1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX

3
00:00:50,333 --> 00:00:51,166
Grazas.

4
00:01:14,666 --> 00:01:17,291
Atención, aquí Vinny.
Mahmoudi acaba de saír.

5
00:01:18,083 --> 00:01:19,375
Agardade por agora.

6
00:01:23,125 --> 00:01:24,208
O obxectivo móvese.

7
00:01:34,125 --> 00:01:35,791
Cruza a rúa. Está alerta.

8
00:01:45,291 --> 00:01:47,833
- Baixa para o metro.
- Sígoo a pé.

9
00:01:53,125 --> 00:01:55,208
Walid, sen heroes. Só o localizamos.

10
00:01:55,291 --> 00:01:56,375
Tranquilo.

11
00:02:03,791 --> 00:02:05,791
O obxectivo volve saír. Enganoume.

12
00:02:11,375 --> 00:02:13,416
A que anda este cabrón?

13
00:02:14,541 --> 00:02:16,500
Volve, Walid. Vai coller un taxi.

14
00:02:16,583 --> 00:02:17,791
Volve, bule.

15
00:02:21,708 --> 00:02:24,416
Atención, sobe a un taxi,
un Mercedes negro.

16
00:02:24,500 --> 00:02:28,875
A matrícula é Bravo,
Sierra, 556, Delta, Alfa.

17
00:02:29,458 --> 00:02:34,541
Repito: Mercedes negro.
Bravo, Sierra, 556, Delta, Alfa.

18
00:02:44,666 --> 00:02:46,791
Sami, vaiche. Rúa David d'Angers.

19
00:02:50,166 --> 00:02:51,416
Coidado!

20
00:02:54,833 --> 00:02:56,583
Atención, rúa Fraternité.

21
00:02:58,666 --> 00:03:00,166
Sami, para Antoine. A onde?

22
00:03:00,833 --> 00:03:03,083
Vai cara a vós. Deberiádelo ver axiña.

23
00:03:10,791 --> 00:03:12,708
Atención, collemos Sérurier.

24
00:03:13,708 --> 00:03:16,208
- Antoine, Richard, quietos. Témolo.
- Recibido.

25
00:03:22,875 --> 00:03:25,333
Vinny, para Sami. Tráfico en Mouzaïa.

26
00:03:26,250 --> 00:03:28,666
Semáforo vermello en Sérurier.

27
00:03:38,083 --> 00:03:40,083
Cabrón. Está a dar a volta.

28
00:03:40,666 --> 00:03:42,833
Hanna, ocúpate. Antoine, valo ver.

29
00:03:42,916 --> 00:03:44,833
- Deu volta.
- Vale, téñoo.

30
00:03:45,750 --> 00:03:46,666
Incrible.

31
00:03:52,458 --> 00:03:55,916
- Antoine, védelo?
- Pasou agora por nós. Seguímolo.

32
00:04:03,000 --> 00:04:03,875
Móvete!

33
00:04:09,125 --> 00:04:10,250
Acelera.

34
00:04:10,333 --> 00:04:13,500
- Vinny, Walid, onde estades?
- Sérurier, cara a vós.

35
00:04:17,875 --> 00:04:20,833
Sepárome. Xirou á dereita.
Antoine, onde estás?

36
00:04:20,916 --> 00:04:22,583
Si, xa vin. Imos para aí.

37
00:04:26,625 --> 00:04:28,916
Coidado, non hai saída. Vai dar volta.

38
00:04:30,666 --> 00:04:32,125
Xa sae. Segue no taxi.

39
00:04:38,875 --> 00:04:40,791
Antoine, Richard, onde estades?

40
00:04:40,875 --> 00:04:43,375
Cacháronnos.
Está en Boulevard d'Indochine.

41
00:04:43,458 --> 00:04:44,333
Retrocedede.

42
00:04:44,416 --> 00:04:46,333
- Encárgome eu.
- Recibido.

43
00:04:52,125 --> 00:04:53,333
Xira en Périgueux.

44
00:04:53,416 --> 00:04:55,583
- Sami, vaiche.
- Ben.

45
00:04:56,375 --> 00:04:59,791
- Vinny, onde cona estás?
- Esquina Belleville-Pixérécourt.

46
00:05:00,541 --> 00:05:01,583
Hanna, vas ti.

47
00:05:05,250 --> 00:05:08,583
Vale, volvo. Teño visión.
Vai coller Plâtrières.

48
00:05:08,666 --> 00:05:11,708
Cólloo no cruzamento.
Vinny, cal é a vosa posición?

49
00:05:12,541 --> 00:05:14,375
Sigo atascado, carallo.

50
00:05:31,541 --> 00:05:33,000
Que cona fai?

51
00:05:36,833 --> 00:05:39,250
Fillo de… Saíu. Onde estades?

52
00:05:39,333 --> 00:05:40,333
Sami, agora que?

53
00:05:42,708 --> 00:05:46,000
Vai coller unha moto.
Ímolo perder na ponte peonil.

54
00:05:47,125 --> 00:05:48,250
Hanna, sígueo.

55
00:06:13,333 --> 00:06:14,166
Antoine!

56
00:07:32,666 --> 00:07:33,666
Como te chamas?

57
00:07:34,250 --> 00:07:35,333
Antoine.

58
00:07:35,416 --> 00:07:36,500
Antoine que máis?

59
00:07:37,250 --> 00:07:38,291
Só Antoine.

60
00:07:40,375 --> 00:07:42,166
Por que me segues, Antoine?

61
00:07:43,166 --> 00:07:44,125
Sábelo ben.

62
00:07:49,416 --> 00:07:50,333
Nin o intentes.

63
00:07:51,666 --> 00:07:52,625
Demasiada xente.

64
00:07:58,083 --> 00:07:59,250
Deica a próxima.

65
00:08:20,708 --> 00:08:22,125
PERIGOSO, PODE IR ARMADO

66
00:08:22,208 --> 00:08:25,125
Pola BII, por Hanna e Antoine,

67
00:08:25,208 --> 00:08:27,250
por unha boa persecución en moto.

68
00:08:28,041 --> 00:08:31,291
E por Walid, que o enganaron
no metro coma un novato.

69
00:08:31,375 --> 00:08:32,875
Como picaches!

70
00:08:33,791 --> 00:08:36,541
A contravixilancia
é de primeiro de policía.

71
00:08:36,625 --> 00:08:38,000
Se foses á academia.

72
00:08:38,083 --> 00:08:40,458
Eh, Walid? É o que pasa cos militares.

73
00:08:41,083 --> 00:08:44,291
Quince anos na Lexión Estranxeira
reptando pola merda ao sol

74
00:08:44,375 --> 00:08:46,750
amolécenche o cerebro. Non te culpamos.

75
00:08:46,833 --> 00:08:49,166
Non durariades nin tres días de manobras.

76
00:08:49,250 --> 00:08:51,791
Sobre todo ti,
con ese bigote de Freddie Mercury.

77
00:08:52,291 --> 00:08:54,000
Que facemos con Mahmoudi?

78
00:08:54,958 --> 00:08:58,208
Pois teremos que agardar
ata que reapareza.

79
00:08:59,291 --> 00:09:01,125
Pasará desapercibido un tempo.

80
00:09:01,208 --> 00:09:03,500
E o informante? El que di?

81
00:09:03,583 --> 00:09:05,541
Nada, desapareceu do mapa.

82
00:09:07,583 --> 00:09:08,625
Volvemos ao inicio.

83
00:09:08,708 --> 00:09:11,166
Puidemos collelo á saída do bar.

84
00:09:11,250 --> 00:09:14,750
Pero as ordes eran localizalo
e identificar contactos.

85
00:09:14,833 --> 00:09:16,375
Non temos nada para collelo.

86
00:09:19,416 --> 00:09:22,666
Case me corta o pescozo o director xeral.

87
00:09:25,458 --> 00:09:26,958
Pero tomo unha convosco.

88
00:09:28,666 --> 00:09:33,208
Como suporedes, entre os de arriba
a misión non tivo apoio unánime.

89
00:09:33,291 --> 00:09:34,791
- É dicir…?
- Grazas, Hanna.

90
00:09:34,875 --> 00:09:38,458
Digamos que ao prefecto
e a algúns ministros co cu apertado

91
00:09:38,541 --> 00:09:41,208
non lles entusiasmou
a persecución por París.

92
00:09:41,291 --> 00:09:42,250
En serio?

93
00:09:45,208 --> 00:09:47,791
Lestes a última circular, non si?

94
00:09:49,166 --> 00:09:51,916
Nada de abusar da forza.
Demasiados incidentes.

95
00:09:52,000 --> 00:09:54,208
Dei convencido a IGPN

96
00:09:54,291 --> 00:09:57,250
para evitar unha denuncia
por condución temeraria,

97
00:09:58,208 --> 00:10:02,125
xa que uns motoristas papahostias
se queixaron da vosa persecución.

98
00:10:03,208 --> 00:10:05,750
A próxima vez
non poderei facer gran cousa.

99
00:10:05,833 --> 00:10:07,625
Condución temeraria? En serio?

100
00:10:08,666 --> 00:10:11,750
Ímonos despedindo
dos oito euros de perigosidade.

101
00:10:14,333 --> 00:10:16,750
Traballades nisto polos cartos? Non.

102
00:10:16,833 --> 00:10:17,750
Pola gloria.

103
00:10:18,250 --> 00:10:19,291
A gloria?

104
00:10:19,375 --> 00:10:20,208
Un chisco.

105
00:10:21,958 --> 00:10:23,666
A gloria é o sol dos mortos.

106
00:10:24,833 --> 00:10:26,791
Un poli morto non serve de nada.

107
00:10:30,958 --> 00:10:34,166
- Hanna, estás ben da caída?
- Estou. Grazas, xefe.

108
00:10:34,750 --> 00:10:37,291
Iso é o que importa,
que non houbo feridos.

109
00:10:38,250 --> 00:10:39,666
Mañá é outro día.

110
00:10:43,958 --> 00:10:45,541
Abur, boa noite.

111
00:10:45,625 --> 00:10:47,625
- Boa noite, xefe.
- Boa noite.

112
00:11:01,833 --> 00:11:05,333
Que truco tes? Contas os pasos
ou hai unha marca no chan?

113
00:11:05,416 --> 00:11:07,000
- Como dis?
- Non sei.

114
00:11:07,083 --> 00:11:11,083
Sempre me colles a man aí,
coma se pasases a unha zona segura.

115
00:11:11,666 --> 00:11:13,166
Ti es a miña zona segura.

116
00:11:14,833 --> 00:11:16,333
Vés á miña casa logo?

117
00:11:18,500 --> 00:11:19,875
Lévote eu.

118
00:11:21,416 --> 00:11:23,291
Antoine, por favor, non vaias.

119
00:11:23,375 --> 00:11:24,916
É a derradeira vez.

120
00:11:27,541 --> 00:11:30,083
Prometinllo a Marcus. Non me queda outra.

121
00:11:30,166 --> 00:11:32,125
Un día vaite embarrar, pero ben.

122
00:11:32,916 --> 00:11:34,875
Entendes? Perderalo todo.

123
00:11:36,750 --> 00:11:37,791
Teño que marchar.

124
00:11:53,083 --> 00:11:55,375
Cabaleiros, escoitade.

125
00:11:55,458 --> 00:11:58,708
Sen cuspir, sen morder, sen ir aos ollos.

126
00:11:58,791 --> 00:12:00,458
Nada por debaixo do cinto.

127
00:12:00,541 --> 00:12:02,666
Sen límite de tempo.

128
00:12:02,750 --> 00:12:06,083
A única condición para gañar
é quedar de último en pé.

129
00:12:06,916 --> 00:12:07,875
Que gañe o mellor.

130
00:12:32,083 --> 00:12:32,958
Érguete!

131
00:13:48,375 --> 00:13:49,541
Toma, a túa pasta.

132
00:13:50,041 --> 00:13:50,958
Grazas.

133
00:13:55,666 --> 00:13:58,166
Teño outra pelexa para ti,
se che interesa.

134
00:13:59,500 --> 00:14:03,000
Un mafioso de Aubervilliers.
Coido que che ten teima.

135
00:14:05,041 --> 00:14:06,083
Déixoo, Marcus.

136
00:14:08,000 --> 00:14:10,583
Douche cinco veces o de hoxe. Pénsao.

137
00:14:18,083 --> 00:14:19,500
Xa o pensei.

138
00:15:58,166 --> 00:16:01,083
Tres costelas rotas,
afundimento da caixa torácica

139
00:16:01,166 --> 00:16:04,583
e perforación do pulmón esquerdo
para Ibrahim Bouchouari.

140
00:16:04,666 --> 00:16:09,208
Fractura do antebrazo esquerdo,
nariz e mandíbula para Dylan Malouda.

141
00:16:09,291 --> 00:16:11,041
Por último, traumatismo cranial

142
00:16:11,125 --> 00:16:12,833
e múltiples fracturas na cara

143
00:16:12,916 --> 00:16:16,291
que resultaron nun coma de 24 horas
para Saïd Nguyen.

144
00:16:16,375 --> 00:16:17,625
Iso é defensa propia?

145
00:16:18,625 --> 00:16:20,041
Eu chámolle persecución.

146
00:16:23,416 --> 00:16:27,666
Ademais vén de participar
nunha pelexa ilegal remunerada,

147
00:16:27,750 --> 00:16:29,875
amañada polo seu amigo Marcus Reinhart.

148
00:16:31,250 --> 00:16:33,333
Comprenderá que isto é incompatible

149
00:16:33,416 --> 00:16:36,541
coas regras que dita
o código deontolóxico policial.

150
00:16:38,166 --> 00:16:40,416
Hai canto que practica artes marciais?

151
00:16:42,125 --> 00:16:43,458
Dende os dez anos.

152
00:16:43,541 --> 00:16:47,125
Ninguén lle dixo que a mellor cualidade
dun loitador é o autocontrol?

153
00:16:48,458 --> 00:16:49,458
Que quere?

154
00:16:51,166 --> 00:16:52,875
Que me sinta culpable?

155
00:16:54,000 --> 00:16:56,625
Atacáronme, xa llo dixen.
Eu non fixen nada.

156
00:16:58,041 --> 00:16:59,541
Inténtolle facer entender

157
00:16:59,625 --> 00:17:02,541
que me vai ser difícil mantelo na BII.

158
00:17:06,250 --> 00:17:09,541
Dado o seu historial
e a avaliación dos seus superiores,

159
00:17:09,625 --> 00:17:13,250
pódolle evitar unha audiencia
disciplinaria e unha suspensión.

