1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.BZ

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.BZ

3
00:01:05,200 --> 00:01:09,640
UN FILME DE PAUL URKIJO ALIJO

4
00:01:14,920 --> 00:01:17,080
<i>Temédelle á noite.</i>

5
00:01:18,200 --> 00:01:21,600
<i>A noite, lugar cheo de blasfemias,</i>

6
00:01:22,560 --> 00:01:25,360
<i>abeiro de terribles criaturas</i>

7
00:01:26,000 --> 00:01:29,400
<i>que foxen da luz de Deus.</i>

8
00:01:30,240 --> 00:01:33,840
<i>A noite
acolle no seu seo diaños perversos,</i>

9
00:01:34,200 --> 00:01:38,680
<i>meigas malvadas, historias escuras.</i>

10
00:01:39,080 --> 00:01:41,680
<i>Historias que escoitaremos agora.</i>

11
00:01:43,120 --> 00:01:45,200
<i>Cando chega a escuridade,</i>

12
00:01:45,280 --> 00:01:48,240
<i>o bo cristián dorme placidamente.</i>

13
00:01:49,000 --> 00:01:53,120
<i>Co amencer, chegarán os raios do sol,</i>

14
00:01:53,560 --> 00:01:57,520
<i>a luz para seguir o camiño do Señor.</i>

15
00:01:58,720 --> 00:02:02,080
<i>Porén, segundo din,</i>

16
00:02:03,320 --> 00:02:07,480
<i>se a noite te atinxe, non fiques quedo.</i>

17
00:02:08,120 --> 00:02:11,840
<i>Fuxe e non te desvíes
do camiño cara á casa,</i>

18
00:02:12,640 --> 00:02:15,560
<i>ou a escuridade hate tragar...</i>

19
00:02:16,080 --> 00:02:17,480
<i>para sempre.</i>

20
00:02:18,160 --> 00:02:20,800
<i>Mais quen quere desviarse do camiño?</i>

21
00:02:21,720 --> 00:02:23,680
<i>Quen abandonará a luz?</i>

22
00:02:24,800 --> 00:02:27,040
<i>Pois xa o di o dito:</i>

23
00:02:28,080 --> 00:02:30,800
<i>"O día é para os do día".</i>

24
00:02:31,480 --> 00:02:34,400
<i>E, como murmura o vento:</i>

25
00:02:37,360 --> 00:02:41,600
<i>"A noite, para as da noite".</i>

26
00:02:43,560 --> 00:02:51,000
<i>A NOITE</i>

27
00:04:19,880 --> 00:04:22,800
<i>Ti... culpable...</i>

28
00:04:24,720 --> 00:04:27,800
<i>Ti... culpable...</i>

29
00:04:32,200 --> 00:04:33,200
Kattalin,

30
00:04:34,080 --> 00:04:36,200
que miras tanto pola ventá?

31
00:04:38,480 --> 00:04:41,720
- Váiseche meter a noite polos ollos.
- Oíches iso?

32
00:04:42,600 --> 00:04:43,640
Sería un raposo.

33
00:04:43,720 --> 00:04:45,520
Non, semellaba un asubío.

34
00:04:48,280 --> 00:04:49,320
Teño fame.

35
00:05:10,880 --> 00:05:12,640
Mañá, vou a Urdazubi.

36
00:05:16,320 --> 00:05:20,320
A falar sobre o pomar
co secretario do abade frei León.

37
00:05:21,360 --> 00:05:23,560
Por fin nos sorrirá a sorte.

38
00:05:24,960 --> 00:05:26,160
E don Mateo?

39
00:05:26,840 --> 00:05:28,280
Sábese algo del?

40
00:05:30,560 --> 00:05:34,720
Ninguén viu o párroco
desde o que pasou na igrexa.

41
00:05:35,280 --> 00:05:37,120
Xa hai unha semana.

42
00:05:38,040 --> 00:05:40,760
Espero que cumpra a promesa.

43
00:05:49,040 --> 00:05:51,880
Que noxo! Fáltalle sal.

44
00:05:52,960 --> 00:05:54,520
Pois cociña ti.

45
00:05:54,600 --> 00:05:57,640
Anda con ollo, Katalina. Respéctame!

46
00:05:58,960 --> 00:06:02,080
Xa me avergoñaches abondo
diante do pobo.

47
00:06:02,680 --> 00:06:03,800
Non quererás...

48
00:06:05,000 --> 00:06:06,400
vivir debaixo dunha ponte.

49
00:06:09,480 --> 00:06:10,600
Pan.

50
00:07:01,360 --> 00:07:02,800
Non vas comer?

51
00:07:13,200 --> 00:07:15,000
Por que non me falas?

52
00:07:15,080 --> 00:07:16,840
Es a miña muller!

53
00:07:21,720 --> 00:07:22,880
Ves?

54
00:07:22,960 --> 00:07:24,000
Non sabe a nada.

55
00:07:28,760 --> 00:07:30,480
Mañá, teño que ir aseado.

56
00:07:30,840 --> 00:07:32,960
Prepárame a camisa dos domingos.

57
00:07:38,040 --> 00:07:39,160
Vou durmir.

58
00:07:56,520 --> 00:07:58,360
Foron semanas difíciles.

59
00:07:59,520 --> 00:08:01,960
De agora en diante, todo vai mellorar.

60
00:08:05,680 --> 00:08:06,920
Xa verás.

61
00:10:20,960 --> 00:10:24,600
- Es a miña muller.
- Non!

62
00:10:27,440 --> 00:10:29,440
Por que me desprezas?

63
00:10:29,520 --> 00:10:31,120
Por estar eivado?

64
00:10:42,880 --> 00:10:44,840
Mira o que fixeches.

65
00:10:53,880 --> 00:10:54,920
Katta.

66
00:10:56,080 --> 00:10:57,160
Katti.

67
00:11:01,560 --> 00:11:02,760
A miña camisa!

68
00:11:03,320 --> 00:11:04,560
Necesítoa mañá!

69
00:11:07,360 --> 00:11:09,240
Acouga.

70
00:11:09,520 --> 00:11:10,840
Non pasa nada.

71
00:11:13,360 --> 00:11:14,760
Pódela limpar?

72
00:11:15,720 --> 00:11:16,720
Eh?

73
00:11:30,000 --> 00:11:31,280
A miña barriga.

74
00:11:46,200 --> 00:11:47,160
Katta!

75
00:12:04,640 --> 00:12:05,560
Volve!

76
00:12:06,640 --> 00:12:08,200
Kattalin!

