1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX

3
00:00:16,760 --> 00:00:22,920
Este documental inclúe imaxes
que poden ferir sensibilidades,

4
00:00:23,000 --> 00:00:26,480
especialmente
as que amosan maltrato animal.

5
00:00:28,280 --> 00:00:31,600
Carlota Saorsa
infiltrouse 18 meses nun laboratorio

6
00:00:31,680 --> 00:00:33,240
de experimentación animal.

7
00:00:33,320 --> 00:00:36,200
Ata hoxe é a infiltración
máis longa da historia.

8
00:00:36,280 --> 00:00:38,880
Os feitos desta película son verídicos

9
00:00:38,960 --> 00:00:41,120
e son dunha investigación en curso.

10
00:00:42,320 --> 00:00:45,920
Para protexer
a identidade dalgunhas persoas,

11
00:00:46,000 --> 00:00:48,680
alteráronse nomes, voces e algúns lugares.

12
00:00:48,760 --> 00:00:51,920
Conforme as leis europeas
e a protección de testemuñas,

13
00:00:52,000 --> 00:00:54,320
parte da entrevista tivo que ser recreada.

14
00:01:04,080 --> 00:01:06,400
<i>Ola, son eu.</i>

15
00:01:06,480 --> 00:01:07,600
<i>Son Carlota.</i>

16
00:01:09,680 --> 00:01:10,920
<i>Perdón por desaparecer,</i>

17
00:01:11,000 --> 00:01:13,800
<i>pero acelerouse todo</i>
<i>e teño que falar contigo.</i>

18
00:01:14,920 --> 00:01:17,600
<i>Coñeces a miña situación</i>
<i>de testemuña protexida,</i>

19
00:01:18,960 --> 00:01:19,920
{\an8}<i>logo, por favor,</i>

20
00:01:20,000 --> 00:01:22,200
{\an8}<i>cando escoites esta mensaxe, bórraa.</i>

21
00:01:22,280 --> 00:01:24,280
<i>Non me fío nada desta rede.</i>

22
00:01:25,560 --> 00:01:28,160
<i>Nos próximos días</i>
<i>enviareiche todo o material</i>

23
00:01:28,240 --> 00:01:30,880
{\an8}<i>que gravei en 18 meses</i>
<i>cunha cámara oculta.</i>

24
00:01:31,800 --> 00:01:33,880
{\an8}<i>Intenteino documentar todo.</i>

25
00:01:33,960 --> 00:01:35,680
{\an8}<i>Non só é o maltrato animal.</i>

26
00:01:35,760 --> 00:01:38,400
<i>Vas entender cousas moi escuras que pasan.</i>

27
00:01:39,360 --> 00:01:41,760
{\an8}<i>Hai implicados con moito poder.</i>

28
00:01:41,840 --> 00:01:45,560
{\an8}<i>Espero que entendas</i>
<i>o comprometido e perigoso que é isto,</i>

29
00:01:45,640 --> 00:01:47,440
<i>porque tamén o é para ti.</i>

30
00:01:48,960 --> 00:01:51,720
<i>Dáme uns días</i>
<i>e direiche como chegar ata min.</i>

31
00:01:52,320 --> 00:01:54,720
<i>Atento ao segundo teléfono, si?</i>

32
00:01:56,320 --> 00:01:58,400
<i>Dende xa, pódelo documentar todo.</i>

33
00:02:02,680 --> 00:02:04,400
<i>Só che pido que contes a verdade.</i>

34
00:02:45,680 --> 00:02:52,000
INFILTRADA NO BÚNKER

35
00:02:59,840 --> 00:03:02,560
- Tes os billetes, non, Pablo?
- Teño.

36
00:03:02,640 --> 00:03:04,000
A que hora sae?

37
00:03:04,800 --> 00:03:07,800
Saímos en…

38
00:03:08,360 --> 00:03:09,200
catro horas.

39
00:03:09,280 --> 00:03:11,600
Como non sei o que podemos gravar,

40
00:03:11,680 --> 00:03:13,680
deume permiso para que gravemos

41
00:03:15,360 --> 00:03:17,120
todo o que poidamos.

42
00:03:17,200 --> 00:03:19,200
Vale. Teño aquí o trípode.

43
00:03:20,520 --> 00:03:21,640
- Imos?
- Veña.

44
00:03:27,640 --> 00:03:33,000
Basicamente a idea da entrevista
vén porque se vai volver infiltrar.

45
00:03:33,080 --> 00:03:35,000
Entón, como vai desaparecer…

46
00:03:35,080 --> 00:03:37,760
Canto vai desaparecer? Seis ou sete meses.

47
00:03:38,640 --> 00:03:39,800
Daquela,

48
00:03:40,520 --> 00:03:43,120
por se lle pasa algo,

49
00:03:43,800 --> 00:03:45,760
que o teñamos documentado.

50
00:03:48,040 --> 00:03:49,200
Nada máis.

51
00:03:49,720 --> 00:03:51,200
Deume todo o material.

52
00:03:51,280 --> 00:03:53,600
Teño uns 7000 arquivos.

53
00:03:53,680 --> 00:03:56,600
- Case dous anos, dixeches?
- Dezaoito meses.

54
00:04:08,720 --> 00:04:12,520
Ben. Quedei aquí con ela nuns dez minutos.

55
00:04:13,160 --> 00:04:15,880
Vouna agardar aquí onda a ponte.

56
00:04:15,960 --> 00:04:19,320
Se queredes…

57
00:04:19,400 --> 00:04:21,440
Ela sabe que imos estar gravando.

58
00:04:22,280 --> 00:04:23,680
Gravade dende o fondo.

59
00:04:24,800 --> 00:04:28,000
Vémonos logo preto da nora.

60
00:04:28,080 --> 00:04:29,360
- Veña.
- Ben.

61
00:04:29,440 --> 00:04:30,840
Ti e eu, para alá, Fer.

62
00:04:30,920 --> 00:04:31,880
Vamos.

63
00:04:31,960 --> 00:04:34,040
- Chamádeme co que sexa.
- Ben.

64
00:04:57,800 --> 00:05:01,920
Carlota Saorsa é testemuña protexida
pola causa penal aberta

65
00:05:02,000 --> 00:05:06,360
contra o laboratorio de experimentación
animal coñecido como Vivotecnia.

66
00:05:15,760 --> 00:05:19,320
Para protexer a súa identidade,

67
00:05:19,400 --> 00:05:22,880
a súa entrevista
será interpretada por unha actriz.

68
00:05:48,200 --> 00:05:51,680
Todas as súas declaracións e intencións

69
00:05:51,760 --> 00:05:56,320
foron reproducidas fielmente pola actriz.

70
00:05:57,800 --> 00:06:00,600
Ante todo, moitas grazas

71
00:06:01,200 --> 00:06:02,960
por dáresnos a entrevista.

72
00:06:03,040 --> 00:06:06,640
Sabes que hai bastante tempo
que te quero entrevistar.

73
00:06:06,720 --> 00:06:08,720
Estou máis nervioso eu ca ti.

74
00:06:08,800 --> 00:06:11,160
Primeiro, douche eu as grazas

75
00:06:11,240 --> 00:06:12,960
por dáresme voz

76
00:06:13,040 --> 00:06:15,480
e por querer contar

77
00:06:16,040 --> 00:06:18,640
esta historia.

78
00:06:19,920 --> 00:06:22,400
Comezamos polo principio.

79
00:06:23,360 --> 00:06:26,320
¿Hai algo na túa memoria
ou na túa infancia

80
00:06:26,400 --> 00:06:28,720
que fose un motor, un catalizador,

81
00:06:28,800 --> 00:06:32,560
que te fixese arrancar?

82
00:06:33,120 --> 00:06:36,000
Non, ou sexa, non me lembro moi ben

83
00:06:36,080 --> 00:06:38,520
porque era moi pequena,

84
00:06:38,600 --> 00:06:41,320
pero miña nai sempre me dicía e me di

85
00:06:41,840 --> 00:06:43,520
que dende ben pequena

86
00:06:43,600 --> 00:06:46,240
sempre tiven

87
00:06:46,320 --> 00:06:48,960
moita empatía polos animais.

88
00:06:49,040 --> 00:06:52,800
En xeral, por todo o que vía indefenso.

89
00:06:52,880 --> 00:06:55,400
Eu non o lembro, pero dime que unha vez

90
00:06:55,480 --> 00:06:57,440
vin unha matanza dun porco

91
00:06:58,080 --> 00:06:59,760
e intenteino salvar.

92
00:07:00,560 --> 00:07:04,280
Non sei. Imaxino que ese día

93
00:07:04,360 --> 00:07:06,640
xermolou xa algo en min, algo cambiou.

94
00:07:12,680 --> 00:07:15,080
Con 14 ou 15 anos, estaba na ESO

95
00:07:15,160 --> 00:07:18,240
e lembro que me empecei a interesar
máis activamente

96
00:07:18,320 --> 00:07:20,360
polos dereitos humanos, o feminismo…

97
00:07:24,000 --> 00:07:26,000
Encerrábame na biblioteca pública

98
00:07:26,080 --> 00:07:29,160
e buscaba información sobre xente

99
00:07:29,240 --> 00:07:30,760
que cambiara o mundo

100
00:07:30,840 --> 00:07:34,120
e a realidade coa súa loita,
coa súa desobediencia civil.

101
00:07:34,200 --> 00:07:37,040
DEFENSA ANIMAL

102
00:07:37,120 --> 00:07:39,080
Aí atopei referentes

103
00:07:39,160 --> 00:07:41,680
que seguen a ser referentes hoxe,

104
00:07:41,760 --> 00:07:44,960
coma Angela Davis, Rosa Parks,

105
00:07:45,040 --> 00:07:47,800
Emma Goldman ou Jane Goodall.

106
00:07:50,480 --> 00:07:54,600
Lembro que un día fixen coma un clic.

107
00:07:54,680 --> 00:07:59,040
Entendín que se quería
de verdade loitar polos animais,

108
00:07:59,120 --> 00:08:01,480
tíñao que tomar moi en serio.

109
00:08:03,000 --> 00:08:05,720
Fun á facultade de Veterinaria,
fíxenme técnica.

110
00:08:05,800 --> 00:08:08,360
Traballei en moitos hospitais.

111
00:08:09,000 --> 00:08:12,480
Fixen unha morea de cursos
e logo tamén estiven

112
00:08:12,560 --> 00:08:15,240
en santuarios,
aprendendo a coidar animais.

113
00:08:18,760 --> 00:08:22,120
Malia estar nos hospitais,
sentía que me faltaba algo.

114
00:08:23,600 --> 00:08:28,080
Non estaba a facer o que vira
que facían as miñas referentes.

115
00:08:29,120 --> 00:08:33,240
Deixei o traballo
e fun para Irlanda aprender inglés.

116
00:08:36,360 --> 00:08:39,800
E foi en Irlanda onde por vez primeira

117
00:08:39,880 --> 00:08:42,720
dei co movemento como tal,

118
00:08:42,800 --> 00:08:44,080
cos activistas.

119
00:08:44,160 --> 00:08:46,280
{\an8}- Que queremos?
- A liberación animal!

120
00:08:46,360 --> 00:08:48,000
{\an8}- Cando o queremos?
- Agora!

121
00:08:48,080 --> 00:08:49,840
NON SON UN NÚMERO
SON ALGUÉN

122
00:08:49,920 --> 00:08:51,400
ÚNETE AO VEGANISMO

123
00:08:51,480 --> 00:08:52,800
Quedei pampa.

124
00:08:52,880 --> 00:08:55,880
Lembro que collín uns panfletos,
fun a un cíber

125
00:08:55,960 --> 00:08:58,800
e comecei a buscar información

126
00:08:58,880 --> 00:09:01,240
da loita polos dereitos dos animais.

127
00:09:01,320 --> 00:09:04,200
BUSCA NA WEB

128
00:09:05,560 --> 00:09:08,880
E aí dei co vídeo de Britches,

129
00:09:09,560 --> 00:09:12,080
que é un macaco que liberaron

130
00:09:12,160 --> 00:09:14,480
nun laboratorio dos EUA.

131
00:09:17,160 --> 00:09:19,320
{\an8}<i>Parecía un campo de concentración,</i>

132
00:09:19,400 --> 00:09:21,320
{\an8}<i>frío e estéril.</i>

133
00:09:21,400 --> 00:09:24,880
{\an8}<i>Atopamos a Britches só nunha caixa</i>
<i>cun sonar na cabeza</i>

134
00:09:25,360 --> 00:09:29,280
{\an8}<i>que emitía un son estridente e constante</i>
<i>que o volvera neurótico.</i>

135
00:09:29,360 --> 00:09:31,560
{\an8}IMAXES PROPORCIONADAS POR PETA

136
00:09:31,760 --> 00:09:35,320
{\an8}<i>Non podiamos quedar sentados</i>
<i>cando Britches e outros animais</i>

137
00:09:35,400 --> 00:09:38,360
{\an8}<i>eran mutilados e atormentados cada día</i>

138
00:09:38,440 --> 00:09:40,600
{\an8}<i>por xente á que tanto lle daba.</i>

139
00:09:43,680 --> 00:09:45,440
{\an8}<i>Tiñámolos que sacar de alí.</i>

140
00:09:52,120 --> 00:09:54,680
{\an8}Deume esperanza porque vin que había xente

141
00:09:54,760 --> 00:09:58,040
que estaba a gravar, a axudar

142
00:09:58,120 --> 00:09:59,520
e a liberar animais.

143
00:10:00,160 --> 00:10:04,360
Non sei.
Ese vídeo foi un antes e un despois.

144
00:10:04,440 --> 00:10:07,040
E así coñecín a ALF,

145
00:10:07,120 --> 00:10:09,880
a Fronte de Liberación Animal.

146
00:10:11,080 --> 00:10:13,640
{\an8}ALF
XULLO 1985

147
00:10:17,720 --> 00:10:19,480
{\an8}Se tomas isto en serio,

148
00:10:20,480 --> 00:10:23,800
{\an8}lograr dereitos para os animais
e acabar co sufrimento,

149
00:10:23,880 --> 00:10:26,920
{\an8}tes que esperar

150
00:10:27,800 --> 00:10:29,640
{\an8}que pagarás un prezo.

151
00:10:29,720 --> 00:10:33,120
Que lle dá dereito a usar a violencia

152
00:10:33,200 --> 00:10:34,800
para conseguir o seu fin?