160
00:17:14,875 --> 00:17:17,875
Suxírolle que se meta
nun departamento menos activo,

161
00:17:17,958 --> 00:17:19,416
con menos saídas.

162
00:17:19,500 --> 00:17:23,583
Na comisaría central de Bobigny
queren xente. Acolleríano encantados.

163
00:17:23,666 --> 00:17:24,666
Bobigny?

164
00:17:24,750 --> 00:17:26,458
Si, Bobigny. Síntollo.

165
00:17:33,000 --> 00:17:35,875
Por que aceptaches esa pelexa de merda?

166
00:17:38,875 --> 00:17:39,875
Que queres?

167
00:17:40,750 --> 00:17:44,291
Rebentar a cada zalapastrán
que lles teña teima aos policías?

168
00:17:47,458 --> 00:17:52,041
Túa nai xa perdeu un fillo, Antoine.
Pensas que quere perder outro?

169
00:17:57,291 --> 00:17:59,541
O director de Bobigny é amigo meu.

170
00:18:00,791 --> 00:18:04,833
Direille que ignore a parva esa
e metereite na BAC.

171
00:18:05,500 --> 00:18:07,708
Poderás polo menos seguir traballando

172
00:18:08,208 --> 00:18:11,166
sen ter que estar nunha mesa
a encher papelame.

173
00:18:12,833 --> 00:18:16,333
Só un par de anos.
Logo podes volver. Tes a miña palabra.

174
00:18:19,625 --> 00:18:20,958
Sei o que pensas.

175
00:18:22,625 --> 00:18:23,875
Os polis caen.

176
00:18:24,458 --> 00:18:26,166
Os malos seguen a bailar.

177
00:18:26,916 --> 00:18:28,625
O mundo non ten sentido.

178
00:18:32,833 --> 00:18:35,333
Déixovos. Sorte no que veña.

179
00:18:40,958 --> 00:18:42,166
Estamos ao corrente.

180
00:18:43,833 --> 00:18:45,250
Ven tomar un grolo.

181
00:18:45,333 --> 00:18:47,125
Non, déixao estar, Sami.

182
00:18:47,208 --> 00:18:49,958
Mira, que hora é? Menos cinco?

183
00:18:50,041 --> 00:18:52,833
- Si.
- Quédanche cinco minutos ás miñas ordes.

184
00:18:54,916 --> 00:18:57,083
Veña, os outros están a agardar.

185
00:18:59,291 --> 00:19:00,208
Vamos.

186
00:19:10,416 --> 00:19:11,541
Agarda!

187
00:19:22,041 --> 00:19:22,958
Que tal?

188
00:19:26,000 --> 00:19:27,000
Que queres?

189
00:19:31,166 --> 00:19:32,166
Todo ben?

190
00:19:56,541 --> 00:20:00,416
Antoine!

191
00:20:09,541 --> 00:20:14,333
Isto non é un adeus, Antoine.

192
00:20:14,416 --> 00:20:19,458
Isto non é un adeus.

193
00:20:19,541 --> 00:20:24,625
Volverémonos ver, Antoine.

194
00:20:24,708 --> 00:20:28,833
Isto non é un adeus.

195
00:21:00,708 --> 00:21:02,708
A pelexa que dixeches segue en pé?

196
00:22:22,583 --> 00:22:23,500
Onde está?

197
00:22:24,083 --> 00:22:25,916
Co médico. Estano a coser.

198
00:22:26,000 --> 00:22:27,125
Está moi mal?

199
00:22:28,625 --> 00:22:29,875
Esnaquizárono.

200
00:22:31,833 --> 00:22:33,458
Tróuxoo el e chamounos.

201
00:22:33,541 --> 00:22:36,875
Antoine chamouno para pelexar
cun mangallón de Aubervilliers,

202
00:22:36,958 --> 00:22:38,958
un narco con gana de zoscarlle a un poli.

203
00:22:39,875 --> 00:22:41,541
Foi á merda no ring.

204
00:22:42,250 --> 00:22:43,250
Que queres dicir?

205
00:22:45,000 --> 00:22:47,375
Seica Antoine se deixou mallar.

206
00:22:49,875 --> 00:22:52,125
Richard, tomásteslle declaración?

207
00:22:52,208 --> 00:22:53,291
Aínda non.

208
00:22:54,208 --> 00:22:55,208
Ben, vale.

209
00:22:56,083 --> 00:23:00,500
Collede os homes que precisedes
e traédeme o tipo que esnaquizou a Antoine

210
00:23:00,583 --> 00:23:02,333
e as testemuñas desta merda.

211
00:23:02,416 --> 00:23:04,375
- Non pode saír de aquí.
- Si, xefe.

212
00:23:04,458 --> 00:23:07,541
Eu ocúpome del.
Hanna, ti queda con Antoine.

213
00:23:07,625 --> 00:23:08,458
Ben.

214
00:23:30,375 --> 00:23:32,458
Antoine!

215
00:23:33,583 --> 00:23:35,375
Respóndeme, hostia!

216
00:23:36,375 --> 00:23:37,500
Que fas?

217
00:24:16,916 --> 00:24:21,083
6 MESES DESPOIS…

218
00:24:28,166 --> 00:24:30,375
Vinny, pódesme coller cando te chamo.

219
00:24:32,000 --> 00:24:35,500
- Non me levo ben co teléfono.
- E logo? Andas en leas?

220
00:24:36,166 --> 00:24:37,791
Coñeces algún poli que non?

221
00:24:40,333 --> 00:24:42,875
- Outro whisky, por favor.
- Si, un segundo.

222
00:24:44,750 --> 00:24:45,791
- Dobre?
- Si.

223
00:24:47,208 --> 00:24:49,833
- Outra, Walid?
- Non, grazas, eu paro xa.

224
00:24:50,583 --> 00:24:53,291
E Richard? Non o teño visto.
Non anda con vós?

225
00:24:53,375 --> 00:24:54,750
Non anda, non.

226
00:24:54,833 --> 00:24:56,250
Posnos dous mojitos?

227
00:24:56,333 --> 00:24:57,625
Vou, si.

228
00:24:58,333 --> 00:24:59,333
Pasa a tarxeta.

229
00:24:59,916 --> 00:25:02,625
- Toma.
- Sacha, o mesmo, fai favor.

230
00:25:02,708 --> 00:25:03,791
Whisky con cola.

231
00:25:03,875 --> 00:25:05,333
Que rapidez.

232
00:25:06,291 --> 00:25:09,541
Amodo. Vinny, mañá temos misión.

233
00:25:09,625 --> 00:25:11,208
Impórtacheme unha merda.

234
00:25:11,291 --> 00:25:13,708
Vinny, ao final sempre damos saído.

235
00:25:13,791 --> 00:25:15,125
Vai ao carallo, Walid.

236
00:25:16,000 --> 00:25:17,041
Vai ir todo ben.

237
00:25:17,625 --> 00:25:18,583
Confía en min.

238
00:25:19,166 --> 00:25:21,458
Lévote á casa. Vas cargado de máis.

239
00:25:21,541 --> 00:25:22,875
Para, ho!

240
00:25:22,958 --> 00:25:26,208
Se queres chuparlle a pirola a Sami, ben.
A min déixame.

241
00:25:26,708 --> 00:25:28,125
Vaite, déixame.

242
00:25:30,541 --> 00:25:31,791
Saca a tarxeta.

243
00:25:33,666 --> 00:25:34,750
Xeo, por favor.

244
00:25:35,250 --> 00:25:37,125
Vou, un momento.

245
00:25:41,500 --> 00:25:44,166
Que pasa, Vinny?
Por que non mo queres dicir?

246
00:25:45,166 --> 00:25:46,083
Cóntame.

247
00:25:47,541 --> 00:25:50,791
- Non te preocupes. Ponme outra…
- Xa che chegou.

248
00:26:25,208 --> 00:26:26,166
Boa noite.

249
00:27:02,875 --> 00:27:04,791
Antoine Cerda. Deixa unha mensaxe.

250
00:27:05,291 --> 00:27:06,958
Antoine, son eu.

251
00:27:07,625 --> 00:27:09,250
Perdoa polas horas, meu.

252
00:27:10,291 --> 00:27:12,541
Pero é importante. Témonos que ver.

253
00:27:13,791 --> 00:27:16,208
Cagámola. Non cho podo dicir por teléfono…

254
00:27:46,833 --> 00:27:47,833
Si?

255
00:27:48,500 --> 00:27:49,958
Ola, Antoine. Son Sami.

256
00:27:53,000 --> 00:27:54,791
Dispararon a Vinny esta noite.

257
00:27:55,708 --> 00:27:59,166
Queríacho dicir
antes de que o oíses nos medios.

258
00:28:01,166 --> 00:28:02,250
Como foi?

259
00:28:03,958 --> 00:28:07,000
Un cabrón agardouno nun aparcadoiro.
Disparoulle no coche.

260
00:28:08,083 --> 00:28:09,625
Estámolo investigando.

261
00:28:11,541 --> 00:28:13,541
Se queres vir ao funeral,

262
00:28:14,833 --> 00:28:16,083
xa sabes onde é.

263
00:28:16,875 --> 00:28:17,708
Chao.

264
00:28:33,541 --> 00:28:35,625
Antoine, son eu.

265
00:28:36,125 --> 00:28:37,750
Perdoa polas horas, meu.

266
00:28:38,500 --> 00:28:40,791
Pero é importante. Témonos que ver.

267
00:28:42,083 --> 00:28:44,791
Cagámola. Non cho podo dicir por teléfono…

268
00:29:11,541 --> 00:29:17,000
COMISARÍA CENTRAL DE BOBIGNY

269
00:29:26,208 --> 00:29:27,208
Que tal, Titus?

270
00:29:40,291 --> 00:29:41,833
Oíches o do teu colega?

271
00:29:43,916 --> 00:29:45,416
Si, traballabamos xuntos.

272
00:29:46,916 --> 00:29:48,000
Era amigo teu?

273
00:29:48,083 --> 00:29:49,791
Eramos todos amigos.

274
00:29:53,416 --> 00:29:54,750
Que cabróns.

275
00:29:54,833 --> 00:29:58,250
Matar un policía así,
de noite, a sangue frío.

276
00:30:00,375 --> 00:30:03,791
Que pensas que foi?
Un axuste de contas? Vinganza?

277
00:30:04,750 --> 00:30:05,875
Nin idea.

278
00:30:06,958 --> 00:30:07,916
Antoine!

279
00:30:08,791 --> 00:30:11,916
Unha muller pregunta por ti.
Di que é importante.

280
00:30:12,416 --> 00:30:14,750
- Dixo como se chama?
- Esteves.

281
00:30:14,833 --> 00:30:16,500
Traballaches co home dela.

282
00:30:25,166 --> 00:30:27,666
- Vémonos no aparcadoiro.
- Vale.

283
00:30:34,250 --> 00:30:35,125
Sofia?

284
00:30:38,125 --> 00:30:39,833
Richard desapareceu, Antoine.

285
00:30:42,500 --> 00:30:43,833
Como que desapareceu?

286
00:30:45,958 --> 00:30:48,666
Levaba un mes na clínica Barbanes.

287
00:30:49,166 --> 00:30:51,625
A directora chamoume hai oito días.

288
00:30:52,375 --> 00:30:54,625
Escapou do cuarto e desapareceu.

289
00:30:56,666 --> 00:30:59,416
Despois do de onte,
temo que lle pasase algo.

290
00:31:00,291 --> 00:31:01,666
Que facía en Barbanes?

291
00:31:06,708 --> 00:31:10,416
Cando marchaches
cambiou o ambiente no grupo.

292
00:31:12,041 --> 00:31:13,708
Hanna foi para Antidroga.

293
00:31:16,833 --> 00:31:18,583
Sami pechouse en banda.

294
00:31:20,250 --> 00:31:22,750
Vinny perdeuse na noite tralo divorcio

295
00:31:23,916 --> 00:31:25,291
e Richard seguiuno.

296
00:31:26,833 --> 00:31:29,166
Non teño novas del dende hai oito días.

297
00:31:31,083 --> 00:31:33,583
- Denunciaches a desaparición?
- No día.

298
00:31:34,708 --> 00:31:39,208
Deilles unha foto aos axentes.
Dixeron que ían rexistralo.

299
00:31:42,458 --> 00:31:45,875
Está a pasar algo moi grave, Antoine.
Estou certa.

300
00:31:46,708 --> 00:31:50,041
Tres axentes da Brigada Criminal
viñeron esta mañá.

301
00:31:51,041 --> 00:31:53,375
Fixéronme mil preguntas de Richard.

302
00:31:53,458 --> 00:31:55,375
Rexistraron a casa toda.

303
00:31:55,458 --> 00:31:59,125
Non atoparon nada
e marcharon sen dar explicacións.

304
00:32:00,166 --> 00:32:01,416
Quen estaba na BC?

305
00:32:03,583 --> 00:32:04,666
Unha muller.

306
00:32:08,750 --> 00:32:12,000
Díxome que a avisase
se Richard contactaba comigo.

307
00:32:13,250 --> 00:32:16,166
Cécile Wagner, a nova xefa.

308
00:32:16,666 --> 00:32:19,500
E Sami que di?
Intentaches contactar con el?

309
00:32:20,250 --> 00:32:22,000
Varias veces. Non colle.

310
00:32:23,125 --> 00:32:24,125
Vale.

311
00:32:24,875 --> 00:32:26,916
Verei o que podo facer, de acordo?

312
00:32:27,000 --> 00:32:28,708
Pero non podo prometer nada.

313
00:32:33,583 --> 00:32:34,500
Toma.

314
00:32:36,416 --> 00:32:37,916
Teño que marchar, perdoa.

315
00:33:02,041 --> 00:33:06,333
Central a TNZ. Apareceu un cadáver
nun soar preto de Abreuvoir.

316
00:33:06,416 --> 00:33:10,083
Parece un compañeiro.
O equipo da BAC agárdavos alí.

317
00:33:11,125 --> 00:33:12,125
Vale, imos.

318
00:33:34,041 --> 00:33:35,458
- Bos días.
- Ola.

319
00:33:36,458 --> 00:33:39,666
- Grazas por virdes tan axiña.
- Avisastes a BC?

320
00:33:39,750 --> 00:33:42,875
Si, pero tiveron un problema co coche.
Non han tardar.

321
00:33:43,625 --> 00:33:46,166
- E o corpo?
- Un tiro na cabeza.

322
00:33:46,708 --> 00:33:48,666
Atopouno un obreiro cando chegou.

323
00:34:48,208 --> 00:34:49,291
CLÍNICA BARBANES

324
00:34:49,375 --> 00:34:52,125
ASOCIACIÓN NACIONAL
DE ACCIÓN SOCIAL DA POLICÍA

325
00:35:09,166 --> 00:35:10,291
Capitán Cerda?