77
00:12:10,560 --> 00:12:15,600
<i>Ben. A primeira historia
comeza cunha moza infeliz</i>

78
00:12:15,680 --> 00:12:20,640
<i>que se internou no bosque
cando o sol xa se agochara,</i>

79
00:12:21,000 --> 00:12:23,840
<i>cando empeza o camiño
do deus da Noite.</i>

80
00:12:25,120 --> 00:12:27,520
<i>Pois el é a noite en si:</i>

81
00:12:27,600 --> 00:12:28,920
<i>Gaueko.</i>

82
00:12:33,160 --> 00:12:35,760
<i>Quen ouse internarse na noite,</i>

83
00:12:36,240 --> 00:12:37,720
<i>perderase.</i>

84
00:12:38,280 --> 00:12:41,680
<i>A escuridade engulirao para sempre.</i>

85
00:12:42,360 --> 00:12:44,920
<i>Pois aí habita Gaueko,</i>

86
00:12:45,200 --> 00:12:47,440
<i>o Señor dos que moran nas sombras.</i>

87
00:12:48,200 --> 00:12:51,400
<i>O seu reino non é para os homes.</i>

88
00:12:52,000 --> 00:12:53,760
<i>Cal será o fado</i>

89
00:12:54,120 --> 00:12:57,280
<i>de quen ouse internarse na noite?</i>

90
00:14:04,360 --> 00:14:07,200
<i>A noite...</i>

91
00:14:18,240 --> 00:14:19,240
Pello?

92
00:14:27,320 --> 00:14:28,960
Pello, es ti?

93
00:14:29,040 --> 00:14:31,760
<i>A noite...</i>

94
00:14:37,560 --> 00:14:40,680
<i>para as da noite.</i>

95
00:15:42,800 --> 00:15:45,760
<i>A noite...</i>

96
00:15:47,280 --> 00:15:51,320
<i>para as da noite.</i>

97
00:16:06,560 --> 00:16:10,000
<i>A noite, para as da noite!</i>

98
00:16:41,120 --> 00:16:45,920
<i>A noite, para as da noite!</i>

99
00:16:52,280 --> 00:16:53,280
Quen anda aí?

100
00:16:55,000 --> 00:16:56,360
Ven aquí!

101
00:16:57,280 --> 00:16:58,440
Eh!

102
00:16:59,400 --> 00:17:01,320
Que fas aquí, babeca?

103
00:17:01,760 --> 00:17:05,080
- Estaba a espiarnos!
- Reme, déixaa respirar.

104
00:17:05,560 --> 00:17:07,640
Non ves que está asustada?

105
00:17:09,840 --> 00:17:11,600
Graxi, que facemos con ela?

106
00:17:12,360 --> 00:17:14,000
A coitada perdeuse.

107
00:17:14,600 --> 00:17:16,440
Non ten pinta de inocente.

108
00:17:17,160 --> 00:17:19,920
Que fale e xa veremos.

109
00:17:20,440 --> 00:17:21,560
Que fas aquí?

110
00:17:23,040 --> 00:17:24,480
- Contesta!
- Reme!

111
00:17:26,400 --> 00:17:27,600
Déixaa falar.

112
00:17:30,120 --> 00:17:31,200
Coitadiña.

113
00:17:32,880 --> 00:17:34,000
Estás ben?

114
00:17:42,800 --> 00:17:44,240
Es Kattalin.

115
00:17:45,720 --> 00:17:46,840
Non si?

116
00:17:47,400 --> 00:17:49,240
Coñézote da misa.

117
00:17:50,320 --> 00:17:51,840
Que fas aquí?

118
00:17:52,640 --> 00:17:55,560
Saín da casa e seguiume algo ata aquí.

119
00:17:56,680 --> 00:17:57,680
Tranquila.

120
00:17:57,760 --> 00:17:59,600
Connosco, estás a salvo.

121
00:17:59,840 --> 00:18:01,800
A que saíches de noite?

122
00:18:02,040 --> 00:18:03,040
Problemas na casa?

123
00:18:03,760 --> 00:18:07,840
Viña ao lavadoiro coa roupa sucia,
e comezáronme a seguir.

124
00:18:08,440 --> 00:18:11,560
É perigoso ir soa polo bosque de noite.

125
00:18:11,960 --> 00:18:13,440
Está cheo de bestas.

126
00:18:13,520 --> 00:18:14,520
E a roupa?

127
00:18:15,720 --> 00:18:16,840
Perdina.

128
00:18:17,400 --> 00:18:19,040
Non te creo!

129
00:18:25,440 --> 00:18:26,440
Kattalin...

130
00:18:27,480 --> 00:18:30,840
a que casou no outono
con Pello Goienetxea?

131
00:18:33,200 --> 00:18:34,440
De onde es?

132
00:18:35,880 --> 00:18:37,120
De Landibar.

133
00:18:38,160 --> 00:18:39,680
Estás lonxe da casa.

134
00:18:41,160 --> 00:18:42,240
E isto?

135
00:18:44,000 --> 00:18:45,120
É teu?

136
00:18:46,000 --> 00:18:47,680
A camisa do meu home.

137
00:18:49,720 --> 00:18:51,320
E a mancha? Un accidente?

138
00:18:51,880 --> 00:18:54,440
Deixa, xa a limpo eu.

139
00:18:56,640 --> 00:18:58,920
Estas manchas custa sacalas.

140
00:19:08,280 --> 00:19:10,800
"Pombo fóra, lobo na casa".

141
00:19:28,560 --> 00:19:30,800
Non son horas de lavar a roupa.

142
00:19:33,120 --> 00:19:34,240
E vós?

143
00:19:35,440 --> 00:19:37,640
Nós somos Beltra,

144
00:19:38,280 --> 00:19:40,960
Remedios e, eu, Graxiana.

145
00:19:41,760 --> 00:19:42,760
Ou Graxi.

146
00:19:45,560 --> 00:19:47,680
Non vimos lavar,

147
00:19:48,400 --> 00:19:50,560
senón facer que lavamos.

148
00:19:51,240 --> 00:19:53,160
É o noso momento.

149
00:19:53,360 --> 00:19:56,000
- Sen homes.
- Sen ninguén que nos amole.

150
00:19:57,280 --> 00:19:58,840
E non vos din nada?

151
00:19:58,920 --> 00:20:00,800
Non o saben.

152
00:20:01,400 --> 00:20:03,520
Máis nos vale que ninguén o saiba.

153
00:20:03,600 --> 00:20:05,720
Aquí, facemos o que nos peta.

154
00:20:06,000 --> 00:20:08,520
Vellas de día, mozas de noite.

155
00:20:12,400 --> 00:20:15,720
As cousas pintan mal ultimamente.

156
00:20:16,880 --> 00:20:20,040
O abade de Urdazubi
prohibiu as xuntanzas,

157
00:20:21,120 --> 00:20:26,680
e os párrocos e alguacís
non nos quitan o ollo de enriba.

158
00:20:28,000 --> 00:20:33,480
Eses inquisidores
ven meigas ata debaixo das pedras.

