1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX

3
00:00:24,666 --> 00:00:29,625
Os seguintes telefilmes producíronse
e rodáronse integramente no Reino Unido

4
00:00:29,750 --> 00:00:32,583
para Channel 7 entre 1978 e 1981.

5
00:00:32,708 --> 00:00:36,458
Non se volveron exhibir
dende a súa emisión inicial.

6
00:00:43,708 --> 00:00:44,541
Si.

7
00:00:45,625 --> 00:00:48,750
Aquí estamos, na cabana onde escribo.

8
00:00:50,000 --> 00:00:52,833
Levo 30 anos nesta cabana.

9
00:00:53,750 --> 00:00:55,958
É importante, antes de comezar,

10
00:00:56,041 --> 00:00:59,375
asegurarse de que estea
todo o que me vai facer falta.

11
00:01:01,083 --> 00:01:02,625
Tabaco, claro.

12
00:01:03,333 --> 00:01:05,208
Café, bombóns.

13
00:01:07,458 --> 00:01:10,958
Sempre teño que ter
un lapis afiado antes de comezar.

14
00:01:12,916 --> 00:01:16,500
Teño seis lapis,
e logo gústame limpar o caderno.

15
00:01:18,666 --> 00:01:20,291
Miren cantas migas de goma.

16
00:01:21,833 --> 00:01:22,666
Xa está.

17
00:01:25,000 --> 00:01:26,875
E logo empézase.

18
00:01:30,208 --> 00:01:33,750
Normalmente hai que facer
algunhas correccións.

19
00:01:36,458 --> 00:01:37,291
Si.

20
00:01:42,250 --> 00:01:43,166
A ver…

21
00:01:47,250 --> 00:01:51,041
Henry Sugar tiña 41 anos,
era solteiro e rico.

22
00:01:51,666 --> 00:01:54,625
Era rico porque seu pai,
que xa morrera, era rico.

23
00:01:54,708 --> 00:01:58,791
E solteiro porque era moi egoísta
para compartir os cartos coa muller.

24
00:01:58,875 --> 00:02:03,291
Medía 1,90 e igual non era
tan guapo como a el lle parecía.

25
00:02:03,375 --> 00:02:05,958
Prestáballe moita atención á roupa.

26
00:02:06,041 --> 00:02:08,250
Facía os traxes nunha xastraría cara,

27
00:02:08,333 --> 00:02:11,666
as camisas nunha camisaría
e os zapatos nunha zapataría.

28
00:02:11,750 --> 00:02:14,583
O barbeiro recortáballe
o pelo cada dez días

29
00:02:14,666 --> 00:02:17,458
e sempre lle facían
a manicura ao mesmo tempo.

30
00:02:17,541 --> 00:02:19,041
Tiña un Ferrari,

31
00:02:19,125 --> 00:02:22,083
que lle custara case tanto
coma unha casa de campo.

32
00:02:23,291 --> 00:02:27,000
Todos os seus amigos
eran ricos e el na vida pegara pau.

33
00:02:28,041 --> 00:02:32,625
Os homes coma Henry Sugar
andan á deriva polo mundo coma as algas.

34
00:02:32,708 --> 00:02:36,375
Non son especialmente malos,
pero tampouco son bos homes.

35
00:02:37,500 --> 00:02:39,458
Forman parte do decorado.

36
00:02:41,416 --> 00:02:43,625
Todos os ricos coma Henry

37
00:02:43,708 --> 00:02:47,958
teñen unha peculiaridade común:
un terrible desexo de seren máis ricos.

38
00:02:48,833 --> 00:02:51,791
Dez millóns nunca chegan a nada,
e 20 tampouco.

39
00:02:51,875 --> 00:02:54,708
Teñen un desexo insaciable de máis cartos

40
00:02:54,791 --> 00:02:58,250
e terror a espertar un día
e non topar nada no banco.

41
00:02:58,333 --> 00:03:01,541
Usan varios métodos
para aumentar a súa fortuna.

42
00:03:01,625 --> 00:03:04,333
Uns mercan accións
e miran como soben e baixan.

43
00:03:04,416 --> 00:03:09,333
Outros mercan terra, arte ou diamantes.
Ou apostan no casino ou aos cabalos.

44
00:03:09,416 --> 00:03:11,458
E outros apostan ao que sexa.

45
00:03:11,541 --> 00:03:15,541
Henry Sugar era un deles,
e non lle torcía o bico a trampear.

46
00:03:16,500 --> 00:03:21,166
Unha fin de semana de verán,
Henry foi ver a Sir William W. ao campo.

47
00:03:21,250 --> 00:03:23,583
A casa era espléndida, tamén o xardín.

48
00:03:23,666 --> 00:03:27,041
Pero cando Henry chegou
aquel sábado, estaba arroiando.

49
00:03:27,125 --> 00:03:30,541
O anfitrión e os outros convidados
pasaron a tarde xogando,

50
00:03:30,625 --> 00:03:34,250
mentres Henry miraba
como petaba a choiva na ventá.

51
00:03:34,791 --> 00:03:37,375
Henry saíu do salón
e foi cara ao vestíbulo.

52
00:03:38,250 --> 00:03:42,375
Paseou pola casa sen rumbo
e finalmente entrou na biblioteca.

53
00:03:45,458 --> 00:03:49,125
O pai de William coleccionaba libros
e as paredes da biblioteca

54
00:03:49,208 --> 00:03:52,375
estaban cubertas de libros
anticuados e encadernados.

55
00:03:52,458 --> 00:03:53,791
Non lle interesaban.

56
00:03:53,875 --> 00:03:57,291
Só lía novela policial e negra,
e alí non había diso.

57
00:03:57,375 --> 00:03:58,333
Xa ía marchar

58
00:03:58,416 --> 00:04:01,916
cando os seus ollos
se pousaron en algo diferente.

59
00:04:02,000 --> 00:04:06,125
Era delgadiño, non o vería
se non destacase entre os outros libros.

60
00:04:06,625 --> 00:04:07,958
Colleuno do estante.

61
00:04:08,458 --> 00:04:12,291
Era só un libro de exercicios
dos que usan os nenos na escola.

62
00:04:12,375 --> 00:04:14,708
A cuberta era azul, sen nada escrito.

63
00:04:14,791 --> 00:04:18,750
A primeira páxina, escrita á man
con letra negra e clara, dicía:

64
00:04:18,833 --> 00:04:21,625
INFORME SOBRE IMDAD KHAN
O HOME QUE VE SEN OLLOS

65
00:04:21,708 --> 00:04:25,416
Que estraño! Que raro! Que é isto?

66
00:04:26,291 --> 00:04:29,375
Acomodouse nunha poltrona
e comezou polo principio.

67
00:04:29,875 --> 00:04:32,875
Isto é o que Henry leu
no caderno de exercicios.

68
00:04:38,083 --> 00:04:42,000
Son Z. Z. Chatterjee,
xefe de cirurxía do Hospital de Calcuta.

69
00:04:42,083 --> 00:04:46,291
O 2 de decembro de 1935,
estaba na sala de descanso tomando un té.

70
00:04:46,375 --> 00:04:50,000
Estaban outros tres doutores:
Marshall, Mitra e Macfarlane.

71
00:04:50,083 --> 00:04:51,500
Chamaron á porta.

72
00:04:51,583 --> 00:04:52,750
"Adiante", dixen.

73
00:04:54,541 --> 00:04:57,375
Desculpen, señores.
Pódolles pedir un favor?

74
00:04:57,958 --> 00:04:59,500
Este cuarto é privado.

75
00:04:59,583 --> 00:05:01,750
Xa sei. Perdón por entrar así,

76
00:05:01,833 --> 00:05:04,875
pero teño algo
interesante para mostrarlles.

77
00:05:04,958 --> 00:05:07,208
Estabamos enfadados e non contestamos.

78
00:05:08,250 --> 00:05:12,375
Señores, eu vexo sen usar os ollos.

79
00:05:13,375 --> 00:05:14,666
Pequeno, uns 60 anos,

80
00:05:14,750 --> 00:05:18,375
bigote branco, saíalle
un mato de pelo negro polas orellas.

81
00:05:18,458 --> 00:05:21,291
Aínda que me venden
a cabeza con 50 vendas,

82
00:05:21,375 --> 00:05:23,208
podo lerlles un libro igual.

83
00:05:23,708 --> 00:05:27,291
Parecía dicilo en serio.
A min picoume a curiosidade.

84
00:05:27,375 --> 00:05:28,333
Pase, por favor.

85
00:05:35,166 --> 00:05:39,458
- Cantos dedos mostra o doutor Marshall?
- Sete.

86
00:05:39,541 --> 00:05:40,833
- E agora?
- Nove.

87
00:05:40,916 --> 00:05:42,250
- Agora?
- Tres.

88
00:05:42,333 --> 00:05:43,750
- Agora?
- Tres de novo.

89
00:05:43,833 --> 00:05:44,666
E agora?

90
00:05:45,333 --> 00:05:46,250
Ningún.

91
00:05:48,583 --> 00:05:49,708
Cal é o truco?

92
00:05:49,791 --> 00:05:53,333
Non ten truco. Aprendín a facelo
tras anos de adestramento.

93
00:05:53,416 --> 00:05:54,708
Que adestramento?

94
00:05:54,791 --> 00:05:57,208
Desculpe, pero iso é asunto privado.

95
00:05:58,208 --> 00:05:59,291
Que quería, entón?

96
00:05:59,375 --> 00:06:02,416
Son dun teatro ambulante.
Chegamos hoxe a Calcuta.

97
00:06:02,500 --> 00:06:05,875
Á noite estreámonos no Royal Palace Hall.

98
00:06:05,958 --> 00:06:07,333
A min preséntanme como:

99
00:06:07,416 --> 00:06:09,708
Imdad Khan, o home que ve sen ollos.

100
00:06:09,791 --> 00:06:13,250
Cando a compañía chega
a unha cidade, vou a un hospital

101
00:06:13,333 --> 00:06:16,791
e pídolles aos médicos
que me venden os ollos a conciencia.

102
00:06:16,875 --> 00:06:19,125
É importante que o fagan doutores

103
00:06:19,208 --> 00:06:21,208
para que non se pense que trampeo.

104
00:06:21,291 --> 00:06:24,041
Logo saio á rúa e fago algo perigoso.

105
00:06:24,125 --> 00:06:25,541
Mirei os outros tres.

106
00:06:25,625 --> 00:06:28,750
Mitra e Macfarlane
tiñan que atender os pacientes.

107
00:06:28,833 --> 00:06:31,541
- Marshall dixo…
- Por que non? Fagámolo ben.

108
00:06:31,625 --> 00:06:33,708
Asegurémonos de que non vexa nada.

109
00:06:33,791 --> 00:06:36,291
Son moi amables. Fagan o que queiran.

110
00:06:36,375 --> 00:06:40,291
Antes de vendalo, cubrímoslle
os ollos con algo suave e duro.

111
00:06:40,375 --> 00:06:42,500
- Masa?
- Xusto. Vai á panadaría.

112
00:06:42,583 --> 00:06:44,375
Eu voulle selar as pálpebras.

113
00:06:44,458 --> 00:06:47,000
Levei a Imdad polo corredor ao quirófano.

114
00:06:47,083 --> 00:06:48,291
Déitese aí.

115
00:06:48,375 --> 00:06:50,791
Collín un bote de colodión da lacena.

116
00:06:50,875 --> 00:06:52,916
Vou pegar as pálpebras con isto.

117
00:06:53,000 --> 00:06:54,291
E logo como o quito?

118
00:06:54,375 --> 00:06:57,833
Bótelle alcohol
debaixo das pestanas para disolvelo.

119
00:06:57,916 --> 00:07:01,708
Peche os ollos mentres se pon duro.
Pasaron dous minutos.

120
00:07:01,791 --> 00:07:04,166
"Abra os ollos", dixen. Non daba, claro.

121
00:07:04,250 --> 00:07:08,125
Collín a pasta do doutor Marshall
e pegueilla nun ollo a Imdad.

122
00:07:08,208 --> 00:07:09,416
Enchín toda a cunca

123
00:07:09,500 --> 00:07:12,000
ata que a masa se solapou coa pel.

124
00:07:12,083 --> 00:07:13,750
Fixen o mesmo co outro ollo.

125
00:07:13,833 --> 00:07:15,625
Calquei forte nos bordes.

126
00:07:15,708 --> 00:07:18,583
- É moi incómodo?
- Non, para nada. Grazas.

127
00:07:18,666 --> 00:07:20,458
"Véndao", díxenlle a Marshall.

128
00:07:20,541 --> 00:07:22,041
Teño os dedos pegañentos.

129
00:07:22,125 --> 00:07:24,833
Claro. Poñémoslle isto aquí…

130
00:07:24,916 --> 00:07:28,333
O Dr. Marshall púxolle
algodón sobre a masa dos ollos.

131
00:07:28,416 --> 00:07:29,375
Quedou pegado.

132
00:07:29,458 --> 00:07:30,416
Incorpórese.

133
00:07:31,125 --> 00:07:34,416
O Dr. Marshall púxolle unha venda
de 7 cm na cabeza.

134
00:07:34,500 --> 00:07:36,833
Descúbranme o nariz para respirar.

135
00:07:36,916 --> 00:07:37,833
Claro.

136
00:07:38,833 --> 00:07:41,666
Desculpe, vai quedar algo apertada.

137
00:07:44,250 --> 00:07:45,166
Que tal?

138
00:07:45,250 --> 00:07:46,250
Perfecto.

139
00:07:46,333 --> 00:07:48,708
Parece que tivo unha operación cerebral.

140
00:07:48,791 --> 00:07:49,666
Séntalle ben?

141
00:07:49,750 --> 00:07:50,833
Moi ben.

142
00:07:50,916 --> 00:07:53,916
Felicítoos
polo seu meticuloso traballo, señores.

143
00:07:54,000 --> 00:07:56,583
Imdad Khan ergueuse e dirixiuse á porta.

144
00:08:04,291 --> 00:08:07,500
Manda truco! Viches iso?
Puxo a man xusto no picaporte.

145
00:08:07,583 --> 00:08:08,958
Marshall deixou de rir.

146
00:08:09,541 --> 00:08:12,583
Imdad andaba normal,
bastante rápido, polo corredor.

147
00:08:12,666 --> 00:08:16,000
Seguiámolo a uns cinco metros.
Arrepiaba ver este home

148
00:08:16,083 --> 00:08:19,000
coa cabeza totalmente vendada
andar coma se nada…

149
00:08:19,083 --> 00:08:20,208
"Viuno!", berrei.

150
00:08:20,291 --> 00:08:22,458
Viu ese carro. Isto é incrible!

151
00:08:22,958 --> 00:08:24,333
Marshall non contestou.

152
00:08:24,416 --> 00:08:26,750
Tiña a cara tesa de incredulidade.

153
00:08:27,250 --> 00:08:29,708
Imdad baixou as escaleiras sen problema.

154
00:08:29,791 --> 00:08:31,166
Nin agarrou a varanda.

155
00:08:31,250 --> 00:08:33,625
Subían varias persoas. Vexan a reacción.

156
00:08:34,875 --> 00:08:37,916
No fondo das escaleiras,
virou e saíu á rúa.

157
00:08:38,791 --> 00:08:40,750
Marshall e eu seguímolo de preto.

158
00:08:41,250 --> 00:08:44,333
Abaixo, uns 100 nenos descalzos
berraban e acenaban

159
00:08:44,416 --> 00:08:46,208
cara ao home da cabeza branca.

160
00:08:46,291 --> 00:08:48,500
Saudounos erguendo as dúas mans.

161
00:08:48,583 --> 00:08:51,916
Colleu unha bicicleta,
subiu e fixo un oito no patio.

162
00:08:52,000 --> 00:08:54,708
Os nenos descalzos seguíano,
animándoo e rindo.

163
00:08:54,791 --> 00:08:57,583
Saíu e meteuse
nunha rúa con moito tráfico,

164
00:08:57,666 --> 00:09:00,541
con coches pitando
e indo en todas direccións.

165
00:09:01,083 --> 00:09:02,333
Guiábaa de marabilla.

166
00:09:02,875 --> 00:09:04,333
Vímolo un minuto máis.

167
00:09:04,833 --> 00:09:06,791
Logo virou e perdémolo de vista.

168
00:09:06,875 --> 00:09:10,375
- "Non dou creto", dixo Marshall.
- Non dou creto.

169
00:09:10,458 --> 00:09:11,958
"Eu tampouco", dixen.

170
00:09:12,041 --> 00:09:13,708
Acabamos de ver un milagre.

171
00:09:14,416 --> 00:09:16,875
O resto do día atendín pacientes.

172
00:09:16,958 --> 00:09:19,625
Ás seis da tarde, fun cambiarme ao piso.

173
00:09:19,708 --> 00:09:21,041
Ducheime en auga fría.

174
00:09:21,125 --> 00:09:24,500
Tomei un whisky
na terraza cunha toalla na cintura.

175
00:09:24,583 --> 00:09:27,666
Ás sete menos dez,
cheguei ao Royal Palace Hall.

176
00:09:27,750 --> 00:09:29,000
Durou dúas horas.

177
00:09:29,083 --> 00:09:32,750
Gustoume. O malabarista,
o encantador de serpes, o tragalumes,

178
00:09:32,833 --> 00:09:35,750
o tragasabres que meteu
un estoque ata o estómago.

179
00:09:35,833 --> 00:09:37,666
Con gran fanfarra de trompetas,

180
00:09:37,750 --> 00:09:40,000
Imdad Khan saíu facer o seu número.

181
00:09:40,083 --> 00:09:43,041
Chamaron espectadores
para vendarlle os ollos.

182
00:09:43,125 --> 00:09:45,250
Espetou coitelos arredor dun rapaz

183
00:09:45,333 --> 00:09:47,541
e disparoulle a unha lata na cabeza.

184
00:09:47,625 --> 00:09:51,541
Logo, puxéronlle un barril metálico
por riba da cabeza vendada.

185
00:09:51,625 --> 00:09:55,291
O rapaz púxolle unha agulla
nunha man e un fío na outra.

186
00:09:55,375 --> 00:09:57,708
Puxéronlle unha lupa xigante diante

187
00:09:57,791 --> 00:09:59,375
e, sen dubidar,

188
00:09:59,458 --> 00:10:01,833
meteu o fío polo ollo da agulla.

189
00:10:07,208 --> 00:10:08,416
Quedei pasmado.

190
00:10:10,583 --> 00:10:13,125
No camerino, topei a Imdad sentado,

191
00:10:13,208 --> 00:10:14,625
quitando a maquillaxe.

192
00:10:14,708 --> 00:10:16,500
Ten curiosidade, doutor, non?

193
00:10:16,583 --> 00:10:17,666
"Moita", dixen.

194
00:10:17,750 --> 00:10:21,583
Chamoume a atención o mato
de pelo negro que lle saía das orellas.

195
00:10:21,666 --> 00:10:23,958
Nunca vira nada semellante.

196
00:10:24,041 --> 00:10:26,583
Teño unha proposta. Non son escritor,

197
00:10:26,666 --> 00:10:30,125
pero, se me di como conseguiu
o poder de ver sen ollos,

198
00:10:30,208 --> 00:10:31,833
eu anotareino fielmente

199
00:10:31,916 --> 00:10:36,208
e publicareino no British Medical Journal
ou noutra revista famosa.

200
00:10:36,291 --> 00:10:38,250
Ser máis coñecido axudaríao?

201
00:10:38,333 --> 00:10:40,416
- Axudaríame moito.
- Magnífico.

202
00:10:40,500 --> 00:10:43,333
Uso taquigrafía
para escribir historiais médicos.

203
00:10:43,416 --> 00:10:46,500
Anotei todo o que Imdad me dixo,
palabra por palabra.

204
00:10:46,583 --> 00:10:48,750
Cóntollelo tal como o contou.

205
00:10:50,041 --> 00:10:53,458
TODO O QUE ME DIXO IMDAD AQUELA TARDE
(PALABRA POR PALABRA)

206
00:10:55,708 --> 00:10:58,791
Nacín no estado de Caxemira en 1873.

