1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX

3
00:00:34,208 --> 00:00:36,083
{\an8}BASEADO NA NOVELA DE ERIN DOOM

4
00:00:36,083 --> 00:00:39,000
{\an8}PUBLICADA EN ITALIA
POR ADRIANO SALANI EDITORE

5
00:00:41,583 --> 00:00:43,416
{\an8}Mamá, onde che doe?

6
00:00:43,416 --> 00:00:44,333
Aquí.

7
00:00:47,166 --> 00:00:48,333
Listo, axiña pasa.

8
00:00:49,208 --> 00:00:51,916
Moi ben, Nica. Un pouco de delicadeza...

9
00:00:51,916 --> 00:00:54,125
Un pouco de delicadeza sándao todo.

10
00:01:01,041 --> 00:01:03,333
- Un lobo!
- Que bonito!

11
00:01:04,000 --> 00:01:06,583
Non é bonito, os lobos dan medo.

12
00:01:06,583 --> 00:01:10,041
Só porque alguén decidiu
que eran os malos do conto.

13
00:01:10,041 --> 00:01:11,541
Mais non é sempre así.

14
00:01:12,958 --> 00:01:14,916
Nica, non o vexo. Onde está?

15
00:01:14,916 --> 00:01:16,500
Coidado, un camión!

16
00:01:16,500 --> 00:01:17,791
- Coidado!
- Non!

17
00:02:16,166 --> 00:02:18,583
<i>No Grave contabamos moitas historias.</i>

18
00:02:19,291 --> 00:02:22,541
Relatos borboriñados, contos para durmir.

19
00:02:22,541 --> 00:02:23,625
ORFANATO

20
00:02:23,625 --> 00:02:27,041
<i>Lendas en voz baixa á luz dunha candea.</i>

21
00:02:29,166 --> 00:02:33,375
<i>A máis coñecida era
a do fabricante de bágoas.</i>

22
00:02:34,958 --> 00:02:38,125
<i>Trataba dun mundo
no que ninguén daba chorado</i>

23
00:02:39,291 --> 00:02:41,625
<i>e as persoas vivían coa alma baleira,</i>

24
00:02:42,416 --> 00:02:43,708
<i>privadas de emoción.</i>

25
00:02:44,708 --> 00:02:48,291
<i>Mais agochado do mundo,
na súa inmensa soidade,</i>

26
00:02:48,291 --> 00:02:50,000
<i>había un artesán senlleiro,</i>

27
00:02:50,833 --> 00:02:52,333
<i>envolto en sombras,</i>

28
00:02:52,333 --> 00:02:53,750
<i>pálido e encurvado,</i>

29
00:02:54,458 --> 00:02:56,791
<i>que cos seus ollos claros coma o vidro</i>

30
00:02:56,791 --> 00:02:59,791
<i>era quen de confeccionar
bágoas de cristal.</i>

31
00:03:01,083 --> 00:03:04,500
<i>A xente acudía a el para poder chorar,</i>

32
00:03:04,500 --> 00:03:07,125
<i>para sentir algo, por pouco que fose.</i>

33
00:03:07,875 --> 00:03:12,458
<i>E o artesán metíalles nos ollos
as súas bágoas.</i>

34
00:03:13,125 --> 00:03:15,000
<i>E abofé que a xente choraba.</i>

35
00:03:15,500 --> 00:03:19,750
<i>De rabia, desesperación, dor e anguria.</i>

36
00:03:20,666 --> 00:03:22,583
<i>Paixóns lacerantes,</i>

37
00:03:23,166 --> 00:03:25,291
<i>desilusións e bágoas.</i>

38
00:03:32,125 --> 00:03:35,166
<i>Non imaxinaba que existise un lugar así.</i>

39
00:03:35,166 --> 00:03:38,625
<i>Non imaxinaba canto sentiría
a ausencia de meus pais,</i>

40
00:03:38,625 --> 00:03:44,458
<i>e sobre todo non imaxinaba
que eu viviría aquela historia.</i>

41
00:03:44,458 --> 00:03:45,916
Ti debes ser Nica.

42
00:03:47,500 --> 00:03:49,000
É o nome dunha bolboreta.

43
00:03:50,500 --> 00:03:54,750
Que raro chamarlle a unha nena
coma un insecto que só vive uns días.

44
00:03:55,708 --> 00:03:57,750
Aquí hai poucas normas.

45
00:03:58,625 --> 00:04:02,041
Orde, respecto e obediencia.

46
00:04:03,125 --> 00:04:05,041
Cúmpreas e non terás problemas.

47
00:04:05,041 --> 00:04:06,041
Colle a maleta.

48
00:04:06,625 --> 00:04:08,291
As cousas son de todos.

49
00:04:10,625 --> 00:04:13,791
Dáme a cadea,
non se permiten os obxectos persoais.

50
00:04:15,208 --> 00:04:19,166
- Pero é de miña nai.
- Orde, respecto e obediencia.

51
00:04:20,166 --> 00:04:22,541
Non quererás infrinxilas o primeiro día.

52
00:04:23,166 --> 00:04:24,166
Rigel!

53
00:04:26,416 --> 00:04:28,875
<i>Para min non sería só unha lenda.</i>

54
00:04:29,416 --> 00:04:34,333
<i>No Grave atoparía o fabricante de bágoas.</i>

55
00:04:34,333 --> 00:04:36,916
Chorar non che devolve o que perdiches.

56
00:04:38,083 --> 00:04:40,083
Adeline, acompáñaa ao cuarto.

57
00:04:40,875 --> 00:04:41,708
Arreando.

58
00:04:43,000 --> 00:04:45,500
Rapaces, todo o mundo dentro.

59
00:04:56,000 --> 00:04:58,625
Aquí estaba Julia. Adoptárona onte.

60
00:05:15,000 --> 00:05:16,625
Levas moito tempo aquí?

61
00:05:18,333 --> 00:05:20,833
Son demasiado... pálida.

62
00:05:21,583 --> 00:05:23,833
Dona Margaret di que parezo enferma.

63
00:05:27,500 --> 00:05:29,333
Queres ser a miña mellor amiga?

64
00:06:06,250 --> 00:06:08,500
Nica, xa están aquí.

65
00:06:15,250 --> 00:06:17,208
Virei visitarte, prométocho.

66
00:06:17,208 --> 00:06:18,375
Rotundamente non.

67
00:06:18,375 --> 00:06:20,375
Marcha e non mires atrás.

68
00:06:23,750 --> 00:06:25,625
Sen ti nunca o conseguiría.

69
00:06:28,708 --> 00:06:29,833
Agora é teu.

70
00:06:47,625 --> 00:06:50,375
<i>No Grave sentira as barras dunha prisión.</i>

71
00:06:53,083 --> 00:06:57,958
<i>Naqueles anos pasaba os días
a desexar que alguén viñese buscarme,</i>

72
00:07:01,291 --> 00:07:05,708
<i>que me mirase aos ollos
e me elixise a min de entre todos,</i>

73
00:07:07,500 --> 00:07:11,041
<i>que me quixese como era,
mesmo se non era gran cousa.</i>

74
00:07:12,500 --> 00:07:14,416
<i>Pero nunca me elixía ninguén.</i>

75
00:07:16,250 --> 00:07:18,583
<i>Ninguén me quería nin se fixaba en min.</i>

76
00:07:19,625 --> 00:07:21,333
<i>Sempre fora invisible.</i>

77
00:07:34,958 --> 00:07:35,875
Estás lista?

78
00:07:38,458 --> 00:07:39,291
Estou.

79
00:07:40,291 --> 00:07:41,750
Eu tamén teño medo.

80
00:07:43,916 --> 00:07:45,916
Vou polas túas cousas?

81
00:07:45,916 --> 00:07:47,375
Só teño isto.

82
00:07:47,875 --> 00:07:50,125
Preferimos animalos a compartir.

83
00:07:52,875 --> 00:07:54,083
Mancácheste?

84
00:07:57,916 --> 00:08:01,791
Ten o costume de coidar dos animais,
sempre ten feridas nos dedos.

85
00:08:02,875 --> 00:08:04,375
Ben, Nica.

86
00:08:04,875 --> 00:08:07,000
Fai bo uso do que aprendiches.

87
00:08:08,041 --> 00:08:11,750
Orde, respecto e obediencia.

88
00:08:12,750 --> 00:08:14,833
E lembra que só é unha proba.

89
00:08:15,541 --> 00:08:17,916
A tutela pode interromperse.

90
00:08:17,916 --> 00:08:21,833
Se dás problemas, imos buscarte
e non se activa a adopción.

91
00:08:21,833 --> 00:08:23,708
Todo irá ben, seguro.

92
00:08:25,000 --> 00:08:25,833
Ben.

93
00:08:26,583 --> 00:08:27,708
Marchamos?

94
00:08:54,083 --> 00:08:54,958
<i>Aquelas mans...</i>

95
00:08:55,666 --> 00:08:59,625
<i>Aquelas mans brancas
que esvaraban sinuosas polo teclado.</i>

96
00:08:59,625 --> 00:09:02,083
<i>Velaquí o orgullo do Grave.</i>

97
00:09:02,583 --> 00:09:04,000
<i>O fillo das estrelas,</i>

98
00:09:04,500 --> 00:09:06,541
<i>o neno que todos desexaban.</i>

99
00:09:06,541 --> 00:09:09,250
<i>Perfecto con todos, agás comigo.</i>

100
00:09:24,083 --> 00:09:24,916
Quen é?

101
00:09:27,166 --> 00:09:28,041
É Rigel.

102
00:09:46,541 --> 00:09:49,708
Amoseivos a ficha do rapaz.
Estades seguros?

103
00:09:50,208 --> 00:09:51,333
A casa é grande,

104
00:09:51,333 --> 00:09:53,541
a Nica custaralle menos adaptarse.

105
00:09:53,541 --> 00:09:57,750
Si, pero coidar dun adolescente
xa é complicado, imaxinade de dous.

106
00:09:57,750 --> 00:10:00,208
Ademais, Rigel é un rapaz problemático

107
00:10:00,208 --> 00:10:02,583
e só nós sabemos levalo.

108
00:10:02,583 --> 00:10:05,666
Non se preocupe, sabemos o que facemos.

109
00:10:06,458 --> 00:10:08,708
E para iso é o período de proba, non?

110
00:10:10,125 --> 00:10:10,958
Ben.

111
00:10:11,666 --> 00:10:12,500
Grazas.

112
00:10:36,208 --> 00:10:38,416
<i>Sempre desexara unha familia,</i>

113
00:10:39,208 --> 00:10:40,166
<i>unha casa,</i>

114
00:10:40,750 --> 00:10:42,375
<i>unha vida fóra do Grave,</i>

115
00:10:42,916 --> 00:10:44,916
<i>e agora que por fin acontecía,</i>

116
00:10:44,916 --> 00:10:47,791
<i>non podía crer que el tamén viñese.</i>

117
00:10:48,708 --> 00:10:52,250
<i>Rigel era a última persoa do mundo
que quería alá comigo.</i>

118
00:11:01,166 --> 00:11:03,708
<i>E, aínda así, non o odiaba.</i>

119
00:11:05,083 --> 00:11:09,083
<i>Unha parte da miña alma
vírao tantas veces,</i>

120
00:11:09,708 --> 00:11:12,791
<i>que xa non sentía
a fría distancia que me gustaría.</i>

121
00:11:22,166 --> 00:11:23,000
Adiante.

122
00:11:28,083 --> 00:11:28,916
Chegamos.

123
00:11:30,125 --> 00:11:33,291
Non é un pazo, mais non falta de nada.

124
00:11:33,291 --> 00:11:35,791
Anna é unha maniática da orde, aviso.

125
00:11:35,791 --> 00:11:37,791
Non se pode dicir o mesmo de ti.

126
00:11:41,416 --> 00:11:43,125
Tocades o piano?

127
00:11:47,208 --> 00:11:48,458
Era do noso fillo.

128
00:11:51,791 --> 00:11:53,208
Amósovos os cuartos.

129
00:11:54,208 --> 00:11:56,125
Norman, vas ti con Rigel?

130
00:11:56,125 --> 00:11:57,083
Claro.

131
00:12:11,333 --> 00:12:12,166
Imos?

132
00:12:15,291 --> 00:12:17,250
Aconselloume unha amiga.

133
00:12:19,250 --> 00:12:20,500
Espero que che guste.

134
00:12:22,208 --> 00:12:24,958
Hai moito que non teño
un cuarto para min soa.

135
00:12:25,833 --> 00:12:27,458
Non sei se é do teu estilo.