159
00:20:34,800 --> 00:20:39,760
Basta con beber
para que te sinalen e te leven presa.

160
00:20:40,160 --> 00:20:42,200
Non te podes fiar de ninguén.

161
00:20:43,040 --> 00:20:44,800
- Toma.
- Non, grazas.

162
00:20:46,320 --> 00:20:49,640
Adicámonos a contar chismes do pobo.

163
00:20:50,040 --> 00:20:51,600
E contos de medo.

164
00:20:52,560 --> 00:20:55,840
Estaba rematando de contar un
cando apareciches.

165
00:20:55,920 --> 00:20:57,440
Podes unirte a nós

166
00:20:57,520 --> 00:20:59,680
se ti tamén nos contas un.

167
00:21:00,000 --> 00:21:02,600
A non ser que prefiras volver á casa.

168
00:21:03,280 --> 00:21:04,640
Non sei ningún.

169
00:21:05,720 --> 00:21:09,520
Seguro que sabes algún de terror
que nos poidas contar.

170
00:21:10,240 --> 00:21:12,280
Algo sobre espíritos

171
00:21:12,760 --> 00:21:14,520
ou meigas.

172
00:21:15,320 --> 00:21:17,120
Cres nas meigas?

173
00:21:19,120 --> 00:21:20,600
Reme é meiga.

174
00:21:22,280 --> 00:21:23,280
Non sei.

175
00:21:27,120 --> 00:21:28,840
Coidado, nena.

176
00:21:29,600 --> 00:21:33,440
Non se debe crer nelas,
pero habelas, hainas.

177
00:21:36,480 --> 00:21:38,800
Ben. Tócame a min.

178
00:21:39,800 --> 00:21:43,160
O que vos vou contar non é ningún conto.

179
00:21:44,080 --> 00:21:48,600
É algo que lle pasou
a alguén do pobo hai un mes.

180
00:21:49,560 --> 00:21:53,160
Á filla de Eugenia a dos polos.

181
00:21:54,920 --> 00:21:59,840
Contoumo a mesma Eugenia,
e eu vóuvolo contar a vós.

182
00:22:03,680 --> 00:22:05,240
É a miña quenda.

183
00:22:05,840 --> 00:22:08,600
Prestádelle atención ou liscade!

184
00:22:10,040 --> 00:22:15,000
Segundo dixeron,
unha meiga maldixera a rapaza

185
00:22:15,480 --> 00:22:18,600
e invocara un diaño do pasado.

186
00:22:19,040 --> 00:22:22,680
Un ser escuro e retorcido,

187
00:22:22,760 --> 00:22:27,280
froito do pecado e a envexa.

188
00:22:27,600 --> 00:22:31,640
Un espírito maligno: Inguma.

189
00:22:49,400 --> 00:22:52,480
<i>Nos casaríos,</i>
<i>existe a crenza dos </i>etxejaun<i>,</i>

190
00:22:52,920 --> 00:22:57,880
<i>os espíritos dos nosos antepasados.</i>

191
00:22:57,960 --> 00:23:02,760
<i>Hai que loalos,
pois eles coidan da casa</i>

192
00:23:03,480 --> 00:23:06,080
<i>e da fortuna dos moradores.</i>

193
00:23:14,760 --> 00:23:16,440
<i>Así o fan,</i>

194
00:23:16,520 --> 00:23:19,920
<i>sempre que os descendentes
non os amolen</i>

195
00:23:20,000 --> 00:23:24,800
<i>nin ninguén con malas artes
perturbe o seu descanso.</i>

196
00:23:45,560 --> 00:23:46,800
Dáme, fillo.

197
00:23:52,680 --> 00:23:53,800
Antton...

198
00:23:55,200 --> 00:23:56,480
Tranquila, Maritxu.

199
00:23:57,120 --> 00:23:58,240
Vas sandar.

200
00:23:59,080 --> 00:24:01,120
Reza comigo, fillo.

201
00:24:07,880 --> 00:24:11,640
<i>Creo en Deus, Pai todopoderoso,</i>

202
00:24:11,720 --> 00:24:14,720
<i>creador do Ceo e da Terra,</i>

203
00:24:14,800 --> 00:24:18,800
<i>e en Xesucristo, o seu único fillo,</i>

204
00:24:18,880 --> 00:24:23,800
<i>o noso Señor,
concibido polo Espírito Santo.</i>

205
00:24:25,040 --> 00:24:29,800
<i>Naceu da Virxe María,
padeceu co poder de Poncio Pilato.</i>

206
00:24:30,960 --> 00:24:33,280
<i>Foi crucificado, morto e sepultado.</i>

207
00:24:33,360 --> 00:24:35,080
Basta!

208
00:24:38,240 --> 00:24:40,400
<i>Descendeu aos infernos...</i>

209
00:24:53,360 --> 00:24:55,920
Bruxaría.

210
00:24:57,840 --> 00:25:01,240
Ohpo, dapa mapa, nopo sapa napa ipi,

211
00:25:01,320 --> 00:25:05,000
propo tepe xepe apa Mapa ripi txupu.

212
00:25:06,120 --> 00:25:09,840
Ohpo, dapa mapa, nopo sapa napa ipi,

213
00:25:09,920 --> 00:25:13,600
propo tepe xepe apa Mapa ripi txupu.

214
00:25:39,480 --> 00:25:40,680
Onde vas?

215
00:25:41,320 --> 00:25:42,600
Eugenia?

216
00:26:00,800 --> 00:26:02,320
Eu quedo aquí.

217
00:26:03,000 --> 00:26:04,360
Non tardes.

218
00:26:13,760 --> 00:26:15,040
Padre Mateo.

219
00:26:15,120 --> 00:26:16,160
Katalina.

220
00:26:17,280 --> 00:26:18,920
Como está Maritxu?

221
00:26:19,000 --> 00:26:20,680
En mans de Deus.

222
00:26:21,560 --> 00:26:24,560
Se non está xa nas poutas do diaño.

223
00:26:27,720 --> 00:26:28,720
Perdoe.

224
00:26:37,600 --> 00:26:38,600
Eugenia.

225
00:26:39,480 --> 00:26:40,680
Como está?

226
00:26:41,880 --> 00:26:42,880
Non sei.

227
00:26:57,760 --> 00:26:58,880
Antton.

228
00:26:58,960 --> 00:26:59,960
Kattalin.

229
00:27:05,840 --> 00:27:07,960
Vou por máis tisanas de asento.

230
00:27:20,160 --> 00:27:22,040
O pescozo...

231
00:27:25,720 --> 00:27:26,720
Kattalin.

232
00:27:27,680 --> 00:27:28,680
Maritxu.

233
00:27:29,600 --> 00:27:32,920
Vaste pór ben, si? Mira.