207
00:10:58,875 --> 00:11:01,958
Meu pai era revisor de tren.

208
00:11:02,041 --> 00:11:05,291
Un día, un mago veu actuar á nosa escola.

209
00:11:05,375 --> 00:11:06,833
Quedei abraiado.

210
00:11:06,916 --> 00:11:11,416
Ás dúas semanas, fuxín cos aforros
cunha compañía de teatro ambulante.

211
00:11:11,500 --> 00:11:14,333
Iso foi no 1886, tiña eu 13 anos.

212
00:11:14,833 --> 00:11:15,916
Durante tres anos,

213
00:11:16,000 --> 00:11:18,500
viaxei coa compañía por todo o Punxab.

214
00:11:18,583 --> 00:11:21,125
Ao final, xa era a atracción principal.

215
00:11:21,208 --> 00:11:27,541
Fun aforrando cartos
ata xuntar máis de 3000 rupias.

216
00:11:27,625 --> 00:11:32,958
Oín falar daquela dun iogui famoso
que adquirira o poder de levitar.

217
00:11:33,041 --> 00:11:34,666
Dicíase que, cando rezaba,

218
00:11:34,750 --> 00:11:38,208
o seu corpo erguíase
ata 45 centímetros do chan.

219
00:11:38,291 --> 00:11:40,250
Polo menos, un efecto tremendo.

220
00:11:41,375 --> 00:11:42,208
Bigote?

221
00:11:44,208 --> 00:11:46,208
Deixei a compañía de teatro

222
00:11:46,291 --> 00:11:49,375
e fun a unha vila na ribeira do Ganxes,

223
00:11:49,458 --> 00:11:51,375
onde dicían que vivía o iogui.

224
00:11:51,458 --> 00:11:53,833
Un día, un viaxeiro mencionou un ermitán

225
00:11:53,916 --> 00:11:57,583
que atopara preto de alí,
na xungla profunda, só.

226
00:11:57,666 --> 00:11:59,000
Iso chegábame.

227
00:11:59,083 --> 00:12:01,166
Larguei alugar un carro de cabalos.

228
00:12:02,125 --> 00:12:03,791
Cando negociaba co cocheiro,

229
00:12:03,875 --> 00:12:06,375
apareceu un home que ía na mesma dirección

230
00:12:06,458 --> 00:12:08,958
e propuxo irmos xuntos, dividindo o custo.

231
00:12:09,458 --> 00:12:12,208
Vaia sortaza tiven!

232
00:12:12,291 --> 00:12:16,708
Falando co acompañante,
souben que era discípulo do grande iogui

233
00:12:16,791 --> 00:12:19,541
e que precisamente
ía visitar o seu mestre.

234
00:12:19,625 --> 00:12:20,500
Eu ceibei:

235
00:12:20,583 --> 00:12:23,416
"Ese é o home que eu busco.
Podo coñecelo?"

236
00:12:23,500 --> 00:12:25,875
O acompañante miroume con calma.

237
00:12:26,375 --> 00:12:28,041
"Iso é imposible", dixo.

238
00:12:28,583 --> 00:12:31,750
Desde aquela,
negouse a contestar as miñas preguntas.

239
00:12:31,833 --> 00:12:34,416
Pero si que souben un pequeno detalle:

240
00:12:34,500 --> 00:12:37,666
a hora do día en que o iogui
comezaba a meditación.

241
00:12:37,750 --> 00:12:42,083
O acompañante acenou
para deter o carro, baixou e marchou.

242
00:12:42,166 --> 00:12:44,666
Fixen que seguía, pero, tras unha curva,

243
00:12:44,750 --> 00:12:46,875
saltei e volvín polo mesmo camiño.

244
00:12:46,958 --> 00:12:49,375
O home xa desaparecera pola xungla.

245
00:12:50,083 --> 00:12:51,750
Oín renxer algo na maleza.

246
00:12:51,833 --> 00:12:54,125
Pensei: "Se non é el, é un tigre,

247
00:12:54,208 --> 00:12:56,750
que se abalanzará sobre min, esnaquizarame

248
00:12:56,833 --> 00:12:59,583
e comerame,
arrancándome a carne a bocados."

249
00:13:01,000 --> 00:13:02,000
Era el.

250
00:13:04,166 --> 00:13:07,625
Non había miga de camiño
por onde ía o home.

251
00:13:07,708 --> 00:13:10,000
Abría paso entre bambús altos

252
00:13:10,083 --> 00:13:11,875
e vexetación mesta e variada.

253
00:13:11,958 --> 00:13:15,875
Eu seguíao con sixilo,
polo menos uns 100 metros por detrás.

254
00:13:15,958 --> 00:13:18,916
Cando o perdía de vista,
que era case sempre,

255
00:13:19,000 --> 00:13:21,458
eu seguía o ruído dos seus pasos.

256
00:13:21,541 --> 00:13:24,750
Media hora durou
o tenso xogo de seguir o líder.

257
00:13:24,833 --> 00:13:27,666
Logo, de súpeto, deixei de oílo.

258
00:13:27,750 --> 00:13:29,083
Parei e escoitei.

259
00:13:29,708 --> 00:13:31,583
De súpeto, a través da maleza,

260
00:13:31,666 --> 00:13:35,541
vin un claro e dúas pequenas cabanas.
O corazón deume un chimpo.

261
00:13:35,625 --> 00:13:39,916
Había unha almofía ao pé da cabana,
e unha alfombra para rezar. Encima,

262
00:13:40,000 --> 00:13:43,916
un gran baobab
con preciosas pólas gordas e frondosas.

263
00:13:44,416 --> 00:13:46,708
Aguantei a gran calor do mediodía

264
00:13:46,791 --> 00:13:49,583
e a calor húmida
e abafante da tarde, agardando.

265
00:13:49,666 --> 00:13:50,958
Preto das cinco,

266
00:13:51,041 --> 00:13:54,250
subín á árbore
e agacheime entre as follas.

267
00:13:54,333 --> 00:13:58,666
Por fin, o iogui saíu da cabana
e sentou coas pernas cruzadas na alfombra.

268
00:13:58,750 --> 00:14:01,250
Os seus movementos eran calmos e mainos.

269
00:14:01,333 --> 00:14:03,791
Puxo as mans nos xeonllos

270
00:14:03,875 --> 00:14:06,041
e respirou profundamente polo nariz,

271
00:14:06,125 --> 00:14:09,875
e xa vin que unha especie
de resplandor se derretía sobre el.

272
00:14:09,958 --> 00:14:13,333
Durante 14 minutos, permaneceu
inmóbil na mesma posición.

273
00:14:13,416 --> 00:14:17,000
Logo, vin, con toda certeza,

274
00:14:17,083 --> 00:14:19,458
o seu corpo erguerse do chan lentamente.

275
00:14:20,666 --> 00:14:24,375
30 cm, 40, 45, 50.

276
00:14:25,166 --> 00:14:26,833
60 cm por riba da alfombra.

277
00:14:27,333 --> 00:14:28,958
Na árbore, dixen para min:

278
00:14:29,041 --> 00:14:32,208
"Aí tes un home sentado no aire."

279
00:14:33,541 --> 00:14:37,458
46 minutos, polo meu reloxo,
estivo suspendido o seu corpo.

280
00:14:37,541 --> 00:14:39,708
Logo baixou á terra amodo,

281
00:14:39,791 --> 00:14:42,333
ata pousar as nádegas na alfombra.

282
00:14:42,416 --> 00:14:44,916
Baixei da árbore e corrín cara a el.

283
00:14:45,000 --> 00:14:47,416
O grande iogui lavaba as mans e os pés.

284
00:14:47,500 --> 00:14:49,583
"Canto tempo levas aí?", preguntou.

285
00:14:49,666 --> 00:14:52,208
Colleu un ladrillo
e tiroumo con tanta forza

286
00:14:52,291 --> 00:14:54,791
que o partiu en dous contra a miña perna.

287
00:14:54,875 --> 00:14:56,958
Aínda teño a cicatriz. Miren.

288
00:14:59,958 --> 00:15:01,708
Isto foi un golpe de sorte.

289
00:15:01,791 --> 00:15:04,916
O iogui non pode perder
o control nin tirar ladrillos.

290
00:15:05,000 --> 00:15:09,250
O vello sentíase humillado, arrepentido
e decepcionado consigo mesmo.

291
00:15:09,333 --> 00:15:12,625
Explicou que,
aínda que non me collería de discípulo,

292
00:15:12,708 --> 00:15:15,541
ensinaríame algo informalmente

293
00:15:15,625 --> 00:15:17,625
para compensarme polo ataque,

294
00:15:17,708 --> 00:15:19,791
que eu tiña ben merecido.

295
00:15:20,291 --> 00:15:21,708
Isto foi no 1890.

296
00:15:22,208 --> 00:15:24,041
Eu tiña case 17 anos.

297
00:15:26,000 --> 00:15:28,250
Que ensinaba o grande iogui?

298
00:15:28,333 --> 00:15:29,500
Isto.

299
00:15:30,000 --> 00:15:31,458
A mente é dispersa.

300
00:15:31,541 --> 00:15:34,541
Ocúpase de miles de cousas á vez.

301
00:15:34,625 --> 00:15:37,250
Cousas que ves, que oes e que cheiras.

302
00:15:37,333 --> 00:15:40,291
Cousas que pensas
e cousas que non queres pensar.

303
00:15:40,375 --> 00:15:42,250
Debes aprender a concentrarte

304
00:15:42,333 --> 00:15:46,125
en visualizar só unha cousa, nada máis.

305
00:15:46,208 --> 00:15:48,958
Esforzándote, podes concentrar a mente

306
00:15:49,041 --> 00:15:50,458
no obxecto que escollas

307
00:15:50,541 --> 00:15:52,541
durante uns tres minutos e medio.

308
00:15:52,625 --> 00:15:55,625
Isto leva uns 20 anos
de intensa dedicación diaria.

309
00:15:55,708 --> 00:15:57,291
"Vinte anos!", berrei.

310
00:15:57,375 --> 00:15:59,083
Vinte anos ou máis.

311
00:15:59,166 --> 00:16:01,875
É o que leva normalmente,
se é que o dás feito.

312
00:16:01,958 --> 00:16:03,541
Daquela xa serei vello!

313
00:16:03,625 --> 00:16:06,583
Depende.
A algúns lévalles dez, a outros 30.

314
00:16:06,666 --> 00:16:09,333
En contadas ocasións, vén algunha persoa

315
00:16:09,416 --> 00:16:14,250
que adquire o poder nun ano ou dous,
pero é un entre un millón, non ti.

316
00:16:14,333 --> 00:16:16,625
Tan difícil é concentrar a mente…?

317
00:16:16,708 --> 00:16:21,166
Case imposible. Inténtao, xa verás.
Pecha os ollos e pensa en algo.

318
00:16:21,250 --> 00:16:24,416
Pensa só nun obxecto.
Visualízao, veo diante de ti.

319
00:16:24,500 --> 00:16:26,541
Nuns segundos, a mente dispérsase.

320
00:16:26,625 --> 00:16:29,208
Coaranse
outros pensamentos. É moi difícil.

321
00:16:29,708 --> 00:16:31,625
Así falou o grande sabio iogui.

322
00:16:33,791 --> 00:16:36,083
Entón, comecei os exercicios.

323
00:16:37,166 --> 00:16:38,458
Á noite, sentaba,

324
00:16:38,541 --> 00:16:41,916
pechaba os ollos e visualizaba
a persoa que máis quería,

325
00:16:42,000 --> 00:16:45,416
que era meu irmán máis vello,
que morreu aos dez anos.

326
00:16:45,500 --> 00:16:49,208
Concentrábame na súa cara,
pero, se se me dispersaba a mente,

327
00:16:49,291 --> 00:16:52,166
paraba o exercicio, descansaba uns minutos

328
00:16:52,250 --> 00:16:53,541
e volvíao intentar.

329
00:16:53,625 --> 00:16:58,208
Practicando diariamente cinco anos,
dábame concentrado só na cara de meu irmán

330
00:16:58,291 --> 00:16:59,875
durante un minuto e medio.

331
00:16:59,958 --> 00:17:01,166
Ía mellorando.

332
00:17:04,791 --> 00:17:05,625
Mentres tanto,

333
00:17:05,708 --> 00:17:08,833
comecei a gañar cartos
facendo prestidixitación.

334
00:17:08,916 --> 00:17:11,041
Dánseme ben os xogos de man,

335
00:17:11,125 --> 00:17:13,708
pero nunca deixei de facer os exercicios.

336
00:17:13,791 --> 00:17:17,583
Á noite, onde estivese,
sentaba nun curruncho tranquilo

337
00:17:17,666 --> 00:17:20,333
e concentraba a mente
na cara de meu irmán.

338
00:17:20,416 --> 00:17:23,583
Ás veces, acendía
unha candea e miraba a chama.

339
00:17:23,666 --> 00:17:27,166
A chama dunha candea,
como saben, ten tres partes distintas:

340
00:17:27,250 --> 00:17:29,541
o amarelo na cima, o malva abaixo,

341
00:17:29,625 --> 00:17:30,916
e o negro dentro.

342
00:17:31,000 --> 00:17:33,833
Poñía a candea a 40 cm da cara,

343
00:17:33,916 --> 00:17:35,458
xusto á altura dos ollos,

344
00:17:35,541 --> 00:17:40,041
para non mover nin un músculo do ollo
ao erguer ou baixar a vista.

345
00:17:40,125 --> 00:17:44,125
Miraba a parte negra do centro
ata desaparecer o que tiña arredor.

346
00:17:44,208 --> 00:17:48,000
Logo, pechaba os ollos
e concentrábame na cara de meu irmán.

347
00:17:49,000 --> 00:17:53,750
En 1907, aos 34 anos,
podíame concentrar tres minutos

348
00:17:53,833 --> 00:17:56,125
sen dispersárseme a mente en absoluto.

349
00:17:56,208 --> 00:17:59,458
Daquela decateime
de que tiña a capacidade,

350
00:17:59,541 --> 00:18:01,291
era só unha rara intuición,

351
00:18:01,375 --> 00:18:04,625
de que, pechando os ollos
e mirando con atención algo,

352
00:18:04,708 --> 00:18:08,583
moi intensamente, podía ver
o contorno do obxecto que miraba.

353
00:18:08,666 --> 00:18:10,583
Pensei no que me dixera o iogui:

354
00:18:10,666 --> 00:18:14,125
"Hai relixiosos
que se concentran tan intensamente

355
00:18:14,208 --> 00:18:16,500
que poden ver sen usar os ollos."

356
00:18:17,166 --> 00:18:21,500
Todas as noites, tras facer
os exercicios coa chama da candea,

357
00:18:21,583 --> 00:18:26,875
tomaba un té, vendaba os ollos, sentaba
na cadeira e tentaba ver sen os ollos.

358
00:18:26,958 --> 00:18:29,125
Comecei cunha baralla de cartas.

359
00:18:29,208 --> 00:18:31,333
Estudábaas por detrás e adiviñábaas.

360
00:18:31,416 --> 00:18:33,666
Acertaba o 60 % das veces.

361
00:18:33,750 --> 00:18:35,958
Logo, merquei mapas e cartas náuticas

362
00:18:36,041 --> 00:18:37,750
e colgueinas no meu cuarto.

363
00:18:37,833 --> 00:18:42,083
Pasaba horas mirándoas cos ollos vendados,
tentando ler a letra pequena.

364
00:18:42,166 --> 00:18:46,291
Todas as noites, durante oito anos,
seguín exercitándome nisto.

365
00:18:46,375 --> 00:18:48,916
En 1915, podía ler un libro enteiro,

366
00:18:49,000 --> 00:18:51,083
de cabo a rabo, cos ollos vendados.

367
00:18:51,166 --> 00:18:52,291
Conseguírao!

368
00:18:52,375 --> 00:18:54,291
Por fin, tiña ese poder.

369
00:18:55,875 --> 00:18:58,583
Empecei a facelo nas miñas actuacións.

370
00:18:58,666 --> 00:19:01,791
Á xente gustáballe,
pero ninguén cría que fose certo.

371
00:19:01,875 --> 00:19:05,333
Ata os doutores,
que me vendaban os ollos a conciencia,

372
00:19:05,416 --> 00:19:08,041
se negan a crer
que se poida ver sen ollos.

373
00:19:08,583 --> 00:19:11,708
Esquecen outros xeitos
de enviar imaxes ao cerebro.

374
00:19:11,791 --> 00:19:13,208
Imdad Khan calou.

375
00:19:13,291 --> 00:19:14,208
Estaba canso.

376
00:19:14,291 --> 00:19:15,791
"Que xeitos?", preguntei.

377
00:19:17,833 --> 00:19:19,416
A verdade é que non sei.

378
00:19:21,083 --> 00:19:23,625
A visión faina outra parte do corpo.

379
00:19:24,125 --> 00:19:25,041
Que parte?

380
00:19:35,166 --> 00:19:36,666
Aquel día non fun á cama.

381
00:19:36,750 --> 00:19:39,833
Este home obrigaría
os científicos a facer piruetas.

382
00:19:39,916 --> 00:19:41,916
Debe ser o home vivo máis valioso.

383
00:19:42,000 --> 00:19:45,625
Tiña que atopar por que medio,
biolóxico, químico ou máxico,

384
00:19:45,708 --> 00:19:48,416
podía enviarse a imaxe
ao cerebro sen os ollos.

385
00:19:48,500 --> 00:19:51,833
Os cegos poderían ver, os xordos oír.
Quen sabe que máis?

386
00:19:51,916 --> 00:19:54,541
"Este home non se pode ignorar", pensei.

387
00:19:54,625 --> 00:19:58,333
Comecei a transcribir
todo o que Imdad me dixera aquela noite.

388
00:19:58,416 --> 00:20:00,333
Escribín cinco horas seguidas.

389
00:20:03,250 --> 00:20:06,750
Ás oito da mañá seguinte
rematei a parte máis importante:

390
00:20:06,833 --> 00:20:08,083
as páxinas que leron.

391
00:20:08,166 --> 00:20:13,416
Non vin o Dr. Marshall ata a hora do té.
Díxenlle o que puiden en dez minutos.

392
00:20:13,500 --> 00:20:15,916
Hoxe ao teatro. Non o podemos perder.

393
00:20:16,000 --> 00:20:17,291
Vou contigo.

394
00:20:17,375 --> 00:20:22,125
Ás 6:45, fomos ao Royal Palace Hall.
Aparquei o coche e fomos a pé ao teatro.

395
00:20:22,625 --> 00:20:24,250
"Algo non cadra", dixen.

396
00:20:24,333 --> 00:20:26,875
Non había ninguén fóra,
as portas pechadas.

397
00:20:26,958 --> 00:20:30,666
O cartel do show estaba alí,
pero alguén escribira por riba:

398
00:20:30,750 --> 00:20:32,833
"Cancélase a actuación de hoxe."

399
00:20:33,958 --> 00:20:37,208
Pregunteille a un porteiro vello:
"¿Que pasou?"

400
00:20:37,291 --> 00:20:39,416
- Morreu alguén.
- Quen?

401
00:20:39,500 --> 00:20:40,958
Eu xa o sabía.

402
00:20:41,041 --> 00:20:43,125
O home que ve sen os ollos.

403
00:20:43,708 --> 00:20:44,833
"Como?", berrei.

404
00:20:45,333 --> 00:20:47,416
Foi durmir e non espertou máis.

405
00:20:48,291 --> 00:20:49,416
Cousas que pasan.

406
00:20:52,750 --> 00:20:54,416
Volvemos amodo para o coche.

407
00:20:59,291 --> 00:21:01,500
Sentín unha enorme tristura e rabia.

408
00:21:01,583 --> 00:21:05,500
Non debín perdelo de vista,
debinlle dar cama e coidados.

409
00:21:05,583 --> 00:21:07,125
Imdad Khan facía milagres.

410
00:21:07,208 --> 00:21:11,333
Comunicábase con forzas misteriosas
fóra do alcance da xente normal.

411
00:21:11,416 --> 00:21:12,625
Agora estaba morto.

412
00:21:13,208 --> 00:21:14,833
"Acabouse", dixo Marshall.