136
00:12:29,416 --> 00:12:33,000
Se non che importa,
mañá podes pór esta para ir ao cole.

137
00:12:34,416 --> 00:12:36,500
Coido que é do teu talle. Era de...

138
00:12:37,666 --> 00:12:39,208
Logo compramos unha nova.

139
00:12:40,083 --> 00:12:42,500
Non fai falta. Seguro que me serve.

140
00:12:45,708 --> 00:12:47,541
Aquí tes o uniforme para mañá.

141
00:12:49,833 --> 00:12:50,916
E el é Klaus.

142
00:12:53,458 --> 00:12:55,166
É un tipo algo senlleiro.

143
00:12:56,416 --> 00:12:58,791
Mais, cando quere, é simpático.

144
00:13:41,458 --> 00:13:42,375
Podo entrar?

145
00:13:48,916 --> 00:13:51,416
Mira, Rigel, agora que...

146
00:13:52,041 --> 00:13:53,083
Agora que... que?

147
00:13:53,083 --> 00:13:55,333
Agora que estamos aquí xuntos,

148
00:13:55,333 --> 00:13:58,625
gustaríame que saíse
todo ben con Anna e Norman,

149
00:13:58,625 --> 00:13:59,791
coa adopción.

150
00:14:00,458 --> 00:14:02,208
Se queres que todo saia ben,

151
00:14:02,708 --> 00:14:03,916
non te me achegues.

152
00:14:05,000 --> 00:14:08,375
E non entres no meu cuarto,
nin agora nin nunca.

153
00:14:11,666 --> 00:14:12,875
É unha ameaza?

154
00:14:14,166 --> 00:14:15,541
É un consello...

155
00:14:19,000 --> 00:14:19,833
avelaíña.

156
00:14:28,708 --> 00:14:30,541
O invernadoiro é meu.

157
00:14:31,875 --> 00:14:33,958
Cultivo e vendo flores e plantas.

158
00:14:37,166 --> 00:14:39,416
Ti tamén traballas con flores, Norman?

159
00:14:39,416 --> 00:14:41,750
Non, dedícome ao control de pragas.

160
00:14:42,541 --> 00:14:45,458
Escaravellos, formigas, cascudas, ratos...

161
00:14:49,500 --> 00:14:53,833
Pero só dos que xa están mortos
ou son demasiado perigosos.

162
00:14:59,458 --> 00:15:01,958
Levabádesvos ben no orfanato?

163
00:15:03,083 --> 00:15:04,625
Medramos xuntos.

164
00:15:04,625 --> 00:15:06,125
Somos coma irmáns.

165
00:15:07,833 --> 00:15:10,833
Coñecémonos ben, si. Somos coma irmáns.

166
00:15:11,708 --> 00:15:13,000
Teño que ir ao baño.

167
00:15:16,125 --> 00:15:16,958
Claro.

168
00:15:23,125 --> 00:15:25,541
E Rigel é o nome dunha estrela, non si?

169
00:15:26,583 --> 00:15:29,291
Teus pais debían ser afeccionados.

170
00:15:29,291 --> 00:15:32,166
Púxomo dona Margaret. Meus pais...

171
00:15:34,208 --> 00:15:35,500
Non os coñecín nunca.

172
00:15:39,416 --> 00:15:41,666
Desculpade, agora volvo eu tamén.

173
00:15:51,291 --> 00:15:54,458
<i>Aínda sentía os seus dedos,</i>

174
00:15:54,458 --> 00:15:56,875
<i>como se me marcasen a lume.</i>

175
00:15:56,875 --> 00:15:59,625
<i>O seu encanto velenoso era infeccioso.</i>

176
00:15:59,625 --> 00:16:01,458
<i>El era infeccioso.</i>

177
00:16:02,041 --> 00:16:03,750
Non debiches marchar así.

178
00:16:04,916 --> 00:16:07,333
Os nosos futuros pais están preocupados.

179
00:16:09,833 --> 00:16:11,583
Para ti é un xogo, non si?

180
00:16:12,708 --> 00:16:13,791
Non é máis ca iso.

181
00:16:14,375 --> 00:16:16,500
Fixéchelo ti soa, avelaíña.

182
00:16:20,000 --> 00:16:21,250
Non te me achegues.

183
00:16:23,708 --> 00:16:27,041
E se Anna e Norman
visen canto me desprezas?

184
00:16:28,500 --> 00:16:30,833
Que non é todo tan perfecto como cren?

185
00:16:31,500 --> 00:16:32,875
Poden cambiar de idea.

186
00:16:32,875 --> 00:16:35,791
Algún día verán quen es realmente.

187
00:16:40,666 --> 00:16:41,916
E logo? Quen son?

188
00:16:43,916 --> 00:16:45,666
Es o fabricante de bágoas.

189
00:17:42,458 --> 00:17:43,750
Choraches?

190
00:17:46,208 --> 00:17:47,041
Non.

191
00:17:48,291 --> 00:17:49,375
Non mintas.

192
00:17:49,375 --> 00:17:51,625
Ou lévate o fabricante de bágoas.

193
00:17:57,041 --> 00:17:59,083
Ti cres que existe?

194
00:17:59,916 --> 00:18:01,000
Quen?

195
00:18:01,000 --> 00:18:02,166
O fabricante.

196
00:18:02,750 --> 00:18:04,041
Non che sei.

197
00:18:04,041 --> 00:18:08,333
Igual nolo contan
para que non teñamos sentimentos.

198
00:18:10,291 --> 00:18:12,333
Non seremos coma eles.

199
00:18:15,500 --> 00:18:18,666
- Peter!
- Rigel volve estar mal! Vinde!

200
00:18:18,666 --> 00:18:20,000
- O que?
- Oíches?

201
00:18:29,166 --> 00:18:30,666
Á cama todo o mundo!

202
00:18:30,666 --> 00:18:31,583
Arreando!

203
00:18:41,458 --> 00:18:44,791
Non pasa nada.

204
00:18:46,708 --> 00:18:49,625
Non pasa nada.

205
00:19:11,166 --> 00:19:13,125
Rapaces, é tarde.

206
00:19:20,166 --> 00:19:23,541
INSTITUTO BARNABY

207
00:19:29,333 --> 00:19:31,333
Entendestes como volver?

208
00:19:32,000 --> 00:19:34,083
- É doado.
- Pola ponte de ferro.

209
00:19:35,458 --> 00:19:36,291
Está ben.

210
00:19:36,791 --> 00:19:37,958
Non te preocupes.

211
00:19:42,083 --> 00:19:43,583
- Deica logo.
- Abur.

212
00:19:54,083 --> 00:19:56,125
Ten máis coidado, avelaíña.

213
00:20:19,666 --> 00:20:22,500
Foto do primeiro día!
Billie, comité de benvinda.

214
00:20:22,500 --> 00:20:25,500
Aquí tomamos todo moi en serio.
Ven comigo!

215
00:20:28,125 --> 00:20:29,750
Nica vén de Nikita?

216
00:20:30,666 --> 00:20:31,750
É Nica a secas.

217
00:20:32,583 --> 00:20:34,875
Todos temos esta cara o primeiro día.

218
00:20:34,875 --> 00:20:36,750
Deberías ver a miña. Toma.

219
00:20:37,375 --> 00:20:40,791
Adoro fotografar caras.
Teño un retrato de cada estudante.

220
00:20:40,791 --> 00:20:43,208
A ver, de Phelps teño algunha máis.

221
00:20:47,416 --> 00:20:49,250
Fáltame a da miña mellor amiga.

222
00:20:49,250 --> 00:20:52,333
É imposible tirarlle unha foto, ódiaas.

223
00:20:52,333 --> 00:20:53,625
Voucha presentar.

224
00:20:53,625 --> 00:20:54,541
Miki!

225
00:20:55,041 --> 00:20:56,333
É a nova.

226
00:20:57,583 --> 00:20:58,583
Ola.

227
00:21:00,625 --> 00:21:02,500
No fondo é un amor.

228
00:21:07,583 --> 00:21:10,166
A nova ábroa de pernas nunha semana.

229
00:21:26,291 --> 00:21:28,291
Bo día, Nica. Benvinda.

230
00:21:28,291 --> 00:21:29,208
Bo día.

231
00:21:29,208 --> 00:21:30,666
Son o profesor Kirill.

232
00:21:31,666 --> 00:21:34,958
Vexo que tes notas excelentes
en ciencias, parabéns.

233
00:21:38,958 --> 00:21:41,208
- Oíches?
- Quietos.

234
00:21:41,708 --> 00:21:42,708
Están pelexando!

235
00:21:49,458 --> 00:21:51,250
Ei, quietos!

236
00:21:51,250 --> 00:21:52,166
Rigel!

237
00:21:52,166 --> 00:21:55,208
Quieto! Quietos!

238
00:21:56,583 --> 00:21:58,666
Phelps! Levanta!

239
00:21:59,333 --> 00:22:02,666
- Queres que te volvan expulsar?
- Xuro que comezou el.

240
00:22:02,666 --> 00:22:04,833
- Imos ver o director?
- Non.

241
00:22:07,416 --> 00:22:09,000
Es Rigel Wilde?

242
00:22:11,583 --> 00:22:12,750
Vas á enfermaría?

243
00:22:13,666 --> 00:22:15,500
Pois a clase, arreando.

244
00:22:16,125 --> 00:22:18,125
Para a próxima ábroche expediente.

245
00:22:20,458 --> 00:22:23,833
E vós que mirades? Todos a clase, veña!

246
00:22:27,791 --> 00:22:29,666
É teu irmán?

247
00:22:30,708 --> 00:22:32,041
Non é tal.

248
00:22:34,291 --> 00:22:35,708
Certo, non somos irmáns.

249
00:22:39,416 --> 00:22:42,916
Era hora de que lle desen
unha lección ao imbécil de Phelps.

250
00:22:51,916 --> 00:22:52,916
Si?

251
00:22:56,583 --> 00:22:58,250
Aínda estás a estudar?

252
00:22:58,250 --> 00:22:59,416
Tomo apuntamentos.

253
00:23:00,708 --> 00:23:03,791
Sabes por que Rigel
non quixo cear hoxe connosco?

254
00:23:05,583 --> 00:23:07,416
Ten problemas no cole?

255
00:23:09,208 --> 00:23:10,958
Non, só está canso.

256
00:23:13,791 --> 00:23:16,250
Que linda, quen cha fixo?

257
00:23:16,250 --> 00:23:18,791
Billie, comité de benvinda.

258
00:23:19,916 --> 00:23:22,083
Fixeches amigas? Estás ben, logo?

259
00:23:22,708 --> 00:23:24,666
Os profes tamén son simpáticos.

260
00:23:25,333 --> 00:23:26,541
Déixote estudar.

261
00:23:27,458 --> 00:23:29,291
- Non acabes tarde.
- Boa noite.

262
00:23:29,291 --> 00:23:30,208
Boa noite.

263
00:23:32,041 --> 00:23:33,208
Anna?

264
00:23:33,916 --> 00:23:35,041
Si?

265
00:23:35,041 --> 00:23:36,291
Grazas.

266
00:23:37,291 --> 00:23:38,208
Grazas a ti.

267
00:23:46,916 --> 00:23:47,875
Todo ben?

268
00:23:48,833 --> 00:23:49,958
Si, todo ben.

269
00:24:05,125 --> 00:24:06,666
Vas quedar aí a fitarme?

270
00:24:08,583 --> 00:24:09,500
Por que?

271
00:24:10,291 --> 00:24:11,791
Por que te deixaches elixir?

272
00:24:12,458 --> 00:24:14,416
Pensas que o decidín eu?

273
00:24:15,291 --> 00:24:17,625
A ti sempre te querían todos,

274
00:24:18,500 --> 00:24:20,666
e non permitiches que te adoptasen.

275
00:24:22,708 --> 00:24:23,666
Que cambiou?

276
00:24:23,666 --> 00:24:25,250
Mellor que marches.

277
00:24:38,333 --> 00:24:40,125
Usa isto para cubrir o xeo.

278
00:24:41,041 --> 00:24:43,166
Non me toques.

279
00:24:44,333 --> 00:24:45,166
Nunca.

280
00:24:47,750 --> 00:24:49,125
E se non?

281
00:24:50,833 --> 00:24:51,833
Se non...

282
00:25:02,916 --> 00:25:05,000
eu non me freo.

283
00:25:13,291 --> 00:25:15,375
<i>Sempre crera nos contos.</i>

284
00:25:16,166 --> 00:25:18,500
<i>Sempre esperara vivir un.</i>

285
00:25:19,083 --> 00:25:20,333
<i>Agora estaba dentro,</i>

286
00:25:20,833 --> 00:25:22,625
<i>mais era un conto errado.</i>

287
00:25:25,666 --> 00:25:26,500
Bo día!