153
00:10:34,880 --> 00:10:36,680
Primeiro, non uso a violencia.

154
00:10:36,760 --> 00:10:39,200
{\an8}O que digo é que a xente usa a violencia

155
00:10:39,280 --> 00:10:43,040
{\an8}todos os días dun xeito desmesurado
contra animais inocentes.

156
00:10:43,120 --> 00:10:45,520
{\an8}Eu defendo que animais e humanos

157
00:10:45,600 --> 00:10:47,840
{\an8}teñen o mesmo dereito a vivir,

158
00:10:47,920 --> 00:10:50,760
{\an8}a que os protexan da crueldade,
do tipo que sexa.

159
00:10:50,840 --> 00:10:52,080
{\an8}É sentido común.

160
00:10:52,160 --> 00:10:56,000
{\an8}Todos temos dereito
a vivir sen dor nin sufrimento.

161
00:10:56,520 --> 00:10:59,760
Non te preocupes se a xente non escoita

162
00:10:59,840 --> 00:11:02,640
ou se pon a outra meixela. Sempre foi así.

163
00:11:03,280 --> 00:11:05,920
Teñen feito iso con cada loita.

164
00:11:07,080 --> 00:11:09,960
{\an8}E esa loita ás veces
implica unha vida incómoda.

165
00:11:10,960 --> 00:11:13,320
Arriscamos a nosa vida por isto,

166
00:11:13,400 --> 00:11:15,680
e farémolo ata que remate.

167
00:11:16,320 --> 00:11:18,480
Unha activista polos animais morre

168
00:11:18,560 --> 00:11:20,920
detendo o transporte de animais vivos.

169
00:11:23,400 --> 00:11:26,280
{\an8}Hai dous meses,
algunhas farmacéuticas internacionais

170
00:11:26,360 --> 00:11:28,080
{\an8}déronlle ao goberno un ultimato.

171
00:11:28,600 --> 00:11:31,160
{\an8}Ou acababan cos animalistas extremistas

172
00:11:31,240 --> 00:11:33,840
{\an8}ou sacarían as fábricas e os laboratorios

173
00:11:33,920 --> 00:11:35,440
do Reino Unido.

174
00:11:38,800 --> 00:11:42,600
A industria da vivisección
move moitos cartos.

175
00:11:44,000 --> 00:11:45,880
{\an8}A xente que dirixe os medios,

176
00:11:45,960 --> 00:11:48,400
{\an8}en gran medida, é a mesma xente.

177
00:11:49,000 --> 00:11:50,840
ALF AMEAZA OS TRABALLADORES DE GLAXO

178
00:11:50,920 --> 00:11:52,800
ECOTERRORISMO, A MAIOR AMEAZA DO PAÍS

179
00:11:52,880 --> 00:11:54,640
Daquela interesáballes

180
00:11:54,720 --> 00:11:58,440
persuadir a xente
para que nos tachase de terroristas.

181
00:11:58,520 --> 00:12:01,240
Segundo o FBI, os animalistas

182
00:12:01,320 --> 00:12:03,400
son a maior ameaza terrorista dos EUA.

183
00:12:05,680 --> 00:12:08,280
Eu sempre nos considerei antiterroristas.

184
00:12:08,360 --> 00:12:11,640
Terrorismo
era o que lles facían aos animais.

185
00:12:11,720 --> 00:12:14,960
ANIMALISTA ENCARCERADO

186
00:12:15,040 --> 00:12:18,840
Cando volviches a España,
fixeches xa acción directa?

187
00:12:20,200 --> 00:12:22,960
Algo fixen,

188
00:12:23,040 --> 00:12:25,520
pero, sobre todo, apoiaba dende fóra.

189
00:12:25,600 --> 00:12:28,520
Aí coñecín un compañeiro
que se fai chamar Kurda.

190
00:12:29,080 --> 00:12:33,720
El fai, sobre todo,
investigacións encubertas en granxas.

191
00:12:33,800 --> 00:12:38,440
Vin expresamente a Madrid
para estar máis preto de Kurda.

192
00:12:38,520 --> 00:12:40,480
Traballei nun hospital veterinario.

193
00:12:40,560 --> 00:12:42,120
Tiña quenda de noite.

194
00:12:42,200 --> 00:12:44,080
Pero non eran moitas horas.

195
00:12:44,160 --> 00:12:46,640
Tiña que buscar outro traballo para vivir.

196
00:12:50,680 --> 00:12:54,040
E foi así como estaba mirando en Internet

197
00:12:54,760 --> 00:12:57,280
e atopei a oferta de traballo:

198
00:12:58,360 --> 00:13:01,400
"Oferta de traballo
para técnico de veterinaria

199
00:13:01,480 --> 00:13:04,120
nun laboratorio
de experimentación animal."

200
00:13:05,200 --> 00:13:07,880
Axiña entrei a buscar en Internet.

201
00:13:11,120 --> 00:13:14,520
E vin que era unha CRO,
un laboratorio por contrato.

202
00:13:15,080 --> 00:13:18,440
Traballaban con ratas,
ratos, coellos, porcos,

203
00:13:18,520 --> 00:13:21,040
cans e primates.

204
00:13:21,120 --> 00:13:25,000
O primeiro que fixen foi chamar a Kurda.

205
00:13:26,080 --> 00:13:30,800
Meu, mira o que che mandei.
Atopeino buscando choio.

206
00:13:31,960 --> 00:13:34,400
Estou flipando. Dime cando o vexas, si?

207
00:13:35,240 --> 00:13:36,360
Veña, chao.

208
00:13:38,560 --> 00:13:40,880
Entrar nun laboratorio de experimentación

209
00:13:41,360 --> 00:13:43,880
é practicamente imposible.

210
00:13:44,400 --> 00:13:46,440
Pero sentinme coa responsabilidade

211
00:13:46,520 --> 00:13:49,960
xa só do xesto de mandar o currículo,
e mandeino.

212
00:13:50,040 --> 00:13:51,800
{\an8}SOBRE MIN

213
00:13:57,080 --> 00:14:00,400
Ao día seguinte,
mentres seguía a buscar traballo,

214
00:14:00,480 --> 00:14:01,560
soou o teléfono.

215
00:14:02,040 --> 00:14:04,040
NÚMERO DESCOÑECIDO

216
00:14:06,520 --> 00:14:08,200
- Si?
- Ola.

217
00:14:09,080 --> 00:14:12,560
Chámote de Vivotecnia.
Recibimos o teu currículo

218
00:14:12,640 --> 00:14:14,480
e encaixas no perfil.

219
00:14:15,240 --> 00:14:19,400
Quedei un par de segundos conxelada.

220
00:14:20,600 --> 00:14:23,160
Si, dime.

221
00:14:23,240 --> 00:14:26,000
De súpeto
estaba nunha entrevista telefónica,

222
00:14:26,080 --> 00:14:27,680
sen preparar, improvisando.

223
00:14:27,760 --> 00:14:31,160
O teu nivel de estudos
concorda co posto que ofrecemos.

224
00:14:31,240 --> 00:14:35,160
Cóntame a túa experiencia
no hospital con animais.

225
00:14:35,960 --> 00:14:39,320
A miña experiencia foi moi boa.
Normal, boa.

226
00:14:39,400 --> 00:14:42,960
- Encántanme os animais, de feito.
- Ben, aquí…

227
00:14:43,040 --> 00:14:46,000
Aquí traballamos moi duro.
Traballamos con animais

228
00:14:46,080 --> 00:14:48,440
e tomamos moi en serio o noso traballo.

229
00:14:48,520 --> 00:14:52,200
Si, enténdoo perfectamente.

230
00:14:53,000 --> 00:14:55,040
Si, ningún problema.

231
00:14:55,120 --> 00:14:57,200
Dentro duns días vante citar

232
00:14:57,280 --> 00:14:58,920
para unha entrevista persoal.

233
00:14:59,920 --> 00:15:01,920
Abofé, perfecto, si.

234
00:15:02,000 --> 00:15:03,400
E colgoume.

235
00:15:05,200 --> 00:15:06,560
Quedei en <i>shock.</i>

236
00:15:07,160 --> 00:15:09,760
O primeiro que fixen
foi contarllo a Kurda.

237
00:15:11,080 --> 00:15:13,800
Buah, meu, chamáronme.
Moi forte!

238
00:15:15,800 --> 00:15:17,440
Que nervios.

239
00:15:21,120 --> 00:15:23,000
É moi difícil que te seleccionen.

240
00:15:25,040 --> 00:15:27,520
Se me seleccionan, vasme apoiar?

241
00:15:35,840 --> 00:15:37,680
Eu non paraba de darlle voltas.

242
00:15:37,760 --> 00:15:41,480
Comecei a buscar en Internet
referencias ou…

243
00:15:41,560 --> 00:15:43,760
Porque eu non tiña

244
00:15:43,840 --> 00:15:47,840
ningún exemplo de ninguén
que se infiltrase nun laboratorio.

245
00:15:47,920 --> 00:15:51,960
O que tiña claro
é que non podía ser eu mesma.

246
00:15:52,040 --> 00:15:54,920
Tiña que inventar unha personaxe.

247
00:15:57,280 --> 00:16:00,720
O meu xeito de falar,
de moverme, de vestir…

248
00:16:01,480 --> 00:16:02,920
Non me ían contratar.

249
00:16:11,240 --> 00:16:14,680
Tiven que crer nesa personaxe.

250
00:16:25,760 --> 00:16:29,200
Xamais pensei nese momento
que esa personaxe ía quedar

251
00:16:29,280 --> 00:16:30,360
tanto tempo comigo.

252
00:16:32,120 --> 00:16:35,320
Lembras o momento de cruzares

253
00:16:35,400 --> 00:16:39,320
- as portas para a entrevista?
- Lémbroo perfectamente.

254
00:17:00,320 --> 00:17:02,880
Atravesamos corredores moi longos

255
00:17:03,560 --> 00:17:06,080
cunha tarxeta que abría e pechaba portas.

256
00:17:07,680 --> 00:17:10,560
Non había fiestra ningunha ao exterior.

257
00:17:11,200 --> 00:17:13,000
Por iso lle chamei "o búnker".

258
00:17:15,440 --> 00:17:18,360
A entrevista foi normal ou…?

259
00:17:18,440 --> 00:17:22,280
Si, preguntáronme
pola miña dispoñibilidade,

260
00:17:22,360 --> 00:17:26,280
se tiña coche, se tiña mascota…

261
00:17:26,360 --> 00:17:30,560
Apuntou un par de cousas máis
no ordenador, ergueuse e díxome…

262
00:17:31,720 --> 00:17:36,080
Ben, Carlota, por min xa estaría.

263
00:17:36,160 --> 00:17:40,080
Agora veñen dous compañeiros
para continuaren coa entrevista.

264
00:17:40,160 --> 00:17:42,400
- Aspectos máis técnicos.
- Claro.

265
00:17:42,480 --> 00:17:46,120
No momento pareceume raro,
pero deume tempo

266
00:17:46,880 --> 00:17:48,520
para respirar e relaxarme.

267
00:17:58,680 --> 00:18:00,160
Ola.

268
00:18:01,520 --> 00:18:03,000
Quen foi?

269
00:18:03,680 --> 00:18:06,840
Viñeron Rebeca e a súa adxunta.

270
00:18:07,640 --> 00:18:09,920
E metralláronme a preguntas técnicas

271
00:18:10,000 --> 00:18:13,080
e a preguntas
sobre a miña experiencia no hospital.

272
00:18:13,160 --> 00:18:15,280
Imaxino que o que querían

273
00:18:15,360 --> 00:18:18,120
era ver que o que puña
no currículo era certo.

274
00:18:18,200 --> 00:18:21,120
Eu obviamente
respondín ben a todas as preguntas.

275
00:18:22,840 --> 00:18:24,960
Mesmo me fixeron preguntas en inglés

276
00:18:25,040 --> 00:18:27,320
para probar o meu inglés científico.

277
00:18:27,400 --> 00:18:30,320
Tamén tiven que facer
un exame técnico e teórico

278
00:18:30,400 --> 00:18:32,440
diante delas con formulación e todo.

279
00:18:35,640 --> 00:18:37,280
Era difícil, pero fíxeno ben.

280
00:18:38,560 --> 00:18:40,880
Ao final da entrevista,

281
00:18:40,960 --> 00:18:44,720
a cousa púxose un pouco máis tensa.

282
00:18:45,840 --> 00:18:47,760
Mira, vouche ser sincera.

283
00:18:49,680 --> 00:18:52,080
Aquí facemos experimentación animal.

284
00:18:54,160 --> 00:18:55,800
Tes algún conflito con iso?

285
00:18:57,040 --> 00:19:00,800
Non. Eu estou a favor
da experimentación animal.

286
00:19:02,920 --> 00:19:04,080
Moi ben.

287
00:19:06,600 --> 00:19:10,080
Agarda uns minutos.
Un compañeiro vaiche amosar o laboratorio.

288
00:19:11,160 --> 00:19:12,760
Ben. Grazas.

289
00:19:22,960 --> 00:19:25,200
Non sabía se estaba preparada

290
00:19:25,880 --> 00:19:29,520
para afrontar iso,
non sabía como ía reaccionar.

291
00:19:29,600 --> 00:19:32,160
E mentres o asimilaba,

292
00:19:32,240 --> 00:19:34,840
entrou un mozo moi alto e díxome:

293
00:19:34,920 --> 00:19:37,400
"Ven, vouche ensinar os laboratorios."

294
00:19:38,720 --> 00:19:41,240
Nada máis entrar, xa escoitaba os prantos,

295
00:19:41,320 --> 00:19:43,640
os ouveos dos cans.

296
00:19:44,720 --> 00:19:47,080
Tamén lembro que cheiraba.

297
00:19:47,160 --> 00:19:50,240
Fedía a pis e a merda.

298
00:19:52,520 --> 00:19:55,800
Hostia, foi impactante.
Había catro corredores

299
00:19:55,880 --> 00:19:59,160
cheos de gaiolas ateigadas de cachorros

300
00:19:59,240 --> 00:20:03,560
desesperados por saíren,
por atravesaren os barrotes.

301
00:20:04,240 --> 00:20:07,520
E xa cando pensaba
que saïamos de alí, díxome:

302
00:20:07,600 --> 00:20:09,680
"Agarda. Agora vouche amosar

303
00:20:10,280 --> 00:20:11,880
o laboratorio de primates."

304
00:20:12,680 --> 00:20:14,200
E foi como: "Hostia."