413
00:21:15,625 --> 00:21:16,541
Acabouse.

414
00:21:17,625 --> 00:21:18,625
"Si", dixen eu.

415
00:21:19,833 --> 00:21:20,750
Acabouse.

416
00:21:25,708 --> 00:21:30,500
Esta é unha crónica verdadeira e fiel
das miñas dúas reunións con Imdad Khan.

417
00:21:33,458 --> 00:21:34,625
Vaia, vaia!

418
00:21:35,708 --> 00:21:37,791
Isto é moi interesante.

419
00:21:39,291 --> 00:21:41,541
Este dato é fantástico.

420
00:21:42,958 --> 00:21:44,458
Poderíame cambiar a vida.

421
00:22:04,125 --> 00:22:06,541
O dato a que se refería Henry

422
00:22:06,625 --> 00:22:10,333
era que Imdad Khan aprendera
a identificar as cartas

423
00:22:10,416 --> 00:22:11,833
mirándoas polo dorso.

424
00:22:11,916 --> 00:22:14,583
Sendo, como se dixo, un xogador trampón,

425
00:22:14,666 --> 00:22:17,666
Henry decatouse
de que podía gañar unha fortuna.

426
00:22:18,666 --> 00:22:20,500
Baixou ao cuarto do mordomo

427
00:22:20,583 --> 00:22:23,291
e pediu unha candea,
un candeeiro e unha regra.

428
00:22:23,375 --> 00:22:26,916
Foi ao seu cuarto, pechou porta
e persianas e apagou a luz.

429
00:22:27,000 --> 00:22:29,791
Puxo a candea no toucador
e colleu unha cadeira.

430
00:22:29,875 --> 00:22:33,083
Viu que os ollos lle quedaban
xusto á altura da mecha.

431
00:22:33,666 --> 00:22:37,000
Coa regra,
colocou a cara a 40 cm da candea,

432
00:22:37,083 --> 00:22:38,625
como se indica no libro.

433
00:22:38,708 --> 00:22:42,125
Imdad Khan visualizaba
a cara da persoa que máis quería,

434
00:22:42,208 --> 00:22:44,666
que, no seu caso, era o seu finado irmán.

435
00:22:44,750 --> 00:22:46,458
Henry non tiña irmáns.

436
00:22:47,125 --> 00:22:50,041
Entón, decidiu
visualizar a súa propia cara.

437
00:22:56,750 --> 00:22:59,875
Cando Henry miraba
a zona negra do centro da chama,

438
00:22:59,958 --> 00:23:01,583
pasou algo extraordinario.

439
00:23:01,666 --> 00:23:04,791
A mente quedoulle en branco,
o cerebro inmóbil,

440
00:23:04,875 --> 00:23:08,083
e, de súpeto, sentiu
que o seu corpo estaba encerrado,

441
00:23:08,166 --> 00:23:09,000
comodamente,

442
00:23:09,083 --> 00:23:11,708
naquela pequena zona negra
desa nada ardente.

443
00:23:12,333 --> 00:23:14,500
Certo que só durou 15 segundos.

444
00:23:14,583 --> 00:23:16,791
Logo, estivese onde estivese,

445
00:23:16,875 --> 00:23:20,291
esforzouse por practicar
coa candea cinco veces ao día.

446
00:23:20,375 --> 00:23:24,583
Por primeira vez,
púxose a facer algo con entusiasmo

447
00:23:24,666 --> 00:23:26,583
e fixo progresos considerables.

448
00:23:27,166 --> 00:23:28,166
Tras seis meses,

449
00:23:28,250 --> 00:23:31,625
concentrábase na imaxe
da súa cara durante tres minutos

450
00:23:31,708 --> 00:23:34,125
sen que lle pasase pola cabeza nada máis.

451
00:23:34,625 --> 00:23:36,166
"Son eu", pensaba Henry.

452
00:23:36,250 --> 00:23:40,791
Son un entre un millón coa capacidade
de adquirir poderes de ioga moi rápido.

453
00:23:41,375 --> 00:23:44,375
Ao cabo dun ano,
pasaba de cinco minutos e medio.

454
00:23:45,333 --> 00:23:46,458
Xa chegara a hora.

455
00:23:50,583 --> 00:23:52,958
Salón de Henry en Londres. Medianoite.

456
00:23:53,041 --> 00:23:57,125
Treme de emoción cando, por primeira vez,
coloca a baralla boca abaixo

457
00:23:57,208 --> 00:23:59,125
e concéntrase na primeira carta.

458
00:23:59,208 --> 00:24:02,875
O único que ve é o deseño
de liñas finas e vermellas do dorso,

459
00:24:02,958 --> 00:24:05,750
quizais o deseño de cartas
máis común do mundo.

460
00:24:05,833 --> 00:24:09,375
Agora concéntrase no outro lado da carta.

461
00:24:09,458 --> 00:24:13,541
Concéntrase intensamente
na cara invisible do outro lado da carta.

462
00:24:13,625 --> 00:24:16,625
Pasan trinta segundos.
Un minuto, dous, tres.

463
00:24:16,708 --> 00:24:17,916
Non move un músculo.

464
00:24:18,000 --> 00:24:20,500
A súa concentración é absoluta.

465
00:24:20,583 --> 00:24:22,500
Visualiza o reverso da carta.

466
00:24:22,583 --> 00:24:25,250
Ningún outro pensamento
lle pode vir á cabeza.

467
00:24:25,333 --> 00:24:27,375
No cuarto minuto, ocorre algo.

468
00:24:27,458 --> 00:24:29,333
De xeito máxico, pero claro,

469
00:24:29,416 --> 00:24:33,250
unha mancha negra vólvese unha pica,
un garabato vólvese un cinco.

470
00:24:33,333 --> 00:24:34,416
O cinco de picas.

471
00:24:34,916 --> 00:24:38,000
Cos dedos tremendo,
colle a carta e dálle a volta.

472
00:24:39,166 --> 00:24:40,291
"Conseguino", dixo.

473
00:24:41,416 --> 00:24:45,083
Henry obsesiónase. Só sae
da casa para mercar comida e bebida.

474
00:24:45,583 --> 00:24:49,583
Pasa o día, e ás veces a noite,
enriba das cartas co cronómetro,

475
00:24:49,666 --> 00:24:51,875
reducindo o tempo, segundo a segundo.

476
00:24:51,958 --> 00:24:54,791
Nun mes, minuto e medio.
Seis meses, 20 segundos.

477
00:24:54,875 --> 00:24:56,708
Sete meses máis, dez segundos.

478
00:24:56,791 --> 00:24:58,000
O obxectivo é cinco.

479
00:24:58,083 --> 00:25:00,708
Se non dá visto a carta en cinco segundos,

480
00:25:00,791 --> 00:25:02,750
non terá éxito nos casinos.

481
00:25:03,250 --> 00:25:06,500
Canto máis se achega,
máis difícil é acadar o obxectivo.

482
00:25:07,083 --> 00:25:11,166
En catro semanas pasa de dez a nove
segundos. En cinco de nove a oito.

483
00:25:11,250 --> 00:25:15,375
Non lle importa traballar duro.
Fai doce horas seguidas sen problema.

484
00:25:15,458 --> 00:25:17,791
Sabe que ao final o conseguirá.

485
00:25:17,875 --> 00:25:20,375
Os últimos dous segundos
lévanlle 11 meses.

486
00:25:20,458 --> 00:25:22,041
Pero un sábado á tarde…

487
00:25:29,750 --> 00:25:33,583
Cinco segundos. Pasa toda a baralla,
cronometrando cada carta.

488
00:25:33,666 --> 00:25:37,458
Cinco segundos,
cinco segundos, cinco segundos.

489
00:25:38,541 --> 00:25:40,708
Canto tempo lle levou acadalo?

490
00:25:41,666 --> 00:25:44,208
Tres anos e tres meses
de esforzo constante.

491
00:25:46,208 --> 00:25:48,666
Había máis de 100 casinos en Londres.

492
00:25:48,750 --> 00:25:51,833
Henry era socio de dez.
Lord's House era o favorito.

493
00:25:53,041 --> 00:25:55,875
O mellor do país,
nunha gran mansión xeorxiana.

494
00:25:55,958 --> 00:25:56,916
Boas, Sr. Sugar.

495
00:25:57,000 --> 00:25:59,916
…dixo o home
cuxo traballo era non esquecer caras.

496
00:26:00,000 --> 00:26:03,125
Subiu pola marabillosa
escaleira ata a caixa.

497
00:26:03,208 --> 00:26:05,416
Fixo un cheque de 10 000 libras.

498
00:26:05,500 --> 00:26:09,500
Mulleres gordas rodeaban a ruleta,
coma galiñas arredor do comedeiro.

499
00:26:09,583 --> 00:26:12,583
Homes con puro
e cara encarnada contaban as fichas,

500
00:26:12,666 --> 00:26:14,500
con ollos brillantes de cobiza.

501
00:26:15,541 --> 00:26:16,375
Raro.

502
00:26:16,458 --> 00:26:20,416
Por primeira vez, Henry mirou
con desagrado esa horrible xente rica.

503
00:26:20,916 --> 00:26:25,125
Henry buscou unha cadeira libre
nunha mesa de blackjack.

504
00:26:25,208 --> 00:26:27,916
O croupier colleu a placa
e meteuna nun burato.

505
00:26:28,416 --> 00:26:31,458
Era noveiro, de ollos negros e pel pálida.

506
00:26:31,541 --> 00:26:33,791
Non sorría e só falaba o necesario.

507
00:26:33,875 --> 00:26:36,583
Tiña mans delgadas e aritmética nos dedos.

508
00:26:36,666 --> 00:26:40,083
Colleu unha manda de fichas
de 25 libras e púxoas na mesa.

509
00:26:40,166 --> 00:26:42,791
Non as contou.
Eses dedos non se trabucaban.

510
00:26:42,875 --> 00:26:44,250
Púxoas fronte a Henry.

511
00:26:44,333 --> 00:26:45,708
Ao colocar as fichas,

512
00:26:45,791 --> 00:26:47,875
mirou a primeira carta da baralla.

513
00:26:47,958 --> 00:26:51,375
En cinco segundos viu un dez.
Puxo oito fichas, 200 libras,

514
00:26:51,458 --> 00:26:53,583
o máximo permitido en Lord's House.

515
00:26:53,666 --> 00:26:56,083
Saíulle o dez. A segunda era un nove.

516
00:26:56,166 --> 00:26:57,333
Dezanove en total.

517
00:26:57,416 --> 00:26:58,458
Con 19, plantas.

518
00:26:58,541 --> 00:27:02,083
Paras e agardas que a banca
non teña 20 ou 21. Clarísimo.

519
00:27:02,166 --> 00:27:04,791
- Ao chegar a Henry, o croupier dixo…
- 19.

520
00:27:04,875 --> 00:27:07,333
Pasou ao seguinte. "Espere", dixo Henry.

521
00:27:07,416 --> 00:27:08,958
O croupier volveu a Henry.

522
00:27:09,041 --> 00:27:11,333
Ergueu as cellas e mirouno.

523
00:27:11,416 --> 00:27:13,583
- Pide carta con 19?
- …preguntou.

524
00:27:13,666 --> 00:27:17,208
Só había dúas cartas
coas que non se pasaría, o as e o dous.

525
00:27:17,291 --> 00:27:21,250
Só un parvo se arriscaría a pedir
carta con 19, con 200 libras alí.

526
00:27:21,333 --> 00:27:24,375
Víase o revés da seguinte.
O croupier non a tocara.

527
00:27:24,458 --> 00:27:27,833
"Si, outra carta", dixo Henry.
O croupier deulla.

528
00:27:27,916 --> 00:27:31,083
O dous de trevos aterrou
á beira do dez e o nove.

529
00:27:31,166 --> 00:27:32,708
- 21.
- …dixo o croupier.

530
00:27:32,791 --> 00:27:34,750
Mirou a cara de Henry

531
00:27:34,833 --> 00:27:37,583
e detívose nela, calado, atento, abraiado.

532
00:27:38,750 --> 00:27:42,208
Henry descolocárao.
Case ninguén pide carta con 19.

533
00:27:42,291 --> 00:27:46,500
El fíxoo cunha tranquilidade
e unha seguridade abraiantes, e gañou.

534
00:27:47,083 --> 00:27:50,166
Mirou o croupier
e decatouse de que se trabucara.

535
00:27:50,250 --> 00:27:52,208
Chamara a atención. "Desculpe."

536
00:27:52,708 --> 00:27:54,000
Iso nunca máis.

537
00:27:54,083 --> 00:27:57,125
Ten que ter tino,
e mesmo deixarse perder ás veces.

538
00:27:57,208 --> 00:27:58,458
A partida seguiu.

539
00:27:58,541 --> 00:28:02,583
Tiña tanta vantaxe que lle custaba
gañar só unha cantidade razoable.

540
00:28:02,666 --> 00:28:05,416
Nunha hora, gañara
30 000 libras. Aí parou.

541
00:28:05,500 --> 00:28:07,250
Podería ben ser un millón.

542
00:28:07,958 --> 00:28:08,791
Grazas.

543
00:28:09,291 --> 00:28:11,541
Henry agora era capaz de facer cartos

544
00:28:11,625 --> 00:28:14,250
máis rápido ca ninguén no mundo enteiro.

545
00:28:16,791 --> 00:28:17,625
Interesante.

546
00:28:22,166 --> 00:28:24,333
Se esta historia fose inventada,

547
00:28:24,416 --> 00:28:28,583
cumpriría inventar un final
emocionante e con sorpresa.

548
00:28:28,666 --> 00:28:30,250
Algo dramático e inusual.

549
00:28:30,333 --> 00:28:33,416
Por exemplo, Henry
podía ir contar o diñeiro á casa.

550
00:28:33,500 --> 00:28:36,333
Mentres o conta,
podía de súpeto sentirse mal.

551
00:28:36,416 --> 00:28:37,875
Dóelle o peito.

552
00:28:38,958 --> 00:28:41,333
Decide ir para a cama e quita a roupa.

553
00:28:41,416 --> 00:28:43,250
Vai espido coller o pixama.

554
00:28:43,333 --> 00:28:46,541
Pasa por diante do espello
de corpo enteiro e para.

555
00:28:46,625 --> 00:28:49,541
Polo costume, empeza a concentrarse.

556
00:28:49,625 --> 00:28:51,916
De súpeto, ve a través da súa pel.

557
00:28:52,000 --> 00:28:54,458
Coma os raios X, pero mellor. Ve todo.

558
00:28:54,541 --> 00:28:56,666
Arterias, veas, o sangue.

559
00:28:56,750 --> 00:28:59,416
Fígado, riles, intestinos.
Ve bater o corazón.

560
00:28:59,916 --> 00:29:01,708
Mira onde lle doe no peito

561
00:29:01,791 --> 00:29:05,958
e ve un vulto na vea grande
que vai ao corazón no lado dereito.

562
00:29:06,041 --> 00:29:09,000
Un coágulo de sangue.
Ao primeiro, parece parado.

563
00:29:09,083 --> 00:29:12,166
Logo móvese,
pero moi pouco, só un milímetro.

564
00:29:12,250 --> 00:29:14,708
O sangue empuxa por detrás e pasa,

565
00:29:14,791 --> 00:29:16,083
e o coágulo móvese.

566
00:29:16,166 --> 00:29:19,166
Avanza un centímetro.
Henry mira, horrorizado.

567
00:29:19,250 --> 00:29:22,666
Sabe que un coágulo grande
solto circulando pola vea

568
00:29:22,750 --> 00:29:24,125
chegará ao corazón.

569
00:29:24,208 --> 00:29:25,250
Vai morrer.

570
00:29:25,750 --> 00:29:29,416
Non é mal final de ficción,
pero isto non é ficción, é real.

571
00:29:29,500 --> 00:29:32,333
O que non é certo é o nome,
non era Henry Sugar.

572
00:29:32,416 --> 00:29:35,333
O seu nome
había que protexelo, e aínda hai.

573
00:29:35,833 --> 00:29:37,875
Á parte diso, é un feito real.

574
00:29:37,958 --> 00:29:40,833
Como é real, o final ten que ser certo.

575
00:29:41,333 --> 00:29:42,583
Isto é o que pasou.

576
00:29:46,958 --> 00:29:49,875
Henry paseou unha hora.
A noite estaba agradable,

577
00:29:49,958 --> 00:29:51,625
a cidade seguía esperta.

578
00:29:51,708 --> 00:29:54,625
Notaba o feixe de billetes
no peto da chaqueta.

579
00:29:55,125 --> 00:29:56,500
Púxolle a man encima.

580
00:29:56,583 --> 00:30:00,708
Moitos cartos por unha hora de traballo.
Pero estaba perplexo.

581
00:30:01,208 --> 00:30:04,583
Non entendía por que non estaba
máis contento polo éxito.

582
00:30:04,666 --> 00:30:09,041
Se isto pasase hai tres anos,
antes do ioga, tolearía de contento.

583
00:30:09,125 --> 00:30:11,666
Iría correndo celebralo
a un local nocturno.

584
00:30:11,750 --> 00:30:13,416
Henry non estaba ledo.

585
00:30:13,916 --> 00:30:15,083
Estaba triste.

586
00:30:15,166 --> 00:30:17,916
Sempre que apostaba,
estaba seguro de gañar.

587
00:30:18,000 --> 00:30:20,666
Non había emoción, suspense nin perigo.

588
00:30:21,166 --> 00:30:24,083
Sabía que podía viaxar
polo mundo facendo millóns.

589
00:30:24,166 --> 00:30:25,791
Pero sería divertido?

590
00:30:25,875 --> 00:30:30,333
Ademais, ¿non era posible
que a adquisición dos poderes do ioga

591
00:30:30,416 --> 00:30:33,416
cambiase totalmente
a súa actitude ante a vida?

592
00:30:34,041 --> 00:30:35,041
Era posible.

593
00:30:35,750 --> 00:30:38,541
Ao día seguinte,
Henry espertou tarde, ergueuse,

594
00:30:38,625 --> 00:30:41,916
viu o enorme feixe de billetes
no toucador e…

595
00:30:42,416 --> 00:30:43,458
rexeitouno.

596
00:31:07,500 --> 00:31:08,333
Eh?

597
00:31:08,416 --> 00:31:11,875
Bos días, señor.
É para vostede, é un presente.

598
00:31:11,958 --> 00:31:12,791
Pero…

599
00:31:14,000 --> 00:31:14,833
Un que?

600
00:31:15,625 --> 00:31:16,958
Métao no peto.

601
00:31:18,458 --> 00:31:19,291
Vale.

602
00:31:28,208 --> 00:31:29,250
Que é?

603
00:31:29,333 --> 00:31:31,041
- Son cartos.
- Cóllanos.

604
00:31:37,583 --> 00:31:38,416
Ei!

605
00:31:41,875 --> 00:31:42,833
Veña…

606
00:32:17,541 --> 00:32:18,708
Soou o timbre.

607
00:32:18,791 --> 00:32:20,625
Que demo fai?

608
00:32:20,708 --> 00:32:23,000
Perdón, estaba repartindo cartos.

609
00:32:23,083 --> 00:32:24,500
Armou un disturbio.

610
00:32:24,583 --> 00:32:28,000
Tirei cartos. Perdón.
Non o fago máis. Axiña marcharán.

611
00:32:28,083 --> 00:32:31,000
O policía sacou un billete de 50 libras.

612
00:32:31,083 --> 00:32:34,333
- Ah, colleu un.
- É unha proba. De onde vén o diñeiro?

613
00:32:34,416 --> 00:32:37,166
Gañeino no casino. Tiven moitísima sorte.

614
00:32:37,250 --> 00:32:40,083
Henry deu o nome
do casino e o policía anotouno.

615
00:32:40,166 --> 00:32:41,333
Compróbeo. É certo.

616
00:32:41,416 --> 00:32:43,250
Non me importa.

617
00:32:43,333 --> 00:32:44,958
- Ai, non?
- En absoluto.

618
00:32:45,041 --> 00:32:46,583
De feito, creo o que di,

619
00:32:46,666 --> 00:32:49,541
pero non xustifica o que fixo para nada.

