1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.BZ

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.BZ

3
00:01:07,875 --> 00:01:10,125
<i>Ninguén me dixo
que o amor puidese doer tanto,</i>

4
00:01:10,958 --> 00:01:12,375
<i>que el era coma unha rosa:</i>

5
00:01:13,375 --> 00:01:16,666
<i>se aguantas as espiñas, chegas á flor.</i>

6
00:01:18,833 --> 00:01:22,750
BASEADA NA NOVELA DE WATTPAD <i>BOULEVARD</i>
ESCRITA POR FLOR M. SALVADOR

7
00:01:44,250 --> 00:01:45,666
{\an8}<i>Bos días.</i>

8
00:01:46,250 --> 00:01:50,540
{\an8}<i>Hoxe é o teu primeiro día de insti.
Espero que o pases incrible, cariño.</i>

9
00:01:50,541 --> 00:01:53,125
{\an8}<i>Vaiche encantar
e farás unha morea de amigos.</i>

10
00:01:53,708 --> 00:01:57,374
{\an8}<i>Eu xa estou no hospital,
así que deséxame sorte, vale?</i>

11
00:01:57,375 --> 00:01:59,416
{\an8}<i>Un biquiño, rula. Quérote.</i>

12
00:02:16,083 --> 00:02:17,499
Perdón, os de segundo?

13
00:02:17,500 --> 00:02:19,208
- Esa porta.
- Grazas.

14
00:02:21,500 --> 00:02:22,791
Perdón, chego tarde.

15
00:02:23,583 --> 00:02:24,625
E ti quen es?

16
00:02:33,166 --> 00:02:34,250
Idiota.

17
00:02:50,625 --> 00:02:53,291
- Un dos períodos máis brillantes da…
- Ola.

18
00:02:56,125 --> 00:02:57,915
Perdón. Son nova e…

19
00:02:57,916 --> 00:02:59,083
Chegas tarde.

20
00:03:02,875 --> 00:03:05,250
Hasley… Weigel?

21
00:03:05,958 --> 00:03:06,791
Weigel.

22
00:03:08,083 --> 00:03:10,083
- Pai alemán.
- Moi ben.

23
00:03:13,291 --> 00:03:14,249
Profe!

24
00:03:14,250 --> 00:03:16,375
Quen chega tarde non entra.

25
00:03:18,250 --> 00:03:19,166
En serio?

26
00:03:26,291 --> 00:03:29,833
Como lles dicía,
este ano comezaremos co Século de Ouro.

27
00:03:48,291 --> 00:03:49,416
Es un mamalón, tío.

28
00:03:50,833 --> 00:03:52,875
- Botáronme.
- Tecnicamente, non.

29
00:03:54,000 --> 00:03:56,041
Para iso, téñente que deixar entrar.

30
00:03:59,750 --> 00:04:02,249
O de estar aquí fumando porros para que é?

31
00:04:02,250 --> 00:04:03,583
Para quedar ben?

32
00:04:06,333 --> 00:04:08,166
- Queres?
- Que noxo.

33
00:04:11,083 --> 00:04:11,916
E iso?

34
00:04:13,791 --> 00:04:14,708
Merda.

35
00:04:18,291 --> 00:04:20,125
É pasta de dentes.

36
00:04:22,000 --> 00:04:22,958
Fasme graza…

37
00:04:25,125 --> 00:04:25,958
Hasley.

38
00:04:26,958 --> 00:04:29,708
Weigel. Hasley Weigel.
Pai alemán. Contento?

39
00:04:32,000 --> 00:04:33,665
"Hasley Weigel."

40
00:04:33,666 --> 00:04:35,125
Hasley a secas.

41
00:04:42,958 --> 00:04:43,916
Como te chamas?

42
00:04:49,875 --> 00:04:50,791
Hasley.

43
00:04:53,583 --> 00:04:54,999
- Hasley, non?
- Si.

44
00:04:55,000 --> 00:04:56,749
Vale. Olivia. Oli.

45
00:04:56,750 --> 00:04:58,415
- Da clase?
- Si.

46
00:04:58,416 --> 00:05:00,332
Oe, que putada o de antes, tía.

47
00:05:00,333 --> 00:05:03,832
Non te preocupes, é o peor.
Os demais non son tan malos.

48
00:05:03,833 --> 00:05:06,291
- Un pouco sen máis.
- "Sen máis."

49
00:05:07,083 --> 00:05:09,665
Estamos aí nas escaleiras, tomando algo.

50
00:05:09,666 --> 00:05:12,000
Non sei se queres vir connosco.

51
00:05:12,750 --> 00:05:13,708
- Si?
- Si.

52
00:05:14,583 --> 00:05:16,249
Vale. Pillo algo e vou.

53
00:05:16,250 --> 00:05:17,625
Xenial. Deica agora.

54
00:05:21,375 --> 00:05:22,375
Hasley!

55
00:05:23,875 --> 00:05:28,333
Ben, xente, presentacións. Ela é Hasley.

56
00:05:28,833 --> 00:05:30,290
- Dylan.
- Ei.

57
00:05:30,291 --> 00:05:31,624
- Zev.
- Boas.

58
00:05:31,625 --> 00:05:33,290
Neizan e Carla.

59
00:05:33,291 --> 00:05:34,541
- Ola.
- Ola.

60
00:05:35,916 --> 00:05:36,833
Que tal?

61
00:05:38,333 --> 00:05:40,291
Oli, o mozo ese louro quen é?

62
00:05:41,875 --> 00:05:42,875
Ese?

63
00:05:43,750 --> 00:05:44,874
Luke Howland.

64
00:05:44,875 --> 00:05:47,374
Que tío. Mellor afástate del.

65
00:05:47,375 --> 00:05:49,415
- Por?
- Non está ben da chola.

66
00:05:49,416 --> 00:05:51,374
Está tolo, váiselle o testo.

67
00:05:51,375 --> 00:05:52,541
- Que brutos.
- Que?

68
00:05:56,708 --> 00:06:00,332
- De que falades?
- Ei! Do xonqui.

69
00:06:00,333 --> 00:06:01,583
- De Luke?
- Súper.

70
00:06:03,541 --> 00:06:05,291
Que tal? Son Matt.

71
00:06:06,916 --> 00:06:08,041
Encantado.

72
00:06:08,750 --> 00:06:09,749
Hasley.

73
00:06:09,750 --> 00:06:10,666
Hasley?

74
00:06:11,583 --> 00:06:14,000
Bonito nome. Es nova, verdade?

75
00:06:14,958 --> 00:06:16,957
Estás a tempo de fuxir.

76
00:06:16,958 --> 00:06:17,833
Nin caso.

77
00:06:19,583 --> 00:06:23,249
Está complicado.
A miña nai é a nova psicóloga.

78
00:06:23,250 --> 00:06:24,665
- Do insti?
- Hostia.

79
00:06:24,666 --> 00:06:26,374
E do hospital tamén.

80
00:06:26,375 --> 00:06:27,915
A túa nai é a louqueira?

81
00:06:27,916 --> 00:06:29,915
Por que dis iso? Es parvo?

82
00:06:29,916 --> 00:06:32,874
- Xa está o marica mexeriqueiro.
- Que fas?

83
00:06:32,875 --> 00:06:34,999
Son simpáticos, prométocho.

84
00:06:35,000 --> 00:06:37,791
Se che molestan, chámame. E se non, tamén.

85
00:06:39,416 --> 00:06:41,582
Hora de volver á gaiola.

86
00:06:41,583 --> 00:06:44,040
Esta finde adestrámonos. Vides, non?

87
00:06:44,041 --> 00:06:45,790
Si, vale.

88
00:06:45,791 --> 00:06:48,457
Podes vir e pómonos ao día de todo.

89
00:06:48,458 --> 00:06:49,499
Vale, veña.

90
00:06:49,500 --> 00:06:50,791
Non me falles, Hasley.

91
00:06:51,625 --> 00:06:53,041
Veña, Romeo.

92
00:06:54,291 --> 00:06:55,290
Deica logo.

93
00:06:55,291 --> 00:06:57,375
Veña, que? Filo, non si?

94
00:07:00,708 --> 00:07:03,165
Entón, que pasa co tal Luke?

95
00:07:03,166 --> 00:07:06,124
- Que non pasa?
- Dende que lle morreu o irmán…

96
00:07:06,125 --> 00:07:08,332
- Está tolo. Sempre a arma.
- Carla.

97
00:07:08,333 --> 00:07:11,166
Que? Mellor que o saiba.
Así non se achega a el.

98
00:07:29,500 --> 00:07:31,540
Cariño, se pensas en fuxir,

99
00:07:31,541 --> 00:07:34,125
escríbeme a nota sen faltas, porfa.

100
00:07:36,541 --> 00:07:37,583
Boas noites.

101
00:07:38,750 --> 00:07:40,000
Quérote.

102
00:07:46,625 --> 00:07:47,708
Merda.

103
00:07:49,041 --> 00:07:52,582
…trinta e cinco, en Sevilla,
no Palacio de Dueñas,

104
00:07:52,583 --> 00:07:56,874
que daquela estaba alugado
e no cal vivían varias familias.

105
00:07:56,875 --> 00:07:58,250
Cando el tiña oito anos…

106
00:08:02,166 --> 00:08:05,125
SOÑOS

107
00:08:07,375 --> 00:08:08,500
Weigel.

108
00:08:10,583 --> 00:08:12,541
Non terías que estar na clase?

109
00:08:15,083 --> 00:08:17,375
Supós ben, Luke Howland.

110
00:08:19,708 --> 00:08:21,000
Non me apetecía entrar.

111
00:08:22,666 --> 00:08:24,291
Descubriches o meu nome.

112
00:08:31,708 --> 00:08:33,125
Vaslle dar tan cedo?

113
00:08:35,333 --> 00:08:36,583
Quítame o estrés.

114
00:08:51,500 --> 00:08:52,833
"Durmir baixo as estrelas.

115
00:08:53,708 --> 00:08:54,791
Viaxar a París.

116
00:08:55,916 --> 00:08:58,249
Viaxar nunha furgoneta hippy…"

117
00:08:58,250 --> 00:08:59,249
Oe.

118
00:08:59,250 --> 00:09:01,083
"Plantar unha árbore.

119
00:09:01,833 --> 00:09:04,083
Bailar en público sen que me importe nada.

120
00:09:04,583 --> 00:09:06,124
Acender fogos artificiais."

121
00:09:06,125 --> 00:09:08,958
Xa. Iso é privado.

122
00:09:09,791 --> 00:09:12,333
Que é? Unha lista de cousas pendentes?

123
00:09:13,375 --> 00:09:14,208
Estás a morrer.

124
00:09:16,958 --> 00:09:18,415
Son soños.

125
00:09:18,416 --> 00:09:19,541
Algo raros, non?

126
00:09:20,833 --> 00:09:23,916
Nótase que ti non tiveches
que vivir de aquí para alá.

127
00:09:25,916 --> 00:09:27,832
Que saibas que te envexo.

128
00:09:27,833 --> 00:09:29,208
O dos soños e tal.

129
00:09:29,958 --> 00:09:31,499
Non é para min.

130
00:09:31,500 --> 00:09:33,916
Total, só serven para romper.

131
00:09:34,750 --> 00:09:36,124
Non estou de acordo.

132
00:09:36,125 --> 00:09:39,041
A min danme esperanza. Coma que…

133
00:09:40,250 --> 00:09:42,666
Que hai algo máis polo que vivir.

134
00:09:43,250 --> 00:09:47,833
Ou sexa, metas inventadas
para darlle sentido a unha vida de merda?

135
00:09:48,416 --> 00:09:50,500
De que serve vivir de mentiras?

136
00:09:51,541 --> 00:09:54,332
Só é mentira se non o cumpres.

137
00:09:54,333 --> 00:09:56,500
E non flipes, ti tamén terás.

138
00:09:58,166 --> 00:10:02,249
Mira, agora penso
en meter un <i>brownie</i> de maría

139
00:10:02,250 --> 00:10:03,375
para pasar a mañá.

140
00:10:04,083 --> 00:10:06,791
- Claro, só pensas niso, non?
- Non.