234
00:27:38,880 --> 00:27:40,760
Vaste pór ben, xa verás.

235
00:27:41,520 --> 00:27:42,520
Si.

236
00:27:43,640 --> 00:27:46,200
E iremos á romaría de Baiona.

237
00:27:48,120 --> 00:27:50,040
A bailar e brincar.

238
00:27:50,120 --> 00:27:51,960
Si, iremos.

239
00:28:07,080 --> 00:28:08,200
Padre Mateo.

240
00:28:28,200 --> 00:28:30,320
Esa non tiña prohibido vir ao pobo?

241
00:28:42,080 --> 00:28:43,240
Foi ela.

242
00:29:01,720 --> 00:29:03,840
<i>Miña nai, vaise pór ben?</i>

243
00:29:04,200 --> 00:29:05,480
<i>Non sei, fillo.</i>

244
00:29:05,680 --> 00:29:07,320
<i>Maritxu irá ao inferno?</i>

245
00:29:07,400 --> 00:29:08,920
<i>Non digas iso!</i>

246
00:29:09,280 --> 00:29:11,760
<i>- Pero que lle pasa?
- Non sei!</i>

247
00:29:19,480 --> 00:29:21,480
Maritxu.

248
00:29:22,440 --> 00:29:23,440
Maritxu.

249
00:29:27,600 --> 00:29:28,520
Maritxu.

250
00:29:29,120 --> 00:29:30,280
Maritxu!

251
00:29:30,360 --> 00:29:32,520
Maritxu!

252
00:29:40,640 --> 00:29:41,680
Ti...

253
00:29:42,480 --> 00:29:45,240
Ti es culpable.

254
00:29:45,320 --> 00:29:46,360
Ti!

255
00:29:46,440 --> 00:29:48,640
Pero que dis? Maritxu, son eu.

256
00:29:49,160 --> 00:29:50,920
Rameira! Fóra de aquí!

257
00:29:51,080 --> 00:29:52,360
Maritxu, son eu.

258
00:29:52,440 --> 00:29:53,600
Fóra!

259
00:29:58,880 --> 00:29:59,880
Maritxu.

260
00:30:00,840 --> 00:30:01,960
Maritxu, son eu.

261
00:30:03,520 --> 00:30:04,720
Lisca de aquí.

262
00:30:05,920 --> 00:30:07,640
- Maritxu, son eu.
- Fóra!

263
00:30:08,360 --> 00:30:09,840
- Maritxu!
- Fóra!

264
00:31:17,400 --> 00:31:19,920
Por que nos castiga Deus deste xeito?

265
00:31:22,960 --> 00:31:24,440
Non podemos facer nada?

266
00:31:33,920 --> 00:31:38,240
Antton, vai pedirlle axuda
á vella Esther, a herborista.

267
00:31:38,760 --> 00:31:41,800
Coñece a Maritxu. Ela saberá que facer.

268
00:31:43,400 --> 00:31:46,080
Pero que ninguén
te vexa falando con ela.

269
00:32:41,480 --> 00:32:43,800
Antton, ven aquí.

270
00:32:52,600 --> 00:32:53,920
Coitada.

271
00:32:55,040 --> 00:32:59,320
Un espírito está atormentando
a túa irmá Maritxu.

272
00:32:59,400 --> 00:33:00,920
Seino.

273
00:33:05,480 --> 00:33:09,880
Quen foi o último
en morrer na vosa casa?

274
00:33:10,720 --> 00:33:12,400
O avó Inguma.

275
00:33:12,600 --> 00:33:13,680
Hai un ano.

276
00:33:13,760 --> 00:33:18,080
Podería estar enfadado
coa túa irmá por algunha razón?

277
00:33:19,040 --> 00:33:20,320
Non.

278
00:33:20,600 --> 00:33:21,920
Maritxu é unha santa.

279
00:33:22,000 --> 00:33:23,120
É boa.

280
00:33:23,840 --> 00:33:25,800
O avó queríaa moito.

281
00:33:29,120 --> 00:33:31,200
Queríaa? Canto?

282
00:33:32,120 --> 00:33:34,120
Máis cá nada no mundo.

283
00:33:36,800 --> 00:33:38,040
Pode ser...

284
00:33:38,600 --> 00:33:41,160
Isto é o que vas facer.

285
00:33:43,680 --> 00:33:49,840
Colle esta candea e enrólaa
á figura en recordo do teu avó.

286
00:33:55,520 --> 00:33:57,440
Cando estea acendida,

287
00:33:58,280 --> 00:34:00,280
tápaa cunha cunca.

288
00:34:00,880 --> 00:34:02,720
<i>Non a destapes.</i>

289
00:34:03,360 --> 00:34:06,240
<i>Cando chegue o momento, quita a cunca.</i>

290
00:34:06,760 --> 00:34:08,560
<i>Que se faga a luz.</i>

291
00:34:09,080 --> 00:34:11,280
<i>Nese momento,</i>

292
00:34:11,360 --> 00:34:15,280
<i>sorprenderás o espírito do </i>etxejaun<i>.</i>

293
00:34:18,080 --> 00:34:22,760
<i>Atravesa un corazón de galo
con alfinetes</i>

294
00:34:24,200 --> 00:34:27,600
<i>e bota millo podre polo chan.</i>

295
00:34:31,080 --> 00:34:34,160
<i>Logo, recita o seguinte.</i>

296
00:34:34,440 --> 00:34:36,600
<i>Lémbrao ben.</i>

297
00:34:37,360 --> 00:34:41,520
"Inguma, non me dás medo.

298
00:34:42,280 --> 00:34:44,640
Gauargi está comigo.

299
00:34:45,400 --> 00:34:47,480
No ceo, hai estrelas.

300
00:34:47,720 --> 00:34:49,680
No campo, herbas.

301
00:34:49,760 --> 00:34:51,120
Na costa, area.

302
00:34:52,240 --> 00:34:55,480
Ata que non remates de contar todo iso,

303
00:34:55,560 --> 00:34:58,560
non aparezas diante de min".

304
00:35:15,160 --> 00:35:16,160
A ventá.

305
00:35:48,800 --> 00:35:53,680
Maldita desgraciada!

306
00:35:54,160 --> 00:35:57,000
Como puideches facerme isto?

307
00:35:57,640 --> 00:36:01,040
Es unha porca!

308
00:36:02,080 --> 00:36:03,600
Avó?

309
00:36:08,800 --> 00:36:10,440
Antton...

310
00:36:10,960 --> 00:36:14,400
Lacazán idiota.

311
00:36:14,480 --> 00:36:17,320
Es un inútil.

312
00:36:17,400 --> 00:36:20,640
Deixaches que a túa irmá

313
00:36:20,720 --> 00:36:23,440
macelara o nome da familia.

314
00:36:25,800 --> 00:36:27,120
Déixaa en paz!