305
00:20:14,960 --> 00:20:17,920
Entroume medo, pero tamén emoción.

306
00:20:18,000 --> 00:20:21,280
Pensei: "Non me van ensinar isto
se non me contratan."

307
00:20:27,800 --> 00:20:31,520
O primeiro que vin ao entrar
foi un macaco con alopecia.

308
00:20:32,520 --> 00:20:34,360
Imaxino que era do estrés.

309
00:20:34,880 --> 00:20:37,320
Non había fiestra ningunha ao exterior.

310
00:20:38,080 --> 00:20:42,000
Respirábase o medo alí.
Eu non os podía nin mirar.

311
00:21:09,200 --> 00:21:10,480
Quería chorar,

312
00:21:10,560 --> 00:21:11,960
pero non podía.

313
00:21:15,680 --> 00:21:17,880
Cheguei á casa e sentei no sofá.

314
00:21:23,200 --> 00:21:25,280
Non tivera tempo nin de cambiarme

315
00:21:25,360 --> 00:21:28,960
nin de falar con Kurda
cando soou o teléfono e era Marina.

316
00:21:34,440 --> 00:21:35,280
Si?

317
00:21:35,360 --> 00:21:37,080
Díxome que me contrataran,

318
00:21:37,160 --> 00:21:40,040
que me ían citar un día
para asinar o contrato.

319
00:21:40,880 --> 00:21:44,920
Moi ben, pois envíoche
un correo co contrato e vémonos nuns días.

320
00:21:46,040 --> 00:21:49,400
- Estupendo, grazas.
- Benvida.

321
00:21:52,160 --> 00:21:54,440
Non sei como o fixen,

322
00:21:57,000 --> 00:21:58,000
pero estaba dentro.

323
00:22:01,600 --> 00:22:04,200
Consegues entrar e vas xa aos animalarios?

324
00:22:04,280 --> 00:22:05,840
Non.

325
00:22:05,920 --> 00:22:09,680
Eu pensaba que si,
que ía directamente aos animalarios.

326
00:22:09,800 --> 00:22:11,200
DÍA 1
PRIMEIRO DÍA NO BÚNKER

327
00:22:11,280 --> 00:22:15,440
Pero non. Os primeiros días,
sobre todo, paseinos lendo PDF

328
00:22:15,520 --> 00:22:18,160
e facendo exames na oficina e na casa.

329
00:22:21,520 --> 00:22:23,680
{\an8}Na formación debía sacar tres carnés

330
00:22:23,760 --> 00:22:25,600
{\an8}no centro sanitario de Madrid.

331
00:22:28,160 --> 00:22:30,960
Era parte do contrato, para ser técnica.

332
00:22:34,080 --> 00:22:37,000
Daquela compaxinei os estudos
con ser coidadora.

333
00:22:41,640 --> 00:22:43,320
{\an8}Eu intentaba ser discreta,

334
00:22:43,920 --> 00:22:45,440
{\an8}pasar desapercibida.

335
00:22:47,440 --> 00:22:50,040
Observaba os compañeiros.
Sobre todo, no comedor.

336
00:22:51,360 --> 00:22:53,680
{\an8}Entendín que tiña que identificar

337
00:22:53,760 --> 00:22:57,040
{\an8}os xefes dos estudos,
os técnicos máis cualificados…

338
00:22:58,800 --> 00:23:02,960
{\an8}O típico que farías
en calquera traballo os primeiros días.

339
00:23:09,680 --> 00:23:12,040
{\an8}Intuitivamente,
alén de analizar as persoas,

340
00:23:12,120 --> 00:23:15,560
tamén tiña que comprender
como funcionaba o laboratorio:

341
00:23:15,640 --> 00:23:17,800
onde estaban as cámaras, as portas,

342
00:23:17,880 --> 00:23:19,800
os horarios, as quendas…

343
00:23:22,160 --> 00:23:24,200
Había moitas medidas de seguridade.

344
00:23:24,280 --> 00:23:27,440
Fixen unha especie de mapa do búnker,

345
00:23:27,520 --> 00:23:30,080
quen era quen e onde estaba cada cousa.

346
00:23:31,440 --> 00:23:34,680
O que non tiña nin idea de como ía facer

347
00:23:34,760 --> 00:23:37,960
era como ía sacar imaxes de dentro.
Iso si que non.

348
00:23:38,920 --> 00:23:42,000
Observando, reparei en que nos animalarios

349
00:23:42,080 --> 00:23:43,360
non permitían móbiles,

350
00:23:43,440 --> 00:23:46,160
malia que había compañeiros que os metían.

351
00:23:46,240 --> 00:23:48,040
Eu non me ía arriscar a iso.

352
00:23:48,120 --> 00:23:50,320
Non era viable que entrase co móbil.

353
00:23:50,880 --> 00:23:52,520
Entón comecei a investigar,

354
00:23:52,600 --> 00:23:55,640
a buscar dispositivos de gravación.

355
00:23:55,720 --> 00:23:58,600
Pregunteille a Kurda, que sabía máis.

356
00:23:59,360 --> 00:24:02,040
{\an8}Pero todos os que atopaba
ou os que me dicía

357
00:24:02,120 --> 00:24:05,040
{\an8}eran de botón.

358
00:24:05,120 --> 00:24:07,400
E co protocolo dos animalarios

359
00:24:07,480 --> 00:24:11,040
de quitar e pór batas,

360
00:24:11,120 --> 00:24:12,600
non era viable.

361
00:24:13,440 --> 00:24:16,200
{\an8}Se quería gravalo todo,

362
00:24:16,280 --> 00:24:18,760
{\an8}gravar <i>in situ </i>un procedemento,

363
00:24:18,840 --> 00:24:21,720
tiña que poder levar
a cámara enriba todo o tempo.

364
00:24:22,720 --> 00:24:25,200
Daquela ocorréuseme o das lentes.

365
00:24:29,040 --> 00:24:31,880
<i>E co material que facemos? Doucho?</i>

366
00:24:31,960 --> 00:24:34,200
<i>Quedamos e doucho unha vez á semana?</i>

367
00:24:34,560 --> 00:24:35,600
{\an8}DÍA 60
ENCONTRO KURDA

368
00:24:35,680 --> 00:24:37,040
{\an8}Cada dúas, mellor.

369
00:24:37,760 --> 00:24:40,960
{\an8}No aparcamento
do centro comercial onda a túa casa.

370
00:24:41,040 --> 00:24:42,960
- Perfecto.
- Subo eu no teu coche.

371
00:24:43,040 --> 00:24:45,280
Si? Ninguén máis pode ter o material.

372
00:24:45,360 --> 00:24:47,480
- Claro.
- E cando me entregues algo,

373
00:24:47,560 --> 00:24:49,360
tes que estar soa.

374
00:24:50,800 --> 00:24:54,800
Non deberías estar dentro
máis de dous meses.

375
00:24:55,800 --> 00:24:58,160
Eu fago o que podo.

376
00:24:58,240 --> 00:25:01,600
Aínda me estou a situar. Teño que…

377
00:25:01,680 --> 00:25:04,200
- Teño que traballar.
- Xa.

378
00:25:04,280 --> 00:25:05,640
Ti grava o que poidas

379
00:25:05,720 --> 00:25:08,320
e vemos se podemos
colgar o material nalgún medio.

380
00:25:09,200 --> 00:25:10,920
- Ben.
- Eu vou tirando.

381
00:25:11,000 --> 00:25:12,600
Moitas grazas, Kurda.

382
00:25:12,680 --> 00:25:14,800
Se precisas calquera cousa,

383
00:25:14,880 --> 00:25:16,440
- chámasme, si?
- Ben.

384
00:25:17,760 --> 00:25:19,400
Chao, grazas.

385
00:25:22,040 --> 00:25:24,000
Eu levo lentes normalmente

386
00:25:24,080 --> 00:25:26,120
e ocorréuseme…

387
00:25:27,000 --> 00:25:28,520
unha parvada, a verdade:

388
00:25:28,600 --> 00:25:32,480
que ía cambiar as lentes
porque as miñas lentes da rúa

389
00:25:32,560 --> 00:25:35,120
non as quería romper porque eran caras,

390
00:25:35,200 --> 00:25:37,040
e que ía pór outras

391
00:25:37,120 --> 00:25:40,560
por se ao manipular os animais, rompían.

392
00:25:40,640 --> 00:25:41,840
E funcionou.

393
00:25:46,400 --> 00:25:49,160
Lembras o primeiro día que gravaches?

394
00:25:49,240 --> 00:25:52,560
- Como foi ese primeiro momento?
- Lembro, si.

395
00:25:55,280 --> 00:25:58,840
A primeira vez que gravei
foi limpando as gaiolas.

396
00:26:00,480 --> 00:26:04,760
DÍA 65
PRIMEIRA GRAVACIÓN DE CÁMARA OCULTA

397
00:26:04,840 --> 00:26:07,080
Estaba moi nerviosa.

398
00:26:07,160 --> 00:26:09,520
Pensaba que me ían cachar todo o tempo.

399
00:26:09,600 --> 00:26:12,960
- Si.
- Eu vou entrar tamén.

400
00:26:13,040 --> 00:26:14,280
Ti vas entrar tamén?

401
00:26:14,360 --> 00:26:17,720
O máis próximo á porta.
Na mesma porta, vale?

402
00:26:20,320 --> 00:26:22,240
Ben, valo metendo.

403
00:26:23,120 --> 00:26:25,360
Agora o vemos.

404
00:27:07,440 --> 00:27:09,800
Veña, vamos! Veña!

405
00:27:11,520 --> 00:27:13,120
Ide para alá!

406
00:27:14,160 --> 00:27:15,480
Vamos para alá!

407
00:27:15,560 --> 00:27:17,200
Ides para a outra.

408
00:27:19,360 --> 00:27:21,280
Vamos!

409
00:27:21,360 --> 00:27:23,160
Vamos para alá!

410
00:27:26,800 --> 00:27:29,720
Vamos, vamos!

411
00:28:07,720 --> 00:28:09,400
E lembro

412
00:28:09,480 --> 00:28:14,960
o ruído dos cans,
desesperados por saíren das gaiolas.

413
00:28:15,040 --> 00:28:18,080
Choraban, movían o rabo…
Estaban desesperados.

414
00:28:18,160 --> 00:28:20,080
Eran cachorros de menos dun ano

415
00:28:20,160 --> 00:28:22,080
e quedábanlles tres meses de estudo

416
00:28:23,000 --> 00:28:25,680
antes de sacrificalos.

417
00:28:33,240 --> 00:28:35,920
Aí foi cando vin por primeira vez

418
00:28:36,000 --> 00:28:38,480
unha cadeliña, a Número 32.

419
00:28:38,560 --> 00:28:41,880
Estaba sentada, coa cabeza nos barrotes
e a mirada perdida.

420
00:28:45,240 --> 00:28:46,760
Non sei, era…

421
00:28:46,840 --> 00:28:48,480
Non era coma os demais.

422
00:28:48,560 --> 00:28:53,080
Parecía que tiña conciencia
de que estaba aí para morrer.

423
00:28:53,760 --> 00:28:55,560
Nunca vira unha mirada tan triste.

424
00:29:02,760 --> 00:29:04,080
COPIA DE SEGURIDADE

425
00:29:04,160 --> 00:29:05,600
TEMPO RESTANTE: 3 MINUTOS

426
00:29:05,680 --> 00:29:08,760
Logo ía á casa,
transfería o material, facía unha copia

427
00:29:08,840 --> 00:29:13,680
e facía anotacións nun diario
sobre as imaxes que gravara.

428
00:29:16,520 --> 00:29:19,920
{\an8}E cada dúas semanas
entregáballe o material a Kurda

429
00:29:20,000 --> 00:29:22,280
{\an8}e el clasificábao.

430
00:29:27,040 --> 00:29:30,280
{\an8}Moitas veces as cámaras
fallaban ou quedaban sen batería

431
00:29:30,360 --> 00:29:32,200
{\an8}ou gravaran mal.

432
00:29:32,280 --> 00:29:35,080
{\an8}Era frustrante
porque sentía que perdera un día.

433
00:29:38,200 --> 00:29:41,200
{\an8}Pasaban os meses
e eu sentíame máis cómoda gravando,

434
00:29:41,280 --> 00:29:44,120
{\an8}máis solta e confiada,

435
00:29:44,200 --> 00:29:47,520
{\an8}pero a sensación de que me ían pillar
estivo sempre.

436
00:29:50,040 --> 00:29:53,880
{\an8}E malia que o estrés era alto…

437
00:29:55,200 --> 00:29:56,560
{\an8}Ben.

438
00:29:56,640 --> 00:30:00,480
{\an8}…conseguín facer horas extra
e traballar as fins de semana,

439
00:30:00,560 --> 00:30:02,880
{\an8}o cal me permitía gravar soa

440
00:30:02,960 --> 00:30:06,560
{\an8}e tamén pasar tempo coa Número 32.

441
00:30:12,440 --> 00:30:15,840
Era estraño, parecía que dende o principio

442
00:30:17,440 --> 00:30:19,240
sabía quen era eu.

443
00:30:29,720 --> 00:30:32,680
- Vese, non?
- Que non.

444
00:30:32,760 --> 00:30:34,760
Non serve o que estás a gravar.

445
00:30:34,840 --> 00:30:38,280
Porque aínda estou de coidadora
e non entrei nos estudos.

446
00:30:39,320 --> 00:30:42,160
O que ti digas, pero a metade non serve.

447
00:30:42,240 --> 00:30:46,280
Está desenfocado.
Tes que gravar con máis criterio.

448
00:30:46,360 --> 00:30:47,440
Pero que dis?

449
00:30:47,520 --> 00:30:49,240
Hostia, tes que apuntar mellor!

450
00:30:49,320 --> 00:30:52,600
Queda quieta, cona!
A metade do tempo estás movéndote.

451
00:30:52,680 --> 00:30:55,320
Como vou quedar quieta? Estou a traballar.

452
00:30:55,400 --> 00:30:58,440
- Traballo, hostia!
- Nin hostias nin carallos.

453
00:30:58,520 --> 00:31:01,680
Se ese vai ser o material,
deberías parar a infiltración.

454
00:31:01,760 --> 00:31:03,640
Vannos cachar por culpa túa.

455
00:31:03,720 --> 00:31:06,680
- E eu non quero que me deteñan.
- Mira, xa. Para.

456
00:31:06,760 --> 00:31:08,080
Vai á merda.