141
00:10:07,958 --> 00:10:10,333
Tamén penso en nadar con golfiños.

142
00:10:11,750 --> 00:10:15,083
En saltar dun cantil.
Conducir sen destino.

143
00:10:16,583 --> 00:10:19,374
E en viaxar a Ámsterdam. Iso tamén.

144
00:10:19,375 --> 00:10:20,541
Polo <i>brownie,</i> non?

145
00:10:22,083 --> 00:10:23,000
Iso é.

146
00:10:30,666 --> 00:10:34,291
Oe, por que levas aí…?
Que é? A dispersión da luz?

147
00:10:35,041 --> 00:10:36,083
Estás de broma.

148
00:10:36,666 --> 00:10:38,375
Non coñeces a Pink Floyd?

149
00:10:39,416 --> 00:10:41,124
Si, sóame.

150
00:10:41,125 --> 00:10:44,375
Como non che vai soar?
É das mellores bandas de rock da historia.

151
00:10:45,166 --> 00:10:46,208
Radiohead.

152
00:10:46,916 --> 00:10:48,999
Offspring. The Doors.

153
00:10:49,000 --> 00:10:52,749
Ou sexa, si, seguramente
escoitei esta xente algunha vez.

154
00:10:52,750 --> 00:10:53,749
Nin Green Day?

155
00:10:53,750 --> 00:10:57,374
Vale, xa está. Perdóame a vida.
Saco o móbil e xa.

156
00:10:57,375 --> 00:10:59,374
Que? Non, para.

157
00:10:59,375 --> 00:11:01,541
Se é a primeira vez, tes que facelo ben.

158
00:11:02,333 --> 00:11:03,250
E iso como é?

159
00:11:04,083 --> 00:11:05,125
En vinilo.

160
00:11:05,916 --> 00:11:07,500
Tes 80 anos?

161
00:11:09,083 --> 00:11:11,500
Necesitas que che amose
como naceu a boa música.

162
00:11:12,250 --> 00:11:13,208
Que fachendoso.

163
00:11:17,875 --> 00:11:21,790
Unha calada? De cando en vez,
está ben romper algunha norma.

164
00:11:21,791 --> 00:11:23,916
Non vou pór ese porro nos beizos.

165
00:11:24,666 --> 00:11:26,916
Vós, que facedes? De pé.

166
00:11:31,250 --> 00:11:32,582
A dirección, xa.

167
00:11:32,583 --> 00:11:33,707
- É meu.
- Dixen xa.

168
00:11:33,708 --> 00:11:34,708
Nin a coñezo.

169
00:11:35,625 --> 00:11:37,958
Ti, coa directora. E ti, á clase.

170
00:11:49,458 --> 00:11:53,041
Colguei clase, pero foi case involuntario.

171
00:11:54,208 --> 00:11:55,749
Que si, que chegaba tarde

172
00:11:55,750 --> 00:11:58,458
e, como este señor
non me ía deixar entrar, pois xa.

173
00:11:59,291 --> 00:12:04,165
Si, case involuntario. Tes un papo…

174
00:12:04,166 --> 00:12:07,208
Non te preocupes. Xa te afarás ao horario.

175
00:12:10,791 --> 00:12:12,958
Hasley, fas algo despois?

176
00:12:13,916 --> 00:12:14,832
Non, por?

177
00:12:14,833 --> 00:12:16,583
Tomamos algo?

178
00:12:17,833 --> 00:12:19,416
Vale. Si.

179
00:12:20,541 --> 00:12:23,040
Perfecto. Pois véxote logo.

180
00:12:23,041 --> 00:12:24,375
Veña, imos sentando xa.

181
00:12:24,958 --> 00:12:28,500
Matt, que fas aquí?
Vai á túa clase, que chegas tarde.

182
00:12:29,875 --> 00:12:31,000
Por un bo motivo.

183
00:12:47,458 --> 00:12:49,666
Como o levas? A mudanza e tal.

184
00:12:50,375 --> 00:12:54,582
Ben… normalmente
non chego a baleirar as caixas.

185
00:12:54,583 --> 00:12:55,749
E iso?

186
00:12:55,750 --> 00:12:58,375
Marchamos antes de poder usalo todo.

187
00:12:58,958 --> 00:13:03,291
Pois eu vivín aquí toda a vida.
Pero viaxo co equipo e tal.

188
00:13:04,416 --> 00:13:05,332
Baloncesto, non?

189
00:13:05,333 --> 00:13:07,500
O capitán, nada menos.

190
00:13:10,208 --> 00:13:13,166
E que tal é a vida aquí?

191
00:13:14,041 --> 00:13:18,041
Xa sabes o que din, non si?
"Vila pequena, inferno grande."

192
00:13:19,458 --> 00:13:22,165
Tranquila, fareina un paraíso para ti.

193
00:13:22,166 --> 00:13:23,833
Síntome afagada.

194
00:13:27,041 --> 00:13:28,041
Polos comezos.

195
00:13:31,000 --> 00:13:32,957
Grazas por acompañáresme.

196
00:13:32,958 --> 00:13:35,791
Un pracer.
Así puiden estar contigo algo máis.

197
00:13:37,375 --> 00:13:38,291
É aquí.

198
00:13:44,416 --> 00:13:45,791
Paseino moi ben, Has.

199
00:13:47,458 --> 00:13:48,375
Eu tamén.

200
00:14:01,416 --> 00:14:03,916
Foi mil veces mellor
do que imaxinei todo o día.

201
00:14:06,791 --> 00:14:07,666
Hasley, cariño.

202
00:14:09,625 --> 00:14:10,791
Mamá, que tal?

203
00:14:12,166 --> 00:14:15,957
Este é Matt. É un compañeiro da clase,
acompañoume á casa.

204
00:14:15,958 --> 00:14:17,624
Mamá, Matt. Matt, mamá.

205
00:14:17,625 --> 00:14:18,916
- Encantada.
- Igualmente.

206
00:14:19,708 --> 00:14:21,415
Vas quedar a cear, Matt?

207
00:14:21,416 --> 00:14:24,915
Encantaríame, pero teño que marchar.
Só a acompañei.

208
00:14:24,916 --> 00:14:26,875
Ben, deica mañá, Has.

209
00:14:33,625 --> 00:14:34,958
Que guapo, non?

210
00:14:36,583 --> 00:14:37,750
Mamá, para.

211
00:14:40,083 --> 00:14:41,541
Vamos, última volta.

212
00:14:47,083 --> 00:14:49,791
Que fas?
Vas quedar de último por culpa miña.

213
00:14:50,500 --> 00:14:52,333
Tranquila. Aquí estou ben.

214
00:14:57,666 --> 00:14:59,416
Vale, rematamos.

215
00:15:01,541 --> 00:15:03,041
Veña, todos á ducha.

216
00:15:04,583 --> 00:15:07,333
Veña, meu, conta. Queremos detalles.

217
00:15:08,833 --> 00:15:11,999
Non vos vou contar nada. Son un cabaleiro.

218
00:15:12,000 --> 00:15:16,999
Si, por iso quedaches último na carreira,
para axudar a Hasley, non, cabaleiro?

219
00:15:17,000 --> 00:15:19,582
- Exacto.
- Non sexas así. Conta.

220
00:15:19,583 --> 00:15:23,541
Calas, non si, Romeo?
Veña, cabaleiro. Namorouse.

221
00:15:26,000 --> 00:15:29,040
- A que hora hai que ir?
- A partir das 18:00.

222
00:15:29,041 --> 00:15:31,457
- Vale. Boa hora.
- Cando queirades.

223
00:15:31,458 --> 00:15:32,833
Falácheslle da festa?

224
00:15:33,500 --> 00:15:36,082
Quedo soa na casa. Se che apetece vir…

225
00:15:36,083 --> 00:15:37,415
Vale. Grazas.

226
00:15:37,416 --> 00:15:40,666
Vén Matt. Que tal foi onte? Conta.

227
00:15:41,875 --> 00:15:43,624
Pois estivo ben.

228
00:15:43,625 --> 00:15:47,415
Fomos tomar algo
e insistiu bastante en ir ao adestramento.

229
00:15:47,416 --> 00:15:49,165
Tía, están obsesionados.

230
00:15:49,166 --> 00:15:52,750
Si. Despois acompañoume á casa e…

231
00:15:54,375 --> 00:15:55,624
- E bicoume.
- Que?

232
00:15:55,625 --> 00:15:56,749
Si.

233
00:15:56,750 --> 00:15:58,874
- Non perdes o tempo.
- E el?

234
00:15:58,875 --> 00:16:00,875
Tía, di que si. Pola porta grande.

235
00:16:01,791 --> 00:16:03,875
Que gana de festa!

236
00:16:04,583 --> 00:16:05,832
E agora, física.

237
00:16:05,833 --> 00:16:07,166
Que preguiza.

238
00:16:12,375 --> 00:16:13,291
Ola.

239
00:16:20,166 --> 00:16:22,500
Vale. Imos sentando.

240
00:16:29,458 --> 00:16:32,165
Que fas aquí? Busca outro sitio, anda.

241
00:16:32,166 --> 00:16:34,458
Vaslles lembrar a todos que existo.

242
00:16:36,750 --> 00:16:38,208
Baixades o estor?

243
00:16:43,541 --> 00:16:46,750
Seguimos co tema sobre óptica.

244
00:16:47,791 --> 00:16:53,624
A luz pode rebotar
igual ca unha pelota contra o chan.

245
00:16:53,625 --> 00:16:54,458
Luke.

246
00:16:55,125 --> 00:16:55,958
Weigel.

247
00:16:57,375 --> 00:16:58,583
Que debuxas?

248
00:17:00,625 --> 00:17:02,500
Hoxe non tes a camiseta manchada.

249
00:17:05,541 --> 00:17:07,208
Cantos anos tes?

250
00:17:08,583 --> 00:17:09,915
Dezanove.

251
00:17:09,916 --> 00:17:11,540
En serio?

252
00:17:11,541 --> 00:17:12,916
Podemos gardar silencio?

253
00:17:14,208 --> 00:17:15,208
Grazas.

254
00:17:16,875 --> 00:17:19,124
Por iso vemos o noso reflexo.

255
00:17:19,125 --> 00:17:22,250
Porque a luz volve a nós coa nosa imaxe.

256
00:17:23,250 --> 00:17:25,000
Imos á seguinte.

257
00:17:26,583 --> 00:17:28,000
Reflexión difusa.

258
00:17:28,791 --> 00:17:33,666
A luz refléxase en múltiples direccións
debido ás irregularidades da superficie.

259
00:17:36,333 --> 00:17:38,333
{\an8}CHEIRONA

260
00:17:53,166 --> 00:17:54,083
Benvidos.

261
00:17:54,916 --> 00:17:56,749
Que casa tan bonita, tía.

262
00:17:56,750 --> 00:17:59,957
Que vai ser! É dos meus pais.
Non son tan charramangueira.

263
00:17:59,958 --> 00:18:01,000
Gozade.

264
00:18:02,583 --> 00:18:04,499
Ei, rapaz.

265
00:18:04,500 --> 00:18:07,165
- Un regaliño, papá.
- E estas horas, meu?

266
00:18:07,166 --> 00:18:09,166
Que pasa? Hai que beber.

267
00:18:10,500 --> 00:18:12,708
- Hostia. Veña, vamos.
- Veña.

268
00:18:15,083 --> 00:18:16,624
Mi madriña!

269
00:18:16,625 --> 00:18:19,040
Cala. Aínda me paralizo cando fai iso.

270
00:18:19,041 --> 00:18:20,125
Tía, pasarache.

271
00:18:26,375 --> 00:18:27,333
E isto?

272
00:18:28,916 --> 00:18:31,124
- Ola!
- Estou un pouquiño ocupado.

273
00:18:31,125 --> 00:18:33,165
- Xa despois…
- Tranquilo.

274
00:18:33,166 --> 00:18:36,958
- Convidou medio insti ou que?
- Xa. Iso parece, non?

275
00:18:39,500 --> 00:18:41,208
Onde cona vai isto?

276
00:18:42,666 --> 00:18:44,750
- A música!
- Perdón.

277
00:18:45,875 --> 00:18:47,958
- Ola. Déixasme?
- Por favor.