326
00:35:11,250 --> 00:35:14,666
Dra. Claire Budzinski,
a psiquiatra a cargo do centro.

327
00:35:14,750 --> 00:35:17,375
- Falamos por teléfono.
- Boas tardes.

328
00:35:17,458 --> 00:35:19,375
Richard Esteves era paciente meu.

329
00:35:19,458 --> 00:35:23,166
Comprenderá que non poida
proporcionar moita información.

330
00:35:23,250 --> 00:35:25,250
A famosa confidencialidade.

331
00:35:25,333 --> 00:35:28,000
Xa, pero o feito
de que fuxise deste centro

332
00:35:28,083 --> 00:35:32,708
onde vostede é a última responsable
deberíanos permitir romper esa regra, ou?

333
00:35:35,250 --> 00:35:37,208
Que lle pasaba a Richard?

334
00:35:37,291 --> 00:35:40,125
Delirio de interpretación
de Sérieux e Capgras.

335
00:35:40,625 --> 00:35:42,333
Paranoia, se prefire.

336
00:35:42,416 --> 00:35:44,791
Supoño que os axentes
rexistraron o cuarto.

337
00:35:44,875 --> 00:35:48,333
Non eran simples axentes.
Eran da Brigada Criminal.

338
00:35:48,416 --> 00:35:49,583
Atoparon algo?

339
00:35:49,666 --> 00:35:53,083
Richard non tiña nada,
só un chándal e cousas de aseo.

340
00:35:53,583 --> 00:35:54,583
É aquí.

341
00:36:11,208 --> 00:36:13,791
Con quen falaba, ademais de con vostede?

342
00:36:13,875 --> 00:36:14,916
Con ninguén.

343
00:36:15,000 --> 00:36:18,000
A única persoa
coa que o vía falar de cando en vez

344
00:36:18,083 --> 00:36:20,750
era o seu antigo veciño de cuarto,
Victor Garnier.

345
00:36:20,833 --> 00:36:22,208
Onde o podo atopar?

346
00:36:22,291 --> 00:36:25,958
A esta hora, probablemente
no banco onda o río, coma decote.

347
00:36:26,041 --> 00:36:26,875
Que fai aquí?

348
00:36:26,958 --> 00:36:29,583
Perdeu a muller e a filla nun accidente.

349
00:36:30,083 --> 00:36:31,208
Conducía el.

350
00:36:47,250 --> 00:36:48,250
Victor Garnier?

351
00:36:50,750 --> 00:36:52,291
Que lle queres?

352
00:36:54,833 --> 00:36:57,625
Falar de Richard Esteves. Pode ser?

353
00:36:58,916 --> 00:37:01,458
Xa llelo contei todo aos papóns da BC.

354
00:37:03,583 --> 00:37:05,166
Ti quen vés sendo?

355
00:37:05,250 --> 00:37:08,250
Antoine Cerda.
Estou na BAC, departamento 93.

356
00:37:08,333 --> 00:37:10,583
Antes estaba na BII con Richard.

357
00:37:10,666 --> 00:37:12,625
Ah, si, botáronte.

358
00:37:13,291 --> 00:37:14,416
Sei a túa historia.

359
00:37:16,250 --> 00:37:17,750
Que queres saber?

360
00:37:18,708 --> 00:37:20,375
O que el lle contase.

361
00:37:21,083 --> 00:37:23,375
Seica só falaba con vostede.

362
00:37:24,125 --> 00:37:25,166
A ver, "falar"…

363
00:37:26,250 --> 00:37:29,000
"Falar" éche moito dicir.

364
00:37:31,375 --> 00:37:35,041
O teu amigo estaba tolo perdido.
Só dicía parvadas.

365
00:37:36,250 --> 00:37:37,583
Que clase de parvadas?

366
00:37:40,125 --> 00:37:41,125
Parvadas.

367
00:37:44,250 --> 00:37:47,500
Dixo que se metera nunha lea
cun delincuente dos grandes

368
00:37:48,791 --> 00:37:53,041
que formaba parte dunha organización
internacional que o quería morto,

369
00:37:53,125 --> 00:37:54,750
a el e mais a súa familia.

370
00:37:56,666 --> 00:38:01,833
Dixo que a administración lles fallara
logo dunha misión confidencial de defensa

371
00:38:01,916 --> 00:38:04,541
na que el e o seu equipo
a cagaran. En fin…

372
00:38:05,875 --> 00:38:07,666
Parvadas de paranoico.

373
00:38:08,958 --> 00:38:10,833
Por iso veu agocharse aquí.

374
00:38:13,208 --> 00:38:15,375
Non lle dixo cal fora a misión?

375
00:38:16,416 --> 00:38:17,250
Non.

376
00:38:18,333 --> 00:38:21,958
Dixo que a cagaran, pero ben,
e que o ían pagar todos.

377
00:38:22,666 --> 00:38:23,625
"Todos" quen?

378
00:38:24,125 --> 00:38:25,500
Iso, amigo meu…

379
00:38:26,750 --> 00:38:27,958
Non che son adiviño.

380
00:38:29,166 --> 00:38:31,000
Pregúntallo cando o atopes.

381
00:38:33,625 --> 00:38:35,416
Dáme a min que a estas alturas

382
00:38:36,291 --> 00:38:38,291
xa estará colgado dunha árbore

383
00:38:38,791 --> 00:38:42,500
ou chuchando o canón da pistola
para se voar os miolos.

384
00:38:43,875 --> 00:38:45,500
Así acaban todos.

385
00:38:48,708 --> 00:38:51,416
E o delincuente da lea

386
00:38:52,333 --> 00:38:53,583
dixo como se chamaba?

387
00:38:55,500 --> 00:38:57,666
Só dixo que era un equipo grande

388
00:38:57,750 --> 00:39:01,708
e que de facerse público,
sairíalles a todos o conto furado.

389
00:39:04,041 --> 00:39:05,791
Non sabe onde pode estar?

390
00:39:06,291 --> 00:39:09,458
Un enderezo ou algún detalle
que me poida axudar?

391
00:39:09,541 --> 00:39:10,541
Axudarche a que?

392
00:39:12,458 --> 00:39:14,416
Díxenche que estaba fóra de si.

393
00:39:16,250 --> 00:39:18,666
Non era o Richard que eu coñecía.

394
00:39:19,166 --> 00:39:20,166
Como di?

395
00:39:21,708 --> 00:39:25,916
Fun supervisor del cando entrou
na Policía Xudicial hai 15 anos.

396
00:39:27,500 --> 00:39:30,958
Traballamos xuntos cinco anos
e logo entrou na BII.

397
00:39:34,625 --> 00:39:36,291
Non terás un cigarro?

398
00:39:36,375 --> 00:39:38,000
Non fumo, síntollo.

399
00:39:39,833 --> 00:39:41,666
Esta nova xeración de policías…

400
00:39:42,166 --> 00:39:43,958
Non fuman, non beben.

401
00:39:45,958 --> 00:39:47,291
Fodes polo menos?

402
00:39:54,416 --> 00:39:55,916
Tíñache aprecio.

403
00:39:56,000 --> 00:39:57,750
Falaba a miúdo de ti,

404
00:39:58,625 --> 00:40:00,416
da cabronada que che fixeron.

405
00:40:02,875 --> 00:40:04,208
Queres un consello?

406
00:40:06,041 --> 00:40:07,958
Estea onde estea, déixao estar.

407
00:40:08,750 --> 00:40:10,166
Por que me di iso?

408
00:40:10,250 --> 00:40:11,208
Porque si.

409
00:40:12,750 --> 00:40:14,000
Se o que dixo é certo,

410
00:40:14,083 --> 00:40:17,708
acabarás aquí ou no cemiterio,
onde ninguén te escoitará.

411
00:40:26,708 --> 00:40:27,750
Agora…

412
00:40:30,708 --> 00:40:32,625
se che gusta meterte en leas,

413
00:40:33,333 --> 00:40:36,375
colle este papel e marca ese número.

414
00:40:36,458 --> 00:40:39,666
Richard díxome
que chamase aí se lle pasaba algo.

415
00:40:41,500 --> 00:40:44,541
Non llelo dixen aos outros.
Amáñao pola túa conta.

416
00:40:49,166 --> 00:40:50,708
Porque pareces bo rapaz.

417
00:40:52,375 --> 00:40:53,333
Grazas.

418
00:40:54,750 --> 00:40:55,583
Nada.

419
00:41:12,500 --> 00:41:13,625
Que fas aquí?

420
00:41:14,291 --> 00:41:15,666
Temos que falar, Hanna.

421
00:41:17,958 --> 00:41:18,958
De que?

422
00:41:20,791 --> 00:41:23,166
Cabrón. Hai seis meses que non te vexo.

423
00:41:23,250 --> 00:41:25,666
Non fuches
nin aos funerais dos teus amigos.

424
00:41:26,666 --> 00:41:28,916
Seino, síntoo. Non foi por ti.

425
00:41:32,666 --> 00:41:34,625
Alégrome de que non sexa por min.

426
00:41:36,791 --> 00:41:38,041
Que me queres?

427
00:41:40,166 --> 00:41:41,833
Téñoche que pedir un favor.

428
00:41:44,083 --> 00:41:47,000
- Aínda es amiga das de identificación?
- Por que?

429
00:41:48,458 --> 00:41:51,458
Un tipo da clínica Barbanes
deume un número.

430
00:41:51,541 --> 00:41:53,791
Non sei de quen é. Non paro de chamar.

431
00:41:53,875 --> 00:41:56,166
- Só teño que identificalo.
- Barbanes?

432
00:41:57,541 --> 00:41:59,666
Si, Richard botou un mes alí.

433
00:42:00,833 --> 00:42:01,916
Tiña un amigo.

434
00:42:02,000 --> 00:42:05,916
Deulle este número
para chamar se houbese algún problema.

435
00:42:07,750 --> 00:42:10,291
Non sei o que fixestes nin o que pasou.

436
00:42:10,375 --> 00:42:12,875
- Pero é grave.
- Eu non sei nada. Estou en drogas.

437
00:42:12,958 --> 00:42:15,875
- Pregúntalle a Sami.
- Non colle. Non sei a que anda.

438
00:42:15,958 --> 00:42:16,875
Que mágoa.

439
00:42:18,708 --> 00:42:22,750
Falei con Balestra. Dixo que era
un vello asunto e que non me metese.

440
00:42:23,708 --> 00:42:25,833
Non sei o que pasa, non o entendo.

441
00:42:26,791 --> 00:42:29,083
Pero está a amolar a moita xente.

442
00:42:29,166 --> 00:42:30,208
Ai, si? A quen?

443
00:42:31,666 --> 00:42:33,250
Wagner e os sabuxos dela.

444
00:42:34,291 --> 00:42:35,500
Que queres dicir?

445
00:42:36,791 --> 00:42:38,416
Son os responsables disto?

446
00:42:40,750 --> 00:42:42,000
Parvadas.

447
00:42:45,416 --> 00:42:47,041
Colle este número, anda.

448
00:42:49,000 --> 00:42:51,500
Descubre de quen é e déixote en paz.

449
00:42:56,041 --> 00:42:57,125
Es un cabrón.

450
00:42:57,916 --> 00:42:58,875
Grazas.

451
00:43:17,291 --> 00:43:19,750
Lembras algún nome que puidese mencionar?

452
00:43:19,833 --> 00:43:22,166
Contigo ou con calquera.

453
00:43:22,250 --> 00:43:25,791
- Xa o coñeces. Non contaba nada.
- É importante, Sofia.

454
00:43:26,500 --> 00:43:29,125
Richard meteuse nunha lea.
Por iso está agochado.

455
00:43:29,916 --> 00:43:31,708
Que che fai dicir iso?

456
00:43:31,791 --> 00:43:35,583
Os tipos da BC que viñeron aquí
dixeron o que buscaban?

457
00:43:36,458 --> 00:43:37,375
Non.

458
00:43:40,000 --> 00:43:44,333
Á parte do seu comportamento,
notaches algo distinto en Richard?

459
00:43:45,250 --> 00:43:47,666
Non sei, no estilo de vida, por exemplo.

460
00:43:49,208 --> 00:43:52,625
Traía moitos cartos á casa?
Estaba a gastar máis?

461
00:43:53,625 --> 00:43:55,875
Non, gastaba moito en alcol.

462
00:43:56,625 --> 00:43:58,416
Cacheille coca nos petos.

463
00:44:00,541 --> 00:44:01,458
Vale.

464
00:44:03,291 --> 00:44:04,125
Ben.

465
00:44:05,833 --> 00:44:07,333
Se che vén algo,

466
00:44:07,416 --> 00:44:10,583
un nome, un enderezo,
o que sexa que me poida axudar,

467
00:44:11,708 --> 00:44:13,666
chámame con este teléfono, si?

468
00:44:15,208 --> 00:44:17,166
Non uses o teu. Está intervido.

469
00:44:22,875 --> 00:44:27,750
E se podo facer algo,
sabes que estou aquí.

470
00:44:30,250 --> 00:44:31,250
Grazas.

471
00:44:35,166 --> 00:44:36,875
Pensas que lle pasou algo?

472
00:44:39,750 --> 00:44:40,958
Non sei, Sofia.

473
00:44:44,083 --> 00:44:45,375
Non teño nin idea.

474
00:45:05,875 --> 00:45:08,166
Tranquilo, Cerda. Somos da BC.

475
00:45:09,875 --> 00:45:12,125
A Sra. Wagner está no coche. Quere falar.

476
00:45:12,625 --> 00:45:13,500
Vale.

477
00:45:24,791 --> 00:45:25,791
Capitán Cerda.

478
00:45:26,833 --> 00:45:30,041
Gustaríame que resolvésemos
dunha vez esta situación.

479
00:45:31,250 --> 00:45:34,166
Sei que era moi amigo do capitán Esteves,

480
00:45:34,958 --> 00:45:36,500
que eran colegas na BII.

481
00:45:38,333 --> 00:45:40,958
Entendo a súa preocupación. Respéctoa.

482
00:45:42,500 --> 00:45:45,500
Porén, téñolle que pedir
que deixe de buscalo

483
00:45:46,833 --> 00:45:49,208
e que se centre no seu traballo,

484
00:45:49,291 --> 00:45:53,041
que é manter a orde e a lei
e mais a seguridade na vía pública.

485
00:45:55,916 --> 00:45:57,291
Richard é meu amigo.

486
00:45:58,625 --> 00:46:00,500
Fágoo pola súa muller.

487
00:46:02,916 --> 00:46:03,875
Amigo?