620
00:32:49,625 --> 00:32:51,958
Non fixen nada ilegal, non?

621
00:32:52,833 --> 00:32:53,750
Ilegal?

622
00:32:54,458 --> 00:32:55,583
Vostede é parvo!

623
00:32:56,333 --> 00:32:59,708
Se ten a sorte de gañar
tal cantidade de diñeiro

624
00:32:59,791 --> 00:33:02,750
e quere regalalo,
non pode guindalo pola ventá.

625
00:33:02,833 --> 00:33:07,125
Mándeo a onde sexa útil.
A un hospital ou un orfanato.

626
00:33:07,208 --> 00:33:12,375
Hai hospitais e orfanatos que non teñen
para mercar regalos de Nadal.

627
00:33:12,458 --> 00:33:14,208
Vén o babeco este,

628
00:33:14,291 --> 00:33:16,666
que non sabe o que é a necesidade,

629
00:33:16,750 --> 00:33:19,250
e guinda os cartos á rúa.

630
00:33:19,750 --> 00:33:22,666
Baixou as escaleiras
con estrondo e marchou.

631
00:33:22,750 --> 00:33:23,875
Henry non se moveu.

632
00:33:23,958 --> 00:33:26,416
As verbas do policía, e o seu enfado,

633
00:33:26,500 --> 00:33:27,750
doéronlle moito.

634
00:33:27,833 --> 00:33:29,083
Estaba avergoñado.

635
00:33:29,583 --> 00:33:30,708
Sentíase fatal.

636
00:33:36,916 --> 00:33:38,000
Logo, de súpeto,

637
00:33:38,083 --> 00:33:41,541
Henry notou unha forte sacudida
eléctrica por todo o corpo

638
00:33:41,625 --> 00:33:45,333
e ocorréuselle
unha magnífica idea que cambiaría todo.

639
00:33:45,416 --> 00:33:49,666
Comezou a pasear, pensando
nas cousas que farían posible a súa idea.

640
00:33:50,166 --> 00:33:52,333
Un. Vou gañar moitos cartos

641
00:33:52,416 --> 00:33:54,791
cada día da miña vida de aquí en diante.

642
00:33:55,500 --> 00:33:59,375
Dous. Só irei ao mesmo casino
unha vez cada seis meses.

643
00:33:59,458 --> 00:34:02,000
Tres. Non farei demasiados cartos nun día.

644
00:34:02,083 --> 00:34:04,291
50 000 libras por noite como máximo.

645
00:34:04,375 --> 00:34:08,166
Catro. 50 000 libras por noite,
por 365 días ao ano,

646
00:34:08,250 --> 00:34:10,916
son 18,25 millóns de libras.

647
00:34:11,000 --> 00:34:14,833
Cinco. Hai que moverse.
Tres noites como moito na mesma cidade.

648
00:34:14,916 --> 00:34:17,458
Londres, Montecarlo, Cannes,
Biarritz, Deauville,

649
00:34:17,541 --> 00:34:20,208
As Vegas, Cidade de México,
Bos Aires, Nassau.

650
00:34:20,291 --> 00:34:24,416
Seis. Collo os cartos e monto
hospitais e orfanatos en todo o mundo.

651
00:34:24,500 --> 00:34:26,791
Como soño, soa demasiado sentimental,

652
00:34:26,875 --> 00:34:29,083
pero na realidade pode funcionar.

653
00:34:29,166 --> 00:34:33,208
Non creo que sexa sentimental.
Sería formidable e marabilloso.

654
00:34:33,291 --> 00:34:36,875
Sete. Necesito
un socio que recolla o diñeiro

655
00:34:36,958 --> 00:34:38,541
e o mande a onde cumpra.

656
00:34:38,625 --> 00:34:41,583
Alguén en quen eu poida confiar cegamente.

657
00:34:42,083 --> 00:34:45,041
John Winston era
o contable de Henry, e de seu pai.

658
00:34:45,125 --> 00:34:47,750
O pai de John fora
contable do avó de Henry.

659
00:34:47,833 --> 00:34:49,625
Pode ser o máis rico do mundo.

660
00:34:51,833 --> 00:34:53,916
Non quero ser o máis rico do mundo.

661
00:34:56,750 --> 00:34:59,291
Non podo operar en Inglaterra polo fisco.

662
00:34:59,375 --> 00:35:01,500
Irei para Suíza, pero non mañá.

663
00:35:01,583 --> 00:35:04,125
Non estou solteiro, teño obrigas.

664
00:35:04,208 --> 00:35:07,000
Teño que falar coa familia
e informar os socios.

665
00:35:07,083 --> 00:35:11,916
Teño que vender a casa, buscar unha
en Suíza e sacar os nenos da escola.

666
00:35:12,000 --> 00:35:15,250
De alí a un ano,
Henry mandáralle 120 millóns de libras

667
00:35:15,333 --> 00:35:16,958
a John Winston en Lausanne.

668
00:35:17,041 --> 00:35:21,500
Os cartos enviábanse cinco veces
á semana á empresa suíza Winston Sugar.

669
00:35:21,583 --> 00:35:24,250
Só John e Henry
sabían de onde viña o diñeiro

670
00:35:24,333 --> 00:35:25,708
e a onde ía.

671
00:35:25,791 --> 00:35:30,125
O envío do luns era o máis grande,
ían cartos de venres, sábado e domingo,

672
00:35:30,208 --> 00:35:31,333
cos bancos pechados.

673
00:35:31,416 --> 00:35:35,875
Henry movíase moi rápido e cambiaba
a identidade varias veces por semana.

674
00:35:35,958 --> 00:35:41,000
Ás veces John só sabía onde estaba Henry
polo enderezo do banco que mandara cartos.

675
00:35:41,083 --> 00:35:42,250
Era tremendo.

676
00:36:02,541 --> 00:36:05,958
Henry morreu o ano pasado aos 63 anos,
de embolia pulmonar.

677
00:36:06,041 --> 00:36:09,250
El viuno vir, pero estaba moi tranquilo.

678
00:36:09,333 --> 00:36:11,833
Executara o plan durante máis de 20 anos.

679
00:36:11,916 --> 00:36:14,458
Fixera 644 millóns de libras.

680
00:36:14,541 --> 00:36:19,208
Fundara e puxera en funcionamento
21 hospitais infantís e orfanatos,

681
00:36:19,291 --> 00:36:22,833
dirixidos e financiados
por John Winston desde Lausanne.

682
00:36:23,458 --> 00:36:24,875
O traballo estaba feito.

683
00:36:29,125 --> 00:36:33,208
E como sei eu todo isto?
Boa pregunta. Cóntollelo.

684
00:36:33,291 --> 00:36:36,916
Ao pouco de morrer Henry,
John Winston chamoume desde Suíza.

685
00:36:37,000 --> 00:36:38,291
Presentouse

686
00:36:38,375 --> 00:36:44,000
como director de Winston Sugar S. L.
e pediume que fose velo a Lausanne

687
00:36:44,083 --> 00:36:47,000
coa idea de escribir
a historia da empresa.

688
00:36:47,708 --> 00:36:49,250
Non sei como me escolleu.

689
00:36:49,333 --> 00:36:52,166
Marcaríame ao chou
nunha lista de escritores.

690
00:36:52,250 --> 00:36:54,375
Dixo que me pagaría ben e engadiu:

691
00:36:54,458 --> 00:36:58,333
"Morreu un home extraordinario.
Chamábase Henry Sugar.

692
00:36:58,416 --> 00:37:01,708
A xente debía saber
o que fixo polo mundo."

693
00:37:02,208 --> 00:37:03,333
Na miña ignorancia,

694
00:37:03,416 --> 00:37:07,541
preguntei se a historia
merecía poñerse por escrito.

695
00:37:07,625 --> 00:37:11,041
Isto enfadou moito a John Winston,
igual ata se ofendeu.

696
00:37:11,625 --> 00:37:16,041
En cinco minutos, por teléfono, faloume
da carreira secreta de Henry Sugar.

697
00:37:16,125 --> 00:37:17,541
Xa non era secreta.

698
00:37:17,625 --> 00:37:20,750
Henry morrera
e non volvería pisar un casino.

699
00:37:21,250 --> 00:37:22,708
"Alá vou", dixen.

700
00:37:23,208 --> 00:37:27,333
En Lausanne, coñecín a John Winston,
que pasa dos 70, e a Max Engelman,

701
00:37:27,416 --> 00:37:30,291
un famoso maquillador
que viaxaba con Henry

702
00:37:30,375 --> 00:37:33,166
para disfrazalo
e ocultar a súa identidade.

703
00:37:33,250 --> 00:37:37,333
Os dous quedaron desfeitos
pola morte de Henry. Max máis ca John.

704
00:37:37,416 --> 00:37:39,708
Queríalle moito. Era magnífico.

705
00:37:39,791 --> 00:37:42,666
John Winston mostroume
o caderno azul orixinal

706
00:37:42,750 --> 00:37:45,666
escrito por Z. Z. Chatterjee
en Calcuta en 1935.

707
00:37:45,750 --> 00:37:47,833
E eu copieino palabra por palabra.

708
00:37:47,916 --> 00:37:49,583
"A última pregunta," dixen.

709
00:37:49,666 --> 00:37:53,083
"Vostede chámalle Henry Sugar,
pero ese non era o seu nome.

710
00:37:53,166 --> 00:37:56,333
Non quere que diga quen era
cando escriba a historia?"

711
00:37:56,416 --> 00:37:57,791
- Non.
- …dixo John.

712
00:37:57,875 --> 00:38:00,250
Nós prometemos non revelar a identidade.

713
00:38:00,333 --> 00:38:02,750
Xa se saberá, antes ou despois.

714
00:38:02,833 --> 00:38:05,125
Era dunha coñecida familia inglesa,

715
00:38:05,208 --> 00:38:07,500
pero prefiro que non tente descubrilo.

716
00:38:07,583 --> 00:38:09,916
Por favor, chámelle só Sr. Henry Sugar.

717
00:38:11,833 --> 00:38:13,291
E iso é o que fixen.

718
00:38:20,791 --> 00:38:22,833
The Wonderful Story of Henry Sugar

719
00:38:22,916 --> 00:38:26,541
foi escrita por Roald Dahl
na cabana da súa casa, Gipsy House,

720
00:38:26,625 --> 00:38:29,250
en Great Missenden,
no condado de Buckingham,

721
00:38:29,333 --> 00:38:31,333
entre febreiro e decembro de 1976.

722
00:38:40,666 --> 00:38:42,166
SENDEIRO PÚBLICO

723
00:38:42,250 --> 00:38:45,000
A Ernie déranlle
un rifle polo aniversario.

724
00:38:45,083 --> 00:38:48,416
Colleu a arma e as balas
e saíu para ver que podía matar.

725
00:38:48,916 --> 00:38:53,208
Fronte á casa de Raymond, meteu
dous dedos na boca e asubiou, estridente.

726
00:38:54,250 --> 00:38:57,125
Raymond era
o mellor amigo de Ernie. Vivía preto.

727
00:38:57,208 --> 00:38:59,250
Ergueu o rifle por riba da cabeza.

728
00:38:59,333 --> 00:39:02,166
"Recoiro!", dixo Raymond.
"Que ben o imos pasar!"

729
00:39:03,208 --> 00:39:06,375
Os rapaces marcharon.
Era un sábado á mañá de maio.

730
00:39:06,458 --> 00:39:08,416
Os castiñeiros estaban en flor

731
00:39:08,500 --> 00:39:11,041
e os espiñeiros das sebes estaban brancos.

732
00:39:11,125 --> 00:39:13,708
Cando ían
polo camiño estreito entre sebes,

733
00:39:13,791 --> 00:39:15,875
mataron todos os paxaros que viron.

734
00:39:15,958 --> 00:39:18,958
Liñaceiros, pardais, papuxas,
escribentes amarelos…

735
00:39:19,041 --> 00:39:23,666
Cando chegaron á vía do tren,
tiñan 14 paxaros colgados nun cordel.

736
00:39:24,666 --> 00:39:27,583
"Mira", dixo Ernie,
estendendo o brazo. "Alí."

737
00:39:27,666 --> 00:39:32,166
Nos arbustos, había un neno mirando
as pólas dunha árbore cuns prismáticos.

738
00:39:32,250 --> 00:39:33,958
"Watson! O papón ese."

739
00:39:35,333 --> 00:39:37,291
Peter Watson tiña corpo delicado.

740
00:39:37,375 --> 00:39:40,250
Tiña pencas
e levaba lentes con cristais gordos.

741
00:39:40,333 --> 00:39:44,541
Era un alumno brillante, ía
en cursos superiores ao seu, con 13 anos.

742
00:39:44,625 --> 00:39:47,291
Gustáballe a música e tocaba ben o piano.

743
00:39:47,375 --> 00:39:50,041
Os xogos non eran o seu.
Era calado e educado.

744
00:39:51,875 --> 00:39:55,250
Os dous rapaces máis grandes
achegáronse amodo ao pequeno.

745
00:39:57,125 --> 00:40:01,958
Non os viu, tiña os prismáticos nos ollos
e estaba abraiado polo que vía.

746
00:40:03,208 --> 00:40:05,583
"Mans arriba!", berrou Ernie, apuntando.

747
00:40:06,166 --> 00:40:07,375
Peter deu un chimpo.

748
00:40:09,458 --> 00:40:11,916
Mirou polos prismáticos os dous intrusos.

749
00:40:12,000 --> 00:40:14,250
"Veña!", berrou Ernie. "Mans arriba!"

750
00:40:14,333 --> 00:40:18,458
Peter Watson non se moveu,
agarrando os prismáticos coas dúas mans.

751
00:40:18,541 --> 00:40:20,416
Mirou a Raymond e a Ernie.

752
00:40:20,500 --> 00:40:23,916
Non tiña medo, pero sabía
que tiña que ter tino con eles.

753
00:40:24,000 --> 00:40:26,500
Levábanlle feito moitas falcatruadas.

754
00:40:26,583 --> 00:40:27,625
Mans arriba.

755
00:40:27,708 --> 00:40:29,666
Iso era o máis sensato.

756
00:40:29,750 --> 00:40:32,458
Raymond achegouse
e colleulle os prismáticos.

757
00:40:32,541 --> 00:40:34,416
"A quen espías?", berrou.

758
00:40:34,500 --> 00:40:36,750
Peter barallou as súas opcións.

759
00:40:36,833 --> 00:40:39,500
Podía escapar,
pero colleríano en segundos.

760
00:40:39,583 --> 00:40:42,083
Podía pedir socorro, pero ninguén o oiría.

761
00:40:42,166 --> 00:40:46,708
Só podía calmarse
e tentar convencelos de que o deixasen.

762
00:40:46,791 --> 00:40:49,166
"Estaba mirando un peto verdeal", dixo.

763
00:40:49,250 --> 00:40:52,583
- "Un que?"
- "Un peto verdeal macho." Picus viridis.

764
00:40:52,666 --> 00:40:55,833
Apalpou o tronco
dunha árbore seca, á busca de larvas.

765
00:40:55,916 --> 00:40:57,833
"Onde está?", dixo, apuntando.

766
00:40:57,916 --> 00:41:00,125
- "Voulle tirar!"
- "Non", dixo Peter,

767
00:41:00,208 --> 00:41:03,208
mirando a restra de paxaros
no ombreiro de Raymond.

768
00:41:03,291 --> 00:41:06,750
"Fuxiu cando berraches.
Os petos son moi asustadizos."

769
00:41:12,541 --> 00:41:14,500
Raymond bisboulle algo a Ernie.

770
00:41:14,583 --> 00:41:17,125
Ernie deu unha palmada
na perna. "Boa idea."

771
00:41:17,208 --> 00:41:19,708
Puxo a arma no chan e botouse sobre Peter.

772
00:41:19,791 --> 00:41:21,125
Guindouno no chan.

773
00:41:21,208 --> 00:41:24,000
Raymond sacou un cordel e cortou un cacho.

774
00:41:24,083 --> 00:41:26,083
Ataron ben a Peter polos pulsos.

775
00:41:26,166 --> 00:41:28,083
"Agora as pernas", dixo Raymond.

776
00:41:28,166 --> 00:41:30,541
Peter recibiu unha puñada na barriga.

777
00:41:30,625 --> 00:41:32,333
Quedou sen alento e inmóbil.

778
00:41:32,416 --> 00:41:36,500
Os grandes atáronlle os nocellos
con cordel, coma a unha galiña.

779
00:41:36,583 --> 00:41:37,916
Ernie colleu a arma

780
00:41:38,000 --> 00:41:41,291
e comezaron a guiar
o neno cara á vía do tren.

781
00:41:41,375 --> 00:41:43,208
Peter Watson non dixo nada.

782
00:41:43,291 --> 00:41:46,208
Fixesen o que fixesen,
falar non serviría de nada.

783
00:41:46,291 --> 00:41:48,000
Arrastrárono polo terraplén

784
00:41:48,083 --> 00:41:51,333
e tombárono ao longo
entre as vías. Estas mesmas vías.

785
00:41:53,375 --> 00:41:57,375
Estas mesmas vías. Isto pasoume
hai 27 anos. Chámome Peter Watson.

786
00:41:58,958 --> 00:42:00,750
"Máis cordel," dixo Ernie.

787
00:42:04,541 --> 00:42:08,625
Ao remataren, Peter estaba indefenso,
firmemente atado entre as vías.

788
00:42:08,708 --> 00:42:11,333
Só podía mover a cabeza e os pés.

789
00:42:11,416 --> 00:42:14,125
Ernie e Raymond
deron un paso atrás para mirar.

790
00:42:14,208 --> 00:42:16,125
"Moi ben feito", dixo Ernie.

791
00:42:16,208 --> 00:42:19,125
"Isto é un asasinato",
dixo o neno deitado.

792
00:42:19,208 --> 00:42:21,250
"Depende", dixo Ernie.

793
00:42:21,333 --> 00:42:23,125
"Depende da altura dos trens.

794
00:42:23,208 --> 00:42:25,875
Se non te moves, igual te salvas."

795
00:42:27,458 --> 00:42:30,750
Eles subiron o terraplén
e sentaron tras uns arbustos.

796
00:42:30,833 --> 00:42:33,000
Ernie sacou tabaco e fumaron.

797
00:42:33,083 --> 00:42:35,250
Peter xa sabía que non o ían ceibar.

798
00:42:35,333 --> 00:42:37,250
Estaban tolos e eran perigosos.

799
00:42:37,333 --> 00:42:39,625
Rapaces tolos, perigosos e parvos.

800
00:42:40,125 --> 00:42:42,583
"Cálmate e pensa", dixo Peter para si.

801
00:42:42,666 --> 00:42:44,916
Tombado, inmóbil, sopesou as opcións.

802
00:42:45,000 --> 00:42:46,791
A parte máis alta era o nariz.

803
00:42:46,875 --> 00:42:50,541
Calculou que o nariz sobresaía 10 cm
por riba das vías.

804
00:42:50,625 --> 00:42:53,166
Era demasiado?
Quen sabe, cos trens diésel.

805
00:42:53,250 --> 00:42:56,333
A cabeza descansaba na grava
entre dúas travesas.

806
00:42:56,416 --> 00:42:58,166
Tiña que espetala algo máis.

807
00:42:58,750 --> 00:43:01,541
Moveu a cabeza aos lados
para arredar a grava

808
00:43:01,625 --> 00:43:04,416
e facer un pequeno oco debaixo da cabeza.

809
00:43:04,500 --> 00:43:06,875
Calculou que baixara a cabeza 5 cm.

810
00:43:06,958 --> 00:43:09,041
Iso valería. Agora faltaban os pés.

811
00:43:09,125 --> 00:43:11,791
Cruzounos para dentro para non sobresaíren

812
00:43:11,875 --> 00:43:13,708
e agardou polo tren.

813
00:43:13,791 --> 00:43:17,250
Preguntouse se se crearía
algún baleiro debaixo do tren

814
00:43:17,333 --> 00:43:20,375
ao pasar por riba,
que tirase por el. Igual si.

815
00:43:20,458 --> 00:43:21,958
Tiña que concentrarse

816
00:43:22,041 --> 00:43:24,791
en pegar ben todo o corpo contra o chan.