278
00:18:48,541 --> 00:18:51,832
O meu colega deixoume só.
Pisei aquí e armeina boa.

279
00:18:51,833 --> 00:18:55,165
Cóaste e déixasnos sen música.
Parecerache bonito.

280
00:18:55,166 --> 00:18:57,500
O meu colega vai ao insti. E eu, pois…

281
00:18:59,333 --> 00:19:00,166
"Pois…"

282
00:19:00,958 --> 00:19:02,416
- Ola.
- Ola.

283
00:19:04,500 --> 00:19:07,750
Mira. Este vai aquí…

284
00:19:09,208 --> 00:19:10,665
- Tío.
- Que che pasa?

285
00:19:10,666 --> 00:19:13,958
- Podemos falar?
- Non. Non teño nada que falar.

286
00:19:18,000 --> 00:19:19,583
Mira, e este vai aquí.

287
00:19:20,916 --> 00:19:22,165
Listo.

288
00:19:22,166 --> 00:19:25,207
Carallo! Dánseche ben estas lerias.

289
00:19:25,208 --> 00:19:28,750
Gústame facer de DJ.
Teño que entender de aparellos e cables.

290
00:19:29,541 --> 00:19:30,458
Xa.

291
00:19:31,708 --> 00:19:32,625
Son Olivia.

292
00:19:34,083 --> 00:19:35,000
André.

293
00:19:37,291 --> 00:19:38,208
E ela é Hasley.

294
00:19:40,416 --> 00:19:43,665
Que tal? Queredes algo de beber?

295
00:19:43,666 --> 00:19:45,041
Non, estamos ben, non?

296
00:19:45,875 --> 00:19:47,458
Si, de marabilla.

297
00:20:01,750 --> 00:20:02,875
Meu, está Has.

298
00:20:03,875 --> 00:20:04,999
- Fálalle.
- Eu?

299
00:20:05,000 --> 00:20:06,374
Si. Claro. Dálle.

300
00:20:06,375 --> 00:20:07,500
Dille algo.

301
00:20:10,000 --> 00:20:12,832
Perdón, estás ben?

302
00:20:12,833 --> 00:20:14,999
- Agarda, límpote un pouco.
- Si.

303
00:20:15,000 --> 00:20:16,999
- Son moi torpe.
- Non pasa nada.

304
00:20:17,000 --> 00:20:20,083
Non pasa nada. Mellor vou ao baño, vale?

305
00:20:20,791 --> 00:20:21,708
Vale.

306
00:20:30,666 --> 00:20:32,416
Ven. Arriba hai outro.

307
00:20:46,791 --> 00:20:49,082
Como coñeces tan ben esta casa?

308
00:20:49,083 --> 00:20:50,375
Parece un labirinto.

309
00:20:51,708 --> 00:20:52,625
Intuición.

310
00:20:58,000 --> 00:21:01,708
O baño. Aínda que se cadra
podo botarche unha man.

311
00:21:09,291 --> 00:21:10,583
Coido que vou entrar.

312
00:21:11,500 --> 00:21:12,708
Entramos xuntos?

313
00:21:15,916 --> 00:21:18,333
Vaia. Aquí tamén hai cola.

314
00:21:21,041 --> 00:21:22,500
Luke, que fas aquí?

315
00:21:23,125 --> 00:21:24,916
Buscar un baño libre.

316
00:21:26,166 --> 00:21:27,000
E vós?

317
00:21:27,958 --> 00:21:31,416
- Vale. Non tardo.
- Non te preocupes.

318
00:21:46,958 --> 00:21:47,791
Matt!

319
00:21:48,416 --> 00:21:50,291
Axúdame a sacar a Zev, que vai fatal.

320
00:21:54,625 --> 00:21:57,833
Matt, veña!
Como lle devolva no chan a Carla, mátanos.

321
00:21:58,458 --> 00:21:59,375
Xa vou.

322
00:22:09,708 --> 00:22:12,041
Se queres un consello, non o fagas.

323
00:22:17,458 --> 00:22:20,582
Sabes? Estou farta dos teus conselliños.

324
00:22:20,583 --> 00:22:21,833
Non me coñeces de nada.

325
00:22:23,833 --> 00:22:24,958
Iso ten solución.

326
00:22:31,291 --> 00:22:32,666
Quita a camiseta.

327
00:22:33,833 --> 00:22:34,750
Perdoa?

328
00:22:51,541 --> 00:22:52,458
Toma.

329
00:22:56,333 --> 00:22:57,250
Pero xírate.

330
00:23:20,791 --> 00:23:21,625
Grazas.

331
00:23:22,458 --> 00:23:24,791
Pero non quero
que ninguén pense nada raro.

332
00:23:25,791 --> 00:23:26,833
Xa.

333
00:23:36,458 --> 00:23:38,332
Que importa o que pensen?

334
00:23:38,333 --> 00:23:40,708
Acabamos todos nun bulevar de soños rotos.

335
00:23:46,250 --> 00:23:47,416
Deberiamos baixar.

336
00:23:51,375 --> 00:23:53,583
Tomei en serio
o de ser o teu guía musical.

337
00:24:01,750 --> 00:24:06,833
"Green Day, The Doors, The Who."
Ou sexa, nada deste século.

338
00:24:07,791 --> 00:24:09,083
Só escoito clásicos.

339
00:24:13,083 --> 00:24:17,500
Vale, pois igual son eu
quen che debe ensinar un par de cousas.

340
00:24:19,708 --> 00:24:20,708
Igual.

341
00:24:22,125 --> 00:24:24,083
Pero tes que escoitalos comigo.

342
00:24:25,083 --> 00:24:26,125
Prométesmo?

343
00:24:28,291 --> 00:24:29,208
Claro.

344
00:24:31,125 --> 00:24:33,208
Marcho. Esta festa é unha merda.

345
00:24:36,041 --> 00:24:37,291
A onde vas?

346
00:24:37,916 --> 00:24:39,458
A un sitio que che encantaría.

347
00:24:54,166 --> 00:24:56,041
Que temazo! Non si?

348
00:24:57,500 --> 00:24:59,000
Non me di nada.

349
00:25:00,708 --> 00:25:02,874
- Quérote.
- Vai devolver no salón.

350
00:25:02,875 --> 00:25:03,875
Xa está.

351
00:25:15,791 --> 00:25:18,833
Imos ver se ese sitio que dis
é tan marabilloso.

352
00:25:21,666 --> 00:25:23,833
Entón que, Weigel? Confías en min?

353
00:25:25,291 --> 00:25:26,208
Non.

354
00:25:28,125 --> 00:25:29,041
Excelente.

355
00:26:09,916 --> 00:26:10,833
Agarda.

356
00:26:26,166 --> 00:26:27,083
Que é isto?

357
00:26:29,000 --> 00:26:29,916
É un segredo.

358
00:26:40,083 --> 00:26:40,916
Pecha os ollos.

359
00:26:42,708 --> 00:26:44,250
Non vai pasar nada, péchaos.

360
00:26:49,291 --> 00:26:50,125
Ven.

361
00:26:53,541 --> 00:26:54,458
Coidado.

362
00:26:57,333 --> 00:26:58,250
Por aquí.

363
00:27:04,916 --> 00:27:05,833
Para.

364
00:27:19,625 --> 00:27:20,958
Ábreos.

365
00:27:26,000 --> 00:27:28,166
Benvida ao bulevar dos soños rotos.

366
00:28:17,750 --> 00:28:18,625
É fermoso.

367
00:28:21,750 --> 00:28:23,458
Atopeino co meu irmán Zach.

368
00:28:25,916 --> 00:28:28,165
Mira. Cando hai lúa chea,

369
00:28:28,166 --> 00:28:31,583
a luz proxéctase por ese cristal
e aparece o arco da vella.

370
00:28:34,416 --> 00:28:36,666
Levo uns días
pensando que quería ensinarcho.

371
00:28:37,916 --> 00:28:38,958
Gústache?

372
00:28:39,833 --> 00:28:40,750
Si.

373
00:28:54,916 --> 00:28:56,208
{\an8}Isto era de Zach.

374
00:28:59,250 --> 00:29:02,291
{\an8}Vaia, os teus amigos xa cho contarían.

375
00:29:03,750 --> 00:29:06,790
Un día meu pai toleou e quixo tiralo todo.

376
00:29:06,791 --> 00:29:08,541
Rifamos e tróuxeno aquí.

377
00:29:14,666 --> 00:29:17,416
{\an8}- Son teus?
- Si. Os meus favoritos.

378
00:29:18,000 --> 00:29:19,957
Os demais téñoos na casa.

379
00:29:19,958 --> 00:29:22,040
Algúns tráemos meu irmán Pol de Londres.

380
00:29:22,041 --> 00:29:23,624
Cantos tes?

381
00:29:23,625 --> 00:29:28,083
- Non sei. Uns 500 ou así.
- Pero 500 ou máis de 500?

382
00:29:28,708 --> 00:29:29,790
É importante?

383
00:29:29,791 --> 00:29:32,208
Moito. Telos que contar para min.

384
00:29:34,041 --> 00:29:34,958
En serio?

385
00:29:36,000 --> 00:29:37,083
Moi en serio.

386
00:29:44,583 --> 00:29:50,541
Oe, iso do bulevar dos soños rotos,
que o dixeches antes tamén,

387
00:29:51,541 --> 00:29:52,708
que é?

388
00:29:53,875 --> 00:29:56,333
Un sitio tan bonito
non debería ter ese nome.

389
00:29:57,833 --> 00:29:59,708
É unha das miñas cancións favoritas.

390
00:30:00,666 --> 00:30:02,958
Cando un soño rompe, alimenta o bulevar.

391
00:30:03,875 --> 00:30:04,791
Non o entendo.

392
00:30:09,958 --> 00:30:11,958
Cando che rompa un soño, entenderalo.

393
00:30:13,041 --> 00:30:16,291
Xa viches a lista.
A maioría está sen cumprir.

394
00:30:16,958 --> 00:30:19,708
Para que os tes
se non fas nada para que se cumpran?

395
00:30:20,416 --> 00:30:22,375
Falou quen di non ter ningún.

396
00:30:46,791 --> 00:30:51,625
Comecei a lista cando vin que miña nai
nunca ía quedar en ningún sitio.

397
00:30:52,333 --> 00:30:53,291
Polo choio?

398
00:30:54,041 --> 00:30:56,958
Non, ten medo de botar raíces
e acabar coma o meu pai.

399
00:30:59,083 --> 00:31:02,625
Cando tiña eu dous anos,
el marchou e non o volvemos ver.

400
00:31:05,375 --> 00:31:06,832
Deixoume un apelido raro

401
00:31:06,833 --> 00:31:09,708
e unha obsesión
por anotar cousas que nunca farei.

402
00:31:19,916 --> 00:31:22,958
Sabes o que? Gustoume a túa idea.

403
00:31:43,250 --> 00:31:45,582
Farei unha lista de soños.
E ti axudarasme.

404
00:31:45,583 --> 00:31:48,665
- A escribila?
- Non, hostia. A cumprilos.

405
00:31:48,666 --> 00:31:49,833
E eu a ti.

406
00:32:02,416 --> 00:32:07,500
CONDUCIR SEN DESTINO

407
00:32:10,208 --> 00:32:11,666
"Conducir sen destino."

408
00:32:16,125 --> 00:32:17,207
Vale.

409
00:32:17,208 --> 00:32:18,291
Pero primeiro…

410
00:32:22,291 --> 00:32:23,207
Eu non bailo.

411
00:32:23,208 --> 00:32:24,375
Eu tampouco.

412
00:33:21,166 --> 00:33:22,416
Vamos. Lévote á casa.

413
00:33:25,750 --> 00:33:26,666
Luke.

414
00:33:45,541 --> 00:33:47,041
MATT
Xa na casa?

415
00:33:50,541 --> 00:33:52,333
Si, a piques de meterme na cama

416
00:34:01,625 --> 00:34:04,208
- Non che gusta? É o mellor.
- Non, tía.

417
00:34:05,291 --> 00:34:07,707
- Veña, chegamos tarde.
- Que hora é?

418
00:34:07,708 --> 00:34:09,124
- Ola.
- Como estás?