488
00:46:04,833 --> 00:46:08,291
Co que non contactou máis
dende que deixou a BII?

489
00:46:08,791 --> 00:46:09,708
Estou no certo?

490
00:46:11,708 --> 00:46:15,250
Déixenos xestionar as inquedanzas
e a dor da señora Esteves.

491
00:46:15,833 --> 00:46:18,458
Ocúpese dos seus asuntos e todo irá ben.

492
00:46:20,166 --> 00:46:21,625
Pense no seu futuro.

493
00:46:23,291 --> 00:46:26,791
Non o imaxino de garda de seguridade
nun centro comercial.

494
00:46:28,208 --> 00:46:29,291
É unha ameaza?

495
00:46:30,875 --> 00:46:33,833
Non. É o que lle pasa
á xente que non escoita.

496
00:46:37,291 --> 00:46:39,333
Xa rematamos. Grazas, capitán.

497
00:46:57,208 --> 00:46:58,041
Si?

498
00:46:58,125 --> 00:47:00,041
Teño a información que pediches.

499
00:47:01,041 --> 00:47:04,375
- Dime, escóitote.
- Por teléfono non. Estou no Bastion.

500
00:47:06,958 --> 00:47:10,291
O número é dunha escort, Kristina Dankeva.

501
00:47:10,375 --> 00:47:12,916
Vive nun piso preto de Bir-Hakeim.

502
00:47:13,000 --> 00:47:15,916
Detivérona unha vez
por consumo e tráfico de drogas.

503
00:47:17,666 --> 00:47:19,666
- Ti sabíalo?
- O que?

504
00:47:20,333 --> 00:47:22,000
O de Richard e esta muller.

505
00:47:23,375 --> 00:47:24,791
Non sabía, non.

506
00:47:27,208 --> 00:47:30,375
Marchei cando comezaron a descarrilar.
Non quería saber nada.

507
00:47:30,458 --> 00:47:31,541
Como dis?

508
00:47:33,833 --> 00:47:38,541
Cando marchaches, Sami non aceptou
o teu traslado. Pensaba que era inxusto.

509
00:47:38,625 --> 00:47:42,041
Viróuselle o sentido
e meteu os outros en cousas raras.

510
00:47:42,125 --> 00:47:43,291
Como que?

511
00:47:44,083 --> 00:47:45,833
O GEI sóache de algo?

512
00:47:45,916 --> 00:47:48,333
Si, o Grupo Especial de Investigación.

513
00:47:49,041 --> 00:47:51,625
Disolveuse hai dous anos.
Que ten que ver con Sami?

514
00:47:51,708 --> 00:47:53,750
Ao pouco de marchares,

515
00:47:53,833 --> 00:47:56,583
refixeron o grupo
e puxeron a Sami ao mando.

516
00:47:57,583 --> 00:47:59,791
Co apoio dos cabróns que te botaron.

517
00:48:01,250 --> 00:48:02,875
E os outros seguírono?

518
00:48:04,000 --> 00:48:06,166
Coñeces o poder de persuasión de Sami.

519
00:48:06,250 --> 00:48:09,375
Máis o extra de perigo.
Foron fáciles de convencer.

520
00:48:10,958 --> 00:48:11,791
E ti?

521
00:48:11,875 --> 00:48:14,875
Díxencho, marchei.
Non me quería meter niso.

522
00:48:18,916 --> 00:48:20,625
Quen máis sabe o do GEI?

523
00:48:21,166 --> 00:48:23,375
Poucos. É confidencial.

524
00:48:23,458 --> 00:48:24,666
E ti como o sabes?

525
00:48:25,541 --> 00:48:27,750
Unha noite vin a Richard no Rex Club.

526
00:48:28,583 --> 00:48:30,791
Coma unha cuba. Escapóuselle.

527
00:48:31,291 --> 00:48:32,750
Non entrou en detalles.

528
00:48:32,833 --> 00:48:35,541
Só dixo que foran moi lonxe
e que o ían pagar.

529
00:48:39,000 --> 00:48:40,541
Que vas facer con ela?

530
00:48:41,625 --> 00:48:44,458
Vou ir á súa casa
e ver o que ten que dicir.

531
00:48:45,291 --> 00:48:46,833
Eu de ti deixaríao estar.

532
00:48:48,625 --> 00:48:50,833
Leva Wagner a investigación. Vai vela.

533
00:48:50,916 --> 00:48:54,250
Fíxeno. Díxome que o deixe
se non quero problemas.

534
00:49:00,333 --> 00:49:03,875
Mira que che gustan os problemas.
Lévalo no ADN.

535
00:49:07,791 --> 00:49:09,166
Síntocho, é o que teño.

536
00:49:12,833 --> 00:49:13,791
Grazas igualmente.

537
00:49:16,583 --> 00:49:17,625
Por que?

538
00:49:19,166 --> 00:49:20,250
Por isto.

539
00:49:26,083 --> 00:49:27,291
Estás enfadada comigo?

540
00:49:29,291 --> 00:49:30,833
Seis meses sen dar novas,

541
00:49:30,916 --> 00:49:33,208
sen responderme as mensaxes. Ti que cres?

542
00:49:35,291 --> 00:49:36,958
Abofé que estou enfadada.

543
00:49:41,208 --> 00:49:44,208
Non podía soportar volver á casa de saída.

544
00:49:46,375 --> 00:49:48,666
Ninguén te xulgou. Non o viches.

545
00:49:49,166 --> 00:49:52,541
Xa, pero non te quería decepcionar.

546
00:49:53,041 --> 00:49:54,083
Por que?

547
00:49:56,541 --> 00:49:58,958
Tanto me tiña que volveses á BAC.

548
00:50:00,500 --> 00:50:03,500
Mesmo se estiveses nunha oficina,
non cambiaría nada.

549
00:50:13,750 --> 00:50:15,750
Non escoitaches as miñas mensaxes.

550
00:50:17,208 --> 00:50:19,833
Escoitei, si, pero…

551
00:50:20,416 --> 00:50:22,291
Pero que?

552
00:50:26,416 --> 00:50:27,625
Pero que?

553
00:51:18,375 --> 00:51:19,375
Teño que marchar.

554
00:51:33,125 --> 00:51:36,416
"Quero que saiban
que no caos atopei o camiño.

555
00:51:36,916 --> 00:51:39,375
No sufrimento renacín."

556
00:51:42,500 --> 00:51:43,458
De quen é?

557
00:51:45,250 --> 00:51:46,458
Dan Fante.

558
00:51:47,958 --> 00:51:48,958
E é verdade?

559
00:51:50,000 --> 00:51:51,000
É verdade, si.

560
00:51:52,916 --> 00:51:54,416
En parte, por culpa túa.

561
00:52:06,333 --> 00:52:07,250
E ti…

562
00:52:09,791 --> 00:52:11,041
segues coas pelexas?

563
00:52:16,375 --> 00:52:17,458
Por que o fas?

564
00:52:23,291 --> 00:52:25,541
Empecei a pelexar por meu pai.

565
00:52:28,458 --> 00:52:30,291
Mallábanos a meu irmán e a min.

566
00:52:32,333 --> 00:52:33,583
A miña nai tamén.

567
00:52:36,416 --> 00:52:38,166
Unha noite chegou á casa e…

568
00:52:40,208 --> 00:52:41,625
ía borracho perdido.

569
00:52:44,000 --> 00:52:45,666
Púxose a bater en miña nai.

570
00:52:48,791 --> 00:52:50,875
Pensei que a mataba.

571
00:52:54,958 --> 00:52:57,083
Toleei e deixeino inconsciente.

572
00:53:01,750 --> 00:53:04,583
E iso, tiña 17 anos e marchei da casa.

573
00:53:06,791 --> 00:53:08,708
Non me quixo volver ver.

574
00:53:09,333 --> 00:53:11,125
Túa nai quedou con el?

575
00:53:11,958 --> 00:53:13,541
Si, só o tiña a el.

576
00:53:15,458 --> 00:53:18,083
Meu irmán chocou coa moto
seis meses despois.

577
00:53:28,875 --> 00:53:30,541
Por que non mo contaras?

578
00:53:32,666 --> 00:53:33,583
Non sei.

579
00:53:35,375 --> 00:53:36,583
Precisaba tempo.

580
00:53:45,500 --> 00:53:46,458
Quérote.

581
00:53:51,166 --> 00:53:52,458
Teño que marchar.

582
00:54:13,916 --> 00:54:15,375
Xa veño, non tardo.

583
00:54:26,166 --> 00:54:27,708
Kristina? Policía.

584
00:54:37,208 --> 00:54:38,208
Que queres?

585
00:54:38,291 --> 00:54:40,541
Son amigo de Richard. Temos que falar.

586
00:54:41,708 --> 00:54:42,833
Podo pasar?

587
00:54:43,500 --> 00:54:46,125
- Non, só entran clientes.
- É importante.

588
00:54:51,416 --> 00:54:54,291
- Cando viches a Richard por última vez?
- Non sei.

589
00:54:55,416 --> 00:54:56,916
Sei que estades en contacto.

590
00:54:57,958 --> 00:55:01,583
Se sabes onde está, dimo.
Está en perigo. E ti tamén.

591
00:55:03,250 --> 00:55:05,625
Oe, Kristina, non son inimigo teu.

592
00:55:07,208 --> 00:55:09,208
Só quero saber onde está.

593
00:55:10,583 --> 00:55:14,250
Non sei onde está.
Veume ver a semana pasada e despois nada.

594
00:55:14,333 --> 00:55:15,791
Díxoche por que se agochaba?

595
00:55:15,875 --> 00:55:18,500
Non. Díxome que andaba en problemas.

596
00:55:19,000 --> 00:55:20,416
Que tipo de problemas?

597
00:55:21,416 --> 00:55:22,375
Problemas.

598
00:55:24,500 --> 00:55:25,875
Como vos coñecestes?

599
00:55:28,666 --> 00:55:30,458
Viu o meu anuncio en Internet.

600
00:55:35,166 --> 00:55:37,416
- Que fas?
- O PIN.

601
00:55:40,000 --> 00:55:42,541
Non me fagas pedir reforzos
para rexistrar o piso.

602
00:55:42,625 --> 00:55:44,083
O PIN, por favor.

603
00:55:46,166 --> 00:55:47,541
3749.

604
00:55:50,166 --> 00:55:53,000
7… Cona. 7349. Esquecino.

605
00:55:53,875 --> 00:55:54,833
Merda.

606
00:55:55,583 --> 00:55:56,958
Tes o número de Richard?

607
00:55:58,708 --> 00:56:00,708
É o número vello. Cortaron a liña.

608
00:56:00,791 --> 00:56:02,458
- Como falades?
- Chámame el.

609
00:56:02,541 --> 00:56:04,750
- Con que número?
- Non sei. Vai cambiando.

610
00:56:12,333 --> 00:56:13,583
Onde foi isto?

611
00:56:14,583 --> 00:56:15,833
No Rex Club.

612
00:56:20,958 --> 00:56:22,625
Quen son as outras rapazas?

613
00:56:23,375 --> 00:56:24,375
Amigas.

614
00:56:25,666 --> 00:56:26,541
Como se chaman?

615
00:56:28,416 --> 00:56:29,416
Non sei.

616
00:56:30,125 --> 00:56:31,625
Non me axudas moito.

617
00:56:31,708 --> 00:56:34,958
Non me lembro. Foron amigas dunha noite.

618
00:56:52,875 --> 00:56:53,875
A eles coñécelos?

619
00:56:55,458 --> 00:56:57,291
Non, nunca os vira.

620
00:57:01,458 --> 00:57:02,458
Podo?

621
00:57:11,875 --> 00:57:12,791
Toma.

622
00:57:15,875 --> 00:57:18,625
Se Richard contacta contigo,
chámame a este número.

623
00:57:20,458 --> 00:57:21,958
Pódelle salvar a vida.

624
00:57:22,958 --> 00:57:24,750
Quedou en chamar para vérmonos.

625
00:57:25,958 --> 00:57:28,625
Cinco mil euros
e dígoche onde e a que hora.

626
00:57:43,750 --> 00:57:45,833
Ola, son Hanna. Deixa unha mensaxe.

627
00:57:46,708 --> 00:57:48,291
Hanna, son Antoine.

628
00:57:48,791 --> 00:57:50,333
Mandeiche unha foto.

629
00:57:50,416 --> 00:57:54,500
Pódesme identificar as mozas
e o tipo que está ao lado de Mahmoudi?

630
00:57:54,583 --> 00:57:55,500
Grazas.

631
00:57:57,708 --> 00:57:59,083
Déixao, Antoine.

632
00:57:59,791 --> 00:58:01,750
Só che vai traer problemas.

633
00:58:01,833 --> 00:58:03,000
Iso me dixeron.

634
00:58:45,583 --> 00:58:49,833
Richard, acouga, si? Estamos sós.

635
00:58:50,791 --> 00:58:53,250
Tes razón. Deberíame relaxar.

636
00:58:53,333 --> 00:58:54,166
Si.

637
00:58:55,250 --> 00:58:57,833
- A onde me levas?
- A un piso en Saint-Mandé.

638
00:58:58,916 --> 00:59:01,041
Non te enfades. Éche o que atopei.

639
00:59:03,125 --> 00:59:05,250
Disme por que non podo volver á casa?

640
00:59:08,416 --> 00:59:10,625
- Por que non podo ir á casa?
- Non berres!

641
00:59:10,708 --> 00:59:12,541
Pregúntalle á túa fulana!

642
00:59:12,625 --> 00:59:15,750
Se non abrise a boca, non estariamos aquí.

643
00:59:24,666 --> 00:59:26,375
Que axentes foron vela?

644
00:59:29,500 --> 00:59:31,125
Antoine. Estate buscando.

645
00:59:33,500 --> 00:59:36,916
Non entendo. Que fai Cerda nisto?
Non ten nada que ver.

646
00:59:37,000 --> 00:59:39,333
Nin idea. Pregúntalle cando o vexas.

647
00:59:41,250 --> 00:59:43,125
Escóitame, Richard.

648
00:59:44,250 --> 00:59:46,875
Vas quedar agochado onde te vou deixar.

649
00:59:46,958 --> 00:59:47,916
É importante.

650
00:59:49,291 --> 00:59:51,000
Aguanta aí ata que o arranxe.

651
00:59:52,708 --> 00:59:54,375
Os cabróns achéganse.

652
00:59:56,000 --> 00:59:56,916
Presíntoo.

653
01:00:14,625 --> 01:00:16,791
BII
PARÍS

654
01:00:29,416 --> 01:00:30,458
Que fas aquí?