288
00:25:27,416 --> 00:25:28,541
Durmiches ben?

289
00:25:29,958 --> 00:25:30,875
Durmín, si.

290
00:25:30,875 --> 00:25:33,708
Se queres, imos de compras
ao saíres do cole.

291
00:25:33,708 --> 00:25:34,875
Vale.

292
00:25:35,875 --> 00:25:38,541
Lévasllo a Rigel, por favor?

293
00:26:33,458 --> 00:26:36,625
Que parte non entendes
de "non entres no meu cuarto"?

294
00:26:37,583 --> 00:26:38,916
Pediumo Anna.

295
00:26:39,583 --> 00:26:42,083
É un favor. Igual non o entendes?

296
00:26:42,083 --> 00:26:44,625
Para ti son o fabricante de bágoas.

297
00:26:46,916 --> 00:26:48,375
O lobo do conto.

298
00:26:50,083 --> 00:26:51,083
Dime, logo...

299
00:26:54,750 --> 00:26:58,541
Segundo ti, ser amable
con alguén que queres que desapareza

300
00:27:00,166 --> 00:27:01,833
non é hipocrisía?

301
00:27:07,833 --> 00:27:08,666
Ves?

302
00:27:09,875 --> 00:27:10,791
Estás a tremer.

303
00:27:11,833 --> 00:27:14,083
Mesmo a miña voz che dá medo.

304
00:27:17,000 --> 00:27:18,625
Non sei que queres, Rigel.

305
00:27:18,625 --> 00:27:20,083
Non o entendo.

306
00:27:23,458 --> 00:27:26,375
Sabes por que os contos
rematan en "para sempre"?

307
00:27:29,125 --> 00:27:31,625
Porque certas cousas non cambian.

308
00:27:32,125 --> 00:27:35,333
Pero cambiaron, xa non estamos no Grave.

309
00:27:36,291 --> 00:27:38,666
Aférraste a este final feliz.

310
00:27:47,708 --> 00:27:50,791
Atréveste a imaxinar un conto sen lobo?

311
00:28:14,375 --> 00:28:15,708
Chámaste Nica, non si?

312
00:28:16,416 --> 00:28:17,541
Como a bolboreta.

313
00:28:20,583 --> 00:28:22,416
Pescudaches sobre o meu nome?

314
00:28:24,958 --> 00:28:26,541
Pescudei sobre ti.

315
00:28:32,958 --> 00:28:33,875
Agarda.

316
00:28:33,875 --> 00:28:34,791
Que pasa?

317
00:28:34,791 --> 00:28:35,708
Quieto.

318
00:28:36,666 --> 00:28:38,000
Que noxo!

319
00:28:38,000 --> 00:28:39,375
Non, é temesiño.

320
00:28:40,625 --> 00:28:44,166
Estaba a agocharse, a cuncha é a súa casa.

321
00:28:44,958 --> 00:28:47,041
Mais se crebase, podería matalo.

322
00:28:49,916 --> 00:28:51,833
Ves? O que o protexe...

323
00:28:54,666 --> 00:28:56,750
é o que máis dano pode facerlle.

324
00:28:59,583 --> 00:29:01,916
Pois grazas por salvarme.

325
00:29:01,916 --> 00:29:03,875
Salveino a el de ti.

326
00:29:06,333 --> 00:29:08,458
- Un pracer, son...
- Un prosma.

327
00:29:14,083 --> 00:29:15,333
Estades xuntos?

328
00:29:15,916 --> 00:29:18,208
Nós... non.

329
00:29:19,166 --> 00:29:21,375
Atopeite! Vamos, que hai control.

330
00:29:21,375 --> 00:29:23,833
Desculpa, Lionel, quero repasar.

331
00:29:24,416 --> 00:29:25,541
Estou moi nerviosa.

332
00:29:31,500 --> 00:29:34,333
É aí, teñen roupa preciosa.

333
00:29:34,333 --> 00:29:36,666
Anna, en serio, non fai falta.

334
00:29:36,666 --> 00:29:37,875
Veña, anímate!

335
00:29:44,666 --> 00:29:46,000
Non é fermoso?

336
00:29:47,125 --> 00:29:47,958
É, si.

337
00:29:48,958 --> 00:29:50,458
Veña, entramos.

338
00:29:50,458 --> 00:29:52,833
En serio, xa compramos moitas cousas.

339
00:29:54,500 --> 00:29:56,083
- Ola!
- Ola!

340
00:29:56,083 --> 00:29:58,041
- Pode probar ese?
- Abofé.

341
00:29:58,041 --> 00:29:58,958
Grazas.

342
00:30:04,791 --> 00:30:05,625
Anna.

343
00:30:09,083 --> 00:30:10,250
Estás guapísima.

344
00:30:10,833 --> 00:30:11,666
Ti cres?

345
00:30:12,958 --> 00:30:15,208
Si, es guapa, Nica.

346
00:30:16,000 --> 00:30:17,875
Non teñas medo de amosalo.

347
00:30:20,041 --> 00:30:22,041
Agarda, porque falta o cinto.

348
00:30:39,875 --> 00:30:40,708
Anna?

349
00:31:05,041 --> 00:31:07,291
Con isto estarás perfecta.

350
00:31:22,458 --> 00:31:24,041
Nica?

351
00:31:27,041 --> 00:31:29,083
Nica? Que pasa?

352
00:31:29,958 --> 00:31:31,083
Nica.

353
00:31:32,250 --> 00:31:33,916
Nica, respira.

354
00:31:35,750 --> 00:31:36,750
Norman!

355
00:31:40,000 --> 00:31:41,000
Nica.

356
00:31:41,000 --> 00:31:41,916
Nica?

357
00:31:43,416 --> 00:31:44,958
Que lle pasa?

358
00:31:44,958 --> 00:31:46,625
<i>Margaret sabíao todo.</i>

359
00:31:46,625 --> 00:31:47,541
Óesme?

360
00:31:47,541 --> 00:31:49,875
<i>Coñecía os nosos medos e desexos.</i>

361
00:31:50,500 --> 00:31:54,083
<i>Sabía do meu amor polos animais
e do meu medo á escuridade.</i>

362
00:31:54,583 --> 00:31:59,416
<i>O medo de Peter aos ruídos fortes
e o amor de Adeline polo cabelo longo.</i>

363
00:31:59,916 --> 00:32:03,875
<i>Sabía a que soños nos aferrabamos
para resistir no Grave,</i>

364
00:32:03,875 --> 00:32:05,625
<i>e destruíaos.</i>

365
00:32:05,625 --> 00:32:08,000
<i>Destruía toda forma de amor,</i>

366
00:32:08,000 --> 00:32:10,875
<i>catar polo que lle profesaba a Rigel.</i>

367
00:32:10,875 --> 00:32:12,125
Non!

368
00:32:12,625 --> 00:32:13,458
Veña!

369
00:32:15,583 --> 00:32:17,625
<i>Rompera algo dentro de nós.</i>

370
00:32:18,166 --> 00:32:21,750
<i>Algo que, en troques de medrar,
ficaría pequeno para sempre.</i>

371
00:32:23,000 --> 00:32:23,833
<i>Fráxil,</i>

372
00:32:24,833 --> 00:32:26,583
<i>infantil e arruinado.</i>

373
00:32:27,083 --> 00:32:27,916
Non!

374
00:32:37,208 --> 00:32:42,083
<i>Cada vez, nas tebras,
tería berrado até quedar sen voz</i>

375
00:32:42,083 --> 00:32:46,333
<i>se non fose por aqueles pasos
na calixe que chegaban á miña cama</i>

376
00:32:46,333 --> 00:32:50,125
<i>e por aqueles dedos tépedos
que me collían da man.</i>

377
00:32:50,125 --> 00:32:54,458
<i>Daquela, a dor esmorecía,
o corazón latexaba máis lento.</i>

378
00:32:54,458 --> 00:32:58,875
<i>Tan só con aquela caricia,
con aquel único alivio, sempre.</i>

379
00:32:58,875 --> 00:32:59,875
<i>Adeline.</i>

380
00:32:59,875 --> 00:33:01,333
Entón?

381
00:33:01,333 --> 00:33:02,333
Responde.

382
00:33:02,916 --> 00:33:04,500
Que me portei mal.

383
00:33:04,500 --> 00:33:08,666
Que merecías un castigo
porque fuches desobediente.

384
00:33:09,250 --> 00:33:11,583
Quen vai querer unha rapaza así?

385
00:33:11,583 --> 00:33:14,333
Voume portar ben.

386
00:33:14,333 --> 00:33:15,916
E baixa esas mangas!

387
00:33:23,333 --> 00:33:25,250
Benvindos, adiante.

388
00:33:44,583 --> 00:33:47,708
<i>Cando o pasado se facía insoportable,
pensaba en Anna.</i>

389
00:33:48,500 --> 00:33:52,125
<i>Non podía contarlle a verdade,
mais ela estaba aí</i>

390
00:33:53,083 --> 00:33:55,083
<i>e eu non tiña que ter medo.</i>

391
00:33:55,083 --> 00:33:57,833
<i>Estaba lonxe e a salvo, era libre.</i>

392
00:33:58,333 --> 00:34:00,041
<i>E podía ser feliz.</i>

393
00:34:00,041 --> 00:34:01,500
Ola!

394
00:34:01,500 --> 00:34:02,875
- Vamos.
- Si.

395
00:34:06,250 --> 00:34:08,083
Acordaches. Como estás?

396
00:34:08,625 --> 00:34:09,875
Mellor, grazas.

397
00:34:10,833 --> 00:34:12,083
Durmiches moito.

398
00:34:12,083 --> 00:34:15,375
Facíache falta descansar,
foron días intensos para ti.

399
00:34:15,375 --> 00:34:16,291
Un pouco.

400
00:34:17,250 --> 00:34:20,375
Sabes que Klaus durmiu
toda a noite na túa cama?

401
00:34:20,375 --> 00:34:21,500
En serio?

402
00:34:21,500 --> 00:34:23,250
Sabía que non estabas ben.

403
00:34:24,666 --> 00:34:25,875
Agora estou mellor.

404
00:34:27,416 --> 00:34:29,750
Pensaba volver a clase.

405
00:34:29,750 --> 00:34:30,666
Claro.

406
00:34:34,166 --> 00:34:35,416
Mancácheste?

407
00:34:36,166 --> 00:34:39,875
As rosas, gústame deixarlles as espiñas.

408
00:34:40,583 --> 00:34:43,375
Lémbranme que o fermoso tamén fai dano.

409
00:34:51,666 --> 00:34:52,500
Podo?

410
00:35:01,333 --> 00:35:02,166
Nica,

411
00:35:02,916 --> 00:35:05,833
se tiveses calquera problema, contaríasmo?

412
00:35:06,625 --> 00:35:07,458
Claro.

413
00:35:10,125 --> 00:35:11,958
Por que hai tan poucas rosas?

414
00:35:11,958 --> 00:35:13,958
Leváronas polo Garden Day.

415
00:35:13,958 --> 00:35:15,166
O Garden Day?

416
00:35:15,166 --> 00:35:16,083
Si.

417
00:35:16,583 --> 00:35:18,916
- Non sabes que día é hoxe?
- Non.

418
00:35:19,583 --> 00:35:22,916
Os estudantes regalan
rosas de forma anónima.

419
00:35:22,916 --> 00:35:25,875
Hai moitas cores con cadanseu significado.

420
00:35:25,875 --> 00:35:29,625
O día antes has deixar o armario aberto.
Abrinche eu o teu.

421
00:35:29,625 --> 00:35:32,416
O chiste está
en adiviñar de quen é a rosa.

422
00:35:32,416 --> 00:35:33,750
Parece divertido.

423
00:35:35,666 --> 00:35:37,083
Divertidísimo.

424
00:35:37,083 --> 00:35:40,458
Ela critica, pero acaba sempre
co armario cheo. Non ves?

425
00:35:40,458 --> 00:35:43,416
- Dámas a min, a ti mórrenche.
- Túas.

426
00:35:43,416 --> 00:35:45,000
E sabes de quen son?

427
00:35:45,000 --> 00:35:47,416
Dun de Psicoloxía, anda tolo por ela.

428
00:35:47,416 --> 00:35:48,416
Agora o meu.

429
00:35:49,000 --> 00:35:50,250
Non dou. Faino ti.

430
00:35:50,833 --> 00:35:51,708
Está ben.

431
00:35:51,708 --> 00:35:53,916
Non, teño que ser capaz!