817
00:43:24,875 --> 00:43:28,666
"Non afrouxes. Ponte teso
e pégate contra o chan."

818
00:43:28,750 --> 00:43:30,875
Peter Watson miraba o ceo branco.

819
00:43:30,958 --> 00:43:33,958
Pasaba un cúmulo
de nubes de esquerda a dereita.

820
00:43:34,041 --> 00:43:35,583
Un avión cruzou a nube.

821
00:43:35,666 --> 00:43:37,833
Un monoplano con fuselaxe vermella.

822
00:43:37,916 --> 00:43:41,458
Un vello Piper Cub, pensou que era.
Mirouno ata desaparecer.

823
00:43:42,083 --> 00:43:43,166
Logo, de súpeto,

824
00:43:43,250 --> 00:43:47,166
oíu unha curiosa vibración
das vías que tiña aos dous lados.

825
00:43:47,250 --> 00:43:50,291
Era moi suave, case inaudible,
un leve murmurio

826
00:43:50,375 --> 00:43:52,833
que semellaba vir polas vías ao lonxe.

827
00:43:58,916 --> 00:44:01,666
Peter Watson ergueu
a cabeza e mirou para a vía

828
00:44:01,750 --> 00:44:03,916
que se estendía ata o horizonte

829
00:44:04,000 --> 00:44:04,958
e viu o tren.

830
00:44:05,041 --> 00:44:07,916
Primeiro, só un punto negro,
pero nuns segundos

831
00:44:08,000 --> 00:44:09,541
o punto medrou,

832
00:44:09,625 --> 00:44:12,000
foi collendo forma e non era un punto,

833
00:44:12,083 --> 00:44:15,291
senón a fronte férrea cadrada
dun tren diésel.

834
00:44:15,375 --> 00:44:17,625
Peter baixou a cabeza e meteuna

835
00:44:17,708 --> 00:44:19,750
no buraco que cavara na grava.

836
00:44:19,833 --> 00:44:21,375
Cruzou os pés para dentro,

837
00:44:21,458 --> 00:44:24,333
pechou os ollos
e pegou o corpo contra o chan.

838
00:44:24,416 --> 00:44:28,916
O tren pasou cunha enorme explosión,
coma se lle metesen un balazo na cabeza.

839
00:44:29,000 --> 00:44:31,625
Coa explosión veu un vento violentísimo,

840
00:44:31,708 --> 00:44:35,041
coma un furacán
entrándolle polo nariz ata os pulmóns.

841
00:44:35,125 --> 00:44:37,833
O ruído abouxábao, o vento afogábao.

842
00:44:37,916 --> 00:44:39,916
Era coma se o comesen vivo,

843
00:44:40,000 --> 00:44:43,958
engulido polo ventre
dun monstro asasino e atronador.

844
00:44:44,041 --> 00:44:46,083
Logo acabouse. O tren xa pasara.

845
00:44:46,916 --> 00:44:49,250
Peter Watson abriu os ollos e viu o ceo

846
00:44:49,333 --> 00:44:51,833
e a gran nube branca pasando por riba.

847
00:44:51,916 --> 00:44:54,375
Xa pasara e el sobrevivira.

848
00:45:00,916 --> 00:45:02,583
- Céibao.
- …dixo Ernie.

849
00:45:02,666 --> 00:45:05,458
Raymond cortou
os cordeis que o ataban á vía.

850
00:45:05,541 --> 00:45:07,958
"Desátalle os pés, deixa as mans atadas."

851
00:45:08,041 --> 00:45:10,250
Raymond cortou o cordel dos nocellos.

852
00:45:10,333 --> 00:45:13,375
"Pero segues sendo
prisioneiro, meu", dixo Bernie.

853
00:45:13,458 --> 00:45:17,416
Os dous rapaces grandes
guiaron a Peter polo campo cara ao lago.

854
00:45:17,500 --> 00:45:20,291
As mans do prisioneiro seguían atadas.

855
00:45:20,375 --> 00:45:22,375
Ernie levaba a arma na outra man

856
00:45:22,458 --> 00:45:25,125
e Raymond levaba os prismáticos de Peter.

857
00:45:28,833 --> 00:45:32,500
O lago era longo e estreito,
con salgueiros arredor da beira.

858
00:45:32,583 --> 00:45:37,000
No medio, a auga estaba limpa,
pero a beira era unha xunqueira.

859
00:45:37,083 --> 00:45:40,000
Ernie dixo: "Faremos o seguinte.

860
00:45:40,083 --> 00:45:45,958
Ti cólleslle os brazos, eu as pernas,
e randeámolo nos xuncos desa lameira."

861
00:45:46,041 --> 00:45:48,583
"Mira!", dixo Raymond.
"Alí. Vamos por el."

862
00:45:48,666 --> 00:45:50,625
Peter Watson virouse e viuno.

863
00:45:50,708 --> 00:45:53,541
Un niño feito cunha morea
de xuncos e xuncas,

864
00:45:53,625 --> 00:45:55,833
que se erguía 60 cm por riba da auga.

865
00:45:55,916 --> 00:46:00,125
Enriba, un elegante cisne branco,
sentado coma a Dona do lago.

866
00:46:00,208 --> 00:46:03,625
Tiña a cabeza virada
cara aos rapaces, alerta e vixiante.

867
00:46:03,708 --> 00:46:06,250
"Recoiro", berrou Raymond. "Que bonito."

868
00:46:06,333 --> 00:46:09,583
Ernie soltou a man de Peter
e puxo a arma no ombreiro.

869
00:46:09,666 --> 00:46:13,208
"Isto é… unha reserva de aves",
dixo Peter, tatexando.

870
00:46:13,291 --> 00:46:15,333
"Unha que?", preguntou Ernie.

871
00:46:15,416 --> 00:46:18,416
Peter comezou a sentir
unha enorme carraxe.

872
00:46:18,500 --> 00:46:20,291
Tratou de falar con calma.

873
00:46:20,375 --> 00:46:22,541
"Os cisnes están moi protexidos,

874
00:46:22,625 --> 00:46:26,083
non se poden matar no niño.
Pode ter crías debaixo."

875
00:46:26,166 --> 00:46:29,375
Non fagas iso.
Non o podes facer. Por favor, para!

876
00:46:31,000 --> 00:46:33,250
A bala deu na elegante cabeza do cisne

877
00:46:33,333 --> 00:46:36,666
e o longo pescozo foi caendo
ata colgar da beira do niño.

878
00:46:46,666 --> 00:46:47,500
Abre.

879
00:47:00,541 --> 00:47:02,958
"Sóltalle as mans. É o noso perdigueiro."

880
00:47:03,041 --> 00:47:05,916
Raymond cortou o cordel
que ataba as mans do neno.

881
00:47:06,000 --> 00:47:07,125
"Vai por el!"

882
00:47:07,208 --> 00:47:08,458
"Négome", dixen.

883
00:47:09,125 --> 00:47:12,250
Ernie deulle
unha labazada ben forte a Peter.

884
00:47:12,333 --> 00:47:14,916
Saíulle un fío de sangue polo nariz.

885
00:47:15,000 --> 00:47:18,666
"Se te volves negar, vouche prometer algo.

886
00:47:18,750 --> 00:47:23,208
Vouche partir os dentes,
os de arriba e os de abaixo. Entendes?"

887
00:47:23,708 --> 00:47:24,666
Peter calou.

888
00:47:24,750 --> 00:47:27,000
"Contesta", ladrou Ernie. "Entendes?"

889
00:47:27,083 --> 00:47:29,625
"Si", dixo Peter Watson en voz baixa.

890
00:47:30,583 --> 00:47:34,833
A Peter soltáronselle as bágoas
ao baixar pola ribeira e entrar na auga.

891
00:47:34,916 --> 00:47:38,458
Achegouse ao cisne morto
e colleuno coas dúas mans.

892
00:47:38,541 --> 00:47:42,041
Debaixo, había dúas crías,
co corpo cuberto de peluxe gris.

893
00:47:42,125 --> 00:47:44,416
Estaban apiñadas no centro do niño.

894
00:47:44,500 --> 00:47:46,875
"Ten ovos?", berrou Ernie desde a beira.

895
00:47:51,416 --> 00:47:54,041
"Non", contestou Peter. "Nada."

896
00:47:59,125 --> 00:48:01,666
Trouxo o cisne morto para a beira do lago.

897
00:48:01,750 --> 00:48:05,541
Deixouno no chan, ergueuse
e púxose fronte aos outros dous.

898
00:48:05,625 --> 00:48:08,833
Os seus ollos,
aínda chorosos, ardían de carraxe.

899
00:48:08,916 --> 00:48:10,958
"Debiades estar mortos vós", dixo.

900
00:48:11,458 --> 00:48:14,833
Ernie parecía algo perplexo,
pero enseguida se recuperou.

901
00:48:14,916 --> 00:48:18,125
Unha perigosa chispa
brilláballe nos seus ollos negros.

902
00:48:20,291 --> 00:48:21,833
"Dáme a navalla, Raymond."

903
00:48:24,666 --> 00:48:27,333
Hai un artello do óso
que une a á ao corpo.

904
00:48:27,416 --> 00:48:31,125
Ernie espetou a navalla
no artello e cortou o tendón.

905
00:48:31,208 --> 00:48:35,291
A navalla estaba afiada, cortaba ben
e a á axiña saíu nunha peza.

906
00:48:35,375 --> 00:48:40,333
Ernie virou o cisne e cortoulle a outra á.
"Cordel", dixo, estirando a man.

907
00:48:43,125 --> 00:48:45,333
Ernie cortou oito pezas dun metro.

908
00:48:45,416 --> 00:48:48,791
Atou o cordel
pola parte de arriba da á grande.

909
00:48:48,875 --> 00:48:50,125
"Ergue os brazos."

910
00:48:53,375 --> 00:48:55,875
Peter Watson estaba de pé á beira do lago

911
00:48:55,958 --> 00:48:57,583
nesa preciosa mañá de maio,

912
00:48:57,666 --> 00:48:59,916
con aquelas enormes ás frouxas

913
00:49:00,000 --> 00:49:02,291
colgándolle grotescamente do costado.

914
00:49:02,375 --> 00:49:05,583
Ernie deu unha palmada
e bailou unha xiga na herba.

915
00:49:12,416 --> 00:49:14,666
"Acabastes?", preguntou Peter Watson.

916
00:49:14,750 --> 00:49:16,958
"Os cisnes non falan", dixo Ernie.

917
00:49:17,458 --> 00:49:21,458
Desfilaron pola beira do lago
ata chegaren a un salgueiro alto.

918
00:49:21,541 --> 00:49:23,583
As pólas longas colgaban do alto

919
00:49:23,666 --> 00:49:25,916
ata case tocaren a superficie do lago.

920
00:49:27,041 --> 00:49:30,125
"O que vas facer, Sr. Cisne,
é subir á cima da árbore

921
00:49:30,208 --> 00:49:33,125
e, cando esteas alí,
estendes as ás e engalas."

922
00:49:33,208 --> 00:49:35,041
"Fantástico!", berrou Raymond.

923
00:49:35,125 --> 00:49:39,708
A idea de subir e distanciarse
destas bestas gustoulle moito a Peter.

924
00:49:39,791 --> 00:49:41,875
Ao chegar á cima, quedaría alí.

925
00:49:41,958 --> 00:49:44,416
Dubidaba que o fosen buscar alá arriba.

926
00:49:44,500 --> 00:49:46,875
Se fosen, poríase nunha póla delgada

927
00:49:46,958 --> 00:49:49,208
que non aguantase o peso de dous.

928
00:49:49,291 --> 00:49:53,166
A árbore era doada de subir,
con pólas baixas por onde empezar.

929
00:49:53,250 --> 00:49:55,250
"Máis arriba", berrou Ernie.

930
00:49:55,333 --> 00:49:58,333
Peter chegou a un punto
que xa non podía superar.

931
00:49:58,416 --> 00:50:01,458
Tiña os pés nunha póla
do grosor do pulso dun home.

932
00:50:01,541 --> 00:50:03,958
A póla estendíase por riba do lago

933
00:50:04,041 --> 00:50:05,875
e logo virada cara a baixo.

934
00:50:05,958 --> 00:50:07,958
Descansou nela despois da subida.

935
00:50:08,041 --> 00:50:11,541
Estaba moi alto, a uns 15 metros
do chan. Non vía os outros.

936
00:50:11,625 --> 00:50:13,708
Xa non estaban ao pé da árbore.

937
00:50:14,208 --> 00:50:15,458
"Escoita ben!"

938
00:50:15,541 --> 00:50:17,375
Arredáranse da árbore

939
00:50:17,458 --> 00:50:20,875
ata un punto
desde o que vían ben a Peter na cima.

940
00:50:20,958 --> 00:50:22,125
Mirando para baixo,

941
00:50:22,208 --> 00:50:26,166
Peter decatouse do escasa
que era a follaxe do salgueiro.

942
00:50:26,250 --> 00:50:28,125
Case non o cubría para nada.

943
00:50:28,208 --> 00:50:30,125
"Colle por esa póla,

944
00:50:30,208 --> 00:50:33,791
sigue andando ata estares
enriba da auga enlamada e engala."

945
00:50:34,291 --> 00:50:35,750
Peter non se moveu.

946
00:50:36,250 --> 00:50:39,041
Miraba as figuras distantes
no campo no chan.

947
00:50:39,125 --> 00:50:41,458
Estaban inmóbiles, mirándoo a el.

948
00:50:41,541 --> 00:50:42,750
"Vou contar ata dez.

949
00:50:42,833 --> 00:50:46,541
Se non estendes as ás
e botas a voar, dispároche.

950
00:50:46,625 --> 00:50:49,083
Así serán dous cisnes os que cazo hoxe.

951
00:50:49,166 --> 00:50:50,041
Empezo.

952
00:50:50,625 --> 00:50:56,333
Un, dous, tres, catro, cinco, seis!"

953
00:50:56,416 --> 00:51:00,791
Peter Watson permaneceu inmóbil.
Nada o movería a partir dese momento.

954
00:51:00,875 --> 00:51:04,375
"Sete, oito, nove, dez!"

955
00:51:04,458 --> 00:51:06,708
Peter viu a arma no ombreiro,

956
00:51:06,791 --> 00:51:08,333
apuntándoo a el.

957
00:51:08,416 --> 00:51:09,833
Oíu o estoupido do rifle

958
00:51:09,916 --> 00:51:12,458
e a bala pasar pitando,
rozándolle a cabeza.

959
00:51:16,125 --> 00:51:17,958
Daba medo, pero non se moveu.

960
00:51:18,041 --> 00:51:20,458
Viu a Ernie cargando outra bala na arma.

961
00:51:20,541 --> 00:51:23,583
"Última ocasión!", berrou Ernie.
"A seguinte dáche."

962
00:51:23,666 --> 00:51:24,500
Peter agardou.

963
00:51:24,583 --> 00:51:28,708
Mirou a Ernie entre os ranúnculos
do campo, co outro rapaz ao pé del.

964
00:51:28,791 --> 00:51:30,916
Puxo a arma no ombreiro de novo.

965
00:51:31,000 --> 00:51:34,458
Esta vez oíu o estoupido
cando a bala lle deu na coxa.

966
00:51:34,541 --> 00:51:37,083
Non lle doía, pero o golpe fora tremendo.

967
00:51:37,166 --> 00:51:39,875
Coma se bourasen nel cun mazo,

968
00:51:39,958 --> 00:51:42,875
soltáronselle as pernas
da póla en que estaba.

969
00:51:42,958 --> 00:51:44,958
Tentou agarrarse a algo coas mans.

970
00:51:45,041 --> 00:51:48,416
A póla en que se colgou torceu e partiu.

971
00:51:57,375 --> 00:52:01,833
Algunhas persoas, cando as castigan
demasiado, máis do que é soportable,

972
00:52:01,916 --> 00:52:04,500
derrúbanse e réndense.

973
00:52:04,583 --> 00:52:06,791
Outras, as menos,

974
00:52:06,875 --> 00:52:10,333
serán sempre imbatibles.

975
00:52:10,416 --> 00:52:13,666
Vense en tempos de guerra
e tamén en tempos de paz.

976
00:52:13,750 --> 00:52:15,791
Teñen un espírito indomable

977
00:52:15,875 --> 00:52:19,416
e non hai nada, nin dor
nin tortura nin ameaza de morte

978
00:52:19,500 --> 00:52:21,250
que os faga renderse.

979
00:52:21,750 --> 00:52:23,958
Peter Watson era un deles.

980
00:52:24,500 --> 00:52:28,833
Cando intentaba agarrarse a unha póla
para non caer da cima da árbore,

981
00:52:28,916 --> 00:52:32,500
de súpeto pensou que ía gañar.

982
00:52:33,000 --> 00:52:35,958
Ergueu a vista
e viu unha luz enriba do lago.

983
00:52:36,041 --> 00:52:40,291
Era tan brillante e fermosa
que non podía deixar de mirar.

984
00:52:40,791 --> 00:52:43,541
A luz chamábao e atraíao,

985
00:52:44,041 --> 00:52:48,041
e el lanzouse cara á luz e estendeu as ás.

986
00:52:49,750 --> 00:52:52,708
Tres persoas dixeron
que viran un gran cisne branco

987
00:52:52,791 --> 00:52:54,875
voando sobre a vila aquela mañá.

988
00:52:54,958 --> 00:52:58,833
Un mestre, un home que repoñía
tellas no tellado da farmacia

989
00:52:58,916 --> 00:53:01,250
e un neno que xogaba nun campo.

990
00:53:01,333 --> 00:53:04,375
A Sra. Watson,
que lavaba os pratos no vertedoiro,

991
00:53:04,458 --> 00:53:07,583
mirou pola ventá xusto no momento

992
00:53:07,666 --> 00:53:12,208
en que unha cousa branca enorme
se precipitou sobre o céspede do xardín.

993
00:53:12,833 --> 00:53:14,208
Saíu correndo.

994
00:53:14,708 --> 00:53:15,750
Axeonllouse

995
00:53:15,833 --> 00:53:18,500
á beira do seu único fillo,
encollido no chan.

996
00:53:19,333 --> 00:53:22,416
"Meu neno!", berrou. "Meu neniño querido!"

997
00:53:24,625 --> 00:53:25,875
"Que che pasou?"

998
00:53:30,083 --> 00:53:33,791
The Swan inspírase nunha nova xornalística
sobre un feito real

999
00:53:33,875 --> 00:53:36,833
que Dahl gardou no Ideas Book
durante 30 anos,

1000
00:53:36,916 --> 00:53:40,041
ata que escribiu
este conto en outubro de 1976.

1001
00:53:52,916 --> 00:53:59,875
XORNAL
NOVAS "DO DÍA"

1002
00:54:01,166 --> 00:54:04,375
Pola tarde,
o cazarratas veu á gasolineira.

1003
00:54:04,458 --> 00:54:07,041
Achegouse á entrada silenciosamente.

1004
00:54:07,541 --> 00:54:09,791
Os seus pés non facían ruído na grava.

1005
00:54:09,875 --> 00:54:12,416
Traía un macuto colgado nun ombreiro

1006
00:54:12,500 --> 00:54:15,333
e chaqueta anticuada de pana,
con petos grandes.

1007
00:54:15,416 --> 00:54:18,958
Os pantalóns de pana
estaban atados nos xeonllos cun cordel.

1008
00:54:19,041 --> 00:54:20,000
- Ola.
- Si.

1009
00:54:20,083 --> 00:54:21,250
Operario antirroedores.

1010
00:54:21,375 --> 00:54:23,958
Aqueles olliños escuros
inspeccionaron o local.

1011
00:54:24,041 --> 00:54:25,375
- O cazarratas?
- Si.

1012
00:54:25,458 --> 00:54:27,250
Delgado, faccións marcadas,

1013
00:54:27,333 --> 00:54:31,291
dous dentes amarelos longos
que sobresaían sobre o labio inferior.

1014
00:54:31,375 --> 00:54:34,333
Orellas redondas
e delgadas, preto da caluga.