655
01:00:31,541 --> 01:00:32,625
Temos que falar.

656
01:00:33,375 --> 01:00:34,208
Ai, si?

657
01:00:34,291 --> 01:00:35,208
Si.

658
01:00:36,000 --> 01:00:37,333
Queres volver?

659
01:00:39,000 --> 01:00:42,000
- Hai dous postos libres.
- Tres co de Richard.

660
01:00:42,083 --> 01:00:43,750
Nada demostra que morrese.

661
01:00:44,958 --> 01:00:46,250
Que pasou, Sami?

662
01:00:47,041 --> 01:00:48,083
De que falas?

663
01:00:48,583 --> 01:00:51,416
Matáronche dous homes. Outro desapareceu.

664
01:00:52,291 --> 01:00:53,416
A quen queres enganar?

665
01:00:53,500 --> 01:00:55,083
Fala cos investigadores.

666
01:00:55,166 --> 01:00:57,000
Interésame a túa versión.

667
01:00:58,125 --> 01:01:02,291
Richard non se volveu paranoico da nada.
Algo o fixo tolear.

668
01:01:04,125 --> 01:01:05,750
E ti estás ao corrente.

669
01:01:08,666 --> 01:01:11,083
Sabes cantos policías se suicidan ao ano?

670
01:01:13,291 --> 01:01:14,458
Máis dun á semana.

671
01:01:15,250 --> 01:01:19,375
E non é que se corrompan
nin que toleen por nada en concreto.

672
01:01:19,458 --> 01:01:20,708
Sabes por que o fan?

673
01:01:22,083 --> 01:01:23,458
Porque están fartos.

674
01:01:24,125 --> 01:01:28,291
Están fartos de que os foda
a xente que teñen que protexer.

675
01:01:30,500 --> 01:01:32,291
Richard non foi a excepción.

676
01:01:35,208 --> 01:01:37,291
Onde estabas cando comezou a delirar?

677
01:01:39,583 --> 01:01:43,375
Cando comezou a buscar
micrófonos pola oficina todos os días?

678
01:01:44,291 --> 01:01:46,291
Cando cambiaba de móbil cada semana?

679
01:01:46,375 --> 01:01:49,875
Cando cría que o seguían
e que era perigoso para os demais?

680
01:01:49,958 --> 01:01:51,041
Onde estabas?

681
01:01:53,958 --> 01:01:55,166
Porque eu estaba aí.

682
01:01:57,291 --> 01:01:59,833
- Mandeino eu a tratarse.
- Menos lerias.

683
01:02:00,708 --> 01:02:02,625
Richard está afeito ás dificultades.

684
01:02:03,333 --> 01:02:05,875
- Houbo un detonante.
- Un detonante?

685
01:02:07,416 --> 01:02:08,625
Que che digo?

686
01:02:08,708 --> 01:02:11,166
Corren rumores, Sami.
Non me trates de parvo.

687
01:02:11,250 --> 01:02:15,083
Que corran. Ti métete no teu.
Un consello dun vello amigo.

688
01:02:23,458 --> 01:02:26,708
Non pregunto que facías nun pub
con Mahmoudi e estas putas.

689
01:02:26,791 --> 01:02:27,625
Mellor non.

690
01:02:28,666 --> 01:02:29,916
E o GEI sóache?

691
01:02:34,750 --> 01:02:35,708
Debería?

692
01:02:38,041 --> 01:02:39,000
Como queiras.

693
01:02:42,208 --> 01:02:43,583
Saúdos a Hanna.

694
01:02:48,041 --> 01:02:51,208
Seica volvedes saír. Corren rumores.

695
01:02:51,875 --> 01:02:53,375
Non fales de Hanna, Sami.

696
01:03:09,958 --> 01:03:10,791
Si?

697
01:03:10,875 --> 01:03:14,000
Chamoume Richard.
Teño enderezo e hora do encontro.

698
01:03:16,750 --> 01:03:17,625
Tes a pasta?

699
01:03:19,583 --> 01:03:20,791
Si, tereina.

700
01:03:22,708 --> 01:03:25,166
23:00, aparcadoiro Clignancourt,
última planta.

701
01:03:44,333 --> 01:03:45,708
- Boas noites.
- Boas.

702
01:03:55,541 --> 01:03:57,500
SOTO
XIMNASIO, PROBAS, APARCADOIRO

703
01:03:57,583 --> 01:03:59,916
SALA DE PROBAS
SÓ PERSOAL AUTORIZADO

704
01:04:57,791 --> 01:04:59,333
- Tes a pasta?
- Está aquí.

705
01:05:02,083 --> 01:05:03,208
Onde está Richard?

706
01:05:03,291 --> 01:05:04,916
Vén agora. Dáme a pasta.

707
01:05:05,000 --> 01:05:07,750
Non, terala cando vexa a Richard.
Onde está?

708
01:05:08,666 --> 01:05:10,291
Non amoles, hostia. Dáme…

709
01:05:39,708 --> 01:05:42,416
Por que non me fixo caso, capitán Cerda?

710
01:05:43,625 --> 01:05:47,833
Aforraríalle o tempo de detención
e unha medida disciplinaria

711
01:05:47,916 --> 01:05:51,041
que imos estar obrigados a impor.

712
01:05:51,125 --> 01:05:53,666
E unha prostituta nova
morreu por culpa súa.

713
01:05:55,000 --> 01:05:56,708
Seica a ninguén lle importa,

714
01:05:56,791 --> 01:06:00,541
pero era a nosa única vía
para chegar a Richard Esteves.

715
01:06:03,083 --> 01:06:06,083
As vaíñas atopadas
no aparcadoiro de Clignancourt

716
01:06:06,750 --> 01:06:09,625
son as mesmas ca as das escenas do crime

717
01:06:09,708 --> 01:06:13,208
dos asasinatos do capitán Vinny Segura
e o comandante Walid Jabrane.

718
01:06:13,291 --> 01:06:16,583
Segundo as probas comparativas
de balística,

719
01:06:16,666 --> 01:06:18,083
son da mesma arma:

720
01:06:18,166 --> 01:06:22,416
unha pistola semiautomática
SIG-Sauer SP 2022,

721
01:06:22,916 --> 01:06:25,750
rexistrada no noso sistema coma a arma

722
01:06:26,583 --> 01:06:27,833
de Richard Esteves.

723
01:06:27,916 --> 01:06:31,166
Richard non mataría outros policías.
Non ten sentido.

724
01:06:32,875 --> 01:06:33,833
Sentido?

725
01:06:35,833 --> 01:06:39,541
Quince anos de policía ensináronme
que a conduta humana non ten tal.

726
01:06:43,833 --> 01:06:47,625
Como fixo para dar con Kristina Dankeva?

727
01:06:48,125 --> 01:06:50,875
Un veciño de cuarto de Richard
deume o número.

728
01:06:52,333 --> 01:06:53,708
- Ai, si?
- Si.

729
01:06:54,958 --> 01:06:56,875
E preferiu gardalo para vostede?

730
01:06:59,416 --> 01:07:00,375
Unha mágoa.

731
01:07:01,083 --> 01:07:04,708
A decisión contraria
púidolle evitar cargar coa morte dela.

732
01:07:11,958 --> 01:07:15,583
Sabe algo máis que non saibamos,
capitán Cerda?

733
01:07:16,250 --> 01:07:18,291
Que podo saber que non saiban?

734
01:07:18,375 --> 01:07:19,958
A cousa é seria, Antoine.

735
01:07:21,000 --> 01:07:22,750
Se non estás no caldeiro,

736
01:07:23,958 --> 01:07:27,166
é só para evitarmos
un escándalo sen precedentes.

737
01:07:28,375 --> 01:07:29,791
Un poli que mata polis?

738
01:07:30,375 --> 01:07:33,916
Imaxina a conmoción
se esta información lle chega á prensa.

739
01:07:38,083 --> 01:07:42,458
O fiscal e o prefecto van desestimar
a túa implicación no de onte.

740
01:07:43,208 --> 01:07:44,875
Pero pediron a túa suspensión.

741
01:07:46,250 --> 01:07:47,541
Deica novo aviso.

742
01:07:47,625 --> 01:07:51,958
É dicir, ata que neutralicemos a Richard
e todo caia no esquecemento.

743
01:07:52,833 --> 01:07:56,791
Daquela téñoche
que pedir a placa e a arma.

744
01:08:08,541 --> 01:08:12,333
Sobra dicir
que debe ser discreto con este tema,

745
01:08:12,416 --> 01:08:14,791
igual que o seremos nós cos 5000 euros

746
01:08:14,875 --> 01:08:17,208
que colleu prestados da sala de probas

747
01:08:18,166 --> 01:08:20,125
e que o convidamos a devolver.

748
01:08:27,166 --> 01:08:28,375
Síntoo, Antoine.

749
01:08:36,666 --> 01:08:37,500
E ben?

750
01:08:37,583 --> 01:08:38,916
Suspendéronme, hostia.

751
01:08:39,583 --> 01:08:40,583
Canto tempo?

752
01:08:40,666 --> 01:08:41,583
Non che sei.

753
01:08:42,375 --> 01:08:45,416
Ata que atopen unha historia
para tapar a súa merda.

754
01:08:45,500 --> 01:08:48,208
Que cabróns. E que vas facer?

755
01:08:48,708 --> 01:08:50,916
Atopar a Richard antes ca eles.

756
01:08:51,000 --> 01:08:54,416
Acábanche de partir a crisma.
A próxima vez non o contas.

757
01:08:54,500 --> 01:08:58,000
Eu de ti procuraría agachar a cabeza
e pasar desapercibido.

758
01:08:58,083 --> 01:09:00,000
Por que segues aí empeñado?

759
01:09:00,083 --> 01:09:01,333
Porque é meu amigo.

760
01:09:07,375 --> 01:09:11,125
Veña, dálle saúdos a Zoé.
E anda con coidado.

761
01:09:50,666 --> 01:09:51,666
Vodka, por favor.

762
01:09:51,750 --> 01:09:52,833
- Vodka?
- Si.

763
01:09:53,333 --> 01:09:54,541
Queres xeo?

764
01:09:55,041 --> 01:09:55,958
Non, grazas.

765
01:09:57,375 --> 01:09:58,916
- Estou xenerosa.
- Grazas.

766
01:10:04,208 --> 01:10:05,625
Podo falar co xefe?

767
01:10:06,125 --> 01:10:07,625
- Co xefe?
- Si.

768
01:10:07,708 --> 01:10:09,875
Son eu a xefa. Que queres?

769
01:10:10,791 --> 01:10:14,750
Eu estaba na BII.
Era amigo de Vinny Segura.

770
01:10:14,833 --> 01:10:17,875
Mira, xa me viñeron interrogar
moitos polis.

771
01:10:17,958 --> 01:10:19,583
Por que non falas con eles?

772
01:10:20,833 --> 01:10:22,208
Non ves que estou ocupada?

773
01:10:28,625 --> 01:10:31,166
O tipo do bigote ao lado de Vinny quen é?

774
01:10:32,166 --> 01:10:33,708
Estasme a tocar o carallo.

775
01:10:33,791 --> 01:10:36,333
Non me fagas chamar a seguridade, si?

776
01:10:36,416 --> 01:10:39,333
Bebe a copa,
vai para a casa ou baila. O que sexa.

777
01:10:39,416 --> 01:10:41,125
Pero lisca de aquí, entendido?

778
01:10:47,041 --> 01:10:47,958
Veña, brío.

779
01:11:23,875 --> 01:11:25,125
Déixaa en paz, ho.

780
01:11:28,875 --> 01:11:30,708
Hostia, xa empeza.

781
01:11:35,833 --> 01:11:36,875
Vai por aí!

782
01:11:50,250 --> 01:11:52,916
- Si?
- Identifiquei o tipo a carón de Mahmoudi.

783
01:11:53,000 --> 01:11:54,333
Chámase Serge Oswald.

784
01:11:54,416 --> 01:11:56,916
Anda en crime organizado, coñecémolo ben.

785
01:11:57,000 --> 01:12:00,083
Xunteiche a información que puiden.
Quérela agora?

786
01:12:00,166 --> 01:12:02,625
- Nunha hora na miña casa?
- Vale.

787
01:12:02,708 --> 01:12:04,541
De Mahmoudi temos algo?

788
01:12:04,625 --> 01:12:07,375
Nada, nin contacto nin enderezo ningún.

789
01:12:07,458 --> 01:12:10,500
Interroguei os da Interpol.
Din que segue en África.

790
01:12:10,583 --> 01:12:11,958
Ben, deica logo.

791
01:12:23,458 --> 01:12:26,375
Ven aquí, cabrón. Ven aquí.

792
01:12:55,041 --> 01:12:56,000
Móvete.

793
01:12:57,541 --> 01:12:59,333
De xeonllos. De xeonllos!

794
01:13:10,083 --> 01:13:11,250
Xa nos vimos antes.

795
01:13:16,583 --> 01:13:19,458
A persecución en moto. Eras ti.

796
01:13:22,791 --> 01:13:23,791
Antoine.

797
01:13:25,541 --> 01:13:28,958
Seica me buscas.
Velaquí estou. Que me queres?

798
01:13:29,833 --> 01:13:30,916
Richard Esteves.

799
01:13:32,791 --> 01:13:34,250
Que lle pasa?

800
01:13:35,291 --> 01:13:38,500
- Segue vivo ou matáchelo tamén?
- De que falas?

801
01:13:38,583 --> 01:13:41,916
Vin unha foto túa con Sami Belkaïm
e Richard Esteves no Rex.

802
01:13:42,000 --> 01:13:42,833
E?

803
01:13:42,916 --> 01:13:45,791
Que facías con eles?
A BII levaba anos tras de ti.

804
01:13:45,875 --> 01:13:47,375
Non che incumbe.

805
01:13:47,958 --> 01:13:49,291
Por que os mataches?

806
01:13:52,583 --> 01:13:54,291
Un, eu non matei a ninguén.

807
01:13:54,375 --> 01:13:56,583
Dous, tanto me ten onde vai Richard.

808
01:13:56,666 --> 01:13:59,916
E tres, vas parar
de tocarlle os collóns a todo o mundo.

809
01:14:00,541 --> 01:14:01,916
Só quero saber.

810
01:14:04,041 --> 01:14:05,083
Investigástelo?

811
01:14:12,916 --> 01:14:14,000
Antoine Cerda.

812
01:14:15,500 --> 01:14:16,875
Xa sei como te chamas.

813
01:14:17,875 --> 01:14:19,041
E o teu enderezo.

814
01:14:21,166 --> 01:14:22,375
Escóitame ben.