419
00:34:09,125 --> 00:34:10,207
Ben. Ola.

420
00:34:10,208 --> 00:34:11,874
- Que pasa?
- Vamos.

421
00:34:11,875 --> 00:34:12,958
Veña. Entramos.

422
00:34:14,041 --> 00:34:15,291
Home, Luke Howland.

423
00:34:18,083 --> 00:34:21,332
Mira, queremos sete para <i>Silence.</i>

424
00:34:21,333 --> 00:34:23,708
Que mágoa. Está completa.

425
00:34:24,458 --> 00:34:25,624
Non pode ser.

426
00:34:25,625 --> 00:34:27,541
Na web pon que aínda hai moitas.

427
00:34:30,375 --> 00:34:31,291
Que tal, Weigel?

428
00:34:33,000 --> 00:34:34,415
Podemos ver outra.

429
00:34:34,416 --> 00:34:36,333
- Si.
- Non, <i>Silence.</i>

430
00:34:38,875 --> 00:34:40,415
Viñemos ver <i>Silence.</i>

431
00:34:40,416 --> 00:34:41,749
Por se non te…

432
00:34:41,750 --> 00:34:45,333
Hostia. Perdoa, tío, foi un accidente.

433
00:34:50,791 --> 00:34:51,958
Ei, que pasa?

434
00:34:58,791 --> 00:35:01,624
Luke, volve aquí!

435
00:35:01,625 --> 00:35:03,708
Seica teu fillo non quere traballar.

436
00:35:05,791 --> 00:35:07,790
Xa, Matt. Déixao, porfa.

437
00:35:07,791 --> 00:35:09,458
Díxencho. É perigoso.

438
00:35:26,291 --> 00:35:27,458
Que pasa, tío?

439
00:35:28,500 --> 00:35:30,874
- Non choiabas hoxe?
- Ese Pushi!

440
00:35:30,875 --> 00:35:33,540
Para. Díxenche que non me chames así.

441
00:35:33,541 --> 00:35:35,500
Que serio vén o meu curmanciño hoxe.

442
00:35:37,791 --> 00:35:39,166
Igual buscas isto.

443
00:35:45,125 --> 00:35:47,040
Non, eu paso. Mañá abro.

444
00:35:47,041 --> 00:35:49,707
Falaches con Olivia ou con Hasley?

445
00:35:49,708 --> 00:35:52,290
Con esa xente non me xunto, vale?

446
00:35:52,291 --> 00:35:53,707
Non te fagas ilusións.

447
00:35:53,708 --> 00:35:56,499
Non mas fago. Hai algo, falamos unha chea!

448
00:35:56,500 --> 00:35:57,875
- Unha chea?
- Pois si.

449
00:35:58,666 --> 00:35:59,666
Unha chea.

450
00:36:00,208 --> 00:36:03,958
Mira, déixate de lerias
e abre a boquiña, si?

451
00:36:46,541 --> 00:36:48,957
Cando a luz atravesa unha pinga de choiva,

452
00:36:48,958 --> 00:36:52,665
cada cor dispérsase dun xeito distinto
e xorde o arco da vella.

453
00:36:52,666 --> 00:36:57,457
Cando vexades un arco da vella,
sabede que estades a ver pura física.

454
00:36:57,458 --> 00:36:58,708
Seguimos o próximo día.

455
00:37:01,708 --> 00:37:03,375
- Que tal?
- Ola.

456
00:37:04,458 --> 00:37:06,000
Quedamos esta tarde?

457
00:37:06,625 --> 00:37:07,875
Que tiñas na mente?

458
00:37:08,875 --> 00:37:11,625
Cóllote tralo adestramento
e imos a algures?

459
00:37:12,708 --> 00:37:14,416
- Vale.
- Perfecto.

460
00:37:15,041 --> 00:37:17,290
Meu, vamos, bule.

461
00:37:17,291 --> 00:37:18,540
Xa vou.

462
00:37:18,541 --> 00:37:21,250
Ponte guapa. Escríbote logo.

463
00:37:22,291 --> 00:37:23,374
Que pasa?

464
00:37:23,375 --> 00:37:25,416
O adestramento, vamos. Chegamos tarde.

465
00:38:04,916 --> 00:38:09,041
Matt, oe, cando chegues,
vai estar todo pechado.

466
00:38:31,041 --> 00:38:32,208
Cincocentos tres.

467
00:38:40,625 --> 00:38:41,582
Que?

468
00:38:41,583 --> 00:38:43,375
O total de vinilos. 503.

469
00:38:56,000 --> 00:38:57,083
Xeado de amorodo.

470
00:38:59,708 --> 00:39:01,000
E flocos de millo.

471
00:39:01,750 --> 00:39:03,208
Que? Combina perfectamente.

472
00:39:04,125 --> 00:39:05,458
Gústame moito.

473
00:39:07,500 --> 00:39:08,625
A min agora tamén.

474
00:39:14,083 --> 00:39:15,333
Que fas aquí?

475
00:39:17,666 --> 00:39:19,000
Non o podo crer.

476
00:39:20,000 --> 00:39:21,666
Tío, nin me decatara de…

477
00:39:22,958 --> 00:39:23,958
Perdón.

478
00:39:25,625 --> 00:39:28,333
{\an8}MATT
Deixámolo para outro día. Estou esgotado.

479
00:39:35,541 --> 00:39:36,666
Damos unha volta?

480
00:39:44,125 --> 00:39:45,041
Non fagas iso!

481
00:39:46,708 --> 00:39:48,375
Encántame como te agarras.

482
00:40:04,250 --> 00:40:05,416
Conque 503.

483
00:40:07,916 --> 00:40:09,291
Nin un máis nin un menos.

484
00:40:10,583 --> 00:40:11,833
Por que esa curiosidade?

485
00:40:12,916 --> 00:40:15,041
Quería saber se chegabas aos 520.

486
00:40:15,708 --> 00:40:16,875
Que concreto.

487
00:40:19,833 --> 00:40:21,666
Sei que é unha parvada,

488
00:40:22,875 --> 00:40:25,375
pero na China o 520 significa…

489
00:40:26,666 --> 00:40:28,250
Significa "quérote".

490
00:40:30,208 --> 00:40:34,541
E sempre quixen conseguir
520 rosas para lembrarme que me quero

491
00:40:35,708 --> 00:40:37,083
e que son suficiente.

492
00:40:41,333 --> 00:40:42,291
Gústame.

493
00:40:54,250 --> 00:40:55,375
Por que fumas iso?

494
00:40:58,166 --> 00:40:59,083
Faime voar.

495
00:41:07,916 --> 00:41:09,165
Déixasme probar?

496
00:41:09,166 --> 00:41:11,625
Non che importa pór o porro nos beizos?

497
00:41:13,375 --> 00:41:14,666
Déixasme ou non?

498
00:41:20,416 --> 00:41:21,333
Non.

499
00:41:52,333 --> 00:41:54,750
Estás lista para viaxar cara á boa música.

500
00:42:18,041 --> 00:42:19,665
Ei. Está pechado, vale?

501
00:42:19,666 --> 00:42:23,082
Pero teño traballo atrás,
así que toda vosa.

502
00:42:23,083 --> 00:42:24,458
Perfecto, tío. Grazas.

503
00:42:33,375 --> 00:42:36,750
DISCOS

504
00:42:39,250 --> 00:42:41,415
Encantarache este sitio, non?

505
00:42:41,416 --> 00:42:42,833
A música é o meu refuxio.

506
00:43:04,291 --> 00:43:05,208
Estás lista?

507
00:45:04,041 --> 00:45:05,583
Fareino ou arrepentireime.

508
00:46:11,250 --> 00:46:13,916
- Ei, Pol.
<i>- Luke? Que pasou? Estás ben?</i>

509
00:46:14,666 --> 00:46:17,041
Que pasa? Non podo chamar
o meu irmán maior?

510
00:46:18,291 --> 00:46:20,165
<i>A estas horas? Ti?</i>

511
00:46:20,166 --> 00:46:21,708
Aí é unha hora menos.

512
00:46:23,250 --> 00:46:25,333
<i>En serio, que che pasa?</i>

513
00:46:27,166 --> 00:46:30,333
Empezo a lembrar
o que era ser feliz, irmanciño.

514
00:46:31,375 --> 00:46:33,125
<i>Empeza polo principio.</i>

515
00:46:34,000 --> 00:46:36,958
Pois cóntoche. Coñecín unha rapaza.

516
00:46:38,083 --> 00:46:39,625
Chámase Hasley.

517
00:46:42,166 --> 00:46:43,000
Este?

518
00:46:44,208 --> 00:46:45,125
Non.

519
00:46:45,958 --> 00:46:47,041
Vale.

520
00:46:52,541 --> 00:46:55,583
Que leva unha
na súa primeira sesión de DJ?

521
00:46:56,458 --> 00:46:58,249
Xa, é que é forte.

522
00:46:58,250 --> 00:47:01,332
Moi forte. Non daba un duro por André.

523
00:47:01,333 --> 00:47:02,416
Portouse.

524
00:47:03,583 --> 00:47:04,416
Oli,

525
00:47:06,333 --> 00:47:07,625
como fas unha <i>playlist?</i>

526
00:47:08,375 --> 00:47:12,166
Mira, penso que é importante
que conte algo.

527
00:47:13,083 --> 00:47:16,207
E que as cancións
signifiquen algo para ti.

528
00:47:16,208 --> 00:47:17,500
Ou para Luke.

529
00:47:21,041 --> 00:47:24,165
Non, rapaces. Non é o que pensades.

530
00:47:24,166 --> 00:47:26,749
Non, se non pensamos nada.

531
00:47:26,750 --> 00:47:27,749
Non.

532
00:47:27,750 --> 00:47:31,625
Vinvos marchar xuntos da festa,
e pasades todo o día mirándovos.

533
00:47:32,583 --> 00:47:34,750
A tensión pódese cortar cun coitelo.

534
00:47:36,375 --> 00:47:37,458
Vou probar isto.

535
00:47:38,208 --> 00:47:40,624
Claro, pero non sei o que me pasa.

536
00:47:40,625 --> 00:47:41,749
Estou atrapallada.

537
00:47:41,750 --> 00:47:45,125
E sei que isto está mal.
E sei que Luke non me convén.

538
00:47:46,041 --> 00:47:49,665
- E teño moita sorte de que Matt…
- Que? Non.

539
00:47:49,666 --> 00:47:52,415
Quen ten sorte de estar contigo é Matt.

540
00:47:52,416 --> 00:47:53,582
Non te confundas.

541
00:47:53,583 --> 00:47:56,707
Vale, é certo que Luke non é un tío fácil.

542
00:47:56,708 --> 00:47:59,249
E menos dende o accidente do seu irmán.

543
00:47:59,250 --> 00:48:01,166
Tes que saber onde te metes.

544
00:48:02,291 --> 00:48:03,665
Creo que o sei.

545
00:48:03,666 --> 00:48:06,415
Dicímoscho porque te queremos.

546
00:48:06,416 --> 00:48:09,290
E a el tamén, que antes viña connosco.

547
00:48:09,291 --> 00:48:10,541
En serio?

548
00:48:11,458 --> 00:48:13,540
Aínda que pareza imposible,

549
00:48:13,541 --> 00:48:16,375
foi o primeiro a quen lle dixen
que me gustaban os tíos.

550
00:48:17,125 --> 00:48:22,415
Pero pasou o accidente e cambiou.

551
00:48:22,416 --> 00:48:27,457
Comezou a poñerse ata arriba
e tivo unha leria con Matt

552
00:48:27,458 --> 00:48:28,583
e acabouse.

553
00:48:29,708 --> 00:48:31,791
- Unha merda.
- Non tiña nin idea.

554
00:48:32,625 --> 00:48:34,374
Por iso tes que ter coidado.

555
00:48:34,375 --> 00:48:36,625
E decidir algo antes de que vaia a máis.

556
00:48:40,125 --> 00:48:41,166
É este.

557
00:48:41,916 --> 00:48:43,124
Vaia. Incrible.

558
00:48:43,125 --> 00:48:44,208
É este.

559
00:48:49,250 --> 00:48:50,166
Has.