1015
00:54:34,416 --> 00:54:35,958
Os ollos eran case negros,

1016
00:54:36,041 --> 00:54:39,083
pero, cando te miraban,
tiñan un escintileo amarelo.

1017
00:54:39,166 --> 00:54:41,708
- Veu rápido.
- Ordes de Sanidade.

1018
00:54:41,791 --> 00:54:44,000
Sanidade? E vai cazar todas as ratas?

1019
00:54:44,083 --> 00:54:44,958
- Si.
- Como?

1020
00:54:45,041 --> 00:54:45,875
Si, como?

1021
00:54:45,958 --> 00:54:49,166
Depende das ratas e de onde estean.
Hai varios métodos.

1022
00:54:49,250 --> 00:54:50,500
- Con trampas.
- Que?

1023
00:54:50,583 --> 00:54:51,541
- Trampas.
- Que?

1024
00:54:51,625 --> 00:54:52,541
El bufou.

1025
00:54:52,625 --> 00:54:54,666
Non as cazo así. Non son coellos.

1026
00:54:54,750 --> 00:54:56,000
Ergueu a cabeza,

1027
00:54:56,083 --> 00:54:59,500
olfacteando o aire
e movendo o nariz dun lado a outro.

1028
00:54:59,583 --> 00:55:02,666
As ratas son listas.
Para cazalas, hai que coñecelas.

1029
00:55:03,333 --> 00:55:05,083
Hai que coñecer as ratas.

1030
00:55:09,208 --> 00:55:11,541
Saben o que fan? Obsérvano a un.

1031
00:55:11,625 --> 00:55:15,333
Cando un se prepara para exterminalas,
estano observando.

1032
00:55:15,416 --> 00:55:17,208
Non están nos sumidoiros, non?

1033
00:55:17,291 --> 00:55:18,875
Non, nos sumidoiros, non.

1034
00:55:18,958 --> 00:55:21,416
- Neles é delicado.
- Pensaba que non.

1035
00:55:21,500 --> 00:55:24,625
Ai, non? Gustaríame velo
traballar no sumidoiro.

1036
00:55:24,708 --> 00:55:27,166
Gustaríame saber como o faría exactamente.

1037
00:55:27,250 --> 00:55:28,583
Envelenándoas, supoño.

1038
00:55:28,666 --> 00:55:30,833
Onde poñería o veleno exactamente?

1039
00:55:30,916 --> 00:55:31,750
No sumidoiro.

1040
00:55:31,833 --> 00:55:33,333
Iluminóuselle a cara.

1041
00:55:33,416 --> 00:55:35,125
Xa o sabía. "No sumidoiro."

1042
00:55:35,208 --> 00:55:37,583
Sabe que? Arrastraríano os residuos.

1043
00:55:37,666 --> 00:55:39,583
Todo. O sumidoiro é coma un río.

1044
00:55:39,666 --> 00:55:42,833
Que faría vostede,
Sr. Cazarratas, nun sumidoiro?

1045
00:55:42,916 --> 00:55:44,750
O cazarratas achegouse un paso.

1046
00:55:44,833 --> 00:55:46,916
A súa voz adoptou ton confidencial,

1047
00:55:47,000 --> 00:55:49,750
a voz de quen revela
segredos profesionais.

1048
00:55:49,833 --> 00:55:52,833
Trabállase coa idea
de que a rata é un roedor.

1049
00:55:52,916 --> 00:55:55,375
Todo o que se lles dá, róeno.

1050
00:55:55,458 --> 00:55:58,500
Se hai que traballar
no sumidoiro, que se fai?

1051
00:55:58,583 --> 00:56:01,416
A súa voz tiña
o ton gutural do croar da ra,

1052
00:56:01,500 --> 00:56:04,583
e el semellaba deleitarse
na pronuncia das palabras,

1053
00:56:04,666 --> 00:56:06,625
coma se gozase do seu sabor.

1054
00:56:06,708 --> 00:56:10,375
Éntrase no sumidoiro
cunhas cantas bolsas de papel castaño

1055
00:56:10,458 --> 00:56:13,083
cheas de pasta de escaiola. Nada máis.

1056
00:56:13,166 --> 00:56:15,500
Logo cólganse no teito do sumidoiro

1057
00:56:15,583 --> 00:56:17,958
para quedaren colgadas sen tocar a auga,

1058
00:56:18,041 --> 00:56:20,000
pero que lles cheguen as ratas.

1059
00:56:20,083 --> 00:56:21,625
Claud escoitaba, abraiado.

1060
00:56:21,708 --> 00:56:25,875
A rata vén nadando
polo sumidoiro, ve a bolsa e para.

1061
00:56:26,375 --> 00:56:28,500
Chéiraa, non cheira mal.

1062
00:56:28,583 --> 00:56:30,083
- Que fai?
- Róea.

1063
00:56:30,166 --> 00:56:33,125
Si. Comeza a roer na bolsa e rómpea,

1064
00:56:33,208 --> 00:56:36,208
e a rata morde un merecido bocado de masa.

1065
00:56:36,708 --> 00:56:37,541
E logo?

1066
00:56:37,625 --> 00:56:39,041
Iso chega.

1067
00:56:39,791 --> 00:56:41,166
- Mátaa?
- Cae redonda.

1068
00:56:41,250 --> 00:56:43,375
- A escaiola…
- Aumenta ao mollala.

1069
00:56:43,458 --> 00:56:45,666
Ao entrar nos condutos, medra

1070
00:56:45,750 --> 00:56:48,083
e mátaa máis rápido ca nada.

1071
00:56:48,583 --> 00:56:50,083
Hai que coñecer as ratas.

1072
00:56:50,166 --> 00:56:52,208
A cara iluminóuselle de orgullo.

1073
00:56:52,291 --> 00:56:56,000
Xuntou os dedos longos
e achegou as mans á cara.

1074
00:56:57,833 --> 00:57:00,250
Onde están esas ratas, logo?

1075
00:57:00,333 --> 00:57:04,916
A verba "ratas" saíulle cun son doce,
coma se fixese gargarexos con manteiga.

1076
00:57:05,000 --> 00:57:06,583
No palleiro, aí en fronte.

1077
00:57:06,666 --> 00:57:09,041
- Dentro non?
- Non, só no palleiro.

1078
00:57:09,125 --> 00:57:13,541
Aposto a que as hai dentro, remexendo
na comida e espallando enfermidades.

1079
00:57:13,625 --> 00:57:16,833
- Hai enfermidades aquí?
- Miroume a min, logo a Claud.

1080
00:57:16,916 --> 00:57:18,625
- Estamos todos ben.
- Seguro?

1081
00:57:18,708 --> 00:57:20,291
- Seguro.
- Nunca se sabe.

1082
00:57:20,375 --> 00:57:23,000
Falaba coma un funcionario de Sanidade,

1083
00:57:23,083 --> 00:57:25,875
decepcionado
porque non tiñamos peste bubónica.

1084
00:57:25,958 --> 00:57:29,416
As ratas están no palleiro.
Como as vai eliminar?

1085
00:57:30,000 --> 00:57:31,916
O cazarratas sorriu, renarte.

1086
00:57:32,000 --> 00:57:36,666
Meteu a man no macuto e sacou unha lata,
sopesándoa nas mans mentres falaba.

1087
00:57:36,750 --> 00:57:39,208
Veleno. Veleno especial. Veleno mortal.

1088
00:57:39,291 --> 00:57:43,041
Irían ao cárcere seis meses
se os collen cunha cullerada disto.

1089
00:57:43,125 --> 00:57:45,291
Chega para matar un millón de homes.

1090
00:57:45,375 --> 00:57:46,666
- Queren ver?
- Si.

1091
00:57:46,750 --> 00:57:48,916
Sacou un penique e abriu a tapa.

1092
00:57:49,000 --> 00:57:49,916
Aquí está.

1093
00:57:50,000 --> 00:57:53,500
Falou con afecto daquilo
e ensinoullo a Claud.

1094
00:57:53,583 --> 00:57:55,125
É millo ou orxo?

1095
00:57:55,208 --> 00:57:57,708
Avea mollada con veleno mortal.

1096
00:57:57,791 --> 00:58:01,333
Se metes un gran na boca,
morres en tres minutos.

1097
00:58:01,416 --> 00:58:03,458
Non podo perder de vista a lata.

1098
00:58:03,541 --> 00:58:05,875
Acariciou a lata e sacudiuna.

1099
00:58:06,791 --> 00:58:09,000
Os grans de avea batéronse dentro.

1100
00:58:09,083 --> 00:58:12,375
Hoxe non llelo damos,
porque as ratas non o comerían.

1101
00:58:12,458 --> 00:58:16,750
Hai que coñecelas. Son moi desconfiadas.

1102
00:58:16,833 --> 00:58:21,291
Hoxe dáselle avea limpa e sabedeira
para que non lles faga mal.

1103
00:58:21,375 --> 00:58:24,125
Só para engordalas, e mañá o mesmo.

1104
00:58:24,208 --> 00:58:26,583
E pasado mañá e mais o día despois.

1105
00:58:26,666 --> 00:58:31,083
Gustaralles tanto que axiña virán
todas as ratas do distrito.

1106
00:58:31,166 --> 00:58:32,000
Moi listo.

1107
00:58:32,083 --> 00:58:34,958
Hai que ser listo, máis listo ca as ratas.

1108
00:58:35,041 --> 00:58:36,500
Que xa é dicir.

1109
00:58:36,583 --> 00:58:38,708
"Case ten que ser unha rata", dixen.

1110
00:58:38,791 --> 00:58:43,333
Escapoume, non o puiden evitar.
Estaba mirando para el.

1111
00:58:43,416 --> 00:58:45,125
Causoulle un grande efecto.

1112
00:58:45,208 --> 00:58:46,291
- Xusto!
- …berrou.

1113
00:58:46,375 --> 00:58:48,416
Vostede entendeuno. Aí falou.

1114
00:58:48,500 --> 00:58:51,458
Un bo cazarratas
ten que parecerse a unha rata.

1115
00:58:51,541 --> 00:58:55,708
Ser aínda máis listo ca unha rata,
e iso non é doado.

1116
00:58:56,708 --> 00:58:58,208
Veña, vamos. Teño présa.

1117
00:58:58,291 --> 00:59:01,500
Leonora Benson
chamoume ao pazo con urxencia.

1118
00:59:01,583 --> 00:59:02,666
Tamén ten ratas?

1119
00:59:02,750 --> 00:59:04,208
Todo o mundo ten ratas.

1120
00:59:04,708 --> 00:59:07,041
O cazarratas foi cara á entrada.

1121
00:59:07,125 --> 00:59:09,958
O seu andar parecíase moito ao dunha rata.

1122
00:59:10,041 --> 00:59:13,541
Ese andar lento, suave,
torcendo moito os xeonllos,

1123
00:59:13,625 --> 00:59:16,083
sen faceren ruído na grava os seus pasos.

1124
00:59:16,625 --> 00:59:19,750
Saltou a cancela
e deu unha volta arredor do palleiro,

1125
00:59:19,833 --> 00:59:21,958
ciscando mandas de avea polo chan.

1126
00:59:22,458 --> 00:59:25,041
Ao día seguinte volveu e fixo o mesmo.

1127
00:59:25,125 --> 00:59:28,000
O día despois volveu vir,
e o seguinte tamén.

1128
00:59:28,083 --> 00:59:31,416
Finalmente, no cuarto día,
botou a avea envelenada.

1129
00:59:31,500 --> 00:59:34,875
Pero non a ciscou,
senón que a puxo en moreas

1130
00:59:34,958 --> 00:59:36,375
arredor do palleiro.

1131
00:59:39,291 --> 00:59:41,041
- Teñen can?
- Si.

1132
00:59:41,125 --> 00:59:44,916
Se queren que morra
unha morte horrible, ábranlle a cancela.

1133
00:59:45,000 --> 00:59:47,083
Ao outro día, veu coller os mortos.

1134
00:59:47,166 --> 00:59:50,000
Déixenme un saco vello para metelos.

1135
00:59:50,083 --> 00:59:53,458
Estaba todo gabancioso,
os ollos brillábanlle de orgullo.

1136
00:59:53,541 --> 00:59:56,958
Íalle mostrar ao público
os resultados da captura.

1137
00:59:57,041 --> 00:59:59,833
Claud colleu un saco e cruzamos o camiño.

1138
00:59:59,916 --> 01:00:04,416
El andaba arredor do palleiro.
Abaixouse para mirar unha morea de veleno.

1139
01:00:04,500 --> 01:00:06,375
- Fallou algo.
- …murmurou.

1140
01:00:06,458 --> 01:00:08,041
Tiña voz suave e cabreada.

1141
01:00:08,125 --> 01:00:11,458
Axeonllouse
diante doutra morea para examinala.

1142
01:00:11,541 --> 01:00:13,958
- Algo fallou, carallo.
- Que pasou?

1143
01:00:14,041 --> 01:00:17,125
Non contestou,
pero as ratas non tocaran o cebo.

1144
01:00:17,208 --> 01:00:19,333
"Estas ratas son moi listas", dixen.

1145
01:00:19,416 --> 01:00:22,625
O home estaba cabreado,
notábaselle na cara, no nariz

1146
01:00:22,708 --> 01:00:26,041
e en que cravaba
os dentes amarelos no labio inferior.

1147
01:00:26,125 --> 01:00:28,666
- Déixese de caralladas.
- …dixo, mirándome.

1148
01:00:28,750 --> 01:00:31,625
O que pasa é que alguén lles dá de comer.

1149
01:00:31,708 --> 01:00:34,458
Teñen comida rica en algures, e moita.

1150
01:00:34,541 --> 01:00:38,625
As ratas non rexeitan a avea,
non sendo que estean ben fartas.

1151
01:00:38,708 --> 01:00:40,416
O home deu a volta, calado.

1152
01:00:40,500 --> 01:00:43,916
Comezou a coller
a avea envelenada cunha pa

1153
01:00:44,000 --> 01:00:46,208
e meteuna nunha lata.

1154
01:00:46,291 --> 01:00:49,416
Ao acabar,
os tres volvemos cruzar o camiño.

1155
01:00:51,000 --> 01:00:54,875
O cazarratas estaba
onda o surtidor, triste e derrotado.

1156
01:00:54,958 --> 01:00:57,541
A súa cara colleu aspecto taciturno.

1157
01:00:57,625 --> 01:01:01,416
Encerrouse en si polo fracaso,
cos ollos agachados e rabiosos,

1158
01:01:01,500 --> 01:01:04,708
sacando a lingua
a un lado dos dentes amarelos.

1159
01:01:04,791 --> 01:01:08,083
Botoume unha mirada furtiva
e logo outra a Claud.

1160
01:01:08,166 --> 01:01:10,125
Moveu o nariz para cheirar o ar.

1161
01:01:10,208 --> 01:01:13,208
Púxose na punta dos pés, balanceándose,

1162
01:01:13,291 --> 01:01:15,833
e, con ton suave e confidencial, dixo:

1163
01:01:15,916 --> 01:01:17,291
Queren ver algo?

1164
01:01:17,375 --> 01:01:19,625
Quería recuperar a súa reputación.

1165
01:01:19,708 --> 01:01:21,750
- Que?
- Queren ver algo asombroso?

1166
01:01:21,833 --> 01:01:24,916
Meteu a man dereita
no peto de fóra da chaqueta

1167
01:01:25,000 --> 01:01:28,541
e sacou unha rata viva grande,
que agarraba ben cos dedos.

1168
01:01:28,625 --> 01:01:29,541
Carafio!

1169
01:01:30,208 --> 01:01:31,166
Ven?

1170
01:01:31,250 --> 01:01:33,916
Abaixouse un pouco e estirou o pescozo,

1171
01:01:34,000 --> 01:01:37,041
mirándonos lascivamente
coa enorme rata na man,

1172
01:01:37,125 --> 01:01:40,125
agarrándoa polo pescozo
co polgar e outro dedo,

1173
01:01:40,208 --> 01:01:42,416
trincándoa ben para que non mordese.

1174
01:01:42,500 --> 01:01:44,333
Sempre leva ratas no peto?

1175
01:01:44,416 --> 01:01:46,375
Sempre levo unha ou dúas encima.

1176
01:01:46,458 --> 01:01:50,000
Meteu a outra man no peto
e sacou algo pequeno e branco.

1177
01:01:50,083 --> 01:01:52,708
- É un furón?
- O cazarratas sorriu e bisbou.

1178
01:01:52,791 --> 01:01:55,333
O furón parecía coñecelo e non se moveu.

1179
01:01:55,416 --> 01:01:57,791
Nada mata ratas máis axiña ca o furón.

1180
01:01:57,875 --> 01:02:00,291
Tiña os dous animais preto diante del.

1181
01:02:00,375 --> 01:02:03,625
O nariz do furón estaba
a 15 cm da cara da rata.

1182
01:02:03,708 --> 01:02:06,291
Os ollos brillantes
do furón miraban a rata.

1183
01:02:06,375 --> 01:02:08,916
A rata tentaba arredarse do asasino.

1184
01:02:09,000 --> 01:02:10,125
- E agora…
- …dixo.

1185
01:02:10,208 --> 01:02:11,041
…miren.

1186
01:02:13,208 --> 01:02:15,125
Tiña a camisa caqui desabotoada.

1187
01:02:15,208 --> 01:02:18,708
Colleu a rata
e meteuna por dentro, pegada á pel.

1188
01:02:18,791 --> 01:02:21,625
O cinto non a deixaba baixar da cintura.

1189
01:02:21,708 --> 01:02:23,333
Logo meteu o furón.

1190
01:02:23,416 --> 01:02:26,250
De súpeto, armouse
un rebumbio debaixo da camisa.

1191
01:02:26,333 --> 01:02:29,875
A rata corría arredor do corpo
e o furón seguíaa.

1192
01:02:29,958 --> 01:02:33,916
Deron seis ou sete voltas,
o vulto pequeno seguindo o grande,

1193
01:02:34,000 --> 01:02:37,000
achegándoselle cada vez máis,

1194
01:02:37,083 --> 01:02:39,625
ata xuntárense os dous vultos.

1195
01:02:39,708 --> 01:02:42,666
Houbo pelexa e uns berros estridentes.

1196
01:02:42,750 --> 01:02:45,666
Mentres pasaba isto,
o cazarratas estivo inmóbil,

1197
01:02:45,750 --> 01:02:51,250
coas pernas separadas, os brazos colgados
e os ollos mirando a cara tesa de Claud.

1198
01:02:52,041 --> 01:02:55,666
Logo, meteu a man debaixo da camisa

1199
01:02:55,750 --> 01:02:57,041
e sacou o furón.

1200
01:02:57,541 --> 01:02:59,500
Coa outra, sacou a rata morta.

1201
01:03:00,000 --> 01:03:02,875
Había restos de sangue no fociño do furón.

1202
01:03:04,416 --> 01:03:06,708
"Non me deu moito gusto iso", dixen.

1203
01:03:06,791 --> 01:03:09,291
Aposto a que nunca viron nada así antes.

1204
01:03:09,791 --> 01:03:10,708
Pois non.

1205
01:03:11,208 --> 01:03:13,916
Un día vano morder na barriga.

1206
01:03:14,000 --> 01:03:17,916
…díxolle Claud, pero estaba intrigado,
e o cazarratas púxose chulo.

1207
01:03:18,000 --> 01:03:19,958
Queren ver algo máis asombroso?

1208
01:03:20,041 --> 01:03:23,125
Algo que non crerían
se non o visen cos seus ollos?

1209
01:03:23,208 --> 01:03:25,750
Mirei a Claud con moita desconfianza.

1210
01:03:27,875 --> 01:03:28,708
Si.

1211
01:03:29,375 --> 01:03:32,875
O cazarratas meteu
a rata nun peto e o furón noutro.

1212
01:03:32,958 --> 01:03:36,833
Logo meteu a man no macuto
e sacou outra rata viva.

1213
01:03:36,916 --> 01:03:37,750
Carafio!

1214
01:03:37,833 --> 01:03:40,333
Sempre levo unha ou dúas ratas encima.

1215
01:03:40,416 --> 01:03:41,958
Hai que coñecer as ratas.