815
01:14:23,583 --> 01:14:24,708
Esquécete de min,

816
01:14:24,791 --> 01:14:28,833
se non queres que vaia partirche
os brazos e as pernas, entendido?

817
01:14:39,208 --> 01:14:42,791
Antoine, son eu. Onde cona estás?
Levo unha hora agardándote.

818
01:14:43,291 --> 01:14:47,083
Chamáronme e teño que marchar.
Deixeicho todo na caixa de correo.

819
01:14:48,541 --> 01:14:49,666
Estou preocupada.

820
01:14:50,166 --> 01:14:52,375
Chámame para saber que estás ben.

821
01:16:09,458 --> 01:16:13,000
Espero que coñeza unha empresa de mudanzas
e lle guste o norte.

822
01:16:13,666 --> 01:16:16,166
Se non arranxamos isto en 48 horas,

823
01:16:17,166 --> 01:16:18,958
estamos todos no mesmo barco.

824
01:16:19,041 --> 01:16:21,458
Para iso teremos que colaborar.

825
01:16:22,833 --> 01:16:26,333
Intelixencia non avanza.
Os polis non falan e a BC tampouco.

826
01:16:26,416 --> 01:16:28,833
É o que pasa cos casos clasificados.

827
01:16:30,041 --> 01:16:31,333
Que propón?

828
01:16:31,958 --> 01:16:32,916
Cerda.

829
01:16:33,416 --> 01:16:35,250
É impredicible, pero eficaz.

830
01:16:36,916 --> 01:16:38,916
Eficaz? E perigoso.

831
01:16:41,083 --> 01:16:44,083
Iso puxo no informe
cando fixo que o botasen da BII.

832
01:16:46,166 --> 01:16:49,833
Atopárono á noite nun polígono industrial
preto de Argenteuil.

833
01:16:50,791 --> 01:16:52,958
Uns tipos atárono e bateron nel.

834
01:16:55,125 --> 01:16:56,791
Recolleuno unha patrulla.

835
01:16:58,291 --> 01:17:00,666
Por suposto, non quixo presentar cargos.

836
01:17:01,875 --> 01:17:04,083
Nin ir ao médico. Non di nada.

837
01:17:05,208 --> 01:17:08,291
O único que sabemos
é que o secuestraron no pub

838
01:17:08,375 --> 01:17:11,083
ao que fora Vinny Segura
cando lle dispararon.

839
01:17:11,583 --> 01:17:15,625
Testemuñas viron dous tipos na rúa
que o metían nunha furgoneta negra

840
01:17:16,125 --> 01:17:17,458
con matrícula alemá.

841
01:17:19,291 --> 01:17:20,166
É o que temos.

842
01:17:21,500 --> 01:17:22,916
É o que digo eu.

843
01:17:23,791 --> 01:17:27,166
É a única persoa
que deu chegado a algures.

844
01:17:27,958 --> 01:17:29,500
Por que non o rehabilitades?

845
01:17:31,375 --> 01:17:33,583
Pregúntallo ao cabrón de Nabavian.

846
01:17:34,208 --> 01:17:38,458
El decide, e leva mexando por el
dende o principio da investigación.

847
01:17:38,541 --> 01:17:39,500
Que quere dicir?

848
01:17:40,708 --> 01:17:44,250
Cando se resolva isto,
moito deberase manter en segredo.

849
01:17:45,041 --> 01:17:47,750
Non teño claro
que Antoine saiba pechar a boca.

850
01:17:48,500 --> 01:17:50,458
Por iso o sacaron do xogo.

851
01:17:51,083 --> 01:17:52,000
E vostede?

852
01:17:52,666 --> 01:17:53,541
Eu?

853
01:17:54,541 --> 01:17:57,416
Eu aprendín a pechala. Co tempo.

854
01:18:01,791 --> 01:18:06,041
Falei co laboratorio.
As probas son claras. É o mesmo asasino.

855
01:18:06,125 --> 01:18:09,000
É a mesma arma.
Non sabemos se é o mesmo asasino.

856
01:18:09,500 --> 01:18:12,875
Vale. Dous equipos meus
foron esta mañá ao 36

857
01:18:12,958 --> 01:18:15,833
para rexistrar outra vez
as oficinas da BII.

858
01:18:16,333 --> 01:18:19,666
Agora levan eles a investigación.
Xa non os precisamos.

859
01:18:19,750 --> 01:18:20,625
Como di?

860
01:18:20,708 --> 01:18:23,375
Instrucións do prefecto
coa aprobación do fiscal.

861
01:18:23,458 --> 01:18:26,833
- Síntoo, non podo facer nada.
- E iso que quere dicir?

862
01:18:27,458 --> 01:18:30,833
Que temos que agachar a cabeza
e deixar que se ocupe a BC.

863
01:18:32,166 --> 01:18:37,000
Conseguín unha autorización para volver
interrogar a todo o mundo no Rex Club.

864
01:18:37,083 --> 01:18:40,083
Intentade dar coa moza
coa que falou Cerda.

865
01:18:40,166 --> 01:18:42,083
Seica todo empeza nese puto pub.

866
01:18:43,666 --> 01:18:46,166
Que facía alí el, por certo? Sabedes algo?

867
01:18:46,250 --> 01:18:50,166
Que o suspenderan non lle impide
tomar unha copa onde queira.

868
01:18:51,916 --> 01:18:55,958
Siga a protexer os seus soldados
e caerá con eles, director.

869
01:18:56,041 --> 01:18:57,708
É consciente diso?

870
01:19:00,875 --> 01:19:02,208
Déixovos.

871
01:19:28,666 --> 01:19:29,875
Síntoo, Antoine.

872
01:19:32,750 --> 01:19:35,000
É imposible que Richard lle disparase.

873
01:19:55,000 --> 01:19:55,958
Podemos falar?

874
01:19:57,333 --> 01:19:58,375
Non sei.

875
01:19:59,208 --> 01:20:01,875
Normalmente
vostede cita a xente para falar.

876
01:20:04,083 --> 01:20:07,333
Mire, capitán, non sempre
concordo cos seus métodos.

877
01:20:08,000 --> 01:20:10,250
Nin con como pensa, pero é bo policía.

878
01:20:10,333 --> 01:20:12,458
Abonda. Non me veña con contos.

879
01:20:13,416 --> 01:20:14,791
Que quere?

880
01:20:14,875 --> 01:20:18,875
Teño información
que podería axudalo a avanzar no caso.

881
01:20:18,958 --> 01:20:22,916
Xa non son policía.
Cóntello a quen a vaia escoitar.

882
01:20:24,791 --> 01:20:28,125
O seu amigo, Richard Esteves,
é un chibo expiatorio.

883
01:20:28,208 --> 01:20:29,291
E sábeo ben.

884
01:20:30,625 --> 01:20:36,291
Ninguén foxe dun psiquiátrico para matar
antigos compañeiros a sangue frío.

885
01:20:38,125 --> 01:20:39,083
E logo quen foi?

886
01:20:41,791 --> 01:20:42,708
Non o sabemos.

887
01:20:46,875 --> 01:20:50,958
O noso departamento leva meses
investigando o equipo de Sami Belkaïm.

888
01:20:51,458 --> 01:20:54,416
Rumoréase que participaba
en actividades ilegais

889
01:20:54,500 --> 01:20:56,791
ao amparo do Ministerio de Interior.

890
01:20:59,083 --> 01:21:02,166
Belkaïm e o seu grupo
colaboraban cos de Antidroga

891
01:21:02,666 --> 01:21:05,666
nun equipo de Gennevilliers
dirixido por un tal Karim,

892
01:21:05,750 --> 01:21:08,416
que aínda non puidemos identificar,

893
01:21:08,500 --> 01:21:12,875
pero interceptamos unha conversa
sobre unha operación que saíu mal.

894
01:21:14,833 --> 01:21:19,208
O tal Karim chamou a Belkaïm
dende un número de prepagamento

895
01:21:19,708 --> 01:21:21,958
e díxolle que lles roubaran esa noite,

896
01:21:22,041 --> 01:21:24,666
que seu sobriño Ichem,
líder do convoi, desaparecera,

897
01:21:24,750 --> 01:21:26,583
e que precisaba a axuda de Belkaïm

898
01:21:27,541 --> 01:21:29,333
para atopar os que o fixeran.

899
01:21:31,333 --> 01:21:34,250
Seica dende aí Esteves volveuse paranoico

900
01:21:34,875 --> 01:21:36,375
e todo se descontrolou.

901
01:21:38,958 --> 01:21:40,541
Por que me conta isto?

902
01:21:42,000 --> 01:21:44,083
Porque coido que sabe quen é Karim.

903
01:21:45,916 --> 01:21:47,625
Preciso que me axude a paralo.

904
01:21:48,250 --> 01:21:50,750
Ai, si? E que gaño eu?

905
01:21:51,250 --> 01:21:53,958
Non quere saber
quen intentou matar a súa moza?

906
01:21:59,958 --> 01:22:02,541
Se sospeitabades
de Belkaïm e o seu equipo,

907
01:22:03,291 --> 01:22:06,000
por que non os detivestes
para interrogalos?

908
01:22:06,958 --> 01:22:09,875
Puido evitar as mortes
e a merda que veu despois.

909
01:22:09,958 --> 01:22:14,875
Tiñamos ordes de non tomar accións
contra o equipo de Belkaïm.

910
01:22:17,000 --> 01:22:19,625
Por certo, acábannos de apartar do caso.

911
01:22:21,125 --> 01:22:23,333
Agora está nas mans da BC.

912
01:22:24,541 --> 01:22:25,583
Por que razón?

913
01:22:26,666 --> 01:22:27,916
Razón de Estado.

914
01:22:28,000 --> 01:22:31,583
Non se matan polis por razón de Estado.
Non o trago.

915
01:22:31,666 --> 01:22:34,000
Hoxe matan polis por calquera cousa.

916
01:22:35,625 --> 01:22:39,125
A administración prefire
un poli morto ca un corrupto.

917
01:23:07,000 --> 01:23:08,625
DECLARACIÓN VERBAL

918
01:23:11,250 --> 01:23:14,166
Non sei en que lea te metiches,
pero tes mala cara.

919
01:23:15,416 --> 01:23:16,625
Pareces meu pai

920
01:23:16,708 --> 01:23:20,083
cando soubo que miña nai
o enganaba co irmán.

921
01:23:21,333 --> 01:23:23,500
Matounos os dous esa noite na cea.

922
01:23:24,458 --> 01:23:26,125
Logo meteu un tiro na testa.

923
01:23:26,833 --> 01:23:31,041
Pero esqueceu unha cousa.
Meu irmán e eu seguiamos na mesa.

924
01:23:32,041 --> 01:23:33,000
Velaí está.

925
01:23:33,958 --> 01:23:34,791
A besta.

926
01:23:35,708 --> 01:23:38,458
Devólvema no mesmo estado,
só che pido iso.

927
01:23:38,541 --> 01:23:40,833
De acordo? Toma.

928
01:23:43,250 --> 01:23:44,250
E a pistola?

929
01:23:44,333 --> 01:23:47,666
Beretta 92 con dous cargadores.
Está todo na guanteira.

930
01:23:48,833 --> 01:23:51,125
Grazas, Marcus. Déboche unha.

931
01:23:51,625 --> 01:23:52,583
De nada.

932
01:23:54,416 --> 01:23:55,625
Anda con ollo.

933
01:24:25,750 --> 01:24:32,291
A última hora da mañá, axentes de policía
dunha unidade especial rexistraron

934
01:24:32,375 --> 01:24:35,208
o antigo edificio
do 36, Quai des Orfèvres,

935
01:24:35,291 --> 01:24:38,791
sede da prestixiosa
Brigada de Investigación e Intervención.

936
01:24:38,875 --> 01:24:43,375
Desta vez, os mesmos policías da brigada
eran o obxectivo.

937
01:24:43,458 --> 01:24:46,166
As oficinas
foron rexistradas minuciosamente

938
01:24:46,250 --> 01:24:50,083
e os axentes foron interrogados
polos seus compañeiros.

939
01:24:50,166 --> 01:24:53,625
Segundo as nosas fontes,
parece que estas medidas

940
01:24:53,708 --> 01:24:56,083
están relacionadas coa investigación

941
01:24:56,166 --> 01:24:59,375
da desaparición
do capitán Richard Esteves,

942
01:24:59,458 --> 01:25:03,875
dos asasinatos do capitán Vinny Segura
e o comandante Walid Jabrane,

943
01:25:03,958 --> 01:25:08,333
e da tentativa de asasinato
da capitá Hanna Levasseur,

944
01:25:08,416 --> 01:25:12,416
que se atopa en estado crítico
no hospital Hôtel-Dieu.

945
01:25:12,500 --> 01:25:14,916
Se os rexistros e os interrogatorios

946
01:25:15,000 --> 01:25:17,166
levados a cabo polos investigadores…

947
01:25:17,250 --> 01:25:18,375
PREFECTO DA POLICÍA

948
01:25:18,458 --> 01:25:20,375
…confirman infraccións graves

949
01:25:20,458 --> 01:25:23,250
por parte dos policías da BII

950
01:25:23,333 --> 01:25:25,333
ou doutros departamentos,

951
01:25:25,416 --> 01:25:27,791
responderei con contundencia.

952
01:25:27,875 --> 01:25:30,958
Non tolerarei que ninguén
deshonre a nosa república.

953
01:25:31,041 --> 01:25:34,083
Cala a boca, papahostias. Cabrón.

954
01:25:35,500 --> 01:25:36,750
Rexistráronche a oficina?

955
01:25:37,333 --> 01:25:40,750
Rexistráronas todas,
mesmo as dos mortos. Malnacidos.

956
01:25:41,333 --> 01:25:42,916
Perdoade polos pecados.

957
01:25:43,000 --> 01:25:44,833
Non entendo. Que buscan?

958
01:25:44,916 --> 01:25:47,333
Non che sei. Están todos paranoicos.

959
01:25:48,708 --> 01:25:51,250
Traballo de merda.
Dáslles a vida e fódente.

960
01:25:54,166 --> 01:25:56,083
Que teñen que ver os asasinatos?

961
01:25:57,375 --> 01:25:58,208
Como?

962
01:25:58,291 --> 01:25:59,708
Sospeitan dun de vós?

963
01:26:01,125 --> 01:26:02,125
Non sei.

964
01:26:03,750 --> 01:26:06,666
- Hora de deitarse, nenos.
- Si, papá.

965
01:26:06,750 --> 01:26:08,708
- Quérovos.
- Boas noites, papá.

966
01:26:08,791 --> 01:26:10,458
- Boas noites.
- Boas noites.

967
01:26:11,166 --> 01:26:12,291
Xa vou, nenos.