457
00:31:12,920 --> 00:31:16,480
Se pensas que paga a pena
estar aí para sacar estas imaxes…

458
00:31:16,560 --> 00:31:18,160
Así non me axudas.

459
00:31:18,240 --> 00:31:20,160
É que así non me axudas.

460
00:31:20,240 --> 00:31:21,840
A que está dentro son eu.

461
00:31:21,920 --> 00:31:25,920
Xa, pero non paga a pena estar aí dentro
para sacar esta merda.

462
00:31:26,000 --> 00:31:27,240
As cousas como son.

463
00:31:27,320 --> 00:31:29,440
- Pénsao, anda.
- Ben, pénsao ti.

464
00:31:30,440 --> 00:31:32,920
Ala, rómpeme o coche.

465
00:31:41,320 --> 00:31:43,440
Parecía sempre o mesmo día.

466
00:31:48,800 --> 00:31:51,560
Todos os días parecíanse demasiado.

467
00:31:51,640 --> 00:31:53,280
Espertaba ás 6:30,

468
00:31:54,240 --> 00:31:56,360
revisaba as baterías das cámaras

469
00:31:56,440 --> 00:32:00,040
e as copias de seguridade
que transferira o día anterior,

470
00:32:06,000 --> 00:32:09,080
enviáballe un informe a Kurda,
el nunca respondía.

471
00:32:12,880 --> 00:32:16,920
Despois conducía
unha hora e media ao meu traballo.

472
00:32:20,600 --> 00:32:23,280
Durante un tempo intentei gravar

473
00:32:23,360 --> 00:32:27,320
como me pedira Kurda, pero era imposible.

474
00:32:28,480 --> 00:32:30,040
Chamaba moito a atención.

475
00:32:31,120 --> 00:32:33,800
Debía traballar e actuar con normalidade.

476
00:32:45,720 --> 00:32:47,800
E malia intentalo,

477
00:32:48,400 --> 00:32:50,840
non conseguín as imaxes que el buscaba.

478
00:32:59,760 --> 00:33:02,720
Esa rutina globalmente como era?

479
00:33:02,800 --> 00:33:05,080
- Había estrés no traballo?
- Moitísimo.

480
00:33:08,120 --> 00:33:13,400
{\an8}Se xa o ambiente era tóxico e estresante,

481
00:33:16,400 --> 00:33:18,680
volveuse aínda máis tenso

482
00:33:18,760 --> 00:33:22,440
porque notaba a competición
entre os compañeiros.

483
00:33:22,520 --> 00:33:26,080
Porque se non te escollían
para faceres un estudo, botábante.

484
00:33:31,400 --> 00:33:33,280
Tiña que ser 100 % eficiente

485
00:33:33,360 --> 00:33:35,920
cando me asignasen o primeiro estudo.

486
00:33:39,400 --> 00:33:41,840
Tocoume formarme axiña

487
00:33:41,920 --> 00:33:45,360
en ratas e en coellos
para administrarlles o fármaco vía…

488
00:33:45,440 --> 00:33:48,280
oral, ocular, intravenosa,
intramuscular ou inhalatoria,

489
00:33:48,360 --> 00:33:49,840
dependendo do animal.

490
00:33:49,920 --> 00:33:52,880
{\an8}- Tampouco está superbrando, non?
- Non.

491
00:33:52,960 --> 00:33:54,040
Ou sexa…

492
00:33:55,240 --> 00:33:57,120
Aprendín a marcar as ratas

493
00:33:57,200 --> 00:34:01,280
facéndolles unha tatuaxe
que lles atravesaba os dedos.

494
00:34:01,360 --> 00:34:05,040
Un pouco de tinta en contacto co sangue.

495
00:34:06,160 --> 00:34:07,720
Atravésaslle o dedo?

496
00:34:07,800 --> 00:34:10,160
Iso é unha técnica legal.

497
00:34:12,520 --> 00:34:14,520
Xa a mataches.

498
00:34:15,360 --> 00:34:16,480
Son unhas cantas.

499
00:34:17,400 --> 00:34:19,480
{\an8}E tamén me quedou moi claro

500
00:34:19,560 --> 00:34:22,560
{\an8}que a quen debía agradar
e a quen me debía arrimar

501
00:34:22,640 --> 00:34:26,600
para traballar como técnica era a Rebeca,

502
00:34:26,680 --> 00:34:28,640
a xefa de todos os estudos.

503
00:34:34,760 --> 00:34:37,400
Era unha tipa moi seria.
Estaba moi queimada.

504
00:34:39,000 --> 00:34:42,120
Non tiña sensibilidade ningunha
polos animais.

505
00:34:42,200 --> 00:34:44,400
Deixábao claro nas charlas que daba.

506
00:34:46,920 --> 00:34:48,640
A min arrepiábame.

507
00:34:50,000 --> 00:34:54,360
Foi a única coa que nunca
me atrevín a gravar, con ela diante,

508
00:34:55,000 --> 00:34:56,960
porque ela me podía cachar.

509
00:34:59,360 --> 00:35:02,720
Se estaba a gravar e aparecía,
apagaba a cámara axiña.

510
00:35:10,600 --> 00:35:15,600
DÍA 135
RECEPCIÓN BEAGLES PARA "ESTUDO XYYBC-5"

511
00:35:16,400 --> 00:35:19,000
- Temos oito.
- Oito cans, xa. Vamos.

512
00:35:19,640 --> 00:35:20,760
Vou coller luvas.

513
00:35:30,120 --> 00:35:32,680
- Este pesa.
- Si?

514
00:35:32,760 --> 00:35:33,800
Si.

515
00:35:44,040 --> 00:35:46,880
Chegaban animais seguido
para substituír os anteriores.

516
00:35:48,640 --> 00:35:51,720
Sacrificábanse moitos animais.

517
00:36:00,000 --> 00:36:03,040
Mi madriña, o corredor.
Non sei se xa poden entrar.

518
00:36:04,800 --> 00:36:07,040
O traballo era esixente,

519
00:36:08,880 --> 00:36:11,640
pero a base de traballar moito,

520
00:36:11,720 --> 00:36:14,520
fun gañando a confianza de Rebeca.

521
00:36:18,280 --> 00:36:19,840
Eu sabía que Rebeca quería

522
00:36:19,920 --> 00:36:23,120
pórme a traballar
co equipo de confianza de Tania,

523
00:36:23,800 --> 00:36:25,720
César e Raúl.

524
00:36:27,240 --> 00:36:30,320
A Tania non lle importaba nada o animal,

525
00:36:30,400 --> 00:36:34,200
o benestar do animal,
se sufría, se se angustiaba…

526
00:36:34,280 --> 00:36:36,480
Tampouco lle importaba o trato co equipo.

527
00:36:36,560 --> 00:36:38,120
A ela só lle importaba

528
00:36:39,200 --> 00:36:41,880
que os estudos saísen ben e xa está.

529
00:36:50,440 --> 00:36:51,640
A Número 32.

530
00:36:52,320 --> 00:36:53,920
A triste.

531
00:36:54,400 --> 00:36:56,320
A triste que non é tan triste.

532
00:36:58,720 --> 00:37:01,000
É verdade que ten unha cariña…

533
00:37:01,080 --> 00:37:04,920
Non sei agora,
ao principio sentaba sempre nun recuncho.

534
00:37:05,000 --> 00:37:07,120
Xa, está sempre nun recuncho.

535
00:37:09,080 --> 00:37:11,080
Tiña a sensación

536
00:37:11,160 --> 00:37:13,960
de que Tania comezaba a sospeitar de min,

537
00:37:14,840 --> 00:37:19,480
coma se descubrise
que trataba con coidado os animais.

538
00:37:23,840 --> 00:37:27,840
Coido que por iso Tania me encargou

539
00:37:29,200 --> 00:37:33,720
o sacrificio dos 40 cans,
para me pór a proba.

540
00:37:36,640 --> 00:37:40,760
TAREAS DIARIAS
E FINALIZACIÓN ESTUDOS XYYAA-1

541
00:37:43,840 --> 00:37:48,360
Ao finalizar o estudo XYYAA-1,
o mesmo equipo encargarase do sacrificio.

542
00:38:01,600 --> 00:38:02,920
Que foi? Onde estabas?

543
00:38:03,520 --> 00:38:05,320
Levo dúas horas agardándote.

544
00:38:08,280 --> 00:38:10,400
- Que?
- Estaba ocupado.

545
00:38:10,480 --> 00:38:12,480
Como que ocupado? Ocupado con que?

546
00:38:12,560 --> 00:38:14,200
Penso que nos seguen.

547
00:38:15,800 --> 00:38:17,120
Que dis?

548
00:38:17,200 --> 00:38:18,960
Vin varios coches de policía.

549
00:38:19,040 --> 00:38:21,160
Había un na entrada do aparcamento.

550
00:38:21,240 --> 00:38:23,440
Tiven que agardar ata que marchasen.

551
00:38:29,960 --> 00:38:30,880
Hostia.

552
00:38:30,960 --> 00:38:33,200
Teño a sensación de que nos vixían.

553
00:38:33,280 --> 00:38:34,640
- Non notaches nada?
- Non.

554
00:38:34,720 --> 00:38:37,560
Ninguén te segue?
Deixarías as lentes ou o móbil por aí?

555
00:38:37,640 --> 00:38:38,880
Non. Non ves que non?

556
00:38:38,960 --> 00:38:43,200
A semana pasada consultei a nosa situación
cun avogado de confianza.

557
00:38:44,560 --> 00:38:47,880
Advertiume que se nos pillan,
poderiamos ir ao cárcere.

558
00:38:47,960 --> 00:38:50,960
A min pódenme caer
catro ou cinco anos por colaborar.

559
00:38:51,040 --> 00:38:52,400
E a ti, moito máis.

560
00:39:03,240 --> 00:39:05,240
<i>Non ves que se segues a gravar,</i>

561
00:39:05,320 --> 00:39:07,040
<i>antes ou despois vante pillar?</i>

562
00:39:08,280 --> 00:39:09,200
<i>Imos ver.</i>

563
00:39:09,880 --> 00:39:12,400
<i>Se o queres deixar, deixámolo.</i>

564
00:39:12,480 --> 00:39:15,840
<i>Pero antes de marchar,</i>
<i>pídoche que organicemos un rescate.</i>

565
00:39:15,920 --> 00:39:19,760
<i>Non podemos. É moi perigoso.</i>

566
00:39:20,920 --> 00:39:24,840
<i>Sabes que para min é importante</i>
<i>salvar polo menos unha vida.</i>

567
00:39:24,920 --> 00:39:26,720
<i>Malia que só sexa unha.</i>

568
00:39:29,920 --> 00:39:32,480
<i>Se o fas, vannos descubrir.</i>

569
00:39:35,040 --> 00:39:36,120
<i>Tanto me ten.</i>

570
00:39:39,680 --> 00:39:43,960
<i>Eu non marcho de aí sen sacar un can.</i>

571
00:39:47,760 --> 00:39:50,080
Dende ese día,

572
00:39:50,160 --> 00:39:52,360
non me sentía segura ata chegar á casa.

573
00:39:53,240 --> 00:39:56,560
Foi o primeiro aviso.

574
00:39:59,000 --> 00:40:00,360
Hostia.

575
00:40:53,000 --> 00:40:56,360
Vou seguir adiante,
non teño medo ás consecuencias.

576
00:41:02,640 --> 00:41:05,920
Asumes demasiados riscos.

577
00:41:06,000 --> 00:41:10,000
Se segues adiante,
terás que matar e non te perdoarás nunca.

578
00:41:10,920 --> 00:41:15,160
Seino. Pero preciso a súa confianza
para entrar nos estudos.

579
00:41:16,400 --> 00:41:17,600
Estaba bloqueada.

580
00:41:19,080 --> 00:41:22,560
Achegábase a data do sacrificio
e preguntábame

581
00:41:23,400 --> 00:41:25,720
se sería ou non quen de facelo.

582
00:41:27,120 --> 00:41:31,040
Tiña moi presente que se non o facía,
non ía entrar nos estudos

583
00:41:31,880 --> 00:41:33,360
e íanme acabar botando.

584
00:41:33,920 --> 00:41:39,200
Todos os esforzos da infiltración
non servirían para nada.

585
00:41:40,880 --> 00:41:43,240
Pero se o facía,

586
00:41:43,320 --> 00:41:46,640
tamén estaba a asasinar
os meus propios principios.

587
00:41:46,720 --> 00:41:49,480
Dende nena loitei
para salvar a vida aos animais,

588
00:41:49,560 --> 00:41:50,960
non para quitárllela.

589
00:41:53,080 --> 00:41:58,600
DÍA 154
SACRIFICIO CANS ESTUDO XYYAA-1

590
00:41:58,680 --> 00:42:01,880
Lembro moi ben ese día.

591
00:42:03,280 --> 00:42:05,800
Ninguén está preparado
para matar 40 cachorros.

592
00:42:11,440 --> 00:42:14,240
Tremíanme as mans, tremíame todo.

593
00:42:19,960 --> 00:42:22,680
Eu coñecía esa camada dende que entrei.

594
00:42:25,520 --> 00:42:29,680
Tania colleu un dos cachorros

595
00:42:30,520 --> 00:42:32,240
e deumo.

596
00:42:34,720 --> 00:42:36,560
Miroume fixamente mentres o facía.

597
00:42:39,960 --> 00:42:41,480
Daquela eu…

598
00:42:42,440 --> 00:42:44,720
apliquei o que me ensinaran e fíxeno.

599
00:42:53,840 --> 00:42:56,240
Era un ritmo frenético.

600
00:42:56,320 --> 00:42:58,320
Collían un can, sedábano,

601
00:42:58,400 --> 00:43:00,880
púñano na mesa do sacrificio,
pum, ao lixo.

602
00:43:00,960 --> 00:43:02,160
Os restos, é que…

603
00:43:02,920 --> 00:43:06,200
Nin sequera comprobaban
que estivesen ben sedados.

604
00:43:06,280 --> 00:43:09,440
Era… Non sei, faltábame o aire.

605
00:43:09,520 --> 00:43:10,720
Ou sexa…

606
00:43:12,320 --> 00:43:14,720
Corrín aos vestiarios,
devolvín varias veces.

607
00:43:14,800 --> 00:43:16,800
Sentíame…

608
00:43:17,320 --> 00:43:19,120
Sentíame mal. Era un monstro.

609
00:43:24,520 --> 00:43:27,640
Fixera algo
que me xurara que non ía facer.