1216
01:03:42,041 --> 01:03:44,625
E, para coñecelas, hai que telas preto.

1217
01:03:44,708 --> 01:03:48,333
Esta é de sumidoiro.
Vella e lista coma un allo.

1218
01:03:48,416 --> 01:03:51,833
Ven como me mira seguido,
adiviñando que vou facer?

1219
01:03:51,916 --> 01:03:53,416
- Ven?
- Moi desagradable.

1220
01:03:53,500 --> 01:03:54,833
Que vai facer?

1221
01:03:54,916 --> 01:03:58,083
Esta demostración íame gustar menos aínda.

1222
01:03:58,166 --> 01:04:01,208
- Pásenme un cordel.
- Claud pasoullo.

1223
01:04:01,291 --> 01:04:03,708
O cazarratas atoulle unha pata traseira.

1224
01:04:03,791 --> 01:04:06,166
A rata remexeuse, pero el agarrouna ben.

1225
01:04:06,708 --> 01:04:08,208
Teñen unha mesa dentro?

1226
01:04:08,291 --> 01:04:10,333
Non queremos a rata dentro.

1227
01:04:10,416 --> 01:04:12,750
Cómpreme unha mesa ou algo chan.

1228
01:04:12,833 --> 01:04:16,041
Fomos ao surtidor
e o cazarratas puxo a rata encima.

1229
01:04:16,125 --> 01:04:19,625
Atou o cordel a un poste
para amarrar a rata.

1230
01:04:19,708 --> 01:04:22,208
Ela encolleuse, inmóbil e desconfiada,

1231
01:04:22,291 --> 01:04:24,500
unha gran rata gris con ollos negros

1232
01:04:24,583 --> 01:04:28,083
e rabo con escamas,
enroscado sobre a superficie metálica.

1233
01:04:28,166 --> 01:04:32,333
Miraba o cazarratas de esguello
para ver que ía facer.

1234
01:04:32,416 --> 01:04:36,083
O cazarratas arredouse uns pasos
e a rata relaxouse ao momento.

1235
01:04:36,166 --> 01:04:37,541
Sentou nas ancas

1236
01:04:37,625 --> 01:04:39,875
e lambeu a pel gris do peito.

1237
01:04:39,958 --> 01:04:42,500
Logo rañou o fociño coas garras de diante.

1238
01:04:42,583 --> 01:04:45,791
Semellaba despreocupada
dos homes que estaban alí.

1239
01:04:45,875 --> 01:04:48,250
- Apostamos algo?
- …dixo o cazarratas.

1240
01:04:48,333 --> 01:04:49,833
"Non, grazas", dixen eu.

1241
01:04:49,916 --> 01:04:53,125
- É máis divertido se se aposta.
- A que quere apostar?

1242
01:04:53,208 --> 01:04:56,166
Apóstolles a que mato
esa rata sen usar as mans.

1243
01:04:56,250 --> 01:04:58,541
Métoas no peto e non as uso.

1244
01:04:58,625 --> 01:05:01,208
Estaba claro que el quería gañar cartos.

1245
01:05:01,291 --> 01:05:04,750
Mirei á rata que ía morrer
e empecei a sentirme mareado.

1246
01:05:04,833 --> 01:05:06,625
Non porque a fose matar,

1247
01:05:06,708 --> 01:05:09,125
senón pola maneira en que a ía matar,

1248
01:05:09,208 --> 01:05:11,291
cun entusiasmo considerable.

1249
01:05:11,375 --> 01:05:13,125
- Daralle patadas.
- Non.

1250
01:05:13,208 --> 01:05:15,916
- Cos brazos?
- Nin brazos nin pernas nin mans.

1251
01:05:16,000 --> 01:05:17,375
- Sentarase nela.
- Non.

1252
01:05:17,458 --> 01:05:19,625
- A ver, logo.
- Aposten unha libra.

1253
01:05:19,708 --> 01:05:21,416
Polo carallo. Por que?

1254
01:05:21,500 --> 01:05:23,208
- Canto apostaría?
- Cero.

1255
01:05:23,291 --> 01:05:24,666
Vale. Entón, nada.

1256
01:05:25,166 --> 01:05:27,541
- Fixo que ía ceibala.
- Aposto un xilin.

1257
01:05:27,625 --> 01:05:29,583
A sensación de mareo aumentaba,

1258
01:05:29,666 --> 01:05:32,291
pero isto tiña
unha inexplicable atracción.

1259
01:05:32,375 --> 01:05:34,750
Eu era incapaz de marchar ou de moverme.

1260
01:05:34,833 --> 01:05:35,958
- Vostede tamén?
- Non.

1261
01:05:36,041 --> 01:05:37,625
Quere que o faga por iso?

1262
01:05:37,708 --> 01:05:39,708
- Eu non quero.
- U-los cartos?

1263
01:05:39,791 --> 01:05:41,541
Claud puxo un xilin.

1264
01:05:41,625 --> 01:05:44,458
O cazarratas puxo
dúas moedas de seis peniques.

1265
01:05:44,541 --> 01:05:45,375
Feito.

1266
01:05:45,458 --> 01:05:46,666
Nós arredamos.

1267
01:05:46,750 --> 01:05:49,166
El achegouse, meteu as mans no peto

1268
01:05:49,250 --> 01:05:51,833
e inclinou o corpo cara á rata.

1269
01:05:51,916 --> 01:05:56,250
A rata encolleuse, asustada. Parecía
que ía saltar á cara do cazarratas,

1270
01:05:56,333 --> 01:06:00,416
pero empezou a cear atrás,
arrastrando amodo o corpo, encollida,

1271
01:06:00,500 --> 01:06:02,708
ata que o cordel da pata se tensou.

1272
01:06:02,791 --> 01:06:07,541
Inclinouse máis cara á rata, seguíndoa
cos ollos adiante e atrás. De súpeto…

1273
01:06:07,625 --> 01:06:10,208
- Ela asustouse.
- …e saltou polo aire.

1274
01:06:13,125 --> 01:06:16,791
Quedou colgada do cordel,
debeu derrancar a perna do tirón.

1275
01:06:16,875 --> 01:06:20,250
Encolleuse no lateral do surtidor,
no cabo do cordel,

1276
01:06:20,333 --> 01:06:23,333
cos bigotes tremendo
e o corpo longo teso co medo.

1277
01:06:23,416 --> 01:06:26,666
Logo, o cazarratas comezou
a mover a cara moi amodo,

1278
01:06:26,750 --> 01:06:27,875
achegándose a ela.

1279
01:06:27,958 --> 01:06:31,083
Eu quería berrarlle que parase,
pero non daba falado.

1280
01:06:31,166 --> 01:06:34,666
Ía pasar algo moi desagradable,
diso estaba seguro.

1281
01:06:34,750 --> 01:06:38,208
Algo sinistro e cruel,
pero agora tiña que velo.

1282
01:06:38,791 --> 01:06:41,583
Había menos dun palmo
entre as dúas caras.

1283
01:06:41,666 --> 01:06:44,375
A rata encolleuse, tensa e aterrorizada.

1284
01:06:44,458 --> 01:06:45,833
El tamén estaba tenso,

1285
01:06:45,916 --> 01:06:49,208
pero cunha tensión activa,
coma un resorte aprisionado.

1286
01:06:49,291 --> 01:06:52,041
Debuxóuselle un sorriso nos beizos.

1287
01:06:52,125 --> 01:06:53,958
Logo, de súpeto, atacou,

1288
01:06:54,041 --> 01:06:55,083
coma unha cobra,

1289
01:06:55,166 --> 01:06:57,916
cun movemento da cabeza,
rápido coma unha coitelada…

1290
01:06:58,000 --> 01:07:00,041
…que saía dos músculos inferiores…

1291
01:07:00,125 --> 01:07:02,666
…e eu albisquei a súa boca aberta de todo…

1292
01:07:02,750 --> 01:07:03,791
…e dous dentes…

1293
01:07:03,875 --> 01:07:06,541
…e a cara desfigurada coa boca aberta.

1294
01:07:07,875 --> 01:07:09,791
Non quixen ver máis.

1295
01:07:09,875 --> 01:07:13,333
Pechei os ollos e, cando os abrín,
a rata estaba morta.

1296
01:07:13,416 --> 01:07:15,958
O cazarratas meteu os cartos no peto

1297
01:07:16,041 --> 01:07:17,750
e cuspiu para lavar a boca.

1298
01:07:19,833 --> 01:07:21,791
Con iso é co que fan a regalicia.

1299
01:07:21,875 --> 01:07:25,791
As fábricas de chocolate usan
sangue de rata para facer regalicia.

1300
01:07:25,875 --> 01:07:28,000
O sangue de rata non ten mal ningún.

1301
01:07:30,708 --> 01:07:32,458
Vostede é repugnante.

1302
01:07:32,541 --> 01:07:35,041
Pero vostede comeuno moitas veces.

1303
01:07:35,125 --> 01:07:38,166
As regalicias fanse con sangue de rata.

1304
01:07:38,250 --> 01:07:40,375
Non nos conte máis nada, grazas.

1305
01:07:40,458 --> 01:07:43,208
Férveno en caldeiras,
a burbullar e fumegar,

1306
01:07:43,291 --> 01:07:45,333
que remexen homes con paus longos.

1307
01:07:45,416 --> 01:07:47,875
É un segredo das fábricas de chocolate

1308
01:07:47,958 --> 01:07:51,791
e ninguén o sabe, agás os cazarratas
que fornecen o produto.

1309
01:07:51,875 --> 01:07:54,291
Notou que os espectadores non o seguían.

1310
01:07:54,375 --> 01:07:57,625
Notábasenos a hostilidade,
repugnancia e enfado na cara.

1311
01:07:58,625 --> 01:08:01,375
Parou e deu a volta sen dicir nada máis.

1312
01:08:01,458 --> 01:08:05,625
Mirámolo marchar cara á estrada
co seu andar lento, delicado e pausado.

1313
01:08:06,125 --> 01:08:08,916
Os seus pasos non se oían,
nin sequera na grava.

1314
01:08:22,291 --> 01:08:23,125
Que raro!

1315
01:08:24,000 --> 01:08:26,333
As ratas non comeron a avea envelenada.

1316
01:08:27,291 --> 01:08:31,291
Debe haber algo nutritivo no palleiro.

1317
01:08:47,666 --> 01:08:51,041
A finais dos 40, Dahl viviu
en Wisteria Cottage, Amersham,

1318
01:08:51,125 --> 01:08:52,875
onde escribiu Claud's Dog,

1319
01:08:52,958 --> 01:08:56,708
unha colección de contos breves
inspirados na vida desta zona.

1320
01:08:56,791 --> 01:08:58,583
The Ratcatcher é un deles.

1321
01:09:15,958 --> 01:09:17,666
Cheguei á casa á medianoite.

1322
01:09:18,875 --> 01:09:21,500
De camiño ao bungaló, apaguei as luces

1323
01:09:21,583 --> 01:09:24,708
para que non desen na ventá
e espertasen a Harry Pope.

1324
01:09:24,791 --> 01:09:27,083
Non facía falta. Tiña a luz acesa.

1325
01:09:27,166 --> 01:09:29,083
Aparquei, fun cara á entrada,

1326
01:09:29,166 --> 01:09:32,666
contando os pasos,
para non dar ningún de máis,

1327
01:09:32,750 --> 01:09:34,083
Un, dous, tres, catro.

1328
01:09:39,375 --> 01:09:42,041
Fun ao cuarto de Harry, abrín e mirei.

1329
01:09:42,583 --> 01:09:45,583
Estaba na cama, esperto.
Non se moveu nin me mirou.

1330
01:09:45,666 --> 01:09:47,375
Pero oínlle murmurar baixiño…

1331
01:09:47,875 --> 01:09:48,750
Axuda.

1332
01:09:48,833 --> 01:09:49,666
"Axuda?"

1333
01:09:52,833 --> 01:09:54,875
Abrín a porta e entrei.

1334
01:09:54,958 --> 01:09:55,791
Para.

1335
01:09:55,875 --> 01:10:00,083
"Para?" Case non oía nada.
Parecía que lle custaba moito falar.

1336
01:10:00,708 --> 01:10:02,041
- Axuda.
- "Axuda?"

1337
01:10:02,666 --> 01:10:03,958
Que pasa, Harry?

1338
01:10:04,041 --> 01:10:06,208
Saca zapatos.

1339
01:10:06,958 --> 01:10:08,875
"Saca zapatos?"

1340
01:10:08,958 --> 01:10:11,875
Lembraba a George Barling
tras recibir un disparo,

1341
01:10:11,958 --> 01:10:16,375
arrimándose no motor de reposto do avión,
murmurando sobre o piloto xaponés

1342
01:10:16,458 --> 01:10:19,250
e bisbando a duras penas coma Harry agora.

1343
01:10:19,750 --> 01:10:21,791
Logo George Barling anicouse…

1344
01:10:21,875 --> 01:10:22,708
e morreu.

1345
01:10:23,583 --> 01:10:24,583
Saca zapatos.

1346
01:10:25,250 --> 01:10:26,333
"Saca zapatos?"

1347
01:10:28,375 --> 01:10:30,958
Non entendía, pero non ía protestar.

1348
01:10:37,875 --> 01:10:39,708
- Que pasa, Harry?
- Non toques.

1349
01:10:42,166 --> 01:10:45,291
Estaba deitado,
cunha saba por riba do corpo.

1350
01:10:45,375 --> 01:10:47,666
Tiña posto o pixama e suaba moitísimo.

1351
01:10:47,750 --> 01:10:50,000
Facía calor. Eu suaba, pero non tanto.

1352
01:10:50,083 --> 01:10:52,416
Tiña a cara e a almofada empapadas.

1353
01:10:52,500 --> 01:10:53,833
Pareceume malaria.

1354
01:10:53,916 --> 01:10:55,250
- Que pasa?
- Krait.

1355
01:10:55,333 --> 01:10:56,208
- Que?
- Krait.

1356
01:10:56,291 --> 01:10:57,750
- Krait?
- Cobra.

1357
01:10:58,833 --> 01:11:01,500
- Picoute unha? Onde, canto tempo hai?
- Non.

1358
01:11:01,583 --> 01:11:02,416
Que?

1359
01:11:06,083 --> 01:11:07,291
Non picou aínda.

1360
01:11:09,333 --> 01:11:11,541
Iso confundiume. Mireino sorprendido.

1361
01:11:13,458 --> 01:11:16,250
Krait na barriga, durmida.

1362
01:11:19,125 --> 01:11:20,875
Saltei para atrás.

1363
01:11:20,958 --> 01:11:23,583
Mireille a barriga e a saba que a cubría.

1364
01:11:23,666 --> 01:11:26,166
Era imposible saber se había algo debaixo.

1365
01:11:26,916 --> 01:11:29,833
Como? Tes unha cobra durmindo na barriga?

1366
01:11:29,916 --> 01:11:30,750
Si.

1367
01:11:38,291 --> 01:11:39,333
Como chegou aí?

1368
01:11:39,916 --> 01:11:43,250
Non debín preguntar.
Debín dicirlle que non falase.

1369
01:11:44,750 --> 01:11:51,000
Deitado, lendo.
Notei algo no peito, tras libro.

1370
01:11:51,083 --> 01:11:52,041
Facendo cóxegas.

1371
01:11:54,333 --> 01:11:59,875
De esguello vin krait
deslizándose sobre pixama.

1372
01:12:00,541 --> 01:12:03,166
Pequena. Uns 25 cm.

1373
01:12:04,250 --> 01:12:08,083
Sabía que non podía moverme.
Quedei teso, mirándoa.

1374
01:12:08,750 --> 01:12:12,208
Pensei que iría por riba da saba.

1375
01:12:12,291 --> 01:12:13,916
Harry calou un momento.

1376
01:12:14,000 --> 01:12:17,250
Non quería molestala falando.

1377
01:12:19,041 --> 01:12:20,625
Pero meteuse por baixo.

1378
01:12:22,000 --> 01:12:26,125
Noteina debaixo do pixama,
movéndose na barriga.

1379
01:12:27,125 --> 01:12:31,541
Logo parou. Agora está aí durmindo.

1380
01:12:35,291 --> 01:12:36,458
Estiven esperando.

1381
01:12:37,375 --> 01:12:38,875
- Canto tempo?
- Horas.

1382
01:12:39,833 --> 01:12:42,208
Horas e horas, carallo.

1383
01:12:42,750 --> 01:12:45,541
Non aguanto inmóbil
moito máis. Teño que tusir.

1384
01:12:48,875 --> 01:12:49,875
De feito,

1385
01:12:49,958 --> 01:12:52,375
iso non era raro nunha krait.

1386
01:12:52,958 --> 01:12:56,041
Andan arredor das casas
e buscan sitios quentes.

1387
01:12:56,125 --> 01:12:59,416
O sorprendente
era que aínda non picase a Harry.

1388
01:12:59,500 --> 01:13:04,625
A picadura é mortal, non sendo que teñas
un antídoto contra o veleno á man.

1389
01:13:05,458 --> 01:13:07,666
Son delgadiñas e pequenas, coma esta.

1390
01:13:09,916 --> 01:13:15,666
Podería entrar unha por unha fenda
da porta do cuarto dun neno, por exemplo.

1391
01:13:17,125 --> 01:13:21,416
O encargado dunha plantación de té
díxome que unha picara unha ovella.

1392
01:13:21,500 --> 01:13:26,000
Cando abriu a ovella en canal,
o sangue era negro coma o pote.

1393
01:13:29,916 --> 01:13:32,833
"Vale, Harry", dixen.
Agora tamén eu bisbaba.

1394
01:13:33,333 --> 01:13:35,666
Non te movas e non fales se non cómpre.

1395
01:13:35,750 --> 01:13:38,333
Se non se asusta, non pica. Arranxarémolo.

1396
01:13:41,041 --> 01:13:45,250
Saín do cuarto con coidado
e collín un coitelo afiado na cociña.

1397
01:13:45,333 --> 01:13:49,500
Metino no peto, listo para usalo
se Harry asustaba a krait e o picaba.

1398
01:13:49,583 --> 01:13:52,083
Listo para cortar a Harry
e sacar o veleno.

1399
01:13:52,958 --> 01:13:54,583
"Harry", dixen.

1400
01:13:54,666 --> 01:13:58,750
Creo que o mellor é apartar a saba
con coidado e botar unha ollada.

1401
01:13:59,375 --> 01:14:00,958
Ti es parvo!

1402
01:14:03,041 --> 01:14:06,708
A súa voz era inexpresiva,
falaba demasiado baixo e suave.

1403
01:14:06,791 --> 01:14:10,125
A expresión tíñaa nos ollos
e na comisura dos beizos.

1404
01:14:10,750 --> 01:14:14,750
A luz asustaraa. A cobra matarame.

1405
01:14:16,583 --> 01:14:17,416
Tes razón.

1406
01:14:18,375 --> 01:14:22,791
- E se ergo a saba e a guindo tan pronto…?
- Chama médico.

1407
01:14:24,375 --> 01:14:27,500
Miroume coma se xa
o debera ter pensado eu.

1408
01:14:27,583 --> 01:14:30,166
Un médico, claro.
Chamarei o Dr. Ganderbai.

1409
01:14:30,250 --> 01:14:34,791
Saín, mirei o número do Dr. Ganderbai,
collín o teléfono e apurei á operadora.

1410
01:14:40,083 --> 01:14:43,458
- Son o encargado Woods.
- Ola. Aínda non está na cama?

1411
01:14:43,541 --> 01:14:45,666
Veña e traia soro. Para unha krait.

1412
01:14:45,750 --> 01:14:47,500
Unha krait? A quen picou?

1413
01:14:47,583 --> 01:14:50,000
Soou coma unha explosión na orella.

1414
01:14:50,083 --> 01:14:51,208
A ninguén, aínda.

1415
01:14:51,291 --> 01:14:54,166
Harry ten unha durmindo
na barriga baixo a saba.

1416
01:14:54,250 --> 01:14:56,333
Houbo un silencio de tres segundos.

1417
01:14:58,416 --> 01:15:02,000
Falando amodo, non coma unha explosión,
o Dr. Ganderbai dixo…

1418
01:15:02,083 --> 01:15:04,958
Que non se mova nin fale. Entende?