315
00:36:32,000 --> 00:36:34,560
Necio covarde!

316
00:36:34,640 --> 00:36:37,520
Non sabes o que fixeches?

317
00:36:39,560 --> 00:36:40,880
Antton, o millo!

318
00:36:53,600 --> 00:36:56,040
Antton, dio agora!

319
00:36:56,120 --> 00:36:57,920
Inguma, non me dás medo.

320
00:36:58,000 --> 00:36:59,720
Gauargi está comigo.

321
00:36:59,800 --> 00:37:02,600
No ceo, hai estrelas. No campo, herbas.

322
00:37:02,680 --> 00:37:05,800
Na costa, area.
Ata que non remates de contar todo iso,

323
00:37:05,880 --> 00:37:08,200
non aparezas diante de min!

324
00:37:21,600 --> 00:37:23,040
A ventá!

325
00:38:22,680 --> 00:38:27,040
...28, 29, 30, 31,

326
00:38:27,240 --> 00:38:31,000
32, 33, 34,

327
00:38:31,080 --> 00:38:35,960
35, 36, 37...

328
00:39:24,080 --> 00:39:25,920
<i>Tras a morte de Maritxu,</i>

329
00:39:26,000 --> 00:39:29,280
<i>o cura ditaminou
que a posuíra un diaño,</i>

330
00:39:30,160 --> 00:39:34,680
<i>atraído polo pecado
e as malas artes da bruxaría.</i>

331
00:39:35,240 --> 00:39:41,720
Señor, axuda a miña pobre filla.

332
00:39:42,160 --> 00:39:43,840
Meu Deus.

333
00:39:45,200 --> 00:39:46,360
Eu non quería...

334
00:39:48,520 --> 00:39:50,560
mais Maritxu estaba moi mal,

335
00:39:52,760 --> 00:39:55,520
así que fun á casa da meiga...

336
00:39:58,000 --> 00:39:59,760
e fixen o que me pediu.

337
00:40:01,920 --> 00:40:03,120
Non o sabía.

338
00:40:04,280 --> 00:40:05,280
Non o sabía!

339
00:40:10,160 --> 00:40:11,920
E semellaba un diaño.

340
00:40:15,520 --> 00:40:16,520
Maritxu...

341
00:40:25,320 --> 00:40:27,320
<i>Así sucedeu,</i>

342
00:40:28,440 --> 00:40:31,560
pois así mo contou Eugenia entre bágoas.

343
00:40:32,920 --> 00:40:35,640
Que horrible pecado cometeu a rapaza

344
00:40:36,200 --> 00:40:38,240
para que o seu avó a odiase así?

345
00:40:38,320 --> 00:40:40,480
- É mentira.
- Que é mentira?

346
00:40:40,560 --> 00:40:43,360
Maritxu nunca fixo nada malo.

347
00:40:43,440 --> 00:40:46,400
- Que saberás ti?
- Coñecíaa ben.

348
00:40:48,120 --> 00:40:50,000
Maritxu estaba moi doente,

349
00:40:50,080 --> 00:40:53,120
e os remedios desa meiga
agravaron a doenza.

350
00:40:53,600 --> 00:40:55,880
Acusas a Estertxi de meiga?

351
00:40:56,560 --> 00:40:58,720
Nós coñeciamos ben a Estertxi.

352
00:40:59,680 --> 00:41:02,840
Axudaba a xente do pobo á súa maneira.

353
00:41:02,920 --> 00:41:06,480
Eses santóns quixeron quitala do medio

354
00:41:07,000 --> 00:41:09,000
e levárona para Urdazubi.

355
00:41:09,960 --> 00:41:12,560
Quen che dixo que foi Estertxi?

356
00:41:12,640 --> 00:41:13,760
O teu home?

357
00:41:13,840 --> 00:41:15,560
Díxoo don Mateo.

358
00:41:15,640 --> 00:41:17,560
Estertxi era amiga nosa.

359
00:41:17,640 --> 00:41:19,240
Igual ca Maritxu túa.

360
00:41:33,640 --> 00:41:37,360
Ese cura vaidoso e o seu superior,

361
00:41:37,920 --> 00:41:39,520
o abade de Urdazubi,

362
00:41:40,040 --> 00:41:42,640
sempre desamigando a xente.

363
00:41:43,040 --> 00:41:46,560
Que ardan nese inferno que predican!

364
00:41:47,480 --> 00:41:50,280
Hai unha semana
que non se sabe nada de Mateo.

365
00:41:50,360 --> 00:41:52,880
Desde que toleou na misa.

366
00:41:54,120 --> 00:41:58,880
Eu sei que lle pasou realmente a Mateo.

367
00:42:07,080 --> 00:42:08,240
É a miña quenda.

368
00:42:09,560 --> 00:42:12,400
Prestade atención ou liscade.

369
00:42:16,080 --> 00:42:20,640
Mateo era soberbio e hipócrita.

370
00:42:23,640 --> 00:42:25,440
Vivía obsesionado.

371
00:42:26,840 --> 00:42:30,000
Obsesionado coa autoridade.

372
00:42:31,520 --> 00:42:33,880
Mais, sobre todo, coa caza.

373
00:42:35,240 --> 00:42:37,160
Sempre asubiaba coma un <i>txistu.</i>

374
00:42:40,280 --> 00:42:43,000
Ao seu can de caza

375
00:42:43,240 --> 00:42:45,640
e aos seus fregueses.

376
00:42:47,080 --> 00:42:49,400
De aí o seu sobrenome:

377
00:42:51,000 --> 00:42:53,240
Mateo Txistu.

378
00:42:58,880 --> 00:43:02,040
<i>Mateo desapareceu hai unha semana,</i>

379
00:43:02,120 --> 00:43:06,240
<i>tras a morte de Maritxu,
despois do acontecido na igrexa.</i>

380
00:43:08,480 --> 00:43:11,200
Amada filla e irmá.

381
00:43:12,680 --> 00:43:16,720
María Oiartzun
deixounos na flor da vida.

382
00:43:18,400 --> 00:43:21,680
Enfermouna a debilidade da carne,

383
00:43:21,760 --> 00:43:25,120
o inimigo que asola este pobo.

384
00:43:25,960 --> 00:43:27,200
Porén,

385
00:43:27,880 --> 00:43:30,200
Deus é misericordioso.

386
00:43:31,560 --> 00:43:32,720
Ámanos,

387
00:43:33,800 --> 00:43:35,000
tennos en estima.

388
00:43:37,040 --> 00:43:41,960
Familia e veciños,
oremos pola súa alma,

389
00:43:42,320 --> 00:43:46,400
pois só así
se librará de ir ao inferno.