560
00:48:52,375 --> 00:48:53,291
Has.

561
00:48:57,375 --> 00:48:58,250
Hasley.

562
00:48:58,916 --> 00:49:00,874
Perdoa, pasóuseme a hora e…

563
00:49:00,875 --> 00:49:02,207
O adestramento.

564
00:49:02,208 --> 00:49:05,125
Que fixeches? Botáchesme de menos?
Un pouco, non?

565
00:49:12,833 --> 00:49:14,250
Vamos á clase.

566
00:49:16,166 --> 00:49:17,500
Ola, bos días.

567
00:49:32,625 --> 00:49:33,458
Luke.

568
00:49:34,666 --> 00:49:35,583
Non é doado.

569
00:49:37,833 --> 00:49:38,833
Silencio.

570
00:49:44,916 --> 00:49:48,332
Oe, o que pasou é xenial, pero…

571
00:49:48,333 --> 00:49:49,333
Estás con Matt.

572
00:49:49,916 --> 00:49:51,790
Vou deixalo.

573
00:49:51,791 --> 00:49:53,416
Só preciso atopar o momento.

574
00:50:14,458 --> 00:50:15,583
Confías en min?

575
00:50:27,500 --> 00:50:28,416
Weigel.

576
00:50:30,416 --> 00:50:32,416
- Que?
- Bico ben?

577
00:50:34,000 --> 00:50:35,041
Demasiada lingua.

578
00:50:49,208 --> 00:50:50,500
Cres que me deixará?

579
00:50:51,916 --> 00:50:54,291
Se non o intentas, nunca o saberás.

580
00:50:56,916 --> 00:50:57,833
Non sei.

581
00:51:01,875 --> 00:51:03,208
Vaite, remato eu.

582
00:51:05,625 --> 00:51:06,458
Veña.

583
00:51:09,958 --> 00:51:12,375
Vamos, veña. Pushi, vamos.

584
00:51:15,750 --> 00:51:16,708
Curmán.

585
00:51:17,958 --> 00:51:19,166
Gústame verte así.

586
00:51:30,250 --> 00:51:31,083
Papá.

587
00:51:31,708 --> 00:51:32,624
Que?

588
00:51:32,625 --> 00:51:33,958
Necesito un favor.

589
00:51:35,583 --> 00:51:37,916
Quero quedar no cine
despois da última sesión.

590
00:51:39,791 --> 00:51:41,624
Para preparar unha sorpresa.

591
00:51:41,625 --> 00:51:44,790
Unha sorpresa, ti? Para quen?

592
00:51:44,791 --> 00:51:45,958
Unha moza da clase.

593
00:51:46,666 --> 00:51:49,000
Non te decatas
de que non estás ben, fillo?

594
00:51:50,541 --> 00:51:54,082
Non ves que,
se de verdade che importase esa moza,

595
00:51:54,083 --> 00:51:56,958
o máis decente
sería non meterte na súa vida?

596
00:51:59,375 --> 00:52:00,832
Non tes nin puta idea.

597
00:52:00,833 --> 00:52:04,499
O que non ten
nin idea de nada es ti, fillo,

598
00:52:04,500 --> 00:52:10,457
que chegas á miña casa
posto coma unha mona cada noite.

599
00:52:10,458 --> 00:52:14,332
Sabes o mal que o pasa túa nai
cada vez que saes?

600
00:52:14,333 --> 00:52:20,000
Que lle podes ofrecer ti a alguén
agás problemas, angustias e desgustos?

601
00:52:21,208 --> 00:52:22,125
Es un cabrón.

602
00:52:36,375 --> 00:52:37,458
Que fas aquí?

603
00:52:38,041 --> 00:52:39,500
Díxenche que cho compensaría.

604
00:52:40,083 --> 00:52:41,208
Perdóasme?

605
00:52:44,708 --> 00:52:46,957
Matt, non sei se isto funciona.

606
00:52:46,958 --> 00:52:50,374
Has, cagueina, vale? Xa sei, pero…

607
00:52:50,375 --> 00:52:53,499
Non. Non é iso. En serio.

608
00:52:53,500 --> 00:52:54,500
É iso, si.

609
00:52:55,875 --> 00:52:57,041
E tes razón,

610
00:52:57,958 --> 00:53:00,208
pero ti tamén estás cansa.

611
00:53:00,958 --> 00:53:04,625
O venres vou a un torneo.
Falamos á volta, vale?

612
00:53:10,000 --> 00:53:12,250
Marcho. O adestrador vaime matar.

613
00:53:17,541 --> 00:53:18,625
Chao.

614
00:55:48,583 --> 00:55:49,666
Sae de aquí! Fóra!

615
00:55:55,041 --> 00:55:57,457
Xa está! Que collóns che pasa?

616
00:55:57,458 --> 00:55:59,832
- Que lisques, tío!
- Luke, non fodas.

617
00:55:59,833 --> 00:56:02,416
Lisca se non queres que che foda a vida!

618
00:56:03,083 --> 00:56:05,832
Pero que dis? Levo contigo toda a vida!

619
00:56:05,833 --> 00:56:08,207
Non te deixarei tirado
malia que me berres!

620
00:56:08,208 --> 00:56:11,333
Óesme? Non podes fuxir toda a vida!

621
00:56:20,958 --> 00:56:22,249
- Mirade.
- Gústame.

622
00:56:22,250 --> 00:56:23,290
{\an8}FESTA
5 DE DECEMBRO

623
00:56:23,291 --> 00:56:26,290
{\an8}Máis nos vale montala ben
e recadar cartos para a viaxe.

624
00:56:26,291 --> 00:56:27,707
{\an8}- Que si, tía.
- Si.

625
00:56:27,708 --> 00:56:30,415
{\an8}- Hasley, que che parece?
- Mira.

626
00:56:30,416 --> 00:56:31,416
Déixame ver.

627
00:56:33,458 --> 00:56:34,375
Centrámonos?

628
00:56:35,083 --> 00:56:38,082
Pois está moi ben. Onde o celebrades?

629
00:56:38,083 --> 00:56:41,165
Aquí, coma todos os anos. Onde se non?

630
00:56:41,166 --> 00:56:42,999
É nova. Non ten que sabelo.

631
00:56:43,000 --> 00:56:44,916
E que rápido se fai notar a tía.

632
00:56:47,916 --> 00:56:49,374
Tes algo comigo?

633
00:56:49,375 --> 00:56:51,832
Eu? Nada. Por?

634
00:56:51,833 --> 00:56:54,957
Vale, calma. Carla, acouga.

635
00:56:54,958 --> 00:56:58,124
Eu ocúpome da música.
Cando estean as papeletas avísame.

636
00:56:58,125 --> 00:57:00,458
- Xenial.
- Neizan e eu estamos co cátering…

637
00:57:07,500 --> 00:57:08,791
Mamá…

638
00:57:23,333 --> 00:57:24,624
Síntoo, non…

639
00:57:24,625 --> 00:57:27,125
Deberías petar na porta, Hasley.

640
00:57:55,083 --> 00:57:56,458
Perdóame polo de antes.

641
00:57:57,666 --> 00:58:00,541
Non debín entrar así.
Non sabía que vías a miña nai.

642
00:58:01,750 --> 00:58:03,166
Marcha, por favor.

643
00:58:17,375 --> 00:58:18,958
Non te vou deixar só.

644
00:58:30,250 --> 00:58:31,707
Que lisques.

645
00:58:31,708 --> 00:58:35,249
Non ves que non son bo para ti,
que che vou foder a vida?

646
00:58:35,250 --> 00:58:37,624
Iso podo decidilo eu.

647
00:58:37,625 --> 00:58:39,583
Se te achegas máis, fareiche dano.

648
00:58:44,083 --> 00:58:45,833
Tes medo, Luke.

649
00:58:48,083 --> 00:58:49,208
Eu tamén teño medo.

650
00:58:51,083 --> 00:58:52,625
Non sei que me pasa.

651
00:58:54,500 --> 00:58:56,750
O que sei é que non podo deixar isto.

652
00:58:58,208 --> 00:59:01,665
Weigel, tes unha vida perfecta
cun mozo perfecto, e eu…

653
00:59:01,666 --> 00:59:03,000
O meu mozo perfecto.

654
00:59:04,125 --> 00:59:06,041
Que o quero deixar, Luke.

655
00:59:08,833 --> 00:59:11,291
Vinvos onte. Na túa casa.

656
00:59:17,500 --> 00:59:21,375
Tanto ten o que penses que viches
ou o que pensen os demais.

657
00:59:23,041 --> 00:59:24,791
Matt non é para min.

658
00:59:31,791 --> 00:59:37,083
Luke, se queres que marche,
terás que afastarme ti.

659
00:59:48,000 --> 00:59:48,833
Ves?

660
00:59:50,541 --> 00:59:51,791
Ti tampouco podes.

661
01:00:16,625 --> 01:00:17,458
E isto?

662
01:00:18,916 --> 01:00:19,916
Fixen os deberes.

663
01:00:23,416 --> 01:00:27,875
"Sorprender alguén.
Saltar ao mar dende un cantil.

664
01:00:28,666 --> 01:00:29,958
Viaxar a Ámsterdam.

665
01:00:31,375 --> 01:00:33,875
Cantar sen importar quen me mire."

666
01:00:37,208 --> 01:00:38,250
Están moi ben.

667
01:00:42,416 --> 01:00:44,040
Sabes?

668
01:00:44,041 --> 01:00:46,958
Coido que hoxe non marcho de aquí
sen ver o reflexo da lúa.

669
01:00:48,541 --> 01:00:49,541
Pódome negar?

670
01:00:51,500 --> 01:00:52,833
Non creo que queiras.

671
01:00:54,500 --> 01:00:55,416
Talvez non.

672
01:00:59,000 --> 01:00:59,916
Grazas.

673
01:01:01,750 --> 01:01:04,000
- Por que?
- Por non deixáresme só.

674
01:01:17,333 --> 01:01:20,333
ACENDER FOGOS ARTIFICIAIS

675
01:01:48,000 --> 01:01:50,500
PLANTAR UNHA ÁRBORE

676
01:02:07,083 --> 01:02:09,000
VIAXAR A PARÍS

677
01:03:22,500 --> 01:03:24,500
DURMIR BAIXO AS ESTRELAS

678
01:04:25,458 --> 01:04:29,375
Como non podo cumprirche
o soño de nadar con golfiños…

679
01:04:30,916 --> 01:04:31,833
É perfecto.

680
01:04:43,625 --> 01:04:44,666
E isto?

681
01:04:45,583 --> 01:04:48,540
A miña interpretación da vida:
unha ruleta.

682
01:04:48,541 --> 01:04:52,166
Ás veces gañas, ás veces perdes.
Cruel e xusta, ao seu xeito.

683
01:04:53,875 --> 01:04:57,583
Non. Eu a vida concíboa máis…

684
01:04:59,791 --> 01:05:02,040
coma unha historia que imos improvisando.

685
01:05:02,041 --> 01:05:04,750
Si, está chea de erratas e tal, pero…

686
01:05:05,708 --> 01:05:08,249
non sei, segues lendo porque te enganchas

687
01:05:08,250 --> 01:05:11,207
e queres saber
que pasa no seguinte capítulo.

688
01:05:11,208 --> 01:05:13,750
Hostia, Weigel. Es unha romántica.

689
01:05:16,208 --> 01:05:18,999
E ti, un ludópata, carallo.

690
01:05:19,000 --> 01:05:22,458
Vaia, é que isto
comeza a ter algo de adictivo.

691
01:05:26,458 --> 01:05:27,458
Luke,

692
01:05:29,583 --> 01:05:33,250
quero facer as cousas ben,
quero que deixemos de agocharnos.

693
01:05:34,916 --> 01:05:38,457
Hasley, destruímonos
do xeito máis bonito que hai.

694
01:05:38,458 --> 01:05:39,541
Non te decatas?

695
01:05:41,166 --> 01:05:46,291
Estamos a crear o noso propio bulevar.
E, pase o que pase, non me arrepentirei.

696
01:06:10,625 --> 01:06:12,333
- Vas. Boa!
- Moi ben.