610
00:43:30,200 --> 00:43:34,520
Ese día morreu algo dentro de min.

611
00:43:39,000 --> 00:43:42,680
É curioso, porque malia que eu estivese

612
00:43:43,520 --> 00:43:47,160
moi fodida, eles estaban contentos comigo.

613
00:43:49,000 --> 00:43:52,440
Era como que pasara unha proba.

614
00:43:55,640 --> 00:43:58,000
Aí comecei a traballar con eles,

615
00:43:58,080 --> 00:44:01,920
co equipo de Tania, con César e Raúl.

616
00:44:19,400 --> 00:44:21,760
Temos que quedar. Teño moito material.

617
00:44:21,840 --> 00:44:26,000
Formo parte do seu equipo.
Estou dentro dos estudos.

618
00:44:27,600 --> 00:44:30,400
Mañá falámolo no aparcamento.

619
00:44:47,720 --> 00:44:49,880
Levo días agardándote.

620
00:44:51,000 --> 00:44:54,280
Onde estás?
Estou preocupada.

621
00:45:48,800 --> 00:45:50,880
Pasouche algo? Estoume asustando.

622
00:45:56,080 --> 00:45:58,560
Síntoo, non puiden ir.
A situación é comprometida.

623
00:45:58,640 --> 00:45:59,640
Aumenta a seguranza.

624
00:46:06,160 --> 00:46:09,240
Canto máis dentro do búnker estaba,

625
00:46:09,320 --> 00:46:10,840
máis soa me sentía.

626
00:46:12,560 --> 00:46:15,000
Custoume moitos días tranquilizarme.

627
00:46:16,000 --> 00:46:19,080
E xa cando estaba a coller
un pouco o ritmo,

628
00:46:19,160 --> 00:46:22,000
lembro que me chegou un correo

629
00:46:23,000 --> 00:46:24,840
que me deu algo de ansiedade.

630
00:46:25,880 --> 00:46:29,760
ADMINISTRACIÓN: TAREAS DIARIAS
E FINALIZACIÓN ESTUDOS XYYAA-6

631
00:46:37,480 --> 00:46:40,640
Era un correo informativo
de que viñan cans novos,

632
00:46:40,720 --> 00:46:43,600
pero no mesmo correo aparecía

633
00:46:44,400 --> 00:46:47,800
{\an8}a data de sacrificio da Número 32.

634
00:46:48,440 --> 00:46:54,360
En dúas semanas
finalizamos o estudo XYYAA-6.

635
00:46:57,640 --> 00:47:02,000
Non o quixen pensar moito. Lino e xa está.

636
00:47:02,080 --> 00:47:04,760
O que tiña que facer

637
00:47:04,840 --> 00:47:08,640
era intentar non distraerme,
seguir a facer ben o meu traballo

638
00:47:09,160 --> 00:47:10,880
e non pensalo moito,

639
00:47:11,840 --> 00:47:15,200
pero foi duro. De feito, os seguintes días

640
00:47:15,280 --> 00:47:18,040
non me atrevín a visitala.

641
00:47:33,560 --> 00:47:36,360
{\an8}Estaba ao límite.
Estaba agotada. Estaba mal.

642
00:47:38,440 --> 00:47:42,680
Había meses que non vía
as miñas amigas, a miña familia.

643
00:48:02,280 --> 00:48:04,520
Perdera a noción de todo.

644
00:48:04,600 --> 00:48:08,400
Non sabía nin quen era eu. Estaba mal.

645
00:48:12,000 --> 00:48:14,120
Decidín que tiña que…

646
00:48:15,760 --> 00:48:18,760
que tiña que parar porque non estaba ben.

647
00:48:20,720 --> 00:48:22,480
Pero antes

648
00:48:23,960 --> 00:48:26,920
tiña que despedirme dela.

649
00:48:31,960 --> 00:48:33,640
E pedirlle perdón

650
00:48:34,440 --> 00:48:35,880
por non salvala.

651
00:50:11,120 --> 00:50:13,280
Redactei un correo de renuncia…

652
00:50:20,800 --> 00:50:22,160
pero non o enviei.

653
00:50:30,720 --> 00:50:32,280
Menos mal que non o enviei.

654
00:50:57,680 --> 00:51:00,760
Á mañá seguinte
recibín un correo do laboratorio…

655
00:51:04,880 --> 00:51:07,760
dicindo que se abría a posibilidade

656
00:51:07,840 --> 00:51:10,000
de adoptar algún can dese estudo.

657
00:51:10,080 --> 00:51:13,920
Que se puidese adoptar
era algo moi excepcional.

658
00:51:14,960 --> 00:51:18,000
Non puña nin cales

659
00:51:18,080 --> 00:51:22,040
nin se eu ía poder escoller
ou se escollía a farmacéutica.

660
00:51:26,240 --> 00:51:29,160
Estaba nerviosa, estaba atenta

661
00:51:29,240 --> 00:51:33,160
a ver que numeración de cans
ía ser a que se podía salvar,

662
00:51:33,240 --> 00:51:34,800
a que se podía adoptar.

663
00:51:34,880 --> 00:51:38,520
E cando o souben,
deume unha volta o corpo,

664
00:51:38,960 --> 00:51:41,880
porque entraba a Número 32.

665
00:51:41,960 --> 00:51:43,480
POSIBILIDADE DE ADOPCIÓN

666
00:51:43,560 --> 00:51:46,960
…a posibilidade de adoptar
o sobrante de cans.

667
00:51:47,040 --> 00:51:48,400
…do número 20 ao 40.

668
00:51:48,480 --> 00:51:52,120
Só faltaba que algún compañeiro
tamén solicitase a adopción.

669
00:51:52,200 --> 00:51:54,040
Eu soa non…

670
00:51:54,120 --> 00:51:57,960
Se o pedía eu soa,
levantaría sospeitas e non quería.

671
00:51:58,040 --> 00:51:59,320
SOLICITUDE DE ADOPCIÓN

672
00:51:59,400 --> 00:52:01,920
Ese día tres compañeiros
pediron a adopción.

673
00:52:07,240 --> 00:52:08,920
Mandeivos un correo a todos.

674
00:52:09,000 --> 00:52:11,680
Se sabedes de alguén que queira adoptar…

675
00:52:11,760 --> 00:52:13,120
Para adoptar cantos hai?

676
00:52:13,200 --> 00:52:16,120
- Vinte.
- Ou sexa, vinte para adopción?

677
00:52:16,200 --> 00:52:19,200
- Vinte para adopción.
- E cando se poden adoptar?

678
00:52:19,840 --> 00:52:20,760
Xa.

679
00:52:20,840 --> 00:52:24,360
- Xa? Ah, vale.
- Porque ti puxeches…

680
00:52:24,440 --> 00:52:26,520
Á mañá seguinte o primeiro que fixen

681
00:52:26,600 --> 00:52:29,360
foi escribirlle
ao veterinario de benestar animal

682
00:52:29,440 --> 00:52:32,880
para solicitar a adopción da Número 32.

683
00:52:51,120 --> 00:52:54,360
Pensei en Kurda e dixen:
"Tanto me ten o que pense."

684
00:52:54,440 --> 00:52:56,320
Tiña a posibilidade

685
00:52:57,120 --> 00:53:00,080
de salvar unha vida e íao facer.

686
00:53:07,520 --> 00:53:11,040
Vamos, non o imaxinas.

687
00:53:12,240 --> 00:53:15,800
Non imaxinas o que foi
tocala por primeira vez

688
00:53:16,560 --> 00:53:18,880
sabendo que nuns días
ía estar comigo na casa.

689
00:53:20,720 --> 00:53:24,160
Foi o único momento
de felicidade aí dentro.

690
00:53:25,880 --> 00:53:27,320
O único.

691
00:53:46,200 --> 00:53:48,080
Como o tomou Kurda? Que dixo?

692
00:53:49,320 --> 00:53:50,480
Tomouno fatal.

693
00:53:52,080 --> 00:53:53,480
De feito, discutimos.

694
00:53:54,520 --> 00:53:56,880
Pero deume igual, ou sexa,

695
00:53:57,400 --> 00:53:59,000
íao facer igual.

696
00:54:04,480 --> 00:54:08,000
O día que lle pedín axuda
para ir recollela

697
00:54:08,480 --> 00:54:09,960
entendeu

698
00:54:10,040 --> 00:54:13,880
que non era un rescate ilegal
nin estabamos a facer nada.

699
00:54:13,960 --> 00:54:16,920
Era unha adopción, era legal

700
00:54:17,720 --> 00:54:19,160
e transparente.

701
00:54:22,120 --> 00:54:24,400
{\an8}E eu sei que no fondo

702
00:54:25,120 --> 00:54:28,800
el tamén o viviu
coma unha pequena vitoria.

703
00:54:46,640 --> 00:54:48,360
Foi moi bonito, a verdade.

704
00:54:49,040 --> 00:54:53,240
Xa non estaba nunha gaiola,
xa non estaba nunha caixa de ferro.

705
00:54:54,440 --> 00:54:56,160
Xa non era a Número 32.

706
00:54:57,080 --> 00:55:00,240
Pensei en chamarlle Britches

707
00:55:00,320 --> 00:55:02,720
polo vídeo do rescate do macaco

708
00:55:03,560 --> 00:55:05,440
que me marcara tanto de nova,

709
00:55:05,520 --> 00:55:07,560
pero vino un pouco longo

710
00:55:08,160 --> 00:55:09,280
e chameille Chess.

711
00:55:17,560 --> 00:55:21,160
Como foron
eses primeiros días de Chess na casa?

712
00:55:22,040 --> 00:55:25,960
Pois foron coma un oasis.

713
00:55:42,520 --> 00:55:46,240
Chess chegou e obrigoume a cambiar

714
00:55:46,320 --> 00:55:47,960
a miña vida, as rutinas, todo.

715
00:55:48,040 --> 00:55:50,640
Só ter que saír pasear a diario

716
00:55:50,720 --> 00:55:52,600
xa foi un cambio moi grande.

717
00:56:00,680 --> 00:56:02,400
Vela lembrábame

718
00:56:04,280 --> 00:56:06,760
de onde viña ela

719
00:56:06,840 --> 00:56:09,200
e o motivo polo que facía isto.

720
00:56:46,240 --> 00:56:49,200
<i>Feliz 2019!</i>

721
00:56:58,360 --> 00:57:01,400
Entón para Kurda foi unha vitoria,
pero deixouno.

722
00:57:01,480 --> 00:57:03,200
- Si.
- Como che afectou?

723
00:57:04,080 --> 00:57:08,040
Pois doeume moito. Doeume.

724
00:57:19,800 --> 00:57:23,040
Doeume, pero enténdoo. Que lle vou dicir?

725
00:57:23,120 --> 00:57:26,840
Decidín deixar a investigación.
Sigo pensando que nos seguen

726
00:57:26,920 --> 00:57:30,240
e arriscamos demasiado. Ten coidado.

727
00:57:33,920 --> 00:57:35,440
E nada, quedei soa.

728
00:57:35,520 --> 00:57:39,160
A verdade,
comecei a sentirme unha impostora.

729
00:57:39,240 --> 00:57:42,200
Pensei unha vez máis en deixalo.

730
00:57:42,280 --> 00:57:45,760
Xusto entraron novos estudos

731
00:57:45,840 --> 00:57:49,120
e non podía marchar nese momento.
Eu estaba a facer iso

732
00:57:49,200 --> 00:57:51,720
para documentar
e denunciar o que pasaba aí.

733
00:57:51,800 --> 00:57:54,680
Non podía marchar nese momento.

734
00:58:01,600 --> 00:58:04,880
Pero entendín
que tiña que comezar de cero.

735
00:58:08,240 --> 00:58:11,360
O primeiro que fixen foi mudarme,
por seguridade.

736
00:58:30,560 --> 00:58:33,960
Comecei a ter
o meu propio xeito de traballar.

737
00:58:36,720 --> 00:58:41,200
{\an8}Malia que todo o que gravaba
era eticamente inadmisible,

738
00:58:41,280 --> 00:58:43,000
inexplicablemente non era delito.

739
00:58:43,960 --> 00:58:47,720
Entendín que se quería
facer ben a investigación,

740
00:58:47,800 --> 00:58:51,040
tiña que gravar
as incidencias e as irregularidades,

741
00:58:51,120 --> 00:58:53,360
desmontar o concepto de benestar animal

742
00:58:53,440 --> 00:58:55,200
e os tres erres do laboratorio.

743
00:58:57,840 --> 00:59:01,080
- Que son os tres erres?
- Explícocho.

744
00:59:01,160 --> 00:59:05,440
Os profesionais da experimentación animal
branquean o uso de animais

745
00:59:05,520 --> 00:59:08,840
cun chamado "principio dos tres erres"

746
00:59:08,920 --> 00:59:10,000
dende os anos 60.

747
00:59:10,080 --> 00:59:11,840
Os tres erres son…

748
00:59:11,920 --> 00:59:15,440
Reposición: investigar e buscar animais

749
00:59:15,520 --> 00:59:17,320
con menor límite da dor.

750
00:59:19,520 --> 00:59:22,920
Redución: usar e buscar métodos

751
00:59:23,000 --> 00:59:26,560
que permitan conseguir resultados
de menos animais

752
00:59:26,640 --> 00:59:30,200
ou reutilizando animais
en varios estudos compatibles.

753
00:59:35,280 --> 00:59:37,240
E por último, refinamento:

754
00:59:38,200 --> 00:59:40,400
modificar a cría de animais

755
00:59:40,480 --> 00:59:43,320
ou mellorar os procedementos
para recoñecer e minimizar

756
00:59:43,400 --> 00:59:45,000
a angustia da dor.

757
00:59:45,080 --> 00:59:46,600
…o refinamento da cría…

758
00:59:51,320 --> 00:59:54,840
O benestar animal establéceo
a Organización Mundial de Sanidade Animal.

759
00:59:54,920 --> 00:59:59,000
Está lexislado polas leis europeas
e as normativas de cada país.

760
00:59:59,080 --> 01:00:02,400
E baséase todo en cinco puntos
para calquera animal.

761
01:00:03,080 --> 01:00:06,760
Ten que estar libre de fame,
de sede e de desnutrición.

762
01:00:06,840 --> 01:00:08,800
Libre de temor e de angustia.

763
01:00:10,000 --> 01:00:12,240
Libre de molestias físicas e térmicas.