968
01:26:15,458 --> 01:26:17,875
Díxenche que non chamases a este número.

969
01:26:17,958 --> 01:26:20,375
- Viches as noticias?
- Vin. Oíchesme?

970
01:26:20,458 --> 01:26:23,958
Tanto me ten! Voume entregar.
Vou falar. Non podo máis.

971
01:26:24,041 --> 01:26:26,375
Non é culpa nosa, é dos cabróns do GEI.

972
01:26:26,458 --> 01:26:28,208
Cala a boca. Onde estás?

973
01:26:28,291 --> 01:26:32,833
Na casa. Vinme despedir de Sofia.
Vou soltalo todo. Non quero morrer.

974
01:26:32,916 --> 01:26:36,500
Escóitame ben.
Ninguén vai morrer, estamos? Ninguén.

975
01:26:40,666 --> 01:26:41,666
Explícasmo?

976
01:28:18,958 --> 01:28:21,166
Por que non quedaches onde che dixen?

977
01:28:21,666 --> 01:28:22,958
Pecha a porta.

978
01:28:23,875 --> 01:28:25,166
Ei, estouche falando!

979
01:28:26,000 --> 01:28:27,416
Que fas aquí?

980
01:28:27,500 --> 01:28:29,125
Sabes os riscos?

981
01:28:31,708 --> 01:28:34,250
- Acabouse, Sami.
- Deixa de facer o parvo!

982
01:28:36,208 --> 01:28:38,833
Estou a arranxalo todo. Que che pasa?

983
01:28:40,375 --> 01:28:42,125
Escóitame.

984
01:28:44,125 --> 01:28:46,500
Unha cousa máis e poño todo como estaba.

985
01:28:47,250 --> 01:28:48,791
Prométocho. Confía en min.

986
01:28:50,708 --> 01:28:51,541
Oe.

987
01:28:57,541 --> 01:28:59,125
Que non entendes, Sami?

988
01:29:00,375 --> 01:29:02,750
Vinny e Walid morreron por culpa nosa e…

989
01:29:03,958 --> 01:29:07,000
Hanna está a morrer nun hospital
e non fixo nada.

990
01:29:09,625 --> 01:29:11,333
Saben que fomos nós, cona.

991
01:29:12,041 --> 01:29:14,291
Que non entendes, carallo?

992
01:29:27,250 --> 01:29:30,208
Se non teñen o que queren,
virán polas nosas familias.

993
01:29:30,291 --> 01:29:31,458
Pensaches niso?

994
01:29:32,208 --> 01:29:33,208
É certo, Sami?

995
01:29:33,791 --> 01:29:35,125
Déixanos falar, amor.

996
01:29:35,208 --> 01:29:37,208
Que é todo isto? Que fixestes?

997
01:29:39,916 --> 01:29:40,750
Nada.

998
01:29:42,500 --> 01:29:43,333
Tranquila.

999
01:29:52,875 --> 01:29:54,375
Que fas coa miña pistola?

1000
01:29:58,000 --> 01:29:58,916
Sami…

1001
01:29:59,875 --> 01:30:00,916
A que xogas?

1002
01:30:04,291 --> 01:30:06,250
- Díxenche que o arranxaría.
- Sami…

1003
01:30:06,333 --> 01:30:07,166
Non si?

1004
01:30:33,166 --> 01:30:35,625
Comandante Belkaïm, BII.

1005
01:30:35,708 --> 01:30:39,708
Apareceron dous corpos
no domicilio do capitán Richard Esteves.

1006
01:30:40,791 --> 01:30:43,916
Parece que lle disparou á muller
antes de se suicidar.

1007
01:30:47,833 --> 01:30:51,125
Avise o xefe e a BC. Eu agardo aquí.

1008
01:33:06,166 --> 01:33:07,416
Non mires para min.

1009
01:33:12,500 --> 01:33:13,625
Mira para abaixo.

1010
01:33:21,416 --> 01:33:22,541
Teste por listo?

1011
01:33:56,375 --> 01:33:58,875
- Onde o atopastes?
- Na casa da puta.

1012
01:33:58,958 --> 01:34:02,916
Tres meses nesa illa
sen mollar o biscoito. Estaba desesperado.

1013
01:34:03,000 --> 01:34:06,083
- Quen o delatou?
- Un neno do edificio de en fronte.

1014
01:34:07,125 --> 01:34:10,708
Que tal as vacacións en Cabo Verde?
Pasáchelo ben?

1015
01:34:14,083 --> 01:34:15,666
Tyson, non si?

1016
01:34:18,583 --> 01:34:19,666
Sabes quen son?

1017
01:34:21,541 --> 01:34:22,625
Sabes quen son?

1018
01:34:23,750 --> 01:34:24,791
Pois é sinxelo.

1019
01:34:25,666 --> 01:34:28,875
Dime o que lle pasou
ao meu sobriño hai tres meses

1020
01:34:28,958 --> 01:34:31,458
e por que logo
desapareciches sen dar chío.

1021
01:34:32,791 --> 01:34:35,291
Ou xúroche que sufrirás coma nunca.

1022
01:34:36,291 --> 01:34:37,708
Escóitote.

1023
01:34:41,458 --> 01:34:43,875
Ichem e eu iamos mercar coca a España.

1024
01:34:43,958 --> 01:34:45,750
Seino, puxen eu a pasta.

1025
01:34:46,250 --> 01:34:48,333
Fomos de noite para evitar controis.

1026
01:34:50,041 --> 01:34:52,375
Paramos para mexar e tomar un café.

1027
01:34:52,458 --> 01:34:55,083
Mexo nunha botella, ou?
Non toques o carallo.

1028
01:34:56,083 --> 01:34:57,166
E logo?

1029
01:34:57,250 --> 01:34:59,375
Logo asaltáronnos eses cabróns.

1030
01:35:10,458 --> 01:35:11,500
Quieto, mamalón!

1031
01:35:12,125 --> 01:35:13,583
Quieto, papahostias!

1032
01:35:13,666 --> 01:35:15,291
Abre o maleteiro.

1033
01:35:16,333 --> 01:35:18,541
Os cabróns tiñan chaleco antibalas.

1034
01:35:24,833 --> 01:35:26,375
Mátao, hostia!

1035
01:35:28,166 --> 01:35:29,166
Veña!

1036
01:35:34,416 --> 01:35:35,333
Ti onde estabas?

1037
01:35:36,750 --> 01:35:39,291
- Mexando nunha árbore.
- Non te moviches?

1038
01:35:39,375 --> 01:35:41,000
Non podía. Non ía armado.

1039
01:35:41,083 --> 01:35:43,500
Estaba só. Pasou moi rápido, Karim.

1040
01:35:44,541 --> 01:35:45,500
E despois?

1041
01:35:45,583 --> 01:35:47,916
- Onde vai o outro?
- Temos que liscar!

1042
01:35:48,000 --> 01:35:49,458
Onde carallo está?

1043
01:35:49,958 --> 01:35:52,291
- Sami!
- Cala a boca! Non deas nomes!

1044
01:35:52,375 --> 01:35:54,791
Vamos ou vannos coller. Veña.

1045
01:35:54,875 --> 01:35:57,041
Veña, vamos.

1046
01:35:57,875 --> 01:35:59,791
- Agarda, o corpo!
- Está morto.

1047
01:35:59,875 --> 01:36:01,125
O corpo, dixen!

1048
01:36:02,458 --> 01:36:03,291
E logo?

1049
01:36:03,916 --> 01:36:05,458
Colleron os cartos.

1050
01:36:08,166 --> 01:36:09,000
Déixao aberto!

1051
01:36:09,916 --> 01:36:10,750
Hostia.

1052
01:36:12,833 --> 01:36:13,666
Bule!

1053
01:36:19,125 --> 01:36:20,250
Ichem está morto?

1054
01:36:21,375 --> 01:36:22,375
Penso que si.

1055
01:36:32,000 --> 01:36:33,375
E despois que fixeches?

1056
01:36:34,541 --> 01:36:36,166
Agardei ata a mañá

1057
01:36:36,250 --> 01:36:38,083
e fixen autostop ata París.

1058
01:36:39,791 --> 01:36:42,375
Collín o tren a Portugal
e fun a Cabo Verde.

1059
01:36:43,666 --> 01:36:45,291
Por que non acudiches a min?

1060
01:36:46,083 --> 01:36:48,250
Roubárannos dous millóns, Karim.

1061
01:36:49,166 --> 01:36:53,708
Ichem non podía contarche o que pasara.
Tiña medo de que pensases que fora eu.

1062
01:36:58,041 --> 01:36:59,708
Como eran os tipos?

1063
01:37:00,750 --> 01:37:04,500
Non sei. Pero non parecían delincuentes.

1064
01:37:04,583 --> 01:37:05,541
E logo?

1065
01:37:05,625 --> 01:37:08,458
Xa sabes como son
os rapaces de barrio, torpes.

1066
01:37:08,958 --> 01:37:11,083
Estes traballaban xuntos.

1067
01:37:11,958 --> 01:37:13,541
Pensas que eran polis?

1068
01:37:14,625 --> 01:37:15,750
Non sei.

1069
01:37:15,833 --> 01:37:17,291
Falaron?

1070
01:37:17,375 --> 01:37:18,708
A un chamábanlle Sami.

1071
01:37:20,541 --> 01:37:22,458
Non lle gustou oír o seu nome.

1072
01:37:27,833 --> 01:37:29,500
Sinto o de Ichem, Karim.

1073
01:37:31,291 --> 01:37:32,791
Ímoste levar á casa.

1074
01:37:47,541 --> 01:37:49,500
Rachid, queda e vixía o material.

1075
01:37:50,125 --> 01:37:51,375
E que fago con el?

1076
01:37:52,041 --> 01:37:53,250
Logo o pensamos.

1077
01:38:19,750 --> 01:38:23,125
MAHMOUDI SABE QUE FUCHES TI. VAI POR TI.

1078
01:38:32,708 --> 01:38:34,000
Precísanme aínda?

1079
01:38:34,083 --> 01:38:36,541
Teño lea na casa. Teño que marchar.

1080
01:38:36,625 --> 01:38:38,666
Carallo. Nada grave, espero.

1081
01:38:39,250 --> 01:38:40,833
Non, o bebé está malo.

1082
01:38:41,333 --> 01:38:44,166
Vanessa está soa cos nenos. É complicado.

1083
01:38:44,250 --> 01:38:45,625
Entendo. Pode marchar.

1084
01:38:45,708 --> 01:38:49,333
Non esqueza pasar pola oficina mañá
para prestar declaración.

1085
01:38:49,416 --> 01:38:50,750
- Si.
- Ben.

1086
01:38:52,000 --> 01:38:53,000
Coide ben dela.

1087
01:38:55,416 --> 01:38:56,333
Grazas.

1088
01:39:26,375 --> 01:39:27,208
Diga?

1089
01:39:27,291 --> 01:39:30,375
Titus, son Antoine. É grave. Precísote.

1090
01:39:31,458 --> 01:39:33,833
- Onde estás?
- Mándoche o enderezo.

1091
01:40:13,291 --> 01:40:15,708
Sempre apuntas coa pistola os convidados?

1092
01:40:16,500 --> 01:40:18,041
Que cona fas na miña casa?

1093
01:40:19,375 --> 01:40:20,875
Non nos poden ver xuntos.

1094
01:40:21,666 --> 01:40:24,625
- Sabes o que pasou no 36?
- Non. Explícanolo.

1095
01:40:26,416 --> 01:40:28,458
- Primeiro, solta a arma.
- Como?

1096
01:40:28,541 --> 01:40:30,375
- Quen pensas que es?
- Sóltaa!

1097
01:40:32,833 --> 01:40:33,833
Sen problema.

1098
01:40:35,000 --> 01:40:35,833
Esta?

1099
01:40:36,666 --> 01:40:38,541
- Mira.
- Dálle co pé.

1100
01:40:39,125 --> 01:40:40,500
Coma na academia.

1101
01:40:43,166 --> 01:40:44,541
- Contento?
- Ben.

1102
01:40:45,500 --> 01:40:48,166
- Tranquila, non vai pasar nada.
- Xa veremos.

1103
01:40:50,166 --> 01:40:51,500
E os meus fillos?

1104
01:40:51,583 --> 01:40:52,875
Durmindo, por agora.

1105
01:40:54,041 --> 01:40:55,708
Saïd cantoulles unha nana.

1106
01:41:04,666 --> 01:41:05,541
Karim.

1107
01:41:07,916 --> 01:41:09,375
Isto é un grande erro.

1108
01:41:24,500 --> 01:41:25,875
Como é o conto?

1109
01:41:27,291 --> 01:41:29,208
Belkaïm está detrás de todo.

1110
01:41:30,458 --> 01:41:31,791
Mahmoudi vai tras del.

1111
01:41:33,708 --> 01:41:34,708
Onde vive?

1112
01:41:35,291 --> 01:41:36,250
Aí detrás.

1113
01:41:37,291 --> 01:41:39,208
Por que non chamaches a central?

1114
01:41:40,000 --> 01:41:43,083
Sabes que estás suspendido?
E chámasme a min?

1115
01:41:43,875 --> 01:41:45,458
Queres os teus galóns, ou?

1116
01:41:45,541 --> 01:41:49,583
Merecía que me fodeses así?
Fornicáchesme coma unha puta.

1117
01:41:49,666 --> 01:41:51,916
Vasme dicir onde están os meus cartos.

1118
01:41:52,625 --> 01:41:53,500
Karim.

1119
01:41:54,416 --> 01:41:58,500
Foi Richard. Fóiselle a cabeza, vale?
Non o puiden controlar.

1120
01:41:59,166 --> 01:42:03,208
Richard de que?
Fuches ti. Tyson contoumo todo.

1121
01:42:03,291 --> 01:42:05,875
- Pagábanme para facelo.
- Iso é traballar?

1122
01:42:05,958 --> 01:42:08,125
Matar os colegas? Foder os socios?

1123
01:42:08,208 --> 01:42:10,250
- Fillo de puta.
- Era unha orde!

1124
01:42:10,333 --> 01:42:12,125
Xúrocho, era unha orde.

1125
01:42:12,208 --> 01:42:13,500
Dos meus superiores.

1126
01:42:13,583 --> 01:42:16,000
Roubar o convoi para iniciar unha guerra

1127
01:42:16,083 --> 01:42:17,458
entre competidores.

1128
01:42:17,541 --> 01:42:18,958
Teu sobriño foi un accidente.

1129
01:42:19,041 --> 01:42:21,541
Xúroo polos meus fillos! Foi un accidente!

1130
01:42:21,625 --> 01:42:22,833
Queres ver un accidente?