390
00:43:50,240 --> 00:43:54,200
<i>Concédelles, Señor, o descanso eterno,</i>

391
00:43:55,240 --> 00:43:58,080
<i>e que a luz perpetua os ilumine.</i>

392
00:43:59,400 --> 00:44:02,360
<i>En Sion,
cantan dignamente as túas loanzas.</i>

393
00:44:02,440 --> 00:44:06,000
<i>En Xerusalén, devolveráseche o voto.</i>

394
00:44:07,320 --> 00:44:10,880
<i>Escoita as miñas pregarias.</i>

395
00:44:10,960 --> 00:44:14,200
<i>Ti, cara a quen van todos os mortais.</i>

396
00:44:15,240 --> 00:44:19,320
<i>Concédelles, Señor, o descanso eterno,</i>

397
00:44:20,120 --> 00:44:23,520
<i>e que a luz perpetua os ilumine.</i>

398
00:44:28,800 --> 00:44:30,720
<i>Que en paz descanse.</i>

399
00:44:35,880 --> 00:44:36,840
Amén.

400
00:44:46,800 --> 00:44:50,480
<i>Todo o pobo
sabía da súa afección á caza.</i>

401
00:44:52,840 --> 00:44:58,280
<i>Dicía que Deus lle outorgara
ao home o don da caza</i>

402
00:44:58,360 --> 00:45:01,320
<i>por riba do resto das criaturas.</i>

403
00:45:10,160 --> 00:45:12,520
<i>Eu seino ben,</i>

404
00:45:13,920 --> 00:45:16,200
<i>pois era a súa </i>serora<i>.</i>

405
00:45:17,120 --> 00:45:18,800
<i>Axudábao na parroquia.</i>

406
00:45:46,000 --> 00:45:48,960
<i>Mateo era unha persoa moi reservada</i>

407
00:45:50,760 --> 00:45:54,360
<i>e só lle contaba as súas obsesións</i>

408
00:45:55,560 --> 00:45:59,160
<i>ao único que cría
que estaba por riba del.</i>

409
00:46:02,720 --> 00:46:07,760
<i>Confeso ante Deus todopoderoso
e ante vós, irmáns,</i>

410
00:46:07,840 --> 00:46:10,480
<i>que pequei moito de pensamento,</i>

411
00:46:10,560 --> 00:46:14,600
<i>palabra, obra e omisión.</i>

412
00:46:15,080 --> 00:46:16,360
<i>Pola miña culpa.</i>

413
00:46:17,040 --> 00:46:18,240
<i>Pola miña culpa.</i>

414
00:46:19,280 --> 00:46:22,600
<i>Pola miña gran culpa.</i>

415
00:46:31,400 --> 00:46:33,360
Señor, pequei.

416
00:46:35,320 --> 00:46:38,600
Sentín nas miñas carnes
o diaño tentador

417
00:46:38,680 --> 00:46:41,280
intentando desviarme do teu camiño.

418
00:46:41,360 --> 00:46:43,160
Escóitame, meu Señor,

419
00:46:44,280 --> 00:46:47,920
e libérame desta carga.

420
00:46:52,360 --> 00:46:57,240
Esta mañá,
saín cazar co meu fiel can.

421
00:46:59,880 --> 00:47:03,720
Por que quixo a túa graza que tropece

422
00:47:03,800 --> 00:47:08,560
coa constancia
da blasfemia feita carne?

423
00:47:15,560 --> 00:47:19,240
<i>Dixo que o que viu alí</i>

424
00:47:19,840 --> 00:47:22,080
<i>o levara ao bordo da loucura.</i>

425
00:47:24,040 --> 00:47:25,280
Busca!

426
00:47:44,040 --> 00:47:46,080
Ven aquí!

427
00:47:46,160 --> 00:47:48,160
Busca por aquí!

428
00:48:40,120 --> 00:48:42,280
Bailaría todo o día.

429
00:48:44,600 --> 00:48:46,080
Dáme a man.

430
00:48:59,440 --> 00:49:01,920
É máis do que Pello me deu nunca.

431
00:49:03,280 --> 00:49:06,320
Ese parvo non sabe o que ten na casa.

432
00:49:07,160 --> 00:49:08,640
Non o aguanto.

433
00:49:09,000 --> 00:49:10,560
As noites son o peor.

434
00:49:11,160 --> 00:49:15,360
Tes sorte. Coa túa nai viúva,
quedarás solteira para axudala.

435
00:49:16,160 --> 00:49:18,080
Si, teño sorte, mais...

436
00:49:18,600 --> 00:49:21,120
"moza solteira, moza sen cabeleira".

437
00:49:23,000 --> 00:49:24,440
Non aguanto máis.

438
00:49:25,160 --> 00:49:26,160
Pois...

439
00:49:29,600 --> 00:49:30,960
marchemos de aquí.

440
00:49:31,800 --> 00:49:33,000
A Baiona.

441
00:49:33,960 --> 00:49:35,880
Marchemos esta noite.

442
00:49:35,960 --> 00:49:37,080
Soas, ti e eu.

443
00:49:37,800 --> 00:49:39,280
Toleaches?

444
00:49:39,360 --> 00:49:41,360
Dúas mulleres soas por aí?

445
00:49:41,440 --> 00:49:44,040
Como nos cachen, Pello mállame.

446
00:49:46,000 --> 00:49:49,320
Pois disfrazámonos de homes.

447
00:49:49,400 --> 00:49:52,520
Ti colle roupa de Pello,
e eu, do meu irmán.

448
00:49:56,720 --> 00:49:58,120
Se fose tan doado...

449
00:50:05,240 --> 00:50:07,120
Unha destas na sopa...

450
00:50:08,320 --> 00:50:09,320
e adeus.

451
00:50:18,400 --> 00:50:19,400
Non sei.

452
00:50:20,120 --> 00:50:21,920
Non sei. É o meu home.

453
00:50:43,760 --> 00:50:45,120
Ola, guapa.

454
00:50:45,800 --> 00:50:48,240
Queres casar comigo?

455
00:50:48,320 --> 00:50:49,320
Non.

456
00:50:50,120 --> 00:50:53,800
Son un pouco pánfilo,
mais teño unha boa dote.

457
00:50:54,320 --> 00:50:55,320
Mira.

458
00:50:59,360 --> 00:51:00,760
Veña, cariño.

459
00:51:01,120 --> 00:51:03,520
- Dáme un biquiño na troita.
- Non!

460
00:51:04,080 --> 00:51:06,160
Antes, bico o cu dunha cabra!

461
00:51:06,840 --> 00:51:08,360
Meiga!

462
00:51:09,160 --> 00:51:10,680
Ven comigo!

463
00:51:27,240 --> 00:51:29,400
Contigo, iría onde fose.

464
00:55:10,840 --> 00:55:15,920
<i>É real o que vin
ou foi unha argucia do demo?</i>

465
00:55:18,120 --> 00:55:20,600
Debería contarllo ao abade?