697
01:06:13,208 --> 01:06:14,333
Hostia.

698
01:06:14,916 --> 01:06:16,041
Moi ben, rapaz.

699
01:06:25,291 --> 01:06:26,291
Matt.

700
01:06:27,708 --> 01:06:28,916
Podemos falar?

701
01:06:29,833 --> 01:06:32,583
E esa cariña seria?
Que lle pasa á miña guapa?

702
01:06:33,333 --> 01:06:36,082
Ben, dicía a soas.

703
01:06:36,083 --> 01:06:37,208
Si. Xa vou.

704
01:06:38,041 --> 01:06:40,000
Vai, hostia, non estamos a facer nada.

705
01:06:42,541 --> 01:06:46,957
Irei se me apetece.
Agora vasme dicir ti o que teño que facer?

706
01:06:46,958 --> 01:06:49,666
Non cho está a dicir el.
Estoucho a pedir eu.

707
01:06:54,916 --> 01:06:55,833
Estás ben?

708
01:06:57,791 --> 01:06:59,041
Pois…

709
01:07:00,458 --> 01:07:02,375
Veña, dime.

710
01:07:04,958 --> 01:07:05,958
Vale.

711
01:07:07,083 --> 01:07:09,125
Mira, seguino pensando

712
01:07:10,875 --> 01:07:12,458
e non o vexo.

713
01:07:13,833 --> 01:07:14,958
Non o ves?

714
01:07:16,833 --> 01:07:18,166
Nós, Matt.

715
01:07:18,875 --> 01:07:21,165
Intentei que funcione, pero…

716
01:07:21,166 --> 01:07:22,624
Veña, ho, Has.

717
01:07:22,625 --> 01:07:26,207
Entendo que esteas estresada
coas clases e todo,

718
01:07:26,208 --> 01:07:27,874
pero precipítaste.

719
01:07:27,875 --> 01:07:28,832
Téñoo claro.

720
01:07:28,833 --> 01:07:31,458
Non, Has. Non o tes claro.

721
01:07:32,750 --> 01:07:35,500
Necesitas espazo? Agardamos.

722
01:07:36,666 --> 01:07:38,833
Viranos ben desconectar estes días.

723
01:07:39,666 --> 01:07:40,791
Veña, vamos!

724
01:07:42,291 --> 01:07:44,707
Matt, meu, o adestrador chámanos, veña.

725
01:07:44,708 --> 01:07:45,958
Meu, bule, veña.

726
01:07:46,541 --> 01:07:49,125
Evito que cometas
o maior erro da túa vida.

727
01:07:56,166 --> 01:07:58,082
Estás guapísima, coma unha estrela.

728
01:07:58,083 --> 01:08:00,250
E ti? Ese vestido é incrible.

729
01:08:01,208 --> 01:08:02,374
Escóitame.

730
01:08:02,375 --> 01:08:03,665
Que?

731
01:08:03,666 --> 01:08:04,707
Quérote.

732
01:08:04,708 --> 01:08:08,291
E eu! Quérote. Vale, imos?

733
01:08:10,833 --> 01:08:12,208
Imos alá.

734
01:08:16,041 --> 01:08:17,499
Que guapa.

735
01:08:17,500 --> 01:08:19,832
- Ola.
- Ola.

736
01:08:19,833 --> 01:08:20,750
Ola.

737
01:08:42,208 --> 01:08:44,415
Pensei que ías achantar.

738
01:08:44,416 --> 01:08:46,290
Quería coñecer o teu mundo.

739
01:08:46,291 --> 01:08:48,541
Este non é o meu mundo, é o meu agocho.

740
01:08:49,333 --> 01:08:52,290
Hoxe temos connosco
unha persoa moi especial

741
01:08:52,291 --> 01:08:54,207
quen vén tocar por primeira vez,

742
01:08:54,208 --> 01:08:58,625
así que quero recibamos
con moito amor a Olivia!

743
01:09:01,291 --> 01:09:04,374
- Tranquila. Valo facer caralludamente.
- Vale. Grazas.

744
01:09:04,375 --> 01:09:05,500
Vamos. Dálle.

745
01:09:07,125 --> 01:09:08,041
Oe…

746
01:10:14,791 --> 01:10:16,457
- Estabas incrible.
- Si?

747
01:10:16,458 --> 01:10:18,540
Parecía que o facías dende sempre.

748
01:10:18,541 --> 01:10:19,999
- Grazas.
- Vamos.

749
01:10:20,000 --> 01:10:21,207
Parella!

750
01:10:21,208 --> 01:10:22,416
Ola. Mexo por min.

751
01:10:23,208 --> 01:10:24,582
Incrible, tía.

752
01:10:24,583 --> 01:10:28,124
Grazas! Pero mexo por min.
Acompáñasme ao baño?

753
01:10:28,125 --> 01:10:29,041
Vale. Si.

754
01:10:30,000 --> 01:10:30,916
Chao.

755
01:10:35,208 --> 01:10:36,291
Conseguíchesma?

756
01:10:38,041 --> 01:10:39,083
Ti que cres?

757
01:10:41,166 --> 01:10:43,708
Pois claro, pero non foi doado.

758
01:10:44,375 --> 01:10:45,625
Toma, anda.

759
01:10:47,791 --> 01:10:49,165
Déboche unha.

760
01:10:49,166 --> 01:10:50,375
Unhas cantas xa.

761
01:10:52,791 --> 01:10:53,791
Cabrón.

762
01:11:07,375 --> 01:11:09,833
Pois eu vou para alá.

763
01:11:10,625 --> 01:11:12,041
E eu, para alá.

764
01:11:14,666 --> 01:11:15,915
Paseino moi ben.

765
01:11:15,916 --> 01:11:16,916
E eu.

766
01:11:18,333 --> 01:11:20,000
Agora, a soñar, Weigel.

767
01:11:21,500 --> 01:11:23,041
Iso toca, Howland.

768
01:12:01,500 --> 01:12:02,916
Weigel, lévote?

769
01:12:04,500 --> 01:12:05,833
E isto?

770
01:12:06,791 --> 01:12:07,875
Cumprindo soños.

771
01:12:09,125 --> 01:12:11,333
- Cal?
- Sorprender alguén.

772
01:12:23,375 --> 01:12:24,291
A onde imos?

773
01:12:26,291 --> 01:12:27,875
Conducir sen destino.

774
01:12:28,666 --> 01:12:29,583
Ao meu carón?

775
01:12:30,375 --> 01:12:31,291
Ao teu carón.

776
01:13:09,208 --> 01:13:10,583
Como se ven as estrelas.

777
01:13:12,916 --> 01:13:14,333
Pagou a pena raptarte.

778
01:13:15,708 --> 01:13:18,208
Para cumprir soños? Sempre.

779
01:13:26,458 --> 01:13:28,791
Síntome menos só dende que te coñezo.

780
01:13:30,250 --> 01:13:35,291
Ás veces obsérvote e, por un intre,
teño esperanza de cambiar.

781
01:13:37,208 --> 01:13:39,333
Pero despois lembro o que son

782
01:13:39,916 --> 01:13:42,250
e que vivo de substancias que me destrúen.

783
01:13:46,875 --> 01:13:47,958
Que che pasou?

784
01:13:49,666 --> 01:13:51,541
Era de noite e chovía a cachón.

785
01:13:53,791 --> 01:13:54,958
Zach conducía.

786
01:14:00,791 --> 01:14:03,000
Andaba sempre a amolarme.

787
01:14:04,833 --> 01:14:05,833
Cada minuto.

788
01:14:10,750 --> 01:14:12,333
"Pushi" chamábame.

789
01:14:15,416 --> 01:14:16,750
Sabía que o odiaba.

790
01:14:20,583 --> 01:14:22,375
Que me tratase coma un neno.

791
01:14:23,166 --> 01:14:25,083
Pero é o que era, un puto neno.

792
01:14:29,166 --> 01:14:32,958
Ese día canseime e deille un puñazo
no ombro para que parase.

793
01:14:36,166 --> 01:14:38,416
Só quería iso, que parase.

794
01:14:40,250 --> 01:14:44,291
El xirouse de mala hostia
e deixou de mirar a estrada.

795
01:14:45,375 --> 01:14:48,833
De súpeto, a súa ventá iluminouse
e houbo unha derrapaxe.

796
01:14:50,708 --> 01:14:56,083
Eu tapei a cara
e o parabrisas fendeume o pulso.

797
01:14:59,916 --> 01:15:02,500
De golpe, meu irmán xa non estaba.

798
01:15:06,708 --> 01:15:08,083
Foi un accidente.

799
01:15:09,958 --> 01:15:11,166
Óesme?

800
01:15:12,541 --> 01:15:14,041
Non foi culpa túa.

801
01:15:18,375 --> 01:15:21,666
Ás veces penso
que todo sería mellor se estivese morto.

802
01:15:23,000 --> 01:15:26,041
Luke, mírame.

803
01:15:29,166 --> 01:15:31,916
Que sería de min se non te coñecese?

804
01:15:40,875 --> 01:15:45,666
Cando teño días de merda,
deses en que só quero chorar e berrar,

805
01:15:46,833 --> 01:15:50,833
apareces ti e vólvome invencible, xúrocho.

806
01:15:54,208 --> 01:15:56,500
Devolvícheslle o sentido
ao bulevar, Hasley.

807
01:15:57,666 --> 01:15:58,875
Non te decatas?

808
01:16:00,166 --> 01:16:02,541
Es coma un pequeno bulevar
cheo de esperanza.

809
01:16:06,083 --> 01:16:07,500
Quérote.

810
01:16:08,333 --> 01:16:09,250
E eu a ti.

811
01:16:26,666 --> 01:16:30,250
Se te namoras de min esta noite,
serei o mesmo todos os días.

812
01:18:24,041 --> 01:18:25,458
Non estivo mal, Howland.

813
01:18:28,291 --> 01:18:29,208
Cala, Weigel.

814
01:18:43,125 --> 01:18:44,875
Pase o que pase, estarei contigo.

815
01:19:35,958 --> 01:19:37,874
- Vistes a foto?
- Non.

816
01:19:37,875 --> 01:19:39,957
- Está aí.
- Mi madriña.

817
01:19:39,958 --> 01:19:42,832
É abraiante.
Estaba a pasalo ben, non si? Mira.

818
01:19:42,833 --> 01:19:46,500
Un bico… É que mira.

819
01:19:57,083 --> 01:20:00,958
- Quen faría a foto?
- Non o entendo. Mira, está aquí.

820
01:20:02,750 --> 01:20:03,666
Has.

821
01:20:06,166 --> 01:20:07,083
- Hasley.
- Has.

822
01:20:08,750 --> 01:20:10,790
- Estás ben?
- Si, claro.

823
01:20:10,791 --> 01:20:13,165
Quen fixo isto é un fillo de puta.

824
01:20:13,166 --> 01:20:14,166
- Has?
- O que?

825
01:20:16,000 --> 01:20:17,375
Que merda é isto?

826
01:20:18,666 --> 01:20:20,583
Matt, acouga, por favor.

827
01:20:21,750 --> 01:20:24,290
- Intentei deixarte.
- Unha merda.

828
01:20:24,291 --> 01:20:26,041
Pensa o que queiras. Es unha porca.

829
01:20:27,250 --> 01:20:28,125
Vamos, Hasley.

830
01:20:29,166 --> 01:20:31,374
- É o que prefires, non?
- Matt.

831
01:20:31,375 --> 01:20:34,208
Un puto xonqui
que matou o seu irmán encocado.

832
01:20:35,958 --> 01:20:37,041
Que?

833
01:20:38,208 --> 01:20:39,458
Que?

834
01:20:51,125 --> 01:20:52,583
Para!

835
01:20:57,500 --> 01:20:58,500
Luke!

836
01:21:00,458 --> 01:21:01,416
Luke, que fas?

837
01:21:02,166 --> 01:21:03,375
Valo matar!

838
01:21:09,625 --> 01:21:12,083
Que pasa? Deixádeme pasar!

839
01:21:12,750 --> 01:21:13,791
Que fixeches?

840
01:21:24,416 --> 01:21:28,000
Vaite. Luke, escóitame. Sae de aquí.