432
00:35:53,916 --> 00:35:55,625
Por favor, que estea.

433
00:35:57,458 --> 00:35:58,291
Si!

434
00:35:59,000 --> 00:36:00,083
É el, coma sempre.

435
00:36:00,875 --> 00:36:01,708
Quen?

436
00:36:01,708 --> 00:36:06,041
Non sei, aí está o chiste.
Sempre ma deixa. Igual é tímido.

437
00:36:06,041 --> 00:36:07,791
Encántame.

438
00:36:07,791 --> 00:36:10,083
Veña, Nica, tócache. Abre.

439
00:36:11,166 --> 00:36:13,666
- Non haberá nada.
- Nunca digas nunca.

440
00:36:24,875 --> 00:36:27,000
Nunca vira unha rosa negra.

441
00:36:27,000 --> 00:36:27,916
É fermosa.

442
00:36:27,916 --> 00:36:32,333
Significa un amor atormentado,
obsesivo, que non ten nada de puro.

443
00:36:32,333 --> 00:36:33,958
Sabes de quen pode ser?

444
00:36:35,625 --> 00:36:36,458
Teño présa.

445
00:36:58,750 --> 00:37:01,708
Entras na boca do lobo
e esperas que non te devore?

446
00:37:05,250 --> 00:37:06,708
Regaláchesma ti?

447
00:37:08,000 --> 00:37:09,083
Eu?

448
00:37:09,083 --> 00:37:10,416
Regalarche unha flor?

449
00:37:12,916 --> 00:37:14,708
Déixaa! É miña!

450
00:37:23,541 --> 00:37:24,500
Nica?

451
00:37:32,083 --> 00:37:33,416
Preguntan por ti.

452
00:37:34,000 --> 00:37:35,916
O Garden Day deu no albo?

453
00:37:38,083 --> 00:37:41,333
Á noite Norman e mais eu
temos unha cea de traballo.

454
00:37:41,333 --> 00:37:42,916
Déixovos algo preparado?

455
00:37:42,916 --> 00:37:44,833
Non fai falta, grazas.

456
00:37:44,833 --> 00:37:45,750
Bule!

457
00:37:46,333 --> 00:37:48,875
Non o fagas agardar. Parece riquiño, eh?

458
00:37:54,458 --> 00:37:55,833
- Ola.
- Ola.

459
00:37:55,833 --> 00:37:59,791
Deixaches isto no cole
e pon a túa dirección, así que...

460
00:38:00,375 --> 00:38:01,208
Grazas.

461
00:38:04,458 --> 00:38:05,708
Apetéceche un xeado?

462
00:38:09,208 --> 00:38:10,750
Apetece, si.

463
00:38:11,375 --> 00:38:12,750
Xenial, vamos.

464
00:38:22,583 --> 00:38:23,666
Cantos anos tiñas?

465
00:38:24,750 --> 00:38:25,583
Oito.

466
00:38:26,458 --> 00:38:27,458
Que pequeniña.

467
00:38:29,750 --> 00:38:31,041
Teus pais que facían?

468
00:38:33,500 --> 00:38:34,750
Eran biólogos.

469
00:38:36,208 --> 00:38:42,416
En troques de contos para durmir,
contábanme como funcionan as células.

470
00:38:43,166 --> 00:38:45,625
Por iso din que es un xenio en ciencias.

471
00:38:45,625 --> 00:38:48,583
Igual es das que cambian o mundo.

472
00:38:48,583 --> 00:38:51,750
- Dáme, xa cho boto eu.
- Pódeme vir ben.

473
00:38:52,625 --> 00:38:53,666
Para que?

474
00:38:55,541 --> 00:38:57,833
Para curar as ás rotas dun paxaro.

475
00:39:01,375 --> 00:39:02,208
E...

476
00:39:03,041 --> 00:39:04,833
tamén curas corazóns rotos?

477
00:39:07,541 --> 00:39:09,333
O corazón é máis complicado.

478
00:39:13,916 --> 00:39:15,291
Igual é mellor marchar.

479
00:39:18,583 --> 00:39:19,416
Vale.

480
00:40:07,625 --> 00:40:08,833
Coidado, por aquí.

481
00:40:10,625 --> 00:40:13,500
Non, ven! Coidado aí.

482
00:40:17,833 --> 00:40:19,000
Listo.

483
00:40:19,000 --> 00:40:20,083
Estás a cuberto?

484
00:40:28,000 --> 00:40:29,208
Estou orgulloso.

485
00:40:29,208 --> 00:40:31,208
Tróuxente á casa sa e salva.

486
00:40:31,208 --> 00:40:32,833
Sen ti, afogaba.

487
00:40:33,833 --> 00:40:36,041
Non, creo que te arranxas ben soa.

488
00:40:36,916 --> 00:40:37,750
Ti cres?

489
00:40:39,791 --> 00:40:40,625
É que...

490
00:40:41,708 --> 00:40:45,583
a túa vida é moi distinta
da de calquera que coñeza.

491
00:40:46,833 --> 00:40:49,541
E, ademais de forte,

492
00:40:52,375 --> 00:40:53,500
es fermosa.

493
00:40:57,666 --> 00:40:58,541
Marcho.

494
00:41:00,041 --> 00:41:00,875
Vale.

495
00:41:02,083 --> 00:41:04,083
Até mañá, logo.

496
00:41:04,666 --> 00:41:05,666
Até mañá.

497
00:41:23,333 --> 00:41:26,208
<i>Algo me dicía que estaba a miralo de máis,</i>

498
00:41:26,750 --> 00:41:29,541
<i>mais sempre me resultara imposible
non miralo.</i>

499
00:41:30,333 --> 00:41:33,083
<i>E aquela bolboreta era inxenua e afouta.</i>

500
00:41:33,583 --> 00:41:36,250
<i>Ou, se cadra,
só era unha tola sen esperanza.</i>

501
00:41:37,250 --> 00:41:41,000
<i>Cantas veces vira
os nenos do Grave esnaquizalas.</i>

502
00:41:43,875 --> 00:41:46,291
<i>Se cadra non albergaba só rabia e dor.</i>

503
00:41:47,125 --> 00:41:49,083
<i>Se cadra, tamén había luz nel.</i>

504
00:41:49,708 --> 00:41:53,541
<i>No meu corazón sentía
que Rigel non era malo.</i>

505
00:41:55,250 --> 00:41:57,083
<i>Non podía renderme con el.</i>

506
00:42:01,666 --> 00:42:02,500
Rigel...

507
00:42:07,875 --> 00:42:10,125
- Que tes?
- Non me toques.

508
00:42:13,041 --> 00:42:14,625
Quero saber se estás ben.

509
00:42:14,625 --> 00:42:15,750
Por que?

510
00:42:18,958 --> 00:42:19,791
Ah, xa.

511
00:42:20,500 --> 00:42:21,750
Non o podes evitar.

512
00:42:23,291 --> 00:42:24,833
É máis forte ca ti.

513
00:42:24,833 --> 00:42:26,333
Gustaríache arranxarme.

514
00:42:27,500 --> 00:42:30,500
Parece que fagas de todo
para que te odien.

515
00:42:30,500 --> 00:42:31,500
E ódiasme?

516
00:42:35,375 --> 00:42:36,291
Ódiasme?

517
00:42:37,750 --> 00:42:39,041
Ódiasme, avelaíña?

518
00:42:41,375 --> 00:42:42,500
É o que queres?

519
00:42:44,625 --> 00:42:45,458
Si,

520
00:42:46,125 --> 00:42:47,250
é o que quero.

521
00:42:52,833 --> 00:42:55,666
<i>Non odiaba a Rigel, só quería entendelo.</i>

522
00:42:56,333 --> 00:43:00,541
<i>Talvez algún día comprendería
o misterio que daba voz aos seus xestos.</i>

523
00:43:01,458 --> 00:43:04,458
<i>Pero dunha cousa estaba segura.</i>

524
00:43:04,458 --> 00:43:06,375
<i>Fabricante de bágoas ou non,</i>

525
00:43:06,375 --> 00:43:08,958
<i>nada me facía tremer o corazón coma el.</i>

526
00:43:18,125 --> 00:43:19,833
<i>Mira o que me fixo.</i>

527
00:43:19,833 --> 00:43:23,583
<i>Foi teu irmán, díxenlle que parase
e bateu en min sen motivo.</i>

528
00:43:40,291 --> 00:43:41,583
Que fixeches?

529
00:43:43,666 --> 00:43:45,000
Pregúntallo a el.

530
00:43:45,625 --> 00:43:46,458
Por que?

531
00:43:48,333 --> 00:43:49,166
Por que?

532
00:43:52,666 --> 00:43:54,875
Que fixen eu para merecer isto?

533
00:43:55,458 --> 00:43:56,666
Non me toques.

534
00:43:58,625 --> 00:43:59,625
Dime por que.

535
00:44:03,625 --> 00:44:05,875
Ti es o meu fabricante de bágoas.

536
00:44:08,500 --> 00:44:09,333
Rigel!

537
00:44:10,333 --> 00:44:11,833
Estás fervendo.

538
00:44:12,500 --> 00:44:13,625
Que che pasa?

539
00:44:13,625 --> 00:44:15,083
Vamos arriba.

540
00:44:15,083 --> 00:44:17,125
Arriba, axúdame.

541
00:44:17,125 --> 00:44:18,291
Axúdame.

542
00:44:19,208 --> 00:44:20,041
Vamos arriba.

543
00:44:23,666 --> 00:44:26,458
<i>E agora conectamos co noso enviado.</i>

544
00:44:26,458 --> 00:44:29,291
<i>A autoestrada segue parada
por mor do aluvión.</i>

545
00:44:29,291 --> 00:44:31,750
<i>Os accesos á cidade están bloqueados.</i>

546
00:44:31,750 --> 00:44:35,375
<i>É difícil estimar
cando se restablecerá o tráfico.</i>

547
00:44:35,375 --> 00:44:37,208
<i>As condicións meteorolóxicas...</i>

548
00:44:37,208 --> 00:44:38,291
Chamo os rapaces.

549
00:44:38,291 --> 00:44:41,458
<i>...hai treboadas e tormentas de carácter...</i>

550
00:44:41,458 --> 00:44:42,625
Si.

551
00:44:43,458 --> 00:44:44,583
Sube as mans.

552
00:44:52,583 --> 00:44:53,416
Apóiate.

553
00:44:57,708 --> 00:44:59,875
<i>Especialmente fortes no sur...</i>

554
00:44:59,875 --> 00:45:01,291
Non collen.

555
00:45:01,291 --> 00:45:02,333
<i>...precipitacións...</i>

556
00:45:02,333 --> 00:45:03,708
Igual xa dormen.

557
00:45:03,708 --> 00:45:04,916
Probo outra vez?

558
00:45:04,916 --> 00:45:06,666
<i>...nas arterias principais.</i>

559
00:45:23,291 --> 00:45:25,041
Ola, Anna!

560
00:45:25,041 --> 00:45:26,458
Ola, Nica. Todo ben?

561
00:45:26,458 --> 00:45:27,500
<i>Si.</i>

562
00:45:28,583 --> 00:45:31,583
Mira, estamos atrapados
no tráfico polo mal tempo.

563
00:45:31,583 --> 00:45:32,916
Non vos preocupedes.

564
00:45:32,916 --> 00:45:35,666
<i>Soas rara, seguro que vai todo ben?</i>

565
00:45:35,666 --> 00:45:38,666
É que Rigel ten febre.
Onde están as menciñas?

566
00:45:38,666 --> 00:45:40,291
No armario do baño.

567
00:45:40,875 --> 00:45:43,166
- Teño que preocuparme?
<i>- Xa me apaño.</i>

568
00:45:44,000 --> 00:45:44,833
<i>- Segura?</i>
- Si.

569
00:45:44,833 --> 00:45:46,333
Tranquila, Anna.

570
00:45:46,333 --> 00:45:47,250
Un momento.

571
00:45:48,000 --> 00:45:48,875
Agarda.

572
00:45:50,458 --> 00:45:51,958
Atopeinas.

573
00:45:51,958 --> 00:45:53,041
<i>Ben.</i>

574
00:45:53,041 --> 00:45:56,416
- Falamos despois?
<i>- Claro, chámote eu. Abur!</i>

575
00:45:56,416 --> 00:45:58,208
<i>...moi movido.</i>

576
00:45:58,208 --> 00:46:01,041
<i>Ventos do norte con carácter de tormenta.</i>

577
00:46:01,041 --> 00:46:02,375
Rigel ten febre.

578
00:46:02,375 --> 00:46:05,250
<i>...refachos nas próximas horas.</i>

579
00:46:06,750 --> 00:46:08,541
Toma estas, Rigel.

