</i>

1007
01:22:08,200 --> 01:22:11,320
<i>Pero que máis ten?
Non pensamos volvelo usar.</i>

1008
01:22:12,000 --> 01:22:14,080
<i>É mellor desfacérmonos del.</i>

1009
01:22:15,680 --> 01:22:16,920
<i>Aí volvinme trabucar.</i>

1010
01:22:17,800 --> 01:22:18,880
<i>Curará.</i>

1011
01:22:19,400 --> 01:22:21,200
<i>Ou iso din.</i>

1012
01:22:21,200 --> 01:22:25,320
<i>Cómpre agardar a que o corazón
aprenda a amar sen ese anaco.</i>

1013
01:22:25,840 --> 01:22:29,200
<i>E hai que confiar
en que o que queda del se recupere</i>

1014
01:22:29,800 --> 01:22:31,280
<i>e siga sendo grandiño,</i>

1015
01:22:31,280 --> 01:22:34,800
<i>por se aparece alguén
que nos leve outro anaco.</i>

1016
01:22:43,680 --> 01:22:45,760
Alégrame que esteas aquí para Hedi.

1017
01:22:46,280 --> 01:22:49,760
Si. Ás veces... o tempo estrágao todo.

1018
01:23:03,840 --> 01:23:07,400
Dálle a chave a Hedi.
Que veña cando queira, día ou noite.

1019
01:23:32,840 --> 01:23:36,880
PODO SER O TEU EXTRAVERTIDO.

1020
01:23:55,680 --> 01:23:56,720
Non!

1021
01:23:59,240 --> 01:24:00,120
Merda.

1022
01:24:01,080 --> 01:24:02,120
Turgay.

1023
01:24:02,120 --> 01:24:04,320
<i>Pecheime no baño.</i>

1024
01:24:04,920 --> 01:24:06,760
Abre, covarde!

1025
01:24:06,760 --> 01:24:08,440
Rompín con Timea,

1026
01:24:08,440 --> 01:24:10,920
<i>pero non o acepta, e agora...</i>

1027
01:24:10,920 --> 01:24:11,840
<i>Turgay!</i>

1028
01:24:12,560 --> 01:24:14,480
<i>...non sei que máis facer.</i>

1029
01:24:16,640 --> 01:24:17,720
Abre!

1030
01:24:17,720 --> 01:24:19,120
Se abro a porta...

1031
01:24:19,120 --> 01:24:20,560
Abre! Covarde!

1032
01:24:20,560 --> 01:24:22,160
...estaremos na mesma.

1033
01:24:22,160 --> 01:24:25,000
A <i>kriptonita</i> non existe!

1034
01:24:27,000 --> 01:24:27,840
Que?

1035
01:24:28,840 --> 01:24:31,560
Que non existe! Non existe a <i>kriptonita!</i>

1036
01:24:34,520 --> 01:24:37,120
Abre a porta ou bótoa abaixo!

1037
01:24:41,480 --> 01:24:43,640
Tes dez segundos para saír de aquí.

1038
01:24:45,160 --> 01:24:46,720
Despois chamo a policía.

1039
01:24:48,760 --> 01:24:49,680
Cinco segundos.

1040
01:25:01,200 --> 01:25:02,160
<i>Fíxeno!</i>

1041
01:25:03,160 --> 01:25:04,080
Si.

1042
01:25:04,760 --> 01:25:06,800
<i>- Fíxeno.</i>
- Abofé que si.

1043
01:25:12,160 --> 01:25:14,760
Xa verás,
a festa de disfraces virache ben.

1044
01:25:29,320 --> 01:25:31,240
- Ola.
- Eh...

1045
01:25:32,840 --> 01:25:34,360
Está Karl?

1046
01:25:42,480 --> 01:25:43,320
Ola.

1047
01:25:44,120 --> 01:25:44,960
Ola.

1048
01:25:49,760 --> 01:25:50,800
Perdón.

1049
01:25:51,760 --> 01:25:58,280
Atopei... a tarxeta.

1050
01:25:58,280 --> 01:26:01,600
- Sinto non vela antes.
- Xa tiñas abondo.

1051
01:26:06,280 --> 01:26:08,200
Apetéceche ir tomar algo?

1052
01:26:15,960 --> 01:26:17,320
Podo dicirche que non?

1053
01:26:20,280 --> 01:26:21,320
Claro.

1054
01:26:27,080 --> 01:26:28,000
É que...

1055
01:26:28,920 --> 01:26:29,840
fun...

1056
01:26:29,840 --> 01:26:31,560
Fun a unha terapia moi boa.

1057
01:26:33,400 --> 01:26:35,760
Aprendín o que é querer.

1058
01:26:36,720 --> 01:26:38,760
E que é querer?

1059
01:26:40,480 --> 01:26:41,800
É coma o paracaidismo.

1060
01:26:42,480 --> 01:26:45,720
Din que é a mellor sensación que hai.

1061
01:26:46,560 --> 01:26:49,320
Voar, case ingrávido.

1062
01:26:52,360 --> 01:26:54,480
Pero esquecen algo crucial.