841
01:21:33,541 --> 01:21:34,375
Estás ben?

842
01:21:59,458 --> 01:22:01,791
Soubeches algo del?

843
01:22:08,583 --> 01:22:10,541
Quería contarche unha cousa, Has.

844
01:22:11,500 --> 01:22:13,875
Ofrecéronme un posto fixo no hospital.

845
01:22:19,375 --> 01:22:20,915
Parabéns, mamá.

846
01:22:20,916 --> 01:22:23,875
Se acepto, poderiamos quedar aquí.

847
01:22:27,500 --> 01:22:28,583
Veña, come algo.

848
01:22:36,791 --> 01:22:37,958
Que fillos de puta.

849
01:22:38,666 --> 01:22:39,583
Míraa.

850
01:22:44,625 --> 01:22:46,125
Díxencho ou non?

851
01:23:16,625 --> 01:23:20,416
Bos días! Vale, imos sentando.

852
01:23:33,625 --> 01:23:34,750
Luke.

853
01:23:37,583 --> 01:23:39,458
Necesito falar contigo.

854
01:23:41,041 --> 01:23:42,540
Estás empapado. Entra.

855
01:23:42,541 --> 01:23:47,083
Xa. O que pasa é que non queres
que te vexan co puto xonqui do instituto.

856
01:23:48,291 --> 01:23:49,207
Luke, para.

857
01:23:49,208 --> 01:23:52,707
O meu corazón só latexa por ti. Por ti!

858
01:23:52,708 --> 01:23:56,333
O peor é que seguirei sorrindo
co seu puto sangue malia que mo rompas.

859
01:23:58,541 --> 01:24:00,708
Só che dei mágoa.

860
01:24:02,250 --> 01:24:04,915
Non. Tiña a esperanza de que cambiases.

861
01:24:04,916 --> 01:24:06,333
Non pedín a túa puta axuda!

862
01:24:16,666 --> 01:24:19,791
Pensaches en como sería todo
se nada disto pasase?

863
01:27:59,708 --> 01:28:00,875
Míraa, aí.

864
01:28:02,750 --> 01:28:03,790
Vamos.

865
01:28:03,791 --> 01:28:07,124
Mi madriña. Estará contenta e todo.

866
01:28:07,125 --> 01:28:08,290
- Ola.
- Que tal?

867
01:28:08,291 --> 01:28:09,541
Deica logo.

868
01:28:14,541 --> 01:28:17,457
Que? Como vas?

869
01:28:17,458 --> 01:28:18,416
Xenial.

870
01:28:20,541 --> 01:28:22,208
Vas foder a túa reputación.

871
01:28:23,416 --> 01:28:26,458
Hasley, non podes vivir
pendente das rexoubas.

872
01:28:27,541 --> 01:28:30,666
Que lle dean polo cu á xente.
A vida non é para iso.

873
01:28:32,416 --> 01:28:35,457
Todos cometemos erros. E que?

874
01:28:35,458 --> 01:28:38,166
Aprendes e tratas de non repetilos.

875
01:28:39,333 --> 01:28:41,583
Pódesme mandar á merda coma ao resto,

876
01:28:42,833 --> 01:28:43,833
pero…

877
01:28:45,083 --> 01:28:48,666
se queres a miña opinión,
sinto que deberías falar con Luke.

878
01:28:51,875 --> 01:28:53,082
Paso.

879
01:28:53,083 --> 01:28:56,458
Está fodido polas circunstancias,
pero Luke é un bo tipo.

880
01:28:58,416 --> 01:28:59,833
Non podo facer nada por el.

881
01:29:00,750 --> 01:29:01,875
Como ti vexas.

882
01:29:03,791 --> 01:29:08,416
Pero, decidas o que decidas,
que sexa porque sae de ti.

883
01:29:11,833 --> 01:29:15,000
E, se logo cambias de opinión,
tamén estará ben.

884
01:29:16,416 --> 01:29:17,250
Vale?

885
01:29:19,458 --> 01:29:21,666
A miña nai adoita dicirme unha cousa:

886
01:29:22,958 --> 01:29:26,915
que do ceo só caen
choiva, sarabia e lóstregos.

887
01:29:26,916 --> 01:29:28,583
O resto hai que gañalo.

888
01:29:34,916 --> 01:29:37,875
Que lle fixeches a Howland,
que case espicha?

889
01:29:40,708 --> 01:29:42,041
Non o oíches?

890
01:29:44,083 --> 01:29:49,083
Hostia, Has, como coidas dos teus mozos.

891
01:29:49,625 --> 01:29:51,207
Que dis?

892
01:29:51,208 --> 01:29:55,041
Mellor que cho conte el
antes de que teña outra sobredose.

893
01:29:59,750 --> 01:30:01,957
Por fin vexo o que es, Matt.

894
01:30:01,958 --> 01:30:04,082
Non che amola que te deixase por outro.

895
01:30:04,083 --> 01:30:06,833
Amólache saber
que el é mil veces mellor ca ti.

896
01:30:33,708 --> 01:30:34,708
Pol?

897
01:30:36,541 --> 01:30:39,250
Tranquilo, Luke. Non fagas esforzos.

898
01:30:43,750 --> 01:30:45,374
Cando chegaches?

899
01:30:45,375 --> 01:30:47,500
Onte. Tiveches sorte.

900
01:30:49,625 --> 01:30:51,375
E isto tamén.

901
01:30:56,125 --> 01:30:57,750
Quero que veñas comigo.

902
01:30:59,375 --> 01:31:00,291
A Londres?

903
01:31:01,833 --> 01:31:03,666
A unha clínica de desintoxicación.

904
01:31:04,916 --> 01:31:05,874
Estás de broma.

905
01:31:05,875 --> 01:31:09,958
Non, neno. Isto é polo teu ben.

906
01:31:14,541 --> 01:31:16,166
Non penso ir.

907
01:31:39,833 --> 01:31:41,625
Debes ir, Luke.

908
01:31:42,916 --> 01:31:45,833
- Non teño dereito a pedirche isto…
- Pois non.

909
01:31:47,458 --> 01:31:50,707
Debes ir por túa nai,
por esa moza, por ti.

910
01:31:50,708 --> 01:31:52,291
Ti que carallo saberás?

911
01:31:54,750 --> 01:31:56,374
Nin se che ocorra falar dela.

912
01:31:56,375 --> 01:32:00,124
Non che debín dicir aquilo
cando me pediches o cine.

913
01:32:00,125 --> 01:32:02,040
Síntocho moito. Pídoche perdón.

914
01:32:02,041 --> 01:32:05,750
Queredes que desapareza da vosa vida,
que morrese eu en vez de Zach.

915
01:32:07,791 --> 01:32:10,415
Eu querería
que non fósedes ningún dos dous,

916
01:32:10,416 --> 01:32:15,000
que conducise eu esa noite,
que ese coche chocase contra min.

917
01:32:16,083 --> 01:32:18,457
Non arruínes máis a túa vida, vai con Pol.

918
01:32:18,458 --> 01:32:20,500
Non te rendas, fillo.

919
01:33:05,541 --> 01:33:06,458
Hasley.

920
01:33:09,250 --> 01:33:14,249
- Síntoo. Non debín…
- Non. Non fai falla, Luke.

921
01:33:14,250 --> 01:33:16,916
Si que fai falla. Síntoo moito.

922
01:33:20,541 --> 01:33:21,666
Fodino todo.

923
01:33:23,125 --> 01:33:25,416
O importante
é que non che pasou nada grave.

924
01:33:30,166 --> 01:33:34,041
Sabes? Quedamos.

925
01:33:34,833 --> 01:33:36,374
En serio?

926
01:33:36,375 --> 01:33:39,208
Seica xa non nos imos mudar máis.

927
01:33:43,000 --> 01:33:44,583
Marcho a Londres.

928
01:33:49,583 --> 01:33:50,500
A Londres?

929
01:33:52,166 --> 01:33:57,083
Vou intentar recuperarme.
E preciso afastarme de todo isto.

930
01:34:06,000 --> 01:34:07,208
Lograralo.

931
01:34:08,500 --> 01:34:09,666
Lograrémolo.

932
01:34:14,291 --> 01:34:15,708
Lograrémolo.

933
01:34:18,708 --> 01:34:20,082
Agardareite, Luke.

934
01:34:20,083 --> 01:34:22,250
Non quero que me agardes.

935
01:34:23,625 --> 01:34:26,791
Se atopas alguén
e cres que paga a pena, arríscate.

936
01:34:29,000 --> 01:34:32,625
Falo en serio. Mereces ser feliz.

937
01:34:35,250 --> 01:34:36,583
E ti tamén, Howland.

938
01:34:37,791 --> 01:34:38,875
Cala, Weigel.

939
01:34:42,291 --> 01:34:43,957
Por que ris?

940
01:34:43,958 --> 01:34:47,250
Dixéchesme máis veces
"cala, Weigel" ca "quérote".

941
01:34:48,416 --> 01:34:51,041
Os meus "cala, Weigel"
son os meus "quérote".

942
01:34:52,250 --> 01:34:53,166
Ódiote.

943
01:34:54,375 --> 01:34:56,708
Cala, Weigel.

944
01:35:27,750 --> 01:35:29,165
É fermoso.

945
01:35:29,166 --> 01:35:31,874
É a continuación dos nosos soños.

946
01:35:31,875 --> 01:35:34,625
Non. É a continuación do noso bulevar.

947
01:35:49,041 --> 01:35:51,249
Non chegas nin de broma á festa.

948
01:35:51,250 --> 01:35:53,290
Non, tío. Ti vas?

949
01:35:53,291 --> 01:35:55,875
Claro, meu. Beber de balde soa caralludo.

950
01:35:56,625 --> 01:35:58,749
Ademais, toca Oli.

951
01:35:58,750 --> 01:35:59,666
Oli?

952
01:36:00,291 --> 01:36:01,541
Estades xuntos.

953
01:36:02,958 --> 01:36:04,500
Ata a fin do mundo, macho.

954
01:36:06,416 --> 01:36:10,000
Está pilladísimo o tipo.
Os dous. Que par de intensos.

955
01:36:10,916 --> 01:36:12,374
Somos o peor.

956
01:36:12,375 --> 01:36:13,791
O puto peor.

957
01:36:17,541 --> 01:36:19,208
Botarémoste en falla, curmán.

958
01:36:23,500 --> 01:36:24,583
Coida de Hasley.

959
01:36:25,708 --> 01:36:28,707
Coido que esa moza
non precisa que a coiden.

960
01:36:28,708 --> 01:36:31,125
Pero conta coa túa curmá favorita.

961
01:36:37,041 --> 01:36:39,291
- Ven aquí.
- Que?

962
01:36:40,166 --> 01:36:42,999
- Que pasa? Eu tamén quero.
- Es un celoso.

963
01:36:43,000 --> 01:36:44,250
Dádeme cariño.

964
01:36:46,375 --> 01:36:47,583
Quérovos moito.

965
01:36:51,875 --> 01:36:53,541
- Grazas.
- Non.

966
01:36:54,666 --> 01:36:55,999
Hostia, síntoo.

967
01:36:56,000 --> 01:36:57,166
Luke, cala.

968
01:36:58,333 --> 01:37:00,750
Alegra esa cara, anda, que é para ben.

969
01:37:29,083 --> 01:37:30,833
- Ola.
- Que guapa.

970
01:37:33,125 --> 01:37:35,333
- E ti?
- Xa ves.

971
01:37:47,958 --> 01:37:49,666
Que tres.

972
01:37:55,208 --> 01:37:58,208
Sacáronnola no cámping,
ao lado do bosque, lembras?

973
01:37:58,791 --> 01:38:01,958
Si. Zach e eu fixemos unha cabana.

974
01:38:03,333 --> 01:38:06,625
Papá sempre nos rifaba
por irmos ao bosque sen permiso.

975
01:38:13,083 --> 01:38:15,666
Malia que pasasen os anos, segue doendo.

976
01:38:25,875 --> 01:38:26,875
Un brinde ou que?

977
01:38:27,708 --> 01:38:28,750
Es un cabrón.

978
01:38:29,666 --> 01:38:31,000
Meu, mira esa.

979
01:38:35,000 --> 01:38:35,958
Grazas.