580
00:46:13,041 --> 00:46:13,875
Axúdame.

581
00:46:16,416 --> 00:46:17,375
Abre a boca.

582
00:46:59,708 --> 00:47:01,000
Quieta.

583
00:47:07,125 --> 00:47:09,500
Queda aquí comigo, por favor.

584
00:48:10,416 --> 00:48:11,416
Dona Margaret?

585
00:48:12,875 --> 00:48:15,458
- Si?
- Chegou a nena nova.

586
00:48:22,125 --> 00:48:23,416
Sigue tocando.

587
00:48:38,875 --> 00:48:40,541
<i>Aquí hai poucas normas.</i>

588
00:48:41,541 --> 00:48:45,166
<i>Orde, respecto e obediencia.</i>

589
00:48:45,166 --> 00:48:48,583
Dáme a cadea,
non se permiten os obxectos persoais.

590
00:48:50,000 --> 00:48:51,333
Pero era de miña nai.

591
00:48:51,333 --> 00:48:54,125
Orde, respecto e obediencia.

592
00:48:54,875 --> 00:48:57,250
Non quererás infrinxilas o primeiro día.

593
00:48:58,000 --> 00:48:59,000
Rigel!

594
00:49:25,791 --> 00:49:26,666
Atópaste mal?

595
00:49:26,666 --> 00:49:28,208
Marcha, avelaíña!

596
00:49:29,000 --> 00:49:31,083
Por que non estás na túa mesa?

597
00:49:32,375 --> 00:49:34,208
Desculpe, dona Marg...

598
00:49:34,791 --> 00:49:36,583
Fun coller o sal.

599
00:49:38,875 --> 00:49:40,583
Ven comigo.

600
00:49:40,583 --> 00:49:42,375
Non, por favor!

601
00:49:44,041 --> 00:49:44,875
Por favor!

602
00:49:48,375 --> 00:49:50,291
Que fixeches?

603
00:49:50,291 --> 00:49:51,500
Chamade un médico!

604
00:49:52,000 --> 00:49:53,125
Que fixeches?

605
00:49:54,250 --> 00:49:55,541
Chamade un médico!

606
00:49:57,625 --> 00:49:59,708
Vinte, cortácheste á mantenta.

607
00:50:00,625 --> 00:50:03,250
Por que ía facer unha parvada así?

608
00:50:04,291 --> 00:50:05,958
Amósame o que agochas.

609
00:50:06,666 --> 00:50:07,583
Marcha.

610
00:50:07,583 --> 00:50:08,958
Veña, déixamo ver.

611
00:50:13,791 --> 00:50:15,416
Pero... é a cadea de Nica.

612
00:50:15,416 --> 00:50:17,458
Pensa que a botaches.

613
00:50:17,458 --> 00:50:18,791
Por que a tes?

614
00:50:18,791 --> 00:50:20,291
Queda con ela se queres.

615
00:50:22,000 --> 00:50:26,125
Gústache Nica. Fas que non, pero gústache.

616
00:50:26,125 --> 00:50:27,375
Non llo digas.

617
00:50:27,375 --> 00:50:29,125
Ela pensa que a odias.

618
00:50:29,125 --> 00:50:30,625
E así debe ser.

619
00:51:15,875 --> 00:51:17,708
Mellor que volva ao meu cuarto.

620
00:51:41,333 --> 00:51:42,166
Nica!

621
00:51:42,916 --> 00:51:43,750
Rigel!

622
00:51:53,500 --> 00:51:54,458
Como está?

623
00:51:55,125 --> 00:51:56,625
Mellor, pasoulle a febre.

624
00:51:57,708 --> 00:51:58,916
Pero que aconteceu?

625
00:51:59,500 --> 00:52:00,333
Non sei.

626
00:52:00,833 --> 00:52:03,375
Veña, vai descansar. Xa nos ocupamos nós.

627
00:52:11,000 --> 00:52:12,250
Que ten no labio?

628
00:52:28,458 --> 00:52:32,125
LIONEL
CHAMADA ENTRANTE

629
00:52:35,708 --> 00:52:38,625
<i>Aquela noite sucedera algo,
ambos o sabiamos.</i>

630
00:52:39,291 --> 00:52:41,166
<i>E, con todo, alí estabamos,</i>

631
00:52:41,166 --> 00:52:43,166
<i>como cando eramos nenos,</i>

632
00:52:43,166 --> 00:52:47,083
<i>separados por aquela fronteira
onde eu era a nena do Grave</i>

633
00:52:47,666 --> 00:52:49,791
<i>e el, o fabricante de bágoas.</i>

634
00:52:51,041 --> 00:52:53,208
<i>Con Lionel tamén cambiara todo.</i>

635
00:52:53,208 --> 00:52:55,958
<i>Víao no cole,
pero levabamos días sen falar.</i>

636
00:52:55,958 --> 00:52:57,500
<i>Sorte que estaban elas.</i>

637
00:52:57,500 --> 00:52:59,541
<i>Era fermoso ter amigas.</i>

638
00:52:59,541 --> 00:53:01,833
<i>Só me sentira así con Adeline.</i>

639
00:53:05,500 --> 00:53:06,458
Contra!

640
00:53:07,583 --> 00:53:10,166
É millonaria, pero non quere que se saiba.

641
00:53:10,750 --> 00:53:13,500
Dálle vergonza. Paréceche normal?

642
00:53:14,250 --> 00:53:16,166
- Ola!
- Ola!

643
00:53:16,750 --> 00:53:20,125
Pedín que vos fixesen algo de comer.
Gardo o cabalo e vou.

644
00:53:20,125 --> 00:53:21,875
- Vale.
- Billie, acompáñala?

645
00:53:21,875 --> 00:53:22,791
Claro.

646
00:53:28,958 --> 00:53:30,458
Entendes a diferenza?

647
00:53:30,458 --> 00:53:34,916
A bacteria é un organismo unicelular
e o virus, unha cadea de proteínas.

648
00:53:34,916 --> 00:53:38,333
Deberías substituír a Kirill.
Cando explica el, adormezo.

649
00:53:40,291 --> 00:53:42,666
Coido que teño o mesmo efecto sobre ela.

650
00:53:45,833 --> 00:53:47,291
Vou ao baño.

651
00:53:47,291 --> 00:53:48,291
Vale.

652
00:54:35,791 --> 00:54:37,250
Non viches nada.

653
00:54:39,208 --> 00:54:40,041
Claro.

654
00:54:41,958 --> 00:54:43,375
Non llo digas a ninguén.

655
00:54:47,916 --> 00:54:49,125
Es ti, non si?

656
00:54:51,083 --> 00:54:52,166
A rosa branca?

657
00:54:57,625 --> 00:54:58,875
Tes que llo dicir.

658
00:55:00,250 --> 00:55:02,375
É a miña mellor amiga, perderíaa.

659
00:55:03,083 --> 00:55:04,166
Non o sabes.

660
00:55:04,166 --> 00:55:05,291
Seino.

661
00:55:12,458 --> 00:55:15,916
Que tarde! Hai que prepararse.
Por que non me espertastes?

662
00:55:17,541 --> 00:55:18,750
Que vos pasa?

663
00:55:19,750 --> 00:55:20,583
Nada.

664
00:55:34,250 --> 00:55:35,666
Levas un mes evitándome.

665
00:55:35,666 --> 00:55:38,166
Nin me falas nin me colles o móbil.

666
00:55:38,166 --> 00:55:41,000
Desculpa, Lionel, non puiden.
Que fas aquí?

667
00:55:41,833 --> 00:55:42,666
Gústasme.

668
00:55:44,166 --> 00:55:46,291
Dille ao teu irmán que non se meta.

669
00:55:47,291 --> 00:55:48,875
Sempre estará na miña vida.

670
00:55:50,541 --> 00:55:51,541
Que queres dicir?

671
00:55:52,708 --> 00:55:54,166
Que hai entre vós?

672
00:55:54,708 --> 00:55:55,875
Non o entenderías.

673
00:55:56,375 --> 00:55:57,875
Non estabas no orfanato.

674
00:56:02,500 --> 00:56:04,041
- Marcho.
- Quieta.

675
00:56:12,541 --> 00:56:15,208
- Desculpa, vólvocho comprar.
- Era a última.

676
00:56:16,791 --> 00:56:18,916
Hoxe é o aniversario de Rigel.

677
00:56:20,875 --> 00:56:22,833
Non podes comprarlle outra cousa?

678
00:56:23,500 --> 00:56:24,333
Non.

679
00:56:27,458 --> 00:56:28,625
Odia os regalos.

680
00:56:30,250 --> 00:56:32,625
Isto era o único que tiña sentido.

681
00:56:34,541 --> 00:56:35,375
Debo marchar.

682
00:56:37,875 --> 00:56:39,500
<i>Lionel non o entendía.</i>

683
00:56:40,250 --> 00:56:42,791
<i>Para el só era unha esfera de cristal.</i>

684
00:56:42,791 --> 00:56:46,208
<i>Para min un xeito de lembrarlle
a Rigel que podía brillar</i>

685
00:56:46,208 --> 00:56:48,250
<i>como a estrela que lle daba nome.</i>

686
00:56:59,375 --> 00:57:01,333
Nica, corazón. Chegaches, ven.

687
00:57:01,333 --> 00:57:02,250
Ola!

688
00:57:02,250 --> 00:57:04,375
Non dixerades que era tan guapa.

689
00:57:04,375 --> 00:57:07,666
Ven, senta e cóntame
que tal con estes tolos.

690
00:57:08,500 --> 00:57:13,000
Teño tantos segredos que contarche
que non sei se os quererás como pais.

691
00:57:14,000 --> 00:57:15,916
Son Dalma. A miña filla, Asia.

692
00:57:16,500 --> 00:57:19,416
E o que está a chapar
o pan todo é o meu home.

693
00:57:21,000 --> 00:57:22,875
Anna faloume moito de vós.

694
00:57:23,625 --> 00:57:26,750
- Estiveches nun orfanato até os 16?
- Asia!

695
00:57:27,791 --> 00:57:31,916
Como ela sabe tanto de nós,
gustaríame saber algo dela.

696
00:57:36,208 --> 00:57:37,291
Rigel!

697
00:57:39,250 --> 00:57:40,375
Ola a todos.

698
00:57:41,833 --> 00:57:43,041
Desculpade a demora.

699
00:57:47,333 --> 00:57:48,750
Ven, senta e comezamos.

700
00:57:49,541 --> 00:57:51,208
Quen quere unha salchicha?

701
00:57:52,750 --> 00:57:54,125
Nica, podes ir ti?

702
00:57:54,125 --> 00:57:55,250
Claro.

703
00:58:02,958 --> 00:58:03,833
Adeline!

704
00:58:04,958 --> 00:58:07,041
Ola! Pero que fas ti aquí?

705
00:58:07,041 --> 00:58:08,291
Inviteina eu.

706
00:58:09,708 --> 00:58:10,958
Deixáronte saír?

707
00:58:10,958 --> 00:58:12,458
Vou facer os 18,

708
00:58:12,458 --> 00:58:15,458
danme permiso para vir buscar traballo.

709
00:58:15,458 --> 00:58:17,833
Onte chamoume Ana e vin.

710
00:58:18,833 --> 00:58:20,166
Ven, pasa.

711
00:58:20,166 --> 00:58:21,166
Grazas.

712
00:58:21,666 --> 00:58:24,750
Anna díxome que túa irmá
rompe corazóns no cole.

713
00:58:24,750 --> 00:58:26,291
Orgulloso ou celoso?

714
00:58:26,291 --> 00:58:28,541
Os amoríos de Nica danme igual.

715
00:58:33,041 --> 00:58:34,958
Non che gustan os aniversarios,

716
00:58:35,708 --> 00:58:37,041
mais este é distinto.

717
00:58:37,625 --> 00:58:40,416
É o comezo dunha nova vida
para ti e para Nica.

718
00:58:41,541 --> 00:58:44,250
A partir de mañá
sodes oficialmente Milligan.

719
00:58:45,541 --> 00:58:46,958
Activamos a adopción.

720
00:58:47,958 --> 00:58:50,875
É broma? Isto que é? Un dous por un?

721
00:58:50,875 --> 00:58:51,833
Asia!

722
00:58:51,833 --> 00:58:53,875
Queredes substituír a Alan.

723
00:58:55,083 --> 00:58:57,166
Levas meses sen pronunciar o nome.

724
00:58:57,166 --> 00:58:59,500
Non me cómpre dicilo para recordalo.

725
00:58:59,500 --> 00:59:02,166
En serio? Porque parece que o esqueciches.