764
01:00:13,560 --> 01:00:16,400
Libre de dor, de lesión e de enfermidade.

765
01:00:21,040 --> 01:00:23,600
E libre de manifestar
un comportamento natural.

766
01:00:34,240 --> 01:00:37,880
Ou sexa, para que me quede claro isto,
suponse que tiñan

767
01:00:37,960 --> 01:00:39,400
todos os certificados.

768
01:00:39,480 --> 01:00:41,920
Non había ninguén que supervisase?

769
01:00:42,000 --> 01:00:44,000
Si, claro, había un veterinario

770
01:00:44,080 --> 01:00:47,000
encargado de supervisar o benestar animal,

771
01:00:47,080 --> 01:00:51,360
pero no tempo que estiven alí
vino unha ou dúas veces.

772
01:00:51,440 --> 01:00:54,680
De feito, eu mesma
tiven que avisalo dalgunha incidencia.

773
01:00:57,840 --> 01:01:01,520
O que non entendo
é como obteñen estes certificados.

774
01:01:03,440 --> 01:01:07,280
Revisando as directivas europeas
e as leis españolas,

775
01:01:07,360 --> 01:01:10,480
seica unha vez ao ano
ten que pasar unha inspección.

776
01:01:10,560 --> 01:01:12,640
INCIDENCIAS CANS

777
01:01:12,720 --> 01:01:14,040
No tempo que estiven alí

778
01:01:14,120 --> 01:01:16,720
non souben nada de ningunha inspección.

779
01:01:17,800 --> 01:01:21,360
INCIDENCIAS COELLOS

780
01:01:24,120 --> 01:01:28,000
Logo entendín
que había cartos públicos investidos

781
01:01:28,080 --> 01:01:32,200
e moito interese
en manter o laboratorio en regra.

782
01:01:32,280 --> 01:01:37,160
ANUNCIOS DE LICITACIÓNS PÚBLICAS
274 557,68 EUROS - VIVOTECNIA

783
01:01:37,240 --> 01:01:38,920
O concepto de benestar animal

784
01:01:39,000 --> 01:01:41,280
é unha ferramenta ideolóxica moi potente

785
01:01:42,760 --> 01:01:46,720
coa cal se defenden os que viven
do negocio de explotar animais.

786
01:01:52,560 --> 01:01:55,280
Que relación tiñas cos teus compañeiros?

787
01:01:55,360 --> 01:01:57,440
- Cambiaran as cousas?
- Si, claro.

788
01:01:57,520 --> 01:01:59,640
Si, eu sentíame xa parte deles.

789
01:01:59,720 --> 01:02:01,000
Confiaban en min.

790
01:02:01,080 --> 01:02:05,840
De feito, asignáronme unha chea de estudos
con ratas, coellos, porcos…

791
01:02:05,920 --> 01:02:07,640
E xusto nese momento,

792
01:02:07,720 --> 01:02:10,160
que xa era estresante en si, pasou algo

793
01:02:10,240 --> 01:02:12,000
que elevou máis o estrés.

794
01:02:12,960 --> 01:02:15,360
Reincorporouse un encargado de estudos.

795
01:02:16,320 --> 01:02:18,440
O que me chamou a atención

796
01:02:18,520 --> 01:02:22,200
foi que dixo
que en seis meses aproximadamente

797
01:02:22,280 --> 01:02:24,880
ía chegar un estudo de primates.

798
01:02:24,960 --> 01:02:26,720
Daquela estiven atenta

799
01:02:26,800 --> 01:02:29,360
e marqueino no calendario porque era

800
01:02:29,440 --> 01:02:31,240
o que me faltaba por documentar

801
01:02:31,320 --> 01:02:33,680
e xa podía marchar.

802
01:02:42,280 --> 01:02:43,800
{\an8}Comezaron a entrar estudos.

803
01:02:43,880 --> 01:02:46,640
{\an8}No canto dun laboratorio,
parecía unha fábrica.

804
01:02:46,720 --> 01:02:48,680
{\an8}E veña estudos e máis estudos.

805
01:02:55,160 --> 01:02:59,360
{\an8}Sentías o sangue na boca,
o sabor metálico do sangue.

806
01:03:01,760 --> 01:03:03,640
Era coma unha carnizaría.

807
01:03:06,120 --> 01:03:08,960
Precisaba ducharme e quitar o sangue,

808
01:03:09,040 --> 01:03:11,600
lavar os dentes, todo…

809
01:03:11,680 --> 01:03:14,400
{\an8}antes de sacar a Chess.

810
01:03:14,480 --> 01:03:16,520
{\an8}Non quería nin que me cheirase.

811
01:03:25,160 --> 01:03:28,320
E un día, indo para a casa,
ocorréuseme ir á piscina.

812
01:03:41,600 --> 01:03:44,280
De súpeto o cloro da piscina…

813
01:03:45,520 --> 01:03:49,600
Non sei, o cheiro. Era como…

814
01:03:49,680 --> 01:03:50,840
Limpábame.

815
01:03:52,160 --> 01:03:56,360
Ademais tamén me cansaba fisicamente
e víñame ben con todo o estrés.

816
01:03:57,240 --> 01:03:59,560
Pensa que calquera persoa

817
01:03:59,640 --> 01:04:02,880
que traballe
nun laboratorio de experimentación animal

818
01:04:03,480 --> 01:04:06,720
acábase afacendo a esa rutina.

819
01:04:06,800 --> 01:04:13,400
Desenvolves a capacidade
de pasar por alto o sangue, a dor,

820
01:04:13,480 --> 01:04:16,200
os berros dos animais indefensos.

821
01:04:16,280 --> 01:04:18,000
Vólveste insensible.

822
01:04:18,080 --> 01:04:22,600
Vólveste impermeable
á violencia que te rodea.

823
01:04:22,680 --> 01:04:25,280
Eu mesma
tiña unha loita interna moi grande.

824
01:04:25,800 --> 01:04:27,240
Tiña que ser moi…

825
01:04:29,080 --> 01:04:32,920
consciente do que facía, para que o facía

826
01:04:33,000 --> 01:04:34,240
e por que o facía.

827
01:04:37,680 --> 01:04:39,880
{\an8}Oe, que abren isto!

828
01:04:43,800 --> 01:04:45,560
Que o abrían.

829
01:04:46,400 --> 01:04:47,880
Que tolas están.

830
01:04:52,320 --> 01:04:55,720
Por exemplo,
o estudo de mochilas en ratas,

831
01:04:56,480 --> 01:05:00,240
que foi moi duro, moi desagradable.

832
01:05:03,960 --> 01:05:08,960
Retorcíanse de dor cada vez
que lles subministrabamos o fármaco.

833
01:05:09,520 --> 01:05:12,120
Esta non sei como non morreu.

834
01:05:12,200 --> 01:05:14,920
E xusto neses días

835
01:05:15,000 --> 01:05:18,400
foi cando César comezou a facer

836
01:05:19,600 --> 01:05:22,680
bromas máis desagradables,
facendo referencia

837
01:05:22,760 --> 01:05:25,840
a Hitler e as cámaras de gas e os trens.

838
01:05:25,920 --> 01:05:29,400
Mira, vou…

839
01:05:29,480 --> 01:05:32,080
- Isto é coma…
- Que fas?

840
01:05:33,000 --> 01:05:34,800
Coma Hitler, que os levaba…

841
01:05:34,880 --> 01:05:38,000
Todas esas valas gasear? Por que?

842
01:05:39,280 --> 01:05:42,760
Dende aí comecei a anticipar
cando ía ocorrer algo grave.

843
01:05:42,840 --> 01:05:47,520
Así foi como conseguín gravar o día

844
01:05:48,560 --> 01:05:51,320
en que Raúl
lle partiu a columna a un coello.

845
01:05:57,200 --> 01:05:58,680
{\an8}Vamos, coello, fillo.

846
01:06:00,360 --> 01:06:02,440
Un coello non fai ruído apenas.

847
01:06:03,720 --> 01:06:07,360
Imaxina a dor que sufría ese animal
para que berrase.

848
01:06:08,960 --> 01:06:10,440
Uf, partiu.

849
01:06:13,000 --> 01:06:14,480
Partiu.

850
01:06:16,680 --> 01:06:20,000
E no canto de sedaren o animal,

851
01:06:20,080 --> 01:06:22,520
mantivérono vivo ata acabar o estudo,

852
01:06:23,360 --> 01:06:25,000
durante 48 horas.

853
01:06:25,080 --> 01:06:28,440
Que aguante. Que aguante o que aguante.

854
01:06:28,520 --> 01:06:31,480
Se non, imos perder as análises de sangue.

855
01:06:31,560 --> 01:06:33,000
Outro día tamén gravei

856
01:06:33,080 --> 01:06:36,000
que había un rebumbio
e vin moitos compañeiros

857
01:06:36,080 --> 01:06:38,440
correndo cara ao laboratorio nerviosos.

858
01:06:38,520 --> 01:06:42,000
E seica había unha cadela
que se desangraba na gaiola.

859
01:06:44,360 --> 01:06:46,040
{\an8}Apartárana nunha sala.

860
01:06:46,120 --> 01:06:48,760
{\an8}Ademais era unha cadela
da colonia permanente.

861
01:06:48,840 --> 01:06:50,480
{\an8}Eu coñecíaa, coidara dela.

862
01:06:52,080 --> 01:06:53,520
Tiña hemorraxia interna.

863
01:06:53,600 --> 01:06:56,640
Ninguén sabía o que lle pasara.

864
01:06:57,400 --> 01:06:59,080
Pero a cadela desangrábase.

865
01:06:59,160 --> 01:07:02,560
Saín da sala
e topei co veterinario de benestar animal

866
01:07:02,640 --> 01:07:06,800
e cun coidador, e os dous dixémoslle

867
01:07:06,880 --> 01:07:09,720
que tiña que facer algo. El contestounos

868
01:07:09,800 --> 01:07:12,040
que non podía facer nada, que primeiro

869
01:07:12,120 --> 01:07:15,840
tiña que consultalo
co xefe do estudo e coa farmacéutica.

870
01:07:18,960 --> 01:07:21,160
A cadela choraba de dor. Desangrábase.

871
01:07:21,240 --> 01:07:24,320
Perdía forza. Estaba a morrer.

872
01:07:26,680 --> 01:07:29,080
Deixárona sufrindo aí absurdamente.

873
01:07:29,160 --> 01:07:32,680
Sedárona á última hora da tarde.

874
01:07:32,760 --> 01:07:38,200
Deixaron sufrindo un animal aí
porque lles daba igual.

875
01:07:47,040 --> 01:07:51,560
Non quedou rexistrado nin avisou
ninguén a farmacéutica nin nada.

876
01:07:52,560 --> 01:07:55,600
Agás por min.
Quedou rexistrado porque eu o gravei.

877
01:07:57,320 --> 01:07:58,760
Entendín moitas cousas.

878
01:08:00,240 --> 01:08:01,200
Como que?

879
01:08:02,560 --> 01:08:05,400
Era imposible
que todos os estudos saísen ben.

880
01:08:19,480 --> 01:08:22,960
Con todo o estrés, con toda a presión,

881
01:08:23,040 --> 01:08:24,760
os estudos eran sempre positivos.

882
01:08:32,440 --> 01:08:34,640
Eu sabía que se modificaban os datos.

883
01:08:34,720 --> 01:08:36,640
Pero faltábame unha evidencia.

884
01:08:37,400 --> 01:08:39,040
E tívena días despois.

885
01:08:40,280 --> 01:08:43,640
Estiven a falsificar datos coma un tolo.

886
01:08:43,720 --> 01:08:45,400
- Ti?
- Eu, si.

887
01:08:45,480 --> 01:08:49,880
Falsificando aí… De que? Dos cans?

888
01:08:49,960 --> 01:08:52,480
Destes que están mortos en abril.

889
01:08:52,560 --> 01:08:55,280
Entendín que era todo un negocio.

890
01:08:56,320 --> 01:08:58,280
Tanto tiña. Non importaba nada.

891
01:08:58,360 --> 01:09:02,120
Todo ese sufrimento non servía para nada.

892
01:09:02,800 --> 01:09:05,200
Para que? Para satisfacer a quen?

893
01:09:06,120 --> 01:09:08,800
De que? Dos cans?

894
01:09:08,880 --> 01:09:11,640
Destes que están mortos en abril.

895
01:09:11,720 --> 01:09:13,680
Veña, sae ti.

896
01:09:28,720 --> 01:09:30,520
<i>Falsificando aí…</i>

897
01:09:31,640 --> 01:09:34,400
<i>De que? Dos cans?</i>

898
01:09:34,480 --> 01:09:36,920
<i>Destes que están mortos en abril.</i>

899
01:09:37,560 --> 01:09:39,320
<i>Veña, sae ti.</i>

900
01:09:41,880 --> 01:09:44,720
Lembras exactamente de que era?

901
01:09:44,800 --> 01:09:47,400
A que pertencía ese estudo?

902
01:09:47,480 --> 01:09:49,000
Antitumorais.

903
01:09:50,600 --> 01:09:54,160
Ou sexa,
dis que se ese estudo de antitumorais,

904
01:09:54,240 --> 01:09:57,000
do cal gravaches esa evidencia,

905
01:09:57,560 --> 01:10:01,600
se ese estudo hipoteticamente
chegase a seres humanos en fase dúas

906
01:10:01,680 --> 01:10:05,360
para probalo, non sei,
en efermos terminais, por exemplo,

907
01:10:05,440 --> 01:10:08,720
non habería evidencia científica
ou non se podería dicir

908
01:10:08,800 --> 01:10:11,680
- ao 100 % que é fiable.
- Non. Ninguén pode.

909
01:10:12,800 --> 01:10:13,840
Ninguén.

910
01:10:28,040 --> 01:10:31,840
Era unha acumulación de estrés,

911
01:10:31,920 --> 01:10:34,680
de sangue, de ser consciente

912
01:10:34,760 --> 01:10:38,320
das horribles irregularidades que gravara,

913
01:10:38,400 --> 01:10:40,320
das ratas, do coello…

914
01:10:40,400 --> 01:10:43,840
O asañamento que vía cos animais a diario,

915
01:10:43,920 --> 01:10:45,960
as bromas dos meus compañeiros,

916
01:10:46,040 --> 01:10:48,960
sentirme eu un monstro…

917
01:10:49,040 --> 01:10:52,960
É que foi un cúmulo de todo

918
01:10:53,040 --> 01:10:57,960
que, non sei, fíxome estoupar.