1131
01:42:54,500 --> 01:42:55,791
Quietos!

1132
01:42:57,416 --> 01:42:58,333
Quietos!

1133
01:43:00,125 --> 01:43:01,625
- Cala!
- Sóltame!

1134
01:43:40,625 --> 01:43:41,833
Solta a arma, Sami.

1135
01:43:46,333 --> 01:43:47,833
Sóltaa, hostia.

1136
01:43:51,875 --> 01:43:53,416
Non llelo digas aos nenos.

1137
01:43:54,875 --> 01:43:55,916
Sóltaa, por favor.

1138
01:44:37,500 --> 01:44:40,500
Ímonos pór de acordo.
Nunca te suspenderon.

1139
01:44:40,583 --> 01:44:41,958
Acatabas ordes miñas.

1140
01:44:43,208 --> 01:44:44,166
E logo que?

1141
01:44:45,833 --> 01:44:47,250
Volves ás túas funcións.

1142
01:44:47,916 --> 01:44:49,541
Ascenderante.

1143
01:44:50,625 --> 01:44:52,208
Condecorarante polo valor.

1144
01:44:53,541 --> 01:44:55,875
Belkaïm terá un funeral con honores

1145
01:44:55,958 --> 01:44:58,291
e Mahmoudi cargará co morto, punto.

1146
01:45:03,166 --> 01:45:06,000
Un axente da BII
envolto nun caso de narcotráfico

1147
01:45:07,208 --> 01:45:10,000
e que mata outros polis
para quedar con todo.

1148
01:45:10,833 --> 01:45:13,416
Pensas que a opinión pública pode asumilo?

1149
01:45:16,083 --> 01:45:18,000
Temos o culpable perfecto,

1150
01:45:18,750 --> 01:45:19,791
Karim Mahmoudi.

1151
01:45:25,875 --> 01:45:27,125
A historia é sinxela.

1152
01:45:27,625 --> 01:45:30,250
Belkaïm e o seu grupo
pasaron meses tras del.

1153
01:45:31,791 --> 01:45:33,500
Desmantelaron unha gran rede

1154
01:45:33,583 --> 01:45:37,458
nunha misión na que morreu
por accidente Ichem, o seu sobriño.

1155
01:45:38,541 --> 01:45:39,791
Mahmoudi quería vinganza.

1156
01:45:41,125 --> 01:45:44,583
Matou os polis responsables
da súa morte, un por un.

1157
01:45:44,666 --> 01:45:45,916
E ocorreu a traxedia:

1158
01:45:46,750 --> 01:45:50,291
o baño de sangue final que ti
e o teu compañeiro, Titus La Chapelle,

1159
01:45:51,500 --> 01:45:56,000
por desgraza non puidestes evitar,
malia a valentía que demostrastes.

1160
01:45:59,750 --> 01:46:01,125
Os malos son os malos.

1161
01:46:02,541 --> 01:46:04,833
E os policías saen limpos.

1162
01:46:05,833 --> 01:46:07,041
E a moral?

1163
01:46:12,208 --> 01:46:14,666
A moral comeza onde a policía acaba.

1164
01:46:22,125 --> 01:46:24,000
Isto nunca foi persoal.

1165
01:46:24,500 --> 01:46:29,041
Eu só fixen de salvagarda
nun caso complicado e sensible.

1166
01:46:30,125 --> 01:46:30,958
Cerda…

1167
01:46:32,750 --> 01:46:33,875
Síntollo moito.

1168
01:46:35,500 --> 01:46:37,625
O bo é que xa está rehabilitado.

1169
01:46:38,291 --> 01:46:43,708
E que pechamos esta investigación
sen danar a reputación da policía.

1170
01:47:16,958 --> 01:47:17,875
Si?

1171
01:47:17,958 --> 01:47:19,750
Son Garnier. Lémbraste de min?

1172
01:47:20,541 --> 01:47:22,625
O veciño de cuarto de Richard.

1173
01:47:23,291 --> 01:47:25,791
Ven a Barbanes. Teño algo para ti.

1174
01:47:29,750 --> 01:47:32,500
O teu amigo Richard
estaba de merda ata arriba.

1175
01:47:33,875 --> 01:47:35,458
Por iso tiña medo.

1176
01:47:36,125 --> 01:47:39,500
Mahmoudi era unha merdiña
comparado co que escribe aquí.

1177
01:47:40,958 --> 01:47:43,916
- Dende cando ten isto?
- Chegoume hoxe co correo.

1178
01:47:45,041 --> 01:47:49,166
Debeumo de mandar onte
antes de se voar os miolos.

1179
01:47:49,916 --> 01:47:52,416
Non foi así exactamente,
xa llo explicarei.

1180
01:47:54,166 --> 01:47:55,083
Quen o sabe?

1181
01:47:55,916 --> 01:47:58,416
Só ti e eu. Non me fío dos outros.

1182
01:47:59,000 --> 01:47:59,958
Que outros?

1183
01:48:01,416 --> 01:48:02,708
Os que te foderon.

1184
01:48:04,041 --> 01:48:08,125
Que pensas? Que che deixaron
facer o traballo sucio por diversión?

1185
01:48:09,958 --> 01:48:14,875
Non, agardaron a que remexeses na merda
e a espallases antes de iren fregar.

1186
01:48:15,458 --> 01:48:17,416
E botáronlle a culpa a Richard.

1187
01:48:19,208 --> 01:48:23,458
Pero non previñeron
que el era ben mandado e anotaba todo.

1188
01:48:24,541 --> 01:48:28,250
Tiña as copias dos informes
de todas as merdas que lle pediron.

1189
01:48:29,375 --> 01:48:32,458
Iso non explica
por que Belkaïm matou os seus amigos.

1190
01:48:34,750 --> 01:48:35,833
Polos cartos.

1191
01:48:35,916 --> 01:48:39,416
Propúxolles aos outros compartilos,
pero todos se negaron.

1192
01:48:40,375 --> 01:48:44,083
Belkaïm apremounos
dicíndolles que Mahmoudi ía tras deles.

1193
01:48:46,000 --> 01:48:49,458
Aí a Richard viróuselle o sentido
e quixo confesar.

1194
01:48:54,833 --> 01:48:56,000
Detrás de Mahmoudi

1195
01:48:57,416 --> 01:49:00,083
está implicada toda a mafia marroquí.

1196
01:49:00,166 --> 01:49:03,958
Cando Richard o soubo,
colleu medo e comezou a tolear.

1197
01:49:04,708 --> 01:49:06,500
Así acabou aquí.

1198
01:49:08,208 --> 01:49:09,375
Seica…

1199
01:49:10,291 --> 01:49:12,291
non dicía parvada ningunha.

1200
01:49:14,000 --> 01:49:15,708
Que fixeron cos dous millóns?

1201
01:49:19,041 --> 01:49:20,583
Non o menciona.

1202
01:49:22,125 --> 01:49:24,083
Pregúntalles aos teus amigos do GEI.

1203
01:49:28,416 --> 01:49:30,250
Usáronte, amigo.

1204
01:49:38,875 --> 01:49:41,708
Agora que están todos mortos,
ninguén pode falar.

1205
01:49:43,041 --> 01:49:46,833
Agás que queiras ser temerario
e facer o informe público, pero…

1206
01:49:46,916 --> 01:49:47,791
MAFIA MARROQUÍ

1207
01:49:47,875 --> 01:49:51,291
…suxíroche que limpes o cu con el
ou que lle prendas lume.

1208
01:49:53,125 --> 01:49:54,375
Non o van investigar.

1209
01:49:54,458 --> 01:49:55,500
TRÁFICO DE ÓRGANOS

1210
01:49:57,625 --> 01:49:58,458
GEI

1211
01:49:58,541 --> 01:49:59,416
Eu aviseite.

1212
01:50:18,500 --> 01:50:20,833
- Dime.
- Sabiades o do GEI.

1213
01:50:21,958 --> 01:50:23,583
Por que non o dixestes?

1214
01:50:25,500 --> 01:50:26,708
Non me deixaban.

1215
01:50:27,708 --> 01:50:30,041
Teño probas. Richard levou un rexistro.

1216
01:50:31,375 --> 01:50:33,250
Como deixastes que pasase iso?

1217
01:50:36,333 --> 01:50:39,250
Escoita, Antoine,
ven á miña oficina e explícocho.

1218
01:50:40,666 --> 01:50:43,666
Non fagas parvadas.
Este caso é segredo de Estado.

1219
01:50:43,750 --> 01:50:45,125
Non cho vou deletrear.

1220
01:50:45,208 --> 01:50:48,458
Moitos amigos morreron por culpa vosa.
Á merda as consecuencias.

1221
01:50:56,916 --> 01:50:57,916
Cerda sábeo.

1222
01:50:58,875 --> 01:51:00,083
Sabe o que?

1223
01:51:01,000 --> 01:51:04,125
As divagacións
dun policía depresivo con paranoia?

1224
01:51:04,208 --> 01:51:08,166
Que matou a súa muller e se suicidou
logo de estar nun psiquiátrico?

1225
01:51:08,791 --> 01:51:12,708
Ninguén vai crer esas historias.
E menos vanas escoitar.

1226
01:51:14,416 --> 01:51:15,708
Mesmo se ten probas?

1227
01:51:17,708 --> 01:51:19,750
- Que probas?
- Un arquivo.

1228
01:51:20,500 --> 01:51:22,291
Esteves documentouno todo.

1229
01:51:22,375 --> 01:51:26,500
Datas, horas, lugares, todas as operacións
nas que participou co grupo.

1230
01:51:27,083 --> 01:51:29,708
Está morto.
As súas palabras non valen nada.

1231
01:51:31,625 --> 01:51:33,708
Canto a Cerda, que entenda

1232
01:51:34,708 --> 01:51:37,041
que os heroes non só morren na batalla.

1233
01:51:37,833 --> 01:51:40,250
Ou entrega persoalmente o arquivo

1234
01:51:40,333 --> 01:51:42,250
e esquece o seu contido

1235
01:51:42,333 --> 01:51:44,958
ou unirase a Belkaïm e os seus amigos

1236
01:51:46,166 --> 01:51:47,958
no cemiterio dos polis esquecidos.

1237
01:51:48,833 --> 01:51:50,500
Quedou claro?

1238
01:51:51,666 --> 01:51:52,541
Ben.

1239
01:52:18,333 --> 01:52:19,875
Dixéronche cando marchas?

1240
01:52:21,166 --> 01:52:22,708
Por que? Bótasme en falla?

1241
01:52:26,000 --> 01:52:27,166
Unha semana, penso.

1242
01:52:33,166 --> 01:52:35,041
So quería que soubeses

1243
01:52:35,125 --> 01:52:36,041
que estou aquí.

1244
01:52:38,833 --> 01:52:40,791
Acabouse. Non hai nada que temer.

1245
01:52:43,791 --> 01:52:45,166
Contarasmo igualmente?

1246
01:52:48,750 --> 01:52:50,875
Non escoites as parvadas da tele.

1247
01:52:51,666 --> 01:52:53,875
Non. Xamais.

1248
01:53:01,125 --> 01:53:02,291
Quérote, Hanna.

1249
01:53:06,083 --> 01:53:07,250
Eu tamén te quero.

1250
01:53:16,250 --> 01:53:20,250
Ola, Marcus. Son Antoine.
Quedamos no garaxe. Teño o teu coche.

1251
01:53:34,958 --> 01:53:39,250
Mira ese panoco nese coche.
Non é o poli que te fodeu na pelexa?

1252
01:53:39,333 --> 01:53:41,208
Que fai aquí ese fillo de puta?

1253
01:53:42,833 --> 01:53:43,750
Vamos.

1254
01:53:50,833 --> 01:53:52,500
Que te fodan, fillo de puta!

1255
01:55:17,250 --> 01:55:20,875
Ser policía é unha profesión nobre.

1256
01:55:22,583 --> 01:55:25,875
Unha profesión de coraxe e sacrificio

1257
01:55:27,833 --> 01:55:30,958
que ás veces
implica arriscar a propia vida.

1258
01:55:33,208 --> 01:55:36,291
Antoine Cerda morreu
porque escolleu esta vida,

1259
01:55:37,958 --> 01:55:39,750
este heroísmo cotián.

1260
01:55:41,041 --> 01:55:46,125
Non se pode expresar con palabras
a dor e as emocións que sentimos.

1261
01:55:47,125 --> 01:55:49,916
Trasládolle a miña condolencia
á nai de Antoine.

1262
01:55:53,583 --> 01:55:54,666
E a vostede, Hanna,

1263
01:55:56,000 --> 01:55:59,208
que o asistiu con valentía
nesta difícil investigación

1264
01:55:59,291 --> 01:56:01,083
arriscando a súa vida.

1265
01:56:02,666 --> 01:56:06,500
Por último, penso na dor
de todos os compañeiros de Antoine

1266
01:56:06,583 --> 01:56:10,041
que tiveron a sorte
de coñecelo e traballar con el.

1267
01:56:10,958 --> 01:56:13,375
E teño que facer unha mención especial

1268
01:56:13,458 --> 01:56:16,083
aos seus antigos colegas que tamén caeron

1269
01:56:16,166 --> 01:56:18,750
nas tráxicas circunstancias que coñecemos.

1270
01:56:19,333 --> 01:56:24,166
O goberno inclínase hoxe con respecto
ante o corpo de Antoine Cerda.

1271
01:56:30,541 --> 01:56:33,125
Como recoñecemento polos servizos rendidos

1272
01:56:33,208 --> 01:56:36,000
e en homenaxe
á súa carreira traxicamente curta,

1273
01:56:38,041 --> 01:56:40,583
queda ascendido a comisario de policía,

1274
01:56:41,458 --> 01:56:44,291
recibe a mención á Orde da Nación,

1275
01:56:44,375 --> 01:56:45,500
e nun intre

1276
01:56:46,166 --> 01:56:49,750
concederáselle a insignia
de cabaleiro da Lexión de Honra,

1277
01:56:49,833 --> 01:56:52,833
a medalla ao Valor e a Dedicación

1278
01:56:52,916 --> 01:56:57,458
e a medalla de Honra
da Policía Nacional, categoría de ouro.

1279
01:56:58,208 --> 01:57:00,541
Ao meu sinal, atención!

1280
01:57:59,666 --> 01:58:03,500
EN LEMBRANZA DE SARA HELMLINGER…

1281
01:58:04,250 --> 01:58:07,583
PARA JÉRÉMY, TITI, FÉLIX, MEHDI
E OS MEUS AMIGOS DA BI…

1282
02:02:26,125 --> 02:02:31,125
Subtítulos: Lucía Doval