726
00:59:02,166 --> 00:59:05,541
- Como podes dicir iso?
- E vós como podedes facer isto?

727
00:59:05,541 --> 00:59:06,458
Asia.

728
00:59:07,291 --> 00:59:11,250
Aférraste á dor como a unha lousa
que te afundirá cada vez máis.

729
00:59:12,291 --> 00:59:14,333
Só queremos seguir adiante.

730
00:59:14,916 --> 00:59:16,916
- Adoptando estes dous?
- Non.

731
00:59:18,208 --> 00:59:21,125
Axudando uns rapaces que só precisan amor.

732
00:59:21,125 --> 00:59:24,708
Eu tamén preciso amor,
mais Alan xa non está.

733
00:59:25,666 --> 00:59:29,375
Xa non poderei velo
nin dicirlle canto o quero.

734
00:59:33,083 --> 00:59:34,958
Non o podo aceptar.

735
00:59:36,666 --> 00:59:38,000
Ninguén o substituirá.

736
00:59:39,958 --> 00:59:40,958
Asia!

737
00:59:46,541 --> 00:59:49,375
Non sabía que Asia estaba
co fillo dos Milligan.

738
00:59:49,916 --> 00:59:53,541
Eu intuíao, aínda que Anna
e Norman non falan moito do tema.

739
00:59:55,208 --> 00:59:56,708
Todos temos dramas.

740
00:59:57,416 --> 00:59:59,416
Non deixes que te afecten.

741
01:00:01,833 --> 01:00:03,416
Nótase que te queren.

742
01:00:04,291 --> 01:00:07,250
Todos temos dramas,
pero son dramas distintos.

743
01:00:09,208 --> 01:00:10,416
Non son coma eles.

744
01:00:11,208 --> 01:00:12,500
Pero que dis?

745
01:00:13,583 --> 01:00:15,750
Querías unha familia.

746
01:00:15,750 --> 01:00:17,916
Non saben quen son de verdade.

747
01:00:19,166 --> 01:00:21,416
Non saben o que sufrimos.

748
01:00:23,041 --> 01:00:24,333
Deberías contárllelo.

749
01:00:25,250 --> 01:00:27,250
Non quero que me vexan fea,

750
01:00:27,916 --> 01:00:29,416
rota e inútil.

751
01:00:29,416 --> 01:00:30,333
Nica,

752
01:00:31,291 --> 01:00:34,458
non es fea, non estás rota nin es inútil.

753
01:00:35,916 --> 01:00:37,625
Tes que te liberar do Grave.

754
01:00:38,208 --> 01:00:39,250
É imposible.

755
01:00:39,750 --> 01:00:41,375
Non tal.

756
01:00:41,875 --> 01:00:43,333
As cousas cambiaron.

757
01:00:44,250 --> 01:00:47,041
Margaret non é a mesma
desde que Rigel marchou.

758
01:00:47,791 --> 01:00:49,250
Está sempre no cuarto,

759
01:00:49,250 --> 01:00:51,875
ás veces oímola berrar, rompe cousas.

760
01:00:53,666 --> 01:00:54,750
Entón?

761
01:00:55,333 --> 01:00:56,916
O outro día vin a Peter.

762
01:00:57,833 --> 01:00:58,666
Como está?

763
01:00:59,166 --> 01:01:00,000
Ben.

764
01:01:00,583 --> 01:01:02,083
Cunha familia fantástica,

765
01:01:03,041 --> 01:01:04,750
mais non se dá recuperado.

766
01:01:07,833 --> 01:01:10,583
Quere xuntar un grupo para denunciala.

767
01:01:10,583 --> 01:01:11,500
- Non.
- Si.

768
01:01:11,500 --> 01:01:12,416
- Nica.
- Non.

769
01:01:12,416 --> 01:01:15,208
O teu testemuño é fundamental para nós.

770
01:01:16,125 --> 01:01:19,250
Es a que máis sufriu,
con quen máis se asañaba.

771
01:01:19,250 --> 01:01:21,291
Fasnos falta, debes axudarnos.

772
01:01:22,833 --> 01:01:24,708
Non son quen de afrontala.

773
01:01:25,291 --> 01:01:26,166
Es tal.

774
01:01:26,666 --> 01:01:28,583
Es moito máis forte do que cres.

775
01:01:29,833 --> 01:01:32,333
Dalma e George marcharon.

776
01:01:33,000 --> 01:01:34,416
Síntocho, Nica.

777
01:01:34,416 --> 01:01:38,541
Aproveito para despedirme,
señora Milligan. Volvo ao orfanato.

778
01:01:38,541 --> 01:01:40,125
- Abur, Adeline.
- Grazas.

779
01:01:41,000 --> 01:01:41,833
Abur.

780
01:01:50,541 --> 01:01:52,666
Sinto que escoitases esas palabras.

781
01:01:55,583 --> 01:01:58,041
- Asia non era ela.
- Non pasa nada.

782
01:02:00,000 --> 01:02:03,000
Por que non lle dis
que estás aquí por ela?

783
01:02:04,916 --> 01:02:06,666
O seu soño era unha familia.

784
01:02:09,833 --> 01:02:11,500
Non lla arrebatarei eu.

785
01:02:14,000 --> 01:02:14,833
Rigel,

786
01:02:15,500 --> 01:02:18,125
dille que eras ti quen lle collía a man.

787
01:02:18,750 --> 01:02:20,750
Sempre pensou que era eu.

788
01:02:22,208 --> 01:02:25,375
Non hai contos nos que o lobo
colla a nena da man.

789
01:02:35,125 --> 01:02:35,958
Veña, marcha.

790
01:02:38,416 --> 01:02:39,250
Abur, Rigel.

791
01:02:40,083 --> 01:02:40,916
Até pronto.

792
01:02:41,500 --> 01:02:42,333
Quérote.

793
01:02:43,500 --> 01:02:44,333
E eu a ti.

794
01:02:53,458 --> 01:02:55,125
Sinto que Asia sufra.

795
01:03:02,541 --> 01:03:05,958
Xa non distingue onde comeza
o seu amor e onde a súa dor.

796
01:03:08,916 --> 01:03:11,583
Só debe lembrar que hai unha diferenza.

797
01:03:44,666 --> 01:03:48,791
<i>Quería tocar con el,
percorréndonos, rozándonos.</i>

798
01:03:50,333 --> 01:03:52,333
<i>Quería borrar a súa tristura.</i>

799
01:03:52,333 --> 01:03:55,375
<i>Quería borrar a Margaret, borrar o pasado.</i>

800
01:03:55,375 --> 01:03:58,958
<i>Non quería que a lembrase
a ela cando tocaba,</i>

801
01:04:00,500 --> 01:04:01,333
<i>senón a nós.</i>

802
01:04:02,750 --> 01:04:04,291
<i>A nosas mans unidas,</i>

803
01:04:05,416 --> 01:04:07,000
<i>os corazóns entrelazados.</i>

804
01:04:08,125 --> 01:04:11,041
<i>Podiamos ser unha melodía
chea de imperfeccións,</i>

805
01:04:12,500 --> 01:04:14,083
<i>de erros e defectos,</i>

806
01:04:15,875 --> 01:04:18,875
<i>mais tamén de risas,
marabilla e felicidade.</i>

807
01:04:24,041 --> 01:04:25,666
Non che fixen un regalo.

808
01:04:27,791 --> 01:04:28,750
Non importa.

809
01:04:28,750 --> 01:04:30,083
Claro que si.

810
01:04:31,541 --> 01:04:33,583
Quería facercho, podo arranxalo.

811
01:04:38,208 --> 01:04:39,583
Dixen que non importa.

812
01:04:42,583 --> 01:04:44,666
Haberá algo que queiras.

813
01:04:48,125 --> 01:04:49,416
O que sexa.

814
01:04:58,375 --> 01:04:59,750
O que sexa?

815
01:05:04,416 --> 01:05:06,458
E se che pido que esteas quieta?

816
01:05:11,791 --> 01:05:13,041
Só quieta.

817
01:05:16,333 --> 01:05:17,458
Non te movas.

818
01:05:45,416 --> 01:05:46,916
Non marches.

819
01:05:50,125 --> 01:05:50,958
Por favor.

820
01:06:01,958 --> 01:06:03,416
Lionel, que fas aquí?

821
01:06:05,291 --> 01:06:07,416
É tarde, pero non podía durmir.

822
01:06:08,875 --> 01:06:10,416
Non deixo de pensar en ti.

823
01:06:11,583 --> 01:06:13,541
Non soporto que vivas con el.

824
01:06:14,416 --> 01:06:16,458
Non soporto velo sempre contigo.

825
01:06:18,333 --> 01:06:20,000
Estivestes xuntos até agora?

826
01:06:21,791 --> 01:06:22,875
Ti así vestida...

827
01:06:25,000 --> 01:06:26,708
Que regalo che pediu, eh?

828
01:06:27,791 --> 01:06:29,750
Ides ser irmáns.

829
01:06:31,041 --> 01:06:32,458
E se a xente o soubese?

830
01:06:33,208 --> 01:06:34,916
Teus pais quereríante?

831
01:06:34,916 --> 01:06:35,958
Marcha!

832
01:06:39,083 --> 01:06:39,916
Perdoa.

833
01:06:43,250 --> 01:06:44,916
É que me gustas moito.

834
01:07:07,333 --> 01:07:08,166
Rigel?

835
01:07:09,458 --> 01:07:10,416
Marcha.

836
01:07:11,000 --> 01:07:13,375
Non encaixo no teu conto perfecto.

837
01:07:14,291 --> 01:07:15,208
Volve con el.

838
01:07:32,666 --> 01:07:34,083
Non marcho.

839
01:08:26,916 --> 01:08:28,250
Quero estar contigo.

840
01:08:29,625 --> 01:08:30,875
Volve á cama, Nica.

841
01:08:46,166 --> 01:08:49,083
Sigue a enganarte, a crer no conto.

842
01:08:50,708 --> 01:08:52,750
Mais estamos rotos en anacos.

843
01:08:53,750 --> 01:08:55,958
Certas cousas non teñen arranxo.

844
01:08:58,208 --> 01:08:59,291
É certo, si.

845
01:09:00,208 --> 01:09:01,375
Estamos rotos.

846
01:09:02,000 --> 01:09:03,625
Non somos coma os demais.

847
01:09:06,375 --> 01:09:11,875
Pero se cadra rompemos
en anacos para encaixar mellor.

848
01:09:11,875 --> 01:09:14,791
Sempre soñaches con ter unha familia.

849
01:09:15,458 --> 01:09:16,666
Merécela.

850
01:09:17,666 --> 01:09:19,375
Mereces amigos novos

851
01:09:19,375 --> 01:09:21,291
e un mozo normal.

852
01:09:22,875 --> 01:09:24,083
Aquí es feliz.

853
01:09:27,083 --> 01:09:28,916
Son feliz porque estás ti.

854
01:09:31,625 --> 01:09:32,500
E despois?

855
01:09:32,500 --> 01:09:33,416
Despois, que?

856
01:09:35,833 --> 01:09:38,166
Como cres que rematará esta historia?

857
01:09:46,291 --> 01:09:48,125
Só podo facerche mal.

858
01:09:59,250 --> 01:10:01,625
<i>Non importaba o que sufriramos.</i>

859
01:10:02,125 --> 01:10:05,125
<i>Se cadra, era a razón
pola que estabamos tan unidos.</i>

860
01:10:05,708 --> 01:10:07,625
<i>Só nós sabiamos a verdade.</i>

861
01:10:08,791 --> 01:10:11,291
<i>El e mais eu, eternos e indivisibles.</i>

862
01:10:12,291 --> 01:10:14,000
<i>El estrela e eu ceo.</i>

863
01:10:15,041 --> 01:10:17,500
<i>El rabuño e eu apósito.</i>

864
01:10:25,375 --> 01:10:26,250
Marchas?

865
01:10:26,250 --> 01:10:29,666
Vou estudar con Billie e Miki.
Despois imos á festa.

866
01:10:29,666 --> 01:10:31,000
- Festa?
- No cole.

867
01:10:31,000 --> 01:10:32,666
Que ben! Rigel tamén vai?

868
01:10:33,916 --> 01:10:34,875
Non sei.

869
01:10:34,875 --> 01:10:36,958
Non falamos moito ultimamente.

870
01:10:38,291 --> 01:10:39,458
Xa me decatara.

871
01:10:43,791 --> 01:10:45,250
Bo día, señora Milligan.

872
01:10:45,250 --> 01:10:46,208
Ola, Billie.

873
01:10:46,208 --> 01:10:47,125
Marcho.