1063
01:26:55,320 --> 01:26:58,120
O importante non é o aire no que flotas,

1064
01:26:58,800 --> 01:27:00,320
senón o paracaídas.

1065
01:27:02,400 --> 01:27:04,800
A certeza de que non te vas esnafrar.

1066
01:27:06,600 --> 01:27:11,200
Esa é a diferenza entre o paracaidismo
e un accidente de avión.

1067
01:27:13,120 --> 01:27:16,320
Pero, vaia, a experta en amor es ti.

1068
01:27:18,680 --> 01:27:22,640
Se cadra na consulta.
Na vida persoal, son unha novata. Nótase.

1069
01:27:23,600 --> 01:27:25,200
E non...?

1070
01:27:25,200 --> 01:27:28,360
Non poden trabucarse os novatos
de cando en vez?

1071
01:27:36,600 --> 01:27:38,400
Facendo paracaidismo, non.

1072
01:28:16,040 --> 01:28:16,920
Ei!

1073
01:28:18,600 --> 01:28:19,480
Son eu!

1074
01:28:21,080 --> 01:28:22,280
Zolt!

1075
01:28:22,280 --> 01:28:23,200
- Ola!
- Ola!

1076
01:28:25,840 --> 01:28:26,720
Como che vai?

1077
01:28:27,400 --> 01:28:30,520
Pois polo menos xa non subo aos tellados.

1078
01:28:31,560 --> 01:28:32,880
Máis ou menos.

1079
01:28:32,880 --> 01:28:34,360
Por algo se empeza.

1080
01:28:37,240 --> 01:28:38,600
Coñeciches alguén novo?

1081
01:28:38,600 --> 01:28:39,760
Non.

1082
01:28:40,840 --> 01:28:42,480
Eu creo no destino.

1083
01:28:44,160 --> 01:28:45,000
Non existe.

1084
01:28:46,000 --> 01:28:47,400
Só as coincidencias.

1085
01:28:49,160 --> 01:28:50,440
O que tiven con Tom...

1086
01:28:52,280 --> 01:28:53,600
foi cousa do destino.

1087
01:28:54,520 --> 01:28:57,200
Cousas así non pasan dúas veces.

1088
01:29:00,520 --> 01:29:01,600
Atende.

1089
01:29:03,520 --> 01:29:05,400
Ti estás indo a terapia

1090
01:29:06,480 --> 01:29:11,840
e vai un tipo e escribe un artigo de merda
sobre a túa terapeuta.

1091
01:29:13,280 --> 01:29:15,160
Logo perde o traballo

1092
01:29:16,520 --> 01:29:19,280
e acaba tendo que ir a terapia
con esa muller.

1093
01:29:20,040 --> 01:29:21,880
Parece inventando, non?

1094
01:29:21,880 --> 01:29:23,400
Si, totalmente.

1095
01:29:28,880 --> 01:29:30,120
Anton!

1096
01:29:31,320 --> 01:29:32,520
Preséntoche a Zolt.

1097
01:29:33,160 --> 01:29:34,560
É profesor de saxofón.

1098
01:29:34,560 --> 01:29:38,240
El é Anton, o peor saxofonista do mundo.

1099
01:29:39,200 --> 01:29:40,520
Que coincidencia!

1100
01:29:41,680 --> 01:29:42,560
Ola...

1101
01:29:43,320 --> 01:29:44,800
- Ola.
- Ola.

1102
01:29:47,400 --> 01:29:49,360
As coincidencias non existen.

1103
01:29:51,480 --> 01:29:52,360
Non.

1104
01:30:37,800 --> 01:30:39,240
Onde está?

1105
01:30:40,160 --> 01:30:41,520
Onde está?

1106
01:30:43,000 --> 01:30:45,520
Ti! Puxéchelo na miña contra!

1107
01:30:48,920 --> 01:30:51,320
- Karl?
- Teño que dicirche algo.

1108
01:30:51,320 --> 01:30:54,560
- Se cadra non é o mellor momento.
- É que...

1109
01:30:54,560 --> 01:30:56,120
É que te quero.

1110
01:30:58,720 --> 01:31:01,480
Karl?

1111
01:31:02,840 --> 01:31:04,120
Ai! Que frío está!

1112
01:31:05,800 --> 01:31:07,480
Terma do xeo, vale?

1113
01:31:13,680 --> 01:31:16,040
Este debe ser o final da miña terapia.

1114
01:31:17,200 --> 01:31:18,800
Só é o comezo.

1115
01:31:26,800 --> 01:31:28,480
- Ai!
- Perdón.

1116
01:31:36,240 --> 01:31:37,560
Ai! Outra vez?

1117
01:31:40,560 --> 01:31:41,720
Aquí dóeche?

1118
01:31:43,000 --> 01:31:44,280
E aquí?

1119
01:32:16,040 --> 01:32:17,480
Que noxo o solpor.

1120
01:32:18,680 --> 01:32:19,560
Horrible.

1121
01:34:28,040 --> 01:34:33,040
Subtítulos: Marina do Albardeiro