1419
01:15:05,041 --> 01:15:06,958
- Claro, doutor.
- Vou agora.

1420
01:15:07,041 --> 01:15:08,750
Colgou e eu volvín ao cuarto.

1421
01:15:11,583 --> 01:15:13,208
Os ollos de Harry chamaban.

1422
01:15:13,291 --> 01:15:15,166
Ganderbai xa vén. Non te movas.

1423
01:15:15,916 --> 01:15:17,541
Que carallo pensa que fago?

1424
01:15:17,625 --> 01:15:19,125
Non podemos falar.

1425
01:15:19,208 --> 01:15:20,541
Cala a boca, logo.

1426
01:15:21,416 --> 01:15:24,583
Os músculos
dun lado da boca, os de sorrir,

1427
01:15:24,666 --> 01:15:28,833
movíanselle espasmodicamente,
mesmo cando xa acabara de falar.

1428
01:15:29,333 --> 01:15:31,750
Non me gustou iso nin como me falou.

1429
01:15:33,125 --> 01:15:35,208
Chegou o coche do Dr. Ganderbai.

1430
01:15:37,166 --> 01:15:38,333
Saín recibilo.

1431
01:15:41,625 --> 01:15:44,375
- Onde está?
- Non esperou pola miña resposta.

1432
01:15:44,458 --> 01:15:47,791
Entrou no vestíbulo,
deixou o bolso nunha cadeira.

1433
01:15:47,875 --> 01:15:49,791
Levaba zapatillas de casa.

1434
01:15:49,875 --> 01:15:52,791
Andaba sen facer ruído,
coma un gato silencioso.

1435
01:15:52,875 --> 01:15:54,875
Harry mirou de esguello.

1436
01:15:54,958 --> 01:15:57,583
Ao chegar á cama, mirou a Harry e sorriu.

1437
01:15:57,666 --> 01:15:59,833
Tranquilizouno asentindo e dixo…

1438
01:15:59,916 --> 01:16:03,208
Non se preocupe.
Isto é doado. Xa me encargo eu.

1439
01:16:03,291 --> 01:16:05,291
Foi á cociña e eu seguino.

1440
01:16:07,125 --> 01:16:08,125
Abriu o bolso.

1441
01:16:08,208 --> 01:16:12,166
Hai que meterlle soro, pero con coidado.
Non se pode queixar.

1442
01:16:12,250 --> 01:16:14,750
Tiña unha inxección e un frasco nas mans.

1443
01:16:14,833 --> 01:16:17,333
Cravou a agulla
e sacou un líquido amarelo.

1444
01:16:17,416 --> 01:16:19,875
- Deuma a min.
- Agárrea ata que lla pida.

1445
01:16:19,958 --> 01:16:21,083
Volvemos ao cuarto.

1446
01:16:26,375 --> 01:16:28,500
A Harry brillábanlle os ollos.

1447
01:16:28,583 --> 01:16:32,833
O Dr. Ganderbai remangouno con coidado
ata o cóbado, sen mover o brazo.

1448
01:16:32,916 --> 01:16:35,208
Estaba separado da cama. Murmuroulle…

1449
01:16:35,291 --> 01:16:38,416
Voulle dar unha inxección.
Unha picada. Non se mova.

1450
01:16:38,500 --> 01:16:41,166
Non aperte os músculos
da barriga. Reláxeos.

1451
01:16:41,250 --> 01:16:44,375
Harry mirou a xiringa.
Volveulle o espasmo aos beizos.

1452
01:16:45,708 --> 01:16:49,291
O Dr. Ganderbai colleu
un tubo de goma e atoullo ao bíceps.

1453
01:16:49,375 --> 01:16:52,041
Limpou con alcohol un cacho do antebrazo.

1454
01:16:52,125 --> 01:16:56,541
Ergueu a xiringa, mirou a medida
e botou algo do líquido amarelo.

1455
01:16:56,625 --> 01:16:58,250
Harry tiña a cara suada,

1456
01:16:58,333 --> 01:17:01,833
brillaba coma se se lle derretese
unha crema facial na pel.

1457
01:17:01,916 --> 01:17:05,458
Vía a vea azul do seu antebrazo,
inchada polo torniquete.

1458
01:17:05,541 --> 01:17:08,833
Vin a agulla sobre a vea, pegada ao brazo.

1459
01:17:08,916 --> 01:17:11,250
Logo introduciuna de lado na vea,

1460
01:17:11,333 --> 01:17:14,166
amodo e firme,
e entrou fácil coma no queixo.

1461
01:17:14,250 --> 01:17:17,250
Harry mirou o teito,
pechou os ollos e abriunos.

1462
01:17:17,333 --> 01:17:19,583
Ganderbai achegou a boca á súa orella.

1463
01:17:19,666 --> 01:17:23,791
Agora non pasará nada aínda que o pique.
Non se mova, volvo agora.

1464
01:17:24,500 --> 01:17:27,541
- "Está salvado?", preguntei.
- Depende.

1465
01:17:27,625 --> 01:17:30,458
Ganderbai limpou a fronte
e mordeu os beizos.

1466
01:17:30,541 --> 01:17:33,458
Hai solución para isto.

1467
01:17:33,541 --> 01:17:36,333
Falaba amodo,
tratando de pensar mentres falaba.

1468
01:17:38,250 --> 01:17:42,291
Ímoslle administrar a anestesia

1469
01:17:42,375 --> 01:17:45,208
ao bicho, tal como está.

1470
01:17:46,916 --> 01:17:48,333
Era unha magnífica idea.

1471
01:17:48,416 --> 01:17:53,125
Non é seguro, as cobras teñen sangue frío.
A anestesia non actúa rápido nelas.

1472
01:17:53,208 --> 01:17:55,166
Non se me ocorre nada máis.

1473
01:17:55,250 --> 01:17:57,125
- Éter ou cloroformo?
- Asentín.

1474
01:17:57,208 --> 01:17:59,583
- Cal?
- Preguntábame a min? Eu non sei.

1475
01:17:59,666 --> 01:18:00,500
Cloroformo!

1476
01:18:01,083 --> 01:18:03,000
Levoume polo brazo ao vestíbulo.

1477
01:18:04,458 --> 01:18:07,250
Vaia á miña casa.
O rapaz estarao esperando.

1478
01:18:07,333 --> 01:18:09,291
A chave do armario dos velenos.

1479
01:18:09,375 --> 01:18:14,500
Colla o cloroformo. Na etiqueta laranxa
ten o nome. Eu quedo aquí por se acaso.

1480
01:18:14,583 --> 01:18:15,833
Vaia lixeiro!

1481
01:18:15,916 --> 01:18:17,666
- Os zapatos…
- Non fan falta.

1482
01:18:20,250 --> 01:18:23,916
Fun rápido e en 15 minutos
xa volvera co frasco de cloroformo.

1483
01:18:26,500 --> 01:18:29,916
Sabe o que imos facer,
pero estase poñendo nervioso.

1484
01:18:30,000 --> 01:18:32,083
Non sei canto tempo aguantará.

1485
01:18:35,833 --> 01:18:38,708
Harry seguía deitado
na mesma posición ca antes.

1486
01:18:38,791 --> 01:18:42,041
Tiña a cara pálida e suada.
Virou os ollos cara a min.

1487
01:18:42,125 --> 01:18:43,708
Eu sorrinlle e asentín.

1488
01:18:44,250 --> 01:18:46,666
Ganderbai colleu o tubo do torniquete

1489
01:18:46,750 --> 01:18:49,125
e enganchoulle un funil de papel.

1490
01:18:49,208 --> 01:18:51,750
Afrouxou algo a saba
de debaixo do colchón,

1491
01:18:51,833 --> 01:18:55,500
colleu o tubo e meteuno
debaixo da saba cara ao corpo de Harry.

1492
01:18:56,333 --> 01:18:58,541
Non sei o que lle levou meter o tubo.

1493
01:18:58,625 --> 01:19:01,708
Entre 20 e 40 minutos.
Eu non vía moverse o tubo,

1494
01:19:01,791 --> 01:19:04,291
pero a parte visible íase acurtando.

1495
01:19:04,375 --> 01:19:06,333
O Dr. Ganderbai suaba,

1496
01:19:06,416 --> 01:19:10,291
con pingas na fronte e no labio superior,
pero con mans firmes,

1497
01:19:10,375 --> 01:19:13,291
sen sacar os ollos da saba
que cubría a barriga.

1498
01:19:13,375 --> 01:19:15,583
Sen mirar, pediu o cloroformo.

1499
01:19:15,666 --> 01:19:18,375
Saquei o tapón e púxenlle o frasco na man,

1500
01:19:18,458 --> 01:19:20,500
sen soltalo ata que o agarrou ben.

1501
01:19:21,666 --> 01:19:25,958
Sr. Pope, vou mollar o colchón.
Vai notar frío por debaixo.

1502
01:19:26,041 --> 01:19:28,625
- Prepárese e non se mova.
- Fágao xa!

1503
01:19:29,291 --> 01:19:34,333
Por primeira vez, Harry levantou a voz.
O Dr. Ganderbai mirouno e logo seguiu.

1504
01:19:34,416 --> 01:19:37,541
Botou unhas gotas no funil
e agardou a que baixasen.

1505
01:19:37,625 --> 01:19:38,875
Botou máis e agardou.

1506
01:19:47,541 --> 01:19:50,666
O cheiro nauseabundo
do cloroformo espallouse,

1507
01:19:50,750 --> 01:19:52,541
traendo recordos desagradables

1508
01:19:52,625 --> 01:19:55,791
de enfermeiros e cirurxiáns
nunha sala branca.

1509
01:19:55,875 --> 01:19:57,375
Ganderbai seguiu botando

1510
01:19:57,458 --> 01:20:01,083
e eu vía o abundante vapor
que saía coma fume do funil.

1511
01:20:02,125 --> 01:20:05,166
Parou, volveu encher
o funil e pasoume o frasco.

1512
01:20:05,250 --> 01:20:07,583
Sacou o tubo amodo e parou, ergueito.

1513
01:20:07,666 --> 01:20:10,250
A tensión de facer iso debeu ser enorme

1514
01:20:10,333 --> 01:20:12,583
porque a súa voz soaba así…

1515
01:20:12,666 --> 01:20:14,791
Dámoslle 15 minutos para funcionar.

1516
01:20:14,875 --> 01:20:16,291
Díxenllo a Harry.

1517
01:20:16,375 --> 01:20:18,291
- Dámoslle 15 minutos…
- Xa oín!

1518
01:20:18,375 --> 01:20:21,666
O Dr. Ganderbai saltou,
con cara de enfadado.

1519
01:20:21,750 --> 01:20:25,125
Mirou a Harry moi serio.
Volveulle o espasmo do músculo.

1520
01:20:25,208 --> 01:20:26,833
Agardamos 15 minutos.

1521
01:20:26,916 --> 01:20:28,958
O Dr. Ganderbai mirou a Harry

1522
01:20:29,041 --> 01:20:31,541
cunha mirada intensa e penetrante,

1523
01:20:31,625 --> 01:20:35,875
concentrándose con toda a forza
para que Harry non se movese.

1524
01:20:35,958 --> 01:20:38,583
Non apartou a vista del e, sen dicir nada,

1525
01:20:38,666 --> 01:20:40,541
parecía estarlle berrando.

1526
01:20:40,625 --> 01:20:43,000
- Dicíndolle…
- Non se mova, non fale!

1527
01:20:43,083 --> 01:20:45,375
Non o estrague agora! Entendido?

1528
01:20:46,416 --> 01:20:50,750
Harry seguía cos espasmos,
suando, pechando e abrindo os ollos,

1529
01:20:50,833 --> 01:20:52,875
mirándome a min, á saba, ao teito,

1530
01:20:52,958 --> 01:20:54,541
pero non ao Dr. Ganderbai.

1531
01:20:54,625 --> 01:20:56,833
Pero o Dr. Ganderbai facíao aguantar.

1532
01:20:58,500 --> 01:21:00,416
Era coma se se inflase un globo

1533
01:21:00,500 --> 01:21:03,125
que ía explotar, pero eu seguía mirando.

1534
01:21:03,208 --> 01:21:06,083
O Dr. Ganderbai asentiu,
xa estaba preparado.

1535
01:21:06,833 --> 01:21:10,791
Póñase do outro lado. Collemos
por cadanseu lado e apartamos a saba.

1536
01:21:10,875 --> 01:21:13,000
Moi amodo. Non se mova, Sr. Pope.

1537
01:21:24,333 --> 01:21:26,541
Agora víase todo o peito de Harry.

1538
01:21:26,625 --> 01:21:30,250
Vin o cinto branco
do pantalón do pixama, atado nun lazo.

1539
01:21:30,333 --> 01:21:32,958
Máis abaixo, vin un botón de nácara.

1540
01:21:33,041 --> 01:21:37,000
Eu nunca tiven un botón na petrina
do pixama, moito menos de nácara.

1541
01:21:37,583 --> 01:21:40,500
Ás veces pénsanse
frivolidades en momentos tensos.

1542
01:21:40,583 --> 01:21:42,375
Á parte diso, nada na barriga.

1543
01:21:45,041 --> 01:21:46,208
Non se mova.

1544
01:21:46,291 --> 01:21:49,250
Ganderbai miroulle
o corpo e debaixo das pernas.

1545
01:21:49,333 --> 01:21:52,125
Coidado. Pode estar na perneira do pixama.

1546
01:21:52,208 --> 01:21:53,625
Harry incorporouse.

1547
01:21:55,166 --> 01:21:56,625
A primeira vez que se movía.

1548
01:21:58,083 --> 01:22:01,041
Ergueuse, púxose de pé na cama
e sacudiu as pernas.

1549
01:22:01,125 --> 01:22:02,458
Pensamos que o picara.

1550
01:22:02,541 --> 01:22:04,250
Ganderbai colleu un bisturí,

1551
01:22:04,333 --> 01:22:06,208
pero Harry parou de saltar,

1552
01:22:06,291 --> 01:22:08,000
mirou o colchón e berrou…

1553
01:22:08,083 --> 01:22:08,916
Non está!

1554
01:22:09,000 --> 01:22:11,583
O Dr. Ganderbai ergueuse e mirou a Harry.

1555
01:22:11,666 --> 01:22:13,791
Harry estaba ben. Non o picara.

1556
01:22:13,875 --> 01:22:17,208
Non o ía picar nin ía morrer.
Estaba todo ben.

1557
01:22:17,708 --> 01:22:18,583
Máis ou menos.

1558
01:22:19,625 --> 01:22:21,333
Se cadra soñouno, Sr. Pope.

1559
01:22:30,416 --> 01:22:34,125
Pola maneira de dicilo,
sabía que non quería burlarse del.

1560
01:22:34,208 --> 01:22:36,416
Era unha broma trala extrema tensión.

1561
01:22:36,500 --> 01:22:39,083
Harry non o tomou así. Seguía alí de pé,

1562
01:22:39,166 --> 01:22:41,958
mirando a Ganderbai.
Comezou a pórse encarnado.

1563
01:22:42,041 --> 01:22:44,291
Estame chamando mentireiro?

1564
01:22:47,083 --> 01:22:49,500
Ganderbai non se moveu, mirando a Harry.

1565
01:22:49,583 --> 01:22:52,791
Harry deu un paso adiante.
Brillábanlle os ollos.

1566
01:22:53,958 --> 01:22:57,458
- Puto bengalí de merda.
- "Cala, Harry", dixen.

1567
01:22:57,541 --> 01:22:59,791
- Moreno de merda…
- Cala!

1568
01:22:59,875 --> 01:23:01,333
- Casta atrasada…
- Cala!

1569
01:23:01,416 --> 01:23:02,291
Abonda!

1570
01:23:05,708 --> 01:23:08,416
Ganderbai saíu. Seguino ata a entrada.

1571
01:23:08,500 --> 01:23:10,583
Está fóra de si, non sabe o que di.

1572
01:23:10,666 --> 01:23:14,041
Baixamos as escaleiras
e fomos ao Morris Motors do médico.

1573
01:23:14,125 --> 01:23:14,958
XUTE BRITÁNICO

1574
01:23:15,041 --> 01:23:17,625
Entrou no coche. "Fixo un milagre", dixen.

1575
01:23:17,708 --> 01:23:19,916
- Salvoulle a vida.
- Non o creo.

1576
01:23:20,000 --> 01:23:22,750
Vostede podía… El débelle a vida.

1577
01:23:22,833 --> 01:23:25,333
- Débelle a vida, doutor.
- Non tal.

1578
01:23:28,208 --> 01:23:29,125
Síntoo moito.

1579
01:23:30,625 --> 01:23:31,666
Non ten por que.

1580
01:23:38,916 --> 01:23:41,416
O Dr. Ganderbai
acendeu o motor e arrancou.

1581
01:23:54,500 --> 01:23:57,916
Dahl comezou a escribir Poison
en xaneiro de 1950.

1582
01:23:58,000 --> 01:24:00,041
Púxolle nome ao personaxe Woods

1583
01:24:00,125 --> 01:24:05,083
en homenaxe a un compañeiro piloto
da forza aérea morto na batalla de Atenas.

1584
01:24:24,833 --> 01:24:28,583
Estas son as calidades
que tes que posuír ou intentar acadar

1585
01:24:28,708 --> 01:24:31,041
se queres ser escritor de ficción.

1586
01:24:32,416 --> 01:24:34,666
Tes que ter unha imaxinación vívida.

1587
01:24:36,208 --> 01:24:38,125
Tes que saber escribir ben.

1588
01:24:38,250 --> 01:24:41,500
Iso significa
que as túas escenas deben cobra vida

1589
01:24:41,958 --> 01:24:43,041
na mente do lector.

1590
01:24:43,375 --> 01:24:45,208
Non todo o mundo ten esa habilidade.

1591
01:24:45,416 --> 01:24:46,500
É un don.

1592
01:24:47,250 --> 01:24:49,583
É algo que tes ou non tes.

1593
01:24:50,083 --> 01:24:52,333
Tes que ter resistencia,
noutras palabras,

1594
01:24:52,791 --> 01:24:55,250
tes que seguir co que estás,

1595
01:24:55,458 --> 01:24:56,958
sen nunca te render.

1596
01:24:57,416 --> 01:24:58,875
Hora tras hora,

1597
01:25:00,583 --> 01:25:02,083
día tras día,

1598
01:25:04,166 --> 01:25:05,666
semana tras semana,

1599
01:25:07,291 --> 01:25:09,083
mes tras mes,

1600
01:25:10,500 --> 01:25:12,541
ano tras ano,

1601
01:25:13,458 --> 01:25:14,416
tras ano.

1602
01:25:15,625 --> 01:25:17,625
Tes que ser perfeccionista.

1603
01:25:18,333 --> 01:25:21,333
Iso significa non quedar nunca
satisfeito co que escribiches

1604
01:25:21,458 --> 01:25:23,416
ata que o escribas outra vez

1605
01:25:23,750 --> 01:25:26,875
e outra vez
e o deixes o mellor posible.

1606
01:25:27,500 --> 01:25:29,333
Tes que ser moi disciplinado.

1607
01:25:29,708 --> 01:25:31,041
Traballas só.

1608
01:25:31,333 --> 01:25:32,833
Non tes xefe.

1609
01:25:33,708 --> 01:25:37,000
Non haberá ninguén para te despedir
se non vas traballar.

1610
01:25:37,583 --> 01:25:40,583
Nin para che dar un aviso
se zangoneas.

1611
01:25:41,000 --> 01:25:43,750
Axuda moito ter sentido do humor.

1612
01:25:44,125 --> 01:25:46,541
Non é imprescindible
se escribes para adultos,

1613
01:25:46,916 --> 01:25:49,166
pero para cativos é vital.

1614
01:25:53,958 --> 01:25:56,208
Tes que ser humilde.

1615
01:25:58,208 --> 01:26:00,666
O escritor que pensa
que a súa obra é marabillosa

1616
01:26:01,750 --> 01:26:03,500
leva mal camiño.

1617
01:26:15,041 --> 01:26:20,041
Subtítulos: Manuel Puga Moruxa