874
01:10:47,125 --> 01:10:49,416
Pasádeo ben, pero non volvades tarde.

875
01:10:49,416 --> 01:10:52,083
Tranquila, Nica está en boas mans.

876
01:10:56,041 --> 01:10:56,875
- Abur!
- Abur!

877
01:11:05,750 --> 01:11:06,583
Si?

878
01:11:10,000 --> 01:11:11,791
Non vas á festa do cole?

879
01:11:16,958 --> 01:11:18,250
Rigel, que foi?

880
01:11:19,958 --> 01:11:22,375
Estás así desde o teu aniversario.

881
01:11:24,708 --> 01:11:25,541
Anna, eu...

882
01:11:27,708 --> 01:11:29,041
Temos que falar.

883
01:11:32,125 --> 01:11:33,916
Non está guapísima?

884
01:11:33,916 --> 01:11:35,166
Moito.

885
01:11:35,166 --> 01:11:36,208
Que tal eu?

886
01:11:36,208 --> 01:11:37,208
Ben.

887
01:11:39,125 --> 01:11:41,583
- Non é mellor o vermello?
- Que tes hoxe?

888
01:11:43,625 --> 01:11:45,708
Vale, cóntovolo. Listas?

889
01:11:46,208 --> 01:11:48,583
Sei quen me regala as rosas brancas.

890
01:11:48,583 --> 01:11:49,666
É Phelps!

891
01:11:50,333 --> 01:11:51,166
Como?

892
01:11:51,166 --> 01:11:54,333
Vino hoxe no supermercado e pregunteillo.

893
01:11:54,333 --> 01:11:56,041
Díxome: "Si, sonche eu."

894
01:11:56,041 --> 01:11:57,625
Sabía que era el.

895
01:12:02,250 --> 01:12:03,416
Non é el.

896
01:12:04,125 --> 01:12:06,333
Nunca te alegras por min.

897
01:12:07,458 --> 01:12:08,958
Billie, non é el.

898
01:12:08,958 --> 01:12:10,083
E logo, por que?

899
01:12:15,333 --> 01:12:16,166
Porque son eu.

900
01:12:16,166 --> 01:12:17,291
O que?

901
01:12:17,875 --> 01:12:20,083
Sempre che deixo a rosa branca.

902
01:12:22,083 --> 01:12:24,875
E por que o fas? Tanta pena che daba?

903
01:12:24,875 --> 01:12:27,958
Era por piedade?
Por que collóns o fixeches?

904
01:12:27,958 --> 01:12:29,500
Estou namorada de ti.

905
01:12:41,291 --> 01:12:42,333
Fíxena boa.

906
01:13:26,916 --> 01:13:27,791
Que tal?

907
01:13:27,791 --> 01:13:29,250
De marabilla!

908
01:13:32,083 --> 01:13:33,416
Miki está fatal.

909
01:13:34,208 --> 01:13:35,916
Non me apetece falar diso.

910
01:13:35,916 --> 01:13:39,333
Esta noite quero beber
até perder o sentido.

911
01:13:41,041 --> 01:13:43,083
Ola! Bailamos?

912
01:13:44,208 --> 01:13:46,958
Vai cagar!

913
01:13:46,958 --> 01:13:48,166
E que lle pasa?

914
01:13:56,708 --> 01:13:57,541
Ola.

915
01:13:58,416 --> 01:13:59,458
Nica, perdóame.

916
01:14:01,500 --> 01:14:03,000
Fun un idiota, pero creo...

917
01:14:04,208 --> 01:14:06,416
que estou tolo por ti.

918
01:14:08,000 --> 01:14:09,708
E non o levo moi ben.

919
01:14:11,375 --> 01:14:12,291
Entón?

920
01:14:14,250 --> 01:14:15,250
Entón bailamos.

921
01:14:17,416 --> 01:14:18,500
En sinal de paz.

922
01:15:36,041 --> 01:15:37,375
Estou mareada.

923
01:15:39,291 --> 01:15:40,583
Non estou afeita.

924
01:15:43,916 --> 01:15:45,416
Vamos algures tranquilo.

925
01:16:07,166 --> 01:16:08,583
Por que me traes aquí?

926
01:16:11,958 --> 01:16:12,791
Mira.

927
01:16:20,500 --> 01:16:21,333
Vaia.

928
01:16:24,458 --> 01:16:25,291
Gústache?

929
01:16:25,791 --> 01:16:26,625
Si.

930
01:16:41,375 --> 01:16:42,583
Veña, Lionel.

931
01:16:43,083 --> 01:16:45,083
Estou mellor. Volvamos.

932
01:16:47,833 --> 01:16:49,375
Primeiro queres vir

933
01:16:50,750 --> 01:16:52,125
e agora queres marchar?

934
01:16:56,750 --> 01:16:58,125
Lionel, por favor.

935
01:16:59,666 --> 01:17:02,416
Lionel, por favor.

936
01:17:02,416 --> 01:17:03,625
Para!

937
01:17:17,166 --> 01:17:18,666
Billie!

938
01:17:19,416 --> 01:17:20,375
Onde está Nica?

939
01:17:21,708 --> 01:17:22,875
Non sei.

940
01:17:22,875 --> 01:17:25,541
Estaba aquí con Lionel hai un minuto.

941
01:17:26,250 --> 01:17:28,541
Agarda, vinos ir por alá.

942
01:17:33,125 --> 01:17:35,708
Lionel! Para xa!

943
01:17:41,416 --> 01:17:42,500
Socorro!

944
01:17:54,416 --> 01:17:56,750
Déixote e marchas, eh?

945
01:17:59,416 --> 01:18:01,041
Pensas ser o bo, non?

946
01:18:02,791 --> 01:18:04,041
Pensas ser o heroe.

947
01:18:05,291 --> 01:18:07,625
Queres comprobar como de malo podo ser?

948
01:18:10,375 --> 01:18:12,416
Marcho, pero isto non queda aquí!

949
01:18:27,958 --> 01:18:28,791
Como estás?

950
01:18:32,291 --> 01:18:33,125
Segura?

951
01:18:37,166 --> 01:18:39,791
Sabes que foi o último que dixo miña nai?

952
01:18:42,125 --> 01:18:46,583
"O lobo é o malo do conto
só porque alguén o decidiu."

953
01:18:49,000 --> 01:18:50,833
E, se ti es o lobo,

954
01:18:52,166 --> 01:18:54,541
non podo imaxinar un conto sen ti.

955
01:18:59,708 --> 01:19:01,291
Son un camiño de espiñas.

956
01:19:12,083 --> 01:19:14,125
Nunca me deu medo facerme mal.

957
01:20:48,208 --> 01:20:49,166
Dades noxo!

958
01:20:51,125 --> 01:20:54,125
Vóullelo contar a todos.
Saberán o que facedes!

959
01:20:54,875 --> 01:20:55,833
Por favor.

960
01:20:55,833 --> 01:20:59,125
Debería verte como unha irmá, non o ves?

961
01:21:01,458 --> 01:21:02,666
Queres estar con el?

962
01:21:05,041 --> 01:21:06,041
Pésima elección.

963
01:21:07,291 --> 01:21:08,458
Marchamos.

964
01:21:48,250 --> 01:21:50,166
Ámote.

965
01:22:09,833 --> 01:22:10,916
Nica?

966
01:22:11,916 --> 01:22:13,833
Nica, óesme?

967
01:22:15,708 --> 01:22:16,541
Ola.

968
01:22:17,833 --> 01:22:21,000
Estás no hospital,
sufriches un accidente grave.

969
01:22:24,458 --> 01:22:26,166
Vou por Anna e Norman.

970
01:22:26,166 --> 01:22:27,541
Agarda.

971
01:22:30,708 --> 01:22:33,416
No Grave, cando Margaret...

972
01:22:34,541 --> 01:22:35,583
me castigaba,

973
01:22:37,000 --> 01:22:39,458
non me collías ti da man, verdade?

974
01:22:41,208 --> 01:22:42,125
Era Rigel.

975
01:22:45,708 --> 01:22:46,791
Si, era Rigel,

976
01:22:48,208 --> 01:22:50,208
pero non quería que cho contase.

977
01:22:51,291 --> 01:22:52,291
Por que?

978
01:22:53,000 --> 01:22:54,166
Porque...

979
01:22:57,125 --> 01:22:58,166
Ola!

980
01:22:59,416 --> 01:23:00,375
Nica.

981
01:23:02,041 --> 01:23:04,208
Que susto nos deches.

982
01:23:05,083 --> 01:23:06,250
Onde está Rigel?

983
01:23:08,083 --> 01:23:10,083
- Vou chamar o médico.
- Si.

984
01:23:10,625 --> 01:23:11,458
Onde está?

985
01:23:14,458 --> 01:23:16,000
Onde está?

986
01:23:16,000 --> 01:23:17,125
Tranquila,

987
01:23:17,708 --> 01:23:19,583
están a facerlle probas.

988
01:23:19,583 --> 01:23:22,541
Dirannos algo
cando teñan un cadro máis claro.

989
01:23:24,458 --> 01:23:25,458
Quero velo.

990
01:23:25,458 --> 01:23:27,291
Non te podes mover, Nica.

991
01:23:30,916 --> 01:23:32,291
- Bo día.
- Bo día.

992
01:23:33,875 --> 01:23:35,416
Que foi o que pasou?

993
01:23:35,916 --> 01:23:37,875
Caestes dunha ponte moi alta.

994
01:23:38,958 --> 01:23:41,750
El mitigou a túa caída,
mais quedou en coma.

995
01:23:45,291 --> 01:23:46,291
En coma?

996
01:23:46,291 --> 01:23:49,875
Por desgraza, a súa doenza previa
complica o cadro clínico.

997
01:23:51,041 --> 01:23:52,791
Doenza previa?

998
01:23:54,083 --> 01:23:56,583
Ten neurinomas no cerebro.

999
01:23:56,583 --> 01:23:58,916
Provocan febre e xaquecas.

1000
01:23:59,916 --> 01:24:02,875
Sinceramente, non entendo
por que non se operou.

1001
01:24:05,208 --> 01:24:06,041
Quero velo.

1002
01:24:06,041 --> 01:24:09,791
Ningún de nós pode velo.
Margaret non deixa entrar ninguén.

1003
01:24:10,750 --> 01:24:11,583
Margaret...

1004
01:24:12,083 --> 01:24:13,083
Nica...

1005
01:24:13,916 --> 01:24:16,291
Rigel rexeitou a adopción.

1006
01:24:20,333 --> 01:24:21,208
Imposible.

1007
01:24:21,208 --> 01:24:24,500
Cando nolo dixo, foi moi firme.
Non quería quedar.

1008
01:24:25,291 --> 01:24:29,250
E regresou baixo a tutela de Margaret.

1009
01:24:33,958 --> 01:24:34,791
Toma.

1010
01:24:36,250 --> 01:24:38,708
Deixouche isto no teu cuarto.

1011
01:25:04,708 --> 01:25:06,041
Levádeme onda el.

1012
01:25:09,416 --> 01:25:10,458
Por favor.

1013
01:25:21,208 --> 01:25:24,000
Sabía que acabarías por destruílo.

1014
01:25:26,125 --> 01:25:28,583
Non debín deixar que o apartasen de min.

1015
01:25:31,458 --> 01:25:34,291
É culpa túa que Rigel estea en coma.

1016
01:25:37,416 --> 01:25:39,125
Déixeme velo.

1017
01:25:39,125 --> 01:25:40,125
Non, Nica.

1018
01:25:41,583 --> 01:25:43,958
Non podes, nin agora nin nunca.

1019
01:25:45,041 --> 01:25:46,291
Pídollo por favor.

1020
01:25:47,833 --> 01:25:49,416
Xa cho dixen unha vez.

1021
01:25:50,208 --> 01:25:52,625
Chorar non che devolve o que perdiches.

1022
01:25:54,625 --> 01:25:55,791
Agora marchade.

1023
01:25:58,750 --> 01:26:01,083
<i>Quería arredarme de Rigel,</i>

1024
01:26:01,083 --> 01:26:04,000
<i>pero eu regresaba decote
para estar ao seu lado.</i>

1025
01:26:04,000 --> 01:26:05,625
<i>Non estaba soa.</i>

1026
01:26:05,625 --> 01:26:08,291
<i>Amizades antigas e novas xuntáronse</i>

1027
01:26:08,833 --> 01:26:10,083
<i>e eu non me rendín.</i>

1028
01:26:10,916 --> 01:26:14,666
<i>Mais o pasado seguía doendo
e el parecíame cada vez máis lonxe.</i>

1029
01:26:15,333 --> 01:26:18,708
<i>Só había un xeito de liberarnos a ambos.</i>

1030
01:26:19,333 --> 01:26:22,875
Como primeira testemuña,
chamo a testificar a Peter Corrin.