919
01:11:01,760 --> 01:11:06,080
Eu non sabía ata ese día
o que era ter un ataque de ansiedade.

920
01:11:11,520 --> 01:11:15,120
Só lembro que ía no coche e comezou

921
01:11:15,200 --> 01:11:16,360
a faltarme o aire.

922
01:11:20,120 --> 01:11:23,920
Comecei a perder forza nas mans
para agarrar o volante.

923
01:11:33,280 --> 01:11:36,520
Non sei nin como dei chegado
a unha estación de servizo.

924
01:11:53,840 --> 01:11:56,240
E comecei a chorar.

925
01:12:08,920 --> 01:12:11,560
Chorei todo o que non chorara en meses.

926
01:12:42,400 --> 01:12:43,920
Volvín á casa

927
01:12:45,640 --> 01:12:48,200
e Chess tumbouse na cama comigo.

928
01:12:50,040 --> 01:12:55,000
Vela feliz e libre

929
01:12:56,200 --> 01:13:00,080
facíame lembrar
por que e por quen loitaba.

930
01:13:01,000 --> 01:13:02,840
E que non debía renderme,

931
01:13:04,920 --> 01:13:06,680
malia que se me facía duro.

932
01:13:24,840 --> 01:13:28,360
Como viviches o de SOKO? Pilloute dentro.

933
01:13:28,440 --> 01:13:30,320
- Ah, si.
- Como viviches iso?

934
01:13:30,400 --> 01:13:33,040
Xusto estabas con prácticas con macacos.

935
01:13:33,960 --> 01:13:37,680
Pois deume un subidón.

936
01:13:38,640 --> 01:13:39,800
Non estaba soa.

937
01:13:42,080 --> 01:13:45,120
{\an8}Había unha persoa coma min en Alemaña

938
01:13:45,200 --> 01:13:46,920
que se infiltrara catro meses

939
01:13:47,000 --> 01:13:50,480
e conseguira
sacar unha noticia de maltrato animal.

940
01:13:50,560 --> 01:13:53,600
ALEMAÑA FREA
OS EXPERIMENTOS NO LABORATORIO

941
01:13:53,680 --> 01:13:55,800
DO ESCÁNDALO DO MALTRATO ANIMAL

942
01:13:59,320 --> 01:14:02,280
E ese mesmo día en que saíu a noticia

943
01:14:02,360 --> 01:14:04,680
Rebeca mandou un correo
a todo o laboratorio

944
01:14:04,760 --> 01:14:08,280
cunha ligazón á noticia e ao vídeo

945
01:14:08,920 --> 01:14:10,400
do de SOKO.

946
01:14:17,960 --> 01:14:22,440
As imaxes que conseguira sacar
esta persoa eran moi crúas.

947
01:14:23,560 --> 01:14:25,840
Eran moi similares ás que eu gravaba.

948
01:14:27,200 --> 01:14:31,200
A prensa alemá
falaba de peche inminente do laboratorio.

949
01:14:31,280 --> 01:14:34,480
{\an8}PIDEN O PECHE DO LABORATORIO
POR PROBAS "BÁRBARAS" EN MONOS

950
01:14:34,560 --> 01:14:37,960
Daquela eu tamén comecei a fantasear

951
01:14:38,040 --> 01:14:41,880
con que se lograse pechar o búnker.

952
01:14:41,960 --> 01:14:44,520
ALEMAÑA FREA OS EXPERIMENTOS
NO LABORATORIO

953
01:14:44,600 --> 01:14:47,240
DO ESCÁNDALO DE MALTRATO ANIMAL

954
01:14:47,320 --> 01:14:50,520
Causou axitación
entre os técnicos e os directivos.

955
01:14:50,600 --> 01:14:53,800
Notábase un chisco de tensión.

956
01:14:56,520 --> 01:14:59,400
Pero axiña comezaron coas escusas:

957
01:14:59,480 --> 01:15:02,680
"Aquí tratamos ben os animais,
iso só pasa en Alemaña.

958
01:15:02,760 --> 01:15:04,440
A xente éche moi sensible."

959
01:15:04,520 --> 01:15:07,880
- Vistes as noticias de hoxe?
- De que?

960
01:15:07,960 --> 01:15:12,200
De que mandaron un vídeo dunha CRO alemá.

961
01:15:15,200 --> 01:15:18,640
Non é por nada,
pero son prácticas estendidas no mundo.

962
01:15:18,720 --> 01:15:20,640
Realmente os monos manéxanse así

963
01:15:20,720 --> 01:15:24,520
no 90 % dos centros do mundo.
E son monos coma estes.

964
01:15:24,600 --> 01:15:25,800
Son macacos.

965
01:15:25,880 --> 01:15:28,200
Comecei a escoitar cousas como:

966
01:15:28,280 --> 01:15:31,280
"Hai que estar atentos
por se alguén está a gravar."

967
01:15:31,360 --> 01:15:33,680
Todos estaban alerta.

968
01:15:33,760 --> 01:15:36,560
E agora si que me podían pillar.

969
01:15:37,400 --> 01:15:39,200
E eu xa aí…

970
01:15:39,280 --> 01:15:41,800
Foron días xa de demasiada tensión.

971
01:15:47,640 --> 01:15:49,320
Imaxina.

972
01:15:50,160 --> 01:15:53,840
Estaba no comedor
e sentía que todos me miraban,

973
01:15:53,920 --> 01:15:55,280
que rexoubaban de min.

974
01:15:58,520 --> 01:16:00,240
Era unha paranoia,

975
01:16:00,800 --> 01:16:04,720
pero era real que todo o mundo
sospeitaba de todo o mundo.

976
01:16:12,120 --> 01:16:16,640
De feito, saía á rúa
e tiña verdadeira paranoia.

977
01:16:36,040 --> 01:16:39,240
Sentía que a xente pola rúa
me miraba e sabía quen era.

978
01:17:09,320 --> 01:17:12,360
Xa está. Chegara ao límite.

979
01:17:12,440 --> 01:17:14,160
Aquilo non daba máis de si.

980
01:17:19,000 --> 01:17:20,480
Daquela,

981
01:17:21,400 --> 01:17:25,000
decidín que era o momento.

982
01:17:32,560 --> 01:17:36,560
Entrei ao cartafol de borradores,
collín o correo e mandeino.

983
01:17:39,360 --> 01:17:40,800
Como tomaron a renuncia?

984
01:17:41,600 --> 01:17:43,680
Fixéronme unha contraoferta.

985
01:17:45,120 --> 01:17:47,560
Subíanme o soldo e mais o rango.

986
01:17:48,040 --> 01:17:51,480
Querían que fose
a encargada de dar as formacións.

987
01:17:54,160 --> 01:17:55,800
Evidentemente dixen que non.

988
01:17:56,360 --> 01:18:01,720
DÍA 544
ÚLTIMA GRAVACIÓN DENTRO DO BÚNKER

989
01:18:07,000 --> 01:18:08,320
<i>Error.</i>

990
01:18:09,280 --> 01:18:10,240
<i>Correcto.</i>

991
01:18:10,320 --> 01:18:13,640
Fixéronme unha festa de despedida e todo,
con agasallos.

992
01:18:14,360 --> 01:18:17,800
Regaláronme unha tarxeta cun macaco.

993
01:18:25,520 --> 01:18:28,520
Os primeiros días
que non tiña que ir ao búnker,

994
01:18:29,200 --> 01:18:31,800
que non tiña que atravesar esa porta

995
01:18:32,800 --> 01:18:36,200
nin facer máis estudos, foi moi raro.

996
01:18:38,400 --> 01:18:41,680
Pasara moito tempo facendo esa rutina,

997
01:18:42,320 --> 01:18:44,120
sendo outra persoa.

998
01:18:48,320 --> 01:18:51,040
Pasara 18 meses infiltrada.

999
01:18:51,840 --> 01:18:54,240
544 días, para sermos exactos.

1000
01:18:57,040 --> 01:19:00,520
Sinto que unha parte de min

1001
01:19:01,880 --> 01:19:05,320
morreu alí co resto dos animais.

1002
01:19:14,160 --> 01:19:16,480
Non podía volver ver todo o material,

1003
01:19:17,120 --> 01:19:20,320
daquela decidín contactar cun compañeiro.

1004
01:19:20,400 --> 01:19:24,480
Chameino, conteille o que tiña
e mandeille un clip.

1005
01:19:24,560 --> 01:19:29,480
Flipou e díxome que si,
que contase con el, que me axudaba.

1006
01:19:29,560 --> 01:19:32,760
Estabamos a traballar a moi bo ritmo

1007
01:19:33,760 --> 01:19:35,080
e chegou a pandemia.

1008
01:19:41,120 --> 01:19:43,240
Todo me lembraba ao búnker.

1009
01:19:46,480 --> 01:19:50,000
A Chess púñaan moi nerviosa as máscaras,

1010
01:19:50,080 --> 01:19:53,040
por iso tiñamos que saír
cando non saía ninguén.

1011
01:20:02,480 --> 01:20:05,640
Busquei un traballo despois de saír de alí

1012
01:20:05,720 --> 01:20:07,880
porque precisaba os cartos.

1013
01:20:09,560 --> 01:20:13,000
Comecei a traballar outra vez
en hospitais veterinarios.

1014
01:20:14,680 --> 01:20:18,240
Iso sandoume,
traballar salvando animais outra vez.

1015
01:20:20,520 --> 01:20:22,200
Veume moi ben, a verdade.

1016
01:20:25,120 --> 01:20:26,960
E co meu compañeiro,

1017
01:20:27,040 --> 01:20:30,680
retardounos un pouco a pandemia,
pero tamén nos axudou

1018
01:20:30,760 --> 01:20:35,560
a sermos moi precisos á hora de facer
os informes e ordenar o material.

1019
01:20:41,080 --> 01:20:43,440
De 7000 arquivos de horas e horas,

1020
01:20:43,520 --> 01:20:45,600
de centos de horas que gravara…

1021
01:20:48,800 --> 01:20:50,960
conseguimos facer un clip dunha hora

1022
01:20:51,040 --> 01:20:53,880
que lle pasamos
a Cruelty Free International.

1023
01:20:54,560 --> 01:20:57,360
O que eu non agardaba

1024
01:20:58,200 --> 01:20:59,600
era o que veu despois.

1025
01:20:59,680 --> 01:21:02,400
A Comunidade de Madrid
suspende a investigación

1026
01:21:02,480 --> 01:21:05,720
nun laboratorio por presunto
maltrato animal tras unha inspección

1027
01:21:05,800 --> 01:21:08,120
logo de que unha ONG denunciase os feitos

1028
01:21:08,200 --> 01:21:10,920
a través dun vídeo
con prácticas moi crueis.

1029
01:21:11,000 --> 01:21:13,920
Advertímolos da dureza das imaxes.

1030
01:21:14,000 --> 01:21:17,000
As imaxes de extrema crueldade
contra os animais

1031
01:21:17,080 --> 01:21:21,480
nun laboratorio obrigaron a suspender
a investigación de ensaios clínicos.

1032
01:21:21,560 --> 01:21:22,960
A empresa…

1033
01:21:23,040 --> 01:21:24,360
Foi unha axitación.

1034
01:21:25,280 --> 01:21:29,040
Chegou ao Congreso dos Deputados.
Foi un bum.

1035
01:21:29,120 --> 01:21:31,680
O caso de Vivotecnia,
un laboratorio en Madrid

1036
01:21:31,760 --> 01:21:37,360
que en realidade era un lugar
para maltratar e violentar os animais.

1037
01:21:37,440 --> 01:21:38,400
Batían neles,

1038
01:21:38,480 --> 01:21:41,160
desprezábanos,
insultábanos e maltratábanos,

1039
01:21:41,240 --> 01:21:45,680
como demostraban imaxes
recollidas ao longo de dous anos.

1040
01:21:45,760 --> 01:21:49,280
Non só causan sufrimento e dor
noutros seres vivos,

1041
01:21:49,360 --> 01:21:53,920
non só nos fan sufrir
a quen queremos os animais.

1042
01:21:54,000 --> 01:21:58,680
Quen torturan ou maltratan animais
son un perigo para a sociedade.

1043
01:21:58,760 --> 01:22:00,920
<i>Protesta en Madrid</i>
<i>contra o maltrato animal.</i>

1044
01:22:01,000 --> 01:22:04,120
<i>Unhas 2000 persoas</i>
<i>manifestáronse para que liberen</i>

1045
01:22:04,200 --> 01:22:08,000
<i>os animais que permanecen</i>
<i>nos laboratorios de Vivotecnia.</i>

1046
01:22:08,080 --> 01:22:10,040
<i>A Comunidade de Madrid suspendeu</i>

1047
01:22:10,120 --> 01:22:12,120
<i>a investigación no laboratorio</i>

1048
01:22:12,200 --> 01:22:15,760
<i>tras constatar nunha inspección</i>
<i>indicios de maltrato animal.</i>

1049
01:22:15,840 --> 01:22:18,280
Vivotecnia! Tortura animal!

1050
01:22:18,840 --> 01:22:21,600
{\an8}<i>Este domingo PACMA</i>
<i>e outras entidades animalistas</i>

1051
01:22:21,680 --> 01:22:24,680
<i>presentaron unha querela criminal</i>
<i>contra Vivotecnia.</i>

1052
01:22:25,520 --> 01:22:28,080
Non pasaran nin dous días

1053
01:22:28,160 --> 01:22:30,440
cando empecei a recibir ameazas.

1054
01:22:34,520 --> 01:22:36,760
Souberon que fora eu quen gravara iso

1055
01:22:36,840 --> 01:22:38,120
e viñan por min.

1056
01:22:41,120 --> 01:22:43,240
Non paraba de soar o teléfono.

1057
01:22:43,320 --> 01:22:44,680
Non paraba.

1058
01:22:46,040 --> 01:22:48,360
Entendín que tiña que desaparecer.

1059
01:22:48,440 --> 01:22:51,360
O primeiro que fixen
foi desfacerme do móbil.

1060
01:22:58,800 --> 01:23:01,160
Queríanme culpar a min do que gravara.

1061
01:23:01,240 --> 01:23:05,800
E o xuíz tamén me quería localizar
porque dicía que se eu non declaraba,

1062
01:23:05,880 --> 01:23:06,880
ía pechar o caso.

1063
01:23:18,320 --> 01:23:22,200
A idea de que o xuíz
puidese arquivar o caso

1064
01:23:23,080 --> 01:23:24,200
devastoume.