466
00:55:46,520 --> 00:55:47,560
Padre Mateo.

467
00:55:48,240 --> 00:55:49,920
Pello Goienetxea.

468
00:56:06,280 --> 00:56:07,400
Senta.

469
00:56:12,960 --> 00:56:17,840
Recibín a túa petición
para traballar nun pomar da abadía.

470
00:56:19,080 --> 00:56:22,120
Teño a perna mal,
mais sería un bo capataz.

471
00:56:23,520 --> 00:56:25,680
Sei ben como se fai a sidra.

472
00:56:26,200 --> 00:56:28,520
Traballei en Hernani durante anos.

473
00:56:28,600 --> 00:56:29,840
Seguro que si.

474
00:56:31,640 --> 00:56:34,000
Pero chameite por outra cousa.

475
00:56:36,240 --> 00:56:40,560
Preciso que ti e a túa muller
veñades comigo a Urdazubi

476
00:56:41,080 --> 00:56:46,280
para declarar ante o xuíz
que Esther Barrenetxea é unha meiga.

477
00:56:49,000 --> 00:56:51,680
Prefiro non mesturarme neses asuntos.

478
00:56:52,560 --> 00:56:53,880
Tranquilo.

479
00:56:56,080 --> 00:56:58,520
Sei que es un bo cristián.

480
00:56:59,960 --> 00:57:03,440
E a Igrexa
sabe recompensar os homes bos.

481
00:57:06,640 --> 00:57:09,560
Mais non podo dicir iso da túa muller.

482
00:57:11,040 --> 00:57:12,760
Vina eu mesmo.

483
00:57:53,200 --> 00:57:57,160
Tres son os inimigos da nosa alma:

484
00:57:57,240 --> 00:58:02,040
o mundo, o demo e a carne.

485
00:58:02,680 --> 00:58:07,440
E, dos tres, o máis perigoso,
o máis grave, é a carne.

486
00:58:08,440 --> 00:58:11,040
A carne é débil, mais tamén forte.

487
00:58:11,920 --> 00:58:17,000
Débil para defenderse
e forte para tentar.

488
00:58:17,080 --> 00:58:19,080
Nin o asasinato é tan grave!

489
00:58:19,160 --> 00:58:23,640
O pecado da carne
apodrenta os corazóns dos bos cristiáns,

490
00:58:23,720 --> 00:58:26,120
pois propágase coma unha praga,

491
00:58:26,200 --> 00:58:31,000
condenando, así,
non só as almas dos pecadores,

492
00:58:31,480 --> 00:58:34,760
senón tamén os piares da nosa sociedade.

493
00:58:37,600 --> 00:58:42,440
A bruxaría e a impudicia
levan o noso pobo á perdición.

494
00:58:43,160 --> 00:58:47,440
Cada vez hai máis mulleres
que se desvían do camiño do Señor

495
00:58:47,520 --> 00:58:50,760
e se perden na senda do diaño.

496
00:58:52,760 --> 00:58:54,240
Facédeme caso.

497
00:58:55,560 --> 00:58:59,720
O único xeito
de expiar os pecados carnais...

498
00:59:01,720 --> 00:59:03,880
é delatando unha meiga.

499
00:59:09,840 --> 00:59:11,680
Na abadía de Urdazubi,

500
00:59:11,760 --> 00:59:16,560
teremos o honorable comisario
da Santa Inquisición.

501
00:59:17,720 --> 00:59:20,440
Debedes acudir a el

502
00:59:20,520 --> 00:59:23,960
se sospeitades que algún veciño

503
00:59:24,120 --> 00:59:26,960
pode estar ligado á bruxaría.

504
00:59:28,680 --> 00:59:31,560
Xa recibimos varias denuncias.

505
00:59:34,480 --> 00:59:38,520
Quen encubra unha meiga,
tamén é cómplice.

506
01:00:25,200 --> 01:00:26,760
Maldita meiga!

507
01:00:34,600 --> 01:00:36,560
Es ti, meiga! Seino!

508
01:00:37,120 --> 01:00:40,760
Seguireite ata o inferno se é preciso!

509
01:01:05,800 --> 01:01:07,120
Atrápaa!

510
01:01:31,480 --> 01:01:33,960
<i>Ninguén o volveu ver.</i>

511
01:01:35,920 --> 01:01:39,520
<i>Mais din que, polas noites,</i>

512
01:01:40,240 --> 01:01:45,360
<i>hai quen oíu no monte
os asubíos de Mateo chamando polo can.</i>

513
01:01:46,760 --> 01:01:51,360
<i>O cura é unha alma en pena
e así seguirá, vagando,</i>

514
01:01:51,960 --> 01:01:55,560
<i>maldito, perseguindo a lebre</i>

515
01:01:56,360 --> 01:01:58,280
<i>para sempre.</i>

516
01:02:03,960 --> 01:02:06,480
<i>Non é verdade. Como sabes iso?</i>

517
01:02:06,560 --> 01:02:08,080
Non estabas aí.

518
01:02:08,160 --> 01:02:11,120
Contoumo o propio cura
antes de desaparecer.

519
01:02:11,200 --> 01:02:14,240
Basta de disimular. Sabémolo todo!

520
01:02:14,320 --> 01:02:18,600
Xurou que me gardaría o segredo
se testificaba.

521
01:02:18,680 --> 01:02:20,160
Admítelo?

522
01:02:20,240 --> 01:02:22,360
Asinaches a declaración contra Estertxi?

523
01:02:22,440 --> 01:02:24,040
Eu non...

524
01:02:24,120 --> 01:02:25,400
"Non" que?

525
01:02:25,480 --> 01:02:27,320
Non te obrigaron?

526
01:02:27,400 --> 01:02:29,560
- Fixéchelo libremente?
- Non!

527
01:02:29,640 --> 01:02:31,200
Di a verdade, panoca.

528
01:02:32,000 --> 01:02:36,680
O cura obrigoute a asinar
en troques de calar o teu con Maritxu.

529
01:02:37,160 --> 01:02:38,800
Sabémolo todo.

530
01:02:38,880 --> 01:02:42,240
Queimaron a Estertxi pola túa culpa.

531
01:02:42,960 --> 01:02:44,120
Que?

532
01:02:44,200 --> 01:02:47,480
Imaxina canto debeu sufrir
cando a queimaron.

533
01:02:47,680 --> 01:02:50,520
Eu... non sabía...

534
01:02:50,600 --> 01:02:53,320
Es culpable. Asasina!

535
01:02:53,400 --> 01:02:54,480
Non!

536
01:02:54,560 --> 01:02:57,200
Ti tamén
lles renderás contas ás meigas.

537
01:02:57,280 --> 01:03:00,520
Que meigas?
Non sodes máis que vellas tolas!