1031
01:26:38,375 --> 01:26:39,208
Señor Corrin,

1032
01:26:39,958 --> 01:26:42,708
sufriu algunha vez
violencia física ou moral

1033
01:26:42,708 --> 01:26:46,250
durante a súa estadía
no orfanato Sunnycreek Home?

1034
01:26:50,041 --> 01:26:51,041
Non.

1035
01:26:52,541 --> 01:26:57,208
Na súa declaración
do 20 de febreiro deste ano afirmou:

1036
01:26:57,833 --> 01:27:00,666
"Os castigos corporais
estaban á orde do día.

1037
01:27:01,250 --> 01:27:05,583
Mallaron en min máis veces
e deixáronme sen comer."

1038
01:27:05,583 --> 01:27:07,833
Lembra todo o que declarou?

1039
01:27:08,833 --> 01:27:09,833
Enganeime.

1040
01:27:09,833 --> 01:27:12,875
Sabe que os falsos testemuños son delito?

1041
01:27:12,875 --> 01:27:14,750
Protesto, señoría.

1042
01:27:14,750 --> 01:27:18,166
Está a intimidar a testemuña,
que ademais é menor.

1043
01:27:18,166 --> 01:27:19,125
Aceptada.

1044
01:27:29,291 --> 01:27:30,125
Ola.

1045
01:27:33,083 --> 01:27:34,083
Ola.

1046
01:27:37,000 --> 01:27:37,833
Como está?

1047
01:27:41,333 --> 01:27:42,166
Así.

1048
01:27:46,333 --> 01:27:49,416
Anna e Norman dixéronme
que comezou o xuízo.

1049
01:27:52,625 --> 01:27:53,666
Que tal vai?

1050
01:27:54,708 --> 01:27:55,708
É difícil.

1051
01:27:56,500 --> 01:28:00,250
Mira, só quería desculparme
por como me portei.

1052
01:28:04,500 --> 01:28:05,541
Enténdote.

1053
01:28:07,333 --> 01:28:08,166
En serio?

1054
01:28:08,166 --> 01:28:09,708
Sei o que significa

1055
01:28:10,916 --> 01:28:12,416
perder un grande amor.

1056
01:28:24,916 --> 01:28:25,916
Srta. Milligan,

1057
01:28:28,208 --> 01:28:30,541
adoptárona hai catro meses.

1058
01:28:31,041 --> 01:28:33,750
Con outro rapaz, se non me engano.

1059
01:28:34,250 --> 01:28:36,708
Si, Rigel Wilde.

1060
01:28:36,708 --> 01:28:41,750
El regresou a Sunnycreek Home
e rexeitou a adopción.

1061
01:28:41,750 --> 01:28:44,291
Protesto, señoría. É irrelevante.

1062
01:28:44,291 --> 01:28:48,166
Déame un segundo e a relevancia
da miña pregunta quedará clara.

1063
01:28:48,166 --> 01:28:49,500
Proceda, letrada.

1064
01:28:49,500 --> 01:28:51,708
A testemuña pode responder.

1065
01:28:52,333 --> 01:28:53,458
Non é o que pensa.

1066
01:28:53,458 --> 01:28:55,916
Cíngase ás preguntas, señorita.

1067
01:28:56,583 --> 01:29:00,125
Rigel Wilde rexeitou a adopción?

1068
01:29:03,291 --> 01:29:04,125
Si.

1069
01:29:04,125 --> 01:29:09,041
Un rapaz que por fin
atopara unha familia que o quería

1070
01:29:09,041 --> 01:29:13,958
decide regresar de socate
a onde o torturaban?

1071
01:29:15,291 --> 01:29:17,416
Non é así. A el non o pegaba.

1072
01:29:17,416 --> 01:29:19,291
Non oín, señorita.

1073
01:29:19,291 --> 01:29:20,583
A el non o pegaba.

1074
01:29:20,583 --> 01:29:22,208
- E ao resto si?
- Si.

1075
01:29:22,708 --> 01:29:24,583
E logo por que a el non?

1076
01:29:25,083 --> 01:29:27,875
Para ela era como un fillo.

1077
01:29:29,458 --> 01:29:31,416
Está namorada de Rigel Wilde?

1078
01:29:31,416 --> 01:29:33,250
Protesto, señoría.

1079
01:29:33,250 --> 01:29:34,375
Rexeitada.

1080
01:29:36,250 --> 01:29:37,458
Responda.

1081
01:29:41,000 --> 01:29:42,125
Si.

1082
01:29:42,791 --> 01:29:49,250
Logo a vostede vana adoptar
cun rapaz que ama,

1083
01:29:49,250 --> 01:29:53,250
pero este decide tornar
con quen considera a súa verdadeira nai.

1084
01:29:54,541 --> 01:29:55,500
El ódiaa.

1085
01:29:55,500 --> 01:29:56,416
En serio?

1086
01:29:57,666 --> 01:30:00,875
Eu creo que é vostede
quen odia a Margaret Stoker,

1087
01:30:00,875 --> 01:30:04,583
que se atopa no banco dos acusados
por unha vinganza persoal.

1088
01:30:04,583 --> 01:30:07,791
Protesto, señoría!
Está intimidando a testemuña.

1089
01:30:07,791 --> 01:30:09,625
Que inxuriou a miña cliente.

1090
01:30:11,541 --> 01:30:13,000
Non me atopo ben.

1091
01:30:45,625 --> 01:30:48,541
É o comezo, non podes renderte agora.

1092
01:30:51,000 --> 01:30:53,875
Nunca o lograremos, viches como me tratou.

1093
01:30:54,458 --> 01:30:56,333
Ten fe, Nica.

1094
01:30:58,291 --> 01:31:00,208
Volvemos dentro, podes?

1095
01:31:02,666 --> 01:31:03,541
Si.

1096
01:31:03,541 --> 01:31:04,458
Ven aquí.

1097
01:31:09,666 --> 01:31:10,708
Todo ben?

1098
01:31:12,041 --> 01:31:14,083
Está segura de querer seguir?

1099
01:31:14,083 --> 01:31:16,666
Se non, podemos adiar
a audiencia até mañá.

1100
01:31:16,666 --> 01:31:18,750
Non, estou ben.

1101
01:31:19,875 --> 01:31:21,750
Entón, fale, por favor.

1102
01:31:36,166 --> 01:31:38,166
Ao instituto chamabámoslle Grave.

1103
01:31:41,000 --> 01:31:44,583
E non porque tivese fendas
nas paredes e sotos húmidos

1104
01:31:44,583 --> 01:31:47,000
nos que nos pechaban decote.

1105
01:31:49,875 --> 01:31:53,083
Chamabámoslle Grave
porque era a tumba das almas.

1106
01:31:57,916 --> 01:32:01,125
Non me quedaron cicatrices físicas
do que me fixeron.

1107
01:32:03,708 --> 01:32:05,000
Só agora

1108
01:32:06,583 --> 01:32:09,000
comprendo que non estou aquí

1109
01:32:09,000 --> 01:32:12,958
para denunciar o mal que me fixeron a min,

1110
01:32:13,541 --> 01:32:14,583
a Adeline,

1111
01:32:15,750 --> 01:32:16,791
a Peter

1112
01:32:18,333 --> 01:32:19,708
e aos outros rapaces,

1113
01:32:19,708 --> 01:32:23,416
senón tamén
o que lle fixeron a Rigel Wilde.

1114
01:32:24,750 --> 01:32:25,708
Rigel,

1115
01:32:26,208 --> 01:32:28,625
a quen Margaret quería coma un fillo,

1116
01:32:30,750 --> 01:32:35,416
estivo obrigado a ver
as nosas torturas día tras día,

1117
01:32:36,250 --> 01:32:37,875
sen poder salvarnos.

1118
01:32:42,416 --> 01:32:46,083
Margaret convencérao
de que era un monstro.

1119
01:32:48,500 --> 01:32:51,625
Convenceuno de que era o lobo do conto.

1120
01:32:56,458 --> 01:32:58,166
E, se o mal te ama,

1121
01:33:00,166 --> 01:33:01,250
como podes

1122
01:33:02,500 --> 01:33:04,583
ser amado ou dar amor?

1123
01:33:09,166 --> 01:33:10,833
Agora Rigel está en coma.

1124
01:33:13,416 --> 01:33:16,500
Pero por vez primeira sei que está vivo.

1125
01:33:19,833 --> 01:33:21,958
Porque sabe o que é o amor

1126
01:33:23,416 --> 01:33:25,333
e sabe que o aman.

1127
01:33:32,791 --> 01:33:35,458
Tanto ten se me credes ou non.

1128
01:33:37,916 --> 01:33:41,958
E comprendo os que teñen medo
de testificar, de dicir a verdade.

1129
01:33:45,041 --> 01:33:48,875
Seguramente as súas almas
sigan pechadas no Grave,

1130
01:33:51,000 --> 01:33:53,625
naquelas celas sen ceo.

1131
01:33:55,875 --> 01:33:58,541
Sen saber que, para ser amado

1132
01:34:00,083 --> 01:34:01,458
ou dar amor,

1133
01:34:03,166 --> 01:34:04,958
non debes ter medo.

1134
01:34:06,833 --> 01:34:08,833
Só afouteza.

1135
01:35:22,875 --> 01:35:23,708
Rigel.

1136
01:35:25,000 --> 01:35:26,500
Gañamos.

1137
01:35:27,375 --> 01:35:29,708
Margaret non volverá facernos mal.

1138
01:35:33,875 --> 01:35:35,708
Mira como me fas chorar.

1139
01:35:38,791 --> 01:35:40,833
Es o meu fabricante de bágoas.

1140
01:35:44,458 --> 01:35:46,208
Cadaquén ten o seu.

1141
01:35:52,333 --> 01:35:55,041
É aquela persoa que é quen
de nos facer chorar,

1142
01:35:56,166 --> 01:35:59,083
de aflixirnos ou facernos felices

1143
01:36:00,208 --> 01:36:01,708
só cunha mirada.

1144
01:36:10,333 --> 01:36:11,458
Quérote.

1145
01:36:13,375 --> 01:36:15,166
Es o que máis quero.

1146
01:36:55,250 --> 01:36:56,083
Nica...

1147
01:37:01,708 --> 01:37:02,666
Rigel.

1148
01:37:05,375 --> 01:37:06,208
Rigel.

1149
01:37:08,958 --> 01:37:11,541
<i>Era o rapaz que me mirara por primeira vez</i>

1150
01:37:11,541 --> 01:37:13,125
<i>no patio do Grave.</i>

1151
01:37:16,041 --> 01:37:20,250
<i>A man que atopara o valor
de collerme a miña naquel soto.</i>

1152
01:37:21,500 --> 01:37:25,666
<i>O corazón que nunca tivera
o valor de darme,</i>

1153
01:37:27,541 --> 01:37:29,375
<i>pero que de principio a fin</i>

1154
01:37:29,958 --> 01:37:31,125
<i>berraba o meu nome.</i>

1155
01:37:40,500 --> 01:37:43,958
<i>E aínda que o noso
nunca sería un conto de verdade</i>

1156
01:37:44,583 --> 01:37:49,250
<i>e nós seguiriamos sendo aqueles nenos
que se coñeceran nun orfanato,</i>

1157
01:37:49,875 --> 01:37:52,500
<i>talvez a felicidade
tamén existise para nós.</i>

1158
01:37:54,166 --> 01:37:55,625
<i>Xa non estaba soa.</i>

1159
01:37:58,625 --> 01:38:00,500
<i>Atopara unha familia,</i>

1160
01:38:01,458 --> 01:38:04,125
<i>persoas que me amosaran
o que era a amizade</i>

1161
01:38:05,000 --> 01:38:07,375
<i>e outras que volveran unirse,</i>

1162
01:38:07,375 --> 01:38:09,416
<i>escoitadas e comprendidas.</i>

1163
01:38:11,416 --> 01:38:14,541
<i>Descubrira cantos matices
albergaban os sentimentos,</i>

1164
01:38:15,500 --> 01:38:19,541
<i>o difícil que era ser un mesmo
e deixarse aceptar.</i>

1165
01:38:21,291 --> 01:38:24,875
<i>E á fin comprendín
que o conto máis importante</i>

1166
01:38:25,541 --> 01:38:27,125
<i>levámolo no corazón.</i>

1167
01:43:27,250 --> 01:43:32,250
Subtítulos: Jeiry Castellano