1065
01:23:29,760 --> 01:23:32,520
Eu pensaba nos animais
que seguían aí dentro

1066
01:23:32,600 --> 01:23:34,360
e decidín facer o interrogatorio.

1067
01:23:37,560 --> 01:23:40,200
Tiña que pasar
un interrogatorio coa policía

1068
01:23:41,400 --> 01:23:43,800
no cal determinaban se me crían

1069
01:23:43,880 --> 01:23:47,000
e se me daban
o status de testemuña protexida

1070
01:23:47,080 --> 01:23:48,760
para iniciar o xuízo…

1071
01:23:51,960 --> 01:23:54,120
ou se me detiñan e ía ao cárcere.

1072
01:23:56,360 --> 01:23:58,560
A policía tardou pouco en decatarse

1073
01:23:58,640 --> 01:24:00,680
de que o que contaba era certo

1074
01:24:00,760 --> 01:24:04,480
e aos poucos días
déronme o status de testemuña protexida.

1075
01:24:06,280 --> 01:24:08,920
O GOBERNO CELEBRA
O RÁPIDO PECHE DE VIVOTECNIA

1076
01:24:09,000 --> 01:24:10,600
POR INDICIOS DE MALTRATO ANIMAL

1077
01:24:10,680 --> 01:24:16,200
MADRID SUSPENDE ACTIVIDADE INVESTIGADORA
DE VIVOTECNIA POR SUPOSTO MALTRATO ANIMAL

1078
01:24:16,280 --> 01:24:19,560
INCUMPRÍA COS CONTROIS INTERNOS
QUE ESIXE A LEXISLACIÓN

1079
01:24:20,760 --> 01:24:23,560
Dende primeiros de mes
o laboratorio Vivotecnia,

1080
01:24:23,640 --> 01:24:27,640
denunciado por maltratar animais
nas investigacións e nos ensaios,

1081
01:24:27,720 --> 01:24:28,600
volveu traballar.

1082
01:24:28,680 --> 01:24:31,080
A Comunidade de Madrid
di que tomaron medidas

1083
01:24:31,160 --> 01:24:34,200
para evitar o sufrimento dos animais,

1084
01:24:34,280 --> 01:24:36,640
pero as asociacións animalistas

1085
01:24:36,720 --> 01:24:39,640
din que esas medidas son insuficientes

1086
01:24:39,720 --> 01:24:41,520
e ameazan con accións legais.

1087
01:24:41,600 --> 01:24:43,200
Imaxina a frustración,

1088
01:24:45,000 --> 01:24:46,360
a inxustiza.

1089
01:24:47,680 --> 01:24:49,480
Se con todo o que presentara,

1090
01:24:50,360 --> 01:24:52,280
as imaxes, os vídeos,

1091
01:24:52,360 --> 01:24:56,240
as redes sociais clamando
que se pechase ese sitio,

1092
01:24:56,320 --> 01:24:58,160
a xente na rúa…

1093
01:24:59,080 --> 01:25:00,600
Que queres que che diga?

1094
01:25:00,680 --> 01:25:03,200
Na miña opinión, Vivotecnia debía pechar,

1095
01:25:05,040 --> 01:25:06,200
coma en Alemaña.

1096
01:25:07,040 --> 01:25:09,320
E só estivo pechado tres meses. Tres.

1097
01:25:09,840 --> 01:25:13,400
Puxéronlle unha multa absurda,
insignificante,

1098
01:25:13,480 --> 01:25:16,120
e non sacaron nin un só animal, nin un.

1099
01:25:16,720 --> 01:25:18,520
Nin un só animal salvaron.

1100
01:25:18,600 --> 01:25:21,560
{\an8}A COMUNIDADE DE MADRID
LEVANTA A SUSPENSIÓN A VIVOTECNIA

1101
01:25:21,640 --> 01:25:23,880
{\an8}E PERMÍTELLE QUE EXPERIMENTE CON ANIMAIS

1102
01:25:23,960 --> 01:25:26,880
{\an8}XUÍZO VIVOTECNIA: DEFENDER O INDEFENDIBLE

1103
01:25:26,960 --> 01:25:29,760
O XUÍZO ESTÁ EN FASE DE INSTRUCIÓN
E PODE ARQUIVARSE

1104
01:25:29,880 --> 01:25:35,560
A investigación atrasouse.
Sigo a agardar a data do xuízo.

1105
01:25:42,560 --> 01:25:46,880
Agora mesmo os únicos imputados
son meros traballadores.

1106
01:25:46,960 --> 01:25:49,440
Ou sexa, realmente

1107
01:25:49,520 --> 01:25:53,520
non van pola xente
que ten a responsabilidade,

1108
01:25:53,600 --> 01:25:55,200
quen manexa a empresa.

1109
01:26:03,080 --> 01:26:06,160
Baixou a presión mediática e social

1110
01:26:06,240 --> 01:26:11,120
e de súpeto iso desapareceu, parou.

1111
01:26:21,680 --> 01:26:24,000
Como sabes, decidín vir aquí a Londres.

1112
01:26:24,080 --> 01:26:28,240
Tiña que marchar lonxe,
onde puidese seguir traballando.

1113
01:26:28,320 --> 01:26:33,160
E chameite para facer a entrevista
antes de volverme infiltrar.

1114
01:26:33,240 --> 01:26:36,240
Pero antes gustaríame

1115
01:26:37,440 --> 01:26:40,520
que vises cos teus propios ollos
e escoitases

1116
01:26:40,600 --> 01:26:42,560
os cans do criadeiro

1117
01:26:42,640 --> 01:26:46,920
que van acabar
en laboratorios coma o búnker.

1118
01:26:48,640 --> 01:26:52,720
Ben, rapaces, preparámonos para saír?

1119
01:26:52,800 --> 01:26:55,040
- Non lle quites o micro.
- Íao dicir.

1120
01:26:55,120 --> 01:26:56,400
- Non llo quites.
- Oído.

1121
01:26:56,480 --> 01:26:59,320
Na seguinte esquina
hai que xirar á esquerda.

1122
01:26:59,400 --> 01:27:00,760
- Veña.
- Dálle.

1123
01:27:18,600 --> 01:27:20,760
PROTESTA MÁIS ADIANTE

1124
01:27:38,600 --> 01:27:40,920
Un gusto coñecerte, Carlota,

1125
01:27:41,000 --> 01:27:43,000
e térmoste aquí en Camp Beagle.

1126
01:27:43,080 --> 01:27:45,920
O teu traballo
foi unha inspiración para nós.

1127
01:27:46,000 --> 01:27:48,320
{\an8}Coa investigación que ti fixeches

1128
01:27:48,400 --> 01:27:51,200
{\an8}podémoslle explicar á xente que ocorre,

1129
01:27:51,280 --> 01:27:54,000
que lles ocorre a estes cans
ao saíren de aquí.

1130
01:28:00,720 --> 01:28:03,000
Estas son as naves onde viven.

1131
01:28:03,080 --> 01:28:04,320
Non hai fiestras.

1132
01:28:04,400 --> 01:28:07,000
Por eses fachinelos pequenos
non entra a luz.

1133
01:28:11,680 --> 01:28:14,880
Aí hai unha nave,
detrás hai outra e detrás, outra.

1134
01:28:14,960 --> 01:28:17,200
Esta é a primeira fila.

1135
01:28:17,280 --> 01:28:21,120
Logo hai outra fila
e detrás hai outra fila de naves.

1136
01:28:31,400 --> 01:28:34,720
Estes cans sofren dende que nacen

1137
01:28:34,800 --> 01:28:38,480
ata que morren.
O único que coñecen é sufrimento.

1138
01:28:43,400 --> 01:28:45,280
Fáiseme moi duro estar aquí,

1139
01:28:45,360 --> 01:28:47,800
pero sinto que alguén ten que estar.

1140
01:28:48,440 --> 01:28:50,440
Alguén ten que facer isto.

1141
01:28:50,520 --> 01:28:53,800
Igual que ti fixeches
un sacrificio nese laboratorio.

1142
01:29:29,360 --> 01:29:31,320
Agora entenderasme máis, non?

1143
01:29:31,400 --> 01:29:34,040
Esa impotencia que sentín no cerrado

1144
01:29:34,120 --> 01:29:36,920
e esa gana de saltar.

1145
01:29:37,000 --> 01:29:39,680
Porque os cachorros
que vin chegar ao búnker,

1146
01:29:39,760 --> 01:29:42,080
que vin sufrir,

1147
01:29:43,560 --> 01:29:45,800
e a moitos tívenos que asasinar.

1148
01:29:49,320 --> 01:29:51,360
Tiven que chegar a asasinalos

1149
01:29:53,480 --> 01:29:57,160
para seguir documentando.

1150
01:29:57,320 --> 01:29:59,080
Son de alí,

1151
01:30:00,200 --> 01:30:02,240
de criadeiros coma este.

1152
01:30:03,640 --> 01:30:08,680
Eu no búnker non puiden facer
ningún rescate. Non puiden.

1153
01:30:08,760 --> 01:30:12,760
Por iso admiro tanto
o que fixo Animal Rising en Camp Beagle.

1154
01:30:12,840 --> 01:30:14,600
Quero que os coñezas.

1155
01:30:16,520 --> 01:30:18,600
{\an8}ANIMAL RISING
LOCALIZACIÓN DESCOÑECIDA

1156
01:30:18,680 --> 01:30:22,320
{\an8}- Pulsaches? Velo?
- Cabemos todos?

1157
01:30:22,400 --> 01:30:23,880
{\an8}- O un?
- Penso que si.

1158
01:30:29,720 --> 01:30:32,000
Ola, que tal estás?

1159
01:30:33,440 --> 01:30:35,440
Ninguén o fixera dende os 90.

1160
01:30:36,600 --> 01:30:40,600
{\an8}Antes disto, moita xente chámabanos tolos.

1161
01:30:40,680 --> 01:30:42,720
Pero se queremos, imos entrar

1162
01:30:42,800 --> 01:30:45,080
e imos sacar eses cachorros.

1163
01:30:45,160 --> 01:30:48,480
Tiñamos esa determinación
e esa mentalidade:

1164
01:30:48,560 --> 01:30:50,720
{\an8}"Facemos o correcto e ímolos sacar."

1165
01:30:51,360 --> 01:30:55,280
{\an8}CAMP BEAGLE
DECEMBRO 2022

1166
01:30:55,360 --> 01:31:00,040
{\an8}IMAXES PROPORCIONADAS POR ANIMAL RISING

1167
01:31:00,120 --> 01:31:02,520
{\an8}Sei que fago o correcto. Non agocho nada.

1168
01:31:02,600 --> 01:31:04,280
{\an8}Se o fixésemos infiltrados,

1169
01:31:04,360 --> 01:31:06,680
{\an8}coido que non tería o alcance…

1170
01:31:06,760 --> 01:31:08,840
{\an8}Non estariamos aquí a falar diso.

1171
01:31:18,680 --> 01:31:22,440
{\an8}Penso que moita xente
non intenta facer cousas ambiciosas.

1172
01:31:24,480 --> 01:31:26,920
{\an8}Non sei, pensan que non poden.

1173
01:31:40,560 --> 01:31:42,720
{\an8}18 ACTIVISTAS ACUSADOS DE ROUBO

1174
01:31:42,800 --> 01:31:44,600
{\an8}NUN CENTRO DE EXPERIMENTACIÓN ANIMAL

1175
01:31:44,680 --> 01:31:47,200
Coido que nos centramos na experimentación

1176
01:31:47,280 --> 01:31:49,120
grazas ás imaxes de infiltracións.

1177
01:31:49,200 --> 01:31:50,960
Hai cousas que podo facer eu,

1178
01:31:51,040 --> 01:31:54,920
coma entrar en MBR Acres
e rescatar canciños.

1179
01:31:55,000 --> 01:31:58,160
Pero non sei
se me podería infiltrar tanto tempo

1180
01:31:58,240 --> 01:31:59,320
como fixeches ti.

1181
01:31:59,400 --> 01:32:02,960
O que debiches de vivir é incrible.

1182
01:32:03,040 --> 01:32:05,240
É esencial para o movemento.

1183
01:32:11,880 --> 01:32:14,280
Actuamos sempre sen violencia

1184
01:32:14,360 --> 01:32:16,720
e responsabilizámonos das nosas accións.

1185
01:32:19,120 --> 01:32:21,160
Tamén queremos inspirar a xente

1186
01:32:21,240 --> 01:32:23,400
sobre o que é posible e inspirar a acción.

1187
01:32:30,680 --> 01:32:33,040
- Estás nerviosa?
- Non.

1188
01:32:34,120 --> 01:32:36,600
Si e non, xa sabes.

1189
01:32:37,760 --> 01:32:40,360
Non entendo
por que queres volverte infiltrar.

1190
01:32:40,440 --> 01:32:43,880
Sabes o complicado e o perigoso que é,

1191
01:32:43,960 --> 01:32:45,880
o estresante que é

1192
01:32:45,960 --> 01:32:49,080
e as consecuencias
que pode ter se te pillan.

1193
01:32:52,560 --> 01:32:54,920
Xa, ben o sei.

1194
01:32:57,480 --> 01:32:59,320
Pero alguén o ten que facer.

1195
01:32:59,800 --> 01:33:03,960
Alguén ten que xogar a vida para gravar
a realidade detrás deses muros.

1196
01:33:06,080 --> 01:33:08,480
A xente ten dereito a coñecer a verdade.

1197
01:33:12,000 --> 01:33:16,040
Ese é o meu traballo:
infiltrarme e amosalo.

1198
01:33:22,200 --> 01:33:26,080
Sei que hai <i>lobbies </i>moi poderosos
que nos van seguir perseguindo,

1199
01:33:26,160 --> 01:33:28,720
pero non podemos
deixar de loitar polos animais.

1200
01:33:31,040 --> 01:33:35,000
Esta loita non remata
ata que a derradeira gaiola estea baleira.

1201
01:33:37,600 --> 01:33:43,600
Por iso moita xente vai seguir rescatando,
documentando e protestando.

1202
01:33:48,360 --> 01:33:50,480
E uns poucos, coma min,

1203
01:33:52,000 --> 01:33:53,800
seguiremos a infiltrarnos.

1204
01:36:07,120 --> 01:36:09,120
Subtítulos: Lucía Doval

1205
01:36:09,200 --> 01:36:11,200
Supervisora creativa:
Natalia López Prieto