980
01:38:46,583 --> 01:38:47,583
Ven aquí.

981
01:39:10,000 --> 01:39:10,916
{\an8}Un agasallo.

982
01:39:12,375 --> 01:39:13,666
O 520.

983
01:39:14,583 --> 01:39:16,333
- Como?
- Véxote no aeroporto.

984
01:39:16,916 --> 01:39:19,000
Pero que dis? Luke!

985
01:39:21,333 --> 01:39:23,333
Luke!

986
01:40:38,166 --> 01:40:39,083
- Oli!
- Carla!

987
01:41:00,500 --> 01:41:02,374
Para, hostia! Matt!

988
01:41:02,375 --> 01:41:03,832
Que cona fas, meu?

989
01:41:03,833 --> 01:41:06,290
Non lles tes lealdade aos colegas?

990
01:41:06,291 --> 01:41:08,625
Que dis? Só estamos bailando.

991
01:41:09,291 --> 01:41:10,291
Si.

992
01:41:11,208 --> 01:41:12,791
Coa porca que me enganou.

993
01:41:15,750 --> 01:41:17,708
Non me volvas insultar.

994
01:41:20,291 --> 01:41:21,249
Has.

995
01:41:21,250 --> 01:41:24,250
Que pasa?
Queres que che volvan partir a cara?

996
01:41:25,041 --> 01:41:26,500
Aparta, papahostias.

997
01:41:28,041 --> 01:41:29,624
Matt! Para!

998
01:41:29,625 --> 01:41:30,874
Agora liscas, Has?

999
01:41:30,875 --> 01:41:33,499
- Meu! Xa está, déixao!
- Matt.

1000
01:41:33,500 --> 01:41:34,500
Estouche falando.

1001
01:41:35,791 --> 01:41:39,249
- Has.
- Matt, para xa, non?

1002
01:41:39,250 --> 01:41:41,041
Por que non o deixas, hostia?

1003
01:41:42,541 --> 01:41:44,750
Enganoute el comigo dende o principio.

1004
01:41:45,833 --> 01:41:47,625
A foto fíxena eu. Síntoo.

1005
01:41:55,958 --> 01:41:57,124
Que carallo dis?

1006
01:41:57,125 --> 01:41:59,124
Parva fun por crerche as mentiras

1007
01:41:59,125 --> 01:42:01,500
pensando que me tratarías como merezo.

1008
01:42:03,416 --> 01:42:04,375
Síntoo.

1009
01:42:05,833 --> 01:42:07,250
Non sabía como dicircho.

1010
01:42:08,041 --> 01:42:09,915
Pero que dis?

1011
01:42:09,916 --> 01:42:13,874
- Estou farta. Vai á merda!
- A min ninguén me manda á merda!

1012
01:42:13,875 --> 01:42:17,082
Matt, que fas? Estás parvo?

1013
01:42:17,083 --> 01:42:18,290
Que fas, meu?

1014
01:42:18,291 --> 01:42:20,874
- Carla, estás ben?
- Estaste pasando.

1015
01:42:20,875 --> 01:42:23,790
- Estaste pasando.
- Acouga.

1016
01:42:23,791 --> 01:42:25,499
- Que queres?
- Saíde da estrada.

1017
01:42:25,500 --> 01:42:29,208
- Que acougues, hostia.
- E ti, quieto.

1018
01:42:50,583 --> 01:42:51,458
Ollo, a estrada!

1019
01:42:52,041 --> 01:42:53,375
Coidado con Hasley!

1020
01:42:56,416 --> 01:42:57,541
Luke!

1021
01:44:51,666 --> 01:44:55,875
<i>"Ola, Weigel. Díxenche
canto me fascina dicir o teu apelido?</i>

1022
01:44:56,875 --> 01:45:00,291
<i>Cando leas esta carta,
eu xa estarei en Londres pelado de frío.</i>

1023
01:45:04,250 --> 01:45:07,708
<i>Se marcho, é por ti.
Quero ser alguén mellor para ti."</i>

1024
01:45:09,375 --> 01:45:10,374
Xa está.

1025
01:45:10,375 --> 01:45:14,707
<i>"Estou listo para un futuro contigo,
pero antes necesito recuperarme."</i>

1026
01:45:14,708 --> 01:45:15,791
Xa, meu amor.

1027
01:45:19,250 --> 01:45:25,458
<i>"Aínda que doe, e sei que non será doado,
estou a poñerme en pé por min e por ti.</i>

1028
01:45:27,500 --> 01:45:30,624
<i>Ata que te coñecín,
todo estaba na miña contra,</i>

1029
01:45:30,625 --> 01:45:32,333
<i>o mundo gañárame.</i>

1030
01:45:33,375 --> 01:45:35,291
<i>E entón apareciches.</i>

1031
01:45:38,375 --> 01:45:40,375
<i>Lembras a primeira vez que nos vimos?</i>

1032
01:45:41,041 --> 01:45:43,208
<i>Chocamos na entrada do instituto.</i>

1033
01:45:43,833 --> 01:45:47,249
<i>Mireite aos ollos e deiche o meu corazón."</i>

1034
01:45:47,250 --> 01:45:50,583
SEMPRE NOS NOSOS CORAZÓNS.
A TÚA LUZ VIVIRÁ EN NÓS.

1035
01:45:51,791 --> 01:45:54,290
<i>"Lembras cando nos bicamos
por primeira vez?</i>

1036
01:45:54,291 --> 01:45:58,291
<i>Quería morrer. Aquela noite
fun a persoa máis feliz do mundo.</i>

1037
01:46:00,500 --> 01:46:02,500
<i>Lembras cando me ensinaches a soñar?</i>

1038
01:46:03,750 --> 01:46:06,833
<i>Estaba a piques de caer,
e non me soltaches a man.</i>

1039
01:46:19,166 --> 01:46:22,458
<i>Quérote e querereite
ata que deixes de lembrarme.</i>

1040
01:46:23,208 --> 01:46:27,166
<i>Ata que me converta en po
e ata que a miña alma deixe de existir.</i>

1041
01:46:30,416 --> 01:46:33,291
<i>O meu soño só estará completo
se ti estás nel.</i>

1042
01:46:44,916 --> 01:46:47,582
<i>Por iso quero que te coides
mentres estea fóra.</i>

1043
01:46:47,583 --> 01:46:49,499
<i>Se me chamas unha noite chorando,</i>

1044
01:46:49,500 --> 01:46:52,541
<i>xúroche que tolearei
e collerei un voo para abrazarte.</i>

1045
01:46:53,458 --> 01:46:55,750
<i>Sei que podes. Es forte.</i>

1046
01:46:56,875 --> 01:46:59,625
<i>E coida do bulevar na miña ausencia, vale?</i>

1047
01:47:01,000 --> 01:47:04,874
<i>Quérote, Hasley Weigel.
Tanto dan a distancia e o tempo.</i>

1048
01:47:04,875 --> 01:47:07,666
<i>Sempre te quererei.
Nesta vida e en mil máis.</i>

1049
01:47:10,791 --> 01:47:15,249
<i>Esa mancha de pasta de dentes
era o teu xeito de ligar, verdade, Weigel?</i>

1050
01:47:15,250 --> 01:47:16,291
<i>Porque funcionou.</i>

1051
01:47:18,750 --> 01:47:21,125
<i>Cóidate e non me botes moito de menos.</i>

1052
01:47:23,750 --> 01:47:26,583
<i>Sempre teu, Luke."</i>

1053
01:48:21,708 --> 01:48:26,208
<i>Coma unha pluma que o vento xa non move.</i>

1054
01:48:27,125 --> 01:48:31,416
<i>Coma un vinilo que xa non xira máis.</i>

1055
01:48:32,291 --> 01:48:36,708
<i>Coma unha tatuaxe trazada a medias.</i>

1056
01:48:37,625 --> 01:48:42,166
<i>Xa só existes no noso bulevar.</i>

1057
01:48:45,583 --> 01:48:52,583
<i>E hoxe vestinme de negro.
E no pescozo levo o teu colar.</i>

1058
01:48:53,125 --> 01:48:58,666
<i>E bótote tanto de menos
que ata as luces cantan.</i>

1059
01:49:01,000 --> 01:49:06,374
<i>Que xa non bailo
dende que non bailo contigo.</i>

1060
01:49:06,375 --> 01:49:11,499
<i>Que durmo máis bonito
se no soño estás ti.</i>

1061
01:49:11,500 --> 01:49:17,040
<i>A luz apagada.
A túa cara, a miña cara.</i>

1062
01:49:17,041 --> 01:49:22,165
<i>É imposible
que haxa algo máis grande ca ti.</i>

1063
01:49:22,166 --> 01:49:26,916
<i>Que xa non canto
se non canto a nosa canción.</i>

1064
01:49:27,875 --> 01:49:33,082
<i>Que o mundo é máis pequeno
se non estamos os dous.</i>

1065
01:49:33,083 --> 01:49:38,332
<i>A luz apagada.
A túa cara, a miña cara.</i>

1066
01:49:38,333 --> 01:49:42,749
<i>É imposible
que haxa algo máis grande ca ti.</i>

1067
01:49:42,750 --> 01:49:44,540
BENVIDO AO PORTAL ESTUDANTIL

1068
01:49:44,541 --> 01:49:46,957
ADMITIDA EN BELAS ARTES

1069
01:49:46,958 --> 01:49:49,958
- Miña nena!
- Ben!

1070
01:49:50,916 --> 01:49:52,458
Sabíao!

1071
01:49:53,625 --> 01:49:56,582
<i>E cambiei o pelo
por se así durmo mellor.</i>

1072
01:49:56,583 --> 01:49:59,540
<i>E o meu corpo esquece
por un día quen son.</i>

1073
01:49:59,541 --> 01:50:05,999
<i>Pero non o consigo, non o concibo.
Non sei quen son se non é contigo.</i>

1074
01:50:06,000 --> 01:50:08,707
<i>Busco en cada disco
algunha pista de que estás</i>

1075
01:50:08,708 --> 01:50:11,665
<i>agochado nun recuncho
do maldito bulevar.</i>

1076
01:50:11,666 --> 01:50:18,665
<i>Pero non o consigo, non o concibo,
non recoñezo este lugar.</i>

1077
01:50:18,666 --> 01:50:23,041
<i>E hoxe vestinme de negro.</i>

1078
01:50:24,208 --> 01:50:28,666
<i>E no pescozo levo o teu colar.</i>

1079
01:50:29,666 --> 01:50:32,291
<i>E bótote tanto de menos…</i>

1080
01:50:35,291 --> 01:50:41,499
<i>Que xa non bailo
dende que non bailo contigo.</i>

1081
01:50:41,500 --> 01:50:47,207
<i>Que durmo máis bonito
se no soño estás ti.</i>

1082
01:50:47,208 --> 01:50:53,207
<i>A luz apagada.
A túa cara, a miña cara.</i>

1083
01:50:53,208 --> 01:50:58,999
<i>É imposible
que haxa algo máis grande ca ti.</i>

1084
01:50:59,000 --> 01:51:04,707
<i>Que xa non canto
se non canto a nosa canción.</i>

1085
01:51:04,708 --> 01:51:10,540
<i>Que o mundo é máis pequeno
se non estamos os dous.</i>

1086
01:51:10,541 --> 01:51:16,540
<i>A luz apagada.
A túa cara, a miña cara.</i>

1087
01:51:16,541 --> 01:51:21,749
<i>É imposible
que haxa algo máis grande ca ti.</i>

1088
01:51:21,750 --> 01:51:27,583
<i>E todo soa coma ti.</i>

1089
01:51:28,458 --> 01:51:33,458
<i>Soa coma ti.</i>

1090
01:51:34,416 --> 01:51:39,291
<i>Soa coma ti.</i>

1091
01:51:40,250 --> 01:51:43,000
<i>Soa coma ti.</i>

1092
01:51:46,000 --> 01:51:51,665
<i>Bótote tanto de menos
que ata as luces cantan.</i>

1093
01:51:51,666 --> 01:51:54,333
<i>E soan coma ti.</i>

1094
01:53:32,333 --> 01:53:34,333
Subtítulos: Lucía Doval