538
01:03:01,080 --> 01:03:03,000
Non somos, si somos...

539
01:03:03,560 --> 01:03:05,720
Mira que mil e unha somos.

540
01:03:10,080 --> 01:03:14,080
Virás connosco ao aquelarre.

541
01:03:17,440 --> 01:03:20,720
IV
O AQUELARRE

542
01:03:33,760 --> 01:03:35,000
Pello!

543
01:03:35,600 --> 01:03:36,800
Pello...

544
01:03:38,360 --> 01:03:40,640
Abre! Abre, por favor!

545
01:03:41,440 --> 01:03:43,520
Déixame entrar, por Deus!

546
01:03:46,600 --> 01:03:48,040
Maldita porca.

547
01:03:48,120 --> 01:03:51,200
- Querías envelenarme?
- Pello, por favor!

548
01:04:50,760 --> 01:04:51,920
Admíteo!

549
01:04:52,880 --> 01:04:54,000
Fixéchelo?

550
01:04:57,640 --> 01:04:58,640
Si.

551
01:05:00,160 --> 01:05:01,400
Fíxeno.

552
01:05:02,800 --> 01:05:05,680
Denuncieina, pero non quería.

553
01:05:05,760 --> 01:05:07,360
Tiña medo!

554
01:05:09,560 --> 01:05:10,880
Arrepíntome!

555
01:05:10,960 --> 01:05:12,160
Como foi?

556
01:05:12,880 --> 01:05:14,160
Viches a Estertxi?

557
01:07:04,960 --> 01:07:08,600
Non é culpa túa.

558
01:07:24,400 --> 01:07:26,200
Crémoste.

559
01:07:26,280 --> 01:07:28,440
Mais inda cargas coa culpa.

560
01:07:29,000 --> 01:07:30,800
Akerbeltz decidirá.

561
01:07:31,840 --> 01:07:34,880
El sabe a quen castigar
e a quen recompensar.

562
01:07:51,040 --> 01:07:52,320
Úntate.

563
01:07:55,640 --> 01:07:57,480
Prefires ir co teu home?

564
01:08:12,000 --> 01:08:13,800
Sobacos e entreperna.

565
01:08:35,240 --> 01:08:36,920
Repite connosco:

566
01:08:37,880 --> 01:08:40,120
"Por riba de todos os matos,

567
01:08:40,640 --> 01:08:43,040
por debaixo de todas as nubes".

568
01:08:44,080 --> 01:08:46,560
Por riba de todos os matos,

569
01:08:46,640 --> 01:08:49,440
por debaixo de todas as nubes!

570
01:10:31,480 --> 01:10:33,600
Por debaixo de todos os matos,

571
01:10:34,720 --> 01:10:38,080
por riba de todas as nubes!

572
01:11:56,400 --> 01:11:57,400
Kattalin!

573
01:11:59,920 --> 01:12:01,040
Axuda!

574
01:12:01,640 --> 01:12:03,000
Axuda!

575
01:12:07,000 --> 01:12:08,440
Axuda!

576
01:12:09,840 --> 01:12:10,840
Non!

577
01:12:19,760 --> 01:12:21,960
Non!

578
01:14:36,880 --> 01:14:38,880
<i>Os cornos</i>

579
01:14:39,480 --> 01:14:41,600
<i>da cabra.</i>

580
01:14:42,200 --> 01:14:44,160
<i>Os cornos</i>

581
01:14:44,920 --> 01:14:46,880
<i>da cabra.</i>

582
01:14:47,520 --> 01:14:49,480
<i>Os cornos</i>

583
01:14:50,240 --> 01:14:52,200
<i>da cabra.</i>

584
01:14:52,840 --> 01:14:55,360
<i>A cabra ten os cornos torcidos.</i>

585
01:14:55,440 --> 01:14:58,000
<i>Torcidos son os cornos da cabra.</i>

586
01:14:58,080 --> 01:15:00,720
<i>A cabra ten os cornos torcidos.</i>

587
01:15:00,800 --> 01:15:03,480
<i>Torcidos son os cornos da cabra.</i>

588
01:15:48,960 --> 01:15:51,360
<i>A cabra ten os cornos torcidos.</i>

589
01:15:51,440 --> 01:15:54,120
<i>Torcidos son os cornos da cabra.</i>

590
01:16:09,560 --> 01:16:12,320
<i>Akerbeltz, bico negro!</i>

591
01:19:54,240 --> 01:19:58,280
Kattalin...

592
01:21:50,120 --> 01:21:52,240
<i>Se así fose ou non fose,</i>

593
01:21:53,040 --> 01:21:55,120
<i>méteo na cabaza</i>

594
01:21:55,480 --> 01:21:57,840
<i>e que saia logo na praza.</i>

595
01:21:58,440 --> 01:22:00,600
<i>Mais, sexa ou non sexa,</i>

596
01:22:01,480 --> 01:22:03,640
<i>non creas que as hai</i>

597
01:22:04,080 --> 01:22:06,000
<i>e non digas que non as hai,</i>

598
01:22:06,840 --> 01:22:11,440
<i>ou virán pola noite e darante caza.</i>

599
01:23:22,360 --> 01:23:25,560
FAREMOS NOSOS
OS MONSTROS E AS MENTIRAS

600
01:23:25,800 --> 01:23:28,200
QUE CREASTES PARA SOMETERNOS.

601
01:23:28,520 --> 01:23:32,840
ALIMENTARÉMOLOS, MEDRARÁN
E VOLVERÉMOLOS CONTRA VÓS.

602
01:23:34,400 --> 01:23:37,040
DIRECCIÓN E GUIÓN

603
01:24:05,320 --> 01:24:08,160
PRODUTORES

604
01:24:10,320 --> 01:24:13,080
PRODUTORA EXECUTIVA

605
01:24:15,400 --> 01:24:18,480
DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA

606
01:24:20,920 --> 01:24:23,520
MONTAXE

607
01:24:25,920 --> 01:24:28,800
MÚSICA

608
01:24:31,280 --> 01:24:33,960
DIRECCIÓN DE ARTE

609
01:24:36,400 --> 01:24:39,200
DESEÑO DE VESTIARIO

610
01:24:41,400 --> 01:24:44,520
EFECTOS ESPECIAIS VISUAIS,
EFECTOS ESPECIAIS FÍSICOS

611
01:24:46,600 --> 01:24:49,760
MAQUILLAXE, PEITEADO
E EFECTOS ESPECIAIS DE MAQUILLAXE

612
01:24:51,560 --> 01:24:54,880
SON DIRECTO,
MONTAXE DE SON E MESTURA DE SON

613
01:24:56,840 --> 01:24:59,920
DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN,
AXUDANTE DE DIRECCIÓN

614
01:25:02,000 --> 01:25:04,960
DIRECCIÓN DE ELENCO



